71
 1

Marta Dacosta - Cinsa

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 1/70

 

1

Page 2: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 2/70

 

1

2ª edición, 2015

(1ª edición:

 www.blogoteca.com/acuatica07

2009-2010) 

© Desta edición: Instituto de Estudos Miñoranos

© Do texto: Marta Dacosta

© Das fotos: Alfredo López “Tokio” e Marta

Dacosta

© Do debuxo “Cronopio e tartaruga” (páx. 59):

 Aldán López Dacosta

©Da capa: Miguel Anxo Mouriño

Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)

Director: Carlos Méixome Quinteiro

 Apartado 30

36380 Gondomarhttp://www.minhor.org

e-mail:[email protected] 

Page 3: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 3/70

 

2

No verán do ano 2004, escribín o último poema dun

conxunto de textos que logo formarían un libro que

titulei Cinza. O proxecto constaba de varias partes, co-

mo un percorrido que tiña o seu colofón  nun conxunto

de textos que foran concibidos como unha especie de

álbum de poemas que, ás veces, tiñan unha anotación,

unha imaxe. Por iso os poemas tiñan a referencia da

data. Un álbum moi particular e persoal, aínda que, ao

tempo, forme parte do colectivo, do pobo, en tanto que

fala dos seus traballos, dos seus sufrimentos. 

O libro agardou a ver a luz, mais a crise fanou ese pro-

xecto, e acabou sendo publicado no meu caderno dixital

entre abril de 2009 e febreiro de 2010, aínda que algúns

poemas xa foran publicados antes.

Esta edición dixital que tedes nas mans foi revisada para

esta publicación entre o 8 e o 24 de febreiro, datas dos

nacementos de Eduardo Pondal e Rosalía Castro.

 A autora

Page 4: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 4/70

 

3

Marta Dacosta

CINSA2ª edición 2015 

Page 5: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 5/70

 

4

Que é mais certa

a árbore que ardeu

ou a cinsa que ata esta memoria

CINSA

perfil que se esvaece

Mácula gris

que lembra o paso do lume

o corpo que ardeu

Cinsa

que de min queda

negra, como noite minguante

branca, como a luz do oeste

Page 6: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 6/70

 QUE DE MIN QUEDA

5

QUE DE MIN QUEDA

Page 7: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 7/70

 QUE DE MIN QUEDA

6

MEMORIA

memoria do corpo

memoria da pel

da auga

memoria do que queremos esquecer

seixo que se desfaiarea arrastrada

chuvia que non se para

auga que o leva todo

memoriamemoria do que non queda

do que borramos

profundamente

dolorosamente

para defendernos

Page 8: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 8/70

 QUE DE MIN QUEDA

7

Page 9: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 9/70

 QUE DE MIN QUEDA

8

PRENDE o lume

e este ramallo de silvas e toxos

arde voraz en xigantesca labarada,

cubrindo de cinsas este instante,

igual que se ascendese de súpeto

innúmeros chanzos,

lanzada violentamente ao abismo.

 Todos os meus fantasmas,

eses demos particulares que dormen no faiado da mente,

espertan.

 Agárranme dos pelos, arrástranme,abren a memoria cos coitelos dos seus dedos.

(sigo deitada cos ollos fechados,

parece que durmise)

Page 10: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 10/70

 QUE DE MIN QUEDA

9

De xeonllos convértome en nobelo,

cego os ollos e os oídos,

pregúntome como conseguín esquecer,

esculco se hai indicios de memoria

e négome,

négome a lembrar...

négome a lembrar

os rostros dos fantasmas que acompañan

todas as horas

cada lugar

Page 11: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 11/70

 QUE DE MIN QUEDA

10

MÍRAME ben,

se son de pedra, este vento é ferinte de máis,

multiplica nas horas o efecto dos séculos,

bota por terra a miña altura.

Mírame ben,

se son de pedra, esta chuvia incesante arrástrame os afectos,

 varre no seu río a firmeza da alma.

Quizais non son de pedra,

se callar é de area a casa desta voz

e unha brisa ou un aire derruban os seus muros.

Maissegura estou da dor con que o vento e a chuvia

deste século novo desfán os alicerces,

levantan o teito, baten

nas ventás e nas portas.

Page 12: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 12/70

 QUE DE MIN QUEDA

11

Pois si, somos de pedra,

mais non contra esta furia

inmensa e destrutiva.

Page 13: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 13/70

 QUE DE MIN QUEDA

12

FERIDA en que habito,

sangue que me fai viva e lava

o proído da carne, a cerna purulenta

que se crava,

mentres a dor é todo

e hai consciencia.

Como explicar a noite,esa hora en que o soño non existe

e a alma enumera cada golpe,

abre as feridas, observa,

como nace a dor e se anestesia.

Dor da ferida en que habito,sangue e consciencia,

desexo

de que o tempo varra esta gangrena,

esta úlcera que medra cada día,

esta ferida que me vive.

Page 14: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 14/70

 QUE DE MIN QUEDA

13

 ABRES o caixón

e o pasado rebenta ante os teus ollos,

sae do seu peche de anos

e reabre a loucura e as feridas,

cunha risa boba de sorpresa,

de incredulidade.

 Ás veces as lembranzas sonsobres sorpresa cheos de tenrura,

un toque na fronte que te derruba

sentada sobre o chan

para saborear unha paréntese impredicíbel.

Po e palabras,páxinas enteiras para redescubrir,

para lembrar

outras miles de cousas esquecidas,

perdidas,

para doerche a súa ausencia.

Page 15: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 15/70

 QUE DE MIN QUEDA

14

CHANZOS

Page 16: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 16/70

  CHANZOS  

15

O LANZADOR DE COITELOS.

(xaneiro de 2002)

I

Eu só estou aquí,colada a esta táboa que non me salva,

fechando os ollos ao que se aveciña.

El lanza os coitelos,

sen que eu saiba nunca

cara a onde dirixe a súa man.Nada me queda xa

só pegarme a esta diana

e agardar

sen saber moi ben en que confío.

Page 17: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 17/70

  CHANZOS  

16

II

Non quero estar diante da diana,

o lanzador de coitelos chisca os ollos,

proxéctome a un lado

espida e fría,

sen respirar nin tremer,

inmóbil.

E vexo o meu corpo alí,

na diana á que apunta.

 Vexo o meu corpo branco,

xeo de carne e óso para a ferida.

Quero tremeragora que el vai lanzar

os seus coitelos.

Page 18: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 18/70

  CHANZOS  

17

(31 DE OUTUBRO DE 2003)

miramos cara a atrás, que o camiño é memoria,

e a memoria o antídoto

contra a perversidade 

e non esqueceremos

que os seus corpos inchados eran carne maldita,

negocio coñecido e ocultado,

usura permitida sen rubores.

Que a esperanza bombeou o sangue dos seus corpose que os mantivo con vida

para ser devorados deste lado,

cadáveres varados para esta indiferenza,

man, ladrillo e obxecto deste odio.

Hoxe hai unha tregua de luz, tan necesariapara iluminar o camiño e que a memoria

Page 19: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 19/70

  CHANZOS  

18

traia até o presente a súa esperanza,

o amor e a loita que perderon

nunha noite sen luz,

sen corazóns,

sen mans

para salvalos.

Page 20: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 20/70

  CHANZOS  

19

EQUILIBRISTA

(Vigo, xaneiro de 2004)

I

Rúa, escaparate, barra en que te deslizas,puta ou ximnasta en loita co equilibrio,

gata na noite sen unllas contra a morte,

pequena princesa sen cabaleiro ou contos.

Paras, camiñas, retrocedes, agardas,

impresionante e perfecta para quen non te ama,armada e indefensa no gume da sorpresa,

tan triste a túa alma como brillante o corpo.

Rúa, escaparate, barra por que camiñas

sen poder arredarte do abismo que te asexa,

a un suspiro do salto ou da caída,tan brillante e tan triste, tan pequena.

Page 21: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 21/70

  CHANZOS  

20

II

Non sei o nome da bailarina,

chámolle Ofelia,

porque o seu corpo aboia na tarde

e os seus ollos están sempre abertos

e perdidos.

 Tan branca e tan fría,

co silencio gravado na lingua

e a indecisión prendida á alma.

Debería preguntarlle o nome,

peitear o seu cabelo,

lerlle un verso,agarrar a tristura en que se envolve.

Debería

Page 22: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 22/70

  CHANZOS  

21

III

o medo apodérase de nós,

fainos retroceder,

inspíranos a renuncia

Manter o equilibrio

por non sentir a dor,

o golpe que me fende,

que parte esta carne usada e torpe.

Pánico a levantar o pé,

a perder o equilibrio,pánico e obsesión a un metro de altura,

sobre a ríxida barra que oscila ameazante.

Manter o equilibrio

é necesario neste tránsito,

en que o medo,esa obsesión odiada que non se borra,

teima en ancorarse ao meu espírito

para derrubarme

Page 23: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 23/70

  CHANZOS  

22

DA AMA DAS PEROLAS

(17 de xaneiro de 2004)

Experta en baixar ao fondo,a un fondo ermo que nada ofrece,

illada e muda,

pelexo contra o bosque de algas que me atrapa

sen que un barqueiro agarde,

asexe o meu tirón desesperado desde o fondo,hale o meu corpo pesado e desamado.

Baixo e baixo ao fondo,

só para atopar este deserto cego,

esta soidade de ruídos xordos,este bosque escuro e enganoso,

Page 24: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 24/70

  CHANZOS  

23

e non hai barqueiro nin remador

no outro extremo da corda,

no outro extremo da vida,

para devolverme á superficie.

Page 25: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 25/70

  CHANZOS  

24

ESCALEIRA sen chanzos,

talo de espiñas polo que descender ensanguentada

até o pozo que agarda.

aquel pozo de porta incandescente

que turra por nós

desde a memoria

Escaleira que un día descendín como un xogo

mentres o mundo se precipitaba,

mentres o silencio era de espanto

e sen sabelo, todo ficaba no fondo da consciencia.

Sigo baixando

tampouco hoxe hai chanzos que me leven,

só unha rampla,

unha velocidade fría que me empurrae agora si,

Page 26: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 26/70

  CHANZOS  

25

a consciencia do medo.

porque esa escaleira é a resposta.

Primeiro o medo,

o pánico sangrando no tiro que se torce,

os chanzos mínimos abertos como bocas,

e a precipitación acumulada

sobre os pés que non acougan.

O medo é primeiro,

mais os pés obedecen

e soben con cautela,

con tino,

con descaro.

Unha contradición colgada da varanda,

a decisión que sobe e baixa,

aparentemente indiferente,

e tapa os ollos do medo.

Page 27: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 27/70

  CHANZOS  

26

 TI SABES dos meus medos,

do pánico que habita as horas que compoño

e da dor que me varre en cada movemento.

Da escaleira que foi metáfora da morte,

ou ascenso ao abismo

que teima en destruírme.

 Ti sabes dos meus medose da dor do equilibrio,

do sangue nas palabras

e a ferida suicida

con que incendio a loucura

das pontes derrubadas.Por iso cada tarde cando o sol me destrúe

as túas mans son táboas no río do delirio

e átasme a elas mentres sostés con forza

o fío que nos une por enriba do medo.

Page 28: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 28/70

  CHANZOS  

27

MAPA DE TARDES

Page 29: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 29/70

   MAPA DE TARDES  

28

(SETEMBRO)

Busco o tesouro do pirata

no meu mapa de tardes

El marcou este lugar exacto

feito de luz e quietude. 

Estás

na encrucillada do tempo que en setembro

peta na túa porta

e, mentres se descobre,

adianta na súa man as castañas espidas. Todos os anos chove,

sal e mar que te lembra

que a dor foi a consciencia

como agora,mentres o outono chega

Page 30: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 30/70

   MAPA DE TARDES  

29

SEN darnos conta

o enxame buscou oco e acubillo

e no sol do mediodía

as abellas zumban nerviosas,

invaden os espazos da casa,

aliméntanse das rosas de sangue

que impregnan esta esquiva primavera.O enxame cala á noite

e cada día concentra o seu esforzo

na escuridade impenetrábel,

onde constrúen o destino das larvas.

 A felicidade, como as abellas, non avisa,é inútil agardala.

Instálase no máis recóndito,

constrúe o seu favo de mel

e, cando o pensas,

todo o néctar foi xa devorado,o sol cambiou a hora,

Page 31: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 31/70

   MAPA DE TARDES  

30

os días avanzaron,

e o camiño que as abellas aprenderon

agarda á vindeira primavera.

Page 32: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 32/70

   MAPA DE TARDES  

31

SABES?

 As rosas son a beleza máis sinxela

da terra empobrecida, a beleza a pesar

das lesmas e do frío,

a pesar desa enredadeira parasita

que afoga o talo espiñento.

Recenden, cunha forza tan grandecomo a cor que demostran,

cargada e palpitante.

E é tan grande o empeño

por naceren e abrirse,

por inundar o espazo dese aroma imposíbel,que son curtos os días,

en que me pertencen.

Page 33: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 33/70

   MAPA DE TARDES  

32

 AS ÁRBORES medran coa casa

á nosa imaxe e semellanza,

espello vivo na intemperie.

 A maceira floreou e agora agarda

un froito descoñecido e raro,

mentres pradairo e nespereira

medran escandalosamenteá vista dos meses.

O buxo confirma a súa liñaxe,

tamén o limoeiro, rodeado de morotes,

pequenos, redondos, ventureiros.

Margaridas, xeranios, azaleas,tormentelo e lavanda, loureiro.

É o mundo que nós, das nosas mans creamos

á nosa imaxe e semellanza,

espello dos nosos coidados

e abandonos.

Page 34: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 34/70

   MAPA DE TARDES  

33

Page 35: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 35/70

   MAPA DE TARDES  

34

DEVEZO pola calor da tarde

no recuncho matriz da casa.

Paro

e fago reconto de urxencias,

peso responsabilidades, calculo

a parábola do tempo imprescindíbel,a suma do tempo necesario,

despexo a incógnita do tempo que desexo.

Podería

reconstruír as horas e o espazo

e edificar outro horizonte de encargos,outra lista virtual de tarefas a cumprir,

outra carpeta de desexos para levar adiante.

Non é difícil,

só hai que parar,

sentarse na ventá do oeste que prolonga a tarde,botar man da báscula que nunca uso

Page 36: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 36/70

   MAPA DE TARDES  

35

e calcular con precisión

canto tempo me falta para a vida.

Na ventá do oeste,

a que captura o sol para o recuncho matriz,

a que garda a luz,

a que adiviña o mar e sabe de illas

e paxaros.

Page 37: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 37/70

   MAPA DE TARDES  

36

NESTA hora

o vento chega para acariñar as árbores,

espilas, mentres pulsa as cordas do ceo,

tirándolle unha harmonía inaudíbel.

É o alento dunha mensaxe,

un parolar de espíritos que espertan

e corren na fraga,mentres se fan donos da nosa alma,

atándonos a unha inocencia non sabida.

 A mesma luz xoga a seducirnos,

namorándonos deste momento, desta terra,

deste anaco de terra en que medramos,e algo toma sentido.

 Acado o ceo,

abanada brandamente e déixome levar,

boto a correr,

eu tamén, saltando riseirapor entre as pólas da tarde.

Page 38: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 38/70

   MAPA DE TARDES  

37

DA TRIBO DAS SEREAS

Page 39: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 39/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

38

DA TRIBO das sereas eu son,

e trouxéronme os ollos do mar,

as escamas brillantes

con que adorno esta pel de sal.

Da tribo das sereas,

das mulleres que berran o peixe eu son,

das que afunden as mans no xeo do amencer.Das mulleres que alisten palangres eu son,

das que refán e constrúen as redes

como unha firme laxe para soster o mundo.

Das mulleres que aman eu son

e con ese mesmo amor reparto a miña angueira,como ela, pequena e enloitada,

fulcro da miña estirpe,

a que rachou as liñas que marcaban

a teimosa historia do seu mundo.

Page 40: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 40/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

39

(A Ribeira, Vigo 1966)

Nacín aquí.

 Aquí onde o cemento desterrou o mar.

 Aquí onde afogan as ondas pretéritas,

na xordeira do tempo que negamos.

 Aquí vin ao mundo

mentres a vida era río de sangue imparábel,

río sen dique e eu

unha illa. Aquí vin ao mundo

con pel de escamas e mans palmípedes,

medusa no argazo fosforescente,

peixe lúa extraviado na superficie da vida.

Page 41: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 41/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

40

E aquí halei

un a un

os peixes da memoria dun século.

Coa tataravoa que fixo do amor a súa

fortuna e un reino de fartura da súa casa

eu viña ao mundo.

Co avó que foi barqueiro da illa maldita,

remador e carteiro de palabras negadas

eu viña ao mundo.

Coa mudez de Pepa pola vida roubada,

pelexo de cazón a esnaquizarlle as mans

eu viña ao mundo.Coa bisavoa navegante e destemida,

que nun lance apañaba a vida e o amor

eu viña ao mundo.

Cando o outono era marea alta,

e o peixe nadaba entre as costelas,eu viña ao mundo.

Page 42: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 42/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

41

Page 43: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 43/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

42

(1936)

Pequenas de corpo,

coa longa trenza enrolada nun moño,

indoutas no medo.

Elas,

só dúas mulleres miúdas coas mans encalecidas,dúas analfabetas no temor chegaron

ante a muller do feixista.

 Amañárono entre mulleres,

as peixeiras e a señora.

Nin aquela noite,

nin ningunha outra,

non foron buscalo

nunca

Page 44: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 44/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

43

Page 45: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 45/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

44

(1940) 

 Volve da Ribeira,

deixou no peirao as mans de serea

aínda que leva as escamas no corpo.

Un vulto asexa,baixo a manta foxe ao frío da madrugada

e convértese en sombra ameazante.

É o Roxo,

un home enorme gardando o medo do asasino,

o asasino que ditou orde de morte,que sinalou un por un os paseados,

que denunciou, xulgou e condenou

desde o poder da cobiza

e agora non dorme,

non dorme porque na noitea estadea dos paseados na súa procesión eterna

Page 46: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 46/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

45

marca a porta da súa casa,

deita cera ao redor do seu leito,

aproxima do seu rostro as caveiras putrefactas,

farrapos de fantasmas,

inmensamente poderosos e xustos.

O asasino Sinforiano

paga a un home

para impedir a entrada da estadea.

O Roxo non dorme,

envurúllase na manta contra o relento da noite.

“Pasa nena, 

son eu que estou a gardarlle o sono

ao malnacido”. 

Page 47: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 47/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

46

Page 48: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 48/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

47

(1953)

Corre sobre as zocas de tres paos

repenicando a pedra da Laxe

a neniña que arrebola carbón

mentres a banda enche a Praza de festa.

Sobe a voz das peixeiras da Ribeira,o seu canto de sereas desde a Praza dos Ratos,

e o arrecendo das patelas

inzadas de azuis lingotes de prata.

Chámaa a avó,

a muller pequena que pode co mundo,a fada das ilusións feitas rosca de Reis

enriba do chineiro que amobla unha casa enteira.

Eu coma ti,

avanzo feliz nos cabalos da festa,

pegasos que nos dá a memoriapara voar cos soños.

Page 49: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 49/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

48

Page 50: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 50/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

49

(1968)

Xa sei de onde vén o pánico na altura,

o porqué do temor aos chanzos da escaleira,

descubrín a existencia da memoria freudiana.

Non sei como pasou,

non recoñezo a escena,

e reconstrúo a tentas unha nena sorrinte,

a rampla da escaleira,

e ese instante veloz que pode ser a morte.

Page 51: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 51/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

50

(1971)

 A tarde esquecía a cor do sol

mentres miña nai facía equilibrios nos tallos

buscando o límite á súa altura.

O pano ía veloz á esquerda e á dereita,pasaba unha e outra vez sen deterse,

sen cansar, sen alentar,

competindo consigo mesmo nunha carreira libre.

 A radio acompañaba e instruía

desde a dor allea:Querida amiga ...

 A Señora Francis debía estar perfectamente peiteada,

loura, mais discreta, tras dos lentes de cuncha negra,

no seu impecábel traxe gris perla.

 A memoria é caprichosa,sabe exactamente como era a luz da cociña

Page 52: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 52/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

51

e os tiradores das portas,

lembra a voz dunha muller postiza

que aplacaba as sublevacións domésticas

e xustificaba a resignación.

 A postura da nena

que mira aos azulexos brancos fascinada,

mentres se volven máis brancos e brillantes.

Señora Francis,

agora que o penso,

a memoria non gardou as súas sabias instrucións,

nada quedou das recomendacións

para a perfecta ama de casa,só a voz, masculina,

dun tempo de pobreza.

Page 53: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 53/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

52

(1972)

Miña nai ía diante co coitelo disposto

eu seguíaa entre hipnotizada e medrosa

para agarrar as patas lixadas do bicho

mentres ela o apertaba con forzae retorcía o seu pescozo.

Exactamente sempre así,

e un golpe veloz sobre a alma retorcida,

a presión exacta

e o sangue caía en fervenza violentapara estrelarse no fondo da cunca branca.

 Aínda tiña calor aquel corpo morto,

aínda quería mover as patas inservíbeis.

Un mazo de plumas decapitado,

afogado en auga candente. Ao día seguinte o callón adornaba a fonte

Page 54: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 54/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

53

coa súa cor escura e unha forma improbábel,

forma de cunca e burbulla

que non podía nin tocar.

 Aquel ano,

miña nai sacrificou lentamente o galiñeiro,

o meu pai chegaba na noite clandestina,

cos zapatos perdidos na carreira cega,

o tío tirábase desde o sexto colgado dun palangre,

era o medo gris,

o medo gris,

gris como a lousa en que o xiz branco

gravou nos meus ollos para sempre,inexplicabelmente,

unha data de 1972.

Page 55: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 55/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

54

(10 de xullo de 1978)

 Arroz con leite:

un pauciño de canela na man

é o arrecendo que nos envolve,

que escarva na memoria e fai saíra lembranza máis doce dos poucos anos,

da pequena estatura remexendo,

tirando o limón e a tona,

mesturando arroz, azucre e canela.

 A mesma camisa,os chichos de sete anos

e o arroz con leite morno,

case sen espesar, cando chegaba a noite.

Cun pauciño de canela traio ao presente

as paredes brancas e as lacenas de obra,as mesmas en que me agachaba

Page 56: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 56/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

55

o día que escoitaba unha canción para min.

Foi case a primeira casa,

a casa do arroz con leite,

das patacas louras,

dos fritos, con pouco leite,

da carioca que mordía o rabo.

 A casa en que xoguei soa

e a cociña era un mundo en si mesmo,

un mundo cunha ventá aberta

sobre o camiño que viña da escola,

que ía a ningures,

o camiño que observaba e repasaba,

mentres cantaba á soidade.

O mesmo arroz con leite

que callou un día,

tal como ensinaban as anciás,

no vómito e no anuncio do meu sangue.

Page 57: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 57/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

56

Page 58: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 58/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

57

(1999, Peitieiros)

 Ao branco leite da lúa

serenado no silencio da noite

engádelle unha pinga de auga de sete fontes.

Despois neve ou algodónaté convir,

procurando que o amoado estea solto,

ceibo de pesadumes abafantes.

Unha presada de vento

e unha presada de mare remexe.

Dálle unha e outra volta.

 Ao rematares

(non precisa repouso)

lévao á tixola entre a manteiga doce,retira o seu corpo dourado

Page 59: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 59/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

58

e póusaas sen prexuízos

sobre o papel que as enxoite.

Como este poema

o mellor poema para facer chulas

de rabaqueta.

Page 60: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 60/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

59

Page 61: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 61/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

60

(xuño de 2003)

Por que di que o castelán tamén é a nosa lingua?

Preguntas

cunha indignaciónque descoñeces,

ti, que só pensas en xogar

e estás enredando a todas horas.

Nos teus soños só caben guerreiros esforzados

e un Medulio en que vencenos antigos galegos.

Nomeas cada obxecto coa lingua que che demos

desde antes de naceres,

loitando sen sabelonunha guerra cruel non perceptíbel.

Page 62: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 62/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

61

Preguntas,

indignado sen sabelo,

preguntas e eu non sei

con que palabras darche o alento necesario,

a forza definitiva,

a coiraza indestrutíbel que te protexa para sempre,

mentres me perpetúas,

mentres aprendes a amar o que eu son,

o que ti es,

cada distancia exacta desta terra,

fillo.

Page 63: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 63/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

62

( 24 de xullo en Bonaval)

Percorremos o tempo

camiñando descalzas até este areal

de pedra, no corazón da historia,

para rendernos á exactitude das palabras.Nada podo engadir,

só que foron precisas,

que son aínda precisas

as cousas e as estrofas,

a sutileza con que revelastesa verdade.

Síntome tan pequena como sempre fun,

tan orgullosa como sempre estarei

por percorrer cada liña da vosa soidade,

cada liña da dor con que nos entregastestantos fachos para este camiño.

Page 64: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 64/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

63

E así quero tamén unha estrela na fronte,

e cantar, cantar, cantar, cantar,

cantar tanto como cando meniña,

cando asexaba as ameixas,

as cereixas do meu amor.

Síntome tan pequena como aos nove anos

cando no silencio da nenez

decidín entregarme aos relatos e aos versos,

abandonar os xogos

para imaxinar a Dona Micaela e os seus frascos,

para rir coa morte da cadela dos señoritos,

para chorar co meniño só,

para anainalo. Tan orgullosa como sempre estarei

de estar aquí,

de ser quen son,

de herdar esta lingua e esta historia,

como os libros rillados e forrados de papel azulque descubrín un día,

aqueles libros que eu tamén rillei, tan nena,

sen saber que me roubaban a alma

para sempre.

Page 65: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 65/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

64

Porque reclamo para min

as vosas palabras,

único mapa posíbel na viaxe

que agarda.

Page 66: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 66/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

65

Page 67: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 67/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

66

el,

o máis novo,

pregunta por todos os que xa se foron,

pregunta unha e outra vez,

escarvando na nosa memoria

(14 de xuño de 2004)

Definitivamente, botouse ao mar,

mentres as ondas tragaban a vida de dez homes,

mentres o mar cobraba o seu tributo,botouse ao mar para sempre,

Page 68: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 68/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

67

desamarrou a chalana derradeira,

deixouse ir,

sen vogar sequera.

Non precisou abrir os ollos,

non desencartou os mapas,

o seu silencio dicía: “adeus, 

o meu caderno de bitácora

chegou ao derradeiro espazo”. 

Mentres halaban os corpos,

mentres choraban a ausencia,

partía

definitivamente.

O avó

botara a áncora ao fondo,

 varara a gamela no paseo dos mariñeiros nostálxicos,

de onde adiviñaban o vento,medían a distancia de

mar

asoballado,

invadido de formigón,

afastado.

Page 69: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 69/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

68

Mais chegou o inverno infame en que a serpe negra

invadiu a costa de norte a sur,

e o avó perdeu a conta de saídas e atraques,

pechou a memoria

e agardou a que as palabras e a razón

fuxisen.

Hoxe,

mentres buscan os seus corpos,

mentres pechan as súas covas,

el faise ao mar

d e f i n i t i v a m e n t e ,para emprender a viaxe

derradeira.

O sal das ondas chega até o meu rostro

e miro ás illas.Nada pode evitar

este naufraxio.

Page 70: Marta Dacosta - Cinsa

7/26/2019 Marta Dacosta - Cinsa

http://slidepdf.com/reader/full/marta-dacosta-cinsa 70/70

  DA TRIBO DAS SEREAS  

Este

poemario

quedou prepa

rado para a súa pu

blicación dixital o día trece

de marzo de dous mil quince,

cando se cumpren corenta e

nove anos do pasamento

do mestre galeguista,

poeta, académico

Victoriano

Taibo