1
BASILIO ÁLVAREZ Nace en Ourense o 10 de Agosto de 1887. Basilio Álvarez amosou interese polo xor- nalismo desde moi novo. Estivo vinculado a xornais ourensáns como La Nueva Época, diario católico , e La Galerna. Tamén traba- llou para El Eco de Orense, o xornal que dirixía Valentín Lamas Carvajal. En 1907 trasladouse a Madrid onde colaborou co centro galego e coa revista Galicia.Formou parte xunto a personalidades como Manuel Portela Valladares e Alfredo Vicenti do grupo de intelectuais e políticos residentes na capital do Estado que se reunían para debater sobre os problemas de Galiza. Participou tamén na funda- ción do diario madrileño El Debate que mesmo dirixiu entre outubro de 1910 e xullo de 1911. Abandonou entón a dirección do xornal para aceptar a oferta do bispo de Ourense e facerse cargo da freguesía de Beiro, o cal lle valeu o sobrenome de "o cura de Beiro". Xa moi determinado na defensa do move- mento agrario, Basilio Álvarez emprende en 1913 a edición do xornal El Heraldo Gallego, editado en Ourense. As autoridades eclesiásti- cas reaccionaron de xeito irado contra a publi- cación e denunciaron a participación do crego en mitins políticos e o bispo sepárao da parro- quia ao consideralo un modelo de axitador en contra dos foros e os caciques. Funda Acción Gallega, organización política e periódico quincenal, antiforal e radicalizador das loitas agrarias. Viaxa a América en 1913, onde descubre ao poeta Ramón Cabanillas, a quen lle prologa o primeiro libro. Cofunda en Madrid El Parlamentario; deixa o sacerdocio e en xullo de 1921 iniciou a máis destacada das súas aventuras xornalísticas coa publicación do xornal ourensán La Zarpa, que foi o gran diario agrario da época. Colabora- ron nel non só os principais líderes agrarios senón tamén a maioría dos escritores galeguistas como Castelao, Vicente Risco, Ben-Cho-Shey, Arturo Noguerol, os irmáns Antón e Ramón Villar Ponte, etc. Licénciase en Dereito e exerce de avogado en Madrid. Consegue Acta de Deputado nas Cortes da Segunda República en 1931 e 1933. Exiliado no 36, publica España en Crisol, recopilación de artigos en defensa da República (1937). Morre nos Estados Unidos en 1943.

BASILIO ÁLVAREZ

Embed Size (px)

DESCRIPTION

BIOGRAFÍA do agrarista e político Basilio Álvarez

Citation preview

Page 1: BASILIO ÁLVAREZ

BASILIO ÁLVAREZ

Nace en Ourense o 10 de Agosto de 1887.Basilio Álvarez amosou interese polo xor-nalismo desde moi novo. Estivo vinculado a xornais ourensáns como La Nueva Época, diario católico , e La Galerna. Tamén traba-llou para El Eco de Orense, o xornal que dirixía Valentín Lamas Carvajal. En 1907 trasladouse a Madrid onde colaborou co centro galego e coa revista Galicia.Formou parte xunto a personalidades como Manuel Portela Valladares e AlfredoVicenti do grupo de intelectuais e políticos residentes na capital do Estado que se reuníanpara debater sobre os problemas de Galiza.

Participou tamén na funda-ción do diario madrileño El Debate que mesmo dirixiu entre outubro de 1910 e xullo de 1911. Abandonou entón a dirección do xornal para aceptar a oferta do bispo de Ourense e facerse cargo da freguesía de Beiro, o cal lle valeu o sobrenome de "o cura de Beiro". Xa moi determinado na defensa do move-mento agrario, Basilio Álvarez emprende en 1913 a edición do xornal El Heraldo Gallego, editado en Ourense. As autoridades eclesiásti-cas reaccionaron de xeito irado contra a publi-cación e denunciaron a participación do crego en mitins políticos e o bispo sepárao da parro-quia ao consideralo un modelo de axitador en contra dos foros e os caciques.

Funda Acción Gallega, organización política e periódico quincenal, antiforal e radicalizador das loitas agrarias.

Viaxa a América en 1913, onde descubre ao poeta Ramón Cabanillas, a quen lle prologa o primeiro libro. Cofunda en Madrid El Parlamentario;deixa o sacerdocio e en xullo de 1921 iniciou a máis destacada das súas aventuras xornalísticas coa publicación do xornal ourensán La Zarpa, que foi o gran diario agrario da época. Colabora-ron nel non só os principais líderes agrarios senón tamén a maioría dos escritores galeguistas como Castelao, Vicente Risco, Ben-Cho-Shey, Arturo Noguerol, os irmáns Antón e Ramón Villar Ponte, etc. Licénciase en Dereito e exerce de avogado en Madrid. Consegue Acta de Deputado nas Cortes da Segunda República en 1931 e 1933. Exiliado no 36, publica España en Crisol, recopilación de artigos en defensa da República (1937). Morre nos Estados Unidos en 1943.