24
Altamira decembro10 Nº 80 - DECEMBRO DE 2010 - ANO XXV Revista Municipal do Concello de Brión Calendario laboral 2011 No 2011 serán festivos locais do Concello de Brión o 2 de xuño e o 27 de setembro. Brioneses María Manuela Carnota Astray, unha veciña de ons que acaba de cumplir 100 anos de idade. PAXS. 12 - 13 PAX. 8 A VECIÑANZA INAUGUROU O NOVO CONSISTORIO

80 - ALTAMIRA Nº 80

Embed Size (px)

DESCRIPTION

ALTAMIRA Nº 80

Citation preview

Page 1: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Altamira decembro10

Nº 80 - DECEMBRO DE 2010 - ANO XXV Revista Municipal do Concello de Brión

Calendariolaboral 2011No 2011 seránfestivos locais do Concello de Brión o 2 de xuño e o 27 de setembro.

BrionesesMaría Manuela Carnota Astray, unha veciña de ons que acaba de cumplir 100 anos de idade.

PAXS. 12 - 13PAX. 8

A VECIÑANZA INAUGUROUO NOVO CONSISTORIO

Page 2: 80 - ALTAMIRA Nº 80

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Briónenderezos

os nosos

BIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08Fax. : 981 50 99 69

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. de Santa Minia, nº 7515865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 215856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

REPORTAXE

ACTUALIDADE

BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS E LENDAS

PASATEMPOS / HUMOR

CURIOSIDADES / NA PRENSA

Pax. 3

Paxs. 4 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 15

Paxs. 16 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Litonor Artes GráficasMail:[email protected]

Neste tempo de Nadal, tempo de ledicia e celebracións, sae a rúa este NÚMERO 80 da REVISTA ALTAMIRA.

Das novas incluidas neste número, cabe salientar a repor-taxe que nos conta a consecución de 144 vivendas de pro-tección oficial que se van a construir antes do ano 2013 no noso Concello.

Tamén se recolle unha ampla nova sobre a inauguración da casa e praza do Concello, onde se recordan os mellores momentos do acto, alguns deles bastante graciosos.

Entre outras moitas novas, destaca especialmente a das actividades culturais para este Nadal e na que tamén se repasan as máis salientables que se realizaron nestes me-ses pasados.

Por outra banda, dende a ALTAMIRA quero felicitarlle es-tas festas a tólodos veciños e veciñas e así mesmo entre-golle o almanaque 2011 do Concello de Brión como agasallo nestas datas.

FELIZ NADAL E PROSPERO ANO 2011

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Page 3: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Revista Altamira | 3

REPORTAXE

VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL

Brión contará con 144 vivendas protexidas para aluguerO alcalde asina un convenio de 555.000 euros para urbanizar unha finca en Pedrouzos que albergará a primeira actuación de vivenda protexida no municipio.

Brión contará con 144 vi-vendas protexidas para alu-guer en Pedrouzos na que será a primeira actuación de vivenda protexida que ten lu-gar no municipio. Unha mag-nífica noticia que é posible grazas ao convenio de área de urbanización prioritaria que ven de asinar o alcalde Xosé Luís García coa secretaria de Estado de Vivenda e Actua-cións Urbanas, Beatriz Corre-dor e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infra-estruturas, Agustín Hernán-dez. Un covnenio que suporá un investimento de 555.149 euros na urbanización da Área Urbanística Número 9 de Pe-drouzos, unha finca de 7.646 metros cadrados que alberga-rá estas vivendas protexidas.

O Ministerio de Fomen-to será quen aporte 489.600 euros, o 88% do financiamen-to, mentres que o resto co-rrerá a cargo do promotor da obra, Desarrollos Urbanísticos

Montemar SL. De feito, o con-venio conseguido polo alcal-de de Brión é un dos últimos acordos de Áreas de Urbani-zación Prioritaria que reciben axudas estatais, xa que éstas van desaparecer en 2011.

O acordo contempla ta-mén o compromiso da promo-tora de que as obras de urba-nización estarán rematadas, como prazo máximo, no ano 2013 e tamén que no prazo de

tres anos deberán estar cons-truidas, como mínimo, un 30% das vivendas protexidas (é dicir, cando menos 43 viven-das). Así mesmo, o convenio recolle o compromiso do Con-cello de colaborar coa promo-tora e axilizar no posible toda a tramitación das obras.

Esta será a primeira pro-moción de vivenda pública que se acometa en Brión en toda a súa historia, despois de

que a Xunta decidise aparcar o proxecto de construción de 234 vivendas protexidas e de prezo limitado contempladas no Plan Sectorial de Vivenda na Área Funcional de Santia-go proxectado polo anterior goberno autonómico. Un proxecto que contemplaba un investimento de 4,9 millóns de euros nunha bolsa de solo de 55.527 metros cadrados na finca coñecida como Villa Amalia.

Xosé Luís García sinala que esta ac-tuación urbanística “demostra aínda máis a necesidade da construción do vial entre Os Barreiros e o río Pégo”. De fei-to, trátase dun vial de gran importancia urbanística para o futuro de Pedrouzos, pois dará servizo non só a estas 144 no-vas vivendas de protexidas senón tamén ás contempladas no proxecto de Villa Amalia, onde nestes momentos se están a levar a cabo as obras de urbanización.

Un novo vial, por outra parte, com-prometido polo actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na súa etapa como conselleiro de Política Terri-torial e que xa estaba contemplado no propio Plan Xeral de Ordenación Muni-cipal. O Concello cumpriu co acordado nese convenio: cedeu os terreos munici-pais por onde hoxe en día pasa a autovía e tamén pagou outros 250.000 euros, á espera de que a Xunta cumpra coa súa parte.

Necesidade da variante da AC-451A parcela onde se situarán as vivendas de Protección Oficial está ao ca-rón da Autovía AG 56 - Santiago - Brión, moi cerca dos centros educativos e de instalacións como o pavillón e a nova piscina climatizada.q

Page 4: 80 - ALTAMIRA Nº 80

4 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

NOVA INFRAESTRUCTURA

A veciñanza de Brión inaugura a nova casa do Concello

Aínda que había moito po-lítico pola praza, á fin foron uns trescentos veciños e veciñas de Brión os que se encarga-ron de inaugurar a nova casa do Concello, un acto que viña cuns “extras” como a apertura na nova praza do Concello ou a posta en marcha do primeiro sistema de contedores soterra-dos de lixo de Pedrouzos. Non só quedou gravado para a pos-teridade nunha placa conme-morativa na entrada do edifi-cio, senón que así o recordou o propio alcalde Xosé Luís García cando afirmou que “hoxe quen inaugura esta casa consistorial sodes vós, os veciños. É unha obra feita polos veciños para os veciños de Brión, e aquí teredes uns grandes funciona-rios e traballadores municipais que traballarán por mellorar a vosa calidade de vida”.

Por iso durante esa xorna-da todos os veciños e veciñas que o desexaron puideron co-ñecer libremente todas as de-

As novas instalacións permitirán ofrecer un mellor e máis rápido servizo aos veciños

pendencias municipais: dende o salón de plenos ata o despa-cho do alcalde, “que está ben á vista para que ninguén vos poida dicir que non estou no despacho para atendervos”, bromeou Xosé Luís García so-bre a cristaleira do seu despa-cho que o fai visible dende o exterior do inmoble.

Ao acto de inauguración asistiron o presidente da De-putación Provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda; o director xeral de Administra-cións Públicas da Consellería de Presidencia, José Norberto Uzal; así como toda a corpora-ción municipal brionesa e os alcaldes de Ames, Boqueixón, Lousame, Noia, Teo, Val do Du-bra e Vedra. A Banda de Músi-ca Municipal de Brión e as in-tegrantes da Escola Municipal de Pandeiretas puxeron a nota musical á xornada, mentras que o grupo Outón Xunqueiri-ña, promotor da obra, correu cos gastos dos pinchos finais.

A ANECDOTA DA XORNADA

Toda inauguración ou gran acto que se prece ten que ter á forza algunha anécdota. E no caso da nova casa do concello chegou cando se descubriu a placa da nova Praza do Conce-llo. Ou, mellor dito, cando se “tentou” descubrir a devandita placa pois cando José Gómez Rodríguez, o veciño de máis ida-de presente no acto, tirou do cordel para despegar a bandei-ra, éste rompeu e quedou a medio retirar.

As gargalladas non se fixeron agardar, pois quen máis quen menos decatouse ao momento que a bandeira quedara a demasiada altura como para ser retirada por ninguén. E iso que houbo quen tirou do bastón de José Gómez para tentar despegala, pero nin con esas. Pero a pequenos males, gran-des solucións. Facendo propio aquelo de que a unión fai a forza, os Albertos (os da gabardina non, o técnico de Cultura e o arquitecto de Brión) fixeron un “cabaliño” un enriba do outro para retirar a bandeira.

Momento no que o Alcalde procedía a cortar a cinta inaugural axudado polo presidente da Deputación e observado moi de preto polos portavoces da oposición de Brión, o alcalde de Ames e o director xeral de Ad-ministracións Públicas da Consellería de Presidencia.

q

Page 5: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Revista Altamira | 5

ACTUALIDADE

APOSTA DECIDIDA PORPEDROUZOS

Xosé Luís García explicou que esta nova casa consistorial “é unha nova mostra da aposta deste Goberno pola capitali-dade municipal de Pedrouzos, onde nestes últimos anos ta-mén se fixeron novos espazos públicos como o Centro Social Polivalente ou o Espazo das Ar-tes”. Neste sentido, recordou que “cando o promotor desta Casa do Picón pediu permiso para demolela, nós decidimos comprala e rehabilitala como casa consistorial”.

Pola súa banda, Salvador Fer-nández Moreda lembrou que nestes momentos a Deputa-ción está a acometer impor-tantes obras en Brión, como a construción dunha piscina climatizada (cun investimento de máis dun millón de euros) e dunha área recreativa en Pedrouzos (orzamentada en máis de 100.000 euros e que contará con tres áreas diferen-ciadas: un parque infantil para os nenos, unha pista de skate para os mozos e un circuíto

biosaudable para os maiores). O presidente provincial instou aos veciños a coidar todos es-tes investimentos pois “isto é de todos vostesdes porque se pagou cos seus cartos. Cóide-no porque os destrozos o al-calde terá que repoñelos cos cartos dos veciños e non se gastarán noutras cousas máis necesarias”.

Finalmente, o director xeral de Administracións Públicas asegurou que a nova casa do Concello “é un exemplo da colaboración entre as distin-

tas administracións públicas, sobre todo nunha época de crise económica que pon en perigo o sistema de benestar”. De feito, a Consellería de Pre-sidencia presidida por Méndez Romeu investiu 335.000 euros na nova Casa do Concello; a Deputación Provincial investiu 94.500 euros da a través do Plan de Obras e Servizos 2010 na construción da nova praza do Concello; e o Goberno Cen-tral aportou 62.604 euros do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local nos contedores soterrados; men-

tras que o Concello investiu un millón de euros das arcas municipais. Así mesmo, a finais de 2009 a Consellería de Pre-sidencia dirixida por Alfonso Rueda tamén investiu outros 25.000 euros para mobiliario interior da casa consistorial.

Unha casa do concello cuxa rehabilitación dirixiu o ar-quitecto municipal, Alberto Fungeiriño, quen destacou o resultado destes tres anos de traballo dicindo que “esta casa consistorial será un sím-bolo de Brión”.

A banda de música de Brión e as integrantes da Escola Municipal de Pandeiretas puxeron a nota músical á xornada, mentres o grupo Outón Xunqueiriña, promotor da obra, ofrecia uns pinchos e un viño galego.q

Page 6: 80 - ALTAMIRA Nº 80

6 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Máis de 125.000 euros para asfaltado de pistas ebeirarrúas enBastavales

O Concello vai investir máis de 125.000 euros no asfaltado de pistas e remo-delación ou reparación de beirarrúas na parroquia de Bastavales. Un proxecto in-cluído pola Alcaldía no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2011 da Depu-tación Provincial, entidade que achegará 116.043 euros mentres que o Concello terá que aportar os 8.956 euros restantes. Os 116.043 euros do plan restantes destina-ranse á financiación de gas-tos correntes do municipio.

OBRAS POS 2011

INAUGURACIÓN

A catro minutos de MarteloA Xunta inaugura o corredor Brión-Martelo, de 9,3 quilómetros e que supuxo un inves-timento de 40 millóns de euros.

Os veciños de Brión xa están hoxe máis preto de Lousame e de Noia grazas á apertura ao tráfico do corredor Brión-Martelo, primeira fase da vía de alta capacidade Brión-Noia. Non fisi-camente falando, pois as distancias veñen a ser case as mesmas, mais si se falamos en tempo. Se a autovía Santiago-Brión reduciu a pouco máis de sete minutos a viaxe á capital de Galicia, amén de evitar os insufribles atascos que representaba a circulación por estrada, a posta en marcha dos 9,3 quilómetros de vial que unen Brión e Martelo permitirán un aforro de tempo do 50%, pasando dos máis de oito minutos de percorrido pola estrada a tan só catro.

Así o remarcaron tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, como o conselleiro de Medio Amibente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, que presidiron o pasado 5 de outubro o acto de inauguración deste novo tramo do corredor Brión-Noia. Un acto no que estiveron presentes os alcaldes dos municipios por onde pasa este vial, entre os que se atopaba o noso alcalde Xosé Luís García.

O corredor Brión-Martelo supuxo un investimento de 40 millóns de euros. Son 9,3 quiló-metros que enlazan directamente coa autovía AG-56 e que permiten evitar o paso por uns dous quilómetros de travesías e zonas poboadas. Deste xeito, asemade do devandito aforro de tempo, tanto os condutores como os peóns gañan en seguridade viaria. Ademais, no acto de inauguración a Xunta anunciou que no ano 2012 poderase chegar ata o Testal e O Freixo, com-pletando os 8,9 quilómetros que restan ata Noia.

Page 7: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

Brión apoia as reivindicacións dos traballadores docomplexo medioambiental de Lousame

O pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores do complexo medioambiental de Lousame. Un texto que foi aprobado tal cal a presentou o propio comité de empresa, “coa única salvidade de que se re-tirou o punto no que se lle pide á Xunta que faga as retencións necesarias do Fondo de Cooperación Local, xa que o Concello de Brión non debe nada e, polo tanto, non podemos pedir que nos reteña nada”, explica o alcalde Xosé Luís García.

Deste xeito, Brión manifesta o seu firme compromiso co sistema de recollida, tra-tamento e xestión de residuos sólidos urbanos de Lousame, garantindo a súa parti-cipación no sistema e non optar por ningún outro modelo. Ademais, o Concello está a apoiar todas as iniciativas da Mancomunidade Serra do Barbanza encamiñadas a garantir o pago da débeda contraída coa empresa concesionaria do servizo e compro-meteuse a seguir cumprindo co pago mensual do canon do lixo.

IES Brión: profesores xa!

Profesores xa! Dúas simples palabras que reflicten o sentir da comunidade educativa brionesa respecto á decisión da Consellería de Educación de recur-tar catro profesores neste curso escolar do IES Brión. Uns recortes que impiden o normal desenvolvemento do proxecto educativo do centro e que mesmo moti-varon a demisión da Dirección do institu-to e diversas accións de protesta dos pais e nais dos máis de douscentos rapaces ali matriculados.

O pleno municipal, consciente da gravidade da situación, aprobou unha moción conxunta presentada polos gru-pos municipais de PSOE e BNG de apoio ás demandas da comunidade educativa

Os grupos municipais do PSOE e do BNG aprobaron unha mocion plenaria de apoio á comunidade educativa brionesa.

brionesa e que instaba á Xunta a cubrir os postos que sexan necesarios para que se poida levar a bo porto o proxecto edu-cativo do instituto. Unhas iniciativas que recibiron a calada por resposta por parte da Xunta, tanto nas peticións de entre-vistas co conselleiro por parte dos pais como nas demandas de solución do Con-cello de Brión, e a abstención do grupo municipal do Partido Popular, que tam-pouco se sumou ás concentracións de protesta.

Pese a todo, o alcalde Xosé Luís Gar-cía lembra que tanto a Dirección do insti-tuto como os pais teñen “o total e abso-luto apoio do Concello de Brión. Estamos á súa disposición para o que queiran fa-

REIVINDICACIÓNS

cer”. E é que, de acordo cos datos ma-nexados pola comunidade educativa de Brión, non IES haberá aulas con máis de 30 alumnos na ESO, unha masificación que suporá unha importante redución no nivel de atención, e tamén haberá profesores impartindo asignaturas que non lles correspondían inicialmente.

Por desgraza, as protestas e as misi-vas non chegaron aos oídos da Conse-llería de Educación ou, se o fixeron, non foron tidas en conta baixo a xustificación da crise económica, gran excusa da que se está a botar man en demasiadas oca-sións para tratar de xustificar o inxusti-ficable. E en Brión, a cousa está clara: profesores xa!.

Page 8: 80 - ALTAMIRA Nº 80

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

CALENDARIO LABORALAGASALLO

Calendariolaboral 2011

O pleno municipal aprobou por unanimidade que os festi-vos locais serán: a Ascensión (xoves 2 de xuño) e Santa Mi-nia (martes 27 de setembro). Así as cousas, por se os nosos lectores xa queren ir facendo plans a longo prazo, o calenda-rio laboral de 2011 é este:

Altamira regala o calendario 2011, cunha selección das mellores imaxes de BriónO brionés Rafael Arroyo Muñoz gaña a segunda edición do concurso de fotografía ambiental “Brionatura”

Como xa vén sendo tra-dicional, este último número do ano da revista “Altamira” ten agasallo: un calendario do ano entrante que, por segundo ano consecutivo, está ilustrado cunha selec-ción das 12 mellores imaxes presentadas ao Concurso de Fotografía Ambiental “Brio-natura”. Un concurso no que participaron 30 fotógrafos procedentes de Brión, Ames, Teo, Padrón, Porto do Son e Santiago e que foi gañado polo veciño Rafael Arroyo Muñoz.

O xurado elixíu a propos-ta de Rafa Arroyo, un atarde-cer nas Torres de Altamira, de entre as 79 participantes (nove máis ca na primeira edición). O segundo premio

foi para Javier Antelo Seoane, cunha instantánea da carreira de relevos da Festa do Cabalo; mentras que o terceiro posto foi para Beatriz Mato Paredes, cunha imaxe das nevadas do pasado inverno.

Ademais da satisfacción de que as súas imaxes servan para acompañar aos veciños e veciñas de Brión durante os vindeiros 12 meses, estes tres gañadores tamén recibiron ca-danséu agasallo procedente da hostelería local, que colaborou coa organización do certame. Así, o primeiro clasificado dis-frutou dunha cea-noite de ho-tel, almorzo e circuito termal no Hotel Balneario de Compos-tela para dúas persoas. O se-gundo clasificado levou unha cea, noite de hotel e almorzo

no Hotel Casa Rosalía para dúas persoas. E o terceiro clasificado logrou unha cea no Asador Casa Abelleira para dúas persoas. Todos eles recibiron, ademais, un lote de libros de educación ambiental e de fotografía.

A temática das fotogra-fías presentadas a Brionatu-ra foi moi diversa, xa que o único requisito para partici-par era que a imaxe debería estar tomada nalgún punto da xeografía de Brión e ver-sar sobre o seu patrimonio natural. As Torres de Altami-ra foron o punto máis esco-llido polos concursantes (ata 10 propostas) seguidos pola Igrexa de Bastavales e a pon-te de Paradela, con 7 imaxes cada unha.

- Sábado 1 de xaneiro.Aninovo

- Xoves 6 de xaneiro.Reis

- Sábado 19 de marzo.San Xosé

- Xoves 21 de abril.Xoves Santo

- Venres 22 de abril.Venres Santo

- Martes 17 de maio.Día das Letras Galegas

- Xoves 2 de xuño.Ascensión do señor

- Luns 25 de xullo.Santiago ApóstoloDía de Galicia

- Luns 15 de agosto.Asunción da Virxe

- Martes 27 de setembro.Santa Minia

- Mércores 12 de outubro.Día da Hispanidade

- Martes 1 de novembro.Día de Todos os Santos

- Martes 6 de decembro.Día da Constitución

- Xoves 8 de decembro.Inmaculada

Rafael Arroyo foi o vencedor do II concurso de fotografía do Concello de Brión con esta fotografía, que ademáis pode verse no almanaque que o concello distribue con esta revista.

q

Page 9: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

Unha colleita de librosBrión, terra tan farturenta para tantos cultivos, tamén este ano que remata deitou unha extraordinaria colleita no terreo da literatura. Así é que este ano xubilar 2010 viron a luz catro libros que gardan relación con Brión.

LECTURA

A carón do verán a editorial Toxosoutos de Noia publicou en gale-go A Senda da estrela. Poemas de Galicia e do Camiño de Santiago, obra do antropólogo brasileiro Carlos Rodrigues Brandâo. O xa ve-terano profesor Brandâo é persoa ben coñecida e prezada en Brión, onde no ano 1992 residira uns meses realizando investigacións da súa especialidade e a onde volta con frecuencia. A todas as casas de Brión chegara un seu libro anterior –Aldeas-, que recollía vivencias da súa estadía nesta terra. A Senda da Estrela son medio cento de enso-ñacións relacionadas co Camiño de Santiago e con persoas e pasaxes de Brión. Acompáñaos cunha ducia de fotografías do recordado brio-nés Luís A.Ocaña.

Uns meses despois da edición galega, saiu no Brasil (Editorial da PUC de Goiás) unha fermosa edición en portugués, intercalando capí-tulos coa tradución galega, como sinal do aprezo do autor polo noso idioma. En portugués saiu co título de O Camiño da estrela.

O derradeiro mes do ano viu tamén a publicación de dúas no-velas, obra dos veciños de Brión e literatos de longo percorrido ambos, Alfredo Conde e Víctor Freixanes. Son vellos coñecidos de ALTAMIRA, pois publicara-mos no seu día unha entrevista con cada un deles.

Alfredo Conde publicou en castelán Huesos de santo, unha novela policíaca, na que fabula sobre os misterios da cripta da catedral de Santiago e os restos do Apóstolo. O autor, afincado en Estrar-Os Anxeles dende hai anos, é un dos escritores galegos máis sobresaíntes e ten publica-dos unha xa moi longa nómina de títulos, por regra xeral pri-meiro en galego e logo en cas-telán, con traducións a outros idiomas e ostenta un manchea de premios, entre os que sobre-sae o Nacional de Literatura.

Do lugar do Cabo onde re-side vennos tamén un novo relato do director da Edito-rial Galaxia e profesor Víctor F.Freixanes baixo o título de Cabalo de ouros. A novela des-envólvese na época do vólfram sobre o ano 1950 arredor dun-ha partida de cartas que dura tres días e tres noites na que interveñen sete persoas (un capitán, un alcalde, un cura. …), cada unha coa súa historia que se entrecruza coas historias dos demais. Este título supón para o autor a volta á narrativa des-pois de 17 anos, cando publi-cara A cidade dos césares, que fora galardoada en 1992 co pre-mio Torrente Ballester.

Carlos Rodrigues BrandâoRio de Janeiroq

Alfredo Conde CidAllariz - 1945q

Victor F. FreixanesPontevedra - 1951q

Page 10: 80 - ALTAMIRA Nº 80

10 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

A xenerosidade de Brión axuda a reconstruir Haití

O Fondo Galego de Coope-ración vén de pór en marcha en Haití un proxecto de inter-vención de post-emerxencia despois do tráxico sismo que sacudiu este país en xaneiro deste mesmo ano. Un proxec-to ao que contribúen tanto o Concello, mediante unha achega institucional, como os veciños e veciñas de Brión coas súas xenerosas doazóns parti-culares a través dunha conta aberta polo Fondo Galego de Cooperación.

Esta iniciativa permitirá, entre outras cuestións, formar preto dun cento de persoas en técnicas de construción antisís-micas e anticiclónicas con ma-teriais tradicionais. O proxecto, formulado canda o Fons Català de Cooperació, desenvolvera-se nos municipios de Carice, Vallières e Monbin Crochu, na fronteira nordeste coa Re-pública Dominicana. O Fondo Galego de Cooperación achega un total de 160.000 euros pro-cedentes de diversas adminis-tracións socias e algúns cida-dáns de toda Galicia.

ActuaciónsO proxecto de apoio ao

desenvolvemento local pre-sentado polo Fondo Galego actúa en varias frontes co fin de crear capacidades rexionais

A iniciativa do Fondo Galego de Cooperación promove accións formativas para erguer casas resistentes aos sismos

para mellorar as condicións de vida da poboación en equili-brio coa natureza, e así disipar os riscos e mitigar os desastres provocados polos fenómenos naturais na illa caribeña. Tráta-se, en definitiva, de apoiar as institucións e ás organizacións sociais para fortalecer a súa capacidade de desenvolveren plans de acción que disipen esa vulnerabilidade, aplicando políticas para o uso e ocupa-ción do solo e sensibilizando á cidadanía para unha axeitada xestión da terra.

Para conseguilo, dunha banda impulsarase un progra-ma intermunicipal de concer-tación de políticas públicas arredor de cuestións como a ordenación do territorio, a sostibilidade ambiental, o cre-cemento económico e a pre-

vención de riscos. Tamén se adaptarán os plans de estudos que afectan aos 60 alumnos do Centro de Formación Profe-sional de Carice de acordo cos novos retos nas disciplinas de agroecoloxía, construción local adaptada, socio-administra-ción e economía social.

Ao mesmo tempo, cons-truirase un centro poliva-lente intermunicipal que se constituirá como un espazo intercomunal para o desen-volvemento local. Erguerase con estruturas e materiais re-sistentes aos terremotos e os furacáns que terán en conta a recuperación do medio am-biente e o emprego de ele-mentos tradicionais. Entre eles destacan a arxila e o bambú, principalmente a clase chama-da ‘guadua’, tamén coñecida

como ‘aceiro vexetal’, que está a dar excelentes resultados noutros países de tradición sísmica. De xeito paralelo im-partirase un taller sobre eco-nomía social e fortaleceranse as capacidades dos produto-res coa plantación de bambú e outras especies vexetais, a transformación da arxila ou a reciclaxe de materiais para a construción. A edificación re-sultante será un exemplo para futuras vivendas na zona e ser-virá como práctica para unhas 90 persoas que sairán gradua-das en construción.

A iniciativa cofinanciada en Haití polo Fondo Galego de Co-operación terá aínda un cuarto resultado. Crearase un sistema de información intercomunal en base á vulnerabilidade da poboación en relación aos ris-cos e desastres que implicará aos comités de Protección Civil de cada un dos tres munici-pios. En total, calcúlase que o proxecto completo repercutirá sobre preto de 500 beneficia-rias e beneficiarios que se se-leccionaron tendo en conta, entre outros, criterios de equi-dade territorial urbano-rural e de equidade de xénero. Son institucións, organizacións lo-cais, profesionais e estudan-tes, aínda que se considera que indirectamente os efectos positivos repercutirán sobre os 64.000 habitantes que suman Carice, Vallières e Monbin Cro-chu.

SOLIDARIDADE

Page 11: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Revista Altamira | 11

ACTUALIDADE

CARMEN VIDAL

“a xente vive Santa Minia dunha forma moi distinta á de antes”

Nacida en Corme (Ponteceso) pero residente en Vigo dende hai moitos anos, Carmen acudiu por primeira vez a Santa Minia no ano 1964 co seu posto de venda de sombreiros de papel, que ela mesma elaboraba e pintaba. Agora segue coa venda de som-breiros, “dos do Michael Jackson, moito peores que os que facía eu a man”, lembra, aos que tamén engadiu rosquillas e artigos deportivos (camisetas, gorras e bandeiras).

Case medio século de vida traballan-do en Santa Minia merecían un recoñe-cemento e ese chegou este ano cando o alcalde Xosé Luís García e a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez Lamas, fixeron entrega dunha placa conmemorativa a Carmen Vidal Doldán en recoñecemento dos 46 anos consecutivos que leva acu-dindo co seu posto. Carmen Vidal, de 85 anos de idade, recibiu moi emocionada esta homenaxe e mesmo foi a primeira en botar unhas bailas ao son da música da charanga NBA, que se achegou ata o seu posto para adicarlle unhas cancións.

- Carmen, ademais do teu posto, que cambiou en Santa Minia neses 46 anos?

- Cambiou moito. Por exemplo, antes viñamos andando dende a Gándara coa carga e despois nos viñan buscar. Agora xa podemos deixar as cousas aquí. Pero tamén perdeu en moitas outras cousas. A forma na que a xente vive a relixión en Santa Minia é moi distinta. Antes viñan andando á misa e a cumprir unhas pro-mesas. Agora todos veñen en coche e pretenden que é o mesmo. É como que-rer gañar o Xubileo facendo o Camiño en autobús. Iso non é Santa Minia.

- Bota en falla ese primeiro espírito de Santa Minia?

- Iso e que tamén se perdeu aquilo de que a xente viñera en pandilla e a bailar cos gaiteiros

- Pero algo bo quedará para seguir vindo durante tantos anos.

- Levo 46 anos vindo a Santa Minia. Sempre ía primeiro a Muxía e despois a Brión. Lembro cando vendiamos gorros de papel e durmiamos nuns pallotes ou na casa de Agapito, da señora Carme. O mellor de todo sempre foi a xente, como

Benigno, Hipólito ou o alcalde, que foron boísimos comigo. E tamén te lembras dos que non están, pois morreron moi-tos dos que viñan de fóra.

- Nótase tamén a crise económica nas vendas en Santa Minia?

- Eu son unha muller que traballei moito e non cheguei a nada. Antes, can-do faciamos os gorros en papel, eran mellores e gañaba máis. Este ano as ven-das son as que son, e hai que ter valor e aguantar con todo.

- Por último, Carmen. Aos seus 85 anos, como é que segue durmindo no seu posto?

- E logo rapaz, ti nunca fuches de cam-ping?, pois isto é o mesmo. Eu sigo igual, boto a colchoneta no posto e a durmir. É como vir de camping a Santa Minia. Vexo os fuegos, escoito as orquestras... É xa un costume. Aquí no bar déixanme usar o baño e sempre Hipólito ou Benigno me traían un café quentiño pola mañá.

- Agardemos que Santa Minia lle dea forzas a Carmen para que siga vindo a Brión moitos anos máis.

Homenaxe por ser a vendedora que máis anos leva acudindo á Romería

Page 12: 80 - ALTAMIRA Nº 80

12 | Concello de Brión

BRIONESES

- Como é un día na súa vida?- Antes paseaba por Ons, agora non tanto pero non estou encamada. Levántome da cama porque sempre hai algo que facer. Fago a cama, lávome e péinome. Como e bebo de todo e só tomo unha pastilliña. Antes acordábame ben das cousas pero cos anos vaime marchando a memoria.

- Con cen anos e aínda pensa no traba-llo.- Traballei moito, fun moi trabaladora. Sempre traballei no campo, sementan-do millo e o que houbera. Lembro iso de levar catro vacas tirando do arado de fe-rro para ir labrando unha leira e despois outra. Recordo de ir cos meus irmáns diante e coas vacas leira tras leira.

- Que recordos ten deses primeiros anos en Ons?

- A época máis feliz da miña vida foi can-do era nova, cos meus pais. Non tiñamos nada, pero era moi feliz. Iamos de Ons a Padrón andando, mirabamos un animal que nos gustaba e o traiamos de volta. As vacas daban moito traballo pois, cando non as dabas vendido, tiñas que volver con elas para aquí.

- Cóntenos algo desas viaxes a Padrón?- Lembro cando ía andando a Padrón para vender as vacas e despois tiña que vir de volta, con elas ou cos cartos. Na casa era-mos seis irmáns, dos que só quedamos duas: eu, que son a maior, e a miña irmá máis pequena. Saíamos de noite para chegar á feira de gando de Padrón pola mañá, que sempre estaba chea. E lem-bro como se diferenciaba aos de Padrón dos demais, pois eles ían na súa maioría descalzos de todo para non mancharse.

Nós tiñamos que ir coas zocas de madei-ra polo que tiñamos que andar, pero re-cordo como os de Padrón viñan descalzos á feira. Moitas veces temos ido a Padrón a buscar un animal, con esas zocas que vaia por Dios, e non o atopabas e tiñas que volver sen nada.

- Foron anos duros para todos, tamén para a súa familia.- Incluso tivemos que ir ás minas. Ía cos irmáns ao extraperlo porque había ho-mes que pagaban ben e eran tempos onde non había onde ir a gañar uns car-tos e nós tiñamos que desempeñar un-has fincas. Na casa faciamos unha broa moi boa, quentando o forno con fieitos e toxos. E lembro como viñan os pobres pedir á porta e como tiñamos leña na en-trada. E eles, descalzos de todo, cos pés sobre a leña.

VECIÑA DE ONS QUE ACABA DE CUMPRIR CEN ANOS

María Manuela Carnota Astray, “María da Jarandella” como a coñecen en Ons pola súa nai, vén de celebrar o seu cen cumpreanos coa súa familia, conformada a cabalo de Ons e Barcelona. Cen anos, unha cifra redonda que está ao alcance de moi poucos. E menos aínda coa lucidez e a vitalidade de María. “Antes acordábame ben das cousas, pero cos anos vaime marchando a memoria”, non se cansa de repetir durante a entrevista, na que fai un completo repaso á súa vida e ao Brión do último século. Se se chega a acordar…

MARÍA MANUELA CARNOTA ASTRAY

“Levántome da cama porquesempre hai algo que facer”

Page 13: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Revista Altamira | 13

BRIONESES- Que lembranzas ten da súa familia aquí en Ons?- O meu pai era de Ons e a miña nai de Vioxo. A min coñecíanme por María “da Jandarella”, pola miña nai. O meu pai foi dúas veces a Cuba. Era canteiro e fixo moitas casas, algunha das cales aínda se-gue en pé. E iso é porque facía as casas como é debido. E eu lle tiña axudado a subir as pedras e a madeira, porque para facer unha casa necesitábase moito ma-terial. Moitas veces eu escapaba porque había que subir as pedras e tiña algo de medo, porque era moi nova. Lembro ta-mén como ía ata Negreira polo monte abaixo a buscarlle tabaco. Había un ca-miniño moi estreitiño e eu ía por el can-do acababa o traballo. Tamén recordo ter que ir de noite a abrir a auga para regar cun candil e como iamos a moer o millo nun muiño que había en Ons de Abaixo, a onde iamos moer todos. Agora xa non hai nada diso.

- Con 58 anos mar-cha a Barcelona, que lembranzas gar-da da capital catala-na?- Marchei a Barce-lona no 1968 e tra-ballei nunha masía catalana. Aprendín a entender o catalán e mesmo o chapurrea-ba algo. En Barcelo-na criei ás miñas tres netas para que meu fillo puidera ir traba-llar. E mesmo coidei tamén aos meus ca-tro bisnetos. Lembro que aló me perdía cos trens. Mesmo tiven que durmir nunha estación porque perdera o tren. E aló quedei ata o día se-guinte. Iso si que era traballar, traballaba-mos todas as fins de semana nunha masía e durante a semana levaba as netas ao colexio e coidábaas. Gostáballes moito que as levase á feira e comprar dese pitos de cores que había. Estiven moi volcada coas nenas.

- Que diferenzas atopou entre unha gran cidade como Barcelona e unha aldea coma Ons?- Sorprendeume moito. Rúas todas asfal-tadas e eu en zapatillas. Transformáron-

me un pouco na cidade: o pelo, o calzado, o vestido… Tamén recordo as viaxes de volta a Ons dende Barcelona no coche do meu fillo. Iamos como sardiñas porque viñamos todos os veráns.

- Temos entendido que lle gostaba moito cantar.- Cantaba nas fincas. Eran os tempos nos que era máis feliz e iso que daquela non tiña nada. A xente cantaba moito nas fincas mentras traballaban. “era o viño, meu ben, era o viño, era o viño que te emborrachaba”. En Barcelona cantáballo ás miñas netas en galego, e foron aprendendo o galego tamén.

- Supoño entón que tamén cantaría polas festas.- Cando chegaba Santa Minia había que levar unha cesta e iamos en grupo coa comi-da. E veña a cantar e a comer. E non era nin a primeira vez nin a última que a comida caía ao chan do ben que o pasabamos. Agora iso xa foi pasando. A Santiago iamos ta-mén á festa e durmiamos todos nunha palloza. E, ao outro día, unha señora nos daba chocolate. Durmiamos fora e todos amontonados, pero tan contentos. E polo Nadal viñan os veciños cantando panxoliñas. Nós tiñamos as galiñas enriba, durmidiñas no alto. E eles viñan coa música e veña a darlles coa ferramenta ás galiñas, que non para-ban de saltar.

“Boto en falla que houbese un coro ou un grupo de gaitas na miña época”

EN POUCAS PALABRAS

- O seu mellor recordo en Brión…- A festa de Santa Minia e a xente que ía a ela.

- Cal é o seu lugar favorito?- Ons é un sitio bo e que chama a atención. Gústame moito.

- O que máis lle gusta de Brión é…- Practicamente todo, sobre todo a xente.

- E que bota en falla?- Quizais que houbera un coro ou un grupo de gaitas na miña época.

Page 14: 80 - ALTAMIRA Nº 80

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

Porque o deporte é saúdeO Concello pon en marcha en Pedrouzos o primeiro parque biosaudable para a terceira idade e xa traballa nun segundo.

Disque o deporte é calida-de de vida. É máis, os valores que atesoura o deporte (tales como o compañeirismo, o afán por superarse un mesmo, o va-lor do esforzo...) fan mellores persoas a aqueles que os prac-tican. Mais non todos estamos en condicións de correr detrás dunha pelota, o que non signi-fique que o noso corpo non ne-cesite de actividade e exercicio físico.

Un grupo que encaixa nes-tes parámetro é o conformado polos nosos maiores. Non es-tarán para facer un “slalon” en plan Messi, mais teñen tantas ou máis gañas que o 10 blau-grana para seguir levando unha vida activa e saudable. Neste contexto nacen os parques bio-saudables, recintos ao aire libre nos que os veciños, especial-mente os de máis idade, teñen á súa disposición unha serie de máquinas para facer exercicio.

O Concello vén de inaugu-rar a primeira instalación deste estilo en Brión. Está situado na rúa das Pedriñas (Pedrouzos), xusto entre o centro de saúde e o centro social polivalente. Consta de sete máquinas des-eñadas para a súa utilización por persoas adultas: pedais, ba-lance, esquí, poni, surf, cintura e temón. As máquinas poden ser utilizadas polos veciños e veciñas de Brión cando e cantas veces queiran, se ben dende o Concello recomendan que ca-daquén consulte ao seu médico antes de empregalas.

SeguridadeCada unha destas máquinas

está preparada para exercitar unha parte concreta do corpo e entre todas elas xeran impor-tantes beneficios tanto muscu-lares como cardiorrespiratorios para os usuarios. Iso si, dende “Altamira” recomendamos que antes de usalos se lle bote un vistazo aos dous grandes paneis

INFRAESTRUCTURAS PARA OS MAIORES

informativos que acompañan ás máquinas. Non se trata de meter medo a ninguén, senón de que todos saibamos utilizar os aparellos do modo axeitado e con cabeciña. É dicir, que, se utilizando unha máquina, apa-recen síntomas como cansanzo intenso, dor no peito ou pal-pitacións, iso significa que hai que parar.

Cada máquina ten un tex-to informativo que explica os músculos que exercita, os be-neficios que aporta, e tamén as instrucións para o seu uso.

Así, cada unha das sete má-quinas do “Parque Biosaudable Rúa das Pedriñas” está pensa-da para exercitar unha parte do corpo. Mentres o balance fortalece e mellora a axilidade

de nocellos e xeonllos, o poni fortalece a musculatura de bra-zos e pernas mellorando as fun-cións cardíaca e pulmonar. O temón serve para a rehabilita-ción de extremidades, mentras que o cintura permite reforzar a musculatura lumbar e abdomi-nal. Finalmente, o surf exercita a columna e a cadeira mentres que o esquí fortalece os mús-culos das extremidades e da cintura, mellorando ambos as funcións cardíaca e pulmonar.

Recomendacións xeraisAo ser un espazo saudable,

o “Parque Biosaudable Rúa das Pedriñas” conta tamén cun pa-nel informativo da Fundación Deporte Galego e do Concello de Brión que ofrecen recomen-dacións a seguir para a práctica de exercicio físico saudable.

Así, recoméndase non utilizar estas máquinas sen antes ter feito exercicios de quecemen-to, como camiñar 5 minutos a ritmo medio e facer 2 minutos de exercicios de elasticidade muscular.

Así mesmo, recomenda se-sións de entre 20 e 60 minutos (cinco días á semana) nos apa-rellos destinados a exercicios cardiorrespiratorios e sesións de forza de 20 ou 30 minutos (2 ou 3 días á semana) nos de-mais. En ambos casos, reco-menda facer exercicios de baixa intensidade e en quendas de 10 minutos. Finalmente, lembra a importancia de facer uns exer-cicios para estirar os músculos unha vez rematado o uso das máquinas do “Parque Biosau-dable Rúa das Pedriñas”.

Xa está en marcha un novo parquebiosaudable

O parque biosaudable “Rúa das Pedriñas” é a pri-meira iniciativa deste tipo que se acomete no municipio de Brión, se ben dende o Con-cello brionés xa está proxec-tado un segundo parque biosaudable para a terceira idade dentro da gran área de ocio que está a construír pre-to do campo de futbol.

Unhas obras que tamén inclúen un parque infantil

e unha pista de skate para a mocidade e para as que o Concello de Brión conta cun-ha subvención de 100.032 euros da Deputación Provin-cial da Coruña. Na actuali-dade, xa están rematados os traballos de construción do parque infantil e agárdase que as obras de construción do parque biosaudable e da pista de skate poidan come-zar en breve.

Page 15: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

ACTIVIDADES DA GARDERÍA

Magosto para todas as idadesCentos de veciños reuníronse no entorno da carballeira de Santa Minia para degustar as castañas, acompañadas con chocolate quente.

O magosto non coñece de idades. Así, centos de veciños reuníronse no entorno da car-balleira de Santa Minia para degustar este froito, acompa-ñado con chocolate quente para o bandullo e coa maxia de Gusi e a música da Requinta de Xián para o espírito. Unha ini-ciativa organizada polo Conce-llo e a asociación de mulleres Xuntanza que se vén repetindo nos últimos anos tanto cun maior número de comensais e de castañas (120 quilos este ano) como cunha maior oferta lúdica.

E o Concello ben faría en ir aprovisionándose de máis castañas á vista do gusto que lle están a coller os máis pe-quenos. E é que un total de 78 cativos e cativas da gardería municipal dos Ánxeles celebra-ron tamén o seu magosto da man dos seus mestres e no que “por primeira vez se uniron ta-mén os pequenos do turno de tarde, xa que sempre hai máis xente pola mañá e sabiamos que o pasarían moito mellor”, explica Dolores Campos, direc-tora da escola infantil de Brión.

Os profesores compro-baron que os pequenos que participaron en edicións ante-riores xa se van afacendo ao sabor das castañas, mentres que algúns as descubriron esa mesma mañá. Os meniños, ataviados con cadanseu som-breiro ou diadema de papel coloreados por eles mesmos, paparon as castañas mentres aos seus mestres lles tocaba quizais a tarefa máis ingrata, a de estonalas.

Page 16: 80 - ALTAMIRA Nº 80

16 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

CERTAME DE PINTURA

Bases do certameO prazo de presentación de obras péchase o 15 de xa-

neiro de 2011. Poden participar mozos e mozas galegos, ou residentes en Galicia, de máis de 14 anos. Cada autor poderá presentar unha única obra pictórica orixinal, de te-mática e estilo libres, e que non fora presentada noutro certame previo.

Asemade, establécense unhas dimensións máximas (de 150 centímetros) e mínimas (de 80 centímetros) en cal-quera dos seus lados, non admitíndose obras cubertas con cristal. Ademais, os traballos poden ser entregados, ben persoalmente na Casa da Cultura, ben a través de calque-routro medio de transporte (a portes pagos, claro está). Así evítanse os engorros que ocasionaba a obriga de presentar as obras en persoa, como se esixía ata o ano pasado.

A documentación a presentar inclúe: formulario de ins-crición debidamente cumplimentado, foto a cor da obra presentada, fotocopia do DNI (ou documentación que acredite ao autor como residente en Galicia) e un breve cu-rrículum vitae do artista (no que se inclúan o seu enderezo e número de teléfono). As bases e o boletín de inscrición pódense recoller na Casa da Cultura de Brión ou descargar directamente da páxina web: www.concellodebrion.org.

Brión convoca a sétima edición do certame de pintura“Novos Valores”Despois do éxito de participación rexistrado en 2009, o Concello mantén a dotación de 3.500 euros destinada a premios.

A sétima edición do certa-me de pintura “Novos Valores” xa está en marcha. Nela pode-rán participar artistas galegos, ou residentes en Galicia, de máis de 14 anos. Un certame que conta co patrocinio da Fundación Feiraco e co cal o Concello de Brión pretende “contribuir ao fomento das artes plásticas e á promoción dos novos valores da pintura en Galicia”, explica a concellei-ra de Cultura, Patricia Vázquez Lamas.

Este ano, o Concello man-tén as mesmas bases que per-mitiron relanzar o certame en 2009 e facilitaron a presen-tación dun total de 52 obras, cifra que cuadruplicou á rexis-trada en 2008 (no que apenas se chegou á ducia de traba-llos). Así, a cantidade destina-da a premios mantense nos

3.500 euros, que se repartirán entre as dúas categorías esta-blecidas: de 14 a 17 anos (con dous premios de 600 e 400 euros) e maiores de 18 anos (con sendos premios de 1.500 e 1.000 euros). Uns premios que fan que “o certame sexa máis atractivo para os pinto-res de toda Galicia e poidamos conseguir unha semellante ou maior participación có ano pasado”, apunta Patricia Váz-quez.

As catro obras premiadas, así como unha selección de todas as presentadas, confor-marán unha exposición que o Concello de Brión organiza-rá no Espazo das Artes e que poderá ser visitada entre o 11 de febreiro e o 11 de marzo. A entrega de premios terá lugar instantes antes da inaugura-ción da mostra.

Na edición de 2009, o gañador da categoría xuvenil B (de 18 anos en adiante) foi Óscar Cabana Picado (A Coru-ña) coa súa obra “Refinería”. O segundo posto foi para Ana Varela Ramos, de Cambre (A Coruña), cunha obra sen titu-lar. Finalmente, a vencedora da categoría xuvenil A (de 14 a 17 anos) foi Paula González Freire (A Coruña), coa súa obra “Jardín hipnótico”. O segundo premio desta categoría foi para Sara Pazo González (Redondela), coa obra “Despois”.

Page 17: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

NOVAS TECNOLOXÍAS

O telecentro cumpre un ano situándose no máximo nivel de valoración da rede galegaO telecentro de Brión supera todas as expectativas no seu primeiro ano defuncionamento.

O 14 de outubro de 2009 inaugurábase na planta baixa da Casa Consistorial o Tele-centro de Comunicación do Concello de Brión, nun acto no que estiveron presentes o Secretario xeral de Medios, Al-fonso Cabaleiro Durán, e o al-calde de Brión, José Luís García García. Con esta novo servizo, a Secretaría Xeral de Medios e o concello pretendían achegar aos veciños de Brión as novas canles de comunicación que ofrecen as TIC, familiarizán-doos cos medios e soportes audiovisuais de comunicación da era dixital na que estamos a vivir.

O telecentro de comunica-ción de Brión vén de cumprir un ano dende a súa posta en funcionamento, tempo no que acolleu máis de corenta cur-sos formativos nos que parti-ciparon máis de cincocentos alumnos. Atendendo aos datos facilitados dende a Rede de Te-lecentros de Comunicación de Galicia, o telecentro brionés figuraría no Nivel 1 (+ de 1000 h. lectivas), máxima catego-ría onde compartiría ranking con outros centros como o de Abegondo, Chantada, Catoi-ra, A Estrada, Vimianzo, Verín, Redondela, Xinzo da Limia ou Oroso. Todo un éxito, aínda máis destacable se cabe por-que estamos a falar do seu pri-meiro ano de funcionamento.

O responsable do telecen-tro brionés, Antonio Casal, considera que se trata dunha gran noticia para Brión xa que “estamos á altura doutros tele-centros que levan funcionan-do varios anos e incluso por diante doutros centros de vilas moito máis grandes ca Brión, e iso que só está a máximo ren-demento polas mañáns e a úl-

tima hora das tardes”. No que atinxe ao perfil do usuario, An-tonio Casal sinala que “é moi variada pois temos clases de iniciación para nenos de cinco anos ata xente da terceira ida-de”.

Deses máis de corenta cur-sos impartidos neste último ano os máis demandados fo-ron os de ofimática. Uns cursos pensados para que os alumnos poidan conseguir as Acredita-cións Europeas de Manexo do Ordenador, un certificado ofi-cial da Fundación ECDL (Euro-pean Computer Driving Licen-ce). De feito, Brión é o único concello de Galicia autorizado a impartir estas acreditacións,

“Agardamos que en xaneiro poidamos facer xa a primeria das convocatorias para os exa-mes destas acreditacións, logo en xuño está pensado facer a segunda convocatoria”, adian-ta Antonio Casal, que ademais de responsable do telecen-tro será o docente encargado das devanditas certificacións. Este certificado suporá un im-portante complemento para as actividades formativas en novas tecnoloxías da informa-ción convocadas polo Concello de Brión, pois mellorarán en gran medida o currículo do seu alumnado e mellorará o seu acceso ao mercado laboral ao conseguir unha acreditación que ten un recoñecemento a nivel internacional.

A aposta que polas TIC ven

facendo dende hai varios anos o Concello de Brión -Infobrion.com é un exemplo disto- po-ténciase agora con este novo servizo que ven a consolidar unha programación no eido das TIC referencial dende hai máis dun lustro.

Un total de 161 cativos, de idades comprendidas entre os tres e os cinco anos, participaron en varias videoconfe-renicas con Papá Noel. A iniciativa, posta en marcha polos concellos de Brión e de Oroso que coordinaron os seus te-lecentros para poder facer estas videoconferencias, permi-tiu que ningún cativo quedase fóra desta experiencia.

Durante aproximadamente media hora, os pequenos puideron falar con Papá Noel e pedirlle os agasallos que desexaban para este Nadal. Este ano estiveron menos fa-langueiros ca o ano pasado e, como regla xeral, non pedi-ron máis dun ou dous regalos. As Barbies e as Supernenas foron os xoguetes máis demandados polas nenas, mentres que os rapaces decantáronse polos Gormitti e os Bakugan, aínda que moitos pequenos tiraron tamén por agasallos tradicionais como os tragabolas, os coches e os peluches.

A xornada pasou sen incidencias, salvo unha pequena chorada dun cativo que se asustou cando o resto dos seus compañeiros berrou para chamar por Papá Noel xa que, como el mesmo admitiu, xa vai velliño e non está ben do oído. Ao rematar, os rapaces recibiron unhas lambetadas de agasallo e marcharon a escribir as súas cartas. Por se acaso.

Máis de 160 cativos pedíronlle os xoguetes a Papá Noel por videconferencia

Page 18: 80 - ALTAMIRA Nº 80

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

ACTIVIDADES DO NADAL

Teatro, música e fotografía protagonizaron o outonocultural de Brión

Se setembro é o mes por excelencia de Brión, o último trimestre de cada ano carac-terízase polo amplio programa de actividades sociais, cultu-rais e deportivas organizadas dende o Concello. Así, a mos-tra “Exvotos para Minia” do fotoxornalista compostelán Manolo Blanco abría un amplo repertorio cultural. Corenta e séis fotografías antigas sobre a romería de Santa Minia e a Festa dos Vellos que fixeron que moitos veciños visitasen a mostra para buscárense eles ou os seus familiares e amigos nas distintas instantáneas.

Unha exposición que deu paso a uns meses cargados de representacións teatrais, den-de o III Ciclo de Teatro Afec-cionado “Pedra do Moucho”, pasando polos locais Tranga-lleiro Teatro, ata un novo ciclo como o “Fegatea Móvete”, que trouxo por Pedrouzos a Teatro Rueiro e Teatro Escoita-de. Ao igual que en Ons, as re-presentacións foron de balde e resultaron todo un éxito de público. A representación da “Lingua das Bolboretas” por parte da compañía profesional Teatro do Andamio pechou os escenarios de Brión por este ano.

Mais tamén houbo tempo para a música, en todos os seus estilos e facetas. Dende a parte máis académica, coa

segunda edición das Xorna-das Musicais Santa Cecía; ata o clasicismo da Gala de Nadal con Ludmilla Orlova; pasando por espectáculos como “Músi-ca no Nadal” ou actuacións da banda municipal de música.

E para os próximos días a cita ten corpo de monicreque, pois Brión acolle a decimo-cuarta edición do seu Festival de Títeres, entre o 27 e o 30 de decembro. Monicreques de Kukas, Viravolta Títeres, Títe-res Seisdedos e Teatro Buratini amenizarán as tardes dos cati-vos no centro social polivalen-te. A cita é ás 17:30 horas. A entrada é libre e gratuíta.

E, como dicta a tradición, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente serán os encargados de pechar o pro-grama de actividades de Nadal coa súa tradicional cabalga-da na tarde do 5 de xaneiro. Como as tradicións están para cumprilas, a comitiva real sai-rá ás 16.30 horas do adro da Igrexa dos Ánxeles, para che-garen ao pavillón polidepor-tivo aproximadamente media hora despois. Será o punto e final a un intenso trimestre de actividades. Aínda que quizais sería máis correcto falar de punto e seguido, pois en nada chegarán os Novos Valores para abrir o programa de ac-tividades para 2011. Porque a cultura non se pode parar.

O XIV Festival de Títeres e a cabalgada de Reis pecharán un trimestre de numerosas actividades culturais.

ACTIVIDADES DO NADAL- OBRADOIROS DO NADALDo 27 ao 30 de Decembro e 3 e 4 Xaneiro

- XIX CONCURSO TARXETAS DE NADALAta o 23 de Decembro

- MUSICA “TEMPO DE NADAL”Xoves 23 ás 20 hrs. no Centro Social Polivalente

- XIV FESTIVAL DE TÍTERESCentro Social Polivalente ás 17:30 hrs.LUNS 27 - Monicreques de Kukas “Un agasallo para Xaquín”MARTES 28 - Viravolta Títeres “Hip, Hip, Hurra”MÉRCORES 29 - Títeres Seisdedos: “Varietés”XOVES 30 - Teatro Buratini “O pazo de papel”

- CABALGADA DE REISDía 5, Pavillón Polideportivo, a partir das 17 h.Saída Adro de Os Ánxeles

Page 19: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

O moucho de Ons éche moi teatreiro

O gusto dos veciños e ve-ciñas de Brión polo teatro é innegable. A uns, como aos de Trangalleiro Teatro, dáse-lles por representalo men-tres que outros prefiren asis-tiren ás distintas actuacións que teñen lugar periodica-mente en Pedrouzos. Pero como non hai dous sen tres, nestes tres últimos anos a asociación cultural e depor-tiva “Pedra do Moucho” está a organizar con gran éxito un ciclo de teatro afeccionado.

Un ciclo no que todo semella que foi chegar en encher. E non o dicimos só pola media de cen veciños que ateigan o teleclube de Ons en cada representación, senón tamén polo gran nivel dos participantes de cada ano. Nesta última edición, os veciños puideron disfru-tar de tres pezas presenta-das pola asociación cultural Candelexas (Noia), Teatro Badius (Zas) e Ullán Teatro (Vedra).

Así as cousas, todos que-damos á espera da cuarta edición, para a que seguro que os veciños de “Pedra do Moucho” volverán contar coa colaboración do Conce-llo de Brión, da Federación Galega de Teatro Afeccio-nado e da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura.

Trangalleiro Teatro triunfa coa súa primeira gran obra e prepara actuacións polacomarcaEste grupo de teatro afeccionado está composto por 9 veciños de Brión, de entre 50 e 65 anos de idade

Non cabía nin un cravo máis, nin de prata nin dos de andar por casa. E é que máis de 170 veciños e veciñas de Brión ateigaron o auditorio do centro social polivalente para asistiren ás dúas representacións da obra “Os cravos de prata”, posta en escea polo grupo de teatro afeccionado local Trangalleiro Teatro. De feito, a sala mesmo quedou pequena para o gran número de persoas que acudíu, polo que non foron poucos os que quedaron de pé para po-der ver a obra.

A directora, Elisa Iglesias Framil, sinala que “foi un gran éxito. A xente respondeu sorpren-dentemente ben, pois non só había adultos senón tamén moitos nenos, cousa que non agar-dabamos”. Con respecto aos actores, nove veciños e veciñas de Brión de idades compren-didas entre os 50 e os 65 anos, Iglesias Framil apunta que “están xa desexando actuar polo mundo adiante. Os seis que xa actuaran o ano pasado estaban supertranquilos e iso animou ás tres veciñas que se estreaban con esta obra”.

A obra é unha comedia, duns 50 minutos de duración, que transcorre nun velorio e que narra as pelexas entre a muller e as fillas dun finado polos cartos da súa herdanza. “Os de-corados, o vestiario, todo o atrezzo, menos as estruturas de aluminio, foi feito olos propios actores ou polos seus familiares, como o fillo dun dos protagonistas que chegou a facer un ataude en madeira”, explica Elisa Iglesias.

Agora Trangalleiro Teatro está a falar con concellos da comarca de Santiago para poder re-presentar “Os cravos de prata”, peza de Nicolás Bela na que levan 13 meses ensaiando, dian-te doutros auditorios. Polo momento, xa teñen confirmada unha actuación: no Castiñeiriño (Santiago) o sábado 15 de xaneiro de 2011. De aquí a El Liceo aínda quedan algúns pasiño, mais todo se andará.

TEATRO AFECCIONADO

Page 20: 80 - ALTAMIRA Nº 80

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

OUTRAS ACTIVIDADES

O Concello organiza unha viaxe a Portugal o vindeiro mes de febreiro

Catorce alumnos rematan un curso de formaciónprofesional deempregado de oficina de máis de 800 horas

Máis de oitocentas horas lectivas. Algúns másters non chegan nin á metade da esixencia do curso de formación pro-fesional ocupacional de empregado de oficina celebrado en Brión entre os meses de maio e novembre. Catorce veciños e veciñas remataron os doce módulos formativos e agora están á espera de que a Xunta de Galicia lles faga chegar o corres-pondente certificado.

Organizado polo Concello de Brión, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, este curso está incluido no Plan AFD. As clases organizáronse en 12 módu-los, abarcando así diferentes contidos dende técnicas admi-nistrativas de oficina ata aspectos administrativos de xestión empresarial. Así, os alumnos aprenderon mecanografía, in-formática e ofimática básicas, o manexo de aplicacións infor-máticas de xestión empresarial e mesmo recibiron consellos para orientarse profesionalmente no mercado de traballo.

Está dirixida a veciños de entre 35 e 65 anos que deberán anotarse antes do 14 de xaneiro.

O Concello organiza unha viaxe a Portugal para os vindei-ros 5 e 6 de febreiro de 2011. Dirixida a veciños e veciñas de entre 35 e 65 anos de idade, así como as súas parellas, a viaxe inclúe visitas ás localidades de Guimaraes, Póvoa de Varzim, Braga e Santa Luzía.

A expedición sairá de Brión o sábado 5 de febreiro con destino á vila de Guimaraes, onde terá lugar un xantar des-pois de visitar o casco histórico da cidade, o seu castelo e o pazo dos Duques de Bragança. Xa pola noite, os brioneses disfrutarán dunha cea buffet e baile no Casino de Póvoa de Varzim, con aloxamento en habitacións dobres do Gran Hotel de Póvoa.

Despois de repoñer forzas cun almorzo no Gran Hotel de Póvoa, a expedición sairá cara Braga, onde visitarán o santua-rio do Bom Jesús. Tras xantar, os veciños farán unha última parada no santuario de Santa Luzía antes de emprender a volta a Brión.

O prezo da viaxe, que inclúe as comidas, o aloxamento e a entrada ao baile no Casino de Póvoa, é de 145 euros por persoa. As inscricións poderán formalizarse no centro social polivalente, ou por teléfono no número 981 50 99 10, antes do vindeiro 14 de xaneiro, en horario de 8:30 e 14:00 horas.

O gran hotel de Póvoa do Varzím será onde os excur-sionistas desfrutaran dunha cea baile, ademais do aloxamento e o almorzo do día seguinte.

q

A aula do Centro Social Polivalente acolleu durante máis de 800 horas aos alumnos que realizaron o cur-so de empregado de oficina.q

Page 21: 80 - ALTAMIRA Nº 80

HISTORIAS E LENDAS

Onde van aqueles anos en que nalgún cortello de todas as ca-sas orneaba un burro? É que na tradicional economía campesiña de hai cincuenta ou sesenta anos para atrás o gando asnal era un elemento fundamental: o burro coñecía todos os camiños do entorno aldeán, incluso os máis inaccesibles; ía co gran ao muí-ño, carrexaba a herba do gando que se cadra el apenas cataba, turraba do sacho das patacas e do millo, levaba ás feiras da con-torna os frutos que se habían de vender, cargaba cos avíos que se mercaban para a casa, e se cadra traía tamén ao dono ou á dona ás costas. O burro era sempre animoso para o traballo e parco no tocante á mantenza: igual admitía un mando de herba bizosa coma depenicaba polas gabias as puntas das silveiras sen dono…

Unha familia de caseiros podía estar sen gando vacún por non ter con que mantelo ou por carecer de posibles para merca-lo, pero nunca faltaría algún burriño, por pequeño que fora: cabía en calquera sitio, aínda que fora á intemperie, e comía calquera cousa.

Os burros nunca gozaron de consideración: polo contrario,

sempre estiveron no derradeiro chanzo da escala social; xa di o refrán que “de burro abaixo non hai peor besta”. Son o símbolo da humildade, da baixeza. Por algo se pon o burro no portal de Belén ao pé do neno Xesús… Nada que ver coa fachenda que producía nunha casa dispoñer dunha boa besta ou dun cabalo lucido. O burro gañou unha sona inxusta: ata se ten convertido no símbolo da ignorancia, cando é un animal moi intelixente, que é capaz de comprender ata vinte ordes distintas.

Aínda así, houbo burros famosos que acadaron un lugar na historia da literatura. Pénsese, por exemplo, no Asno de ouro,

Revista Altamira | 21

Unha de burros

de Apuleio, a primeira novela da literatura latina que conta as aventuras dun tratante de Corintio convertido en burro por arte de maxia. Ou o Rucio, compañeiro inseparable de Sancho Panza. De tempos máis recentes é Platero, de Juan Ramón Jiménez, o entrañable burriño “pequeno. peludo, suave; tan mol por fóra, que se diría todo de algodón, que non leva ósos”.

Entre nós, o gando asnal, concretamente o do xénero femi-nino, tivo unha importancia significativa como actividade com-plementaria dos tratamentos terapéuricos que proporcionaba o balneario do Tremo. Boa parte dos usuarios das salutíferas augas do Tremo acostumaban a completar o tratamente termal cunhas tomas diarias de leite de burra, proporcionada pola abundante cabana asnal existente no contorno.

Efectivamente, o leite de burra, ademáis das súas cualida-des cosméticas coñecidas dende a antigüidade (é famoso o caso da raíña de Exipto Cleopatra, que adoitaba tomar baños neste líquido), ten unha grande riqueza de nutrientes e moi boa dixes-tibilidade, ideal para esgotamentos, debilidade, desnutrición e estados carenciais; mellora o sistema inmunolóxico; tamén ten aplicación contra o estreñimento, as alerxias e os desequilibrios da flora intestinal.

Así é que concurrían a cotío á porta do balneario os propieta-rios coas súas burriñas para subministralles aos bañistas que lle-la quixesen mercar a dosis axeitada de leite que muxían directa-mente diante do cliente. O servizo funcionou próspero mentras o vello balneario estivo en actividade, ata os anos cincuenta do século pasado e, nos momentos de esplendor foi unha fonte de ingresos para a comarca.

Un dos últimos burros dos que se tivo constancia na aldea do Alqueidón parroquia dos Ánxeles.q

Page 22: 80 - ALTAMIRA Nº 80

22 | Concello de Brión

PASATEMPOS

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

Un pouco de humor...

Page 23: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Revista Altamira | 23

ULTIMA PÁXINA

BRIÓN NA PRENSA

21/12/2010 | Tempo de paz e... chamadas a Laponia.

23/11/2010 | Parques biosaludables e de ocio para os brioneses.

09/11/2010 | O teatro afeccionado centra este mes a programación cultural do Concello de Brión.

21/12/2010 | O telecentro brionés cumpreun ano con corenta cursos organizados e mil horas de formación.

20/12/2010 | Brión terá 144 vivendas protexidas e Fomento pagará a urbanización do solar.

23/11/2010 | Brión convoca o certame pictórico Novos Valores, que destina 3.500 euros a premios.

20/12/2010 | Brión pecha o convenio que permitirá construír 144 VPO.

23/11/2010 | Pedra Moucho baixa o telón con éxito de público.

18/11/2010 | Brión apoia un plan de construción de vivendas antisísmicas en Haití.

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixa-ba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes:

CURIOSIDADES: O apalpador

cachela=plancha furada para asar as castañasmega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos

cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)marcha agora para a camiñaQue vai vir o Apalpadora apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grandedía do noso Señor.Xa chegou o día grandee virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,que haberá gran nevaradae há vir o Apalpadorcunha mega de castañas.

Por aquela cembaxa ven relumbrandoo señor Apalpadorpara darvos o aguinaldo.

Page 24: 80 - ALTAMIRA Nº 80

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

sabias que...sabias que...

25anos

No concello de Vinhais (Portugal), lindante co da Mezquita (Ourense) dise que a noite da consoada (Noiteboa) algúns van ao monte coller érbedos (érvedos, medroñeiros, erbedros, esbedros, erbedei-ras, moroteiros, morongueiros, morodoeiros, amoroqueiros ou albedros) e logo déixanos ao orballo da noite a ver se vén o demo catalos. Non se recomenda comer máis dun froito cada vez pois teñen moito alcohol e son alucinóxenos; na Fonsagrada chámanlles “borrachiños”.

Polo visto é na Noiteboa cando o demo abanea os érbedos para roubar os froitos, mais hai que ter moito tento pois penéiralles por riba unha poalla cor púrpura, seica fabricada nas mesmísimas fornalhas do Inferno.

Segundo a mitoloxía grega o érbedo xermolou do sangue verquido por Xerión cando o matou Hér-cules; en Roma este arbusto, símbolo da inmortalidade, estaba consagrado á ninfa Cardea.

NOVO ENDEREZO

fai o demo na Noiteboa?