54
#14 maio’16 - 1 EURO www.eroski.es Máis frescas, imposible VERDURAS LISTAS PARA CONSUMIR PROTAGONISTAS Novas receitas de arroz con leite e flan de queixo O ESCAPARATE Conservas SeleQtia: para padais esixentes FOGAR Descubre a variedade de deterxentes EROSKI Inclúe vales aforro directo Búscaos na páxina 49

Eroski Mayo 2016 Gallego

  • Upload
    eroski

  • View
    261

  • Download
    11

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Eroski Mayo 2016 Gallego

#14maio’16 - 1 EURO

www.eroski.es

Máis frescas, imposibleVERDURAS LISTAS PARA CONSUMIR

PROTAGONISTASNovas receitas de arroz

con leite e fl an de queixo

O ESCAPARATEConservas SeleQtia: para

padais esixentes

FOGARDescubre a variedadede deterxentes EROSKI

Inclúe vales aforro directoBúscaos napáxina 49

001 PORTADA VERDURAS GAL.indd 1001 PORTADA VERDURAS GAL.indd 1 3/5/16 19:003/5/16 19:00

Page 2: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI BAILESYS.ai 1 03/05/16 11:36EROSKI BAILESYS.ai 1 03/05/16 11:36

Page 3: Eroski Mayo 2016 Gallego

3as vantaxes de ser socio

08 para abrir bocaActualidade e novidades.

10 é tempo de...Verduras EROSKI listas para consumir. Da horta á mesa.

16 protagonistas EROSKIMelloramos a clásica receita do arroz con leite e do fl an de queixo. E lanzamos unhas novas bóliñas de cereal cubertas de chocolate.

20 aforra con eroskiUn completo menú elaborado con produtos de tempada.

24 pola túa saúdeCelíacos: o que hai que saber sobre a intolerancia ao glute.

32 o escaparateDálles un toque gourmet aos teus pratos co tomate seco especiado en aceite e coa cebola confeitada ao pacharán EROSKI SeleQtia.

36 enerxía para medrarMerendas máis saudables coas nosas propostas de bocatas vexetais.

41 fogarRenovamos a nosa gama de deterxentes líquidos e lanzamos un novo formato de cápsulas.

49 vales descontoEroski clubAxudámoste a aforrar con nosos vales aforro Eroski club.

52 noticias corporativasO noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.

10

s u m a r i omaio’2016www.eroski.es

41

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

32

003 SUMARIO GAL.indd 3003 SUMARIO GAL.indd 3 3/5/16 19:103/5/16 19:10

Page 4: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

004-005 EROSKI DOBLE MOVIL GALICIA.ai 1 25/04/16 16:50004-005 EROSKI DOBLE MOVIL GALICIA.ai 1 25/04/16 16:50

Page 5: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

004-005 EROSKI DOBLE MOVIL GALICIA.ai 2 25/04/16 16:50004-005 EROSKI DOBLE MOVIL GALICIA.ai 2 25/04/16 16:50

Page 6: Eroski Mayo 2016 Gallego

6

Coa chegada do bo tempo (por

fi n!), moitos son os que deciden

sumarse ao cambio, comezar

a coidar a súa dieta e facer máis

exercicio. Sexa cal sexa a túa escusa

ou motivación, na revista Eroski club

queremos facer de lebre na túa carreira.

Por iso, eliximos apostar polo verde na

maioría das receitas deste número. Para

que cociñar e comer verde sexa máis

doado ca nunca. Como ingrediente

principal, lembra que a nosa gama de

verdura embolsada (xa limpa, partida

e ata cocida, nalgúns casos) é a mellor

opción para elaborar os pratos que te

propoñemos.

Din que o éxito non reside en vencer

sempre, senón en non se desanimar

nunca. Para eses intres nos que as

“Sexa cal sexa a túa escusa ou motivación, na revista Eroski club queremos facer de lebre na túa carreira. Por iso, eliximos apostar polo verde na maioría das receitas”

Edición #14 maio‘16

#14maio’16 - 1 EURO

www.eroski.es

Máis frescas, imposibleVERDURAS LISTAS PARA CONSUMIR

PROTAGONISTASNovas receitas de arroz

con leite e fl an de queixo

O ESCAPARATEConservas SeleQtia: para

padais esixentes

FOGARDescubre a variedadede deterxentes EROSKI

Inclúe vales aforro directoBúscaos napáxina 49

001 PORTADA VERDURAS GAL.indd 1 3/5/16 19:00

Arantza Campos — RESPONSABLE Eroski club

Coidarse por dentro e por fóraforzas escasean, renderse aos sabores

doces pode ser unha boa terapia. Nas

seguintes páxinas, tes varias propostas:

as sobremesas lácteas tradicionais

de sempre, fl an de queixo e arroz con

leite, con novas receitas, ou o novo

mix de bólas de cereais con cobertura

de distintos chocolates. E se non es

de doce, pero segues precisando

algo máis, os novos lanzamentos de

SeleQtia (o tomate seco e a cebola

acaramelada) son o que precisas:

explosión de sabor, asegurada.

este mes...maio’16

Eroski clubDescubre as vantaxes de ser socio

Achégate a unha das nosas tendas e faite

socio ou, se o prefi res, rexístrate en

www.eroski.ese descubre todas as vantaxes

EDITOREROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n48230 Elorrio (Bizkaia)

Tel. +34 946 211 211

REALIZACIÓN EDICIÓN

Valentín Beato, 4428037 Madrid

Tel. +34 915386104

Difusión controlada por OJD

PublicidadeAntonio García Tel. +34 607973913

[email protected]

Maribel Martínez Tel. +34 [email protected]

Imprenta MCC GraphicsPol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11

20100 Errenteria (Gipuzkoa)Tel. +34 943 344 614

Depósito Legal BI-222-2015

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías

sen a autorización expresa da empresa editora.

La revista Eroski club – As vantaxes de ser socio non se fai responsable das

opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas

públicas on privadas.

006 EDITORIAL GAL.indd 6006 EDITORIAL GAL.indd 6 3/5/16 19:173/5/16 19:17

Page 7: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI BUITONI SIN GLUTEN.ai 1 03/05/16 11:26EROSKI BUITONI SIN GLUTEN.ai 1 03/05/16 11:26

Page 8: Eroski Mayo 2016 Gallego

para abrir boca

8

Pensa que preparar de primeiro e con que acabar o menú de hoxe.

Entre medias, unha proposta moi saudable: polo Eroski NATUR. Atrévete

a degustalo! O polo é un dos alimentos máis sans que hai e, se é Eroski

NATUR, non o dubides, a súa excelente calidade e orixe nacional están

certifi cadas. Esa cor amarela tan característica débella a unha crianza lenta

de 56 días como mínimo a base de alimento 100% vexetal e rico en millo (polo

menos o 50%). De sabor e aroma intensos, a súa carne de raza seleccionada

ten unha textura substanciosa e fi rme e case non se aprecia graxa na súa pel.

suxestión

De segundo, polo Eroski NATUR

recomendación

O bonito EROSKI pescado á cana xa en lata

Seguro que xa o coñeces en frasco de vidro. O noso bonito do norte captúrase exclusivamente á cana, unha técnica selectiva, pero máis sostible, que

axuda a que este peixe azul sexa unha conserva de 10: de máxima frescura e cun exquisito sabor e unha textura tenra e substanciosa. Agora, presentámoscho en lata, en aceite de oliva e mais en escabeche, e tamén baixo as marcas propias Sannia e SeleQtia. Próbao neste novo formato!

lanzamento

Booster Zero, sen azucres engadidos

P recisas unha dose extra de enerxía? Dende Francia chega directamente ás nosas

tendas a versión Zero de Booster, a bebida enerxética que che dá ese plus que estás pedindo, pero esta vez sen achegarche nin un gramo máis de azucre. O teu corpo e os teus dentes agradecerano. Booster Zero é igual ca o Booster orixinal. Leva taurina, cafeína e vitaminas B6 e B12. Iso si, non ten azucres engadidos.

008-009 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 8008-009 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 8 3/5/16 19:263/5/16 19:26

Page 9: Eroski Mayo 2016 Gallego

9as vantaxes de ser socio

o estudo

Dietas baixas en graxa:non axudana adelgazar

Na nosa sociedade está moi arraigada a idea de que ‘hai

que seguir unha dieta baixa en graxas’ para non engordar. Coidábase que reducir as graxas era unha boa estratexia de adelgazamento, porque mentres que un gramo de graxa achega arredor de nove quilocalorías, a mesma cantidade de hidratos de carbono ou proteínas ten catro. Tamén contribuíu a iso a idea de que a graxa dietética era a principal responsable da graxa corporal e do incremento do colesterol ou dos triglicéridos. Hoxe sábese que as graxas saudables non engordan. É máis, evitalas pode ser contraproducente para alguén que quere adelgazar.

Unha investigación do American Journal of Medicine corroborouno recentemente. Analizaron os cambios en peso e os marcadores sanguíneos de varias persoas tras catro semanas con dietas baixas en graxa, baixas en hidratos de carbono e mediterránea. Os peores resultados foron para os que optaran por unha alimentación baixa en graxa. Demostrouse que produce menor perda de peso e xera peores marcadores cardiovasculares. Así que, ante igual número de calorías, non parece ser boa idea elixir este tipo de dieta.

o dato

Sabes identifi carun produto integral de verdade?

tendencia

Os mellores alimentos para a pel

O s produtos integrais son máis benefi ciosos para a saúde ca os refi nados. Ademais de

que sacian máis, conservan a fi bra, os minerais e as vitaminas dos cereais. Pero, ás veces, pensamos que por incluír no envase as palabras rico en fi bra ou integral estamos ante un produto deste tipo, e non é así. Á hora de mercar, cómpre reparar na etiquetaxe, onde o primeiro ingrediente debe ser fariña integral ou de gran enteiro. Se no compoñente principal non pon fariña ou sémola integral, o alimento non o é. En materia de pans e cereais

é imprescindible comprobar ben os ingredientes para garantir que sexan os que esperamos. Como alternativa, podemos falar co noso panadeiro e encargar un pan de fariña integral e mesmo escoller os cereais.

A mais das cremas hidratantes e dos protectores solares,

a alimentación é clave para lucir unha pel bonita e sa. As investigacións máis recentes aseguran que os produtos lácteos teñen moito que ver, por exemplo, co desenvolvemento da acne, e que unha dieta rica en froitas e verduras reduce o risco de padecer cancro de pel. Por outra banda, diferentes estudos están tratando de descubrir o efecto que provoca o consumo elevado de azucres, que podería favorecer a perda de elasticidade. Preparar os alimentos ao grill, fritos ou asalos a altas temperaturas tamén sería determinante para esa perda, mentres que incluír especias na dieta contribuiría a facer máis lento ese proceso. Para conservar a pel nun bo estado de saúde,

as sociedades científi cas recomendan, sobre todo, limitar o consumo de alcohol, de graxas -en especial das saturadas- e evitar o abuso de azucres e sal. Tamén tomar máis alimentos de orixe vexetal, en especial froitas frescas, hortalizas, verduras, legumes e froitos secos.

008-009 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 9008-009 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 9 3/5/16 19:263/5/16 19:26

Page 10: Eroski Mayo 2016 Gallego

é tempo de...

Comer verdura segue a ser unha materia pendente. Pero nunca

antes foi tan doado incluíla nos nosos menús. Coñeces a nosa

verdura limpa e lista para cociñar?

Todo ao verde

10

é tempo de...

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 10010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 10 3/5/16 19:353/5/16 19:35

Page 11: Eroski Mayo 2016 Gallego

as vantaxes de ser socio

0,35 €por

persoa

Abrir a bolsa e cociñar. Así de sinxelo.

Esquécete de limpar, pelar e torar.

Grazas á nosa verdura embolsada

aforrarás tempo na cociña. Tes onde

elixir: acelgas, espinacas, cabaza,

remolacha (que se presenta xa

cocida), cenoria relada, mazarocas

de millo... A nosa verdura embolsada

recoléctase fresca, selecciónase,

límpase, córtase, hixienízase e

envásase. Quen dixo que comer

verdura era complicado?

Verduras EROSKI embolsadas: máis doado, imposible

INGREDIENTES

• 100 g de acelgas frescas

• 100 g de cogomelos

• 100 ml de nata líquida

• 2 ovos

• 75 g de cebola

• 1 dente de allo

• Pementa branca moída

• 10 ml de aceite de oliva

• Sal

PASTEL DE ACELGAS CON COGOMELOS

COMO SE ELABORA

● Cocemos as acelgas cun

pouco de auga na pota a

presión durante 5 minutos.

● Picamos a cebola,

o dente de allo, os

cogomelos e refogamos

o conxunto cun chisco de

aceite de oliva.

● Batemos os ovos e

engadimos o rustrido, as

acelgas e a nata líquida.

● Triturámolo todo e

salpementámolo.

● Vertemos a mestura nun

molde de forno untado con

manteiga.

● Cocemos ao baño maría

durante unha hora.

● Podemos acompañar

o pastel cunha salsa de

cogomelos que realizaremos

refogando un pouco de

cebola, allo, pemento

e cogomelos triturados.

Engadimos auga, deixamos

reducir e pasámolo todo

polo batedor.

11

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

7%

13515%

10,8gGRAXA

8%

0,5gSAL

3%

2,4gAZUCRES

22%

4,5g

GRAXASATURADA

4 fácil 10-15’

as vantaxes de ser socio

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 11010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 11 3/5/16 19:353/5/16 19:35

Page 12: Eroski Mayo 2016 Gallego

é tempo de...

INGREDIENTES

• 200 g de espinacas en bolsa

EROSKI

• 50 g de ceboliña fresca

• 1 dente de allo

• 50 g de uvas pasas

• 100 g de mazás reineta

• 50 ml de viño doce

• 30 ml de aceite de oliva

• Sal

COMO SE ELABORA

● Remollamos as pasas durante

unha hora con viño doce.

● Poñemos unha tixola

a quecer, engadimos o

aceite de oliva e douramos

lixeiramente a ceboliña

fresca e o dente de allo, todo

cortado en cachiños fi nos.

● Cando as hortalizas estean

douradas, agregamos as

pasas escorridas e a mazá

partida en cadrados.

● Salteamos o conxunto

ata que se acaramele

lixeiramente e agregamos

as follas de espinacas.

Refogamos, poñemos ao

punto de sal e servimos

decontado.

0,41 €por

persoa

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

7%

1348%

5,8gGRAXA

7%

0,4gSAL

15%

13,2gAZUCRES

5%

0,9g

GRAXASATURADA

INGREDIENTES

• 300 g de ceboliña fresca

• 200 g de allo porro

• 2 dente de allo

• 350 g de remolacha

• 100 g de patacas

• 100 ml de iogur natural

desnatado

• 200 g de queixo de cabra

• 40 g de tostas de pan

• Sal

• Pementa branca

COMO SE ELABORA

● Botamos un pouco de

aceite nunha tixola e rustrimos

a ceboliña, o allo porro

e mais o allo cortados en

tiras fi nas. Así que a verdura

amoleza, agregamos as

patacas, refogamos e

cubrimos con auga.

● Deixamos ao lume ata

que a pataca estea cocida.

Engadimos a remolacha e

deixamos que arrefríe fóra

do lume.

● Incorporamos o iogur e

pasamos polo batedor ata

que quede unha crema fi na.

● Poñemos a lume suave

e, cando comece a ferver,

salpementamos.

● Deixamos arrefriar na

neveira e consumimos a

crema fría. Acompañámola

cuns toros de queixo de cabra

sobre unhas rebandas de

pan, torradas lixeiramente.

4 fácil 40-50’

ESPINACAS CON PASAS E MAZÁ

CREMA FRÍA DE REMOLACHA CON QUEIXO DE CABRA

12

4 fácil + 1 h

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 12010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 12 3/5/16 19:353/5/16 19:35

Page 13: Eroski Mayo 2016 Gallego

es tiempo de...

as vantaxes de ser socio

1,29 €por

persoa

13

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

11%

22812%

8,6gGRAXA

14%

0,8gSAL

14%

13gAZUCRES

27%

5,3g

GRAXASATURADA

as vantaxes de ser socio

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 13010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 13 3/5/16 19:363/5/16 19:36

Page 14: Eroski Mayo 2016 Gallego

14

é tempo de...

RECEITA PASO A PASO

1

3

2

4

● Cando a cebola estea transparente,

engadimos a cabaza xa cortada. A

continuación, subimos a intensidade do

lume e refogamos a quinoa.

● Engadimos a auga aos poucos.

Poñemos ao punto de sal e cocemos a

lume suave durante aproximadamente

uns 20 minutos, remexendo de vez en

cando cunha espátula de madeira.

● Lavamos a quinoa con auga fría,

escorrémola e reservámola. Picamos en

cadradiños ben pequenos os allos e mais a

cebola e sofritímolos a lume manso nunha

pota cunha cullerada de aceite de oliva.

● Para rematar, agregamos o queixo

parmesano relado e mais a nata.

Remexemos a mestura, que debe quedar

lixeiramente cremosa. Engadimos a

alfábega fresca que acabamos de partir

e servimos.

INGREDIENTES

• 250 g de quinoa

• 1 l de auga

• 2 dentes de allo

• 50 g de cebola fresca

• 250 g de cabaza limpa e

torada EROSKI

• 20 ml de aceite de oliva

• Sal

• 50 g de queixo parmesano

relado

• 50 ml de nata líquida para

cociñar

• Unhas follas de alfábega

fresca

4 media 20-30‘

Verdurase froitas,5 ao día

Probablemente, esteas farto de escoitar este

lema. Pero, que signifi ca? E, lévalo á práctica?

Insiste na necesidade de incrementar a inxestión diaria destes alimentos

ata alcanzar polo menos os 400 gramos. Abonda con introducir algo de

verdura como ingrediente do primeiro prato e/

ou acompañamento do segundo e mais tres pezas de froita

ao día. Cumprimos o obxectivo se incluímos, por exemplo, amais da froita: espinacas con

garavanzos e guiso de coello con champiñóns na comida, e puré de

verduras e fi lete de peixe con ensalada na cea.

Apúntaste?

RISOTTO DE QUINOA E CABAZA

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 14010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 14 3/5/16 21:103/5/16 21:10

Page 15: Eroski Mayo 2016 Gallego

es tiempo de...

as vantaxes de ser socio

1,15 €por

persoa

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

17%

33321%

14,7gGRAXA

10%

0,6gSAL

6%

5,3gAZUCRES

25%

4,9g

GRAXASATURADA

15as vantaxes de ser socio

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 15010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 15 3/5/16 21:103/5/16 21:10

Page 16: Eroski Mayo 2016 Gallego

protagonistas EROSKI

1616

Arroz con leite ou fl an de queixo? Delicioso dilema

Sobremesas lácteas

016-017 PROTAGONISTAS ARROZ Y FLAN GAL.indd 16016-017 PROTAGONISTAS ARROZ Y FLAN GAL.indd 16 3/5/16 19:433/5/16 19:43

Page 17: Eroski Mayo 2016 Gallego

protagonistas EROSKI

17as vantaxes de ser socio

Elixir sobremesa nunca foi doado. E vaino ser aínda menos cando descubras as

novas receitas de dúas das nosas sobremesas lácteas máis clásicas: o arroz con

leite e mais o fl an de queixo de EROSKI. Deixa oco, porque están tan boas que

non vas resistir a tentación e repetirás.

Ao pensar na sobremesa é inevitable imaxinar un bocado delicioso co que lle poñer broche final a unha comida. Coas novas receitas de

arroz con leite e de flan de queixo de EROSKI non hai

risco de trabucarse. Están elaboradas con leite e ovos frescos e con ingredientes de primeira calidade, polo que o sabor e a cremosidade están ben garantidos. Queres saber por que?

ARROZ CON LEITE: COMA NA CASA • Elabórase con leite fresco dos

vales de Cantabria.• Cocemos o arroz no mesmo leite

(coma na receita tradicional caseira) para que se vaia soltando o amidón e a mestura quede cremosa e espesa.

• Os aromas de canela e limón infusiónanse nesta receita, pero non engadimos canela en po para que cada un poida facelo segundo o seu gusto.

FLAN DE QUEIXO: FRESCO, FRESCO• Para o noso fl an de queixo,

empregamos ovos frescos.• Ademais, o caramelo que

acompaña a cada fl an elabórase na fábrica do noso provedor o mesmo día da produción da sobremesa.

• A cremosidade do queixo que utilizamos na receita fai que a textura sexa máis fi na. Por iso, o seu sabor é suave, pero cun fi nal moi matizado a queixo.

Elaborado con

LEITE FRESCOElaborado con

OVOS FRESCOS

016-017 PROTAGONISTAS ARROZ Y FLAN GAL.indd 17016-017 PROTAGONISTAS ARROZ Y FLAN GAL.indd 17 3/5/16 19:433/5/16 19:43

Page 18: Eroski Mayo 2016 Gallego

protagonistas EROSKI

18

Novo mix de bólas de cereal

Un pracer redondo18

018-019 PROTAGONISTAS BOLAS GAL.indd 18018-019 PROTAGONISTAS BOLAS GAL.indd 18 3/5/16 19:453/5/16 19:45

Page 19: Eroski Mayo 2016 Gallego

19

protagonistas EROSKI

as vantaxes de ser socio

Bóliñas de cereal crocante bañadas en chocolate

branco, negro ou con leite. Precisas máis datos para

querelas probar? Imaxínaas fundíndose no padal!

Admitámolo: calquera escusa parece boa para petiscar algo, e máis se o que nos agarda é

doce. As novas bólas de cereal con cobertura de chocolate (branco, negro e con leite) de EROSKI son perfectas para recargarmos as pilas a media mañá, á hora da merenda, ou para despedirmos a xornada con bo sabor de boca. Comezalas será doado, pero parar... Unha para probar, outra para confi rmar o sabor, outra máis por se nos quedaban dúbidas, e así ata que ti queiras.

Lembra que unha manchea destas deliciosas bólas nos achega tan só 100 quilocalorías e que o importante é buscar o equilibrio na túa dieta. Por exemplo, se fi nalmente sucumbiches ante as nosas bóliñas de cereal cubertas de chocolate, proba a baixar do autobús na parada anterior ao teu destino habitual e camiña un anaco, sube polas escaleiras no canto de utilizar o ascensor ou intenta non repetir porción no segundo prato. Así, estarás a compensar e atoparás o equilibrio.

MIX DE BÓLIÑAS DE CEREAL CUBERTAS DE CHOCOLATEReceita: recheas de cereal (35%), arroz, trigo e malte. Con cobertura de chocolate branco, negro e con leite.

Perfectas para… acompañar o café, na merenda, ou entre horas. Ademais, pódelas utilizar para decorar sobremesas, tortas, cupcakes, copas de xeado, etc.

Distintas do resto porque… o tamaño das bólas é regular. Tamén, o sabor a chocolate é máis intenso e a densidade dos cereais do interior é alta.

018-019 PROTAGONISTAS BOLAS GAL.indd 19018-019 PROTAGONISTAS BOLAS GAL.indd 19 3/5/16 19:453/5/16 19:45

Page 20: Eroski Mayo 2016 Gallego

20

aforra con EROSKI

1,08 €por

persoa

Se houbese un

decálogo sobre como

aforrar na cociña,

probablemente o

primeiro mandamento

sería: cociñarás con

produtos de tempada.

É algo que nos dita o

sentido común, mais

por veces custa traballo

poñelo en práctica. O

benefi cio de cociñar

con estes produtos é

dobre: o prezo dos

alimentos é estable, e

á baixa, e o seu sabor

é o mellor. Eliximos a

cabaciña (de tempada

ata os meses de verán),

o tomate (estes meses,

no seu mellor momento

de consumo) e os

amorodos (no mercado

ata maio) para

elaborarmos

este apetitoso e

económico menú.

De tempada

020-022 AHORRA CON GAL.indd 20020-022 AHORRA CON GAL.indd 20 3/5/16 19:493/5/16 19:49

Page 21: Eroski Mayo 2016 Gallego

ahorra con EROSKI

21as vantaxes de ser socio

0,63 €por

persoa

0,16€por

persoa

21as vantaxes de ser socio

020-022 AHORRA CON GAL.indd 21020-022 AHORRA CON GAL.indd 21 3/5/16 19:493/5/16 19:49

Page 22: Eroski Mayo 2016 Gallego

22

aforra con EROSKI

INGREDIENTES

• 300 g de

cabaciña

• 40 g de cebola

• 100 g de patacas

• 200 g de atún

fresco

• 1 dente de allo

• 250 g de salsa de

tomate

• 100 g de queixo

emmental

• 20 ml de aceite de

oliva

• Sal

COMO SE ELABORA

● Nunha tixola douramos con aceite de

oliva o allo cortado en láminas, a cebola

e as patacas e cociñamos a lume medio

uns 15 minutos. Engadimos o atún en

dados, subimos o lume e salteamos.

Poñemos a punto de sal, escorremos cun

coador o zume e reservamos.

● Lavamos as cabaciñas e, sen pelalas,

cortámolas en toros. Cociñámolas no

microondas oito minutos a máxima

potencia cun chorro de aceite de oliva.

● Para montar o timbal, colocamos un

molde nunha bandexa de forno. No fondo

poñemos salsa de tomate e alternamos

capas de cabaciña e de verduras con

atún. Cubrimos co queixo relado e

introducimos no forno prequentado 15

minutos a 200 ºC. Servimos sobre unha

base de salsa de tomate quente.

INGREDIENTES

• 2 pementos

vermellos

• 1 dente de allo

• 2 cebolas

• 1 kg de tomates

• Alfábega

• 1 iogur desnatado

COMO SE ELABORA

● Asamos os pementos no forno. Así que

estean feitos, sacámolos e tapámolos

cun pano ata que arrefríen.

● Licuamos os tomates.

● Pelamos os pementos e batémolos

xunto co zume de tomate e o allo

ata que a mestura quede uniforme e

cremosa.

● Engadimos a cebola e a alfábega

de xeito que quede unha textura

parecida ao gaspacho. Salpementamos

e introducimos a sopa no frigorífi co

durante 6 horas.

● No momento de servir podemos

mesturar a sopa cun iogur desnatado

para rebaixar o sabor.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

6%

1111%

0,8gGRAXA

3%

0,2gSAL

19%

16,8gAZUCRES

0%

0g

GRAXASATURADA

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

13%

26424%

17,1gGRAXA

9%

0,6gSAL

3%

3,1gAZUCRES

30%

6,1g

GRAXASATURADA

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

6%

1265%

3,5gGRAXA

0%

0gSAL

15%

13,9gAZUCRES

8%

1,6g

GRAXASATURADA

4 fácil + 2 h 4 media 40-50’

PRIMEIRO

SOPA FRÍA DE TOMATEE PEMENTO VERMELLO

SEGUNDO

TIMBAL DE ATÚNE CABACIÑA

INGREDIENTES

• 200 g de iogur

natural azucrado

• 100 g de

amorodos

maduros

• 20 g de azucre

• 50 g de biscoitos

tipo sobaos

• Unhas pingas de

vinagre de viño

branco

COMO SE ELABORA

● Lavamos os amorodos, partímolos

en cachos e mesturámolos co azucre

e cunhas pingas de vinagre de viño,

deixándoos macerar durante 20 minutos

a temperatura ambiente.

● Batemos o iogur ata formar unha

crema. Esmiuzamos os biscoitos e

reservamos.

● Montamos a sobremesa nunha copa

alternando capas de amorodos, crema

de iogur e biscoito.

● Reservamos no frigorífi co ata o

momento de servir. Engadimos algúns

cachos de amorodo por riba para

decorar. Tamén, como opción, podemos

esparexer froitos secos.

4 fácil 25-30’

SOBREMESA

COPA DE AMORODOS E IOGUR

020-022 AHORRA CON GAL.indd 22020-022 AHORRA CON GAL.indd 22 3/5/16 19:493/5/16 19:49

Page 23: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI YNSADIET.ai 1 17/03/16 13:07EROSKI YNSADIET.ai 1 17/03/16 13:07

Page 24: Eroski Mayo 2016 Gallego

24

pola túa saúde

Celíacos,o glute prohibidoO 1% da poboación padece unha intolerancia permanente

a alimentos compostos de trigo, centeo, cebada, avea,

espelta e kamut, que pode carrexar graves molestias.

24

024-030 POR TU SALUD GAL.indd 24024-030 POR TU SALUD GAL.indd 24 3/5/16 19:543/5/16 19:54

Page 25: Eroski Mayo 2016 Gallego

25

pola túa saúde

as vantaxes de ser socio

Otrigo, a cebada, a avea e o centeo son cereais cos que se producen

algúns dos alimentos básicos da dieta occidental, como o pan. Pero non todas as persoas poden tomalos. Un de cada cen europeos padece a enfermidade celíaca, unha intolerancia permanente -máis común nas mulleres ca nos homes- a unha das proteínas destes produtos: o glute.

ABSORCIÓN FALIDANo proceso de dixestión, os alimentos transfórmanse en partículas máis pequenas e estas, á súa vez, degrádanse noutras moito máis miúdas. A súa absorción prodúcese nas paredes intestinais, onde a mucosa está recuberta de peluxes, semellantes a raíces microscópicas, que colgan delas. Na persoa con enfermidade celíaca, estas peluxes infl ámanse, vanse aplanando, e mesmo desaparecendo nos casos máis graves, co que se altera todo o proceso de absorción dos nutrientes e aparecen unha serie de síntomas intestinais, carenciais e metabólicos.

HERDANZA INDESEXADAA enfermidade celíaca rexistra un compoñente xenético relevante, que se plasma na especial predisposición dos familiares de primeiro grao. Pódese presentar na infancia, cara aos dous anos, pero tamén con posterioridade, entre os 30 e os 40 anos. En moitos casos, os síntomas son inapreciables e non se detectan ata que xorden as complicacións. Así, pode ser

024-030 POR TU SALUD GAL.indd 25024-030 POR TU SALUD GAL.indd 25 3/5/16 19:543/5/16 19:54

Page 26: Eroski Mayo 2016 Gallego

26

pola túa saúde

asintomática durante moitos anos e xurdir como consecuencia dunha infección viral, unha intervención cirúrxica, un período de estrés e/ou esgotamento, un accidente con lesións físicas, etc.

ELIMINACIÓN RADICAL,AÍNDA QUE DIFÍCILUnha vez confi rmada a enfermidade, iníciase o único tratamento efi caz: eliminar absolutamente o glute da dieta durante toda a vida, xa que unha pequena inxestión abonda para reactivar a doenza. Nos países occidentais non resulta doado contar cunha dieta sen glute porque o 75% dos produtos alimenticios procesados o conteñen –forma parte dos alimentos como vehiculizante de aromas, colorantes, conservantes, espesantes, antihumectantes, etc.–. Na actualidade, a etiquetaxe especifi ca a utilización de trigo ou de calquera outro cereal con glute.

NON EXCLUÍREN PERSOAS SASÁ marxe da celiaquía diagnosticada, a dieta sen glute

CON GLUTE: CÓMPRE EVITAR• Pans ou produtos enfornados preparados a base de

trigo, cebada, centeo avea e espelta.• Pastas elaboradas a partir de trigo, cebada, centeo,

sémola, avea e espelta.• Aliños para ensalada, zumes de carne, salsas e sopas

preparadas con ingredientes que conteñen glute.• Verduras con crema, bechamel ou en forma de

empanada.

SEN GLUTE: RECOMENDADOS• Pans e pastas preparados a partir de fariñas de millo,

arroz, soia ou patacas.• Cereais con soia, arroz ou millo sen casca.• Fideos e outras pastas elaboradas con arroz.• Leite e queixo non fundido.• Millo, arroz e soia.• Froitas e verduras frescas.• Carne, polo e peixe frescos (non elaborados).

ELIXIR BEN OS ALIMENTOSA lista de alimentos prohibidos e permitidos é extensa, pero a modo orientativo pódese resumir en:

024-030 POR TU SALUD GAL.indd 26024-030 POR TU SALUD GAL.indd 26 3/5/16 19:543/5/16 19:54

Page 27: Eroski Mayo 2016 Gallego

pola túa saúde

as vantaxes de ser socio 27

non é en absoluto recomendable para a poboación xeral. É habitual recibir falsas informacións que prometen melloras para a saúde asociadas á exclusión do glute (como a perda de peso, ou melloras na saúde do cabelo, por citar só dúas). Non hai datos que apoien que seguir unha dieta sen glute achegue beneficio ningún á poboación xeral. De feito, hai evidencias científicas que suxiren que unha dieta sen glute podería ser prexudicial para a saúde

intestinal en persoas que non padecen enfermidade celíaca.

CONSELLOS ÚTILES• Amais da eliminación absoluta doglute na dieta, poden ser precisas outras medidas encamiñadas a corrixir os défi cit nutricionais. Non tomar glute permitirá resolver o problema e curar as lesións intestinais, pero iso non signifi ca que o paciente se poida desentender da enfermidade. Pola contra, debe facer un seguimento dela.

• Convén coñecer todos osaspectos relacionados con esta afección, información que achegará o médico, pero que tamén se pode obter a través das asociacións de enfermos celíacos no noso país.

• É necesario manter un contactoperiódico co dietista e realizar controis periódicos co especialista, será normalmente un gastroenterólogo, para estudar a evolución.

Non nos queremos esquecer de ningún consumidor e, moito menos, dos que teñen máis difi cultades para faceren a súa compra cotiá, como é o caso dos celíacos. A nosa oferta de produtos de marca EROSKI para as persoas con intolerancia ao glute segue en aumento e, na actualidade, contamos con máis de 400 artigos nos nosos estantes. Amais da súa calidade, dobremente garantida por EROSKI, destacan polo seu prezo, xa que son entre un 20% e un 50% máis económicos ca os que ofrecen outros fabricantes. Na web de EROSKI (www.eroski.es) podes consultar a listaxe actualizada de produtos sen glute.

EN EROSKI

024-030 POR TU SALUD GAL.indd 27024-030 POR TU SALUD GAL.indd 27 3/5/16 19:543/5/16 19:54

Page 28: Eroski Mayo 2016 Gallego

28

pola túa saúde

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

10%

20426%

18gGRAXA

10%

1gSAL

3%

2,5gAZUCRES

13%

3g

GRAXASATURADA

Eliminar o glute da dieta é o único tratamento para a celiaquía.

Propoñémosche tres pratos libres del.

Libre de glute

ENDIVIAS RECHEAS DE SURIMI CON SALMÓN

4 fácil 5-10’ 1-10

INGREDIENTES

• 2 endivias

• 50 g de paus de

surimi conxelados

sen glute EROSKI

basic

• 50 g de salmón

afumado sen

glute EROSKI basic

• 80 g de maionesa

sen glute EROSKI

basic

• 10 g de ceboliña

en vinagre

• 6 olivas negras

• 2 cogombriños en

vinagre

• 6 olivas verdes

• Perexil

COMO SE ELABORA

● Desconxelamos o surimi. Enchemos as

endivias coa maionesa e mais os paus

esmiuzados.

● Colocamos tiras de salmón afumado

por riba. Partimos os cogombriños,

as ceboliñas e as olivas en cadrados

pequenos, engadimos o perexil e

xuntamos este picado coa mestura

anterior.

● Servimos a temperatura ambiente. Se o

conservamos na neveira, é mellor poñelo

nunha bandexa cuberta con plástico de

cociña ou nun recipiente con tapa.

28

pola túa saúde

024-030 POR TU SALUD GAL.indd 28024-030 POR TU SALUD GAL.indd 28 3/5/16 19:543/5/16 19:54

Page 29: Eroski Mayo 2016 Gallego

29

pola túa saúde

as vantaxes de ser socio 29

Podes consultarna nosa web

os máis de 400 produtos de marca

EROSKI sen glute

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

17%

3369%

6gGRAXA

7%

0,4gSAL

3%

3,1gAZUCRES

4%

0,7g

GRAXASATURADA

MACARRÓNS CON TOMATE E ALFÁBEGA

4 principiantes 10-15’ < 7

INGREDIENTES

• 300 g de

macarróns sen

glute

• 300 g de salsa de

tomate frito sen

glute EROSKI

• Alfábega

• 40 ml de aceite de

oliva virxe

• Sal

COMO SE ELABORA

● Cocemos os macarróns en auga con sal

durante aproximadamente uns 5 minutos.

● Pasámolos pola auga fría e escorremos.

● Colocamos a pasta nunha pota xunto

coa salsa de tomate frito aromatizada coa

alfábega e cunhas culleradas de aceite

de oliva virxe.

● Dámoslle unha fervedura ao conxunto

durante dous minutos e servimos decontado.

as vantaxes de ser socio

024-030 POR TU SALUD GAL.indd 29024-030 POR TU SALUD GAL.indd 29 3/5/16 19:543/5/16 19:54

Page 30: Eroski Mayo 2016 Gallego

30

pola túa saúde

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

8%

1684%

2,8gGRAXA

5%

0,3gSAL

34%

31gAZUCRES

8%

1,5g

GRAXASATURADA

MILFOLLAS DE MARMELO, MAZÁ E QUEIXO

4 fácil 10-15’ 5-10

INGREDIENTES

• 2 mazás

encarnadas

• 100 g de queixo

fresco

• 100 g de marmelo

• 50 g de mel

COMO SE ELABORA

● Cortamos as mazás en toros fi nos e

cociñámolas volta e volta nunha tixola

antiadherente sen graxa ningunha, de

xeito que se fagan un chisco, pero sen

perder a súa fi rmeza.

● Montamos as láminas de mazá, queixo

e marmelo alternándoas. No intre de servir

engadimos unhas culleradas de mel morno.

pola túa saúde

Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde

SEMÁFORO NUTRICIONALPermíteche descubrir a cantidade de calorías, azucres, graxas (saturadas e insaturadas) e sal que contén una ración. Ademais, para que saibas a primeira vista o que comes,está identifi cado con cores.

MENOS AZUCREEliminamos máis de 28 toneladas de azucresdos nosos produtos.

MENOS SALSuprimimos máis de 17 toneladas de salde produtos da marca EROSKI.

MENOS GRAXASAínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña enerxía, non deben superar máis dun 35 % ao día. Por iso, eliminamos máis de 211 toneladas de graxa das nosas marcas.

SEN GRAXAS TRANSAs graxas vexetais parcialmente hidroxenadas achegan graxas trans e soben o colesterol malo. Por iso, suprimímolas das nosas marcas.

A túa saúde para nós é o primeiro

Todos os nosos produtosde alimentación inclúen osemáforo nutricional EROSKIpara que poidas seguir unhaalimentación saudable.

024-030 POR TU SALUD GAL.indd 30024-030 POR TU SALUD GAL.indd 30 3/5/16 19:543/5/16 19:54

Page 31: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI CLUB GALLEGO.ai 1 03/05/16 11:11EROSKI CLUB GALLEGO.ai 1 03/05/16 11:11

Page 32: Eroski Mayo 2016 Gallego

32

o escaparate

Novidades EROSKI SeleQtia

Un toque gourmetSe o que precisas é un ingrediente estrela co que bordar os teus pratos e

experimentar entre fogóns, non busques máis. Temos dúas novidades coas que

non vas fallar: o tomate seco especiado en aceite e a cebola confeitada ao

pacharán. Os dous son EROSKI SeleQtia e estanche ben bos!

o escaparate

032-034 ESCAPARATE CONSERVAS GAL.indd 32032-034 ESCAPARATE CONSERVAS GAL.indd 32 3/5/16 20:023/5/16 20:02

Page 33: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI CUCA.ai 1 03/05/16 11:16EROSKI CUCA.ai 1 03/05/16 11:16

Page 34: Eroski Mayo 2016 Gallego

34

o escaparate

Moitos son os factores dos que depende o éxito dun prato: a materia prima, o

bo facer do cociñeiro, a compaña, ou mesmo a fame coa que recibamos o ágape. Agora ben,

se contamos con ingredientes de calidade excepcional para a súa elaboración, parece que o triunfo está case garantido.

O tomate seco especiado en aceite e a cebola confeitada ao

pacharán de EROSKI SeleQtia son unha aposta gañadora. Están elaborados con ingredientes de primeira calidade e as súas receitas son puro contraste de sabores. Ceiba a túa creatividade na cociña!

TOMATES SECOS: MEDITERRANEAMENTE BOSReferente da cociña italiana, aos poucos vanse facendo un oquiño na nosa gastronomía. Os nosos tomates secos en aceite elabóranse dun xeito case artesanal: cando están no seu grao óptimo de madureza, deshidrátanse ao sol. Despois, límpanse, clasifícanse e introdúcense no frasco un a un. Báñanse en aceite, vinagre, perexil e ourego.

A nosa recomendación: próbaos en ensaladas, pizzas, focaccias, gofres e crepes salgadas, nos pratos de pasta ou sobre unha torrada. Tamén son ben apetitosos como gornición en pratos de carne ou peixe.

CEBOLA CONFEITADA: DÁLLES UN ‘AQUEL’ AOS TEUS PRATOSUn continuo contraste de sabor. Así é nosa nova cebola confeitada. Para a súa elaboración, utilizamos azucre moreno de cana, unha redución de vinagre balsámico e un toque doce de pacharán navarro. Toda unha experiencia gustativa.

Ideal para: tomar soa sobre unha tostada; é todo un manxar. Pero o seu sabor multiplícase cando a combinas con foie, carnes á brasa, queixo ou como un ingrediente máis en ensaladas mornas, hamburguesas ou sándwiches variados.

IMPRESCINDIBLEpara os teus

pratos de pasta

ELABORADOcon pacharán

de Navarra

032-034 ESCAPARATE CONSERVAS GAL.indd 34032-034 ESCAPARATE CONSERVAS GAL.indd 34 3/5/16 20:023/5/16 20:02

Page 35: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI APP GALLEGO.ai 1 25/04/16 15:41EROSKI APP GALLEGO.ai 1 25/04/16 15:41

Page 36: Eroski Mayo 2016 Gallego

energía para crecer

36

energía para crecer

Os bocadillos son un dos alimentos preferidos dos nenos que, polo xeral, rexeitan

todo o que os adultos consideramos ‘verde’. A combinación de ambos os dous elementos en forma de bocata vexetal aumenta as posibilidades de que os máis pequenos da casa coman verduras e se afagan ao seu sabor. A súa preparación require moi pouco tempo na cociña e o resultado fi nal paga a pena.

Os pais e mais os nenos deben comprender que é imprescindible non abusar dos embutidos -como o xamón e os friames-, queixos e patés. Por iso, hai que pensar en alimentos alternativos para o bocadillo infantil, que teñan sabores agradables para os cativos e un perfi l nutricional máis saudable, como poden ser os peixes enlatados, os patés vexetais -moi doados de elaborar na casa- ou os bocadillos vexetais.

UNHA MOREA DE POSIBILIDADESA lista é innumerable, xa que se poden empregar unha chea de hortalizas e combinarse con ovo, xamón, queixo, polo ou peixe. Non só o tradicional emparedado vexetal entra dentro desta elección; son saborosos os sándwichs vexetais combinados con xamón e tortilla, polo asado ou anchoas. E o mellor: podémolos tomar case todos fríos ou quentes.

Había unha vez un bocata verde Non só de embutido vive o bocadillo. A merenda pode ser máis saudable se optamos polos bocatas vexetais.

A túa saúde para nós é o primeiro

73.819 nenos participaron no Programa Educativo da Escola de Alimentación da Fundación Eroski www.escueladealimentacion.es

036-038 ENERGIA PARA GAL.indd 36036-038 ENERGIA PARA GAL.indd 36 3/5/16 20:113/5/16 20:11

Page 37: Eroski Mayo 2016 Gallego

energía para crecer

37las ventajas de ser socio

4 fácil 30-40’

0,87 €por

persoa

ROLIÑOS DE PAN VEXETAIS

37

INGREDIENTES

• 175 g de pan

de molde (8

rebandas)

• 150 g de leituga

• 100 g de patacas

• 100 g de cenoria

• 100 g de bonito

en aceite

• 2 ovos

• 90 g de chícharos

en conserva

• 25 g de olivas

verdes sen óso

• Sal

• 250 g de

maionesa lixeira

COMO SE ELABORA

● Cocemos os ovos en auga con sal

durante uns 10 minutos e refrescámolos

baixo un chorro de auga fría. Quitámoslles

a casca e reservamos.

● Pelamos e picamos en cadradiños

pequenos as patacas e as cenorias e

poñémolas a cocer nunha pota con auga

e sal durante uns 15 minutos. Escorremos e

deixámolas arrefriar.

● Mesturamos as verduras cos ovos

picados, o bonito esmiuzado (sen aceite),

as olivas picadas moi fi nas e os chícharos.

● Para rematar, engadimos parte da

maionesa e reservamos na neveira.

● Esmagamos as rebandas de pan, con

axuda dun rolo de cociña ou dunha

botella, ata conseguir unha capa fi na.

● Untamos maionesa no pan e agregamos

unha folla de leituga, un tomate cortado en

toros fi nos e unha capa da ensalada rusa.

● Enrolamos ata formar un cilindro, que

introducimos 10 minutos no frigorífi co.

● Cortamos cun coitelo de serra en toros

non moi grosos e presentamos os roliños

acompañados dunhas follas de leituga

aliñada.

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

CALORÍAS

9%

17314%

10gGRAXA

6%

0,3gSAL

3%

2,5gAZUCRES

10%

2g

GRAXASATURADA

as vantaxes de ser socio

enerxía para medrar

036-038 ENERGIA PARA GAL.indd 37036-038 ENERGIA PARA GAL.indd 37 3/5/16 20:113/5/16 20:11

Page 38: Eroski Mayo 2016 Gallego

energía para crecer

38

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

CALORÍAS

15%

2778%

5,5gGRAXA

17%

0,7gSAL

3%

2,6gAZUCRES

9%

1,8g

GRAXASATURADA

0,55 €por

persoa

4 fácil 20-25’

PANINI DE XAMÓN E QUEIXO CON CABACIÑA

INGREDIENTES

• 400 g de pan tipo

baguette

• 100 g de xamón

de york

• 1 cabaciña

• 100 g de mozzarella

• 100 g de salsa de

tomate

COMO SE ELABORA

● Abrimos a baguette polo centro, de xeito

que nos queden dúas metades de pan.

Sobre elas, estendemos a salsa de tomate

e, por riba, engadimos o xamón de york

e a cabaciña en dados. Esparexer co

queixo por riba.

● Introducimos no forno a 200 ºC durante

15 minutos. Utilizaremos a función de

forno que nos proporcione calor só na

parte de enriba, xa que do contrario

pódese queimar a parte inferior do pan.

Se utilizamos pan conxelado, sen cocer,

debemos programar tamén a calor

na parte inferior do forno para que o

cociñado sexa homoxéneo.

enerxía para medrar

036-038 ENERGIA PARA GAL.indd 38036-038 ENERGIA PARA GAL.indd 38 3/5/16 20:113/5/16 20:11

Page 39: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI PASCUAL.ai 1 03/05/16 11:02EROSKI PASCUAL.ai 1 03/05/16 11:02

Page 40: Eroski Mayo 2016 Gallego

EROSKI CONSUMER.indd 3EROSKI CONSUMER.indd 3 03/05/16 11:5503/05/16 11:55

Page 41: Eroski Mayo 2016 Gallego

fogar

41as vantaxes de ser socio

Deterxentes líquidos

Chegan os superdeterxentesMenos é máis. Os novos deterxentes líquidos EROSKI son más concentrados: con menos

cantidade de produto acadamos mellores resultados. A nova gama é moi completa e,

ademais, temos un deterxente líquido para cada tipo de lavado. Próbaos, vante convencer.

Poñer a lavadora é, posiblemente, unha das tarefas domésticas máis aburridas. E, o que é peor,

enfrontámonos a iso moi a miúdo. Estímase que unha familia de catro membros utiliza este electrodoméstico entre tres e cinco veces á semana como mínimo, o que suma máis de 200 veces ao ano. Esta tarefa vai alén de lavar, xa que logo hai que tender a roupa, recollela, encartala e pasarlle o ferro. E, nesta cadea de obrigadas rutinas, falta unha: elixir o deterxente co que facer o lavado.

MENOR TAMAÑO, MÁXIMA EFICACIANo recordo queda xa a imaxe publicitaria que durante anos amosaba unha ama de casa convencida de que o seu deterxente era o que lavaba máis branco e acadaba mellores resultados e, polo tanto, non cumpría cambialo por outro. Hoxe en día, a brancura no lavado séguese a buscar, pero tamén outro tipo de solucións.

Actualmente, abundan no mercado distintos produtos con diferenzas nas súas formulacións

e nos seus resultados. Hainos que serven para todos os lavados (sen importar a cor das pezas que se lavan conxuntamente), tamén hai deterxentes específi cos para a roupa delicada ou produtos 2 en 1, cunha formulación que contén substancias deterxentes e suavizantes.

A nosa gama de deterxentes líquidos EROSKI acaba de experimentar un gran cambio no tocante a fórmulas e deseño. Todos se testaron en laboratorios independentes e foron probados

fogar

041-046 HOGAR GAL.indd 41041-046 HOGAR GAL.indd 41 3/5/16 20:173/5/16 20:17

Page 42: Eroski Mayo 2016 Gallego

fogarfffffffffffooooooooooggggggggggggaaaaaaaaaaaaaarrrrrrrrrrrr

tamén polos consumidores nos seus propios fogares obtendo excelentes resultados fronte aos referentes do mercado. Amais dos ingredientes, unha das novidades dos novos deterxentes líquidos EROSKI son as súas botellas, agora máis compactas e de menor tamaño ca o resto de marcas do mercado. Por que facemos este cambio?

• Concentramos a fórmula: a dose de produto necesaria para cada lavado é de 65 ml. Con menos produto acadamos mellores resultados.

• Aproveitamos toda a capacidade do envase: Nada de deixar espazo libre no interior da botella. Este detalle tan banal a priori consegue múltiples benefi cios: Por unha banda, o envase ocupa menos na casa e manéxase mellor. Por outra, optimízase a loxística do produto e, o que é máis importante, reducimos o impacto no medio natural.

SABÍAS QUE…?• Os novos deterxentes líquidos respectan e coidan máis os tecidos e cores. Ademais, dilúense mellor a baixas temperaturas, polo que se poden utilizar en programas de lavado con auga fría. Tamén son a mellor opción para a roupa de cores escuras e tecidos delicados (la, seda, viscosa, etc.).

Por outra parte, son máis coidadosos co contorno, en especial as versións concentradas e ultraconcentradas, xa que o seu gasto enerxético é menor: polo seu volume, empregan menos materias primas, material de embalaxe e todo iso permite facer unha xestión máis efi ciente da súa almacenaxe e transporte en benefi cio do medio natural.

• Menos produto, máis aforro. Dependendo da concentración na fórmula (proporción entre a porcentaxe de materia activa e a de auga), o consumidor necesitará máis ou menos cantidade de deterxente para acadar un lavado efi caz. A máis concentración, maior cantidade de materia activa e, polo tanto, con menos produto conséguense resultados tan bos coma con máis cantidade doutro que estea máis diluído.

Á hora de comparar prezos e de se decantar por un deterxente ou outro, convén facelo tendo en conta

o número de lavados indicado no envase ou as doses que conteña cada un e non a cantidade de produto que se especifi que en litros ou quilos.

• O máis recomendable é utilizar a lavadora sempre coa carga completa -salvo que teña un programa específi co de media carga- en ciclos curtos e a baixa temperatura. Isto é sinónimo de aforro e coidado do medio natural. Se se seleccionan temperaturas baixas para o lavado aforraranse cartos na factura eléctrica: un ciclo a 60 º consume o dobre ca un de 40 ºC.

Foron testados en laboratorios independentes e probados por consumidores nos seus propios fogares con excelentes resultados fronte aos referentes do mercado

fogar

42

041-046 HOGAR GAL.indd 42041-046 HOGAR GAL.indd 42 3/5/16 20:173/5/16 20:17

Page 43: Eroski Mayo 2016 Gallego

fogar

as vantaxes de ser socioas as as aas vanvavva taxtaxxes es ese dede ede serserserserse sosososos ciociociociocioo

Os nosos novos deterxentesEFICACIA SUPERIOR:A XOIA DA COROA• É o noso deterxente estrela. Se antes

che gustaba, coa súa nova fórmula vaiche encantar, porque é perfecto para os lavados máis esixentes.

• A mellor fórmula da gama en efi cacia antimanchas.

• Proporciónalle unha brancura luminosa á túa roupa.

• Testado en laboratorio fronte á marca líder.

• Probado e aprobado polos consumidores.

2 EN 1: UN PRODUTOQUE VALE POR DOUS• Despídete dos lavados

complicados. Cun único produto a túa roupa estará lavada e suave. Así, aforrarás tempo e espazo, porque son dous produtos nun.

• Os axentes suavizantes deste tipo de deterxentes adhírense ás fi bras da roupa, evitando que se entrelacen, e proporciónanlle así suavidade ao tecido para que dure máis tempo. O resultado? roupa suave e delicadamente perfumada.

• Testado en laboratorio fronte á marca líder.

• Probado e aprobado polos consumidores.

Seguir as nosas recomendacións no tocante ás doses de lavado vaiche resultar moi doado cos novos tapóns con pico vertedor. Empregar máis deterxente non asegura mellores resultados. De feito, hai un risco elevado de que a roupa teña que pasar por un segundo lavado ao acumular restos, co sobrecusto que isto comporta

43as vantaxes de ser socio

041-046 HOGAR GAL.indd 43041-046 HOGAR GAL.indd 43 3/5/16 20:173/5/16 20:17

Page 44: Eroski Mayo 2016 Gallego

fogar

44

CORAZÓN DE MARSELLA:O QUE MÁIS GUSTA• Ten a honra de estar no podio dos

máis vendidos.• Ideal para a roupa branca e de

cor, xa que é efi caz tanto en frío coma en quente. Protexe cores e tecidos logo de moitos lavados.

• Testado en laboratorio fronte á marca líder.

• Probado e aprobado polos consumidores.

PINGAS DE FRESCOR:LAVADO LIMPO E PERFUMADO• Este deterxente é perfecto para

aquelas familias que adoran impregnar o seu lavado dun aroma fresco e lixeiro.

• Para obter un mellor resultado fi nal, recomendámosche utilizalo xunto co noso suavizante Aire de Colonia.

• Probado e aprobado polos consumidores.

fogar

041-046 HOGAR GAL.indd 44041-046 HOGAR GAL.indd 44 3/5/16 20:183/5/16 20:18

Page 45: Eroski Mayo 2016 Gallego

fogar

45as vantaxes de ser socio

LOVE ALOE: SENTIDOE SENSIBILIDADE• As peles delicadas precisan

coidados específi cos tamén no lavado da roupa. Este deterxente é o complemento ideal para os que buscan fórmulas deseñadas para peles máis sensibles.

• É un produto hipoalerxénico, é dicir, está formulado para minimizar os riscos de alerxias.

• Contén extracto de áloe vera, que coida e calma a pel.

• O noso deterxente non engade isotiazolinonas (un axente conservante que está relacionado coa alerxia de contacto) nin alérxenos.

• Foi testado en laboratorio fronte á marca líder.

COLOR PLUS: CUESTIÓN DE COR• A roupa que peor avellenta é a de

cor. Para paliar o paso do tempo e dos sucesivos lavados, é preferible utilizar deterxentes específi cos no seu coidado.

• A fórmula do noso deterxente contén axentes protectores da cor que evitan a transferencia entre as pezas de roupa e a súa posible degradación.

• Ideal para quen separa os lavados por cores.

• Testado en laboratorio fronte á marca líder.

EN CÁPSULA: DOBRE PODERAs cápsulas EROSKI duo cap, dobre poder, son o formato máis novo no mercado. Trátase duns saquiños de fi lme hidrosoluble (disólvese en

contacto coa auga) no interior do cal se atopa a dose exacta de xabón líquido para cada lavado, distribuído en dous compartimentos. Teñen as mesmas bondades ca os deterxentes líquidos, pero a elas hailles que sumar a facilidade de uso e a comodidade que lle proporcionan ao consumidor. Este produto tamén foi testado no laboratorio.

041-046 HOGAR GAL.indd 45041-046 HOGAR GAL.indd 45 3/5/16 20:183/5/16 20:18

Page 46: Eroski Mayo 2016 Gallego

fogar

46

Para un lavado perfectoAmais de empregar os nosos novos deterxentes líquidos EROSKI, hai unha serie de sinxelos consellos que farán que o teu lavado luza coma novo:

• Evitar a sobrecarga. É aconsellable encher a lavadora, pero non que a roupa quede demasiado apertada, xa que se lava peor porque non queda espazo abondo para que a auga se mova e circule sen difi cultades dentro do tambor.

• Facer lavados de mantemento. Cada certo tempo (a periodicidade dependerá da frecuencia de

uso) convén facer lavados de mantemento. É dicir, co tambor baleiro, débese realizar un ciclo de lavado no programa de algodón. Isto axuda a evitar as acumulacións de deterxente e lixo.

• Deixar a porta aberta. Para alongar a vida útil da túa lavadora e preservar futuros lavados, é conveniente deixar que o tambor se ventile ben despois de cada uso. Así evitaremos o cheiro e a humidade.

• Deterxente: na súa xusta medida. Non por utilizar máis xabón a roupa vai quedar máis limpa. Pola contra, máis deterxente equivale a un gasto maior, pero a un peor resultado. O exceso difi culta o aclarado. Por iso, hai que axustar a cantidade

de deterxente e suavizante ao grao de lixo da roupa e ao seu volume. Tamén hai que ter en conta a dureza da auga e programar a lavadora en función desta.

• Roupa solta e estendida. A roupa non se debe introducir enrolada ou encartada. E é conveniente alternar en cada lavado pezas de distinto tamaño. As máis pequenas, como panos ou medias, débense lavar dentro dunha bolsa de rede.

• Separar por cores e tecidos. É moi importante non mesturar as pezas máis escuras coas brancas para evitar a mestura de cores. O ideal sería seguir a indicación de separalas, segundo o tipo de tecido e o grao de sucidade.

fogar

041-046 HOGAR GAL.indd 46041-046 HOGAR GAL.indd 46 3/5/16 20:183/5/16 20:18

Page 47: Eroski Mayo 2016 Gallego

Broncea e protexe a túa pelsen preocupaciónsLa gama de Solares belle&sun está formulada con filtros UVB e UVA, e texturas non graxas. Resistente á auga.

#yosoybelle

Sen parabenos. Dermatolóxicamente probado.

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI SOLARES GALLEGO.ai 1 29/04/16 16:54EROSKI SOLARES GALLEGO.ai 1 29/04/16 16:54

Page 48: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI BELLE.ai 4 03/05/16 11:32EROSKI BELLE.ai 4 03/05/16 11:32

Page 49: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI MOUSSEL.ai 1 03/05/16 11:06EROSKI MOUSSEL.ai 1 03/05/16 11:06

Page 50: Eroski Mayo 2016 Gallego

52

S an Sebastián, Capital Europea da Cultura 2016, acollerá a mediados

de novembro a 28ª edición do World Cheese Awards, dentro do International Cheese Festival. En EROSKI quixemos estar presentes neste concurso de queixo, considerado o máis prestixioso do mundo, que reunirá a máis de 3.000 produtores de 40 países e a 250 catadores internacionais. A carón dos seus creadores participa na organización Artzai-Gazta, asociación de pastores-elaboradores de queixo de ovella latxa, que contará co noso apoio. EROSKI será o principal colaborador deste campionato, que pretende promover os queixos artesáns e poñer en valor o grande esforzo do sector gandeiro profesional,

EROSKI será o principal colaborador do campionato ‘World Cheese Awards’, que se vai celebrar en San Sebastián. Está considerado o concurso de queixo más prestixioso do mundo.

As froiterías dos nosos 99 supermercados en Galicia venden acelgas, verzas, espinacas, etc.

moi especiais. Son as verduras da nova marca propia We, a alegría da horta, 100% galegas e obtidas na Laracha e en Arteixo (A Coruña) para promover a capacitación e inserción laboral de discapacitados intelectuais. A iniciativa solidaria conta coa colaboración da Asociación Down Coruña, de Hortalizas Roberto López,da Escola Politécnica Superior de Enxeñería Agrónoma da Universidade de Santiago (USC) e da Asociación de Terapia Hortícola Aethores.

Verduras galegas con sabora superación

Máis ecodeseño para producir menos CO2

Marca ‘We, a alegríada horta’

Dentro do noso Plan de Sostibilidade e Medio Natural 2013-2016 marcámonos como obxectivo reducir as emisións de

CO2 nun 12% con proxectos de ecodeseño de envases. E grazas ás innovacións aplicadas, a nosa previsión é baixar máis de 123 toneladas. O contorno e mais ti, ídelo notar.

De entre as melloras, no apartado de cosmética utilízanse máis envases reciclables. Tamén se redeseñaron outros recipientes, reducindo o volume de produto (suavizante EROSKI) ou alixeirando o formato (expositores de coidado persoal de marca propia).

Por outra banda, participamos na actualización permanente da Guía de EcoDeseño editada por Ihobe, sociedade Pública de Xestión Ambiental do Goberno vasco. Ademais, a Fundación EROSKI está dende o 2015 nun consorcio relacionado coa sostibilidade do sector vinícola en varias rexións europeas. E somos os únicos do sector da distribución presentes no Basque Ecodesign Center, formado por empresas privadas e o Goberno Vasco para desenvolver proxectos innovadores de ecodeseño.

Envases ecolóxicos

comprometido co desenvolvemento rural e os altos estándares de calidade.

Haberá catas, obradoiros, conferencias e actividades que promovan o labor dos produtores artesáns. Prevese unha afl uencia de máis de 20.000 asistentes dos cinco continentes e a participación de produtores con Denominación de Orixe queixos de España e Europeos, cociñeiros recoñecidos a nivel internacional, artesáns, universidades e empresas da industria de queixo e gastronómica. Valo perder? Agardámoste!

San Sebastián

Entre queixos anda o xogo

052-053 NOTICIAS GAL.indd 52052-053 NOTICIAS GAL.indd 52 3/5/16 20:303/5/16 20:30

Page 51: Eroski Mayo 2016 Gallego

53as vantaxes de ser socio

‘Enerxía para medrar’,cada vezen máis aulas

PEAHS

A piques de pechar o curso escolar, dende a nosa Escola de

Alimentación da Fundación EROSKI fan un balance máis ca positivo da cuarta edición de Enerxía para medrar, o Programa Educativo en Alimentación e Hábitos de Vida Saudables (PEAHS). Este ano, máis de 71.000 escolares de entre 6 e 12 anos participaron nesta iniciativa gratuíta, case un 20% máis ca no curso 2014-2015. Ademais, as escolas inscritas nesta ocasión supuxeron o 8% dos centros de Educación Primaria de toda España.

Cun formato baseado en sesións teóricas na aula escolar e en obradoiros prácticos, o PEAHS incluíu este ano novos contidos, como a sesión Come e coida o teu corazón, desenvolvida en colaboración coa Fundación Española do Corazón (FEC), ou o obradoiro Os produtos da miña Terra, co que os menores coñecen nas instalacións dos produtores a orixe dos alimentos da súa rexión. Ademais, para este curso ampliáronse os materiais dispoñibles en formato audiovisual, para llelos facer máis atractivos e útiles aos nenos e profesores.

As escolas interesadas en participar no PEAHS durante o vindeiro curso pódense inscribir a través de www.escueladealimentacion.es ou no teléfono de atención94 6072841.

Na primavera, as hortas comezan a ofrecer os seus primeiros froitos. En Tudela (Navarra) e

Calahorra (A Rioxa) agradécenlle as súas colleitas á nova estación coa celebración de xornadas nas que as verduras e as hortalizas son as protagonistas. E dende EROSKI sumámonos a esas citas co patrocinio e organización de varias delas.

Do 18 ao 24 de abril celebráronse en Calahorra as XX Xornadas Gastronómicas da Verdura. Amais de preparar un concurso infantil de debuxo no noso hipermercado, convidamos a pinchos elaborados con verduras e organizamos un obradoiro infantil no Centro Xove Municipal

para que os máis pequenos fosen coñecendo as verduras.

E en Tudela, durante as XXII Xornadas de Exaltación da Verdura (22 abril-1 maio), tamén colaboramos en varias iniciativas, como no IX concurso de guisos con verduras, e lideramos outras, como o obradoiro de cociña a cargo de Virgilio Martínez (xefe de cociña do Restaurante Beethoven, en Fontellas) ou unha degustación popular.

Avosa resposta foi rápida e moi positiva. A

mediados de febreiro lanzamos dúas aplicacións gratuítas para móbiles e tabletas coas que adiantamos que mercar e aforrar en EROSKI ía resultar máis doado. E en só un mes superastes as nosas expectativas, xa que nas tendas iTunes de Apple e Google Play xa se rexistraron máis de 100.000 descargas delas.

A app EROSKI Súper, para facer a compra por Internet dende o móbil ou tableta, superou as 40.000 descargas. Dispoñible para os sistemas operativos iOS e Android en castelán, euskera, catalán, galego, inglés e alemán, ten como principal

atractivo o feito de permitir realizar unha compra semanal online en só 15 minutos. Xa a probaches?

Ademais, os máis 3 millóns de socios de EROSKI Club tedes tamén a app EROSKI para consultardes as ofertas das vosas tendas máis frecuentadas, facerdes a lista da compra ou atopardes os establecementos más próximos. Nun mes xa a descargaron 60.000 persoas. E ti?

Tempode hortalizas

Tudela e Calahorra

Novas ‘apps’

En só un mes, 100.000 descargas

052-053 NOTICIAS GAL.indd 53052-053 NOTICIAS GAL.indd 53 3/5/16 20:303/5/16 20:30

Page 52: Eroski Mayo 2016 Gallego

54

Escaparate:Que bo o xeado EROSKI

Protagonistas:Zumes verdes: para te coidares por dentroe por fóra

Beleza: Novidades belle: todo para a túa pel

Unha ración contén:

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

17%

33126%

18gGRAXA

13%

1gSAL

5%

4,4gAZUCRES

34%

7g

GRAXA SATURADA

O semáforo nutricionalQue é?

O semáforo achéganos información nutricional sinxela e facilmente comprensible sobre as receitas que podes atopar nesta revista. A preocupación por che ofrecer unha alimentación sa e equilibrada levounos a incluír esta información orientativa, que te pode axudar a construír unha dieta máis saudable.

Sobre que informa o semáforo nutricional?

RACIÓN. Enténdese por ración a porción de alimento que inxerimos habitualmente cada vez que o comemos.

ACHEGA DE NUTRIENTES. Infórmase sobre a cantidade de calorías e nutrientes que achega cada ración de alimento inxerido.

CANTIDADE DIARIA ORIENTATIVA (CDO). A comunidade científi ca recomenda unha cantidade diaria de calorías e de nutrientes (a CDO) que cómpre inxerirmos para mantermos unha dieta sa.

Como se calculan estas porcentaxes? Están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2.000 kcal (agás nos produtos para nenos, calculados para as súas necesidades). Ademais, as necesidades individuais poden variar en función do sexo, da idade, da actividade física ou doutros factores.

QUE SIGNIFICAN AS CORES? A achega nutricional dunha receita depende dos ingredientes elixidos, da cantidade de cada un deles que empreguemos ao preparala, do xeito

no que se cociñan (non é o mesmo fritir, asar, cocer...) e do tamaño da ración que inxerimos.

As cores do semáforo nutricional que verás en cada receita facilitan a comprensión da información nutricional dunha ración. Dunha soa ollada poderás saber a importancia que unha ración ten en relación coa Inxestión de Referencia.

Así, para as calorías e os nutrientes de cada receita...

...unha ración supón unha achega importante das necesidades diarias

...unha ración supón unha achega algo menor, aínda que segue a ser signifi cativa

...unha ración da receita supón unha menor achega sobre a Inxestión de Referencia.

O valor concreto para cada nutriente nunha ración de cada receita vén expresado en valor absoluto e en porcentaxe sobre a Inxestión de Referencia.

o vindeiro mes...xuño’16

054 PROXIMO MES GAL.indd 54054 PROXIMO MES GAL.indd 54 3/5/16 20:413/5/16 20:41

Page 53: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI VIVEPLUS.ai 1 03/05/16 11:53EROSKI VIVEPLUS.ai 1 03/05/16 11:53

Page 54: Eroski Mayo 2016 Gallego

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

EROSKI WILKINSON.ai 1 03/05/16 11:23EROSKI WILKINSON.ai 1 03/05/16 11:23