10
O O O B B B A A A L L L O O O N N N M M M Á Á Á N N N O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan de introducir o balón na portería do rival lanzándoo coas mans. Comezamos a aprendizaxe dos deportes colectivos co balonmán, xa que a súa técnica é máis sinxela que a doutros deportes de equipo, o que che per- mitirá gozar desde o primeiro momento do xogo e centrarte máis facilmente na aprendizaxe dos aspectos tácticos.

O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

  • Upload
    lamminh

  • View
    217

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

OOOO BBBBAAAALLLLOOOONNNNMMMMÁÁÁÁNNNN

O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntansedous equipos que tratan de introducir o balón na portería do rival lanzándoocoas mans.Comezamos a aprendizaxe dos deportes colectivos co balonmán, xa que a

súa técnica é máis sinxela que a doutros deportes de equipo, o que che per-mitirá gozar desde o primeiro momento do xogo e centrarte máis facilmente naaprendizaxe dos aspectos tácticos.

Page 2: O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

48

OO BBAALLOONNMMÁÁNN

historia aspectosregulamentarios

aspectostácticos

instalacióne material

táctica individual

táctica colectivao xogo

agarrada

bote lanzamentos

pases

aspectostécnicos

HISTORIA

O balonmán ten a súa orixe nos países do centro e o norte de Europa. Nun principio ospartidos xogábanse ao aire libre e os equipos estaban formados por once xogadores. Aospoucos o balonmán empezouse a xogar tamén en pista cuberta e o número de xogadoresreduciuse a sete. Aínda que durante un tempo conviviron as dúas modalidades, finalmenteimpúxose o balonmán de sete. Nos Xogos Olímpicos de Berlín, en 1936, o balonmán convértese en deporte olímpico na

modalidade de once xogadores. O balonmán a sete xógase por primeira vez nunhas olimpí-adas en Múnic, en 1972.En 1946 créase a IHF (Federación Internacional de Balonmán).En España este deporte aparece unido ás prácticas deportivas nos cuarteis militares e

tense constancia de que o practicaban os cadetes da Escola Militar de Toledo.A Federación Española de Balonmán créase en 1941.En Galicia o balonmán practicábase tamén como deporte habitual na Escola Naval de Ferrol.A Federación Galega de Balonmán non aparece ata 1984, ano no que se crea a liga ASOBAL.

ASPECTOS REGULAMENTARIOS

O TERREO DE XOGO

liña central

4 m

40 m

20 m

6 m

9 m

liña de banda zona de substitucións

liña degolpefranco

áreade portería

liña de fondo

liña de áreade portería

liña de limitacióndo porteiro

liña de 7 m

Page 3: O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

49

Xogadores recibindo instrucións duranteun tempo morto.

Lanzamento dende a liña de sete metros.

Momento de substitución dun xogador.

DURACIÓN DO PARTIDO

En competicións con xogadores de máis de dezaseisanos os partidos terán unha duración de dous temposde 30 minutos, con 10 minutos de descanso. Se os xo-gadores teñen entre 12 e 16 anos xogarán dous temposde 25 minutos cun descanso de 10 minutos.No caso de que se chegue ao final do partido con em-

pate entre os dous equipos e haxa que decidir un gaña-dor, xogarase unha “prórroga” de dous tempos de cincominutos cun minuto de descanso entre cada tempo. Selogo desta prórroga continúa o empate xogarase unhasegunda prórroga e se aínda así, o empate continúa, de-cidirase o gañador en función das regras da competi-ción. En moitas competicións para desfacer este empaterealízanse lanzamentos desde a liña de sete metros.Cada equipo ten dereito a pedir un minuto de tempo

morto en cada tempo do partido para que o adestradorpoida dar instrucións tácticas aos xogadores. Non sepode pedir un tempo morto nunha prórroga.

O BALÓN

O balón será esférico, de pel ou dun material sin-tético e a súa superficie non debe ser brillante ninesvaradiza.O tamaño e o peso do balón varía en función das

distintas categorías.

OS EQUIPOS

O partido será xogado por dous equipos formados porun máximo de sete xogadores cada un, dos cales un xo-gará como porteiro. Ademais dos xogadores de campo,cada equipo pode ter varios xogadores suplentes.Non existe límite de cambios durante o partido e non

é necesario avisar ao árbitro para facelos. Desta formaun xogador suplente pode entrar a substituír a un com-pañeiro en calquera momento do partido coa única con-dición de que o xogador titular saia primeiro do terreo dexogo. Existe unha liña de cambios pola que deben en-trar e saír os xogadores ao terreo de xogo.Durante o partido o porteiro pode cambiar o seu

posto con calquera outro xogador.

Page 4: O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

50

A INDUMENTARIA DOS XOGADORES

Todos os xogadores dun equipo deben levar uniformes idénticos, excepto o porteiro. Ascores dun equipo débense diferenciar claramente das do rival.Os xogadores non poden levar obxectos que poidan ser perigosos para eles mesmos ou

para o resto de xogadores. Entre estes obxectos inclúense reloxos, aneis, piercings, cola-res, cadeas ou pendentes que non estean debidamente cubertos.

O PORTEIRO

O porteiro pode tocar o balón dentro da área de por-tería con calquera parte do corpo sempre que o fagacon intención defensiva. Tamén pode saír da área senestar en posesión do balón e participar no xogo se-guindo as regras como un xogador máis.NON LLE ESTÁ PERMITIDO

�Saír da área de portería co balón controlado.�Volver entrar na área de portería desde a áreade xogo co balón.

COMO SE XOGA O BALÓN

ESTÁ PERMITIDO

�Lanzar, coller, parar, empuxar e golpear o balónusando as mans, brazos, cabeza, tronco, coxase xeonllos.�Reter o balón como máximo durante tres segun-dos.�Dar tres pasos, como máximo, co balón.�Botar o balón cunha man.

NON ESTÁ PERMITIDO

�Tocar o balón cun pé ou perna por baixo doxeonllo.�Que un equipo conserve a posesión do balónsen facer ningún intento de atacar ou lanzar aportería (xogo pasivo).�Atrasar a execución dun saque.

FALTAS E CONDUTA ANTIDEPORTIVA

ESTÁ PERMITIDO

�Utilizar o corpo para obstruír o camiño do rivalincluso cando non teña o balón.�Entrar en contacto cun rival de fronte, cos bra-zos flexionados, e desta forma controlalo eacompañalo.

Os porteiros de balonmán teñen unha gran flexibilidade.

Bloqueo correcto do lanzamento.

Page 5: O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

51

NON ESTÁ PERMITIDO

�Quitarlle o balón ao contrario nin golpealo cando oten entre as súas mans.�Bloquear ou empuxar ao rival cos brazos, mans oupernas.�Reter ao rival, suxeitalo, empurralo ou lanzarsecontra el.�Realizar calquera acción que poida pór en perigoao rival.

O GOL

Un equipo anota un gol cando consegue que o balóntraspase totalmente a liña de gol rival sen incumprir nin-gunha regra.O equipo que consiga máis goles ao final do partido

será o gañador.

OS SAQUES E OS LANZAMENTOS

O SAQUE DE CENTRO

Farase un saque de centro ao comezo da primeira eda segunda metade do partido, ao comezo de cadaparte das prórrogas e despois de cada gol.O SAQUE DE BANDA

Realízase un saque de banda cando o balón saecompletamente pola liña de banda ou cando un defensatoca en último lugar un balón que sae fóra do campo cru-zando a liña exterior de portería do seu equipo. Cando o balón toca o teito ou algún obxecto sobre o

terreo de xogo durante o partido, tamén se reinicia oxogo cun saque de banda.O SAQUE DE PORTERÍA

O porteiro porá en xogo o balón mediante un saquede portería cando:�Un xogador contrario invada a súa área de por-tería cometendo unha infracción.�Consegue controlar o balón dentro da área deportería ou o balón queda parado no chan den-tro da área de portería.�O balón sae do campo pola liña exterior de por-tería despois de que o tocase en último lugarun rival ou o porteiro. Falta por agarre ilegal.

Acción defensiva non permitida.

Falta por agarre da man.

Page 6: O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

52

O GOLPE FRANCO

Os árbitros sinalarán un golpe franco cando o equipo en posesión do balón ou os xoga-dores rivais cometan unha infracción que faga que perda o balón o equipo en posesión.O golpe franco sacarase en principio desde o lugar onde se cometeu a infracción, tendo

en conta que non se pode sacar un golpe franco máis alá da liña de golpe franco dos rivais.

Lanzamento de 7 metros.

Golpe franco.Árbitro sinalando un golpe franco.

O LANZAMENTO DE SETE METROS

Sinalarase un lanzamento de 7 m sempreque se impida de forma antirregulamentaria(ou por un imprevisto) a finalización dunhaclara ocasión de gol.O xogador realizará o lanzamento cun

tiro directo a portería desde detrás da liñade 7 m O porteiro ten que situarse por de-trás da liña de 4 m.

AS SANCIÓNS

AMOESTACIÓN

Sancionaranse con amoestación as faltasque deben sancionarse progresivamente eas condutas antideportivas. Un xogador sódebe ser sancionado unha vez con amoes-tación e un equipo non debe ser sancionadomáis de tres veces con amoestación. Des-pois a sanción debería ser cando menosunha exclusión de dous minutos.O árbitro indicará a amoestación ao xo-

gador ensinándolle un cartón amarelo.

Páxinas web de interesePáxinas web de interese

Real Federación Española de Balonmán:www.rfebm.es

Federación Galega de Balonmán:www.federaciononline.com/fgbalonman

Liga ASOBAL:www.asobal.es

Page 7: O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

53

EXCLUSIÓNSancionarase cunha exclusión do xogo du-

rante dous minutos ao equipo do xogador que:�Faga un cambio incorrecto.�Realice faltas repetidas.�Repita condutas antideportivas.�Sexa descualificado.

Se o árbitro o considera xustificado podesancionar directamente cunha exclusión a unxogador, aínda que non exista repetición defaltas.O árbitro sinala a exclusión levantando o

brazo con dous dedos estendidos.A terceira exclusión dun xogador leva sem-

pre a unha descualificación.Durante o tempo da exclusión o xogador

non pode participar no xogo e o seu equiponon pode substituílo.DESCUALIFICACIÓNSanciónanse con descualificación:�As faltas que poñan en perigo a inte-gridade física dun contrario.�A conduta antideportiva grave dun xo-gador.�As agresións antes do partido ou du-rante un procedemento de desempate.�A terceira exclusión dun xogador.

O árbitro sinalará a descualificación ensi-nando ao xogador o cartón vermello.Un xogador descualificado non pode volver

participar no xogo durante o tempo que restede partido e o seu equipo será ademais san-cionado con dous minutos de exclusión.

Árbitro sinalando unha exclusión.

Árbitros e mesa do anotador e cronometrador.

EXPULSIÓNDeben sancionarse con expulsión as agresións que se cometan durante o tempo de xogo.O árbitro sinala a expulsión cruzando os brazos por encima da cabeza.A expulsión é polo resto do partido, o xogador non pode ser substituído e o equipo debe

xogar cun xogador menos.

OS ÁRBITROS

Un partido será dirixido por dous árbitros que teñen a mesma autoridade. Ademais dosárbitros, en cada partido haberá un cronometrador e un anotador.

Page 8: O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

54

ASPECTOS TÉCNICOS

A AGARRADA DO BALÓN

Recorda que o tamaño do balón varía dunha categoríaa outra. Se xogas cun balón dunha categoría superior átúa podes ter problemas para agarralo correctamente enon gozarás do xogo.Durante o xogo, o balón suxéitase habitualmente cunha

man e para agarralo correctamente debes colocar a mancóncava (coma se fose unha cunca) cos dedos abertos. Obalón descansa sobre a parte media da palma da man esobre os dedos. Temos que facer unha lixeira forza coaxema dos dedos para que non se nos escape o balón men-tres o manexamos.Se apoias o balón sobre toda a palma da man non po-

derás manexalo correctamente e perderalo con facilidade.

O BOTE

Empregaremos o bote en distintas situacións do xogo,principalmente para desprazarnos polo campo cando te-ñamos que percorrer unha distancia de máis de tres pasos. Debes tratar de non mirar o balón durante o bote para

non perder a visión do que está ocorrendo no xogo. Semiras o balón mentres o botas, non conseguirás ver o des-marque dos teus compañeiros e non serás consciente dosmovementos dos defensas.

OS PASES

Recorda que o obxectivo último de todo pase é que uncompañeiro consiga recibilo, así que debe ser preciso e coaforza adecuada, dependendo da distancia do receptor. Serealizas un pase demasiado forte e con pouca precisión, oteu compañeiro terá dificultades para recibilo e é probableque o teu equipo acabe perdendo a posesión do balón.TIPOS DE PASES

�Clásico.�Media e baixa altura.�En pronación.�Por detrás.�Por enriba do ombreiro.�Deixada.�En suspensión.�De peito (a dúas mans).�Por enriba da cabeza (a dúas mans).

Pase en suspensión.

Pase clásico.

Agarrada do balón.

Page 9: O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

ASPECTOS TÁCTICOS

TÁCTICA INDIVIDUAL

DEFENSADefensa ao xogador con balónOs obxectivos do defensor serán: dificultar o lanzamento ou o pase do atacante, impedirque se achegue á portería, roubarlle o balón ou forzar un erro para recuperalo.Defensa ao xogador sen balónNeste caso, o defensa buscará impedir que o xogador atacante reciba un pase ou que

non o reciba nunha situación vantaxosa.

55

Lanzamento en salto.

Lanzamento en caída.Lanzamento en suspensión.

OS LANZAMENTOS A PORTERÍA

O lanzamento a portería é o obxectivo principal que temos que buscar durante un ata-que. Por suposto, debemos conseguir facer o lanzamento nas mellores condicións posiblespara lograr un gol. Un bo lanzamento será preciso e rápido.

TIPOS DE LANZAMENTOS

�Clásico: á altura do ombreiro.�Media e baixa altura.�Rectificados (con e sencaída): o xogador varía no úl-timo momento a dirección dolanzamento.�En suspensión: o salto é caraa arriba buscando altura.�En salto con e sen caída: osalto é cara a adiante bus-cando profundidade.�En caída.�De costas.�Vaselina: buscamos que obalón faga unha parábolapor enriba do porteiro.�Lanzamento de 7 m.

Defensa ao xogador con balón dificultando o lanzamento. Xogador desmarcado a punto de recibir un pase.

Page 10: O OO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN - Galinova · OOO BBBAAALLLOOONNNMMMÁÁÁNNN O balonmán é un dos deportes de equipo máis practicados. Nel enfróntanse dous equipos que tratan

56

ATAQUEXogador con balónO xogador con balón debe: manter a posesión do balón, conseguir progresar cara á por-

tería contraria, atopar unha boa situación de lanzamento ou realizar un pase sobre un com-pañeiro que se atope nunha situación vantaxosa.

Xogador sen balónOs seus obxectivos son: desmarcarse para conseguir recibir o balón nunha posición de van-

taxe sobre o equipo rival e facer axudas aos seus compañeiros creando espazos para o ataque.

TÁCTICA COLECTIVA

Dentro deste apartado aprenderás algúns dos sistemas de xogo máis utilizados durantea aprendizaxe do balonmán. Á hora de elixir o sistema de xogo que utilizaremos no nosoequipo debemos de ter en conta a capacidade física e o nivel técnico dos xogadores.DEFENSADefensa individualNeste tipo de defensa cada xoga-

dor ten asignado un rival ao que tenque marcar en todo momento. É moifácil de entender polos xogadoresnovos e por iso úsase moito na inicia-ción ao balonmán e noutros deportesde equipo.Defensa 6-0Os xogadores forman unha única

liña defensiva, practicamente sobre aliña de área de portería.Defensa 5-1Un dos xogadores colócase lixei-

ramente por diante da liña defensivaque forman os seus compañeiros.

ATAQUEAtaque posicionalAnte unha defensa xa organizada

realizaremos un ataque posicional.Os xogadores atacantes buscarán,mediante pases e distintos desmar-ques e movementos, crear un oco nadefensa rival para poder realizar unbo lanzamento a portería.

Contraataque Consiste en realizar un ataque rá-

pido, normalmente logo dun roubo debalón, evitando que lle dea tempo ádefensa a organizarse.

Defensa 6-0.

Defensa 5-1.

Contraataque. Observa que a defensa non está organizada.