22

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de ...centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/p_ori.pdf · Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 2 / 22

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 3 / 22

ÍNDICE 1. INTRODUCCIÓN ..........................................................................................4 2. O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.....................................................6 3. OBXECTIVOS................................................................................... ........... 7

3.1 Respecto ao centro ............................................................................7 3.2 Respecto aos alumnos/as ..................................................................7 3.3 Respecto aos profesores....................................................................7 3.4 Respecto aos pais ..............................................................................8

4. ACCIÓN PRIORITARIAS..............................................................................9 5. ESTRATEXIAS, TÉCNICAS E MÉTODOS DE INTERVENCIÓN...............10 6. TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES.................................................11 7. HORARIO XEFE DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN ................................13 8. RECURSOS. ..............................................................................................14

9. AVALIACIÓN ..............................................................................................14 ANEXO Plan de Apoio ao proceso de ensino e aprendizaxe ………………........16

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 4 / 22

1. INTRODUCCIÓN

A partir da publicación da Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema

Educativo (LOGSE, 1990), a orientación concíbese como unha actividade esencialmente educativa; fronte ao carácter de axuda externa e paralela a ensinanza. Hoxe enténdese como unha dimensión máis da acción educativa na institución escolar, a cal tería dúas dimensións complementarias: a instrutiva e a orientadora.

A orientación contribúe á calidade educativa da ensinanza cando é concibida desde os seguintes supostos xenerais:

É entendida como orientación para a vida. Cando supón un asesoramento continuado para a elección entre diversas

opcións ou posibilidades. A orientación é a propia educación, xa que debe ter en conta as

necesidades reais dos individuos e os grupos. Ten que estar enmarcada desde a dobre perspectiva dos procesos de

ensinanza e do proceso individual de desenrolo psicoevolutivo do alumno. Só encontra xustificación na medida que supón unha actitude auténtica de

axuda ao individuo.

As características básicas da orientación son as que se detallan a continuación:

Carácter comprensivo (na medida en que se oferta a todos os alumnos/as e

non só a aqueles que presentan NEE ou D.A.) Carácter contextualizador (adaptada a un centro concreto). Carácter integrador (integrada nos diferentes documentos de centro e

asumida pola comunidade educativa). Carácter especializado (está a cargo dun especialista que desenvolve

programas de intervención). Carácter personalizado.

Por outra banda, os elementos e a organización do sistema de orientación vixente son:

1º Nivel: A titoría. 2º Nivel: Os departamentos de orientación (DO). 3º Nivel: Os equipos de orientación específicos (EOE).

Esta acción orientadora está recollida na normativa actual nas seguintes disposicións legais:

O Decreto 120/1998, de 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na CCAA de Galicia.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 5 / 22

Orde 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e o funcionamento da orientación educativa e profesional.

LOGSE (artigos 2, 55, 60) LOE (título II,capítulos 1 e 2)

A modo de conclusión, podemos definir o proceso de orientación como: “ Un proceso de axuda continua e sistemática dirixido a todas as persoas, en todos os aspectos, pondo un énfase especial na prevención e no desenvolvemento (persoal, social), que se realiza ao longo de toda a vida, coa implicación de distintos axentes educativos e sociais”.

(Álvarez e Bisquerra, 1996)

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 6 / 22

2. O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS DE BOBORÁS - COMPOSICIÓN:

Xefa do departamento: Rosa González Diz

Mestra de audición e linguaxe: María José Figueiral Fernández

Coordinadora de educación infantil: Ana Mª Cibeira Fernández

Coordinadora de 1º ciclo de primaria: Mª del Carmen Hernández Moure

Coordinadora de 2º ciclo de primaria: Pilar González Iglesias

Coordinador do 3º ciclo de primaria: Norberto Blanco Dorrío

Directora: María Sánchez Seco (en calidade de invitada)

Representante de centro incompleto (CEIP de Beariz): Pilar Rivas Rivas

Representante de centro incompleto (CEIP de Irixo): Carlos Bericat

Fernández

Representante de centro incompleto (CEIP de San Amaro): Angelines

Rodríguez Bravo

- CENTROS ADSCRITOS:

CEIP de Beariz. CEIP Virxe da Pena da Sela de Irixo. CEIP Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro

- CENTRO DE SECUNDARIA O QUE SE ADSCRIBE:

IES Chamoso Lamas de Carballiño.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 7 / 22

3. OBXECTIVOS Respecto ao centro:

- Elaborar, en coordinación co resto de profesorado, o Plan de

Orientación Académica para o curso 2010-2011.

- Propor medidas de organización educativa.

- Dotar ao departamento de orientación dos materiais e recursos necesarios.

- Colaborar na elaboración e revisión dos diferentes documentos de

centro: PE, PCC, Plan de Acollida ao alumnado inmigrante, Plan de Atención á Diversidade e Plan de Acción Titorial.

- Potenciar a coordinación-comunicación entre o centro e as familias.

- Deseñar actuacións encamiñadas á intervención temperá. Respecto ós alumnos/as:

- Contribuír á personalización e individualización da educación.

- Detectar, avaliar e facer un seguimento das necesidades educativas especiais que presenten os alumnos.

- Contribuír á mellor integración do alumnado no centro e no grupo de referencia.

- Axustar a resposta educativa ás necesidades de cada un dos alumnos/as, mediante as oportunas medidas de Reforzo Educativo ou de Adaptación Curricular.

- Propor medidas de resolución de conflitos e actuar como mediadora dos mesmos.

- Proporcionarlle ao alumnado o apoio necesario para afrontar con éxito o seu proceso de ensino-aprendizaxe.

Respecto aos profesores:

- Coordinar as actuacións dos titores e profesorado de apoio.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 8 / 22

- Proporcionarlle recursos didácticos, estratexias metodolóxicas, pautas de intervención, cuestionarios...

- Atender ao profesorado nas súas demandas e tarefas de acción titorial.

- Elaborar conxuntamente os horarios de apoio e o tipo de apoio preciso.

Respecto aos pais:

- Intercambiar información.

- Proporlle pautas claras de actuación para pór en práctica na casa.

- Ofrecerlle información sobre as necesidades que presenta o seu fillo/a.

- Elaborar dípticos informativos trimestrais sobre os temas de interese para informar e formar ás familias sobre os mesmos.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 9 / 22

4. ACCIÓNS PRIORITARIAS

- Constitución do departamento de orientación.

- Coñecemento e seguimento das NEE do alumnado.

- Detección de novas NEE.

- Deseño de medidas de atención á diversidade.

- Elaboración do Plan de Orientación .

- Revisión e modificación do PAT.

- Prevención de posibles dificultades e diminución de factores de risco.

- Deseño e colaboración no desenvolvemento de programas específicos de aprendizaxe.

- Información ás familias sobre temas educativos (novidades, dificultades, prevención de certas condutas, pautas metodolóxicas...)

- Posta en contacto co EOE e co CEFORE para casos moi concretos.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 10 / 22

5. ESTRATEXIAS, TÉCNICAS E METÓDOS DE INTERVENCIÓN.

- Entrevistas cos pais.

- Reunións continuas cos titores do alumnado.

- Reunións coa orientadora do IES ao que estamos adscritos.

- Participación nas sesións de avaliación.

- Entrevistas co alumnado.

- Observación directa e indirecta.

- Aplicación de probas estandarizadas e non estandarizadas: TALE, EVALÚA,

BADYG, WISC-R, ELA, BADICMALE, CUESTIONARIOS, ESCALAS, ETC.

- Análise de documentos do centro: actas de avaliación, expedientes,

informes psicopedagóxicos.

- Análise dos traballos do alumnado: cadernos, debuxos, murais...

- Elaboración de materiais propios.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 11 / 22

6. TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES

Actividades 1º trimestre Responsables Constitución do DO CCP Reunións cos directores dos centros adscritos

Orientadora

Reunións coa Orientadora do IES Orientadora Dotación do DO Administración Avaliacións psicopedagóxicas e redacción dos informes oportunos

Orientadora

Distribución dos horarios de apoio AL/ titores/orientadora Revisión de expedientes Orientadora Revisión do PAT Orientadora/director Adquisición de material e equipamento Orientadora e AL Contactar coas familias do alumnado con NEE co obxecto de informalas, recoller datos, ofrecer pautas de acción...

Titores/ orientadora

Redacción do plan de orientación Orientadora Programa de prevención de dificultades na linguaxe oral en EI

A.L / orientadora

Avaliación inicial do alumnado Titores/orientadora Programa de traballo a desenvolver co alumnado con NEE

Titores/ Al/ Orientadora

Elaboración de dípticos informativos DO Colaborar co profesorado no afianzamento de hábitos de estudo e traballo

Orientadora/titores

Reunións do DO DO

Actividades 2º trimestre Responsables Análise dos resultados da primeira avaliación

Orientadora/ titores

Apoio ao alumnado con NEE AL/ orientadora/ titores Seguimento das medidas de atención a diversidade propostas

Orientadora

Reunión coas familias Titores/ orientadora Reunións do DO DO Inventariado de material Orientadora Facilitar pautas de intervención para aquel alumnado que xa fora avaliado e que precise un seguimento individual ou de grupo.

DO

Revisión do plan de acollida para alumnado inmigrante

DO

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 12 / 22

Actividades 3º trimestre Responsables Estudo dos resultados da segunda avaliación

Orientadora/ titores

Avaliación dos plans propostos. AL/ orientadora/ titores Avaliación do POA e do PAT Orientadora/ titores Elaboración da memoria do departamento de orientación

Orientadora

Orientacións para o vindeiro curso AL/ orientadora/ titores Asesoramento e intervención co alumnado que remata o 3º ciclo.

Orientadora

Avaliación do 3º trimestre Claustro Avaliación da linguaxe oral dos nenos de EI

Orientadora /A.L.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011

13 / 22

7. Horario da Xefa do Departamento de Orientación

HORARIO Horas LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

1

Avaliación Psicopedagóxica alumnado

Elaboración de Informes CEIP San Amaro

Avaliación Psicopedagóxica alumnado

CEIP Boborás

Avaliación Psicopedagóxica alumnado

Elaboración de Informes CEIP de Beariz

Avaliación Psicopedagóxica alumnado

Elaboración de Informes CEIP Boborás

Avaliación Psicopedagóxica alumnado Elaboración de Informes

CEIP de Irixo

2

Programación actividades, plans e programas

CEIP San Amaro

Baremación Probas e Elaboración Informes

alumnado CEIP Boborás

Programación actividades, plans e programas

CEIP de Beariz

Baremación Probas e Elaboración Informes

alumnado CEIP Boborás

Programación actividades, plans e programas

CEIP de Irixo

3

Entrevistas: Profesorado, titores, PT, AL e pais

Preparación mat. Didáct. CEIP San Amaro

Coordinación co mestre de PT e AL

CEIP Boborás

Entrevistas: Profesorado, titores, PT, AL e Pais.

CEIP de Beariz

Programación actividades, plans e programas

CEIP Boborás

Entrevistas: Profesorado, titores, PT, AL e pais

CEIP de Irixo

4

Itinerancia*

Programación actividades, Plans e programas

CEIP Boborás

Itinerancia*

Preparación materiais didácticos e confección de

probas CEIP Boborás

.

5 Itinerancia*

Entrevistas: Profesorado, titores, AL e Pais.

CEIP Boborás

Itinerancia*

Dinamización Biblioteca escolar

CEIP Boborás

6 De 12:55

a 13:55

Coordinacións de Ciclo e Departamento Orientación

CEIP Boborás

Titoría Entrevistas

CEIP Boborás

* Segundo o acordo asinado pola Conselleira de Educación e os Sindicatos ó 18 de febreiro de 2008 NOTA.-Ademais destas actividades quedan por reseñar outras correspondentes a funcións da xefatura do departamento recollidas no Decreto 120 de orientación e a

orde que o desenvolve, como son: - Elaboración do Plan de Orientación - Avaliación das medidas de atención á diversidade

- Coordinar as accións encamiñadas á atención temperá e prevención de problemas de aprendizaxe - Dirixir actividades propias do D.O. - Seguimento e avaliación dos programas de intervención do alumnado - Avaliación do DO e Memoria

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011

14 / 22

8. RECURSOS

Material psicopedagóxico variado. EOE. CFR. Biblioteca de Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Orde do 6 de outubro de 1995. Decreto 120/98 Etc.

9. AVALIACIÓN Á hora de avaliar o POA debemos ter en conta os seguintes indicadores:

- Os obxectivos propostos foron cumpridos na súa meirande parte?

- As actividades estaban encamiñadas cara a consecución dos obxectivos

marcados?

- Os recursos existentes foron axeitados?

- A colaboración-coordinación entre toda a comunidade educativa foi boa?

- Participación e colaboración das familias.

- Progreso do alumnado

- ...

O Departamento de Orientación tamén levará a cabo un seguimento de todas as actividades programadas, utilizando diversa información que será facilitada polos titores, as familias e os destinatarios das actuacións. Cos datos recollidos elaborarase a memoria de final de curso. Dita memoria incluirá unha reflexión sobre os logros acadados e as dificultades atopadas, así como as posibles medidas ou vías de solución.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011

15 / 22

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011

16 / 22

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 17 / 22

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 18 / 22

1.- INTRODUCCIÓN

O modelo educativo anterior á Reforma respondía a un sistema selectivo que partía da

clasificación do alumnado en “normais” e “con problemas”. A estes últimos proporcionábanselle

medidas de recuperación e de apoio fóra do contexto da aula xeralmente aplicadas por outros

profesionais diferentes ós profesores de área. No modelo propugnado pola LOE o currículum

defínese como aberto e flexible, coa posibilidade de concretalo na aula segundo as

necesidades do grupo de alumnos. Esto significa que os obxectivos son os mesmos para

todos, pero é o suficientemente aberto como para que cada centro os adapte ás características

específicas do seu alumnado, respectando a pluralidade cultural e dando respostas educativas

que teñan en conta a diversidade de capacidades, intereses e motivacións.

Pártese de considerar os problemas de desenvolvemento e aprendizaxe dende un

modelo funcional, baseado nunha concepción interactiva do desenvolvemento, de xeito que as

capacidades dos alumnos vanse desenvolvendo en función, entre outras cousas, da

intervención educativa, e non nun modelo determinista que considere ditas capacidades como

estáticas, innatas e non modificables pola educación.

A atención á diversidade é un principio fundamental do modelo educativo que propón a

LOE. O feito da diversidade humana é unha realidade evidente que debería ser asumida por

tódolos integrantes da comunidade escolar coma unha posibilidade enriquecedora da tarefa

educativa. En consecuencia, a necesidade de ofrecer unha resposta educativa adaptada a

cada alumno/a escolarizado no centro, xustifica a necesidade das medidas de apoio recollidas

neste plan.

O departamento de orientación ten como obxectivo estimular e coordina-lo

desenvolvemento de medidas de atención á diversidade, ordinarias e extraordinarias,

preventivas e de tratamento.

2.- OBXECTIVOS

Contribuír á prevención das dificultades de aprendizaxe e á identificación das

necesidades educativas do alumnado que, por diversas causas, poida presentar

problemas no seu desenvolvemento persoal ou desaxustes respecto ó currículo

escolar.

Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares do alumnado, deseñando as

medidas educativas de atención á diversidade que se consideren necesarias en cada

momento.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 19 / 22

Adoptar medidas curriculares, de reforzo ou adaptación, e organizativas, sobre formas

de agrupamento do alumnado e organización de espazos e tempos, que faciliten a

atención á diversidade.

Fixar criterios para atender e dar resposta á heteroxeneidade de capacidades,

intereses e motivacións do alumnado, dende o currículo ordinario.

Avaliar, conxuntamente co profesorado, o desenvolvemento das medidas adoptadas ao

longo do curso.

Facer un seguimento da evolución académica e persoal do alumnado.

Proporcionar aos alumnos/as estratexias de aprendizaxe para que poidan aprender por

si mesmos.

Introducir técnicas de traballo que melloren a fluidez e a comprensión lectora.

Implicar ás familias no proceso de ensino-aprendizaxe e orientar ós pais e nais do

alumno con necesidades educativas especiais.

Participar na elaboración do Proxecto Educativo.

3.- ACTUACIÓNS Respecto ó alumnado:

Facer as avaliacións psicopedagóxicas, cando se considere necesario.

Entrevistas individuais.

Desenvolver un programa de técnicas de traballo intelectual.

Introducir nas distintas áreas técnicas para mellora-la fluidez e comprensión

lectora.

Respecto ó profesorado:

Asesorar sobre criterios metodolóxicos que poidan prever dificultades de

aprendizaxe: agrupamentos, organización dos espazos, distribución do tempo,

introdución de materiais complementarios ...

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 20 / 22

Impulsar a realización, por parte do profesorado, dunha avaliación inicial do

alumnado: nivel de competencia curricular, técnicas e hábitos de estudio, historia

escolar.

Asesorar sobre a realización de adaptacións curriculares.

Asesorar sobre procedementos para o desenvolvemento dos apoios na aula por

parte do profesorado ordinario.

Colaborar na identificación de alumnos/as para agrupamentos específicos e para

programas de diversificación curricular.

Estimular a realización de reunións de titores e de equipo docente, coordinando

coa xefatura de estudios a súa inclusión nos horarios, de cara a fomentar e animar

a comunicación entre os distintos profesores/as que interveñen cun grupo de

alumnos/as.

Participación nas sesións de avaliación, asesorando naqueles casos nos que sexa

necesario.

Proporcionar ao profesorado de pedagoxía terapéutica materiais para traballar co

alumnado que presenta necesidades educativas especiais, asesoralos na

elaboración dos seus horarios de atención ao alumnado, adoptando sempre que

sexa posible criterios pedagóxicos e orientalos sobre a maneira de desenvolver o

seu labor, sobre todo naqueles casos en que se plantexe o apoio dentro da aula

ordinaria.

Entrevistas individuais.

Respecto ó centro:

Participar na comisión de coordinación pedagóxica, incidindo especialmente en

aspectos psicopedagóxicos e metodolóxicos, para a elaboración de:

o O Proxecto Educativo de Centro.

o Concreción curricular

o Elaborar aspectos do proxecto educativo que competen ao Departamento de

Orientación:

Criterios e procedementos para a elaboración das adaptacións

curriculares.

Plan de acción titorial.

Atención á diversidade.

Plan de orientación.

Organización de recursos materiais e persoais para alumnos/as con

necesidades educativas especiais.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 21 / 22

4.- METODOLOXÍA

Para o desenvolvemento deste plan é fundamental a coordinación de toda a

comunidade educativa, polo que se convocarán todas as reunións e entrevistas necesarias

para lograr os mellores resultados en beneficio dos alumnos e alumnas. As distintas medidas

canalizaranse a través do PAT e das distintas áreas, coa colaboración do departamento de

orientación.

5.- AVALIACIÓN

Para a avaliación deste plan adoptaranse os mesmos procedementos indicados no

plan orientación e plan de acción titorial.

Departamento de Orientación do CEIP Nosa Señora de Xuvencos - Boborás

Plan de orientación académica. Curso 2010-2011 22 / 22