14
O loureiro raís de ouro bota folliñas de prata... Coller amores non custa olvidalos si que mata. Si queres que o carro cante móllale o eixo no río, despois do eixo mollado canta como un asubío. Quen fala de mín, quen fala, quen fala de mín quen é. Será algún zapato vello que non me sirve no pé. Se vas a San Benitiño non vaias ó de Paredes, que hai outro mais milagreiro; San Benitiño de Lérez. Unha vella díxolle á outra por un burato da porta, ti goberna a túa vida ca miña nada che importa. O caravel cando nace chámalle caraveliño tamén os fillos dos cregos chámanlle o pai señor tío. Pica, canteiriño, pica, pica, na pedra miúda, pica na muller allea, que outro picará na túa. Alá arriba non sei donde había non sei que santo, que rezando non sei qué gañábase non sei canto. A vida que leva o probe é como a vida do grilo: polo día muita fame, pola noite muito frío. A miña muller morreu, enterreina no palleiro. Deixeille as manciñas fora, para toca-lo pandeiro.. Cando eu morra, enterrádeme,

Cantigas Galegas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cantigas Galegas

O loureiro raís de ouro bota folliñas de prata... Coller amores non custa olvidalos si que mata.

Si queres que o carro cante móllale o eixo no río,

despois do eixo mollado canta como un asubío.

Quen fala de mín, quen fala,

quen fala de mín quen é. Será algún zapato vello que non me sirve no pé.

Se vas a San Benitiño

non vaias ó de Paredes, que hai outro mais milagreiro;

San Benitiño de Lérez.

Unha vella díxolle á outra por un burato da porta, ti goberna a túa vida

ca miña nada che importa.

O caravel cando nace chámalle caraveliño

tamén os fillos dos cregos chámanlle o pai señor tío.

Pica, canteiriño, pica, pica, na pedra miúda, pica na muller allea,

que outro picará na túa.

Alá arriba non sei donde había non sei que santo, que rezando non sei qué gañábase non sei canto.

A vida que leva o probe é como a vida do grilo: polo día muita fame, pola noite muito frío.

A miña muller morreu, enterreina no palleiro.

Deixeille as manciñas fora, para toca-lo pandeiro..

Cando eu morra, enterrádeme,

Page 2: Cantigas Galegas

Pasei pola túa porta mirei pola pechadura

unha fala non ma deches corazón de pedra dura.

A raiz do toxo verde

é moi mala de arrincar, os amoriños primeros

son moi malos de olvidar.

Moito miras para min moito me chisca-lo ollo,

teño moito que facer non podo atender a todo.

... Moito miras para min

moito me chisca-lo ollo, son criada de servir

non podo atender a todo.

Miña nai como é tan pobre cando non ten que me dar, éncheme a cara de bicos e despois ponse a chorar.

Non te fies, rapariga

do canteiro que ben canta: é a fariña da pedra

que se lle pon na garganta.

con ela no palleiro, e poñerme as mans adentro,

pa tocarlle no pandeiro.

O río cando vai cheo leva carballos e follas;

tamén podía levar as linguas marmuradoras.

Púxenlle un pleito a un veciño

polo rego dun outeiro. Gastar gastei canto tiña, pero amolar amoleino.

Os curas e os taberneiros

teñen moito parecido. Os curas bautizan nenos e os taberneiros o viño.

Baila, nena, baila, nena e non pares de bailar

que as estrelas tamén bailan sin perder seu alumar.

Periñas me dan ó almorzo

ó xantar peras me dan á merenda danme peras

á cea peras sin pan.

Page 3: Cantigas Galegas

O voso galo comadre teñelo mal enseñado

vai cantar todas as noites enriba do meu tellado.

Eu queríame casare

miña nai non teño roupa casa miña filla casa

que unha perna tapa outra

Tua nai e mais a miña quedan no río berrando por culpa dunha galiña que ten amores co galo

E pra que non digas, que tal e que cual, que vou o non vou, que tal que sei eu. Eu alá non fun, ela acó non veu, nin eu llo pedín e nin ela mo deu

Por ese que anda no baile por ese que entrou agora, por ese que anda no baile

cantaría a noite toda.

Miña virxe da Lanzada bota castañas abaixo,

aunque non teña mantelo collereinas no refaixo.

Salto por riba

do lume de San Xoán, pra que non me morda

nin cobra nin can.

Madrugada de San Xoán, madrugada a mais garrida, que baila o sol cando nace

e ri cando morre o día.

Por ser noite de San Xoán, noite de encantos e bruxas, por ser noite de San Xoán,

téñoche medo, Maruxa.

Hei brinca-lo lume novo que hei facer para San Xoán e hei de ir pola flor da auga para de min meigas tornar.

Page 4: Cantigas Galegas

Quedaches de vir ás oito e viñeches ás nove e media ti pensas que non é pecado

engañar a unha morena.

Regaliño dos meus ollos prenda das miñas entrañas se non te casas conmigo

¿por que non me desengañas?

Chamácheme moreniña a vista de tanta xente

e agora que mo chamache son moreniña para sempre.

Murumurai, murmuradores murmurai sempre de min nunca che fun murmurada

senón de xente ruín.

Nena, se ti me queres ¡la mar te coma!

heiche de comprar unha lancha motora

¡la mar te coma! para pasear.

Que cara tés e que nariz

que boca pos ¡la mar te coma!

cando te ris.

Fun o serán á cortella metín o pé nunha poza

e deille un bico a unha vella pensando que era unha moza.

Mira miña Maruxiña mira como veño

cunhas cuncas de Ribeiro que xa non me teño

que xa non me teño, Maruxiña que xa non me teño mira miña Maruxiña

mira como veño A ti miña Maruxiña

eiche de enseñar todo a peneirar, a amasare

e a botar pane no forno.

Se a festa non vai ben señoriños do turreiro se a festa non vai ben ide chamar ó gaiteiro.

Viva quen agora chega e quen agora chegou

estaba para me ir en bora e agora xa non me vou.

A roliña anda berrando que lle roubaron o niño pa que o fixeche rola tan á beira do camiño.

Page 5: Cantigas Galegas

Mariquiña, se che pesa o amor que me tiveche,

dame os bicos que che dei e dareiche os que me deche.

Os gaiteiros de Soutelo mala centella chos mate non queren tocar a gaita

sen que lle dean chocolate.

Eu non vou, non vou eu non vou alá que se é de lei ha de vir acá.

Miña nai, miña naiciña

que rica nai teño eu que vendeu o seu refaixiño para me compra-lo meu.

Olvidácheme, olvideite,

volvámonos a querer as herbas do campo secan

e volven a enverdecer.

Eu xa te vin persinare meus ollos foron testigos, e quxera darcue un bico,

onde dis inimigos.

Eu subín a unha pereira e farteime de mazás

ven o dono dos pementos déixame as uvas, rapaz.

De Portugal me mandaron tres peras nun ramalliño

quen me dera a min saber quen me ten tanto cariño.

O que non canta nin baila

que vai facer ó serán deprender catro mentiras para contalas de mañá.

Vámonos de aquí gaiteiro que este palco xa estralou estas mociñas da lomba

apretadas do refaixo o día de Santa Marta

tírannos do palco abaixo

Arrimeime, arrimeime funme arrimando á criada do cura

e cominlle o caldo.

Por dicir viva San Roque prenderon a meu irmán

agora que o soltaron viva san Roque e o can.

As rapazas de Valeixe son unhas boas rapazas

pero teñen o defecto que para levar un prato

collen dous e rompen catro.

Page 6: Cantigas Galegas

O bailar homes con homes

e mulleres con mulleres é como a gaita sen foles

e o tamboril sen cordeles.

Eu teño observado, que as hai que se rín

e outras moi pouqiñas, que foxen de min

a maior parte delas, chaman polas nais

pero chaman baixiño, e arrímanse máis.

(COPLA DE CEGOS)

No conventiño dos picos hai un frade galiñeiro,

inda ben, non das a cinco churras, churras, para ó poleiro.

Quixeches levarme ó monte

quixeches levarme soa non sabes que a miña nai non me deu leite de boba.

Agora non canto máis que se me acabou a gracia

esta pouquña que teño lévoa para miña casa.

Estou rouco, estou rouco estou rouco non o sinto

enronquecinme onte a noite cun vaso de viño tinto.

Pretendinte e non me quixeches

heite volver pretender non hai lebre que se escape

se o galgo sabe correr.

Aquel día era eu do teu prato a mellor sopa

e agora son un veneno dos labios da túa boca.

Pasei pola túa porta

mirei pola pechadura unha fala non ma deches corazón de pedra dura.

Os solteiros valen ouro os casados valen prata,

os viuvos calderilla e os vellos folladelata.

Page 7: Cantigas Galegas

Non quero, non quero, non quero bailá

non quero que me poñas a man na saia a man na saia a man na saia

que son casada que se fora solteira

tanto me daba.

Pasei pola túa porta, pedín auga, e non ma deches,

válgame Deus queridiña ¡que soberbia te fixeches!

Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar

cásate cun mariñeiro que ven lavado do mar.

Esta noite hei de ir verte maruxa non teñas medo, déixame a porta trincada cunha palla de centeo.

De Marín a Portonovo

fun nunha lancha motora fun solteira lere, vin casada lere

más valera que non fóra.

As de alá dariba cando van co gando espichan a vara e bailan o tango

e bailan o tango e maila muiñeira as de alá darriba non hai quen as queira.

Maruxa se vas á feira

cómprame un porco rabelo que se mo compras con rabo

non me cabe no cortello.

Non te cases cun ferreiro que che bota moitas chispas

cásate cun carpinteiro que che fai cousas bonitas.

Page 8: Cantigas Galegas

Acomparo o teu querer coa auga da tronada,

chove moito en pouco tempo e non se aproveita nada.

A folla do alcipreste ela de verde non roxe

traballiño pode ser correr atrás de quen foxe

A folla do castiñeiro

cando vai aire blandea; o teu corazón meniña, dentro do meu se pasea

Agora comezo eu,

viva o meu atrevimento, onde non son conocida tomarei conocimento

Chamáchesme moreniña

blanquiña vaite lavar, coidas que non teño amores aínda chos podo emprestar

Chamáchesme pera podre,

eu a tí mazán podrida a pera podre se come a mazán coela se tira.

Chamáchesme trigo limpo, inda che teño algún xoio;

para contestar contigo faime falta ter de todo

Choran os bois polas vacas i as vacas polos becerros;

así fan as castellanas cando se van os galegos.

Page 9: Cantigas Galegas

Agora que lle puxeches a barriguiña redonda,

ou has de casar con ela ou lle has de volver a honra.

Agora xa non se estila pedir as fillas ós pais,

entras a porta pra dentro -¿meu sogro, como vos vai?

¡Ai! quen poidera mirarte

trinta días cada mes, un día cada semana,

cada minuto unha ves.

A lúa e máis o sol tiveron unha porfía

a lúa en que era noite o sol en que era día.

A moza que é caladiña

e non di mal de ninguén, canto máis baixiño mira cantos máis amores ten

Debaixo das túas faldras tes un racimiño de uvas con perimso de teu pai

vou mirar se están maduras

Debaixo dun freixo verde, debaixo dun verde freixo, ti choras porque te olvido

eu río porque te deixo.

Deus che dea tanta sorte como o meu cabalo negro;

sete anos tivo a sarne e morreo do xarampelo.

Esta noite e maila outra e maila outra pasada, abalei unha pereira

que nunca foi abalada.

Esta noite hei de ir alá; meniña non teñas medo;

coa punta da navalla hei de abrir o tarabelo.

Page 10: Cantigas Galegas

Anda ti, pernas de cabra pantorrillas de carneiro: para contestar conmigo busca fianza primeiro.

Andivécheste gabando

que te querían os mozos que te han querer a ti

sacho de cavar nos tocos

Andivécheste gabando

que eras boa comenencia, saco de tundir nos foles

furadiño e sin conciencia

Anque cantes e recantes

e volvas a recantar; anque cantes e recantes

eu por riba hei de quedar

Esta noite no muíño ha de haber o que ha de haber,

as tellas do seu tellado han de ir ó río a beber

Esta noite hei de ir ás mozas esta noite hei de ir a elas;

quen ten fillas que as garde que eu non vou gardar delas.

Esta noite fun ó muíño cun fato de mozas novas,

elas todas en camisa eu no medio coas cirolas.

Esta noite fun ó muíño sin ter millo que moer: enredeime coas rapazas sin ter moito que facer

Esta noite hei de ir alá déixame o postigo aberto; se cho encontro cerrado o teu amor non é certo.

Page 11: Cantigas Galegas

A raia do sol, meniña, á túa cama vai dar;

non é moito que eu te busque cando o sol te vai buscar.

Arrimeime a un pino verde por ver si me consolaba, e o pino como era verde en vez de cantar choraba.

A silva de verde pica e de seca vai quebrando, o que de amores se fía sempre vive suspirando

Calate, vaite calando, cara de cañoto seco, cálate, vaite calando

que eu contigo non me meto.

Calate, vaite calando cara de corno e candil, ollos de gata raxada barriga de tamboril.

Esta noite hei de ir alá rapaciña, teno certo, o canceliño da horta

déixamo quedar aberto.

Anda neno anda non sexas así

que te alabe o mundo non te alabes tí

Este pandeiro que toco é de pelico de can; onte ladraba na eira hoxe toca no serán

Este pandeiro que toco é de pelico de ovella; onte comía no monte hoxe toca que rabea.

Este pandeiro que toco heino de rachar ó medio;

para darlle que facer ós que están de parrafeo.

Page 12: Cantigas Galegas

Carmela ten un tinteiro cheo de tinta marela,

déixame mollar a pluma no teu tinteiro, Carmela

Carmiña, Carmiña, Carmen heite facer rabear;

nin me hei de casar contigo nin te hei de deixar casar.

Casarei contigo vello mais tes que firmar recibo;

que has de morrer axiña se non entérrote vivo

Casarei contigo vello pero ha de ser con condición:

ti has de poñer mantelo eu hei poñer pantalón.

Este pandeiro que toco ten o aro de madeira; aqui falta o meu amor

e mais o da compañeira.

Este pandeiro que toco é de coiro de cacique,

toca, meu pandeiro, toca, toca, pra que te desquite.

Este pandeiro que toco é de coiro de xuez,

toca pandeiriño, toca, toca que ben duro es.

Este pandeiro que toco, non é meu que é de María, que llo peín onte á noite

para ir á romería.

Este pandeiro que toco ¡zúmballe, Marica!

é de pelico de ovella, como repenica.

Page 13: Cantigas Galegas

Casarei contigo vello pero ha de ser con trato: eu hei de comer a carne ti has de lamber o plato

Cinco sentidos che temos e os cinco necesitamos

todos os cinco perdemos en canto nos namoramos.

Fixen a cama no río a cabeceira nun toxo;

algún día ben che quixen agora xa me dás noxo.

Fixen a cama no río a cabeceira nun toxo; esta miña morenura, non é para ti garboso.

Fun á feira de Forzáns merquei unha vaca mona, á que casa con un cego nunca lle falta zanfona

Estou acatarradiña hei de tomar chicolate,

ha de ser aserenado nos labios do meu amante.

Eu pasei pola Xesteira, pola Xesteira, cantando, as miniñas da Xesteira no río quedan lavando.

Eu quixera o teu querer pouquiño a pouco, morena,

cando chove miudiño queda máis auga na terra

Fía, miña nena, fía, fía, de noite e de día, fía e non fíes cartos

e non fíes dos homes que son moi lagartos.

Page 14: Cantigas Galegas

Foches falar mal de min a quen tanto me quería, a ti todo che escoitaba, a min todo me dicía.

Foches falar mal de min a xunto dos meus amores, fai de conta que botache auga por riba de flores.

Fócheste gabar, gabacho, que me perderas a lei, eu a ti non cha perdín

porque nunca cha tomei.

Fixeche unha saia nova pensando que te casabas, inda has de facer outra

e has de quedar como estabas.

Fixen a cama no monte, a cabeceira na pedra, ríome de ti, meniña,

agora vaite a la mierda.