10
O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que xa celebraban o magosto. Estaban situados nos paises que corresponden nos dias de hoxe con Galicia, Francia, Irlanda,Inglaterra e Paises Nórdicos. Crese que o magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o paso do verán ao outono; o remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se fai no interior a carón do lume. Era unha festa a que acudían tòdalas persoas dos poboados para celebrar así unha serie de ritos relacionados coa xustiza o derito e a política. Ó mesmo tempo, dende un punto de vista relixioso abríase a porta do máis aló onde moraban os mortos para que aquelas persoas que tiñan deixado este mundo se pudiesen comunicar con aquelas que ainda podían falar. Coa chegada do Cristianismo estes ritúais mudaron e agora celébrase o día de Todos os Santos, e ao día seguinte, o Día de Defuntos. Esta data celébrase de forma diferente en moitas partes do mundo, pero todas elas relacionadas con bruxas, morte, susto e lume. O magosto tradicional enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba das que se poñen parrillas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estén ben asadas. Mentres tanto, os demáis participantes da festa , buscaban un sitio axeitado para comelas. A festa non sería tal sen contar cos xogos populares, bailes, cantos e contos. É común pintar a cara cós restos da fogueira e saltala para que dé boa sorte.

O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que

O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que xa celebraban o magosto. Estaban situados nos paises que corresponden nos dias de hoxe con Galicia, Francia, Irlanda,Inglaterra e Paises Nórdicos. Crese que o magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o paso do verán ao outono; o remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se fai no interior a carón do lume. Era unha festa a que acudían tòdalas persoas dos poboados para celebrar así unha serie de ritos relacionados coa xustiza o derito e a política. Ó mesmo tempo, dende un punto de vista relixioso abríase a porta do máis aló onde moraban os mortos para que aquelas persoas que tiñan deixado este mundo se pudiesen comunicar con aquelas que ainda podían falar. Coa chegada do Cristianismo estes ritúais mudaron e agora celébrase o día de Todos os Santos, e ao día seguinte, o Día de Defuntos. Esta data celébrase de forma diferente en moitas partes do mundo, pero todas elas relacionadas con bruxas, morte, susto e lume. O magosto tradicional enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba das que se poñen parrillas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estén ben asadas. Mentres tanto, os demáis participantes da festa , buscaban un sitio axeitado para comelas. A festa non sería tal sen contar cos xogos populares, bailes, cantos e contos. É común pintar a cara cós restos da fogueira e saltala para que dé boa sorte.

Page 2: O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que

Cantábanse cantigas coma: “Non chas quero non chas quero” non chas quero castañas do teu magosto non chas quero non chas quero que me cheiran ao chamosco Santo que estás no canizo vota castañas abaixo que anque non teño mandil, apañochas no refaixo Indo polo souto abaixo atopei un ouriciño tres castañiñas me deu para ti meu queriño A castaña no ourizo cria moita gravidade fai coma os mozos solteiros criados na liberdade Adiviñas como: “Unha cousiña cousa criada no monte, enxoita na casa e comese sin tasa.” Refráns coma: “A castaña no agosto quere arder, e no Setembro beber.” “Temperá e a castaña, que por Setembro regaña.” “A castaña e o besugo no febreiro non ten zugo” “ Castaña que está no camiño, e do veciño’’ Rosalía de Castro , na súa obra , adícalle poemas ós zonchos Has de cantar, que che hei dar zonchos; has de cantar , que che hei dar moitos. Outro escritor noso , chamado Anxel Fole, no seu libro titulado Terra Brava” decia : O Xan de Brais , o Vicentiño de Freituxe e máis eu, estabámos a comer un magosto . E veña de mougar bullós e de pasar o xarrote . Maiormente presa non tiñamos ningún pois todos rematáramos o noso labor. Neste parágrafo fai alusión a que case sempre coincide coa época do magosto, as datas polas que o viño novo se sacaba das cubas, e xa estaba listo para comer coas castañas asadas

Page 3: O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que

IMPORTANCIA DA CASTAÑA NA NOS DIETA

A castaña é rica en vitaminas, mesmo asada non perde a súa riqueza

en vitamina C, ten máis cantidade desta vitamina que a maioría das

froitas e verduras. Tamén é rica en potasio, ferro cobre, iodo fósforo e

calcio.

Poden comerse preparadas de moitas maneiras: coma primeiro prato,

acompañando a outras comidas, en sobremesas…Na actualidade as

castañas galegas expórtanse a moitos países.

Page 4: O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que

RECEITAS CON CASTAÑAS

CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE

Ingredientes:

Castañas

Leite

Azucre

Mel

Preparación:

1º Móndanse as castañas.

2º Póñense a cocer en auga con sal e fiuncho.

3º Quítaselles a 2ª pel.

4º Bótannse nuha cunca e engádeselles leite .

5º Sirvense quentes e acompañadas de mel do país.

Page 5: O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que

RECEITAS CON CASTAÑAS

MARRÓN GLACÉ

Ingredientes:

3 kg de castañas

1 ½ de viño tinto

3 kg de azucre

3 ramiñas de vainilla

3 gr de crémor tártaro

2-3 m- de tea transparente ou gasa

Preparación:

1º-Móndanse as castañas, dáselles un fervor e quítaselles a 2ª pel.

2º- Colocar cada castaña dentro dun cacho de tea e atar as puntas cun

fío branco.

3º-Poñer os paquetes a remollo durante 2 horas.

4º-Bótannse nuha cazola grande para que non queden amontoadas,

engadese o viño e 1 litro de auga e déixanse cocer lentamente ata que

esteñan brandas.

5º-Escorrer e botar na mesma cazola e engadir 3 litros de auga, o

azucre, a vainilla e o crémor tártaro,deixar cocer alume lento 10

minutos

6º-Deixar repousar 24 horas. Pasado este tempo, poñer ao lume e

ferver 5 minutos, deixar repousar outras 24 horas e repetir esta

última operación 4 días, ao cabo dos cales o almíbar terá que estar

espeso.

7º-Cando estén frías, escorrer , quitar a graxa e colocar sobre un

tamiz. Coar o almíbar poñer ao lume e deixar reducir.

8º- Cando empece a caramelizar botar as castañas. Unha vez frías

envolver cun papel de aluminio.

Page 6: O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que

RECEITAS CON CASTAÑAS

TARTA DE CASTAÑAS

Ingredientes:

500grs de castañas

400grs de fariña de trigo

6 ovos

300grs de azucre

2 culleradas de azucre

2 culleradas de levadura

raiadura de limón

Preparación:

Bater os ovos co azucre e a raiadura de limón. Engadi-la fariña coa

levadura. Despois agregar as moídas e mezclar todo ben. Untar un

molde con margarina, bota-la mezcla e meter no forno durante 30

minutos a 150º.

Page 7: O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que

OS NOSOS DEBUXOS DO MAGOSTO ASÌ VIVIRON O MAGOSTO OS NOSOS NENOS E NENAS DE

EDUCACIÓN INFANTIL

----------

Page 8: O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que

OS NOSOS DEBUXOS DO MAGOSTO _1º CICLO PRIMARIA

Os castiñeiros do souto teñen moitas castañas

Entre todos apañamos moitas para facer o Magosto

Asámolas todas e comémolas. Sabían moi ben.

Tamén fixemos xogos.

Page 9: O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que

E pasámolo ben.

Page 10: O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E · PDF fileO MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que