55

A prehistoria

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A prehistoria
Page 2: A prehistoria

A Prehistoria é un longuísimo periodo de tempo que vai den-de a aparición do home na Terra (hai máis de catro millóns de anos) ata o inicio da historia -logo da invención da escritura-arredor do 3.000 a.C.

A cronoloxía da Prehistoria é bastante complexa, pero simpli-ficando moito, podemos distinguir dous periodos principais:

• O Paleolítico (Idade da Pedra Antigua ou tallada). É a etapa máis longa da historia do home (xa que abrangue dende haidous millóns e medio de anos ata o descubrimento da agricul-tura e a gandería arredor do 10.000 a.C). Este periodo divíde-se a súa vez en: Paleolítico Antigo e Superior.

• O Neolítico ou Idade da Pedra Nova ou pulimentada (que abrangue dende o 10.000 ata o 3.000 a.C -momento no que, logo da invención da escritura, da comezo a historia-).

Page 3: A prehistoria

Pero, dentro deste marco cronolóxico xeral, convén que teñades en conta as peculiaridades da cronoloxía da prehistoria galega.

Este gráfico, pode darvos unha idea bastante aproximada.

Page 4: A prehistoria

Para que vos fagades unha idea do ambiente no que nos moviamos os homes do Paleolítico, tedesque saber que o clima que caracteriza esta etapa da Prehistoria é o chamado PLEISTOCENO (época xeolóxica que comeza hai 2,5 millóns de anos e finaliza ao iniciarse o clima actual -Holoceno- no 10.000 a.C). Durante o Pleistoceno os cambios climáticos son continuos (xa que se van alternando longos perio-dos glaciais con periodos interglaciais).

Durante os periodos de glaciación , extensos mantos de xeo cubren as latitudes máis elevadas do planeta. Na paisaxe predominan as pradeiras herbáceas -propias das rexións próximas aos polos-. Na fauna destacaban: o mamut, o rinoceronte lanudo, o uro, o cervo xigante, o oso das cavernas (que terminaron por extinguirse), o reno, o oso polar, o cabalo, o boi almizclero, a hiena, o antílope saiga…

Page 5: A prehistoria
Page 6: A prehistoria

Durante os periodos interglaciais o clima fíxose máis cálido. Ao fundirse o xeo, subiu o nivel do mar.Desenvolvéronse bosques de coníferas e árbores caducifolias propias do clima temperado e chuvioso.Nas etapas interglaciais apareceron os rinocerontes, os cabalos esteparios, os hipopótamos, os elefan-tes, os tigres de dentes de sable … Había tamén zorros, bisontes, gatos monteses…

Page 7: A prehistoria
Page 8: A prehistoria

As paisaxes de herbáceas (e os bosques de carballos, castaños e coníferas que se desenvolveron nos periodos interglaciais) estarían poboadas por leóns, hipopotamos, hienas , rinocerontes, uros, elefan-tes, venados, grandes cervos, zorros, lobos, osos, hienas , cabalos, xabaríns, bisontes… (fauna, que por moi incrible que vos pareza, formaba parte da paixase do país -desaparecendo de Europa por mor dos cambios climáticos-).

Page 9: A prehistoria
Page 10: A prehistoria

En primeiro lugar habería que dicir que ao longo do periodo prehistórico, a evolución do home foiimpresionante (evolucionando non só o seu aspecto físico e a súa capacidade intelectual, senóntamén os seus hábitats, modos de vida, costumes, manifestacións artísticas…).

Page 11: A prehistoria

Hai catro millóns de anos , apareceron en África os Australopitecus (homínidos moi primitivos -de pequeno cerebro e habilidade manual case nula- pero que xa podían permanecer erguidos sobre as súas patas inferiores).

Page 12: A prehistoria

Hai 2 millóns de anos apareceu -tamén en África- unha especie máis evolucionada: o Homo hábilis (que -cun cerebro máis grande- foi quen de fabricar e usar ferramentas).

Page 13: A prehistoria

O Homo Erectus/Homo Ergaster (primeiros homínidos de constitución física algo máis parecida aoshumanos modernos). A súa maior capacidade craneal permitiulles comunicarse a través dunha lin-guaxe simple e manufacturar ferramentas de pedra máis avanzadas (como os bifaces). Aprenderona manexar o lume. O homo erectus evolucionou, en Europa, cara ao Homo Neanderthalensis e, en África, cara ao Homo Sapiens.

Page 14: A prehistoria

Denomínanse “humanos arcaicos” “homo sapiens arcaico” ou “presapiens” a un certo número de especies que non son considerados anatómicamente modernos, aínda que teñen un tamaño cerebral próximo ao dos humanos actuais: Homo heidelbergensis (1) , Homo rhodesiensis, Homo neandertha-lensis (3) (rama paralela na árbore evolutiva á do home actual) e Homo antecessor (2) (nova especie humana , aparecida na Serra de Atapuerca, antepasado común do Neanderthal e o Cromagnon).

(1)

(2)

Page 16: A prehistoria

Esta especie (que xurdiu hai 500.000 anos perdurando ata hai uns 250.000), debe o seu nome á aparición de fósiles no xacemento alemán de Heidelberg .

O homo heidelbergensis é un antepasado directo do Home de Neandertal (non dos humanos mo-dernos). Trátase dunha especie intermedia entre home antecessor e home de Neanderthal.

Eran individuos altos e corpulentos (arredor de 1,80 m. de estatura e 100 kg de peso). Entre as súascaracterísticas físicas destacaban: os cráneos aínda moi aplanados -1.350 cc-; o forte reborde óseo sobre as órbitas; as mandibulas saíntes; a ausencia de mentón e a gran abertura nasal.

As súas proporcións corporais serían similares ás do Homo sapiens -aínda que co tórax máis ancho-. As diferencias de peso e estatura entre machos e femias serían similares ás da nosa especie.

Page 17: A prehistoria

Obtiñan alimento practicando o carroñeo -aproveitando a carne dos animais mortos ou cazados por outros animais- e a recolección de pequenos animais, ovos e plantas silvestres comestibles. Pero como na Europa fría os recursos vexetais escaseaban durante gran parte do ano, terminaron por organizarse para cazar pequenos animais -aproveitando trampas naturais e empregando rústicas lanzas de madeira aguzada-.As peles, coiros e tendóns servían para moitos usos. Usaban abrigos de pel para evitar o frío.

Page 18: A prehistoria

Fabricaban ferramentas de pedra, madeira -lanzas e xabalinas apuntadas- e óso. Elaboraban as súasferramentas segundo a técnica achelense.

Os arqueólogos pensan que coñecían o lume para quentarse a mais para cociñar (xa que atoparonevidencias de fogatas en diferentes xacementos).

Instalaban campamentos con cabanas de madeira e peles de animais, pero tamén usaban abrigos e vestíbulos de covas.

Page 19: A prehistoria

Dentro desta especie podemos falar de sentimento de grupo e de certa cohesión social (coidado de nenos, anciáns e enfermos) que os capacitaba para explotar e defender os recursos do territorio e desenvolver estratexias de supervivencia.

Organizábanse en pequenos grupos ou clans de entre 15 e 40 individuos (en periodos de bonanza podían acadar o centenar).

Eran nómades con movementos ligados ao clima e ás estacións. Controlaban os ríos e vales, as áreas con sílex e cuarcita, os movementos dos animais…

Seguramente tiña algún sistema de comunicación oral.

Page 20: A prehistoria

E finalmente -no último elo da evolución homínida- atópase o Homo Sapiens (o noso antepasado máis directo). Aparecen en África -hai uns 150.000 anos- individuos, con capacidade craneal de 1.500 cc e cunha constitución física suficientemente moderna, como para que poidan clasificarse claramente da nosa mesma especie.

Cazador especializado e cunha gran capacidade de adaptación ao medio, convertirase na especie dominante expandíndose por toda a Terra (sendo hoxe en día a única especie supervivinte).

Cun cerebro moi desenvolvido, tiñan linguaxe articulada e pensamento abstracto. Expresaban as súas crenzas a través ritos funerarios e manifestacións artísticas. Desenvolveron unha industria lítica moi perfeccionada; construían cabanas e sabían usar o lume.

Page 21: A prehistoria

Ao tempo que evolucionaba o noso aspecto físico e a nosa capa-cidade intelectual, evolucionaban tamén as nosas formas de vida.

Page 22: A prehistoria

Os homes do Paleolítico vivíamos do que a natureza nos ofrecía. Ao principio recolectabamos semen-tes, froitos, bagas, ovos… e carroñeabamos (aproveitando restos de animais mortos ou cazados por outros animais).

Logo aprendemos a cazar. Cazabamos en grupo, e para atrapar as presas, tendiamoslles trampas e utilizabamos armas de pedra e madeira. Dos animais que cazabamos obtiñamos: carne para comer, ósos e cornamentas para fabricar ferramentas e peles para vestirnos .

Tamén pescabamos -en augas pouco fondas- empregando arpóns e anzois que faciamos con ósos e hastas de animais.

Page 23: A prehistoria

Os homes do Paleolítico viviamos en tribos (colaborando nasactividades de caza e recolección).

Como tiñamos que desprazarnos dun lugar a outro na procura de alimentos, non tiñamos vivenda fixa, eramos nómades.

Procurabamos acubillo entre as rochas e no interior das covas.Cando nos desprazabamos, seguindo aos animais, instalaba-monos en campamentos ao aire libre (construíndo cabanascon troncos de madeira e peles de animais, preto dos ríos).

Page 24: A prehistoria

Co tempo chegamos a dominar o lume…

A domesticación do lume foi o progreso máis impor-tante da historia da humanidade (cousa que ocorreuhai uns 400.000 anos).

Co lume podiamos quentarnos, iluminar o interior da cova, cociñar alimentos e protexernos dos ani-mais salvaxes.

Page 25: A prehistoria

Observando a natureza, os homes prehistóricos aprendemos o ciclo do crecemento das plantas (comprobando que se plantabamos unha semente, esta xermolaba e daba froitos que podiamosrecoller). Así naceu -hai uns 10.000 anos- a agricultura.

Os cereais (trigo, centeo…) e os legumes (lentellas, garavanzos e chícharos) foron as primeirasplantas que se cultivaron.

Para realizar as tarefas do campo, elaboramos novos utensilios ou trebellos (machadas que em-pregabamos para cortar a madeira; fouciños para segar os cereais; muíños de pedra para triturar o trigo e obter fariña…).

Page 26: A prehistoria

A gandería xurdiu da necesidade de poder sacrificar animais cando escaseaba a caza. Os primei-ros gandeiros comezaron a ter animais vixiados e encerrados (o can foi un dos primeiros animaisque se domesticaron; despois domesticáronse cabras e ovellas, e máis tarde, os porcos).

Continuamos practicando a caza, pero agora comiamos prioritariamente os animais que domesti-cabamos.

Page 27: A prehistoria

Por primeira vez, os homes e mais as mulleres comezamos a producir alimentos (sen limitarnos a recoller aqueles que a natureza nos ofrecía). Por iso poidemos deixar de ser nómades e fixémonossedentarios (establecendo poboados permanentes).

Os poboados estaban situados a carón dos campos de cultivo para poder vixiar a colleita e coidar -aomesmo tempo- dos animais domésticos.

Construimos pequenas casoupas rudimentarias feitas con materiais perecedoiros (madeira, arxila, e palla).

Page 28: A prehistoria

Os homes prehistóricos fabricabamos armas e ferramentas que nos axudaban na realización das nosas actividades diarias. A fabricación e uso de ferramentas foi un momento moi importante e significativo na evolución da humanidade.

As primeiras pezas que se usaron como ferramentas eran de madeira. Pero hai dous millóns e medio de anos, un grupo dos nosos antergos empezaron a empregar un material moito más útil: a pedra. Os homes prehistóricos tallabamos diferentes tipos de rochas que tiñamos ao noso alcance (cuarcita, sílex...) extraendo lascas ao golpealas con outras rochas máis duras (“percutores”).

Page 29: A prehistoria

A técnica do tallado foi evolucionando a medida que o facían os humanos. Cando o home aínda tiña pouca habilidade, os retoques eran moi amplos e os instrumentos esta-ban mal traballados .A industria mellora, a medida que o fai a intelixencia e a habilidade manual do home. Esta habilida-de permitiu que o tallado e o retoque fosen máis superficiais, desperdiciandose menos pedra e cre-ando armas máis perfectas, máis pequenas e de máis facil manexo.

A medida que a técnica foi evolucionando, os obxectos de pedra tallada enmangáronse empregandomadeira e fibras vexetais. Ademais, o home comprende que cada actividade necesitaba un instru-mento diferente.

Page 30: A prehistoria

Ás veces utilizabamos directamente as lascas e rochas de partida (normalmente cantos rodados aportados polos ríos); outras veces traballabamolas para obter fíos ou puntas funcionais coas que poder cortar, fender, tallar, pinchar…

Dunha mesma pedra, podían obterse ferramentas diferentes: raspadores, perforadores, punzóns, bureles, agullas…

Os fragmentos máis pequenos e afiados utilizabamolos coma coitelos; as pezas maiores usábansecomo martelos e machadas. As principais armas eran as lanzas e as frechas.

Page 31: A prehistoria
Page 32: A prehistoria

TIPO DETÉCNICA

PERIODO/HOMO CARACTERÍSTICAS DAS FERRAMENTAS

OlduvayensePaleolítico Antigo(asociado a actividade carroñeira)Homo Hábilis

Ferramentas moi simples talladas con poucos golpes e para uso inmediato.Cantos tallados por unha ou dúas caras -obténdose un gume- e lascas sen retocar, depequeno e mediano tamaño e con bordes cortantes.

Achelense

Paleolítico Antigo(asociado a actividade cazadora)Homo Erectus/ErgasterHomo Heidelbergensis

Longa secuencia de golpes e xiros na elaboración das ferramentas.Instrumentos de talla bifacial (por ambas caras) e apuntados: bifaces (instrumentos de gran utilidade que permiten afiar lanzas, cortar madera e pel, descarnar presas…), fen-dedores, raspadeiras, raspadores, picos triédricos, buriles…

MusteriensePaleolítico Antigo(asociado a actividade cazadora)Homo Neanderthalensis

Desaparición de grandes instrumentos –como o bifaz- que serán sustituídos por outrosmáis pequenos (fabricados sempre con lascas): puntas, coitelos, raspadeiras, raspadores…Aparecen instrumentos de oso e asta de cervo.Emprego da técnica Levallois (utilización dun percutor brando para extraer lascas dunnúcleo previamente preparado). Despois retócanse para o acabado final.

AuriñacienseGravetienseSolutrense

Magdaleniense (en Europa)

Paleolítico Superior(asociado a actividade cazadora)Homo Sapiens

Perfección no tallado e retoque dos instrumentos.Especialización na utillaxe (conseguíndose obxectos estéticos á vez que utilitarios).Industria microlítica.Industria ósea (oso, asta e marfil) cada vez máis perfeccionada e de maior beleza para útiles, armas e adornos.Preparación de núcleos alongados para obter lascas finas de bordes paralelos. As lascas convírtense despois en útiles como buriles , punzóns, cinceis, raspadores distales,

Page 33: A prehistoria

Durante o Neolítico, perfeccionouse o instrumental, puí-ronse as pedras… Por iso ao Neolítico chámaselle taména Idade da Pedra Pulimentada.

Ademais, utilizáronse outros materiais para facer uten-silios (por exemplo o óso e o marfil). Fixemos arpóns e melloramos as machadas.

Page 34: A prehistoria

Da necesidade de gardar os alimentos, de cocelos e de transportalos, naceu a cestería e a cerámica (con diferentes tipos de recipientes e vasillas).

A invención do fuso para fiar e do tearpara tecer, permitiu o aproveitamentode fibras naturais -coma a la e mailoliño- para mellorar a vestimenta.

Page 35: A prehistoria

Hai uns 6.000 anos tivo lugar a aparición da metalurxia. Os seres humanos aprendemos a utilizar metais para a elaboración de ornamentos, armas e trebellos (espadas, machadas, eixadas, fouces…).

Os obxectos de metal eran moito máis resistentes que os que se fabricaban con pedra. Os primeirosmetais que se utilizaron foron o ouro, a prata e o cobre (que podíamos moldear golpeándoos en frío cun martelo). Esta etapa da Prehistoria coñécese co nome de IDADE DOS METAIS.

Na Idade dos Metais producíronse tres inventos de gran importancia que fixeron máis doada a vida das persoas: a roda (fixo posible a construción de carros tirados por animais); a vela (fixo posible que os barcos se moveran grazas á forza do vento) e o arado (que permitiu labrar grandes extensións de terra a maior velocidade).

Page 36: A prehistoria

As manifestacións artísticas e os ritos funerarios xurdirona medida que, no proceso de evolución humana, se forondesenvolvendo as nosas capacidades intelectuais

Page 37: A prehistoria

Realizabamos pinturas nas paredes das covas (PINTURAS RUPESTRES).

Os artistas da Prehistoria decoraban as cavernas coa finalidade de fa-cer delas santuarios, lugares onde se levaba a cabo a iniciación dos xóvenes cazadores…

Estas pinturas tiñan un sentido máxico e propiciatorio da caza (pinta-bamos os animais que desexabamos cazar). Bisontes, cabalos, cervos, renos… eran os animais que debuxabamos nas paredes das covas…

Pintabamos coas mans, con plumas de aves ou con pinceis feitos de pelos de animal. Utilizabamos cores vivas que extraiamos dos mine-rais e que mesturabamos con graxa de animais.

Page 38: A prehistoria
Page 39: A prehistoria

Tamén esculpíamos figuras (en ósos, madeira, marfil ou pedra).

Son moi coñecidas estas figuriñas de muller no que se destacan claramente as partes do corpo relacionadas coa maternidade (como por exemplo a Venus de Willendorf).

Page 40: A prehistoria

A inhumación (individual ou colectiva) foi a práctica mortuoria máis extendida durante a Prehistoria.

Estes novos ritos son os que darán lugar á construción dos monumentos megalíticos -Megalitismo-(grandes estruturas de pedra elevadas polo home a partir de finais do Neolítico e sobre todo durante a Idade dos Metais).

Os monumentos megalíticos construíronse con grandes pedras, denominadas “megálitos” , que se trasladaban coa axuda de troncos e cordas. Para facelos necesitábanse moitas persoas.

Os tres tipos principais de monumentos megalíticos son: os menhires (bloque de pedra chantado no chan) os cromlechs (alineacións circulares de varios menhires utilizados como santuarios ou obser-vatorios astronómicos) e os dolmens.

Page 41: A prehistoria

Os dólmens ou mámoas son cámaras funerarias formadas por paredes de grandes pedras verticais que sosteñen a outras lousas horizontais a modo de teitume.

Diante da cámara pode haber un pasillo ou corredor cons-truído do mesmo xeito.

Os dólmenes adoitaban cubrirse de terra formando un túmulo.

Page 42: A prehistoria

Outra manifestación artística dos homes prehistóricos foron os petróglifos. Os petróglifos son grava-dos -efectuados sobre rochas- ao aire libre.Neles aparecen motivos xeométrico-abstractos (círculos concéntricos, espirais, labirintos…) ou figura-tivos (animais, figuras humanas, armas…).

Page 43: A prehistoria

Tamén é importante que teñades claros algúns aspectos sobre os xacementos.

Un xacemento é un lugar que contén restos arqueolóxicos que denotan actividadehumana. Poden atoparse en covas ou ao aire libre; enterrados ou en superficie; na terra ou no mar.

Un xacemento divídese en niveis, e cada nivel arqueolóxico está a súa vez dividido en estratos. Cada un destes estratos pode representar un momento concreto do pasado.

O método de investigación arqueolóxica baséase no estudo dos restos materiais mediante a planifi-cación de excavacións, catas ou prospeccións -a partir de hipóteses ou teorías previas que se tratan de demostrar-.Observade as catas que se fixeron no xacemento de O Cabrón -en Arbo- (diapositivas 19 e 20).

Page 44: A prehistoria
Page 45: A prehistoria
Page 46: A prehistoria
Page 47: A prehistoria
Page 48: A prehistoria

Non sei se sabedes que é iso da industria lítica e que se entende por “núcleos”, “bifaces”, “fendedo-res”… Así que, por se acaso, vouvolo explicar axiña…

Denomínase “industria lítica” ao conxunto de utensilios de pedra -e restos das rochas empregadasna súa elaboración- que agrupados nun determinado lugar, amosan evidencias de actividades huma-nas no pasado.

Page 49: A prehistoria

Denomínase “núcleo” ao anaco de rocha do que se desprenden lascas durante a talla.

As “lascas” serían os fragmentos de pedra producidos ao tallar un núcleo cando se golpea o bloque cun percutor. As lascas podían utilizarse tal e como se producían ou retocarse para adaptalas a funcións concretas, mellorar a súa resistencia…

Mirade núcleos e lascas da industria lítica do xa-cemento de O Cabrón.

Page 50: A prehistoria
Page 51: A prehistoria

Chámase “fendedor” a unha ferramenta con bordes, que tendían a ser rectos e con fios con gran capacidade de corte. Tratábase de grandes lascas sen retocar ou con poucos retoques.

Page 52: A prehistoria

Denomínase “bifaz” a unha ferramenta, de forma ovalada, tallada polas dúas caras (tal e como o seu nome indica).Os seus rasgos máis característicos son: a simetría e certa tendencia triangular.

Page 53: A prehistoria
Page 54: A prehistoria

As “raspadeiras” son útiles líticos (empregados para cortar pel ou madeira) fabricados sobre unhalasca cun ou varios bordes, traballados por retoque, xeneralmente escamosos.

Page 55: A prehistoria

Como seguramente vos decataríades, en xeral, a fabricación dos útiles consistía en desprender lascas dun núcleo coa finalidade de obter fioscortantes.

Observade nestas fotos como Manuel Ledo (experto en talla lítica -aoque xa vos presentei como descubridor do xacemento de O Cabrón-) obtén -remedando aos homes prehistóricos- ferramentas líticas, des-prendendo lascas dun núcleo de cuarcita-.