9
Lois Diéguez Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados

Lois diéguez

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Lois diéguez

Lois Diéguez

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Page 2: Lois diéguez

Aparece na medida en que coñezo a literatura galega que me mostra a principio dos 60 o poeta Manuel María. Daquela non sabiamos que existía unha literatura escrita no noso propio idioma e descubrilo foi toda unha revolución. Despois, ao ir estudar a Madrid, aquela experiencia de contacto cunha cultura totalmente diferente á nosa e con xente que se burlaba do noso acento afirmoume no pensamento nacionalista como fórmula acaída para resolver os problemas que padeciamos.

Lois Diéguez

1. De onde cre que provén o seu pensamento nacionalista?

2. Que supón o espazo vital onde naceu para vostede? E para as súas obras literarias?

Estamos a sufrir os maiores ataques que desde a malfadada Reforma Política sufriu o noso idioma. Coa involución que no aspecto social aparece en Europa e tamén no mundo, esa agresividade imperialista que se multiplica até o exterminio de pobos e culturas, a globalización sen lindeiros para a destrución do diferente e plural, e o paroxismo dunha economía controlada polos maiores ladróns do mundo... os servidores deses amos entraron xa nunha especie de bebedeira contra todo aquilo que nos enriquece, que nos dá color e diversidade. Aquí, na Galiza, colleron esa bandeira negra e letal tres personaxes que mostran arreo unha especie de arrogancia e autoodio sen límites tamén: o estirado e autocompracente presidente Feijoo, un curioso ignorante e home sen escrúpulos como é o conselleiro de descultura e malaeducación, Jesús Vázquez, e un mutante exemplo de treparia biografía de indignidade que se chama Anxo Lorenzo, o Xudas destes tempos negros. Trío no que descansa unha filosofía de volver Galiza á etapa escura do servilismo. O retroceso en dous anos do amparo lexislativo que tiña o noso idioma está a resultar mortífero. So queda a esperanza de que xente nova coma vós, que non tedes os complexos idiomáticos doutras xeracións, vos ergades contra estas vergoñentas accións.

Ese espazo é como unha prolongación dun mesmo, xa que é nel onde comezamos a ter a primeira consciencia dos seres e das cousas, e iso fica gravado en nós xa para sempre. O meu Monforte natal e os distintos concellos do Val de Lemos polos que andei e sigo a descubrir arreo, están presentes en toda a miña obra. Paisaxes, personaxes, accións... son na inspiración como unha fonte que segue a ceibar auga fresca cada día. As paisaxes e mesmo bastantes rostros que describo son case sempre reais. Pódense descubrir en moitos dos recunchos do país de Lemos. E gozo con iso porque é como se cada vez que o fago rescatase unha parte da miña infancia ou adolescencia.

3. Que opinión ten respecto ao conflito actual que atravesa a nosa lingua galega?

Lois Diéguez asinando a súa obra “A poutada do Oso”.

Page 3: Lois diéguez

Ocupa un espazo importantísimo porque é aí onde o imperialismo está a matar e roubar cada día sen que nengún organismo internacional condene as súas accións. Nen a xente de Europa, atafegada ela nese mundo brutal do consumismo sen decatarse de que tamén é unha vítima. As culturas dos pobos da área musulmá é riquísima, solidaria e humana. Moi pacifista, por certo, contra todo o que nos digan os propios imperialistas nos medios de comunicación controlados por eles mesmos. Visitar estes países é comprender a riquísima variedade de alternativas que podemos dar ao medio físico onde vivimos. Por Oriente nace o sol e isto imprime nestes países un xeito alegre e vivo de ver o mundo. Coas invasións e roubos dos ianquis e os seus aliados estase a matar toda esta riqueza e eu vou arreo alí para gozar da palabra quente e humanizada que aquí xa non abonda, e levo toda a xente que podo para que comprobe por si mesma as mentiras que seguen a botar os medios de comunicación occidentais sobre este mundo. Nalgunha das miñas novelas, especialmente en O canto do Muecín, aparece cumpridamente ese mundo.

Lois Diéguez

5. Como xulgaría o presente da nosa literatura galega? E o futuro?

Gústame a súa variación, mesmo a súa vitalidade, os múltiples rexistros que está a crear, a riqueza de voces que se van unindo cada ano a esta tarefa da escrita que nos pon á altura creativa de calquera país de Europa e do mundo. Pero o que me preocupa dela é a pouca firmeza que ten, en xeral, a respecto do noso idioma. Sen el, a nosa literatura será española e non galega, e coido que se está caendo moito no interese comercial e mesmo oportunista, abandonando así o carácter nacional da mesma, sen o cal xa non terá sentido. Refírome, sobre todo, a esa aparición dos nosos libros, inmediatamente que se publican, nos dous idiomas, galego e español, cousa inxusta e perigosa, pois desa forma, privando sempre o máis poderoso, as edicións en galego acabarán aparecendo como unha anécdota. Coido que os escritores e escritoras deberían defender máis a arma de traballo que temos, que é o galego, pois sen el, tamén eles acabarán morrendo.

4. Ollando algúns títulos das súas obras como Intifada ou O canto do Muecin ou incluso a súa foto na Biblioteca Virtual Galega, pódese dicir que o mundo árabe ocupa un espazo na súa vida, no seu pensamento…?

Lois Diéguez e Filipe-Senén asinando un exemplar de “A poutada do Oso”.

Page 4: Lois diéguez

Gústanme todos, segundo o que nun momento determinado queira facer. Un texto curto levarame sempre á poesía. É como un flash que che vén e que podes deixar moi concretado. Se quero investigar máis, indagar, entrar en profundidade na caracterización dun personaxe ou dun grupo, ou dunha historia, voume para o conto, o ensaio ou a novela, onde teño máis vagar para crear toda clase de rexistros e estruturas. Por historia, por lecturas e mesmo pola variedade de xéneros que se practican aquí na Galiza e decatándome dos que xa temos maxistralmente conseguidos, até agora, levo traballado máis na prosa, na longa e reflexionada concatenación de historias.

Lois Diéguez

7. Que temas lle gusta máis tocar nas súas novelas e por que?

Sempre os que leven a profundizar, a analizar na psicoloxía do ser humano concretado no que máis coñezo, que é o galego. Ese debate e misterio que aportan sempre as culturas no seu proceso histórico e no seu desenvolvemento e as inmensas contradicións que crean nos seus propios creadores que son os animais chamados racionais. A dependencia e a ignorancia que crea sempre seres indefensos, e refírome a calquera aspecto que inflúe na vida das persoas, ben nas relacións persoais ou nas colectivas. E neste aspecto o ser galego, ofrece tal cantidade de espellos que limpalos das manchas amoreadas pola historia é un traballo realmente apaixonante, independentemente dos seus resultados. Esta é a temática fundamental sempre presente nos meus libros e cunha variedade de casos que até a min mesmo me sorprende. Coñecer o fondo do ser galego é toda unha aventura.

6. Que xénero literario dos que escribiu lle gusta máis cultivar e por que?

Filipe-Senén, Lois Diéguez, Teresa Moure e Francisco Pillado.

8. A que se debe que dentro da súa literatura haxa un reducido apartado de obras infanto-xuvenís?

Nunca fun gran lector de literatura chamémoslle infantil ou xuvenil. Paréceme que é moi difícil expresar con acerto ese mundo se pensamos a quen vai dirixido. Desde moi novo sempre lin libros "para maiores", e ese mundo, sen saber por que, foi o que me guiou. Aínda que nalgún caso entrei tamén no outro, considero que non resultou tan acertado e, en todo caso, que non me colleu no seu magnetismo.

Page 5: Lois diéguez

Realmente identifícome con todas, sobre todo as escritas a partir de 1975, e digo isto porque está en relación coa idade e coa experiencia, co saber que vai dando a vida. As primeiras teñen esa inxenuidade de quen é puro, a pureza da mocidade, sempre máis altruísta. As outras están mellor conseguidas na forma e no fondo. Cada unha ten unha historia e un mundo que se foi facendo arredor dela mentres a escribía e, colectivamente, unha vez publicada. O tempo vai consolidando a acción e a sabedoría (loxicamente sempre incompleta) e iso é o máis fermoso. Un creador coñécese mellor no conxunto do seu traballo, e hoxe o meu, xa se fixo máis completo e síntome contento por facelo, mais nunca totalmente, pois o camiño segue subindo ou baixando no seu relativamente longo percorrido.

Lois Diéguez

10. A que se debe que dentro da súa literatura haxa un reducido apartado de obras infanto-xuvenís?

Nunca fun gran lector de literatura chamémoslle infantil ou xuvenil. Paréceme que é moi difícil expresar con acerto ese mundo se pensamos a quen vai dirixido. Desde moi novo sempre lin libros "para maiores", e ese mundo, sen saber por que, foi o que me guiou. Aínda que nalgún caso entrei tamén no outro, considero que non resultou tan acertado e, en todo caso, que non me colleu no seu magnetismo.

9. Dentro das súas obras, con cal e coa que máis se indentifica? Por que?

Deseño da portada da súa obra “A poutada do Oso”.

11. Xeralmente os escritores adoitan adicarse a oficios relacionados coa literatura ou algunha das súas vertentes, pero vostede adicase á enxeñaría... a que se debe este contraste? Pode que iso fose un tópico e que a arte literaria non dependa, desde logo, da actividade desenvolvida polo seu autor ou autora?

Por suposto que non. Unha cousa é do que podes vivir e outra o que podes crear. Hai todo tipo de exemplos na literatura universal. Na nosa é diferente, porque se trata dunha literatura que non é libre, que segue baixo as poutas dun sistema político máis ou menos imperialista que non quere admitila. Apenas hai escritores e escritoras en Galiza que poidan vivir diso, da creación literaria. E aquí está a cuestión: se queres escribir e escribir libremente sen dependencias económicas tes que ter un traballo que te libere nese sentido. Cando eu estaba a mirar que carreira ía facer pensaba en maxisterio. Pero daquela un mestre cobraba moi pouco, de aí que, con bo acerto, meu irmán Ismael convenceume de que fixese unha carreira técnica coa cal puidese vivir con dignidade para, dese xeito, poder escribir como eu quixese. E tivo razón. Fixen as dúas cousas e resultaron.

Page 6: Lois diéguez

Eu non son quen realmente pode falar diso porque debo ser un dos escritores menos premiados na historia da nosa nación. Poderíavos falar dalgún caso en que si o fun, como o premio Blanco Amor de novela. Naquel momento resultoume grato porque había un silencio espeso sobre os que facíamos un tipo de literatura máis experimental e de fondo psicolóxico dentro do que acabo de expoñer no punto anterior. Pero analizando todo o que pasa neste mundo dos premios e das relacións, dos intereses variados (editoriais, políticos, comerciais, ideolóxicos...), teño a impresión de que na maioría dos casos son sempre o resultado do comportamento e relacións que existen entre persoas determinadas con certo poder político ou de grupo. Eu non valoro nunca unha obra, sexa do tipo que sexa, polos premios. Valóroa polo que a min e á xente lle pode aportar.

Lois Diéguez

12. Cal é o premio máis importante que recibiu e que sentiu ó recibilo? Que concepto ten deles? Teñen unha función primordial para a nosa literatura?

Lois Diéguez na libraría Couceiro de Santiago de Compostela.

Page 7: Lois diéguez

CUESTIONARIONa libraría Couceiro.

Lois Diéguez expoñendo a súa biografía.

Page 8: Lois diéguez

 A catedral de

Santiago de

Compostela

Un monumento

salientábel?

Podían ser moitas moitas...

pero podo poñer, por exemplo, A

esmorga, de Blanco Amor. 

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Historia del Zoo, de Edward Albee 

Unha obra teatral?

 Bautista Álvarez e Greta Garbo (que, ademais, farían unha moi boa

parella).

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Por exemplo, Stephen V

izinczey

e a súa novela O home do toque

máxico.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiro

s?

Tería que ir á miña infancia e velo

desde aquela perspectiva para lembrar

ao Jabato. 

Un personaxe de ciencia-

ficción co que se identifique?

 Brokeback Mountain, do

director Ang Lee, película do 2005.

Unha película de cine

Page 9: Lois diéguez

 Visitar Irak e Palestina

durante moitos días, e

tranquilo.

Un anceio por realizar?

Viaxar polas outras

culturas. 

Outro entretemento

ademais da literatura?

 Todo iso.Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

O Nilo por Exipto, A Rectoral de Castillón, na Ribeira Sacra.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

As loitas dos Irmandiños.

Un feito histórico?

Poder desenvolverme

plenamente como

galego.

Unha utopía?

 Sentado fronte ao mar.

Un lugar axeitado para a lectura?

Imagine de John Lennon.

Un tipo de música? Unha canción?

Rosalía de Castro.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?