31
CARTAS CARTAS A A LELO LELO 1

Cartas a Lelo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Cartas a Lelo

Citation preview

Page 1: Cartas a Lelo

CARTASCARTAS A A

LELO LELO1

Page 2: Cartas a Lelo

Prólogo Prólogo

Este libro xurdiu da lectura do libro de Neira Vilas do mesmo título “ Cartas a Lelo”.Pareceunos unha idea interesante que o noso alumnado lle escribise tamén a Lelo, contándolle as súas inquedanzas. Iste é o resultado, esperemos que disfrutedes con el.

Queremos agradecer dende aquí a colaboración de todos os nenos e nenas que participaron neste libro e aos mestres e mestras que os animaron a facelo.

2

Page 3: Cartas a Lelo

Meicende 20 de outubro 2011

Ola Lelo : Chámome Lucía e son unha nena galega da Coruña, pero vivo en Meicende, que é unha vila pequena pero bonita. Ten un encoro que é moi importante, xa que no verán algúns helicópteros e avionetas van recoller a auga para botala nos incendios. Tamén está cheo de parrulos, ocas e demais. Incluso ten un río que nin siquiera sei como se chama. A miña avoa cóntame sempre moitas historias e, un día, contoume que antes de estar o encoro, alí había leiras e animais pacendo. Tamén hai moitos parques nos que os nenos e nenas xogan xuntos. Pero iso non é o único, tamén hai leiras con animais. O que menos me gusta é que temos unha refinaría, que bota fume e, ás veces, desprende un cheiro terrible. Pero, o que máis me gusta é que hai un colexio ao que vou a aprender e xogar cos meus amigos e amigas. Atópase preto da Coruña e os fins de semana vou pasear cos meus pais pola praza e tamén vou visitar aos meus avós. O mellor é que estamos no outono, unha das estacións que máis bonitas. Bueno, toda Galicia atópase preciosa!

Bicos, a túa amiga Lucía I. de 6º

3

Page 4: Cartas a Lelo

Meicende 27 de outubro do 2011

Amigo Lelo:

Lémbrasme? Son Noa, a filla de Moncho, o teu curmán. Xa teño once anos. E ti, querido amigo, cantos anos hai que te mudaches da nosa terra Galicia? Acórdaste dela, verdade? Meu pai e miña nai lémbranse moito de ti, tanto no bo coma no malo. En Meicende cambiaron moitas cousas: fixeron un supermercado, un centro de saúde e un campo de fútbol. Segue sendo unha vila con moita natureza: con prados, con leiras, con ríos..., aínda que a refinaría perxudícaa moito. Acórdome das tardes cando me levabas ao encoro, coller castañas, xogar, facer exercicio eo máis importante, DIVERTIRNOS.No verán o encoro é moi importante, pois en Pastoriza e en vilas preto de Meicende, hai moitos incendios e os helicópteros e algunhas avionetas, van recoller auga para apagalos. Neste encoro desemboca un río, do que non sei o seu nome, o que si sei é que grazas a el, o encoro recolle moitos bos momentos,

4

Page 5: Cartas a Lelo

coma o que ti e mais eu pasamos xuntos. Se estivera fóra de Galicia, recordaríaa moito. Espero verte pronto. Un bico de Noa M. de 6º

5

Page 6: Cartas a Lelo

Meicende 24 de outubro do 2011

Querido amigo Lelo:

Ola! Como estás? Eu ben, aínda que fai tempo que non te vexo. Botarás de menos Galicia, aínda que este ano foi moi seco e houbo moitos incendios; sorte que agora vai chovendo, pero a caldeiros. Xa estamos no outono, a miña estación favorita. Os camiños cubríronse dunha inmensa alfombra chea de follas de cores, as árbores van quedando espidas... e todo é precioso! Pero teño moitas cousas que contarche. Non sei por onde empezar. Ah!, Falareiche de Meicende, a pequena vila onde vivo. Meicende é unha vila grande. Aquí estudo e vivo coa miña familia. Ten un montón de cousas, coma a refinaría, que refina petróleo, hai un par de parques, unha igrexa, supermercados...Tamén hai un encoro no que desemboca un pequeno regato. Alí atópase un conxunto de árbores, parrulos, e paxaros, ata hai un paseo e un parque. Antes, alí, xa fai tempo, non había aquilo, só un pilón para lavar a

6

Page 7: Cartas a Lelo

roupa, que aínda segue en pé. O demais era toxo; ata recordo que, de pequena, xogaba, cos meus amigos, coa auga mesturándoa coa area e cos paus. Xa escribín bastante....Adeus! Un bico da túa amiga

Carlota

Posdata: Prégoche que me contestes.

7

Page 8: Cartas a Lelo

Meicende 4 de novembro do 2011

Ola Lelo:

Acórdaste de min? Son Brais V. L.. Na escola, cando tiñamos seis anos eu era o teu mellor amigo. Agora xa teño once. Meicende cambiou moito. Hai unha refinaría ( que cheira mal), un campo de fútbol, no que xogo co equipo Sporting de Meicende. O que máis me gusta é o encoro, onde ti e eu xogabamos todos os días. Agora ten un lavadoiro. Fixeron dous parques novos: un xunto ao cole , é o dos nenos pequenos, e outro onde vivo eu, chámanlle parque do Sobrao, ao que vai pouca xente. Este ano viñeron dous nenos novos á miña clase de sexto. Oxalá volvas, Lelo! Teño moitas gañas de xogar contigo! Unha aperta

Brais de 6º

8

Page 9: Cartas a Lelo

Mércores 2 de novembro do 2011

Querido Lelo:

Chámome Yago e vivo en Meicende, que está a dous kilómetros da Coruña. O máis bonito de Meicende é o encoro. Alí hai un parque onde xogo cos meus amigos,e hai varios regatos que enchen o encoro. En Galicia, como temos tantos incendios, vén un helicóptero cargar auga. Por iso, algunhas veces, o encoro ten pouca auga. Tamén temos o santuario de Pastoriza, que é todo o mes de outubro. En Pastoriza tamén está o Monticaño, un parque grandísimo. Bueno Lelo, escribínche algo de onde vivo e invítote a que veñas a velo. Un saúdo

Yago de 6º

9

Page 10: Cartas a Lelo

Meicende 25 de outubro do 2011

Ola Lelo :

Son Ana, vivo en Meicende e teño once anos. Se empezo a contar as cousas que cambiaron desde que te fuches, son bastantes.O que máis bonito me parece de Meicende é o encoro, un parque onde xogan moitos nenos.Tamén me gustan moito os campos,os montes e as leiras.... Hai moitas panadarías, supermercados, perruquerías, parques...Hai un colexio ao que van moitos nenos e nenas. Meicende sería un lugar privilexiado se non fose pola porca refinaría, que fai que cheire mal Meicende.Tamén é un lugar moi contaminado, entre a refinaría, os coches, a xente que fuma e incluso, ás veces, o cheiro de Suevos. Non sei como aínda non explotou Meicende.Cantas cousas cambiaron, Lelo! Nada é como antes.

Seguirei contándoche máis cousas. Unha aperta de

Ana de 6º

10

Page 11: Cartas a Lelo

Meicende 4 de novembro do 2011

Querido Lelo :

Son Paula, unha nena de once anos. Vivo en Meicende e quería contarche o que cambiou todo por eiquí. Fixeron un campo de fútbol, un supermercado e puxeron aparellos para facer exercicio no encoro. O que máis me gusta é pasar as tardes no campo de fútbol e o que menos é a refinaría, porque bota un cheiro horroroso. Estamos no outono e as follas decoran o chan de moitas cores diferentes. Fai pouco celebramos o Samaín. Este ano foi divertido. Fixemos unha exposición de cabazas e comemos castañas. Estaban moi saborosas! Lémbrome moito de ti! Un saúdo

Paula F. de 6º

11

Page 12: Cartas a Lelo

Meicende 25 de outubro do 2011

Querido Lelo :

Acórdaste de min? Son Jonathan, o teu amigo. Queríache contar que, en Meicende, cambiaron moitas cousas: fixeron un encoro, un parque e un camiño fluvial ( iso é o que máis me gusta), un lago con gaivotas, tartarugas, peixes, ocas... Tamén fixeron un campo de fútbol, onde entrena o equipo de fútbol de Meicende. Hai unha refinaría que contamina todo Meicende e ao pasar por alí, algunhas veces, cheira mal. Por último queríache pedir que viñeses, se podes, algunha vez a visitarme.

Un saúdo

Jonathan F. T de 6º

12

Page 13: Cartas a Lelo

Meicende 3 de novembro do 2011

Querido Lelo:

Como estás? Hai moito tempo que non volves a túa terra. Desde que te fuches de Galicia, isto cambiou moito. Fixeron un parque no encoro. É moi bonito. Ten alí parrulos,peixes, ras, gaivotas.... Hai tobogáns para deslizarse e para os que lles gusta moito a ximnasia, atraccións para facer exercicio. O prado no que ti e eu xogabamos moito, xa non é prado, é unha refinaría que cheira fatal. Este ano non choveu case nada e fixo moito calor. Agora estamos no outono e dá gloria ver as carballeiras e os soutos de Galicia. Que cores tan bonitas! Lémbraste? Están os camiños cheos de castañas, noces e landras. Como Galicia non hai outra! Non si ? Quero que me contestes contándome como che vai por esas marabillosas terriñas. Unha aperta

Igor de 6º

13

Page 14: Cartas a Lelo

Villarrodris 25 de outubro do 2011

Bos días Lelo:

Chámome Ánxela e veño de Madrid. Teño once anos. Deume pena saber que te fuches do colexio San Xosé Obreiro e escríboche esta carta para decirche que agora estou estudando nel. Gústame moito a profesora e os meus compañeiros. Miña nai e eu vivimos en Villarrodris. Eu penso que che gustaría moito. Ten moitos bares e hai unha tasca onde aínda se serve o viño en cuncas. Tamén temos un supermercado, un estanco, unha libraría. A poucos metros da miña casa temos o parque de Seixeda, onde están os teus curmáns. Alí vive Xoán, o corvo e a súa muller Natalia. Fai tempo tiveron pitiños e un chámase Lelo e outro Xoán. Invítoche a unha comida e a unha cea cando ti queiras na miña casa. Bótote de menos. Un agarimoso abrazo da túa amiga

Ángela G. de 6º

14

Page 15: Cartas a Lelo

Meicende 25 de outubro do 2011

Querido Lelo:

Chámome Cynthia, teño once anos e vou ao colexio de San Xosé Obreiro. Vivo en Meicende. É un lugar moi bonito. A min gústame moito. Ten un centro de saúde e un encoro que é coma un estanque con parrulos, etc. Ten unha refinaría, alí é onde se fabrica a gasolina. Logo enfronte hai uns tanques onde se almacena e se leva en camións ás gasolineiras. Ten un colexio, ao que vou, e unha igrexa , cun parque ao seu carón. Espero que che gusta. Unha aperta

Cynthia D. de 6º

15

Page 16: Cartas a Lelo

Meicende 24 de outubro do 2011

Querido Lelo: Quero contarche cousas de onde vivo, do que me gusta e do que non. Para comezar vouche contar cousas da miña vila, que está preto de Pastoriza. Vivo nunha vila chamada Borroa. Detrás da miña casa hai un monte, bueno agora xa non o é. Agora están facendo unha estrada que vai dar ao porto de Suevos. Tamén hai unha corte de cabalos, que cando pasan por diante da miña casa non paran de rinchar. Bueno vouche contar o que non me gusta e o que máis me gusta. Tanto a refinaría coma a estrada nova non me gustan nada. O que máis me gusta é que podo vivir nunha casa . Podemos facer o que queiramos, bailar, cantar, xogar...porque non molestamos a ninguén. Despois a xente sempre che fala e coñecémonos todos.Espero que algún día veñas a miña vila. Un saúdo

Andrea L de 3º

16

Page 17: Cartas a Lelo

Meicende 25 de outubro do 2011

Querido Lelo:

Como estás? Eu ben, aínda que estos días estou un pouco fastidiado da gorxa, por iso non poido ir ao colexio. Vouche contar o que cambiou Meicende desde que te fuches. En primeiro lugar fixeron unha refinaría que, ás veces, cheira un pouco mal. O segundo é que fixeron un colexio novo, xa o visitei e é moi bonito. Tamén ardeu o almacén do meu pai. Fixeron un arranxo no encoro e quedou moi bonito. Agora están a facer unhas obras para a terceira ronda. Ben, vou deixar de escribir, senón sigo toda a tarde. Espero que veñas pronto. Unha aperta

Adrián C. de 6º

17

Page 18: Cartas a Lelo

Meicende 20 de outubro do 2011

Querido Lelo:

Mándoche esta carta para falarche de onde vivo. O lugar chámase Borroa e é unha vila que se encontra escondida pola refinaría. A xente que vive aquí, aparte do seu traballo, atende ás leiras a crían animais. Bueno, agora vouche contar o que menos me gusta, aínda que non hai moitas cousas, por dicir só hai dúas: a refinaría e a estrada que están facendo polo medio do monte, que vai cara o porto. Despois o que máis me gusta de onde vivo é... todo : as persoas, a natureza e ademais non teño que aguantar o ruído dos veciños, porque vivo nunha casa. Agora despídome, esperando que algún día veñas a Galicia.

Samuel de 6º

18

Page 19: Cartas a Lelo

Meicende 25 de outubro do 2011

Querido Lelo :

Chámome Xurxo e teño once anos. Estudo no colexio San Xosé Obreiro. Ao mellor non te lembras de min porque xa hai moito tempo que non nos vemos.A última vez foi na miña aldea, na casa vella da miña avoa. Lembras o parque de Monticaño? Case seguro que non, por iso vouche dicir unha cousa, está igual de bonito ou se cadra un pouco máis. Oxalá puideras velo!. Gustaríame moito volverte a ver pronto. Seguro que añoras Galicia. O outono este ano está moi bonito; os ríos non van moi cheos porque case non choveu e deixan ao aire todas as pedras da beira, coas que xogabamos polas tardes cando eu ía á aldea. Como Galicia non hai outra; e ti ben o sabes. Xa sei que te poñeras moi ledo cando leas esta carta, porque o que menos imaxinabas era que Xurxo de Anllóns se acordase de ti. Desexo tamén que me escribas contándome o que che pete. Unha aperta

Xurxo

19

Page 20: Cartas a Lelo

Meicende 7 de novembro do 2011

Querido Lelo:

Hai tres anos houbo un verán moi caloroso. Como quería divertirme un pouco meus pais decidiron levarme a Madrid. Alí hai un parque de atraccións. É un lugar moi bonito, con moitas atraccións, divertido, grande e espacioso. Monteime na montaña rusa. Ía tan veloz que case me caio. Imaxina que caera! Seguro que estaría morto! Gustaríame que estiveses comigo, para divertirnos un montón. Con cariño

Alejandro de 3º

20

Page 21: Cartas a Lelo

Meicende 7 de novembro do 2011

Querido Lelo:

Onte fun ao parque e xoguei coas miñas amigas. Unha delas estaba correndo e lastimouse nunha perna. Botásmolle auga, pero seguíalle doendo. Entón chamamos ao seu pai para que lle botara unha pomada e a miña amiga paroulle a dor na perna. Foi unha tarde divertida. Bicos

Xeila 3º

Meicende 7 de novembro do 2011

Fantástico Lelo:

Lelo, apunteime a un equipo de fútbol porque quería divertirme.Os sábados xogamos no campo de fútbol de Meicende. Este sábado xogamos contra o Sinquerer, un equipo de fóra. Eu marquei un gol e gañamos o partido. Meu pai deume un xeado e un euro. Foi unha tarde moi bonita. Adeus Lelo

Iker 3º

21

Page 22: Cartas a Lelo

Meicende 8 de novembro do 2011

Querido Lelo:

Teño unha amiga que naceu no ano 2002.Ela naceu moi feliz, pero unhas horas despois deixou de respirar. A súa nai non paraba de chorar. A nena quedouse moito tempo sen respirar.Os pais non paraban de pedir por ella. Cando xa pensaron que era o seu último suspiro, de repente, a nena respirou profundamente e recuperou a vida. Ao recibir a noticia os seus pais quedaron moi felices. Hoxe a nena ten nove anos. Ten un irmán de once e teñen moitos amigos e son felices cos seus pais. Que che parece a miña historia, Lelo? Un saúdo

Jamile Monique de 3º

22

Page 23: Cartas a Lelo

Meicende 7 de novembro do 2011

Ola Lelo : Nas vacacións fun as dunas de Corrubedo. Fun coas miñas primas Iria e Vanesa.Non puidemos pisalas porque estaba cerrado.O meu tío trouxo unha cana de pescar. A miña curmán atopou un anzó, que era rosa e pequeño. Fomos á praia. A auga estaba moi fría.Meu tío meteuse na auga e un peixe quitoulle o pantalón e as chanclas. Eu pesquei unha sardiña. Pola noite fomos a unha festa. Eu levei unha lanterna.Comemos a sardiña. Xa che dixen que as dunas estaban cerradas, pero aínda así sacamos fotos. Miña nai foi moi pesada porque pasou o día dicindo:

– A ver, poñeros alí, non alí... Rodamos polas dunas. Despois viñeron de excursión rapaces e rapazas e nós fómonos. Ai , Lelo! Espero que che guste a carta que escribín. Adeus Lelo

Arrieta de 3º

23

Page 24: Cartas a Lelo

Meicende 7 de novembro do 2011

Querido Lelo:

Sempre quixen ser explorador. Así que decidín ir a Exipto. Estaba xunto a unha pirámide cando, de repente, a area empezou a caer.Era algo máxico e extraño.De pronto, unha serpe apareceu. Estaba moi enfadada porque piseina e esperteina. Era grande, forte, longa e verdosa.Intentou collerme, pero escapei e metinme nunha pirámide.Estaba escuro.Había momias e morcegos. Entrei nun pasadizo secreto. Había uns debuxos. Tentei descifralos pero non puiden. Así que, saín buscar aos meus pais e voltamos para a casa. Un saúdo Lelo

Brian 3º

24

Page 25: Cartas a Lelo

Meicende 7 de novembro do 2011

Querido Lelo: Chámome Samara. Nas vacacións fun a Madrid e Portugal. Fun a un concerto de Pitingo. Firmoume o disco. Agora sacou un disco novo titulado “ Trailer Malecón”. Todas as noites soño co meu cumpreanos que é o 8 de novembro e cun actor chamado Mario Casas. Traballa nunha serie titulada “ O barco “ Adiós Lelo

Samara de 3º

Meicende 7 de novembro do 2011

Querido Lelo: O ano pasado fun ao parque Warner, que está en Madrid. É un lugar grande, guai, bonito e luminoso. Montei en moitas cousas. O que máis me gustou foi a montaña rusa. Ata logo

Manuela de 3º

25

Page 26: Cartas a Lelo

Meicende 7 de novembro do 2011

Amigo Lelo :

Onte encontrei unha serpe que me mordeu. Fíxome unha ferida moi grande.Collín a serpe e empezou a chover. De pronto, a serpe escapou de min. Quíxena atrapar, pero a ferida doíame. Uns homes curáronme e funme.

Adiós Lelo

Maya de 3º

Meicende 7 de novembro do 2011

Querido Lelo:

Como sabes meu pai é pescador. Ten unha lancha grande, colorida e magnífica. Saiu con ela a pescar ao mar. De repente unha balea tiroulle da cana. A lancha emborcou. Meu pai caeu á auga. Conseguiu chegar nadando ata a beira da praia. Un bico

Cristian de 3º

26

Page 27: Cartas a Lelo

Meicende 7 de novembro do 2011

Querido Lelo :

O sábado pola tarde fun a un cumpreanos moi longo e divertido.Sinto moito non poder ir a túa casa e intercambiar cromos. O domingo irei a Brasil en barco, porque quero aprender a falar brasileiro, que é un idioma moi bonito. Tes que vir porque hai unha feira que ten unha montaña rusa. Ía tan veloz que case me caio. Fixen moitos amigos. Tiven sorte. Gustaríame que viñeras comigo.

Un bico

Adrián de 3º

27

Page 28: Cartas a Lelo

5 de novembro do 2011

Meus benqueridos amigos e amigas: Aquí estou, lonxe desa terra que tanto quero e que tan bos recordos me trae. Ás veces, aínda me parece que chegan ata aquí o cheiro e o calor da madeira ao queimarse na lareira da casa dos meus avós. Aínda poido escoitar a voz do meu avó contándome eses contos marabillosos a carón do lume, coa luz de carbure, nesas noites escuras, longas e frías, que tan frecuentes eran na miña aldea. Tamén había noites de lúa chea, co ceo estrelado, nas que me gustaba deitarme na herba do campo e ollar para eses miles de puntiños escintilantes de luz.Como me gustaría poder volver a ver o sorriso do meu avó e sentir aqueles brazos agarimosos cos que me protexía do medo que me producían algúns daqueles relatos! Foi unha sorpresa enorme recibir as vosas cartas. Son cartas cheas de poesía, sentimento e cariño. Eu xa sei, porque vos coñezo, que sodes unhas persoas moi intelixentes e cunha grande sensibilidade. Como tamén sei que chegaredes moi lonxe. Polo que deduzo das vosas cartas, tamén

28

Page 29: Cartas a Lelo

tedes a sorte de que vos ensine unha mestra estupenda. Aproveitade a ocasión! Xa vexo que unha das vosas maiores preocupacións é a refinaría. A verdade a min tampouco me gustaría ter un cheiro así onde vivo, en lugar do aire limpo do campo. Pero o progreso é o que ten...máis comodidades e tamén máis contaminación. Espero que, nun futuro non moi lonxano, consigades solucionar iso. Este é un país estupendo. Acolleume cando o necesitaba, pero como a miña Galicia, non hai outro lugar no mundo (esas carballeiras e soutos, as alfombras de follas no outono, o cheiro da terra mollada...Teño que deixalo,porque as bágoas acuden aos meus ollos). Aquí o tempo faise moi longo. Sinto tanta morriña de non estar aí, que as semanas parecen séculos. Pero as circunstancias son as que son, e os tempos difíciles nos que vivimos fixeron que acabase aquí. Non perdo a esperanza de voltar algún día. Mentras tanto, as vosas cartas axúndanme a seguir. Bicos a mancheas para todos vós e mil grazas por esas palabras tan fermosas.

Lelo

29

Page 30: Cartas a Lelo

Grazas a todos os nenos e nenas que puxeron a súa imaxinación e cariño nestas cartas. Sen a súa colaboración non sería posible este libro. Quen sabe se detrás dalgún deles hai un magnífico escritor?

30

Page 31: Cartas a Lelo

31