17
DITOS E ADIVIÑAS (Iván Porto – 3º A) De doce irmáns que somos, o segundo eu nacín e son o máis pequenín. Como poido ser así? Que lle dixo a lúa ao Sol? Co maior que ti es, sol e non te deixan saí de noite. Canto máis lle quitan, máis gran de é. Que é? Que pesa máis? Un quilo de palla ou un quilo de pedras?

Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Recompilación de ditos, adiviñas e cantigas

Citation preview

Page 1: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

DITOS E ADIVIÑAS

(Iván Porto – 3º A)

De doce irmáns que somos,

o segundo eu nacín

e son o máis pequenín.

Como poido ser así?

Que lle dixo a lúa ao Sol?

Co maior que ti es, sol

e non te deixan saí de noite.

Canto máis lle quitan,

máis gran de é.

Que é?

Que pesa máis?

Un quilo de palla

ou un quilo de pedras?

Page 2: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

ADIVIÑAS

(Estela – 3º A)

Sodes de cor chocolate

e ablandades coa calor.

Se vos meten no forno,

estoupades con gran furor.

Voo sen ás,

asubío sen boca,

azouto sen mans

e ti nin me ves nin me tocas.

REFRÁNS

(Estela – 3º A)

Ø Temperá é a castaña que por setembro regaña.

Ø Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruin viño. Ø Outono quente trae o demo no ventre.

Page 3: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

ADIVIÑAS

(Lucía – 3º A)

Dou ao ceo resplandores,

cando cesa de chover,

abanico de cores

que xamais poderás coller.

Quen é?

Bailo sempre moi dereita

e, cando empezó a cansar,

tremo e quietiño quedo

ata que o neno, no seu xogo,

vólvame lanzar.

Quen son?

DITO

(Érika – 3º A)

Outono bonito,

folliñas no chan,

castañas asadas,

qué ricas están.

Page 4: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

ADIVIÑAS

(Miguel – 3º A)

Cen amigos teño,

todas sobre una táboa.

Se non as tocas,

non din nada.

Adiviña quen son

que canto máis lavo

e máis lavo

máis sucia estou.

Cando está negra

está limpa.

Cando está branca,

está sucia.

DITO

(Érika – 3º A)

Castañas comín.

Castañas cenei.

De tanto comer castañas,

encastañeime.

Page 5: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

ADIVIÑAS

(Samuel – 3º A)

Auga me chamo de nome,

ardente é o me corazón.

O que non o atine,

é un gran borricón.

Cal é, cal é?

O que non o adiviñe,

ben burro é.

Redondiño, redondiño

como o pé dun borriquiño.

REFRÁNS

(Samuel – 3º A)

A burro novo, aparello novo.

A burro pardo, arrieiro arrastrado.

Page 6: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

CANTIGAS

(Samuel – 3º A)

Miña nai, dóeme a barriga.

Miña filla, confesión.

As castañas que comiches,

de que castiñeiro son?

A castaña no ourizo

quixo rir e rebentou:

Caeu do castiñeiro abaixo.

Mira que golpe levou!

Castañas asadas

e viño con mel

e a miña señora

detrás do tonel.

As castañas ben se comen.

O viño vaise bebendo.

O cariño vai entrando.

A honra vaise perdendo.

Page 7: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

ADIVIÑAS

(Carla – 3º A)

Viste o ceo de luces,

en cascada de moita cor;

para alegrar na noite

aos que están tristóns.

A súa cabeza é amarela,

seguindo ao Sol, xira e xira.

Moitos comen as súas pepiñas

e din que está moi ricas.

Vai conducindo un autobús que leva trinta homes e vinte mulleres.

Ao chegar a Baiona, baixan dez homes e dez mulleres.

En Mos, baixan cinco mulleres máis.

Como se chama o condutor?

Page 8: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

ADIVIÑAS

(Jorge – 3º A)

De moi lonxe veño.

Moi lonxe vou.

Pernas aínda non teño

pero viaxo ata o fin.

Ao principio hai una cama.

A fera veñe despois.

Que de vós di que é?

Despois de marcharse o verán,

es ti o que agora chegas;

coma choiva de ouro,

cáensete as follas secas.

Na primavera éramos lozanos,

no verán, verdecillas.

Agora o vento lévanos dun lado para outro,

e somos amarelas.

Quen somos?

Page 9: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

ADIVIÑAS

(Jorge – 3º A)

Ando sempre en verán,

unhas veces aberto

e outras veces pechado.

Quen son?

Son pequena

e miña cor é marrón.

Cando chega o outono,

métenme no fogón.

ADIVIÑAS

(Guillermo – 3º A)

No verán barbudo.

No inverno desnudo.

Dúas irmáns son,

Pero moi distintas

na súa educación

Quen somos?

Page 10: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

ADIVIÑAS

(Zaira – 3º A)

Son un repolo por fora.

Por dentro son una flor,

que aínda que branca e moi fermosa,

non teño bo olor.

Ímonos ao amencer,

saímos ao anoitecer.

Hai quen di que nos ve

cando lle pisan un pé.

REFRÁNS

(Zaira – 3º A)

Ø A caballo regalado, no lle mires o dente.

Ø En abril, augas mil.

Ø Ano de ovellas, ano de abellas.

Ø Máis vale tarde que nunca.

Page 11: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

APAGA O CANDIL

(ZAIRA – 3º A)

Apagha o candil, Marica, chus, chus,

apagha o candil que ten moita lus,

que ten moita lus, moita claridá,

apagha o candil e chéghate alá.

Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo,

a lara da túa nai meteume un pau por un ollo,

meteume un pau por un ollo, ailalelo, ailalalo.

Apagha o candil...

A túa nai é chiculate,

o teu pai chiculateiro,

a túa nai lambe as cazolas,

o teu pai lambe os pucheiros,

o teu pai lambe os pucheiros,

ailalelo, ailalalo

Apagha o candil...

Andivécheste alabando que eu morría por ti

e que morro non é certo pero que che quero si

ailalelo, ailalalo

Apagha o candil...

Page 12: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

ARROZ CON CHÍCHAROS

(Zaira – 3º A)

O primeiro no amor sonche os bicos, o segundo beliscos pequenos, o terceiro ben achegadiños

e ó remate sonche os nenos BIS

Arroz con chícharos, patacas novas, repolos de Betanzos e mais cebolas

e mais cebolas e mais cebolas, arroz con chícharos, patacas novas

Se o teu mozo che pide aquel conto e por el che fai un xuramento, non llo deas, nena, non llo deas, que o xurar lévacho o vento BIS

Arroz con chícharos, patacas novas...

Page 13: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

A RIANXEIRA (Historia dunha cantiga)

(Zaira – 3º A)

Ondiñas veñen, ondiñas veñen,

ondiñas veñen e van. Non te vaias rianxeira, (non te embarques

rianxeira) que te vas a marear.

A Virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira, BIS

descalciña pola area, parece unha rianxeira. BIS

Ondiñas veñen...

A Virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo, (cando veu para Rianxo) a barquiña que a leva (a barquiña que a trouxo)

era de pau de laranxo.

Ondiñas veñen...

A Virxe de Gauadalupe quen a fixo moreniña BIS (quen te puxo moreniña)

foi un raíño de sol que entrou pola ventaniña BIS

Ondiñas veñen...

Page 14: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

O GATO (Historia dunha cantiga)

(Zaira – 3º A)

Xuntáronse catro un día, os millores deste barrio, mataron un gato a tiros e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco, vai o gato prá terra da Laxe; vai o gato metido nun saco, ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería a calquera deses catro, que os meteran nun saco como meteron o gato.

Vai o gato...

Aquel gato era un artista, traballaba na ribeira, agora é un bañista na praia da Castiñeira

Vai o gato...

Page 15: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

POUSA, POUSA

(ZAIRA – 3º A)

Fun á taberna do meu compadre, fun polo vento e vin polo aire: e como é cousa de encantamento fun polo aire e vin polo vento. BIS

E pousa, pousa, pousa, e non me toques naquela cousa: BIS e pousa, pousa axiña, e non me toques naquela cousiña. BIS

Murmuraban as miñas veciñas que eu andaba co crego nas viñas: BIS eso é verdá, eu non o nego, que eu andiven a loitas co crego. BIS

E pousa, pousa..

Cando me case xa teño un galo, xa miña nai non me ten que dalo; BIS cando me case xa teño un polo, xa miña nai non me ten que dar todo. BIS

E pousa, pousa..

Page 16: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

HIMNO GALEGO

(ZAIRA – 3º A)

Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente

do prácido luar?

Que din as altas copas de escuro arume

arpado co seu ben compasado

monótono fungar?

-"Do teu verdor cinguido

e de benignos astros, confín dos verdes

castros e valeroso chan,

non des a esquecemento

da inxuria o rudo encono;

desperta do teu sono, fogar de Breogán".

"Os bos e xenerosos a nosa voz entenden,

e con arroubo atenden o noso rouco son,

mais sóo os iñorantes, e féridos e duros,

imbéciles e escuros non nos entenden, non".

"Os tempos son

chegados

dos bardos das edades,

que as vosas

vaguedades

cumprido fin terán;

pois, donde quer,

xigante

a nosa voz pregoa

a redenzón da boa

nazón de Breogán

Page 17: Ditos, adiviñas e cantigas 3º A

A CAROLINA

(ZAIRA – 3º A) A saia da Carolina

ten un lagarto pintado;

cando a Carolina baila,

o lagarto dálle ó rabo.

Bailaches Carolina?

Bailei, si señor.

Dime con quen bailache.

Bailei co meu amor (tres veces)

Bailaches Carolina?

Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola

que todo o fai ó revés,

véstese pola cabeza

e díspese polos pés.

Bailaches Carolina?

Bailei no cuartel.

Dime con quen bailache.

Bailei co coronel (tres veces)

Bailaches Carolina?

Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila

porque ten unha coroa.

Baile, señor cura, baile,

que Deus todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?

Bailei, abofé.

Dime con quen bailaches.

Bailei co meu Xosé (tres veces)

Bailaches Carolina?

Bailei, abofé.

No curro da Carolina

non entra carro pechado,

namais entra a Carolina

co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?

Bailei, si señor.

Dime con quen bailache.

Bailei co meu amor. (tres veces)

Co teu amor, Carolina,

non volvas a bailar,

porque che levanta a saia

e é moi mala de baixar. BIS