12
XUÑO 2014 | 1 Jorge Drexler presenta “Bailar en la cueva” GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | XUÑO 2014 Exemplar gratuíto #77 MÚSICA LOS CORONAS MÚSICA O CICLO “FERROL EN CLAVE LÍRICA” PRESENTA A JUAN JOSÉ RODRÍGUEZ

Aí xunho 2014

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Guía de ocio e cultura de Ferrolterra. Número 77 Xuño de 2014

Citation preview

Page 1: Aí xunho 2014

XUÑO 2014 | 1

JorgeDrexler

presenta“Bailar en la cueva”

GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | XUÑO 2014

Exe

mpl

ar g

ratu

íto

#77

MÚSICA

LOS CORONASMÚSICA

O CICLO “FERROL EN CLAVE LÍRICA” PRESENTA A JUAN

JOSÉ RODRÍGUEZ

Page 2: Aí xunho 2014

2 | XUÑO 2014

AÍ. Sempre quixeches ser músico de jazz?PS. No meu caso non. Eu empe-cei moi tarde, con 30 anos! Gus-tábame o jazz pero como outras cousas. Estudei filoloxía inglesa e paralelamente fixen os meus estudos de música, por gusto. Despois de pasar unha tempo-rada en Estados Unidos regresei e non tiña traballo. Foi cando a actriz e cantante Claudia Cam-pos me propuxo facer un dúo de canción brasileira, e aí comezou todo, de xeito accidental.AÍ. Ou sexa que non te imaxinabas como profesional.PS. En absoluto. É mais, no primeiro concerto que dimos na Facultade de Filosofía de San-tiago sentín un pánico enorme ante público e pensei que non volvería. Pero pouco a pouco vaste sentindo máis confortable. Hoxe en día non me gusta moito falar desde o escenario pero o instrumento é como un filtro e cando me expreso con el si estou cómodo.

PabloSeoaneentrevista

Músico por casualidade, Pablo é un dos referentes do jazz en Galicia. Este pianista regresou o pasado mes a Ferrol a dar varias actuacións, momento que aproveitamos

para falar dos seus improbables comezos e da súa visión do oficio de músico.

TEXTOS: David Dapena | FOTOS: Kiko Delgado

AÍ. Sorpréndeche mirar atrás e verte como un dos referentes do jazz galego?PS. O que me alegra é que as cousas tiveran sido así de improvisadas. Adoro a falta de planificación.AÍ. Tocas con moitas formacións, desde dúo a quinteto. Iso condiciona o teu estilo de música?PS. É ao revés, primeiro é o tipo de música e logo penso con que formato encaixan mellor as

“O PRACER ESTÉTICO AUMENTA SE HAI UN ESFORZO POR PARTE DO ESPECTADOR

cousas. Efectivamente toco coa cantante Coraline Yap-Chine, teño un trío con Juan Cañada (contrabaixo) e Lar Legido (batería), que vimos de presentar o noso terceiro disco, “Inopia”, e a súa vez temos todos xuntos un cuarteto con Coraline. Por outra banda teño outro trío diferente con Elena Vázquez (violín) e Saúl Puga (contrabaixo), e a maiores tamén un quinteto cun clarine-tista e un trompetista. Son moitas formacións pero é normal. Como músico porque me gusta experi-mentar con diferentes posibilida-des e logo porque dada a situa-ción económica hai que ter varias posibilidades para adaptarse, que te contraten e poder tocar!AÍ. Notas a situación social e cultu-ral moi mal?PS. Para o jazz nunca estivo ben. Curiosamente nunca como agora houbo tantos e tan bos músicos. Aí tes a Iago Vázquez, a Pablo Castaño e moita xente saída do seminario de Pontevedra. Por outra banda hai de todo, pero

Page 3: Aí xunho 2014

XUÑO 2014 | 3

cir neste estilo?AÍ. Depende de onde veña e que gustos teña. Hai artistas clásicos que nunca fallan como Duke Ellington ou Charlie Parker. Se vés do mundo do pop ou o rock, como vén hoxe case todo o mun-do, unha boa ponte é o trío The Band Plus ou, por exemplo, o pianista Keith Jarret. A lista pode ser moi longa.PS. Como ves Ferrol desde fóra?AÍ. Polo que me contan as cousas xa foron mellor, a ver se sae desta. De todos modos teño que dicir que Ferrol é berce de moitos músicos moi bos como o contrabaixista Baldo Martínez ou o pianista Manolo Gutiérrez. Ta-mén recordo sempre con moito cariño ao batería Manolo Pérez, alguén que tivo moita influencia para min.

ves persoas adicadas á cultura que podía facelo a outra cousa. E non vale dicir que os puxeron aí. Se a min me din que teño que conducir un caza F-18 non o fago, porque non sei, non é a miña formación.AÍ. Como músico gustas máis da composición ou da improvisación?PS. Son dúas caras de mesma moeda para nós. Gústame com-poñer e gústame improvisar.AÍ. E non cres que ás veces a impro-visación pode acabar espantando ao público, aínda que para o músico sexa moi divertido?PS. O público está no seu dereito de pensar que algo é aburrido ou que é malo, pero en xeral, con improvisación ou con composi-cións, todo o mundo ten dereito a non facer un esforzo pero tamén ten que pensar que todo pracer

estético, se media esa atención, é moito maior. Que se fas un esfor-zo por comprender e gozar sairás recompensado. Por outra banda, un músico ten que ser honesto e defender a música que sente.AÍ. En que proxectos andas metido?PS. O próximo 19 de xuño dou un concerto na Quintana de Santiago con quinteto dentro do ciclo 1906 de jazz, que tamén pasou por Ferrol. Xa, no mes de outubro, estreou unha obra nas Xornadas de Música Contempo-ránea. Trátase dunha creación so-bre a figura de San Francisco de Asís, un home fascinante que xa inspirou un traballo do gran Oli-vier Messiaen. Fareino acompa-ñado de Elena Vázquez ao violín e de Saúl Puga ao contrabaixo.PS. Que lle recomendarías a alguén alleo ao jazz que se quixese introdu-

entrevista

“NO MEU PRIMEIRO CONCERTO SENTÍN UN PÁNICO ENORME”

“NUNCA COMO AGORA HOUBO TANTOS E TAN BOS MÚSICOS”

“UN MÚSICO TEN QUE SER HONESTO E DEFENDER A MÚSICA QUE SENTE”

Page 4: Aí xunho 2014

4 | XUÑO 2014

propostas

05 xoves 20:30 H

THE KIDCine e música en directoATENEO FERROLÁNGRATUÍTO

Nas orixes do cinema era a música en directo a que introducía ao espectador na acción. O pianista Fran Rey traslada as emocións da súa música á coñecida película de Charles Chaplin

Edna acaba de dar a luz a un fillo non desexado e decide deixar ao neno dentro do elegante automóbil de certa familia adiñeirada. Pero uns delincuentes rouban o auto e deixan ao bebé abandonado na esquina dun barrio pobre. É alí onde o atopa un alegre, despreocupado e inocente vagabundo, quen, aínda que en varias ocasións intenta desfacerse de semellante responsabilidade, se compadece del e decide adoptalo.

07 sábado 20:00 H

BYE BYE HONEYTeatro musicalPAZO DA CULTURA (NARÓN) 9,50 €

A compañía obras públicas, coa interpretación de Yolanda Muíños e Carlos Mos pon en escena unha peza de teatro musical “de clase baixa” se atendemos ao entorno onde se desenvolve

Bye Bye Honey conta a historia de Marte, unha rapaza de barrio que non é un anxo nin un demo, e que cando decide deixar a súa casa e a súa familia, comeza un camiño incerto e perigoso, rodeada por todas partes de “lumpen, pachanga e rock`n roll”.

Clínica veterinaria

CANTÓN C/ Carmen, 2 bajoFerrol (A Coruña)T 981 35 11 44 / 630 03 20 21

Page 5: Aí xunho 2014

XUÑO 2014 | 5

propostas

08 domingo 20:00 H

#CORBACHO 3GTeatroTEATRO JOFRE (FERROL)15/18 €

O COÑECIDO ACTOR, DIRECTOR, MONOLOGUISTA

E PRESENTADOR DE TV JOSÉ CORBACHO TRAE AO

JOFRE O ÚLTIMO ESPECTÁCULO PRODUCIDO POR

EL TERRAT

#CORBACHO3G é un espectáculo teatral no que Jose Corbacho utiliza como escusa as novas tecnoloxías para falar, ou mellor dito para rirse, de todo un pouco. Rirse dos homes, das mulleres, da parella, os fillos, Internet, as redes sociais, a política, o fútbol, a relixión, a televisión, o cine, o teatro, as videoconsolas, os cans, os gatos, a monarquía, os Reis, Papa Noel, as princesas, os xenros... Como se adoita dicir, “que non quede títere con cabeza”. Engadan o tema que queiran, porque neste espectáculo todo é posible, e sobre todo, porque os espectadores xogan un papel moi importante... Poderán facer cousas que normalmente non se fan nun teatro... Non soa mal, non?

12 xoves 20:00 H

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIAMúsicaAUDITORIO DE FERROL15 €

Jesús López Cobos, un dos máis afamados directores de orquestra do mundo, dirixirá á OSG nun concerto íntegramente dedicado á música de Beethoven

A música de Egmont e a Sinfonía 3 do compositor alemán integran o programa. O concerto contará coas voces da soprano Manuela Uhl e a do narrador Santiago Fernández.

14 sábado 20:30 H

BAILAR, CANTAR, SOÑARMúsicaAUDITORIO DE FERROL12 €

O ciclo “Ferrol, en clave lírica” programa este mes ao Juan Jesús Rodríguez, un dos principais barítonos verdianos da súa xeración

O barítono Juan Jesús Rodríguez ofrecerá unha selección de arias de ópera e zarzuela. Logo do seu gran éxito no Maggio Musicale Fiorentino con “Il Trovatore” o cantante será un dos principais reclamos da próxima tempada do Teatro Real.

Page 6: Aí xunho 2014

6 | XUÑO 2014

congreso

Ferrol, grazas ao apoio e a aposta decidida da Deputación da Coruña, será a referencia europea do turismo industrial e cultural durante a celebración do V Congreso Europeo de Turismo Industrial e o III Crossroads of Europe. 56 expertos procedentes de toda Europa presentarán ponencias sobre “O turismo industrial e o mar”, “O turismo como motor do cambio industrial”, e “O patrimonio industrial e o turismo: unha visión do futuro”. Ademais se celebrarán mesas de traballo sobre imaxe, promoción e comercialización de destinos turísticos, revalorización da paisaxe industrial ou a importancia da formación neste sector económico. O financiamento e os programas estratéxicos da UE con respecto a este tipo de turismo tamén serán obxecto de mesas de traballo.Os inscritos no Congreso (máis de 200) terán a posibilidade de tomar parte nunha serie de actividades que forman parte do programa e que inclúen, entre outras moitas opcións, visitas ao interior de empresas como Navantia, a planta de Reganosa en Mugardos, a nave de Inditex no polígono arteixán de Sabón, a fábrica de Sargadelos ou o lago de Endesa, exemplo do que é a recuperación dunha zona industrial e a súa conversión nun recurso turístico único. Dentro do plan de visitas industriais e turísticas, ofértase tamén un paseo polas Meninas de Canido, a Ruta do Modernismo, a entrada no Arsenal Militar e no museo de Exponav ou un paseo pola ría de Ferrol ata o castelo de San Felipe. O obxectivo final que se busca coa celebración deste importante evento é dar a coñecer un patrimonio industrial único en Europa, que explica o nacemento dunha cidade e que pretende tamén atopar unha posible fonte de riqueza para o futuro

As sedes do congreso serán o Teatro Jofre, Exponav, a Universidade e a Fundación Novacaixagalicia, onde se celebrarán os relatorios, mesas de traballo, talleres e outras actividades. Así mesmo, durante os días de congreso, a Fundación acollerá unha exposición sobre os asuntos a tratar durante o Congreso, á vez que mostrará outras experiencias na posta en marcha de itinerarios culturais noutros escenarios europeos. Ademais, exhibiranse exemplos de Turismo Industrial activos noutras comunidades e realizarase un percorrido polos principais recursos industriais e culturais de Galicia.

Page 7: Aí xunho 2014

XUÑO 2014 | 7

propostas

29 domingo 18:00 H

UNHA HISTORIA DA MÚSICAMúsicaTEATRO JOFRE (FERROL)5 €

Un coñecido quinteto de metales, varios de cuxos membros integran a Sinfónica de Galicia, ofrecen un divertido concerto didáctico co que aprender como evolucionou a música

O grupo de metales Santa cecilia, un quinteto de vento de recoñecida solvencia e ampla traxectoria musical, ofrece un concerto didáctico onde a familia de vento metal interpretará pezas claves na historia da música –clásica de compositores como Bach, Mozart ou Rossini, e tamén temas de jazz, blues, pop ou música de cine– co fin de dar a coñecer a riqueza sonora que posúen estes instrumentos. No escenario, dúas trompetas, trompa, trombón, tuba e batería.

21 sábado 20:00 H

JORGE DREXLERTeatroTEATRO JOFRE (FERROL)20 €

A xira “Bailar en la cueva”, na que o cantautor Jorge Drexler presenta o traballo discográfico do mesmo nome fai parada no Teatro Jofre uns días antes de que o artista viaxe a América

Artistas tan dispares como Mercés Sosa, Shakira, Omara Portuondo, Neneh Cherry, Pablo Milanés, Ketama, Miguel Ríos ou Adriana Varela gravaron cancións de Jorge Drexler nos seus discos. A mediados de 1989 empezou a escribir cancións e en 1992 editou o seu primeiro disco, “La luz que sabe robar”. En España gravou “Vaivén” (1996), o seu terceiro disco, e todos os seguintes. Foi en 2005 cando Drexler adquiriu maior notoriedade ao recibir o Oscar de Hollywwood pola canción “Al otro lado del río”, da película “Diarios de motocicleta”. Foi a primeira canción en castelán que recibía este galardón.

Page 8: Aí xunho 2014

8 | XUÑO 2014

PERIODISMO LITERARIO

Escrito en cafeteríasUn dos grandes xornalistas literarios de Galicia recompila aquí as súas mellores columnas ao longo dunha década.

MIGUEL ANXO MURADO | EDITORIAL GALAXIA | 200 PÁXINAS | 16 €

Artigos que saben xogar coa fantasía, que abren unha fiestra ao insólito que habita na realidade cotiá amosada nos xornais. Murado narra con pulso mestre historias que son como breves relatos de arrecendo cunqueirián. Un xordomudo xulgado por “insultar” a un policías, un portaavións fabricado cunha aliaxe do metal fundido nas Torres Xemelgas, unha factoría de chalecos antibalas onde se dispara contra os traballadores para probar o xénero, un padriño da mafia afeccionado á música do “Padriño” de Coppola… son algunhas das historias reais que nos contan estas páxinas de Miguel Anxo Murado, escritas en principio como columnas de prensa pero concibidas desde a perspectiva do escritor máis que do xornalista.Quen se achegue a elas atopará aquí non tanto opinións como parábolas, paradoxos e reflexións sobre asuntos tales como a relación entre as epidemias e a solidariedade, os inconvenientes de abolición do Purgatorio ou o carácter máxico das mans dos políticos. Notas, en definitiva, arredor da actualidade e a vida que, como di o autor, “é como o emblema do teatro: unha máscara que ri e outra que chora”.

CÓMIC

EL FANTASMA DE LA ÓPERA

CHRISTOPHE GAULTIER/GASTON LEROUX | IMPEDIMENTA | 112

PÁXINAS | 21,95 €

París, 1878, unha serie de traxedias inexplicables teñen en alba aos empregados da Ópera Garnier que sosteñen que o edificio está encantado. O responsable é a pantasma da ópera, un tenebroso personaxe que vive nos sotos, enfeitizado pola bela Ingrid, unha cantante que o fixo tolear. Gaultier adapta maxistralmente a novela de Gaston Leroux nun cómic que sabe combinar romance, terror, misterio e traxedia cun arrecendo expresionista e que aparece por primeira vez nun só tomo trala edición francesa de Gallimard.

INFANTIL

ONDE VIVEN OS MONSTROS

MAURICE SENDAK | KALANDRAKA |48 PÁXINAS | 15 €

A obra mestra de Maurice Sendak, adaptada ao cinema, é un dos contos ilustrados clásicos do século XX. Castigado sen cear polas súas trasnadas, o neno Max emprende unha viaxe simbólica dende o seu cuarto ata un lugar fantástico, atravesando un tempo/espazo mítico e enfrontándose aos seus medos. Tras converterse no rei duns monstros tan feroces coma entrañables, volta a súa casa onde lle agarda a cea. Unha travesía dende a realidade á ficción, sen que ninguén explique se a metamorfose foi produto dun soño, ou non.

praceres solitarios

Page 9: Aí xunho 2014

XUÑO 2014 | 9

DELICIAS SONORAS

FAMILY OF THE YEAR “LOMA VISTA” (2012)Cunha proposta non moi afastada de Fleet Foxes, The Shins ou Mumford & Sons, os californiano-galeses Family of the Year pertence á estirpe das bandas actuais que modernizan o legado vocal dos Beach Boys e as melodías de CSN&Y e os cantantes da costa oeste americana dos anos 70. O seu segundo disco, este “Loma Vista” de portada tan fea, amosa que se pode facer música descaradamente comercial no mellor sentido: folk, pop e rock que entra á primeira escoita e trata de enganchar aos oíntes desde o principio. Cancións que, coas súas melodías e xogos vocais, resultan agradables sen ser edulcoradas. Se hai que destacar un tema dos once que compoñen o traballo está ese fabuloso “Hero”. Pero outras cancións como “The stairs”, “Diversity” ou “Buried”, por exemplo, fan que o disco sexa unha alfaia de pop pastoral e optimista. Cancións de amor e celebración ideais para poñer no coche mentres se conduce por paisaxes abertos e a emocióna flor de pel.

MÚSICA

Berros do Castro e “Tanto encanto reunido”O grupo folclórico de San Sadurniño Berros do Castro divide o seu labor entre o traballo meramente musical e aquel recompilador da tradición cultural e popular do país en xeral e da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal en particular. Un esforzo de poñer en valor un pasado musical e traelo no seu esplendor ata os noso días. Fixérono así no seu primeiro disco, “Eirexado s/n”, e van máis alá neste artefacto denominado “Tanto Encanto Reunido” (Edicións Embora). O innegable valor do libro é duplo; por unha banda de recuperación e publicación de imaxes de formacións e músicos do folclore comarcal desde finais do século XIX co gaiteiro ortegano Chumín de Céltigos ata os anos 80 do pasado século cos naroneses Ábregos do Couto. Por outra banda, o valor multiplícase ao incluíren o traballo un CD que pon son e trae á vida algunhas das pezas que interpretaron os músicos que aparecen no libro. Trátase de 15 temas que percorren tódolos estilos da música popular galega: muiñeiras, jotas, pasodobres, valses ou alalás que ficaban no limbo e Berros do Castro resucitou cun son, unha frescura e un respecto soberbios. Os membros de Berros do Castro, Marcos Gómez (bombo e pratos); Ramón Dopico (tambor e caixa); José L. Loureiro (clarinete); Josecho Rodríguez (acordeón); Antón Varela e Bruno Casal (gaitas), contaron coa participación de numerosas colaboracións que fan máis valioso o proxecto. Entre as pezas non faltan as curiosidades como a recuperación de “Para viño e coñás”, da Banda Garrote de Ortigueira, ou a “Mazurca” gravada en data descoñecida por Andrés Nieto e Manuel Prieto. En fin, un traballo que é un orgullo para calquera cultura.

praceres solitarios

Page 10: Aí xunho 2014

10 | XUÑO 2014

Nº 77 | Ano VI

Edita:

Director:

Miguel Toval

Deseño/maqueta:

Jose A. Farinós

Produción:

Bucle Comunicación

Comercial:

[email protected]

Depósito legal:

C 4370-2007

Administración

Rúa Galiano, 63 - 1º15402 FERROLT 981 35 53 53F 981 35 18 99

dDANZA

MMÚSICA

t TEATRO

OOUTRAS ACTIVIDADES

I INFANTIL

C CINE

axenda

03m 19:30 h Ateneo Ferrolán FERROL CICLO BERLANGA ETERNO: PLÁCIDO C22:00 h Sala Super 8 FERROL THE SWINGIN’ NECK BREAKERS M

05x 20:30 h Cines Duplex FERROL CICLO TARANTINO: KILL BILL V2 C20:30 h Ateneo Ferrolán FERROL THE KID (CHARLES CHAPLIN) C22:00 h Sala Super 8 FERROL THE MIDNIGHT GHOST TRAIN M

06v 20:00 h Museo do Humor FENE MONÓLOGO: XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN O22:30 h Sala Super 8 FERROL THE MURRAYS + THEE BLIND CROWS M

07s 20:00 h* Espacio vivo FERROL NON DEIXES DE MIRARME T20:00 h Pazo da Cultura NARÓN BYE BYE HONEY T20:30 h Teatro Jofre FERROL SEDE DE MAL T22:30 h Sala Super 8 FERROL TONY TORRES FIVE STRING BAND M

08d 20:00 h Teatro Jofre FERROL #CORBACHO 3G T

10m 19:30 h Ateneo Ferrolán FERROL CICLO BERLANGA ETERNO: LA ESCOPETA NACIONAL

C

11me 19:30 h Ateneo Ferrolán FERROL PRESENTACIÓN DE “CONTO GALEGO” DE ROSALÍA DE CASTRO

O

12x 20:30 h Auditorio de Ferrol FERROL ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA M20:30 h Cines Duplex FERROL CICLO TARANTINO: DJANGO

DESENCADENADOC

13v 23:30 h Sala Super 8 FERROL LOS CORONAS M

14s 20:00 h* Espacio vivo FERROL VULTO T20:30 h Auditorio de Ferrol FERROL JUAN JESÚS RODRÍGUEZ (BARÍTONO) M22:30 h Sala Super 8 FERROL NATURAL GREEN M

17m 19:30 h Ateneo Ferrolán FERROL CICLO BERLANGA ETERNO: PATRIMONIO NACIONAL

C

axendaxuño

Page 11: Aí xunho 2014

XUÑO 2014 | 11

18me 20:00 h Ateneo Ferrolán FERROL CONFERENCIA DE CARLOS TAIBO O

19x 20:30 h Cines Duplex FERROL CICLO TARANTINO: PULP FICTION C

20v 20:00 h Ateneo Ferrolán FERROL A FARMACIA DE CHEJOV T

21s 20:00 h* Espacio vivo FERROL UN HOME DE LEI T20:30 h Teatro Jofre FERROL JORGE DREXLER M

24m 19:30 h Ateneo Ferrolán FERROL CICLO BERLANGA ETERNO: NACIONAL III C

29d 18:00 h Teatro Jofre FERROL UNHA HISTORIA DA MÚSICA I

*20:00/20:30/21:00/21:30/22:00 h

A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana directamente os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión ou modificación de calquera tipo dos devanditos actos.

axenda

axendaxuño

XIV FEIRA DO LIBRO DE FERROL

SÁBADO, 14 DE XUÑOPRESENTACIÓN DE NOVIDADES EDITORIAIS

13:30 h | “…3, 2, 1…” de Pepablo Patinho

20:30 h | “Tanto encanto reunido” de Berros do Castro

Page 12: Aí xunho 2014

Axenda Teatro Jofre Auditorio de Ferrol Capela do C.C. Torrente Ballester C.C. Torrente Ballester

Programa cultural Xuño 2014

/ferrolcultura

S07 D08 S14S21

Información e venda de entradas: T 981 944 245 | www.ferrol.es/axendacultural | Taquilla: Teatro Jofre e Auditorio de Ferrol

D 01 20:00 h 25/20/18 €* Ballet USMANOV CLASICAL RUSSIAN BALLETLa bella durmiente

V 06 19:30 h Gratuíto Música ALUMNOS CMUS “XAN VIAÑOConcerto Fin de Curso

S 07 20:30 h 10 € Teatro CULTURACTIVASede de mal

D 08 21:00 h 18/18/15 €* Teatro FLYN PRODUCCIONESCorbacho 3G

MA 10 19:30 h Gratuíto Música ALUMNOS GRAO ELEMENTAL CMUS “XAN VIAÑO”Concerto Fin de Curso

X 12 20:30 h 15 € Música clásica Orquestra Sinfónica de Galicia

V 13 20:00 h Gratuíto Música I encontro de Pequecoros

S 14 20:30 h 12 € Ferrol en clave lírica Juan Jesús Rodríguez

S 21 20:00 h 17 €** Son’s do Jofre CONCERTOJorge Drexler

D 29 18:00 h 5 € Concertos en familia GRUPO DE METALES SANTA CECILIAUnha historia da música

30/05/14 ao 31/08/14 Exposición Rodolfo Ucha Piñeiro: construíndo Ferrol

* Zonas A /B /C **20 € día da actuación