4
Santa Catalina de Montefaro O convento de Santa Catalina de Montefaro, está situado nun sobranceiro emprazamento da península de Bezoucos na parroquia de Cervás do concello de Ares , a máis de 260 metros do mar. Constitúe uns dos principais bens do Patrimonio Cultural da contorna, sendo o monumento máis importante do Concello de Ares. Algúns autores falan da presenza de construcións anteriores, mesmo da Orde do Temple. Foi fundado cara o ano 1145 polo Conde Pedro de Osorio, da casa dos Traba, pasando logo baixo o mecenado dos Andrade. Foi Fernán Pérez de Andrade, O Boo, quen no ano 1393 fundou sobre á primitiva construción o que sería o Convento da Orde Terceira de San Francisco, mediante documento asinado polo Arcebispo compostelán Juan García Manrique, en Burgos.

Mosteiro de santa catalina de montefaro

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Mosteiro de santa catalina de montefaro

 Santa Catalina de Montefaro

O convento de Santa Catalina de Montefaro, está situado nun sobranceiro                   

emprazamento da península de Bezoucos na parroquia de Cervás do                 

concello de Ares , a máis de 260 metros do mar. Constitúe uns dos                         

principais bens do Patrimonio Cultural da contorna, sendo o monumento                 

máis importante do Concello de Ares.

      

Algúns autores falan da presenza de construcións anteriores, mesmo da                 

Orde do Temple. Foi fundado cara o ano 1145 polo Conde Pedro de                       

Osorio, da casa dos Traba, pasando logo baixo o mecenado dos                   

Andrade.

Foi Fernán Pérez de Andrade, O Boo, quen no ano 1393 fundou sobre á                           

primitiva construción o que sería o Convento da Orde Terceira de San                     

Francisco, mediante documento asinado polo Arcebispo compostelán           

Juan García Manrique, en Burgos.

Page 2: Mosteiro de santa catalina de montefaro

O convento, foi un histórico centro de control eclesiástico dos monxes                   

franciscanos, sobre unha ampla zona estendida ata o Concello de Miño,                   

sufrindo sucesivas reformas entre os séculos XVI ao XVIII co engadido                   

de novos claustros e a construción dunha nova igrexa de nova pranta,                     

formada por unha nave única dotada dunha torre balconada e un                   

monumental escudo.

Trala desamortización de Mendizábal, o conxunto pasou no ano 1897 a                   

ser empregado polo Exército de Terra.

No seu interior, a penas conserva da súa primeira época, os restos dunha                       

magnífica portada con chapiteis historiados e arquivoltas apuntadas que               

se apoia sobre columnas pareadas, con chapiteis de decoración               

zoomórfica e pasaxes da vida de San Francisco.

A antigua igrexa conventual debeu ter planta de cruz latina, sustituida no                     

século XVIII por unha nave única con cuberta de bóveda de cañón sobre                       

arcos dovelados e lunetos sobre o altar maior.

O retablo que a preside de madeira estofada e policromada, reproduce                   

un esquema barroco con retoques posteriores.

Son tamén barrocos os dous claustros, con arcadas de medio punto                   

sobre fiestras rectangulares, entablamento dórico e columnata de             

pilastras.

Page 3: Mosteiro de santa catalina de montefaro

A torre de formas macizas, e coroa con balaustrada e cimborrio ten un                       

marcado carácter churrigueresco.

Unha figura zoomórfica, animal heráldico da casa de Andrade, emprázase                 

no exterior da  capela.

Teñen tamén un gran interese as desleixadas e pouco coidadas pinturas                   murais renacentistas.

 

Page 4: Mosteiro de santa catalina de montefaro

Ademáis dunha serie de restos arrombados por diferentes lugares deste                   edificio, cumpre significar o traslado ao Museo Arqueolóxico de San                 Antón na Coruña, dun conxunto de importantes pezas artísticas como son                   o escudo coa banda de Andrade, doelas, chapiteis, etc.

O convento de Montefaro foi cedido ao Concello de Ares. A Asociación                     Cultural “ Amigos del Monasterio de Santa Catalina” conseguiron que as                   dependencias do edificio se puideran visitar, pero sempre conservando a                 súa esencia.