18
1 MARTÍNEZ MARTÍNEZ, Martín: Cartulario de Santa María de Carracedo 992 - 1500, Volumen I e II. Ano 1997. En adiante: CARTULARIO. O texto integro da súa carta fundacional foi copiado polo frade Don Antonio Yepes, na súa: Corónica de San Benito. Año 1615, Valladolid. Xenealoxías do Or tegal 84 Xosé Lois Lamigueiro Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa María de Carracedo. Xosé Lois Lamigueiro O mosteiro berciano de Santa María de Carracedo foi fundado 1 polo rei Bermudo II, o 27 de decembro do ano 992 nunha herdade: “...quae vocatur Carraceto, in terra vergidensium...”. O serenissimus princeps, pretendía con elo dar albergo os diversos monxes e abades fuxidos da opresión musulmán, impulsada polo seu vitorioso caudillo Almanzor, dándolles así: “...refugium et consolationem...”. Situado en pleno camiño de Santiago, vixía das portas de Galiza, foi vítima segundo da tradición, da furia do caudillo no ano 997 ficando totalmente destruído. Aproximación histórica. Fachado do chamado: “Mirador da reiña”. Ano 2008. Foto 1 autor: Lamigueiro

Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

  • Upload
    lyhanh

  • View
    231

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

1 MARTÍNEZ MARTÍNEZ, Martín: Cartulario de Santa María de Carracedo 992 - 1500, Volumen I e II. Ano 1997. En adiante: CARTULARIO. O texto integro da súa carta fundacional foi copiado polo frade Don Antonio Yepes, na súa: Corónica de San Benito. Año 1615, Valladolid.

Xenealoxías do Ortegal

84 Xosé Lois Lamigueiro

Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa María de Carracedo. Xosé Lois Lamigueiro

O mosteiro berciano de Santa María de Carracedo foi fundado1 polo rei Bermudo

II, o 27 de decembro do ano 992 nunha herdade: “...quae vocatur Carraceto, in terra

vergidensium...”. O serenissimus princeps, pretendía con elo dar albergo os diversos monxes

e abades fuxidos da opresión musulmán, impulsada polo seu vitorioso caudillo Almanzor,

dándolles así: “...refugium et consolationem...”. Situado en pleno camiño de Santiago, vixía

das portas de Galiza, foi vítima segundo da tradición, da furia do caudillo no ano 997 ficando

totalmente destruído.

Aproximación histórica.

Fachado do chamado: “Mirador da reiña”. Ano 2008. Foto 1 autor: Lamigueiro

Page 2: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

2 BALBOA DE PAZ, José Antonio: El Monasterio de Carracedo. Instituto Leonés de Cultura. Ano 2005. En adiante: BALBOA DE PAZ. A infanta Dona Sancha afirma que foi soterrado en Carracedo e aínda permanecía alí: “...qui in eo sepultus est, usque in deim hac...” . O documento en QUINTANA, A: Monasterios de Corullón. T.B. II, 494, apénd. III. Segundo M. Carriedo, Bermudo II, permaneceu en Carracedo ata o seu traslado a San Isidoro de León no ano 1142. 3 QUINTANA PRIETO, Augusto: Monasterios de Corullón. Cit. 446, apén. III páx. 494. 4 LAMIGUEIRO FERNÁNDEZ, Xosé Lois: Ascendencia próxima de García Rodríguez de Valcarce o das Pontes. Cátedra, Revista eumesa de estudios. Nº 13, ano 2006. Tamén: A liñaxe dos Valcarce: Addenda et Corrigenda. Cadernos do Ateneo Eumés. Nº 5 Ano 2007. Documentos que formaron parte de ambos estudos, onde detallei a relación dos Valcarce có mosteiro, e establecín o elenco de cabaleiros da liñaxe entre os séculos XII ó XVI. En Adiante ASCENDENCIA, e ADDENDA.

Xenealoxías do Ortegal

85 Xosé Lois Lamigueiro

O falecemento do seu fundador e impulsor no ano 999, deixaría os proxectos de

reconstrución con serías dificultades, o que non foi segundo parece, impedimento para ter

acollido o corpo do monarca seguindo o seu propio desexo 2. Despois de anos de silencio o

pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía

galaico-leonesa en tempos de Afonso Raimúndez, impulsor da nova corrente Cisterciense. O

seu territorio formaba parte do Infantádigo de Carracedo, sendo a súa señora natural a

infanta irmá do emperador, Dona Sancha, quen dende o cenobio gobernou a súa tenencia do

Bierzo ata o ano 1158. O mosteiro foi refundido e xunguido ao mosteiro veciño de Santa

Mariña de Corullón no ano 1138, por sendas cartas de privilexio outorgadas polo rei Don

Afonso VII, e a súa irmá Dona Sancha. En elas confirmaban tódalas doazóns concedidas por

Don Bermudo II, engadindo outras moitas propiedades, de xeito que o cenobio puidera vivir:

“...in honore Dei, et beate Mariae, et omnium sanctorum suorum edificetur...” 3

O mosteiro e os Valcarce.

A liñaxe dos Valcarce, tivo unha relación chea de encontros e desencontros co

mosteiro de Carracedo entre os séculos XII ó XV; xa que a meirande parte dos seus membros

foron encomendeiros perpetuos do cenobio. Por iste motivo o seu tombo é fundamental para

o estudo dista nobre familia, debido os numerosos documentos que en relación aos seus

principais individuos atesoura. Entre eles destacan a doazón feita no ano 1228, onde dáse

conta da filiación de Don García Rodríguez Carnota ou Barba; como fillo de Don Rodrigo

Fernández, Alcalde de Benavente. Asemade o aforamento do ano 1306, a Don García

Rodríguez “...fillo de García Rodríguez de Valcárcel...” 4; onde utilízase por primeira vez o

apelido Valcárcel/Valcarce, ligado a un membro dista liñaxe. E como non as valiosas

doazóns feitas en tempos dos pais do Adiantado Maior de Galicia, en especial da súa nai:

Dona María Fernández, quen no ano 1308 doaba sendo viúva, as propiedades de Toral dos

Vados con todo seu señorío ao mosteiro. O documento xa recolle a existencia dunha capela

previa, baixo a advocación de San Cristovo, onde Dona María promete albergar o seu corpo,

dotándoa con oito eguas e un poldro, para o seu -refasemento-. O dato non pode pasar inad-

Page 3: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

86 Xosé Lois Lamigueiro

-vertido, xa que a doazón de Dona María, inaugurará unha longa etapa onde os membros da

liñaxe, elixirán a igrexa monacal de Santa María de Carracedo como panteón familiar.

Segundo varias testemuñas documentais, foron soterrados despois de Dona María; seu fillo o

Adiantado, e seu neto tamén chamado García Rodríguez; e posiblemente seu bisneto, o

afamado Señor das Pontes:

“Eu, donna Maria Fernandez muller que foe de Garcia Rodriguez de Valcarce,

que Dios perdone me quito 5, y me partio para sempre jamays de la vila de Toural, con todo

sou senorio que nos seu el rey don Sancho, que Dios perdone, e nos confirmou el rey Don

Fernando, sou fijo, que Garcia Rodriguez, que Dios perdone, e eu Donna María vos diemos

al monasterio de Sancta María de Carracedo por nosas almas, e a la capiella de Sancti

Cristofori, por muy bona carta seellada con nossos seellos pendentes, e signada de

escribano público, e por bienes que ende recivimos, e asperarmos e recivir daque endelante

por nosas almas. E eu, donna María, teniendo este sobredito lugar de Toural por en mia

vida del monasterio sobredito, e entendiendo que no era provecho de mia alma, nem de

García Rodriguez de lo tener, quitome e partiome del para sempre jamays, e doulo al abat

don frey Johan Lópes, e al convento del monasterio sobredito e a los sucessores que despoys

de vinieren, que fagan del lugar sobredito toda sua voluntad assi como de todos los outros

ferdamentos seus propios. E vos, don frey Johan Lópes, e convento sobreditos e vostros

sucessores, que diedes a mi, donna María Fernández sobredita, mentre eu vivir cent e

sesenta maravedises de a ocho soldos el maravedi por la fiesta de sant Miguel de vendimias

cada anno, por el lugar sobredito de Toural, e por todas las cousas que y ganamos, e

compramos García Rodriguez, que Dios perdone, e eu donna María sobredita, o y podemos

ganar o comprar en todos los dias de la nossa vida. Otrosí me quito eu donna María, de la

vinna que chaman Rabo de Oro, que yas so el signo de la campana de Sant Martino de

Peneyros, que era mia la metad, e seya la vinna sobredita toda vossa entregamente, con

mitad otra que os dió García Rodriguez, mio marido, que Dios perdone. E vos don abad, e

convento sobreditos, que me diedes cada anno, quantos annos eu vivir en tempo de

vendimias en Sorriba al voso lagar oyto medros de vino mosto, e oyto cestos de bullo por

aquel cesto que vos echades a las vossas cubas. Otrosí eu donna Maía sobredita, dou a vos

don abad, e convento sobreditos, oyto yenguas, e una poltra por mia alma, e de García

Rodriguez, para refasemento de la nossa capiella de Sant Cristovo sobredicha, enque yo

prometo mio corpo e soterrar, que vos nos diestes en vosso monasterio. Estas yenguas y esta

poltra, vos dou logo en presente, que seyan vosas para sempre jamays; e se nasceren destas

yeguas mulachos, e mulachas, ou potras, que haya eu donna María las duas partes por en

5 CARTULARIO...Tomo II, páx 85, doc 738. Documento datado o 24 de xuño de 1308.

Page 4: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

87 Xosé Lois Lamigueiro

mios dias, para mio mantenimiento, e vos don abat e convento, la tercia parte. E se nasceren

poltras femias, dou estas yenguas ante mio quitas la ditas yenguas con todos seus frutos e

sen outro encargo nenguno. E se algún de mi fillos, o de mias fillas, e outro de mia parte

contra esto quisier passar, aya la ira de Dios, e la de Sancta María, e la mia maldicion, e la

de seu padre, Garcia Rodriguez, e que pechen a vos don abat, e convento seis mil

maravadises, e non seya creido, nen oido ante rey, nen ante juyz, nen alcalde, etc. Eu frey

Johan López, abad sobredito, e o convento, outorgamos de cumplir a vos donna Maria

Fernandez, todas las cousas que en estas cartas dis que vos nos debemos a fasser, etc. E las

parte rogamos a Pedro Fernandez, notario público en cacavellos, por don Rodrigo,

arzobispo de Santiago, que fesese desto duas cartas partidas por A.B.C. etc. Feytas vinte e

quatro de Junio, era de mil e trecientso e quarenta s seys annos.

Los testimonios que foron presentes: Frey Alfonso, prior; frey Johan Vermudez,

soprior, frey Pedro, cellareyro, frey Johan Martinez, fisico; Fernán García, Fernán López,

etc moradores en Villafranca; frey Tomé, prior de Sancta Marina.

Yo Alfonso Pérez las escriví por mandado del notario sobredito. E yo, Pedro

Fernandez, notario sobredito, etc.”

Vista aérea do mosteiro de Carracedo. Foto 2 autor: Google

Restos identificados como per-tencentes á Capela dos Valcarce

Page 5: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

88 Xosé Lois Lamigueiro

Don Garcia Rodríguez Carnota

(Garcia Roderici, Garcias Roderici de Vinnales, García Roy Barba) + Mar 1250

-Mórdomo Real en 1205, Meiriño Maior de León 1209, Alcalde de Benavente 1228, Meiriño en todo Bergido 1231, tenente Bergido 1240, Molina 1241, Meiriño de Asturias 1244, Meiriño Maior do Bierzo en 1249-

c.c. Dña. Lambra Rodríguez

(Vs domina Lambra Roderici)

Don García Rodríguez de Valcarce

+ ant 1306 -Cabaleiro e Tenente de Valcárcel, Sr de Toral dos Vados-

c.c. Dña. María Fernández

-Doa en 1308 a Carracedo para “refasemento” da Capela de San Cristovo-

Don García Rodríguez de Valcarce

+ 1329, Soterrª, Staª Mª de Carracedo -Sr da Casa Forte de Guitiriz, Castelo de Moeche, Cotos de Frieira e Entoma, Mórdomo Real 1314, Adiantado Maior de Galicia 1328, Encomendeiro do Mosteiro de Carracedo. Dotou á Capela de Carracedo onde pide ser enterrado de varias herdades-

c.c. (tuvo + matrimonios) Dña. Teresa

Anes Sarraça

Don García Rodríguez de Valcarce

ts 1364 s.s.

Dña. Leonor García de Valcarce

c.c.

Don Arias Fernández de Neira

c.s. Sres de Aguiar, (León)

Dña. Constanza García de Valcarce

c.c.

Don Johan Freire de Andrade

+ ant 1367 -Sr Coutos Mougá, Balón, e Brión-

Don García Rodríguez de Valcarce e Valboa

+1410/13 -Sr da Casa de Valcárcel, Coutos de Balón, Brión, Mougá, Mandia, Lamas e Cerdido,

etc. Foi preso na Batalla de Náxera en 1367, recibiu a Vila das Pontes en 1372- c.c.

Dña. Inés Fernández

ts 1395, + 1422 c.s.

Casa dos Condes Lemos, Sres de Sober, etc.

Táboa dos Cabaleiros da Casa de Valcarce S. XIII - XV

Page 6: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

89 Xosé Lois Lamigueiro

O herdeiro do Señor de Toral dos Vados, García Rodríguez de Valcarce, e Dona

María Fernández; foi outro García Rodríguez 6, Cabaleiro de Valcarce, e Adiantado Maior do

Reino de Galicia; cargo ao que accederá no ano 1328, e que desempeñará ata o ano da súa

morte en 1330. A través do seu testamento, atopamos as seguintes referencias a unha capela

funeraria en Carracedo. O personaxe pedirá ser soterrado nela, xa que afirma que el mesmo a

fixera. Outro dato de interese é que anteriormente ao outorgamento do seu testamento, xa se

atopaban sepultadas na capela as súas mulleres 7:

“Era de mil e tresientos e sesenta e oyto annos, mércores vinte e un dias de

marcio. Sepan quantos esta crabsulla de testamento viren, como a presencia de mi Gonzalvo

Yannes, notario público jurado do concello de Villafranca, e dos testimonias, etc. Estando en

el monasterio de Sancta María de Carracedo, de la orden de Cistel, fuy leido e publicado o

testamento e codicilio de Garcia Rodrigues, cavaleyro de Valcarce, por mi o dito notario. E

este testamento e codicilio leído y publicado por don frey Fernando, por la gracia de Dios

abade de Carracedo disco e frentou a Lope Péres, juys de Cacavellos por lo muyto onrado

sennor don frey Vreguel, por la gracia de Dios arzobispo de Santiago, que por astrenemento

de seu officio mandase a mi o dito notario, que examinase e catase y dito testamento

codicilio, posque en el mío poderío estaba, porque entendía que y avía algunas mandas que

el dito García Rodrigues fesera al dito monasterio de Carrasedo, e a la capiella del dito

García Rodrigues. Eu el dito notario, a pedimento del dito don frey Fernando, abade de

Carracedo, e por consentimiento de dito juys examiney, e catey o dito testamento e codicillio,

e en el testamento decía asy primeyramente: Era de mil e tresentos e sesenta e seys annos,

vinte e tres días de setembro 8. Sepan quantos este testamento viren, como eu García

Rodrigues de Valcarce, adelantado mayor, por el rey en Galicia, sano e con saude, e con

todo meu entendemento, qual me lo Deus quiso dar, ordeno, es establesco meu testamento en

esta manera: Mando mi alma a Deus, e a Sancta María, e mando suterrar mio corpo en mia

capella que eu fis en Sancta María de Carraseco, e mando y conmigo a mia cama, e a

mellor acemellas que trover a dia de meu finamento. E en otra parte dice assí: Yten mando

que aquellos herdamentos que eu mandey a la mia capella de Carrasedo, que llos tenga o ca-

O Adiantado Maior de Galicia maila súa capela.

6 ASCENDENCIA... En adiante tódalas filiacións que son citadas están documentadas nos traballos dos que se fixo referencia. É aconsellable consultar a táboa xenealóxica diste presente traballo. 7 CARTULARIO...Doc. 815 páx. 137. Tumbo de Carracedo, fol. 351, núm.8. 8 Ibídem. Doc. 813. páx. 136. Tumbo de Carracedo, fol. 351 v núm. 8-2º. Como se pode comprobar pola sinatura orixinal dos documentos, o primeiro correspóndense coa acta notarial da lectura do testamento, e o segundo coa descrición das mandas relacionadas co mosteiro.

Page 7: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

90 Xosé Lois Lamigueiro

-pellán que y diser la misa, e las oras; e o capellán que receba os bienes dellos, e se provea

por llos; e rogo al abade que le faza y decir las oras cada dia. Iten, mando al monasterio de

Carrasedo, aquel heramento que eu comprey en Villafranca de frey Gonzalvo Fernandes,

freyre della orden de los predicadores, e mando quella aya monasterio de Carrasedo por tal

condición, que el abad e el convento dia una carta la mays firme enque me eu mando

suterrar, un capellán que diga cada dia missa, e las outras oras canónicas para sempre

jamays en la dita capella por mia alma, e das mias mulleres, de que eu soy tenido e y

fougueren enterradas en la dita capella. E Outrosy mando al abad, e convento de Carrasedo

quanta herdade eu comprey en Toural e en Carrasedo, con aquelo alque y avía comprado e

ganado. E en lugar dice asy: E se algún dellos meus fillos e fillas, en alguna manera contra

este meu testamento, o contra parte del quissier pasar, aya la mia maldición, e quanto lle eu

mandar en o meu testamento, que lle non seua vallioso, e que se torne alos outros meus

fillos. Testimoya deste testamento: Alvar Fernandes; Alvar García, Macía Gomes; Mendo

Gonzales; frey Gonzalo; frey Joan García, etc. Eu Gonzalo Yannes, notario sobredito, etc.

Non hai evidencia algunha de que a capela de San Cristovo, dotada por Dona

María para o seu refasemento no 1308; e a capela feita polo seu fillo antes do 1328 sexan

unha. Parecería incluso evidente, que o Adiantado fora o executor das mandas maternas,

levando a cabo a reforma da capela de San Cristovo; rematara o proxecto, e finalmente

apropiárase da súa autoría. Non obstante varias evidencias que máis adiante desenrolaranse,

lévanos a pensar que o que realmente hoxe estamos a identificar a priori, como a capela

funeraria dos Valcarce, non é máis que a sancristía da primitiva igrexa conventual, derrubada

para edificar no século XVIII, a que actualmente podemos ollar na parte norde do mosteiro.

A única testemuña real da existencia dunha capela onde foi soterrado o

Adiantado, é unha lápida funeraria de pedra timbrada coas súas armas, que atópase case a

restes do chan, entre dous arcos que semellan xacigos. Pola transcrición da súa lenda, tivo

que formar parte do monumento funerario do personaxe, e a súa situación actual é máis que

sospeitosa, de estar fora do seu emprazamento primitivo. O resto dos obxectos decorativos

que atópanse perto da lápida repiten insistentemente as armas dos Valcarce, e axudan a

recrear un espazo, que invita a pensar que estamos efectivamente dentro da primitiva capela

do Adiantado; porén estamos diante dunha recreación historicista.

Unha lectura de perto da súa inscrición arroxa interesantes incógnitas:

Page 8: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

7 Trascrición do texto: D. Fernando Dopico Blanco; a quen aproveitando a ocasión quixera darlle as gracias pola súa estimable colaboración e amizade. 8 DÍAZ MARTÍN, Luis Vicente. Colección Documental de Pedro I de Castilla 1350 - 1369. Tomo II. Páx 328-331. En senso contrario o derradeiro documento onde aparece o Adiantado en vida, anterior o seu testamento, é quizabes unha carta fechada o 29 de xullo de 1328, pertencente o tombo do mosteiro de Oia, no que e citado un: “...Ruy García de Espinhoso, Meirinno en Toronho por García Rodríguez de Valcarçer, Endeantado mayor en Galizia por el Rey don Alfonso...”. Publicado por: FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Manuel. Toronium...Doc. 17, páx. 235-236. Entre xullo de 1328 e abril de 1329, García Rodríguez seguía en vida segundo parece ao tenor de ambos documentos, o que contradí o texto da lápida de Carracedo. 9 URGORRI CASADO, Fernando. Nuevos datos sobre el primitivo Concejo de As Pontes. Untia. Boletín do Seminario de Estudios Mariñáns, nº3, páx 51. Ano 1987. En adiante URGORRI.

AQ‾ . IASE . G‾IA . RS . DE . VALCA | CER . ADELĀTADO . MAIOR . DE | GALIZIA . FIZO . ESTA . CAPILLA |

MORIO . A . XX . IIII . DE SETIĒBRE | ERA DE MIL . CCC . LX . VIII . ANOS 7. |||

Xenealoxías do Ortegal

91 Xosé Lois Lamigueiro

Lapida funeraria do Adiantado. Ano 2008. Foto 3 autor: Lamigueiro

A data do falecemento de Don García Rodríguez segundo pódese ler na lápida, é

a do 24 de setembro de 1328; exactamente un día despois do outorgamento do seu

testamento. O dato haino que poñer en dúbida, xa que existe outro documento posterior

fechado na Vila de Madrid o 15 de abril de 1329; polo que o Adiantado aínda en vida,

outorgaba a doazón da Casa Grande de Guitiriz a Orde de Santiago8. O texto non deixa marxe

ao erro: “...Et por mas firmedunbre / fis la sellar con mio seello de çera colgado, que fueron

fechas en Madrit, quinse dias de abril, era de mill e tresientos e sesenta e siete annos...”. Do

que temos por certo e que en 1330 estaba falecido, xa que a súa viúva Dona Teresa -así faino

constar- doa a súa metade da mesma propiedade a Orde, por haberlle concedido o hábito de

Santiago 9.

Page 9: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Representación dos bastóns ou paus Foto 5. Nobiliario de Fernando Mexía. S. XV.

10 A HISTÓRIA DE DON SERVANDO. Estudo e Edizón de José António Souto Cabo. Seminario de Estudos Galegos. Santiago 2007. Páx 76. 11 Ver foto 3. Quizabes o tempo deformou o termo -pao en -estacha, pois ambos gardan algunha similitude.

Xenealoxías do Ortegal

92 Xosé Lois Lamigueiro

“BARCAÇARES. Ten seu soar en terra de Vacarzel junto Ò Monte Cyperio, que

ali sayron a Ulid y Muça quando quizo pasar a Galizia. E ali les sayron e desbarataron os

mouros en conpana de outros fidalgos, donde moreron mays de dous mill mouros, e dos

christianos moreron XX. E as armas eran unhas estachas de pao con ferros. E os que

quedaron por esta fazana se chamaron Vacaçares. E tran por divisa unhas estachas en

campo roxo. E son bos fidaldos.” 10

Deseños heráldicos encaixados no xacigo. Lousas inf. e sup. Ano 2008. Foto 4, autor: Lamigueiro

A heráldica nos restos de Carracedo.

Así foron descritas lendariamente as armas da liñaxe dos Valcarce nos nobiliarios

clásicos, e así foron transmitidas pola bibliografía heráldica ata chegar a nós. Porén, as tan

traídas e levadas estachas, non aparecen representadas como tal na heráldica usada polo

Adiantado 11. O exemplo máis evidente o atopamos na propia lápida, onde o que pasan por

ser estachas, son cinco faixas en pau, moito máis acorde coa heráldica hispana; e por enriba

Page 10: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

93 Xosé Lois Lamigueiro

de todo, pola usada polos seus parentes maiores, os Señores de Cabrera e Rivera, de onde

descende o propio Adiantado como bisneto de Don Roi Fernández o Feo 12; heráldica

recollida por Salazar de Mendoza cando trata da Casa de Cabreira e Riveira, que levaría o

medio irmán de Don García Carnota:

“...D. Rodrigo Rodriguez vivio en Galicia en la Torre de Ribera, siendo Señores

de la casa de su padre Don Fernando y Don Ramiro, sus hermanos. Tuvo estrecha amistad

con Don Pedro Fernandez Mata, Maestre de Santiago, y dióle á él y á su muger Doña Teresa

González los heredamientos que su Orden tenia en Villa Afan. Ellos se obligáron a dexarla

por heredera. Fué el primero que usó por armas las tres fajas verdes en campo de oro, que

traen los de Ribera, sus descendientes por Lope Ruiz de Ribera su hijo...” 13

12 ADDENDA...Páx 53 en adiante. Don Roi Fernández o Feo, Tenente de Benavente dende o ano 1209, e Tenente de Riveira no 1212, e Cabreira no 1216; tivo na súa primeira muller Dona Sancha Rodríguez ou Ramírez, filla do Conde Don Ramiro de Cifontes, e da súa muller tamén chamada Dona Sancha Rodríguez; a Don García Rodríguez (I) Carnota, e a Don Lopo Rodríguez Carnota, destacados membros a corte galaico-leonesa de Fernando III. Fillo de Don García Carnota e Dona Lambra Rodríguez, filla asemade de Don Rodrigo Sánchez de Cacabelos, cabaleiro de Villamartín, e da súa dona Elvira Rodríguez; foi o Don García Rodríguez de Valcarce (II), Tenente e Cabaleiro de Valcarce e Señor de Toral dos Vados, marido de Dona María Fernández, pais do Adiantado. 13 SALAZAR DE MENDOZA, Pedro. Origen de las dignidades seglares de Castilla y León. Año 1744. Edición Facsimil. Páx 207. 14 Ver as diferencias nas fotos: 3, 6, 9, y 10.

Detalle da ornamentación da lousa inferior co escudo que representa tres faixas que difiren coas cinco que se atopan no escudo da lápida. Ano 2008. Foto 6, autor: Lamigueiro.

O número de faixas usadas na heráldica dos Valcarce, é totalmente aleatorio

segundo os diferentes exemplares conservados, que poden ser achacados directamente aos

membros da liñaxe 14. Entre eles dous que aínda pódense ollar na torre do homenaxe do

Castelo de Moeche, atribuídos a priori a: Don García Rodríguez de Valcarce e Valboa, Señor

das Pontes; baseándose no vínculo que o personaxe tivo coa fortaleza. Os achádegos

arqueolóxicos realizados no recinto do castelo “moderno”, previos á súa restauración,

descubriron que o edificio actual fica ergueito enriba do seu antecesor medieval.

Page 11: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

15 RAMIL GONZÁLEZ, Emilio. Escavacións arqueolóxicas no castelo de Moeche. Catedra nº 11, ano 2004, páx 270. 16 A través dos seus avós: Dona Constanza García, filla do Señor da Pontes, e Don Pedro Álvarez Osorio, I Señor de Cabrera e Rivera por mercede de Xoán I en 1388. O castelo pertencía a muller do I Conde de Lemos Dona Beatriz Enríquez de Castro, xa que era cabeza do seu Señorío en Cedeira. Sobre isto consultar PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, Eduardo. Los Señores de Galicia, Tomo II. Doc. 22, 38, 49, 171, e 178. 17 Armas de Vilafranca que representan: Valcarce, Osorio, Pimentel, Zúñiga, e Toledo.

Xenealoxías do Ortegal

94 Xosé Lois Lamigueiro

Asemade o trazado e disposición dos muros e torres de un e outro, non son

coincidentes, de xeito que pódese afirmar que o castelo actual substituíu completamente ao

anterior. A historiografía que se ocupou diste tema, atribuíu a súa destrución a primeira

Guerra Irmandiña do ano 1431 15; sen que aínda póidase probar iste feito documentalmente.

En todo caso é necesario reformularse a adxudicación dos escudos de Moeche ao Señor das

Pontes; fixándonos de seguido nos seus descendentes directos os Osorio, especialmente no

primeiro Conde de Lemos, Don Pedro Álvarez Osorio 16, mailo seu neto do Don Rodrigo,

aos que seguramente haberá que achacar finalmente a autoría da heráldica que presenta hoxe

en día o edificio: Osorio e Valcarce, en alianza coas armas dos Enríquez de Castro. Da

representación múltiple da heráldica familiar nun mesmo edificio, amosa certo paralelismo o

Castelo de Vilafranca levantado en 1515, e que non se afasta moito do modelo presentado

polo Castelo de Moeche 17, xa que practicamente ambos os dous son coetáneos, e conservan

senllos escudos dos Valcarce herdados a través de ligazóns parentais cos Osorio.

Armas dos Enríquez de Castro e Osorio en Moeche. Ano 2009. Foto 8, autor: Lamigueiro

Ano 1991. Escavacións arqueolóxicas dentro do Castelo de Moeche que fixeron agromar o castelo medieval. Foto 7, publicada por D. Emilio Ramil.

Page 12: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

95 Xosé Lois Lamigueiro

Castelo de Moeche. Ano 2009. Foto 9, autor: Lamigueiro

Castelo de Vilafranca. Ano 2008. Foto 11, autor: Lamigueiro

Castelo de Moeche. Ano 2009. Foto 10, autor: Lamigueiro

Page 13: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Si admitimos o paralelismo entre os dous exemplares, estaríamos diante das

armas reais de Castela-León. Só poderíase xustificar a súa presenza sumada a dos Valcarce, si

descontextualizamos a lousa inferior, da superior, e da lápida funeraria. Trataríase entón

dunha lousa moito máis moderna posiblemente do século XV ou XVI, época na que Santa

María de Carracedo foi usurpado polos Osorio de Lemos, e empregado nas súas guerras

familiares contra os Pimentel. Segundo o testemuño de Frei Jerónimo de Llamas no ano

1583, tódolos sepulcros presentes na igrexa de Carracedo foron desfeitos: “...con justo título

se quitaron, pues se avía tomado aquella nave tiránicamente...19”

Xenealoxías do Ortegal

96 Xosé Lois Lamigueiro

Volvendo a Carracedo, entre os elementos decorativos da lousa inferior do muro

do xacigo, existen outros dous mobles heráldicos: un león e un castelo, xunto as bandas dos

Valcarce 18. Nunha primeira lectura puidérase achacar o león os Valboa, porén, o castelo

presenta moitas máis dificultades para emparentalo coa heráldica dos Valcarce. Por iso é

necesario tornar o Castelo de Moeche para atopar un exemplo con certa similitude.

18 Ver foto 4. 19 LLAMAS, Fr Jerónimo. Biblioteca Nacional. Manuscrito. M. 714, fol. 277.

Foto 12, Castelo de Moeche. Foto 13, lousa de Carracedo. Autor: Lamigueiro

Finalmente, o derradeiro elemento decorativo identificable co Adiantado, é unha

estraña composición na lousa superior entre tres medallóns florais desiguais. Trátase sen

dúbida dunha variante en pedra do xa coñecido selo usado polo Adiantado coas súas armas,

Selo en pedra do Adiantado. Foto 14, Autor: Lamigueiro

Page 14: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

97 Xosé Lois Lamigueiro

20 URGORRI...Páx 21. Don Fernando remitía a Salazar y Castro, que copiara o selo dunha plica dunha carta do Adiantado que segundo parece se garda na Academia de Historia. Fondo Salazar. Nº 46231 u 6. Fol 22. 21 BALBOA DE PAZ...Páx 238. O autor atribúe segundo a súa opinión, o dragón as armas antigas dos Valboa, (que en algunha das súas representacións modernas aparece: de roxo león de ouro sostendo unha espada na destra, e vencido os seus pés un dragón de sinople). O castelo atribúeo aos Valcarce, explicando sen documentalo, que istas armas pasan por ser máis antigas que as coñecidas para istes liñaxes: “blasón más antiguo que sus posteriores estacas...”. Porén, convén cuestionarse polo de agora istas opinións.

xa citado por Urgorri Casado no seu traballo do ano 1987, sobre o Señor das Pontes: Don

García Rodríguez de Valcarce e Valboa, sendo este autor o primeiro que tratou a liñaxe

botando man da documentación 20. Ámbolos dous representan efectivamente as armas dos

Valcarce; aínda que con notables diferenzas entre os dous exemplos.

Selo reproducido por Urgorri Casado na colección Salazar e Castro. Foto 15.

Elemento máis misterioso é un animal que contén no seu centro o selo pétreo de

Carracedo, que semella ser unha pomba, unha ave fantástica, un grifo alado, ou quizabes un

dragón. Segundo parece un dragón, e un castelo, aparecen nos restos da teitume mudéxar da

antiga igrexa medieval do mosteiro, conservada no Museo Arqueolóxico de León 21. Sen

embargo non deixa de ser un elemento estraño a heráldica coñecida dos Valcarce.

Imaxe central do selo pétreo. Foto 16. Autor: Lamigueiro

Page 15: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

22 Ver foto aérea nº 2.

A primeira impresión que pódese levar calquera de nós, ao visitar actualmente o

recinto chamado vulgarmente: Capela dos Valcarce, ou do Adiantado, é que estamos diante

dun rompecabezas onde todo parece ter unha lóxica perfectamente encaixada. Nembargantes

ningunha das pezas que alcanzamos a ollar, son o que realmente parecen ser. A pequena

construción amosa ter unha arquitectura con certa coherencia visual. Fixarémonos na súa

planta rectangular, onde chaman poderosamente a atención os senllos arcos oxivais

enfrontados dous a dous, e encaixados en muros de mamposto de lousa. Enriba deles existen

restos de ménsulas e nervios da antiga bóveda apuntada, e todo elo evidencia pola

irregularidade dos materiais empregados, distintas épocas ou reformas. O chan atópase

soterrado aproximadamente metro e medio respecto ao nivel do adro exterior da igrexa,

carecendo de muro de peche cara a ese lado. O conxunto áchase xunto os muros da crucería

norde,22 a carón da nova igrexa do século XVIII, permanecendo totalmente

descontextualizado e desintegrado do conxunto, amosando moita máis antigüidade. Unha

revisión da bibliografía conservada, das testemuñas que visitaron o recinto cando estaba

aínda en pé, arroxa unha visión ben distinta da que actualmente os nosos ollos están a ver.

Xenealoxías do Ortegal

98 Xosé Lois Lamigueiro

A inexistente capela do Adiantado.

Interior da chamada capela dos Valcarce. Ano 2008. Foto 17, autor: Lamigueiro

Lousa sup.

Lousa inf.

Lápida e escudo

Cordón

Page 16: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

99 Xosé Lois Lamigueiro

“...Era este García Rodríguez de Valcarce el cavallero mas rico que a la sazon

avia en esta tierra 23, por que aún no avia este Estado de Villafranca, y la dicha villa con la

de Cacabelos eran del arzobispo de Santiago. Era el sobredicho señor de Cabrera y

adelantado de El reyno de Galicia y muy deseoso él y sus herederos de meterla mano en la

hacienda de esta casa y ansi pretendió y aún se intituló comendatario de este monasterio

hasta que lo supo el sobredicho sr. Rey D. Alonso II (sic), y ansi hizo poner sus armas en la

nave 3ª de la iglesia de hacia el norte como pareze en las soleras de la techumbre de

palnudillo 24de la dicha nave y se sepultó en ella en la parez aquilonar 25en una hornecina

de la mesma nave donde despues se puso al altar de la Cruz, y su hijo de este hizo la capilla

que llaman sacristía vieja en la mesma nave, y su nieto 26 del mismo nombre se sepultó en la

mesma nave junto a la boca de la capilla de san Miguel y aún duró allí en un lucillo de

piedra con su mujer sobre unos leones hasta el año de 1583, que con justo título se quitaron,

pues avía tomado aquella nave tiránicamente...”

O fillo homónimo do adiantado danos a través do seu testamento fechado en

Lugo a 12 de febreiro de 1364, varias pistas sobre a capela que -segue a reafirmar- edificou

seu pai. Do texto seguinte despréndese que si o fillo pide ser soterrado xunto ao pai na capela

edificada por aquel, e anteriormente ao seu falecemento edificara a sancristía, segundo

testemuño de Frei Xerome, ámbolos dous espazos ficaban necesariamente ben diferenciados:

“...Et quando Deus tover por ven de faser sua volontade de mi que yo finar, mando que

de qualquier lugar que yo finar, que le leben el meu corpo meu bien e onrradamiente e la

yglesia de Sancta María de Carrasedo, e que me suterren en a dita iglesia, en a capella ut

jaz el dito García Rodrigues, meu padre...(sigue)...Primeramente, mando a la capella de

Carrasedo, que edificou meu padre por minna alma e satisfasemento do aquelo a que yo sou

tenudo a Deus todo quanto yo ayo, casa e herdades, e pobro de ganado, e todas las cousas

que eu ayo, e debo aver en Villaverde...27”

23 BALBOA DE PAZ...Páx 72. Remite a Llamas, Fr. J: M.714, ff. 277. 24 Techumbre de palnudillo: Deformación de Par y Nudillo, sistema arquitectónico moi usado nas igrexas mudéxares en artesoado, e dicir, que recordan a unha artesa invertida, polo que a teitume adoitaba un perfil trapezoidal, onde a Par serían os lados diagonais coas limas, o Nudillo o lado corto horizontal do teito, e o tirante a base máis larga. 25 Parez aquilonar / pared aquilonial: de aquilón o norte, Lat: aquilo, Õnis. 26 O neto do adiantado do seu mesmo nome, (ver esquema xenealóxico), foi o Señor da Vila das Pontes, Don García Rodríguez de Valcarce e Valboa (+1410); marido de Dona María Fernández. Segundo Frei Malachias, o Señor das Pontes, foi soterrado na capela de San Salvador da Igrexa de San Francisco de Vilafranca. O dato de Frei Xerónimo de Llamas, contradí polo tanto o afirmado por Frei Malachias. En todo caso en ningunha das súas localizacións existe hoxe en día, resto algún que evidencie que albergara a sepultura do Señor das Pontes. 27 CARTULARIO...Páx. 189, doc. 884.

Page 17: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

100 Xosé Lois Lamigueiro

No ano 1979, vía a luz a obra: Catálogo monumental de la provincia de León; do

académico granadino Don Manuel Gómez Moreno, (Granada, 1870 - Madrid, 1970), grande

arqueólogo e epigrafista, membro das Reais Academias de Historia, da Lingua Española, e de

Belas Artes de San Fernando. O erudito visitou entón o mosteiro de Santa María de

Carracedo, no seu percorrido pola provincia leonesa. Segundo o seu estudo a primitiva igrexa

tiña 50 m de longo por 15 m de ancho. A súa nave central unha luz de 6,5 m., e as laterais de

3, 42 m. cada una 28. No testo das naves achábanse os tres ábsidas, un por cada nave, que

contiñan os altares: Maior, de San Miguel, e de San Xoán Bautista. Nos laterais das naves

adxacentes atopábanse os altares de Santa Mariña e o Altar da Cruz.

Retrato fotográfico de Don Manuel Gómez Moreno. Foto 18. Autor descoñecido.

Precisamente baixo iste altar, foi soterrado o Adiantado, segundo do testemuño

do século XVI de Frai Jerónimo de Llamas, recordemos: “...y ansi hizo poner sus armas en la

nave 3ª de la iglesia de hacia el norte como pareze en las soleras de la techumbre de

palnudillo de la dicha nave y se sepultó en ella en la parez aquilonar en una hornecina de la

mesma nave donde despues se puso al altar de la Cruz...”. E dicir enterrouse no muro

exterior da nave 3ª ao norde. A través dos datos aportados polo frade, é posible reconstruír o

espazo da Igrexa medieval do mosteiro. Secuencialmente o Señor das Pontes neto do

Adiantado, estaba soterrado embocado a Capela de San Miguel; e dicir en primeiro lugar

diante do ábsida que o albergaba. Seguiría en segundo lugar a sancristía, edificada polo fillo

como xa se dixo, a cal tiña necesariamente que estar nun punto perto do altar maior para

poder asistir ao culto. Esta sancristía que Frai Jerónimo chamou Vella, debe de ser

identificada cos restos que hoxe podemos ollar xunto a igrexa de Carracedo. En terceiro

lugar, atoparíanse os xacigos cos enterramentos dos membros da liñaxe dos Valcarce ao

longo do muro norde. Como remate diste artigo, preséntase unha reconstrución hipotética do

trazado antigo da igrexa medieval, baseada na planta orixinal do mosteiro, a cal axudaranos a

entender de que xeito estaban integrados tódolos compoñentes que acábanse de describir, e

así entender de que magnífica obra privounos o inexorable paso do tempo.

Page 18: Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía galaico-leonesa en tempos

Xenealoxías do Ortegal

101 Xosé Lois Lamigueiro

29 BRAUNFELS. Wolfgang. Monateries of Western Europe. The architecture of the orders. 1972.

Foto. 19: Planta ideal dun mosteiro cisterciense segundo W. Braunfels 29.

Vista aérea do mosteiro de Carracedo. Foto 20, autor: Google

A

B C D

A. Sancristía Vella. F. Altar de San Miguel. B. Nave 3ª (Norte): Altar da Cruz. G. Altar de San Xoán Bautista. C. Nave 2ª (Central) . H. Posible enterrª do Sr das Pontes. D. Nave 1ª: Altar de Santa Mariña. I. Lucillos.

E

F G

E

N S

O

H

I