32
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 16 - Abril de 2015 O alcalde de Ordes, Ma- nuel Regos, conclúe este mandato destacando a “sol- vencia económica” do Con- cello, que lle permiu obter superávit en 2014 e ulizar unha parte en novos inves- mentos. Nunha entrevista en Crónicas, Regos lamenta que os recortes lle impidan ao Concello promover e apoiar máis iniciavas de emprego. Recoñece o respaldo da De- putación, pero pide a impli- cación da Xunta e Madrid en proxectos clave. Regos: “o estado fi nanceiro do Concello de Ordes é moi positivo” Páxs. 16-17 Conclúe sen acordo a negociación do ERE en Viriato ECONOMíA Páx. 18 Expo Ordes trae máis de 120 expositores do 24 ao 26 ORDES Páx. 2 Páx. 14 Sementar sementarei... Batalla de poder no sector leiteiro tras o remate das cotas ECONOMíA Páx. 20 A concesión da residencia renóvase por cinco anos ORDES Páx. 11 Mirás sitúa cinco dos edís actuais en postos de saída OROSO Páx. 9 Reestrea do salón de plenos con festa democrática ORDES Páx. 4 Piden explicacións pola perda de servizos de tren CERCEDA Páx. 2 O proxecto social ‘A Sementeira’ medra en Ordes con dous novos invernadoiros Síguenos Moda y complementos Rúa da Canteira, nº 11 15680 Ordes (A Coruña) Telf: 981 697 517 MUNDO BAZAR CHINO Alfonso Senra, 36 - Telf.: 981 688 540 ORDES (A Coruña) ROPA - JUGUETES - FERRETERÍA - REGALO CALZADOS - DROGUERÍA - MERCERÍA MENAJE - COMPLEMENTOS VERANO Ya estamos preparados para el Lámpara por compras superiores a 30 € hasta acabar existencias REGALO!!!

Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 16 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Citation preview

Page 1: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 16 - Abril de 2015

O alcalde de Ordes, Ma-nuel Regos, conclúe este mandato destacando a “sol-vencia económica” do Con-

cello, que lle permiti u obter superávit en 2014 e uti lizar unha parte en novos investi -mentos. Nunha entrevista en

Crónicas, Regos lamenta que os recortes lle impidan ao Concello promover e apoiar máis iniciati vas de emprego.

Recoñece o respaldo da De-putación, pero pide a impli-cación da Xunta e Madrid en proxectos clave.

Regos: “o estado fi nanceiro do concello de Ordes é moi positivo”

Páxs. 16-17

Conclúe sen acordo a negociación do ERE en Viriato

ecOnOmíA

Páx. 18

Expo Ordes trae máis de 120 expositores do 24 ao 26

ORdeS

Páx. 2

Páx. 14

Sementar sementarei...

Batalla de poder no sector leiteiro tras o remate das cotas

ecOnOmíA

Páx. 20

A concesión da residencia renóvase por cinco anos

ORdeS

Páx. 11

mirás sitúa cinco dos edís actuais en postos de saída

OROSO

Páx. 9

Reestrea do salón de plenos con festa democrática

ORdeS

Páx. 4

Piden explicacións pola perda de servizos de tren

ceRcedA

Páx. 2

O proxecto social ‘A Sementeira’ medra en Ordes con dous novos invernadoiros

SíguenosModa y complementosModa y complementos

Rúa da Canteira, nº 1115680 Ordes (A Coruña)

Telf: 981 697 517

MUNDOBAZAR CHINO

Alfonso Senra, 36 - Telf.: 981 688 540ORDES (A Coruña)

ROPA - JUGUETES - FERRETERÍA - REGALO CALZADOS - DROGUERÍA - MERCERÍA

MENAJE - COMPLEMENTOS

VERANO

Ya estamos

preparados

para el

ROPA - JUGUETES - FERRETERÍA - REGALO

Lámpara por compras superiores a 30 €hasta acabar existencias

REGALO!!!

Page 2: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

2

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

A entrada en servizo do Eixo Atlántico ferroviario suprime o tren das nove da mañá

O BNG de Cerceda denunciou que a entrada en servizo de todo o Eixo Atlántico ferroviario, entre A Coruña e Vigo, suprime na esta-ción de Meirama-Cerceda o tren diario das 9:09 horas cara á Co-ruña, ademais de modificar os ho-rarios doutras frecuencias, trasto-cando a rutina cotiá de quen, polo menos ata agora, fose usuario do servizo.

A formación nacionalista cri-tica especialmente que a frecuen-cia que se suprime, pasando de oito a sete diarias en cada sentido, sexa precisamente a que “proba-blemente máis usuarios mantén e que é sobre todo empregada por mulleres que se achegan á Co-ruña para traballar, así como moi-tas persoas que teñen que ache-garse a servizos médicos”, afirma a portavoz do BNG de Cerceda, Ro-cío da Igrexa.

O Bloque solicita que Renfe re-cupere o servizo diario das nove da mañá cara á Coruña e cues-tiona que por primar o transporte entre as cidades “deixen os conce-llos do rural con moi poucas opor-tunidades”.

O asunto xa chegou tamén ao Congreso dos Deputados, onde a parlamentaria Rosana Pérez (BNG), presentoulle unha pre-gunta a Fomento sobre as razóns de suprimir a frecuencia e as po-sibilidades de recuperala. Tamén reivindica que un dos trens de pri-meira hora, o que sae da Coruña ás 6:30 horas ou o que sae ás 7:00 horas, pare en Cerceda para aten-der as necesidades de veciños que entran a traballar ou estudar en Santiago a partir das oito da mañá.

Pérez tamén lle pide ao go-berno central que explique os ho-rarios dos servizos desde Cerceda cara á Coruña, especialmente o que antes era ás 20:43 horas e agora pasou ás 22:24 horas. A de-putada nacionalista lamenta que “moitas localidades foron borra-das do mapa e outras viron redu-cidos os servizos ferroviarios” en vez de atender as demandas ho-rarias dos usuarios do tren para adaptarse ás súas rutinas, o que aumentaría os viaxeiros, precisa.

CERCEDA

Expo Ordes 2015 superará os 120 postos dedicados ás máis variadas actividades, tanto comerciais como entidades sociais. Todos eles darán a coñecer os seus produtos, servizos e traballos aos milleiros de visitan-tes que se agardan para a que se con-sidera unha das citas empresariais máis importantes da provincia.

A cita é na fin de semana do 25 e do 26 de abril. O epicentro será como sempre o Campo da Feira, onde se instala unha carpa duns 2.000 me-tros cadrados. O inicio será xa en rea-lidade o venres 24, coa inauguración do recinto ás 21 horas. Como é ha-bitual, desenvolverase un acto dedi-cado especialmente aos empresarios e autónomos da contorna.

O sábado, cumprindo a tradi-ción, estará dedicado aos munici-pios da comarca. O Concello de Or-des agarda a presenza dos alcaldes e outros cargos de toda a Mancomuni-dade. Máis novidosa resultará a feira de artesanía que coincide con Expo Ordes e que se asentará na Alameda. Está previsto que se prolongue ta-mén toda a xornada do domingo. Os artesáns exporán creacións elabora-das con materiais naturais.

Xa o domingo, co recinto tamén aberto de 10 a 21 horas, toma pro-tagonismo a Degustación do Cham-piñón, que con este leva 26 anos ce-lebrándose e foi o xermolo da actual feira multisectorial. As estimacións son que bares, restaurantes e outros establecementos hostaleiros distri-búan uns 7.000 quilos de champiñon, en tapas e racións que se entregarán coas consumicións.

Outros atractivos para o domingo son unhas probas de axilidade canina preto do recinto, a partir das once da mañá, e a exhibición de vehículos de competición, unha das principais no-vidades este ano.

Por suposto, non faltará a música, o sábado coa charanga Ruada e o do-mingo coas gaitas dos Viqueiras de Ordes, a Banda de Música de Ordes e as charangas NBA e Mekánika.

expo Ordes superará os 120 expositores de múltiples ámbitos comerciais e sociais

ORDES A mostra de vehículos de competición será unha das principais novidades

COMARCA Case todas as entidades locais da zona pagan no prazo legal

Hacienda bota en falta datos financeiros en tres dos sete concellos da comarca

O Ministerio de Hacienda estam-poulles o cuño de ‘Pendente’ a tres Concellos de comarca por non comu-nicarlle datos sobre os seus orzamen-tos ou de entidades dependentes da administración local. Trátase de Fra-des, Trazo e Cerceda, se ben neste último o departamento de Cristóbal Montoro non se refire ao Concello en xeral, senón unicamente á radio e te-levisión municipais.

De Cerceda si consta en Hacienda desde o 30 de decembro pasado a comunicación de aprobación de or-zamentos por 6.884.198 euros en gastos. Na mesma situación están: Mesía, desde o 26 de xaneiro con

2.040.801 euros; Ordes, con comu-nicación o 4 de marzo de orzamen-tos aprobados por 8.503.820 euros; Oroso, con data de 29 de xaneiro e 5.221.730 euros de orzamento apro-bado; e Tordoia, con comunicación o 28 de novembro da aprobación dun-has contas por importe de 2.615.000 euros.

Por outra parte, os datos feitos públicos polo ministerio confirman que case todas as administracións lo-cais da comarca ordense páganlles aos seus provedores sen superar o prazo máximo legal de trinta días, o que lles evita facer fronte a posibles sancións. Case todas porque do Con-

cello de Trazo non constan os datos do terceiro e do cuarto trimestre de 2014, os últimos períodos rexistra-dos. Eso non quere dicir que cumpra ou incumpra os prazos, simplemente non consta en Hacienda.

Tampouco de Frades e Oroso constaban datos do terceiro trimes-tre do ano pasado, pero si do cuarto, con 8 días de media no caso de Fra-des e 16 no caso de Oroso. O que máis rápido declara pagar é Ordes, cunha media de 3,37 días, mentres que o Concello de Mesía sería o máis lento de entre os que se teñen datos, cun período medio de pago duns 24 días.

Expo Ordes concentrará as últimas novidades comerciais e da economía local

Page 3: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2015 3

A TABLILLARúa Principal, 36. Rodís15186 CERCEDATelf: 981 69 70 82e-mail: [email protected]

ALMEIRASAvda. Almeiras, 19. O Burgo15670 CULLEREDOTelf: 660 986 847

MUEBLES DE BAÑO

HIDROMASAJE - SAUNA

TARIMA FLOTANTE

MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN

SANITARIOS

GRIFERÍA

AZULEJOS Y PAVIMENTOS

MAMPARAS

Les desea una feliz fi esta del champiñón!!!

Page 4: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

4

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015

Ordes converte a inauguración do novo salón de plenos nunha homenaxe á democracia

O Concello de Ordes converteu a inauguración do seu novo salón de plenos, na antiga casa consistorial, nun acto de recoñecemento e ho-menaxe ás corporacións municipais desde a reinstauración da democra-cia no mandato 1979-1983 ata a ac-tualidade.

No acto inaugural estiveron todos os integrantes da corporación ac-tual, co alcalde Manuel Regos á ca-beza, integrantes doutras corpora-cións desde a reinstauración da de-mocracia municipal en 1979, e o pre-sidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo. Con mencións especiais para todos os alcaldes deste período, todos eles recibiron un agasallo con-memorativo.

Manuel Regos interviu para ase-gurar que “os políticos de Ordes te-ñen moitas diferencias, pero se por algo se caracterizan é pola unión e apoio máis aló das siglas e de cores sempre que os veciños e veciñas o precisen”. O primeiro edil ordense puxo como exemplo a colaboración estreita de todas as formacións po-líticas para defender a permanencia dos xulgados na vila.

Diego Calvo resaltou a importan-cia de inauguracións así, xa que esta

“precisamente se dá na que segu-ramente é a lexislatura máis dificul-tosa á hora de levar adiante proxec-tos e de manter un goberno”. O pre-sidente provincial aproveitou para destacar a cantidade de recursos que a Deputación puxo á disposición dos Concellos neste mandato. Segundo el, foi superior á que ofreceran ante-riores gobernos provinciais.

Ademais, Calvo deixou constancia coa súa sinatura no libro de honra do Concello de que “Ordes forma parte da miña vida non só polo ente que presido, senón sobre todo po-los grandes amigos que aquí teños e cuxos nomes están asociados a este municipio”.

PRIMEIRA ESTANCIAO novo espazo é a primeira es-

tancia de certa magnitude que se pon en servizo tras as obras de re-habilitación da vella Casa do Conce-llo. Respectouse en gran medida a estrutura e o aspecto orixinal do sa-lón, aínda que foi dotado con mello-res medios técnicos e con mobilia-rio novo, da máxima calidade. Des-taca tamén unha xilografía colocada nunha das paredes, na que se inscri-biu a composición de todas as corpo-

racións municipais desde 1979-1983 ata a actualidade.

A rehabilitación do antigo consis-torio foi precedida pola construción dun novo edificio administrativo na súa parte traseira, financiado cunha axuda da Xunta concedida na época do bipartito. Os dous edificios, de es-téticas moi diferentes, están comuni-cados mediante pasarelas acristala-

das elevadas. A obra, que se prolongou durante

varios anos, recibiu un impulso fi-nal por parte da Deputación, con 124.000 euros concedidos a finais do ano pasado para acondicionar e equipar o novo salón de plenos e ou-tras dependencias. A axuda provin-cial supuxo un 80 % do custo desta última intervención.

ORDES Ao acto, con presenza do presidente da Deputación, acudiron edís de distintas corporacións desde 1979

Manuel Regos, José Luis Martínez e Diego Calvo observan o panel de madeira colocado no salón de plenos coa composición da corporación ordense desde 1979

Representantes da actual e de anteriores corporacións democráticas ordenses, nunha foto conxunta no acto inaugural, ao que asistiu o presidente da Deputación, Diego Calvo

Page 5: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2015 5

Page 6: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

6

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015

As obras na vila levan novas baldosas á rúa Compostela...

A serie de obras acometidas polo Concello de Ordes nas últi-mas semanas chegou á rúa Com-postela, no tramo que vai desde a avenida de Alfonso Senra ata a in-tersección coa rúa da Reconcilia-ción.

A intervención, que precisou gastar 5.000 euros, consistiu en re-modelar unha das beirarrúas, a da

esquerda en dirección ao Campo da Feira. Colocáronse novas bal-dosas e tamén se nivelaron, elimi-nando as diferencias de altura que existían ata agora e que dificulta-ban o tránsito dos peóns.

Os traballos máis frecuentes nas rúas ordenses nos últimos me-ses son para as redes de augas e saneamento, o firme e beirarrúas.

ORDES

A intervención na rúa Compostela eliminou un desnivel existente

... e críticas pola planificación do arranxo da Rúa do Parque

O BNG de Ordes criticou que a reforma da rúa do Parque Muni-cipal implique a supresión do do-ble sentido do tráfico e dificulta-des para acceder ás prazas de es-tacionamento, nomeadamente a de persoas con discapacidade.

As obras, que custaron 136.000 euros con cargo a un plan provin-cial, consistiron na instalación da rede de pluviais e na reposición de beirarrúas na metade da rúa. As novas prazas de estacionamento, do lado da Casa do Concello, e un tramo de beirarrúa de ancho do-ble levaron a ubicar a parada dos taxis no que antes era o centro da rúa. Tamén se prevé unha mar-quesiña para os taxis.

Para os nacionalistas, que esta rúa quede con sentido único para o tráfico “non se entende”. E ade-mais consideran “innecesario” o ancheamento de parte do tramo de beirarrúa na zona da vella casa consistorial.

Ramiro Recouso, concelleiro do Bloque, apreza nestas obras “a reiterada falta de sensibilidade do Goberno de Regos coas persoas

con discapacidade, ás que se lles habilita unha praza de estaciona-mento de vehículos á que non po-den acceder porque a parada de taxis llelo impide”.

Recouso asegura que “as pré-sas por facer en tres meses o que non se fixo en catro anos causan que se sigan despilfarrando recur-sos económicos e que se adopten medidas que dificultan a mobili-dade na Vila de Ordes”.

PSOE e PP rexeitan revisar posibles erros nas facturas eléctricas asegurando que xa se fai

OROSO

Os grupos do PSOE, no goberno de Oroso, e do PP, na oposición, rexeitaron unha proposta do conce-lleiro Siverio Mirás (PG) na que re-clamaba unha revisión das facturas eléctricas do Concello e unha mos-traxe das de empresas e particulares, facilitar reclamacións ante Consumo, e emprazar á Xunta e á Fegamp a in-tervir ante cobros indebidos.

O edil galeguista fundamentou a súa proposta en que o Concello ourensán de Vilar de Santos conse-guiu demostrar que Gas Natural Fe-nosa lle facturaba de maneira ilegal, recuperando o pagado e logrando que se lle impuxera unha sanciónn á empresa eléctrica.

Non obstante, os grupos maiori-tarios non viron procedente a mo-ción nos termos nos que se formu-lou. O alcalde, Manuel Mirás, ase-gurou que “non ten sentido neste Concello”, á vez que o tenente de al-calde, Antonio Leira, defendeu que os traballadores municipais revisan que todas as facturas sexan proce-dentes e devólvenas cando observan algún erro.

Récord na selección de envases lixeiros, con nove de cada dez quilos ben depositados no colector

OROSO

Un 90,42 % dos materiais que re-ciben os colectores amarelos para envases lixeiros situados en Oroso están correctamente depositados. Tal cifra, dos primeiros meses deste ano, é o mellor resultado rexistrado pola empresa Grupo Soil en todos os lugares onde traballan. A caracteriza-ción da que se conclúen os datos foi efectuada pola entidade Ecoembes.

O concelleiro de Medio Am-biente, Pepe Castro, considera “un logro case incrible” tal taxa de reci-claxe e afirma que o mérito corres-póndelles aos veciños e veciñas “pola súa sensibilidade co medio ambiente e a súa boa seperación en orixe”. O cargo municipal tamén destaca que nestas cifras inflúen as campañas formativas sobre reciclaxe, que che-gan tanto á poboación en xeral como aos escolares en especial.

O alcalde, Manuel Mirás, anima a mellorar estas cifras e explica que te-ñen beneficios ambientais e tamén económicos, ao custar menos o tra-tamento dos residuos.

Os descontos no IBI para familias numerosas outorgaranse aplicando o IPREM como baremo

OROSO

A bonificación do 90 % do Im-posto de Bens Inmobles (IBI) á que as familias numerosas teñen dereito en Oroso outorgarase a partir de agora aplicando o baremo do Indicador Pú-blico de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), en vez dun cadro de impor-tes que se viña utilizando desde o ano 2003.

O cambio na ordenanza fiscal xa foi aprobado polo pleno municipal, co voto a favor de todos os grupos agás a abstención do PG, e implica que a norma non terá que ser modi-ficada cada ano, ao actualizarse au-tomaticamente o IPREM. Segundo o goberno municipal, tamén se evi-tará que accedan á bonificación fa-milias que, aínda tendo considera-ción de numerosas, conten cun nivel de renda suficiente.

A bonificación aplícase a titulares de familias numerosas, con inmobles de uso residencial habitual. O nivel de renda per cápita non poderá su-perar o 150 % do importe anual do IPREM. Tamén se teñen en conta si-tuacións de discapacidade.

Aparcadoiro encaixonado polos taxis

A remodelación da Rúa Lengüelle, en Sigüeiro, custa 108.000 euros e estará rematada en xullo

As obras de reurbanización da Rúa Lengüelle, en Sigüeiro (Oroso) están executándose desde este mes de abril. O Concello indica que se prolongarán durante tres meses, co que estarían acabadas en xullo.

O investimento supera os 108.000 euros e consiste en eliminar barrei-ras arquitectónicas, ampliar a rede de evacuación de augas pluviais, ins-talar unha nova canalización para o alumeado público, pavimentar a cal-zada e ampliar as beirarrúas.

Durante os traballos, o tráfico desvíase por outras rúas próximas, a non ser para os residentes, que po-den seguir accedendo aos garaxes.

OROSO

Inicio dos traballos de reurbanización

Page 7: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2015 7

Page 8: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

8

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015

Os socialistas de Ordes solicitan que o Concello denuncie ante o Ser-vizo de Protección da Natureza (Se-prona) a mala situación de conserva-ción na que se atopa o itinerario da antiga liña ferroviaria. O obxectivo da denuncia sería conseguir que o pro-pietario dos terreos, o Administra-dor de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), limpe e manteña o traxecto.

O concelleiro Pedreira asegura que hai xa dous anos que denunciara que o trazado, que leva máis dunha década sen vías, está sendo utilizado como vertedoiro. “Pero non se fixo nada”, comenta o edil, que advirte tamén do risco de incendio que su-pón ao presentar vexetación dunha altura considerable.

Por outra parte, o PSOE tamén pediu que se peche todas as noites o cemiterio municipal do Piñeiro, tras comprobar que se produciron diver-sos roubos dos metais das lápidas, as placas e os accesorios funerarios. Se-gundo esta formación política, os ve-ciños xa avisaron dos feitos sen que o Concello dese resposta.

ORDES

Os socialistas reclaman que o ADIF limpe e conserve o trazado da antiga liña ferroviaria

O Concello reivindica sinalizar o trazado oficial do Camiño Inglés

O Concello de Oroso reivindica que o trazado oficial do Camiño Inglés, establecido hai uns meses, sexa sinalizado para evitarlles con-fusións aos peregrinos.

O alcalde, Manuel Mirás, e va-rios dos seus concelleiros, perco-rreron o trazado, que evita os tra-mos por estrada e recupera o per-

corrido que se considera orixinal. A petición será trasladada á ad-

ministración autonómica, expli-cando tamén que se precisas aco-meter tarefas de desbroce e acon-dicionamento do firme. O Camiño Inglés ten oito quilómetros en Oroso, desde o límite con Ordes ata a ponte de Sigüeiro.

Manuel Mirás, Eduardo Veiras, Antonio Leira e José María Castro, camiñando

OROSO

‘Segunda oportunidade’. Así bau-tizou o Concello de Ordes o seu cen-tro de recollida de animais abando-nados, que funciona desde hai xa va-rios meses e pretende impulsar as adopcións dos exemplares sen sacri-ficios, como ata agora, salvo nos ca-sos con graves problemas de saúde.

Con ese fin, o goberno municipal anunciou a colaboración coa enti-dade SOS Pelines, durante unha xor-nada de portas abertas á que acu-diron varias deceas de veciños e os concelleiros do executivo. O alcalde, Manuel Regos, explicou que a admi-nistración e a asociación traballarán xuntos no coidado e no mantemento dos animais que chegan ao centro.

Regos afirma que “o trato correcto aos animais é sintomático dunha so-ciedade avanzada e respectuosa”. E para conectar con esa sociedade in-cidiu en que o Concello emprega as redes sociais e o seu espazo na web para divultar información e fotos dos animais dispoñibles.

Ana Hervés e Raquel Lijo, repre-sentantes de SOS Pelines en Ordes,

animaron a todas as persoas intere-sadas a formar parte da asociación e axudar a pasear, coidar e atender os cans, de maneira altruísta. Ademais, aconsellaron a castración dos ani-mais que cheguen ao centro como medida eficaz para evitar a prolifera-

ción de cans abandonados. A canceira está situada no po-

lígono de Merelle. Custou 57.000 euros, importe que segundo o go-berno inclúe o mobiliario. Ten capa-cidade para acoller dezaoito cans de todas as razas.

O centro de acollida de animais colaborará con SOS Pelines para seguir sen sacrificios

ORDES A asociación dedícase ao coidado e a atención dos cans abandonados

O alcalde (esquerda), durante a xornada de portas abertas da canceira municipal

A Deputación autoriza preto de 200.000 euros para comezar a reparar a estrada de Mercurín

O pleno da Deputación da Co-ruña habilitou 193.362 euros para comezar a reparar a estrada que comunica o polígono industrial de Merelle (Ordes) con Cerceda, a través da parroquia de Mercurín. Outros 47.000 euros, ata o mon-tante total de 240.000 que se in-vestirán, serán achegados polo Concello de Ordes, titular do vial. O investimento formalízase me-diante un convenio de colabora-ción entre as administracións local e provincial.

O goberno de Ordes lembrou que o continuo paso de camións de gran tonelaxe deteriorou nos últimos anos o vial, causando ac-cidentes e protestas por parte de condutores e peóns. O executivo de Manuel Regos acusou á Xunta e á Deputación de facer “caso omiso” ata agora ás sucesivas pe-ticións de mellora que lle trasla-dara. A situación chegou ao punto de que se restrinxiu o tráfico pe-sado.

Non obstante, Manuel Regos asegura agora que o acordo coa Deputación “é moi importante para todos e todas” e agarda que os traballos de reparación poidan comezar canto antes.

“DEIXADEZ”A valoración do PP ordense,

o principal grupo da oposición, é ben distinta. Celebran o com-promiso da Deputación e asegu-ran que o Concello “deulle as cos-tas ao vial durante anos e mesmo chegou a rexeitar algunhas pro-postas de colaboración”. José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz do PP e candidato á alcaldía, non dubida en falar de “deixadez” por parte do alcalde.

“Malia que a estrada é de titu-laridade municipal e, polo tanto, responsabilidade do Concello -asegura o líder do PP local- Regos deixou pasar oito anos sen ocu-parse desta estrada, enganando aos veciños con falsas promesas, facendo gala do seu falso victi-mismo e tratando de responsabi-lizar a outras administracións do seu propio fracaso”.

Martínez Sanjurjo contrapón tal circunstancia con “todos os mi-llóns derrochados por Regos du-rante estes case oito anos en di-versas obras innecesarias que te-rían permitido arranxar non só a estrada de Mercurín, senón a maior parte da rede viaria do mu-nicipio”, afirma.

ORDES

Page 9: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015 9

O PSOE de Oroso foi unha das pri-meiras formacións políti cas da co-marca en presentar integramente a súa candidatura para as eleccións municipais do 24 de maio. Encabe-zada por Manuel Mirás, a lista pre-senta diversas novidades, aínda que mantén en postos de saída a cinco dos sete integrantes do goberno deste mandato.

Os que saen son José María Cas-tro, que levaba doce anos como con-celleiro, e Jaime Carneiro, que suma oito anos de edil. O parti do asegura que non repiten “por moti vos per-soais” e Mirás destacou que segui-rán facendo “un traballo fenomenal” desde o parti do.

As novidades nos sete primeiros postos da candidatura socialista son Vanesa Boo, como número dous, e Beatriz Rodeiro, como número catro. Seguen Antonio Leira en terceiro lu-gar, Luis Rey en quinto, María del Car-men Lista no sexto e Eduardo Veiras no séti mo.

Mirás comentou que se trata dunha lista “con experiencia e reno-

vación”, con persoas que ata agora non se signifi caran en políti ca e tres persoas menores de trinta anos. Ta-mén agradeceu as “facilidades” que a Agrupación Socialista lle ofreceu para confeccionar a candidatura.

Sendo conscientes de que “a xente en Oroso non é menos de de-reitas que o resto de Galicia” e que

se conseguen apoio electoral é po-los “feitos, sendo un goberno de to-dos”, o aspirante á reelección empra-zou aos seus compañeiros a seguir “traballando en equipo” para defen-der a súa acción de goberno: “que re-corden todo o que cambiou Oroso desde a nosa xesti ón”, asegura Ma-nuel Mirás.

A lista de mirás mantén cinco dos sete membros do goberno en postos de saída

OROSO O PSOE centra as mensaxes de precampaña na súa xestión destes anos

Integrantes da candidatura socialista en Oroso, na sede local do PSdeG-PSOE

A praza pública da Pontecarreira gañaespazo coa eliminaciónda antiga escola

A anti ga escola da Ponteca-rreira xa é historia. O Concello de-rrubou o edifi cio, ao considerar que presentaba un “estado rui-noso e irrecuperable” e que ade-mais impedía a uti lización plena dun espazo que no Plan Xeral, aínda sen aprobar, fi gura como zona verde.

A reti rada do inmoble prodú-cese despois dunha negociación entre o o seu propietario e o Con-cello. A administración local pagou con fondos propios a derruba e o acondicionamento posterior do espazo que quedou libre. Agora, agarda unha subvención autonó-mica para completar a reforma do conxunto da praza.

FRADES

Retirada das ruínas da edifi cación

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

Page 10: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

10

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015

Aparellos de ximnasia no exterior para catro parroquias

As parroquias dos Ánxeles, Vi-larromariz, A Gándara e Marzoa estrearon elementos para facer ximnasia no exterior, os coñeci-dos como parques biosaudables. O dos Ánxeles foi situado preto do local social do Cachopal, o de Vi-larromariz nas inmediacións do campo de fútbol, o de Marzoa na

zona do cruceiro e o da Gándara a carón do parque infantil de Porto Avieira. O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Obras, Eduardo Veiras, acudiron a comprobar o funcionamento das novas insta-lacións. Mirás explicou que fo-ron demandadas polos veciños e agarda que lles saquen proveito.

O alcalde e o concelleiro de Obras, probando un dos elementos en Vilarromariz

OROSOOs socialistas din que Educación reduciu 584.000 euros en Ordes

Os socialistas de Ordes cifran en 584.000 euros o “brutal recorte” da Consellería de Educación o último ano no municipio. A tal magnitude chegan computando os salarios dos 21 profesores menos que hai na ac-tualidade, dos que dezaoito impar-tían clase en secundaria e tres en pri-maria.

O secretario de Educación da

Agrupación Socialista, Antonio Mo-rán, fala de “ERE encuberto” que leva a “unha importante merma na calidade da formación que reciben os nosos nenos e nenas”, con menos docentes sen que se reducisen as matrículas, segundo explican.

En canto a investimentos de fun-cionamento, o PSOE asegura que se reduciu en 6.000 euros.

ORDES

O pleno aborda posibles melloras no colexio da Pontecarreira

O PP de Frades rexeitou en pleno, coa abstención do PSOE, unha pro-posta do BNG na que solicitaba va-rias melloras de mantemento no co-lexio da Pontecarreira, nomeada-mente nos aseos, a carpintaría inte-rior ou un espazo para resgardarse do mal tempo fóra.

O alcalde, Roberto Rey, asegurou que na dirección do centro “non sa-ben nada da maior parte dos proble-

mas que plantexa a moción”, polo que preferiu agardar a que o Conse-llo Escolar aprobe unha relación de peticións.

Non obstante, o rexedor defen-deu que cada ano toman nota das so-licitudes do centro e procuran aten-delas. Citou por exemplo que encar-garon unhas proteccións para o pavi-llón e que no verán a Xunta investirá 36.000 euros en renovar tubaxes.

FRADES

Rúa do Muiño, 10 - 1º D - 15680 ORDES (A Coruña)Telf.: 981 680 138 - Móvil: 696 962 490E-mail: [email protected]

TODOS LOS PERMISOS DE CONDUCCIÓNMERCANCÍAS PELIGROSAS

CENTRO HOMOLOGADO

CAP

¿No tienes tiempo?¡¡¡Haz los test on-line

desde tu casa!!!Infórmate aquí

Page 11: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015 11

Os Servizos Sociais de Oroso disporán de dúas prazas no centro de día de Porto Avieira

O Concello de Oroso ten á súa disposición dúas prazas a xornada completa no centro de día de Porto Avieira, que tamén se po-derán utilizar como catro prazas a media xornada.

Así figura no convenio de co-laboración asinado polo alcalde, Manuel Mirás, e o director do complexo residencial para maio-res, Francisco García Castro.

As prazas non suporán ningún custo para a administración local e tampouco para os usuarios. Pode-rán utilizalas veciños e veciñas do municipio con máis de 60 anos e que cumpran os requisitos do de-partamento de Servizos Sociais.

OROSO

O contrato entre o Concello de Ordes e a empresa que xestiona como concesionaria a residencia da terceira idade foi renovado por un periodo doutros cinco anos. A deci-sión contou co apoio do grupo de go-berno (UxO) e da concelleira de CI-DEGA, mentres que o PP se abstivo e os representantes do BNG e do PSOE votaron en contra.

Os nacionalistas foron especial-mente críticos coa decisión. O seu portavoz, Ramiro Recouso, acusou ao goberno de Manuel Regos de “desco-ñecer o funcionamento deste servizo municipal básico”. Sostén Recouso que na comisión previa ao pleno o executivo non foi quen de informar-lles de aspectos como o número de residentes, a proporción de válidos e asistidos, a ratio de residentes por xerocultores ou outras cuestións so-bre o funcionamento xeral da resi-dencia.

Recouso acusou ao goberno de “ser cómplice do incumprimento por parte da concesionaria” da norma que fixa os mínimos de persoal. Se-

gundo el, tal incumprimento quedou acreditado nunha inspección recente da Xunta “que Regos non foi quen de desmentir”. O edil do Bloque enga-diu que a empresa tampouco cum-pre, segundo el, coa obriga de contar coa presenza física dun ATS ou DUE durante as 24 horas “deixando total-

mente desasistidos os residentes”, afirma Recouso, que conclúe que o novo prazo do contrato “só obedece a escuros intereses entre o alcalde e a empresa concesionaria”.

Sen embargo, no propio pleno a tenente de alcalde e portavoz do go-berno, Silvia Marín, defendeu que “todos os traballadores e traballado-ras que desenvolven o seu labor es-tán debidamente cualificados, cum-príndose coas ratios esixidas pola lei segundo a Xunta de Galicia”.

Marín tamén manifestou que o Concello “coñece a xestión que se fai deste servizo debido ao contacto e ás xuntanzas periódicas que se mante-ñen coa dirección do centro”. Neste sentido, detallou que as 49 prazas que se ofrecen están cubertas e que o cadro de persoal está composto por unha directora, quince xerocul-toras, unha fisioterapeuta, dúas co-ciñeiras, unha enfermeira, unha ani-madora e un médico.

Xesús Pedreira (PSOE) considerou que a concesión debería ter un pe-ríodo inferior de tempo.

Renovan por outros cinco anos o contrato da empresa que xestiona a residencia

ORDES O BNG acusa ao goberno de descoñecer as carencias do servizo

Fachada da residencia de Ordes

Sinatura do convenio de colaboración

Todos os parámetros de emisión de Sogama sitúanse moi por debaixo dos límites legais

ASÍ SE ACREDITA TRALOS DATOS REXISTRADOS O ANO PASADO A PARTIR DAS MEDICIÓNS EN CONTINUO

Un ano máis, Sogama acredita con datos o correcto funcionamento dos seus sistemas de control ambiental. Os parámetros de emisións á atmosfera vinculados á súa actividade industrial atópanse moi por baixo das limitacións impos-tas pola lexislación vixente, garantindo desta forma un proceso absolutamente respectuoso co medio ambiente e a saúde das persoas.

As medicións en continuo dunha gran parte dos indicadores e as casetas de control estra-texicamente situadas na contorna das instala-cións así o corroboran, permitindo un chequeo rigoroso do correcto funcionamento dos siste-mas de depuración de gases.

OPERATIVAA Planta Termoeléctrica, na que se procede

á valorización enerxética do Combustible De-rivado dos Residuos non reciclables (CDR), consta de dúas caldeiras de Leito Fluído Cir-culante nas que se pon en contacto cunha area en fluidificación a temperaturas superiores a 850ºC, facilitando con isto unha combustión homoxénea, estable, completa e de alta eficien-cia. Pola súa banda, a inxección de dolomita permite a neutralización dos gases ácidos.

Unha vez arrefriados, os gases pasan por dúas liñas de depuración antes da súa saída ao

exterior. Tras atravesar uns ciclóns onde se se-paran as partículas máis grosas, utilízase cal apagado e carbón activo para reducir en gran medida compostos tales como dioxinas, furanos e metais pesados. Posteriormente, os gases pa-san por un filtro de mangas para a recollida das partículas máis finas, sendo enviados á chemi-nea mediante un ventilador de tiro inducido.

A nivel industrial, cabe sinalar que as plan-tas de valorización enerxética son as máis vixia-das nos seus aspectos medioambientais, o que implica que sexan sometidas a un exhaustivo control, garantindo así o rigoroso cumprimento da normativa autonómica, estatal e europea.

As emisións de dioxinas e furanos por estas instalacións a nivel europeo supoñen, conforme aos inventarios nacionais, o 0,07 por cento do total de emisións destas sustancias.

VANTAXES

As vantaxes ambientais da valorización enerxética foron recoñecidas por unha gran parte dos colectivos sociais, incluídos deter-minados movementos ecoloxistas tales como “Os Verdes” de Alemaña (país con máis de 70 plantas destas características), que a cualifica-ron como un sistema probado e contrastado du-rante moitos anos, enfatizando o seu baixísimo

impacto sobre o medio ambiente cando se utili-zan instalacións coa mellor tecnoloxía dispoñi-ble, como é o caso de Sogama.

Ademais, viron nos seus produtos finais, enerxía eléctrica e calor, o auténtico valor dos refugallos que non poden reciclarse. Recoñe-cen que, se ben a prevención e ambiciosas co-tas de reciclaxe deben ser fundamentais na polí-tica de residuos, non abondan para resolver to-dos os problemas dos desperdicios municipais.

A recuperación enerxética constitúe, a día de hoxe, o tratamento finalista con menos im-pacto, sendo contemplada pola normativa en vi-gor trala aplicación do principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), relegando o vertedoiro a último lugar debido ao seu im-pacto negativo sobre a contorna.

Neste escenario, reciclaxe, compostaxe e recuperación enerxética eríxense en solucións complementarias e nunca excluíntes.

Page 12: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

12

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015

Case tres décadas despois de ini-ciada, concluíu a concentración par-celaria da parroquia de Ardemil (Or-des) coa entrega dos tí tulos de pro-piedade nas derradeiras xornadas de marzo. Quen en 1988, cando se decretou o proceso, era unha per-soa nova que podía pensar en facer medrar a súa explotación gandeira ou forestal coas novas leiras, peitea agora canas e pensa máis ben na xu-bilación. E probablemente, sen ser o de Ardemil o único caso, non deixará de preguntarse como unha parcela-ria pode demorarse tanto.

En todo caso, pola nave da feira do Mesón do Vento foron pasando boa parte dos 1.198 propietarios de fi ncas nas 2.037 hectáreas concen-tradas. O resultado é que as 13.623 parcelas orixinais quedaron reduci-das a 2.615, practi camente a quinta parte. De media, un propietario ti ña máis de once fi ncas e agora queda con dúas, tamén de media. Son, por suposto, de maior tamaño e máis aproveitables para a agricultura, a gandeiría ou a acti vidade forestal.

A Xunta xa anunciara hai un par de anos a entrega dos tí tulos, mais non se produciu ata agora. Foi qui-zais a últi ma dunha serie de demoras durante todos estes lustros, debidas á complexidade deste ti po de proce-sos, a presentación de numerosos re-cursos por parte dos propietarios e a lenti tude da administración. Cóm-pre ter en conta tamén que o investi -mento da Xunta na concentración de Ardemil foi de 3,7 millóns de euros, dos que uns 800.000 corresponden aos traballos técnicos e os 2,9 mi-llóns restantes serviron para pagar as redes de camiños e o acondiciona-mento de fi ncas.

“ESTAFAS” E PERSOALO alcalde de Ordes, Manuel Re-

gos, achegouse ata a capital da pa-rroquia para presenciar a entrega de tí tulos de propiedade, acompañado polo concelleiro José Luis Gómez.

Regos asegurou ante os propie-tarios que “desde o Concello traba-llamos intensa e constantemente para que chegase este momento, que deixa claro o interese que temos

polo noso ámbito rural, o seu desen-volvemento e o seu avance”, en pa-labras do rexedor. Regos mencionou ademais parcelarias doutras parro-quias pendentes de conclusión defi -niti va no municipio, para o que consi-dera “imprescindible apoiar e contri-buír dentro das nosas medidas”, ma-nifestou.

A entrega de títulos ponlle fi n a 28 anos de concentración parcelaria en Ardemil

ORDES Reduciu o número de fincas á quinta parte, de 13.623 ata as 2.615 finais

A entrega dos títulos de propiedade tivo lugar no recinto feiral do Mesón do Vento

Un falecido nun lume en Trazo, un imputado en Frades e 42 hectáreas arrasadas en Parada

Un veciño de Trazo, de 63 anos, foi atopado sen vida na zona de Ponte Albar, nas proximidades dun incendio declarado na parro-quia de Fecha, en Santi ago. Aínda que faltaba coñecer o que deter-minasen as investi gacións, desde un primeiro momento barallouse unha asfi xia polo fume como hi-potéti ca causa da morte.

Foi o máis grave, pero non o único percance relacionado con incendios na comarca nas últi -mas semanas. En Frades, a Poli-cía Autonómica informou da im-putación dun veciño do municipio como presunto autor dun incen-dio forestal na parroquia de Aiazo. Segundo o corpo de seguridade, o incendio esti vo moti vado por unha neglixencia na realización de traballos agrícolas. Rematou afec-tando a unha superfi cie de 8.100 metros cadrados en terreos arbo-rados.

Para investi gar os feitos, os axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santi ago contaron coa colaboración do persoal do Dis-trito III Santi ago-Meseta Interior. As dilixencias foron trasladadas ao Xulgado de Instrución de garda de Ordes.

E en Parada, (Ordes), un incen-dio forestal calcinou unhas 42 hec-táreas de superfi cie o 22 de marzo, desde que se declarou pouco des-pois das dúas da tarde ata que se deu por exti nguido arredor das sete e media.

Do total afectado, 32 hectáreas foron de monte raso e as outras dez de monte arborado. As tare-fas de control e exti nción do in-cendio precisaron da intervención de tres axentes forestais, oito bri-gadas, catro motobombas e catro helicópteros.

COMARCA

OPTIMA PRODUCTOS AGRARIOS S.L. Rúa Paraíso, 67. Bajo 1. ORDES. Teléfono 686 857 041

Laboratorio líder en la fabricaciónde productos naturales para la

profilaxis de la ubre.Galardonado en 2014, con elPremio Joven Empresario y el Premio Innovación,presenta:

Una nueva y práctica solución

de almacenaje y peso,con un gran beneficio

medioambiental

Evita el contenido residual consiguiendo una evacuación hasta 99% sin borboteos ni salpicaduras manteniendo un caudal regular y constante.Su forma cúbica evita el desplazamiento del tapón permaneciendo siempre en la misma posición.Es un producto muy ligero y el volumen de desechos es muy inferior al volumen de un envase rígido.Reducción:96% del volumen89% del peso50% de emisiones Co2 durante el transporte89% costes ecológicosEs reciclable y su destrucción se realiza mediante la incineración, generando energía calorífi ca en un 98%.

ENTIDAD COLABORADORA: HCM-0261

Los envases de plástico tienen la vida contada con

nuestro sistema Greenbox!

Premio Joven Empresario y el Premio Innovación,

PRÓXIMA APERTURA en Rúa Paraíso, 67. Bajo 1.

ORDES

Page 13: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

crónicas - Abril 2015 13

- Preséntase por segunda vez. Que di-ferencia esta candidatura da de 2011?

- O meu dominio dos temas e do fun-cionamento da Administración municipal é moi superior. Estes catro anos na oposición foron un “máster” intenso: fun un observa-dor privilexiado dos erros do alcalde; é dicir, do que non se debe facer; pero mantiven ta-mén unha relación permanente cos veciños, polo que considero ser coñecedor de moitas das necesidades de Ordes e como encaralas.

- Pero o alcalde pecha a lexislatura con obras e coa sensación de que fixo cousas.

- É unha sensación errónea e os veciños non “tragan” con iso. Inaugurou a vella Casa Consistorial, pero non coñezo a un só ve-ciño que reclamase tales obras e moito me-nos un investimento millonario como o que aí se fixo. E sei de moitas outras necesidades que foron desatendidas e que poderían terse afrontado con todos os cartos derrochados nesta e noutras intervencións faraónicas si-milares. Agora, o Concello emprendeu unha restra de pequenas obras para “facer que fai”. Trátase dun descarado intento de mercadear cos votos. Ou é que non levamos catro anos coas mesmas necesidades? Tentar conseguir un voto con recursos públicos, colocando unha farola ou un espello, arranxando entra-das de uso privado, limpando maleza as pre-sas nas pistas ou tapando baches esquecidos durante meses atenta contra a dignidade das persoas que padeceron estas carencias du-rante os últimos anos e ninguén se acordou delas ata a véspera das eleccións. Estou se-guro de que nas vindeiras semanas veremos máis do mesmo, sempre co apoio de empre-sas “amigas”, que semellan non ter reparos en facer campaña a prol dunha candidatura.

- Na inauguración da reforma da Casa Consistorial participou o presidente da Deputación, do seu mesmo Partido.

- A Deputación subvencionou as obras do Salón de Plenos para rematar unas obras que o Concello era incapaz de financiar por si mesmo. Entre deixar a obra a medio facer e sen uso, logo dun investimento millonario, ou rematala, había que optar polo mal me-nor. Iso foi o que fixo a Deputación. Axudar a arranxar o desaguisado xerado por Regos.

- Anunciouse tamén un compromiso para as obras na estrada de Mercurín.

- Diego Calvo confirmounos unha pri-meira achega de 200.000 euros para iniciar as obras, logo de que o Concello deixase pa-sar oito anos sen tocar a esa estrada que é de competencia exclusivamente munici-pal. O alcalde, en lugar de buscar solucións, puxo atrancos para evitar o arranxo da es-trada e tratar de presentarse como vítima. Eu mesmo propuxen unha solución progresiva e Regos rexeitouna. Agora o tempo dáme a razón. Regos pensaba que deixando a es-trada sen arraxar e botando a culpa aos de-mais, a xente o ía considerar un heroe. Pero saíulle o tiro pola culata. Unha vez máis é o Partido Popular e as institucións nas que go-berna o único que aporta solucións a Ordes. Demóstrase agora coa estrada de Mercurín e demostrouse coas diferentes obras acome-tidas no municipio, co plan de pagamento a provedores e reestruturación da débeda mu-nicipal, coas melloras no parque empresa-rial, cos avances das parcelarias, con múlti-ples obras na vila e nas parroquias financia-das polo POS e os dous DTC...

- Nun escenario de crecente desafec-ción respecto á política, como pensa con-vencer aos veciños de que voten ao PP?

- Son consciente diso. A imaxe da clase política é mala e os tempos difíciles que atra-vesamos non axudan. Se os veciños me ou-torgan a súa confianza, constituiremos un grupo de traballo no que, periodicamente,

o Concello escoitará e debaterá cos veci-ños e os representantes das organizacións sociais de Ordes os principais problemas e as súas solucións. Serei un alcalde ao carón dos veciños, xamais un alcalde que fuxa da xente, como aconteceu nestas dúas lexisla-turas. Non pode ser que o comercio e a in-dustria local, a hostalaría ou o deporte de base estean esmorecendo mentres o Conce-llo olla cara outro lado. O mesmo podo di-cir do agro, para o que me comprometo a crear unha Concellería de Medio Rural na que agricultores e gandeiros teñan no Con-cello un interlocutor permanente para todos os seus problemas. O alcalde pasou 8 anos escapando dos veciños, cos que non falaba nin no Concello nin na rúa. Para superar esa distancia, me comprometo a abrir o Conce-llo un sábado ao mes para atender persoal-mente a quen non poda acudir durante a se-mana.

- Criticaron moito a suba do IBI e de-mais impostos municipais.

- Fixemos nosas as queixas dos veciños, que padeceron subas e recargos inxustifica-bles. Non é de recibo que o alcalde xere unha débeda de 9 millóns de euros en cousas in-servibles e que logo paguen os veciños do seu peto. Estou esperando que os que deixa-ron a deber case 3 millóns de euros en fac-turas nos conten que a débeda baixou, pero tranquilos, os veciños non son parvos e iso

ten resposta: a débeda a están a pagar os ve-ciños de Ordes con mais impostos. Cunha xestión responsable, como a que pretendo acometer, hai marxe para unha rebaixa fis-cal do IBI e do ICIO. E tamén aplicaremos bonificacións para as taxas aplicables a agri-cultores e gandeiros, entre outros colectivos.

- Presenta un programa ambicioso.- Ambicioso si, pero tamén realista. Só

prometerei o que estea seguro que se pode cumprir. A xente está farta de promesas que logo leva o vento.

- Que outras novidades contempla? - Incluirá propostas ilusionantes e reali-

zables. Algunhas nin sequera resultan custo-sas e poden xerar un elevado beneficio para o pobo. O que sucede é que ata o de agora ninguén tivo a valentía de acometelas.

- Tamén cargaron contra a imputa-ción da tenente de alcalde, Silvia Marín.

- A imputación veu confirmar o que todo o mundo sabe en Ordes: que o alcalde e a súa camarilla teceron unha rede clientelar e fóra dela nada se move no Concello. Por que a maioría dos contratos de obras e servizos do Concello de Ordes se fixeron polo procede-mento negociado e sen publicidade?. Se os veciños me outorgan o apoio necesario, iso cambiará e as licitacións se farán polo proce-demento aberto para que se presenten as em-presas que o desexen. É o sistema máis trans-parente e o que maiores aforros proporciona. Nós respectamos as resolucións xudiciais e así o faremos neste asunto. Pero os veciños tamén xulgan co seu voto. E estou case se-guro de que o sucedido na gardería non lles sairá de balde nin a Marín nin a Regos.

ENTREVISTA co candidato do PP á Alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo

“comprométome a abrir o concello un sábado ao mes para atender persoalmente a quen non poida acudir durante a semana”Logo de catro anos como portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo preséntase como candidato á alcaldía de Ordes arroupado por unha candidatura renovada e un elevado nivel de coñecemento entre os veciños.

“As licitacións municipais faranse por procedemento

aberto para que se presente quen o desexe. É o sistema máis transparente e tamén

o que maiores aforros proporciona”

“Non é de recibo que o al-calde xere unha débeda de 9 millóns de euros en cousas inservibles e que logo a pa-

guen os veciños do seu peto”

“Rebaixarei o IBI e o ICIO e bonificaremos as taxas de

agricultores e gandeiros, entre outros colectivos”

“Só prometerei o que estea seguro que se pode cumprir. A xente está farta de prome-sas que logo leva o vento”

“Serei un alcalde ao carón dos veciños, xamais

serei un alcalde que fuxa da xente”

Page 14: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

14

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015

Novo sistema de iluminación en catro áreas da zona urbana

ORDES

As rúas Carnota, Cidade Xardín e Campeiras, máis a zona de Me-relle, en Ordes, recibiron novos sistemas de iluminación. O cam-bio de báculos e a substitución das antigas lámpadas por outras de menor consumo, xunto coa do-tación de redutores de fluxo para determinadas horas, fan que o Concello conte con obter un afo-rro “moi considerable” na factura eléctrica.

Nas rúas as novas lámpadas son haloxenuros metálicos cerá-micos de 100 W, mentres que na zona de Merelle, desde un pouco máis alá da saída da vila ata o polí-gono, serán de 150 W.

Instalación na rúa Carnota

Catro pistas e estradas municipais estarán en obras ata o verán

FRADES

As catro pistas e estradas que o Concello de Frades repara con 103.000 euros que lle correspon-den nun plan de mellora de cami-ños estarán en obras ata practica-mente o verán.

Así o explicou o alcalde, Ro-berto Rey, durante a visita que a delegada provincial da Xunta, Be-lén do Campo, efectuou ao muni-cipio. Trátase da pista desde a es-trada de Lanzá ata a Ponte Carba-lla, a pista de Pontecarreira a Re-ceá, a que vai da Pontecarreira e Quintáns, e a provincial ata o cruce á Devesa. Ademais da repa-ración da capa de rodadura, acon-dicionan noiros e cunetas.

Visita da delegada provincial ás obras

TORDOIA O director xeral de Enerxía achegouse a coñecer as novas instalacións

A renovación do alumeado aforra 30.000 euros anuais de electricidade

As distintas accións de renovación do alumeado público exterior aco-metidas os últimos anos en Tordoia poderán permitir un aforro anual de 30.000 euros na factura eléctrica do Concello, segundo as estimacións que se deron a coñecer durante a vi-sita ao municipio do director xeral de Enerxía e Minas da Xunta, Ángel Ber-nardo Tahoces.

En seis anos, Tordoia substituíu uns 500 puntos de luz por outros máis eficientes. En 2014, os cambios nas instalacións tiveron lugar en Vilar e Castrillón (Cabaleiros), en Abongo (Leobalde) e no Castiñeiro (Andoio). No exercicio pasado, o programa in-vestiu uns 40.000 euros en 94 lumi-narias, 121 lámpadas, 121 reactan-cias electrónicas e tres reloxios astro-nómicos.

Tahoces, que se achegou ata os novos equipos acompañado polo al-calde de Tordoia, Antonio Pereiro, e por outros integrantes da corpora-ción, explicou que o consumo da ilu-minación representa de media case un 70 % da factura eléctrica dun Con-

cello, polo que destacou a relevan-cia de impulsar programas de aforro enerxético neste eido.

O director xeral explicou que este ano a Xunta destina case 1,4 millóns de euros para medio cento de Con-

cellos en toda Galicia. O apoio supón o 70 % do investimento, cun 15 % de incremento para administracións lo-cais que presenten as solicitudes de maneira agrupada ou para os Conce-llos que se fusionaron.

O director xeral (dta.), co alcalde de Tordoia (2º esq.) e membros da corporación

ORDES A iniciativa gaña uns mil metros cadrados máis de cultivo cuberto

O proxecto solidario ‘A Sementeira’ xa dispón de dous novos invernadoiros

O programa social ‘A Sementeira’, impulsado polo Concello de Ordes, Cáritas e outras entidades, xa cons-truíu os dous novos invernadoiros acordados hai uns meses. A inicia-tiva solidaria gaña coas novas infra-estruturas, nas que colaborou a De-

putación da Coruña, uns mil metros cadrados de superficie de cultivo cu-berta. Todo nos mesmos terreos que utilizan desde o principio, uns 6.500 metros cadrados á entrada da vila en dirección Santiago-A Coruña, a carón do inicio da ronda leste.

Feixóns, tomates, pementos e lei-tugas, entre outras verduras e horta-lizas, conforman a produción dos in-vernadoiros, destinada ao autoabas-tecemento e tamén á obtención de recursos económicos para familias desfavorecidas que se sumaron ao proxecto.

Un técnico agrícola profesional asesorou a ‘A Sementeira’ durante a construción e posta en uso dos inver-nadoiros, ademais de impartir cur-sos e xornadas formativas especiali-zadas.

O programa sérvelles para apren-der sobre a produción e a comercia-lización de produtos agrícolas e in-cluso divulga sobre distintas fórmu-las de autoemprego, co propósito de buscarlles posibles alternativas ás 22 familias que se están beneficiando.

Ademais do Concello e Cáritas, colaboran en ‘A Sementeira’ a Man-comunidade de Ordes e contribúen entidades como a asociación Taran-deira, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, a Asociación de Empresarios de Galicia ou Sogama.

Colocación dos invernadoiros nos terreos de ‘A Sementeira’ á entrada de Ordes

Page 15: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2015 15

Page 16: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

16

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015

- Este foi un mandato con moitas dificultades económicas, derivadas da crise. Que foi o máis duro no to-cante á xestión municipal?

- O máis duro foi non poder crear emprego para que os nosos veciños e veciñas puidesen ter un medio de vida. Ao mesmo tempo, os recortes e a intervención por parte do goberno central aos Concellos incidiron aínda máis nas consecuencias negativas que a nivel económico e social tivo esta crise.

- Como definiría o estado fi-nanceiro do Concello de Ordes na ac-tualidade?

- Nestes momentos é moi positivo. A mostra é que contamos cun superá-vit de 1.126.000 euros, dos que uns 440.000 imos investilos en infraes-truturas para os nosos veciños e ve-ciñas, tal como aprobamos hai uns días no pleno. Serán para completar as melloras na rede de saneamento e abastecemento nas zonas de Merelle, Sar e A Espenica, para construír beir-arrúas na Salgueira ou para melloras no sistema de iluminación e na rede viaria, entre outros proxectos.

Somos un dos Concellos que máis pronto lles paga aos seus provedores. E contamos cunha solvencia econó-mica moi importante.

- Cre daquela que Ordes pode mi-rar o futuro con optimismo? Cales pensa que serán as liñas políticas pri-mordiais nos vindeiros anos?

- O futuro de Ordes pasa por un-has boas comunicacións, un bo solo industrial, uns bos servizos para os veciños e veciñas e unhas boas infra-estruturas. Propiciando a implanta-ción de novas empresas que propor-cionen traballo para todos. Se hai tra-ballo, hai riqueza e benestar social.

- Como ben di, o municipio non foi alleo ao grave problema do des-emprego dos últimos anos. Un dos sectores máis debilitados é o do téx-til. Que medidas pode poñer en mar-cha o Concello neste ámbito?

- A través dun convenio asinado cunha entidade téxtil intentamos re-vitalizar o futuro das nosas empresas relacionadas co sector, pois as gran-des están a levar todo o traballo fóra de aquí. Con esta iniciativa, intenta-mos agrupar as empresas do téxtil para poder competir en prezo, cali-dade e entrega do produto. Se imos

todos da man, podemos conseguilo.- O comercio é outro dos puntais

da economía local. Que se fixo para contribuír a sostelo e que propón para os vindeiros anos?

- Estamos a investir anualmente en campañas de promoción do noso comercio para que a xente non se desprace a mercar a outras zonas. Por tanto, seguiremos apoiando es-tas campañas de promoción. Ao mesmo tempo, despois de reformar e modernizar a nosa Praza de Abas-tos, traballamos en revitalizala como eixe de unión do noso comercio lo-cal. Esa será outra das nosas priori-dades. Hai poucas datas, coa primeira Feira de Oportunidades, os comer-ciantes do noso municipio puideron estrear e coñecer os locais da praza. Ao mesmo tempo, imos dinamizar a pranta baixa, con novas obras, para que sexa máis competitiva e de me-llor calidade.

- O sector da movida nocturna perdeu varios dos seus referentes destacados nos últimos tempos. Se-mella de capa caída. Que cre que po-dería facerse desde o Concello para reverter a situación?

- Durante vinte anos, Ordes foi un referente en canto á movida, sendo una das zonas máis importantes de Galicia neste sector. Os tempos cam-bian e os costumes tamén. Por tanto, a través da nova asociación de lo-cais de movida nocturna e nós, den-tro das nosas posibilidades, estamos apoiando a realización de eventos ao aire libre durante toda a tempada para que Ordes volva ser o referente que foi no seu día.

- Infraestruturas. As dificultades para acadar unha solución na es-trada de Mercurín foron patentes ao longo destes catro anos. Recen-temente a Deputación ofreceu preto de 200.000 euros para comezar a arranxala. Bota en falta un maior apoio por parte das administracións autonómica e central?

- Teño que agradecerlle á Depu-tación por este convenio para a pri-meira fase do arranxo da estrada de Mercurín. Non así ás outras adminis-tracións. A Xunta e o Goberno Cen-tral, estando aprobado o investi-mento para o arranxo e co proxecto pagado a través do Plan Europeo Mi-ner, non foron capaces de levalo a

cabo.Agora temos que arranxar esta

estrada con cartos municipais e con convenios como o da Deputación, véndonos obrigados a cortar o trán-sito a tráfico pesado como o que vai a Sogama. Irémola arranxando pouco a pouco co noso diñeiro, pero segui-remos coa limitación ao paso dos ca-mións. Este investimento nunca che-gou a Ordes, o único que fixo a Xunta de Galicia foi mandar o diñeiro para redactar o proxecto, que se fixo no seu día, pero non para arranxar o vial.

É unha estrada que, aínda que sexa municipal, une dous polígonos importantes como son o de Ordes e o de Cerceda. O noventa por cento do tránsito é de Sogama que, en defini-tiva, é o que máis deteriora o firme e ten que implicarse no arranxo.

- En xeral, considera axeitado o nivel de colaboración da Xunta e da Deputación co Concello?

- Acabamos de asinar un conve-nio coa Deputación para acondicio-nar o salón de Plenos e o da estrada de Mercurín, polo que estamos moi satisfeitos. Non así coa Xunta de Ga-licia, coa que había proxectos aproba-dos como varios saneamentos no me-dio rural (en Reboredo, na Espenica,

na Lavandeira, en Sar…) e sacáronos. Nós estamos a facer estas obras con diñeiro municipal por consideralas de vital importancia para o desenvolve-mento do noso medio rural, cando debería ser unha prioridade da Xunta.

- Por que Ordes continúa sen cuartel novo para a Garda Civil?

- O tema do cuartel xa vén de hai bastantes anos. Desde o Concello de-cidimos ceder un local de maneira provisional, cando había un acordo xa asinado e un proxecto por parte do goberno central para que fixesen o novo cuartel. Foi unha das obras que quedaron detidas pola crise, pero de-cidimos acondicionar un baixo por-que as instalacións que había presen-taban un estado lamentable e había que sacar de alí o servizo. Como a si-tuación pode ir para bastante tempo, acordamos que paguen o aluguer. Pero non desistimos.

Hai que ter en conta que coa so-lución que demos ata agora pasa-mos de ter once a vinteún gardas. É fundamental que Ordes teña, senón un cuartel, polo menos un posto da Garda Civil. É un servizo imprescindi-ble de seguridade para o noso Conce-llo. E todos os servizos que teñamos tamén lle veñen ben ao municipio,

ENTREVISTA Manuel Regos, alcalde de Ordes e candidato á reelección por Unión por Ordes (UxO)

“O concello conta cunha solvencia económica moi importante”Manuel Regos, alcalde de Ordes, dá por endereitado o rumbo financeiro do Concello sen ter prexudicado os servizos públicos locais esenciais. Bota en falta máis iniciativas para o emprego e a implicación da Xunta e do Goberno Central cos grandes proxectos do municipio.

Infraestruturas, solo industrial e servizos son as ambicións de Regos para Ordes

Page 17: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2015 17

“O concello conta cunha solvencia económica moi importante”porque neste caso son vinte e unha familias que van vivir en Ordes.

En todo caso, nós imos seguir loi-tando por conseguir o cuartel porque é un proxecto que estaba asinado.

- E en que situación está a posta en funcionamento do transporte metropolitano?

- O transporte metropolitano é algo moi demandado no Concello. Te-mos unha boa situación entre A Co-ruña e Santiago, e un servizo así facili-taría que a xente vaia traballar ou es-tudar a calquera das dúas cidades.

Desde o Concello solicitamos hai xa tempo a entrada no sistema de transporte metropolitano, fomos se-guindo os pasos que nos foron mar-cando e este ano xa incluímos nos or-zamentos municipais unha partida para a parte que nos corresponde-ría pagar. Outra parte tería que finan-ciala a Xunta, de maneira que o usua-rio pagaría un prezo reducido.

No Concello estamos pendentes dunha nova reunión da comisión do transporte metropolitano na Xunta para que o proceso de implantación avance. Agardamos que en xuño, aproximadamente, se poida poñer en marcha o transporte metropolitano. A vontade do Concello, como acredi-tan todas as xestións que fixemos, é que comece a funcionar canto antes.

- Que fai o Concello para atender as necesidades educativas?

- Os Concellos temos competen-cias nos colexios a nivel de mante-mento. Temos tres centros de edu-cación infantil e primaria, dous en Ordes e un no Mesón do Vento, e tamén dúas unitarias. Intentamos fa-cer o mellor mantemento posible, e mesmo ás veces nos excedemos un pouco atendendo as demandas das direccións dos centros. Colabora-mos na medida das nosas posibilida-des en todo o que podemos porque son moitos os nenos que van a estes centros educativos: o Castelao conta cuns 550 alumnos, o Mesón do Vento supera os 100 e o Campomaior está en arredor de 400. Son moitos alum-nos e o que procuramos é mellorar as condicións destas edificacións, que xa teñen bastantes anos. Tamén nos ins-titutos cando podemos intentamos colaborar con todo o que podemos.

Gustaríanos, de todas formas, que a Consellería de Educación se impli-case máis nos centros educativos do concello porque son moitos os rapa-ces e rapazas que están estudando. Os Concellos non temos máis compe-tencias que as de mantemento, non de obra nova, e á parte non podemos afrontar os gastos que requiren a día de hoxe edificios con tantos anos e

tanto uso.A consecución de patios cubertos,

facer ximnasios de uso exclusivo para os centros educativos, ampliación e dotación de aulas... son demandas que todos queremos e que a Xunta debería atender.

- E no centro de saúde que mello-ras se conseguiron nos últimos catro anos?

- No centro de saúde, aínda que os Concellos non temos competencias en materia sanitaria, mantemos unha boa colaboración e hai unha boa sin-tonía cos seus responsables. É un ser-vizo que atende unha poboación moi ampla e queremos que dea a máxima atención.

Conseguimos diversas melloras como un fisioterapeuta máis e un pe-diatra máis, e en breve agardamos con algún médico a maiores. Qué-danos pendente o servizo de raios X. Penso que é moi importante con-seguilo para que a xente poida facer unha radiografía, por exemplo para que por un pequeno esguince non haxa que desprazarse a Santiago. Po-

deríase solucionar xa en Ordes e axu-daría ademais a non saturar as ur-xencias do hospital. Con traballo e esforzo conxunto, como se está fa-cendo, imos intentar seguir sendo pioneiros, como o somos xa en moi-tos aspectos sanitarios, para dar unha atención de calidade.

- A vila conta agora cun paseo flu-vial, que se convertiu nun espazo lú-dico moi utilizado. Prevén máis ac-tuacións nel?

- O paseo do río Mercurín é unha desas obras que nos gusta moito no meu goberno. Porque é para o uso e disfrute de todos, de toda a familia. Está sendo moi utilizado. Tiñamos xa un parque infantil e a carón amplia-mos as posibilidades de uso coa insta-lación de aparatos de exercicios bio-saudables. Está todo integrado, de forma que cadaquén use o que lle in-terese, pero sen estar illados.

Imos seguir ampliando a ruta para que as persoas ás que lles gusta ca-miñar, pasear e relaxarse teñan esa opción ao lado do río. E non descar-tamos facer unha pequena praia flu-

vial nun futuro. Sabemos que era algo moi demandado, sobre todo por es-tar no centro do pobo, e tratamos de darlle o mellor equipamento e coida-dos.

- Goza o Concello de capacidade suficiente para manter os servizos sociais actuais e crear outros novos? Cales cre que deberían crearse a me-dio prazo?

- Ordes está capacitado para man-ter a día de hoxe os servizos existen-tes. Os Servizos Sociais foron recoñe-cidos como os mellores a nivel auto-nómico, tanto no referido a Atención Temperá como ao CIM, entre outros. Dáse unha atención personalizada a cada veciño e veciña que se achega ao Concello para solicitar asesora-mento ou axuda. Así é que asinamos convenios con empresas por valor de máis de 50.000 euros para o pago de luz, auga, transporte e outras necesi-dades básicas.

Un dos nosos obxectivos tamén vai ser darlles un maior impulso ás per-soas con diversidade funcional que, estando fóra da idade escolar, preci-san dunha maior atención en canto á adquisición e afianzamento das habi-lidades sociais e de autonomía bási-cas para poder desenvolver unha vida o máis autónoma e normalizada posi-ble. Dando un respiro aos familiares que os teñen ao seu cargo, ademais de apoio e asesoramento específico.

- Que iniciativas considera nece-sarias para mellorar a calidade de vida nas parroquias?

- Mellorar pouco a pouco os servi-zos básicos do rural, as súas infraes-truturas e vías de comunicación. Im-pulsar a chegada das TICS e dinami-zar os locais sociais con máis activida-des para que sexan un eixe de unión entre os veciños e veciñas. Esas serán algunhas das nosas prioridades para mellorar a súa calidade de vida.

- Considera que tivo unha oposi-ción leal neste mandato?

- Teño que agradecer tanto ao Par-tido Socialista como a Cidadáns de Galicia o seu apoio en temas impor-tantes para o desenvolvemento do noso concello e para o interese xe-ral dos nosos veciños e veciñas. Non así á pinza entre o Partido Popular e o Bloque, facendo una oposición des-leal para os intereses xerais do noso concello.

- En breve presentará a candida-tura de Unión por Ordes para o 24 de maio? Que aspectos destacaría do seu equipo?

- Experiencia, xuventude, ilusión e traballo. Esa son as cualidades de todo o equipo humano que forma Unión por Ordes.

O alcalde agarda para o verán a posta en funcionamento do transporte metropolitano

Manuel Regos, alcalde de Ordes e candidato á reelección por Unión por Ordes (UxO) ENTREVISTA

Page 18: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

18

ecOnOmíA

crónicas - Abril 2015

Un mes de negociacións e nin-gún acordo. As reunións entre os re-presentantes dos traballadores de Vi-riato en Ordes e a dirección da em-presa téxtil para negociar as condi-cións do Expediente Regulador de Emprego (ERE) non deron froitos. A compañía mantén a súa intención de despedir a practicamente un terzo do persoal -inicialmente 48 persoas, aínda que nas negociacións ofreceu baixar os despedimentos a 45- e os sindicatos cren que non ten capaci-dade nin para afrontar as condicións mínimas legais do ERE.

As conversas entre as dúas par-tes centráronse sobre todo na con-tía das indemnizacións e o perfil das persoas afectadas polo expediente, segundo fontes coñecedoras do pro-ceso. A compañía chegou a ofrecer un convenio para os maiores de 55 anos incluídos no ERE, que lles per-mitiría chegar aos 61 anos cotizando e cobrando o 60 % do salario. Para os demais afectados a oferta foi de vinte días por ano traballado, cun tope de doce mensualidades. Trátase do mí-

nimo establecido pola lei, segundo relata Comisións Obreiras. Outras fontes confirmaron que no avance das negociacións se engadiron mil euros para os menores de 55 anos.

A representación sindical cre que non hai liquidez para pagar os des-pedimentos, dado que a empresa quería negociar sobre todo prazos,

e outórgalle “pouca credibilidade” tanto ás causas alegadas para presen-tar o ERE como ás posibilidades de cumprir algún posible acordo. Os re-presentantes dos traballadores acu-san a Viriato de externalizar a produ-ción e negan que o motivo sexan ra-zóns técnicas ou unha falta de capa-citación dos empregados.

Rematan sen acordo as negociacións do eRe que despedirá un terzo en Viriato

ORDES Os sindicatos cren carece de liquidez para pagar os despedimentos

Viriato considera necesario o ERE para garantir a viabilidade da empresa

O Concello promove que 15 persoas realicen prácticas en 19 empresas locais

O Concello de Oroso promove que quince persoas realicen prác-ticas laborais en dezanove empre-sas do municipio. A iniciativa xa se materializou en convenios que o alcalde, Manuel Mirás, asinou con representantes de cada unha das compañías, en presenza do di-rector da sucursal en Sigüeiro de ‘la Caixa’, entidade financeira que apoia a iniciativa.

As persoas que efectuarán as prácticas son alumnos e alumnas do programa Mentor, de maneira que servirán de complemento práctico á especialidade teórica na que se están formando.

O rexedor de Oroso agradeceu a colaboración das empresas e da entidade financeira, e destacou a relevancia da formación práctica para o mercado laboral na actuali-dade: “o mundo do emprego hoxe móvese a velocidade de vertixe, e para acceder a un posto de traba-llo é moi necesario coñecer a pro-fesión, desde a perspectiva teó-rica pero sobre todo a nivel prác-tico”, en palabras de Mirás.

Neste sentido, os convenios contemplan que o alumnado do programa Mentor se forme en centros de traballo reais, cun co-ñecemento directo e do ambiente real de traballo, en xornadas de catro horas diarias axustadas ao horario da empresa.

Os convenios teñen unha vixencia dun ano e son prorroga-bles. Non implican ningúna rela-ción laboral entre o alumnado e o Concello ou as empresas nas que se desenvolvan as prácticas, que non son retribuídas. Ao remate do período de formación na em-presa, a compañía expedirá un certificado acreditativo.

As empresas participantes neste proxecto ofreceron para as prácticas postos de auxiliares ad-ministrativos, aprendiz de des-eño, técnicos de educación infan-til, camareiros, auxiliar de imaxe, carpinteiros, auxiliar de taller de informática, xericultora, técnico en horta, auxiliar de fontanería e auxiliar de confección.

OROSO

A Consellería de Traballo e Be-nestar aprobou unha nova quenda de obradoiros de emprego, que na comarca de Ordes beneficiarán os municipios de Mesía, Frades, Or-des e Trazo. Trátase de dous proxec-tos conxuntos nos que participa máis dun Concello.

No caso de Mesía, colabora cos Concellos de Abegondo, Bergondo e Carral, situados na área de influencia da Coruña. O seu obradoiro contará con vinte participantes e estará cen-trado en formar persoas desempre-gadas na área de atención á depen-dencia, tanto no fogar das persoas asistidas como en institucións.

Frades, Ordes e Trazo desenvolve-rán outro obradoiro de emprego de maneira conxunta, tamén con vinte prazas. Denominado ‘Terras de Tras-támara’, contará coas especialidades de albanelería, pintura decorativa en construción e actividades auxiliares en viveiros e xardíns.

Os obradoiros de emprego terán unha duración de seis meses, en vez dos doce que viñan sendo habituais

ata hai uns anos. Ademais dun em-prego temporal e da formación teó-rica e práctica nas especialidades ás que accedan, as persoas que partici-pen nos obradoiros de emprego aco-meterán obras de interese público e social e tamén ofrecerán servizos para a comunidade.

18 OBRADOIROS EN TODA A PROVINCIANo conxunto da provincia da Co-

ruña, a Xunta aprobou un total de 18 obradoiros de emprego, que terán lu-gar en 42 municipios. O investimento total é de 3,26 millóns de euros e o número de alumnos/traballadores será próximo aos 370. En toda Ga-licia, os obradoiros que se iniciarán nas vindeiras semanas son case me-dio cento, cun orzamento de practi-camente 10,2 millóns de euros.

O goberno autonómico destacou que estes obradroiros teñen un do-ble valor. Por unha parte, promover a colaboración entre os Concellos, que se ven obrigados a compartir obra-doiros de menor tamaño e duración

que noutras lexislaturas, cando an-tes accedían en solitario a este tipo de iniciativas mixtas de formación e emprego. As convocatorias recentes priman as solicitudes presentadas de maneira conxunta.

Por outra parte, o segundo valor dos obradoiros é a “formación de ca-lidade” que, segundo a administra-ción autonómica, reciben os partici-pantes. Unha vez rematados os obra-doiros, reciben un certificado de pro-fesionalidade con validez para todo o territorio español. Estímase que un 40 % das persoas que conclúen un obradoiro de emprego logran poste-riormente a colocación laboral, cifra que nalgunhas especialidades chega ao 70 %.

CONVOCATORIA XUVENILTraballo e Benestar destaca adee-

mais como novidade este ano a con-vocatoria dunha orde para menores de 25 anos, incluída dentro do pro-grama de Garantía Xuvenil e dotada cun orzamento de 4,7 millóns de euros.

traballo outorga novos obradoiros de emprego en mesía, Frades, Ordes e trazo

COMARCA Son proxectos conxuntos e desenvolveranse nos vindeiros meses

Acto de sinatura dos convenios

Page 19: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

ecOnOmíA

crónicas - Abril 2015 19

Dúas empresas da comarca de Or-des, en concreto de Mesía, parti cipan no proxecto de turismo industrial que impulsan a Deputación da Coruña e a Escola de Organización Industrial (EOI). Trátase da Casa Grande de Xan-ceda, que se incluíu na ruta temáti ca ‘Reinventando a alimentación’, e de Cerámicas Verea, que forma parte da ruta ‘Construíndo o coti án’.

No conxunto de toda a provin-cia, son 68 as compañías que par-ti cipan na iniciati va, que pretende consolidar a marca ‘Provincia da Co-ruña. Desti no de Turismo Industrial’. O proxecto leva uns nove meses ac-ti vo e está dando os seus primeiros pasos, coa preparación dunha web e de material promocional.

Días atrás celebrouse unha re-

unión de traballo no Pazo de Mari-ñán, á que asisti ron boa parte das empresas e tamén o presidente da Deputación. Diego Calvo agradeceu a súa colaboración e destacou que no proxecto fi guren empresas de mu-nicipios sen demasiada tradición tu-rísti ca. “Co desenvolvemento desta marca, os concellos con menor po-tencial turísti co teñen ante si unha excelente oportunidade para promo-ver os seus recursos propios culturais e patrimoniais, con todos os benefi -cios que iso supón”, declarou Calvo.

Os benefi cios que a insti tución provincial agarda con este proxecto, ademais da atracción de visitantes, son contribuír a fi xar a identi dade do desti no turísti co, desestacionalizar a acti vidade e darlle un maior pulo á

importancia de conservar o patrimo-nio cultural.

Calvo adverti u de que este proxecto terá que desenvolverse e

asentarse co paso dos anos, polo que animou ás empresas a manter a súa vinculación coa iniciati va “coa que gañamos todos”, segundo considera.

Reunión de traballo do proxecto de turismo industrial, celebrada no Pazo de Mariñán

cerámicas Verea e casa Grande de xanceda súmanse ao turismo industrial

MESÍA As dúas empresas participan no proxecto da Deputación da Coruña e da Escola de Organización Industrial

Papelería, textil, calzado, menaje, artículos de regalo, peluches...

ORDES (A Coruña).Teléfono: 981 688 646

DÍA DE LA MADRE

DÍA DE LA MADRE

REGALOS PARA COMUNIONES

TODO PARA EL COLE

Rúa de Galicia, 36 - ORDES - Telf: 628 058 440

O´CÁRCERECafé-Bar

Almorzos e TapasRacionesEnsaladasSandwichesHamburguesasPerritosBocadillosMenú infantil

Zona infantil!!!

Flores ABELLÁ

CoronasCentros - Ramos - Arreglos

Plantas

Teléfonos:Ordes: 981 680 301Abellá: 981 699 731Móvil: 659 843 518

Page 20: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

20

ecOnOmíA

crónicas - Abril 2015

“As cotas o que fi xeron foi cam-biar de man, ata agora o ti tular da cota láctea era o gandeiro e agora mesmo parece que a que nos con-trola o que imos poder producir é a industria”. Así sinteti zou o novo pa-norama do sector leiteiro o coordi-nador da Organización de Produtores Lácteos (OPL), Marcos Ramallal. Foi durante unha protesta ante da sede da Xunta a comezos de abril, en de-manda de que se establezan meca-nismos de control ante os “abusos” evidentes das industrias para impo-ñer prezos e das áreas de distribución cando conti núan uti lizando o leite como produto reclamo, con prezos ao público que rondan o dumping.

Aínda que os sindicatos agrarios non secundaron a manifestación, as súas declaracións públicas eviden-cian tamén a situación convulsa que vive o sector coa supresión das co-tas desde o inicio de abril. A pé de granxa, observan propostas de con-tratos con prezos que malamente pa-san dos 28 cénti mos de euro por li-tro, e mesmo descenden a 21 cénti -mos para os excedentes da cota.

Dunha cota que xa carece de va-lor legal, pero que na prácti ca as in-dustrias semellan querer manter como ferramenta para manexarse nun mercado teoricamente liberali-zado. E como alternati va, nalgúns ca-sos, estarían deixando caer a adver-tencia de que deterían as recollidas.

Os prezos que se están propo-ñendo e incluso asinando son clara-mente ruinosos para as explotacións, o principal sustento de boa parte das familias da comarca. Ademais de es-

tar á cola dos de toda España, son moi inferiores aos 34 cénti mos nos que se esti man os custos de produ-ción do litro de leite.

Para as principais organizacións agrarias, a Xunta debería intervir xa. Unións Agrarias fala de “coaccións e abusos” propios dunha “campaña do medo” para “obrigar aos gandei-ros a asinar contratos en condicións de ruína coa ameaza de deixalos sen recollida”.

Tal como explica o sindicato li-derado por Roberto García, algun-has empresas compradoras trataron de aproveitarse de que moitos con-tratos de compravenda remataban o 31 de marzo para, apelando a que o decreto lácteo obriga a ter contra-tos, asinar un novo “sen negociación e baixo unhas condicións totalmente abusivas”.

Un caso concreto que denunciou UUAA é o da empresa Lactalis. Se-gundo o sindicato, teríalle presen-tado aos gandeiros o contrato legal a

un ano e á vez a renuncia a ese prazo, xa cuberta e lista para asinar. Todo no momento en que o camión chega a baleirar o tanque na granxa, e coa ad-vertencia de que se non asinan a re-nuncia cancelan a recollida.

Cómpre lembrar que a maior parte das industrias foron sanciona-das recentemente pola Comisión Na-cional dos Mercados e a Competen-cia (CNMC) por distorsionar o fun-cionamento do mercado a través de pactos ocultos contrarios á lei, que a CNMC dá por acreditados con nume-rosas probas documentadas. O vo-lume total da sanción é duns 88 mi-llóns de euros.Diversas voces pediron que o diñeiro reverti se nas explota-cións, pero as empresas presentaron recursos, polo que está en dúbida que fi nalmente acaben pagando.

“INDEFENSIÓN”O que non se dubida no sector

é que ese comportamento trata de manterse. O Sindicato Labrego Ga-

lego, que iniciou unha campaña con-tra a “indefensión que están sufrindo as granxas de leite ante as prácti cas extorsivas da industria”, reclama a convocatoria inmediata da Mesa do Leite. Neste foro están representados sindicatos, industrias e comercializa-doras e debería servir para intentar buscarlle solucións á crise mediante o diálogo.

Tal convocatoria aínda non se pro-duciu, o que fai que o SLG fale de “parálise permanente” por parte da Consellería do Medio Rural. Mentres tanto, a campaña do sindicato tras-ladou denuncias da situación á Pre-sidencia da Xunta, aos grupos parla-mentarios e ao Valedor do Pobo. E ta-mén ante a Axencia da Información e Control Alimentario (AICA), que te-ría competencias para actuar legal-mente “contra este modus operandi mafi oso”, manifesta o SLG, que non descarta mobilizacións en defensa dun sector produti vo primordial para a comarca ordense.

marcharon as cotas, quedaron as industriasLEITE As entidades agrarias piden deter as “prácticas extorsivas” que levan os prezos do leite a valores ruinosos

A Xunta receita “unidade, negociación e innovación”A conselleira do Medio Rural e

do Mar, Rosa Quintana, considera que “a unidade, a negociación e a innovación son as bases nas que en-tre todos debemos sustentar a nova etapa que emprende o sector lei-teiro galego”.

Para a ti tular da Consellería, esas tres premisas son imprescin-dibles para “un sector fortalecido,

efi ciente, competi ti vo e en expan-sión”. Quintana manifestou que todos os axentes da cadea de va-lor do leite, e tamén a Administra-ción, teñen que “traballar de xeito conxunto e coordinado”.

A conselleira insisti u en que Me-dio Rural puxo a disposición dos gandeiros algunhas “ferramen-tas necesarias” para a nova etapa.

Menciona o Observatorio Lácteo de Galicia, a ferramente informáti ca para referenciación de prezos ‘Xa-cobea’, ou as novas normati vas le-gais de montes e de estrutura terri-torial agraria.

Para Quintana é necesario ade-mais que se desenvolvan as asocia-cións de produtores e as organiza-cións interprofesionais.

Rúa Alfonso Senra, 136Ordes (A Coruña)

Tabla embutidosQueso en aceiteBoqueronesAnchoasJamón cocidoCroquetas

TAPAS10 €3 €3 €3 €3 €8 €

ChistorraRaxo y zorzaEmpanadillas (atún)Alitas y zanquitos Calamares

2,5 €3 €2 €3 €3 €

Page 21: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

xente de Aquí

crónicas - Abril 2015 21

A fantasía enche as ‘Tardes de contos e lendas’ na biblioteca

A recente ‘Tarde de contos e lendas’ da biblioteca municipal de Ordes contou coa visita de duen-des e outros seres máxicos, coa ac-tuación de ‘Dadá o duende’ para os máis cati vos.

O relato captou de maneira conti nua a atención das deceas de nenos e nenas que asisti ron,

con sucesivas sorpresas na trama, moito humor e algún sobresalto de emoción.

Esta iniciati va municipal, pro-gramada o derradeiro venres de cada mes, ofrécelle ao público in-fanti l, en compañía de familia-res, unha alternati va lúdica que afi ance a afección pola lectura.

Os cativos escoitan con atención o relato de ‘Dadá o duende’

ORDES

A Festa dos Maiores supera os seiscentos participantes

A Festa dos Maiores do Conce-llo de Oroso superou os seiscentos parti cipantes, todos maiores de 60 anos e os seus acompañantes. A celebración ti vo lugar no com-plexo deporti vo Juanito Amigo, en Sigüeiro. A corporación esti vo re-presentada por boa parte dos con-celleiros, co alcalde, Manuel Mi-rás, á cabeza.

Os actos da festa comezaron cunha misa cantada polo Coro

Santa Catalina no propio polide-porti vo. Posteriormente serviuse o xantar, composto por empanada, polbo e tenreira, con fresas con nata de sobremesa e café. Nunha xornada con boas temperaturas, a do domingo 12 de abril, non falta-ron auga, viño e refrescos para hi-dratarse.

Tras a comida desenvolveuse unha festa-baile, da que se encar-gou o grupo “Dúo Chanel”.

A festa tivo lugar o domingo 12 de abril no polideportivo de Sigüeiro

OROSO

Rúa Mundito nº 8, bajo. 15680 Ordes (A Coruña)

Page 22: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

22

xente de Aquí

crónicas - Abril 2015

A décima Festa da Merenda leva a Aiazo unhas 6.000 persoas

A décima Festa da Merenda de Aiazo (Frades) superou os 6.000 participantes, segundo estima a asociación de veciños ‘Os Pasos’, encargada da organización, coa colaboración do Concello.

Desde o mediodía, dezaoito cociñeiras comezaron a prepa-rar as tortillas de masa. Ao longo da tarde foron reemprazadas por outras doce e xa chegando o serán

volveron as da primeira quenda ata a noite. En total, máis de mil tortillas para as que se emprega-ron 200 quilos de fariña, 50 ducias de ovos e uns 20 quilos de touciño.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, agradeceu o “o traballo desin-teresado” da organización e en es-pecial das cociñeiras. Indicou que o apoio do Concello non sería sufi-ciente para o éxito da celebración.

A décima edición da Festa da Merenda fixo de Aiazo a capital lúdica da xornada

FRADES

A saída de ocio á Coruña reúne uns oitenta participantes

Unhas oitenta persoas, sobre todo menores, participaron na saída de cultural e de ocio á Co-ruña organizada polo Concello de Mesía.

Os autobuses da viaxe fixeron unha primeira parada nas piscinas de Acea da Ama (Culleredo), para

pasar unha xeira nas piscinas de tobogáns, de ondas e infantil.

Posteriormente, tiveron oca-sión de achegarse a un centro co-mercial para comer e ter algo de tempo libre, para finalmente asis-tir a unha proxección cinemato-gráfica infantil e xuvenil.

Participantes na excursión, a punto de entrar nas piscinas cullerdenses

MESÍA

Page 23: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

xente de Aquí

crónicas - Abril 2015 23

A procesión da Virxe das Dores e da Soidade de Ordes foi o acto máis destacado da Semana Santa na co-

marca. Estí mase que parti ciparon ou que a contemplaron unhas dúas mil persoas ao longo do seu percorrido,

de dúas horas polas principais rúas da vila. Ademais da imaxe da santa, foi portada a do Cristo Xacente, e os

bombeiros cargaron o gran crucifi xo de madeira. Marcaron o paso os tam-bores da cofradía e tocou a banda.

ORDES A procesión da Virxe das Dores e da Soidade foi un dos actos máis relevantes na comarca

A fe relixiosa sae á rúa durante a Semana Santa

A imaxe da Virxe, na avenida de Alfonso Senra, pouco despois de saír da igrexa O Cristo Xacente, portado por integrantes da Cofradía da Soidade

Marga LagaresTelf: 981 69 76 60

C/ Paraíso, 67. Bajo 15680 - ORDES

Salud Bucal

• Odontología General y Estética

• Ortodoncia• Prótesis sobre implantes

• Extracciones molares del juicio

• Colocación de implantes• Apicectomías

Clínica Dental

Revisionesgratuitas

981 680 320 - 620 822 531Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES

Presupuestos

sin compromiso

ROSALIA DE CASTRO, 30 B 15680 - ORDES (A CORUÑA)Telf: 981 68 08 23

Pídenos presupostosen compromiso

Page 24: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

24

xente de Aquí

crónicas - Abril 2015

unha xornada incentiva o voluntariado entre os estudantes do ieS nº 1

Diversas entidades e asociacións que efectúan o seu labor no munici-pio de Ordes contactaron con máis de cen estudantes do IES número 1 de Ordes nunha xornada do pro-grama ‘Tic Tac Town’, que pretende impulsar o voluntariado entre os máis novos.

Esta segunda edición da inicia-tiva, posta en marcha polo Concello e da Deputación, despregou no pavi-llón Castelao I postos da Cruz Verme-lla de Ordes, da Asociación de Amas de Casa e Usuarios de Ordes, da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo, de Andaina Pro Saúde Mental e da Asociación Cultivarte.

Xogos, espectáculos, elementos audiovisuais e actividades coa soli-dariedade como concepto principal complementaron a xornada, á que acudiron tamén veciños doutras ida-des. Tamén a tenente de alcalde, Sil-via Marín, que destacou os benefi-cios que ofrece participar no volun-tariado, como sumar novos coñece-mentos e habilidades, coñecer novas persoas, contribuír á mellora da so-ciedade e mesmo enriquecer o crite-rio co que tomar decisións de futuro.

ORDES

Os estudantes atenderon con atención as explicacións das entidades na xornada

Silvia Marín participando nunha das actividades de ‘Tic Tac Town’

Organizan unha xornada de sendeirismo polo municipio para o sábado 9 de maio

MESÍA

O Concello de Mesía recolle ata o 6 de maio as inscricións para participar nunha saída de sendei-rismo polo municipio. A activi-dade, con carácter gratuíto, terá lugar o sábado 9 de maio.

A intención da organización é saír ás dez e media da mañá desde o albergue de peregrinos da parroquia de Bruma, ao pé do Camiño Inglés. O percorrido será “sinxelo” e cubrirá unha distan-cia aproximada de 12 quilómetros polo itinerario xacobeo. A volta ao punto de partida está prevista para a unha e media da tarde.

O Concello planifica continuar desenvolvendo este tipo de saí-das en todas as parroquias, que-dando nun punto de cada unha delas para percorrelas e coñece-las. Queren combinar unha prác-tica saudable co coñecemento da contorna máis próxima.

Non obstante, a saída está con-dicionada a que se inscriba un nú-mero mínimo de quince persoas. Do contrario, anularase.

ABRIMOS EN ORDES

Rúa Canteira, 14, baixoORDES (A Coruña)Telf: 981 973330

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña)[email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94

AmortiguadoresMecánica en xeral e neumáticosRevisións I.T.V.Cambios de aceiteEmbragues

DistribuciónsFrenosPresupostos sen compromisoDiagnoses multimarcaAliñado de direcciónAire acondicionado

Taller multimarcaMecánicaeNeumática

•Productos para celíacos

•Logopedia•Psicología•Podología•Depilación

láser•Fisioterapia•Dietética•Nutrición

C/ Lagartos, 26ORDES -A CORUÑATelf: 981 682 979

GaiaSaúde

Se alquila local en la parte de atrás

Page 25: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2015 25

Page 26: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

26

xente de Aquí

crónicas - Abril 2015

Cociña noutras tres parroquias

Os cursos iti nerantes de cociña do Concello de Ordes chegaron nas últi mas semanas a Mercurín, Buscás e Parada (imaxes de arriba abaixo).

ORDES

Entréganse os premios que distinguen o labor cultural

A segunda Gala da Cultura de Oroso disti nguiu o labor de per-soas, enti dades, asociacións e em-presas que destacasen no ámbito cultural do municipio.

Como recoñecemento especial á traxectoria, foi premiado o his-toriador e acti vista cultural Ma-nuel Pazos, signifi cado sobre todo polos numerosos traballos de re-cuperación de memoria histórica que acomete na comarca, desde cando aínda non se falaba de me-moria histórica. Pazos asegurou que o premio “amosa o úti l que é facer traballos a prol da sociedade e un apoio ao meu labor para co-ñecer o pasado para entender o presente”.

O recoñecemento especial á asociación ou enti dade recaeu na banda de música Lira de Senra, creada en 1900 e desaparecida en 1970. Recolleu o galardón Fran-

cisco Fernández Pati ño, un dos poucos integrantes que queda.

O recoñecemento á promesa foi para Perico González Balado e Alexandro Fernández Pita, crea-dores da recente webserie ‘Gafas e pallaso’. E como empresa que máis colabora coa cultura foi dis-ti nguido o restaurante Os Mari-ñaos, pola súa colaboración todos os anos co entroido e coas xorna-das micolóxicas do Concello.

O alcalde, Manuel Mirás, ase-gurou no evento que “un pobo sen cultura é un pobo sen alma, a cultura fainos mellores persoas, é algo que se leva dentro e que nin-guén nos pode quitar”. O conce-lleiro de Cultura, Antonio Leira, en-gadiu que “todos os veciños e ve-ciñas son gañadores, xuntos crea-mos unha sociedade máis xusta e un concello que é todo un refe-rente cultural na contorna”, dixo.

OROSO

Os premiados e os fi nalistas nas distintas categorías da Gala da Cultura

C/ Alfonso Senra, 18 - 15680 ORDES Telf: 981 68 06 12 - 667 645 026

JUGUETERÍASJUGUETERÍAS

Alquilamos hinchables

para todo tipo de fi estasAlquilamos hinchables

para todo tipo de fi estas

Avda. Rodrigo de Mendoza, 26 36600 VILAGARCÍATelf: 986 500 932

Avda. Benito Vigo, 3636680 A ESTRADATelf: 986 575 224

C/ Malecón San Lázaro, 1115200 NOIA Telf. 981 820 818

Page 27: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2015 27

Page 28: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

28

dePORteS

crónicas - Abril 2015

Carmen Míguez, quinta no campionato galego sub-12

Carmen Míguez, xogadora pro-mesa do Club de Xadrez Oroso, conseguiu a quinta posición no Campionato Galego sub-12 de xa-drez, disputado en Padrón días atrás.

Míguez empatou a puntos coa cuarta clasifi cada. O que lle dá aínda moito máis valor ao seu re-sultado é que partí a do posto cua-draxésimo cuarto dun total de 68 parti cipantes.

Nas mesmas datas tamén se disputou o Campionato de Maio-res, con parti cipación do mestre da Escola de Xadrez de Oroso, Ro-berto Pati ño. Partí a cuarto no ran-king inicial de 87 parti cipantes.

E ao peche desta edición co-mezaba o II Torneo de Xadrez Ac-ti vo Oroso 2015, no pavillón de deportes de Oroso. A proba, orga-nizada polo Club Xadrez Oroso e a Escola de Xadrez de Lalín, ten vali-dez para o oitavo Circuíto Galicia Central e sitúa a Oroso no mapa do xadrez galego, un signifi cati vo logro do club.

Carmen Míguez partía do posto 44 do ranking e logrou a quinta praza fi nal

XADREZ

O Mesía confi rma o seu ascenso á Segunda División Autonómica

Había tempo que o ascenso do Club Deporti vo Mesía era evi-dente, pero nestas cousas nunca convén dar nada por seguro ata que se reúnen os puntos sufi cien-tes, a famosa clasifi cación mate-máti ca.

E así é que cun 4-3 contra o So-

brado o Mesía confi rmou que na vindeira tempada xogará na Se-gunda División Autonómica, logo dunha liga na que só leva perdido un parti do. Un dos aspectos posi-ti vos do ascenso é que volverán os derbis co outro equipo do munici-pio, o Club de Fútbol Visantoña.

FÚTBOL

Integrantes do club de Mesía percorrendo a parroquia durante as celebracións

Sabías que xa podes mercar as túas entradas

desde Internet?

www.aquapark.cerceda.org

Abrimos del 12 de juniohasta el 6 de septiembre

Page 29: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

crónicas - Abril 2015 29

- Que valoración fai desta lexisla-tura que agora remata?

- Foron catro anos de duro traba-llo nos que presentamos máis de cin-cocentas iniciativas para conseguir me-lloras para os veciños e veciñas de Or-des. E conseguimos gran parte delas, dende pequenas obras na Vila de Ordes e nas parroquias, ata proxectos como o Centro de Emprendemento, a liña de subvencións para as empresas do téx-til, as campañas de apoio ao comercio local ou o incremento dun 20% da par-tida municipal para Servizos Sociais.

- Iso valeulle máis dunha críticas dos outros partidos políticos.

- Certo. Eses partidos levan catro anos antepoñendo os seus intereses electorais ás necesidades dos veciños. A min os veciños non me escolleron para quentar o asento de concelleiro, senón para achegar solucións aos seus problemas. E iso foi o que fi xen estes catro anos e o que seguirei facendo se a veciñanza así o desexa.

- Iso quere dicir que volverá apoiar a Regos como alcalde?

- O único compromiso dos Socia-listas de Ordes é cos veciños e veciñas de Ordes. Estamos do lado dos veci-

ños e seguiremos traballando polo seu benestar, independentemente de quen sexa o alcalde. Fronte á falta de inicia-tivas e a ristra de promesas que imos escoitar nas próximas semanas, eu só podo ofrecer a miña honradez e o meu traballo, como ben saben todos os veci-ños. Os socialistas imos traballar e pre-sentar ideas e iniciativas. De feito, moi-tas das cousas que se fi xeron en Ordes nos últimos anos foi grazas ao noso tra-ballo, como o remate do Concello ou o próximo arranxo da estrada de Mer-curín.

- Pero iso foi grazas á Deputación do Partido Popular.

- Iso é o que di agora o PP de Ordes para tentar de enganar á xente e ir rapi-ñar o voto. Os veciños de Ordes saben perfectamente que o señor Martínez Sanjurjo leva catro anos de avogado defensor do señor Rajoy e do señor Feijoo, aplaudindo os brutais recortes que se fi xeron en educación (con 21 profesores menos e unitarias pechadas no noso municipio), sanidade (con ser-vizos colapsados no centro de saúde, como o de fi sioterapia, e negándonos o servizos de Radioloxía) e obras (onde a Xunta leva catro anos sen incluir a Or-des nos seus Orzamentos e onde Fo-mento ten a N-550 feita unha auténtica corredoira). Eses cartos da Deputación dos que agora presume o PP son froito dunha negociación do Partido Socia-lista, que conseguíu que o noso Conce-llo puidera acceder ás subvencións no-minativas das que o PP o deixara fóra.

- Cales serán as súas propostas nestas eleccións?

- Convido a todos os veciños a que asistan á presentación da candidatura socialista o sábado 25 de abril,ás nove da noite, no restaurante O Túnel. Podo adiantar que emprego, servizos sociais e participación veciñal seguirán sendo os eixos que vertebrarán o noso pro-grama. Dicía Rajoy que cando che-gara á Moncloa, acabaríase co paro. Eu as mentiras déixollas aos outros candidatos xa que prefi ro propos-tas reais e realizables. Un exem-plo. Nós fomos quen instamos ao Concello a pedir a entrada de Ordes no Transporte Me-tropolitano de Santiago e da Coruña. Mentres a Xunta do PP leva máis dun ano atra-sando a posta en marcha deste servizo, os Socialistas de Or-des imos propoñer que esa liña de autobuses estea conec-tado coa estación do tren de Fo-sado. Así, os veciños tamén pode-rán usar un medio de transporte que agora está infrauti-lizado como é o tren.

ENTREVISTA Suso Pedreira, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ordes

“Os socialistas somos o único partido que busca solucións aos problemas dos veciños de Ordes”Emprego, servizos sociais e participación veciñal. Estes son os tres eixos que ver-tebran o programa dos Socialistas de Or-des para as eleccións municipais. “Duran-te estes catro anos fomos o único partido

que buscou solucións aos problemas dos veciños de Ordes. Estamos do lado dos veciños e seguiremos traballando polo seu benestar con propostas reais e reali-zables”, explica Suso Pedreira.

“O PP leva atrasando un ano a posta en marcha do

Transporte Metropolitano. Nós queremos que chegue

ata a estación de tren de Fosado para que os

veciños poidan utilizar este medio de transporte que

agora está infrautilizado”

Suso Pedreiraconvídate á presentación dos veciños e veciñas de Ordes que conforman a candidatura socialista ás eleccións municipais

Sábado 25 de abril, ás nove da noiteRestaurante O Túnel

“O único compromiso dos Socialistas de Ordes é cos veciños e veciñas de Ordes. Estaremos do seu lado e traballaremos polo seu benestar independentemente de quen sexa alcalde”

Page 30: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

30

dePORteS

crónicas - Abril 2015

Últimos días para solicitar as subvencións de Cerceda para deportistas e entidades

O Concello de Cerceda ten aberto ata o vindeiro 27 de abril o prazo para presentar solicitudes na súa convocatoria de axudas para deportistas e para que enti-dades culturais e deportivas rea-licen actividades durante o ano 2015. A convocatoria conta cun orzamento de 7.600 euros para actividades culturais e de 56.000 euros para iniciativas deportivas.

En todos os casos, as peti-cións, que teñen que presentarse nun impreso formalizado no rexis-tro municipal ou a través da sede electrónica do Concello, deben in-corporar unha memoria explica-tiva ou un proxecto, segundo os casos, da actividade ou do inves-timento que se pretenda levar a cabo.

As bases da convocatoria, pu-blicada no Boletín Oficial da Pro-vincia do pasado 25 de marzo, es-tablecen dous meses de prazo, contados desde o remate do pe-ríodo de solicitudes, para a resolu-ción das axudas.

AXUDAS

As xogadoras do Oroso Tenis de Mesa Celme conseguiron a participa-ción na fase de ascenso á Superdivi-sión Nacional, logo dunha exitosa se-gunda volta da liga, que remataron sen perder nin un só encontro. Era o primeiro ano de División de Honra do Oroso TM Celme.

Os resultados desta volta, que concluíu co triunfo por 1-5 contra o Cidade de Narón, permitíronlles su-bir ata a terceira praza da clasifica-ción e situarse na competición polo ascenso, xa que as segundas clasifica-das non puideron participar.

Eso si, a fase de ascenso vai ser moi esixente porque a dinámica da competición e obrígaas a gañar tres partidos seguidos, sen opción de per-der ningún, para dar o salto de cate-goría. Se o logran, será un enorme éxito. Pero tamén no caso contrario, tendo en conta que a prioridade para esta tempada era garantir a perma-nencia. Así que van “con nada que perder e moito que gañar”, tal como aseguran desde a dirección técnica do club.

Máis complicada é a situación do Oroso TM Deporte Galego da Super-División. Os equilibrios da clasifica-ción remataron de torcerse coa de-rrota en Sevilla fronte a un rival di-recto pola permanencia. O equipo acusou tanto as limitacións de presu-posto como a falta de tempo, men-tres outros clubs se reforzaron con

fichaxes moi solventes no mercado de inverno. Con todo, a pesar de si-tuarse na zona máis difícil da táboa clasificatoria, ao Oroso TM Deporte Galego quédalle unha opción: gañar-lle ao DKV Borges, partido que non se disputara ao remate desta edición, e confiar en que os rivais directos non puntúen.

As xogadoras do Oroso tm celme acceden imbatidas á fase de ascenso

TENIS DE MESA Complícase a permanencia do equipo masculino de SuperDivisión

Integrantes do equipo feminino Oroso Tenis de Mesa Celme, cun equipo rival

Inscríbete en:www.emesports.es

Page 31: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

OPiniÓn

crónicas - Abril 2015 31

Os paxariños da Alameda

A pega observa que o de-lincuente conti núa ceibe. Tras o roubo, máis ben ocultamento, da domés-

ti ca plumífera, na bandada son cada vez máis as aves que se pre-guntan ata cando a policía vai mi-rar cara outro lado. Porque unha cousa é delinquir para comer e outra xa son estes vicios, encami-ñados sobre todo ao desprezo das víti mas, á exhibición da impuni-dade e ao alarde de inmoralidade. Pero todo chega. Todo.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Mentres tanto, a pomba non sae do seu asombro. Asisti u a tamaño espectá-culo no renovado niño da

aguia que non sabería por onde comezar o relato. Non lle sorpren-deu o servilismo do lacaio porque xa todas as aves se coñecen, pero eso non a quita de sufrir ataques de vergoña allea. A estampa era a dun matrix domesti cado e en-tregado ata o paroxismo a unha causa que non é a súa. Seguro que quedou a fregar os pratos!

De non ser polo numeriño histriónico do mamífero voador, o que concentraría a atención da pomba sería

o comportamento do gaivoto. En-cargouse de conducir en todo mo-mento o alférez, que de calvo só ten o apelido, para que quedasen claras as aliñacións. Pero tanto se meteu no papel que andaba máis teso que unha escaiola, impasible o ademán e sen necesidade de bri-llanti nas. Non cabía agardar me-nos da especie, pero precisa rodaxe para voar máis alto. A ver se dá...

Algo semellante sucédelle á purpurada roseira, que pri-meiro convocou un casti ng e despois arrepenti use,

como ben relata a garza. O moti vo é que aparecían máis intrusos que arti stas. Así que fi nalmente optou polos métodos tradicionais, os seus de sempre, e reforza un pouco a de-fensa. O que ten non dá para máis, pero de momento funciona. E leal-

Nos preparati vos de arti -llería para a campaña, o paspallás viu un burro fa-riñeiro elaborando unha

completa árbore xenealóxica man-comunal. A idea era usala no mo-mento en que o bando rival se ex-cedese cos seus ataques. O pro-blema tí voo cando se atopou con que el mesmo está pousado nunha das pólas. Así, todos colocados e a calar. Se nolo contan hai uns anos...

dades ten moitas. Neso é un paxaro afortunado. Non como outro da súa mesma especie, incluso fami-lia políti ca, que cada pouco padece baixas por decepción. O bo é que as sabe disimular con excusas baratas e pasan como renovación do niño.

Polo demais, non con-vén perder tempo nos fal-sos sorrisos, nas trampo-sas interpretacións dramá-

ti cas, nas obscenas e caras preseas e nos teatros vulgares. Nin sequera nas reaparicións protocolarias. Non. O que lles interesa aos estor-niños é averiguar como xusto des-pois dúas aves tan aparentemente distantes foron de cea. Algúns es-tán tan despistados que non te-ñen aínda nin paxara idea. E outros

Así que un gaivoto se le-vou a sorpresa da súa vida cando estaba preparando as súas listas e colleitou un

sonoro non. Contaba cunha incor-poración estelar e levou un chasco descomunal. Falloulle o cálculo? Non. Simplemente que o persoal non está para aventuras...

E pensabades que a laverca non ía piar nada da desgra-cia do voitre? Pois pensa que o tal can morreu, pero

a súa rabia non. Ata o 24-M, Don Gerardo aínda ten tempo para re-mexer os AZnets. Ese é o medo!

desde esa noite non gañan para cal-mantes. Non conseguiron nin saber o menú e moito menos o obxecti vo do ágape. Pero saben, pola simple escea, que teñen de que preocu-parse e deben coidar as plumas.

Área de Servicio de AMEIXEIRA - ORDES Tel: 981 680 836 - [email protected]

Abierto los 365 días del año

Especialidades de la Casa y Cocina Regional

Ordes Abellá

2 kms

2 kmsVilamaiorOlas-MesíaVisantoña

AC-524 ORDES-LANZÁ AC-524

1 kms

AmeixeiraVilamaior

ENTRADAAP-9

A 5 minutos de Ordes.Acceso exterior por Vilamaior

Tienda con amplia variedad de regalos

MENÚ: 11 EUROS

Abierto los 365 días

MENÚ: 11 EUROS

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 32: Cronicas comarcadeordes n16 abril2015

A primavera é o momento ideal de plantexar a renovación do tellado: a climatoloxía suavízase e aumen-tan as horas de día. Un cambio de te-llado nesta época prepara os nosos fogares tanto para protexernos da ca-lor do verán como do frio e as choi-vas do inverno.

A rehabilitación da cuberta con tella cerámica supón un notable afo-rro enerxético e mellora o confort da vivenda cun investimento pouco costoso, de longa duración e escaso mantemento. A tella Verea, correc-tamente instalada, seguindo as reco-mendacións do seu sistema de insta-lación, permite manter a casa fresca en verán e quente en inverno.

Verea asegura unha axeitada rehabilitación do tellado mediante o seu sistema de colocación, “Ve-rea System”, garantindo a imper-meabilidade da cuberta, a súa auto-ventilación, o aillamento térmico e acústico, e mellorando os tempos de instalación.

Verea ofrece, ademais, todos os formatos de tellas cerámicas: cur-vas, tellas S e planas nunha ampla gama de cores, para que o tellado quede perfectamente integrado no conxunto da vivenda..

Verea, a tella galega para renovar o seu tellado

Verea ofrece, ademais, todos os formatos de tellas cerámicas: curvas, tellas S e planas, nunha ampla gama de cores

A tella plana Verea, que foi lanzada en 2014, está a ter unha grande acollida entre os clientes tanto do mercado na-cional como de exportación. Os seus principais puntos fortes son o seu acabado totalmente liso, a facilidade de instalación e a súa adaptabilidade a calquera tipo de cuberta, sen olvidar a cali-dade que caracteriza a todas as tellas Verea, número un en resis-tencia ás xeadas.

As tellas Verea comercia-lízanse a través de almacéns de construción. Toda a infor-mación necesaria, tanto para particulares como instalado-res, está dispoñible en www.ceramicaverea.com ou direta-mente no teléfono 981 687 053.

A tella plana Verea

As tellas Verea son o Nº 1 en resistencia ás xeadas

Cando pense en cambiar o seu tellado, pense en tellas Verea e olvídese durante 35 anos.

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 17-04-2015. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.