3
CREANDO CIDADANÍA GLOBAL Proxecto de Educación para o Desenvolvemento en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia Materia Educación Ético-Cívica (4º ESO). CPI Virxe da Cela. Monfero Curso académico 2014-2015 En todo o curso, nas sesións de educación para a cidadanía, estivemos involucrados nun proxecto chamado “Creando Cidadanía Global” en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia. Neste proxecto puidemos aprender un montón de cousas. Na primeira sesión, propuxéronnos unha actividade sobre as desigualdades do mundo. Fixeramos un xogo, chamado, “Quen quere ser millonario”. Neste xogo puidemos ver que para que uns teñan algo, alguén sempre sae prexudicado. Un dos exemplos que se amosaba no xogo era que che podía tocar un viaxe de luxo, con todos os gastos pagados e unha persoa ao teu servizo. Aquí atopamos un gañador e unha vítima, que se tiña que fastidiar e estar ás ordes dun descoñecido. Pero o xogo non acababa aí, xa que, había máis exemplos como casos de mulleres traballando na prostitución e as súas malas condicións de traballo, e tamén falaban sobre a explotación infantil nas minasXa na segunda reunión, preguntáronnos que era a cooperación, e mediante un cacho de plastilina tiñámolo que representar. E foi un traballo duro, porque xa nos custaba expresalo con palabras, xa canto máis representalo.O que máis puidemos ver, tanto individualmente como posterior por grupos, foron “construcións” de torres, nas

Proxecto creando cidadanía global

Embed Size (px)

Citation preview

CREANDO CIDADANÍA GLOBAL

Proxecto de Educación para o Desenvolvemento

en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia

Materia Educación Ético-Cívica (4º ESO). CPI Virxe da Cela. Monfero

Curso académico 2014-2015

En todo o curso, nas sesións de educación para a cidadanía, estivemos

involucrados nun proxecto chamado “Creando Cidadanía Global” en colaboración coa

ONG Solidariedade Internacional Galicia. Neste proxecto puidemos aprender un

montón de cousas.

Na primeira sesión, propuxéronnos unha actividade sobre as desigualdades do

mundo. Fixeramos un xogo, chamado, “Quen quere ser millonario”. Neste xogo

puidemos ver que para que uns teñan algo, alguén sempre sae prexudicado. Un dos

exemplos que se amosaba no xogo era que che podía tocar un viaxe de luxo, con todos

os gastos pagados e unha persoa ao teu servizo. Aquí atopamos un gañador e unha

vítima, que se tiña que fastidiar e estar ás ordes dun descoñecido. Pero o xogo non

acababa aí, xa que, había máis exemplos como casos de mulleres traballando na

prostitución e as súas malas condicións de traballo, e tamén falaban sobre a explotación

infantil nas minas…

Xa na segunda reunión, preguntáronnos que era a cooperación, e mediante un

cacho de plastilina tiñámolo que representar. E foi un traballo duro, porque xa nos

custaba expresalo con palabras, xa canto máis representalo.O que máis puidemos ver,

tanto individualmente como posterior por grupos, foron “construcións” de torres, nas

que moitas formas de diferente tamaño , color, etc. Conseguían formar unha gran torre.

Foi unha actividade moi entretida na que nos divertimos moito e tivemos a oportunidade

de expresarnos de forma diferente.

As terceira clase foi diferente. Nela tivemos a oportunidade de indicar todo

aquilo que nos indignaba e poder buscarlle unha solución. Tras unha clase dedicada e

este tema, escollimos falar sobre os poucos lugares que temos nos nosos concellos para

reunirnos entre nos e poder divertirnos. Desta iniciativa saíu a nosa axenda política.

Onde na última sesión lles expresamos as nosas indignacións.

Sen lugar a dúbida, foi esa última reunión a que máis me gustou, xa que tivemos

cara a cara os nosos futuros representantes. E prometeron buscar a unha solución a todas

as cousas que lles manifestamos. Algúns resultaron máis sinceros e cribles que outros,

pero todo se verá…

Laura Sanjuán (4º ESO)

Ao longo deste curso, na asignatura de Educación Ético Cívica tivemos a sorte

de contar con diversos talleres impartidos pola ONG Solidariedade Internacional, nos

que se nos ensinaba un pouco o que é unha axenda política, como a podemos facer, e

tamén que o importante non é facela, senón cumplila e reivindicar os nosos

descontentos.

Ó que máis importancia lle dimos nestes obradoiros foi a formación dunha

axenda política, que logo teríamos que poñerlle en común aos candidatos/as a alcade/

alcaldesa de Monfero.

A elaboración desta axenda foi feita en varias etapas. O que máis importante e

interesante me pareceu desta actividade foi a posta en común entre nós de todos os

descontentos que temos do noso municipio, que a verdade non son poucos.

Pareceume moi interesante a última parte do obradoiro que tivo lugar o pasado

venres 22 de maio, na que puidemos contar cos candidatos/as a alcaldía de Monfero,

para mostrarlles algúns dos nosos descontentos e inquedanzas que temos a cerca das

comodidades, instalacións deportivas, sociais e culturais coas que podemos contar a

xuventude de Monfero, que a verdade neste momento contamos con moi poucas ou case

ningún máis ben. Neste último obradoiro estiveron presentes un representante de cada

partido político que se presentaría as eleccións municipais. O obradoiro constou de dúas

seccións, unha na que nós expuxemos tres ou catro das nosas inquedanzas, e outra

sección na que os políticos nos responderon as nosas propostas. A verdade e que non

me gustou de todo a forma na que reaccionaron ante as nosas propostas, xa que algúns

dos políticos case nin as nomearon, é dicir, contáronos un pouco por enriba o seu

programa electoral con respecto a xuventude, pero este non tiña moita relación co que

nós expuxeramos anteriormente.

A min particularmente foi un obradoiro que me gustou e me pareceu moi

interesante, sobre todo para o noso futuro, xa que nos ensinaron como reivindicar os

nosos dereitos.

Erea Fernández (4º ESO)

Este curso llevamos a cabo un proyecto en conjunto con la ONG Solidariedade

Internacional. En él trabajamos temas políticos principalmente, pero siempre ligados a

fines sociales: agendas políticas y reclamaciones de los ciudadanos a los gobernadores.

Nosotros, por ejemplo, presentamos nuestras propuestas y peticiones antes los

representantes de las tres candidaturas que optaban a la alcaldía. En la carta

solicitábamos ciertos servicios de los cuales no podemos disponer (biblioteca, lugares

lúdicos para mayores y jóvenes,…) y solicitábamos otros suprimidos o aportábamos

nuevas ideas.

De todo esto, ahora, debemos hacer una reflexión, ya que es una experiencia que

nos acerca un poco más a la vida adulta. Cuando podamos votar, participaremos en la

política de una forma más activa, pero sin embargo, por lo de ahora, solo podemos ser

espectadores de la política actual así como podemos hacer reclamaciones y demás, pero

como somos menores de edad no se nos tomará muy en serio.

De todas formas, en mi opinión, los candidatos no tenían un gran entusiasmo ni

tampoco estaban muy actualizados. Es más, siempre recurrían al tópico de no hay

dinero o ya hicimos esto o lo otro. Solo una candidata, la única que no había gobernado,

no podía atenerse a eso, así que aparentaba algo más de interés.

Algo que si he aprendido en mis escasos años, es que un político no debe

destacar todo lo bueno de sí mismo ni tampoco todo lo malo de sus adversarios; sino

que debe de saber escuchar, exponer sus ideas, saber reconocer los méritos y los fallos

suyos y los de los demás; y lo más importante, debe de intentar hacer lo mejor para el

pueblo, aunque eso suponga el enfado de uno. Porque algo que si nos gusta a todos es

que sean justos con nosotros y por lo tanto con los demás también.

Sofía Pena (4º ESO)