23
1 “Suspenso en matemáticas” Un relato do libro Casas baratas de Antón Riveiro Coello Ed. Galaxia, 2005 Ilustrado polo alumnado de primeiro ciclo da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Antón Riveiro Coello

Suspenso en matemáticas

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Un relato de Antón Riveiro Coello ilustrado polo alumnado de 1º ciclo da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Citation preview

Page 1: Suspenso en matemáticas

1

“Suspenso en matemáticas” Un relato do libro Casas baratas de Antón Riveiro Coello Ed. Galaxia, 2005 Ilustrado polo alumnado de primeiro ciclo da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Antón Riveiro Coello

Page 2: Suspenso en matemáticas

2

Suspenso en matemáticas

-Carme, iste rapaz éche o demo. ¡Manda carallo!

O meu pai non adoitaba xuramentar e foi para min unha novidade escoitar esa expresión maledicente mentres lle amosaba a mamá os tres billetes de mil.

-Será que il se dá a respectar. ¡Tíralle do aire!

Miroume cunha incrédula admiración e, logo de soltar as correspondentes tres-centas pesetas, arre-boloume outra pre-gunta xuramentada:

-¡Rabia te pele, rapaz! ¿Cómo carallo fixeches?

Encollín os om-breiros, gardei os caros no peto e non dixen nada. Tiña claro que o único que fixera era suspender as mate-máticas. Ese foi o principal motivo da miña riqueza tan temperá. Endexamais volvín a ser tan rico coma a esa idade dos once anos.

Page 3: Suspenso en matemáticas

3

Lembro esa cea cun pracer retroactivo porque, amais desa sensación adulta de achegar a miña parte á economía familiar, estaba o engadido de que o corpo non se resentía con ese novo traballo que, de primeiras, quería ser un castigo e virou nun negocio en toda regra.

Todo comezou co remate do curso cando suspendín as mate-máticas e papá, un pouco obrigado pola teimosía de mamá –que se hai que meter no rego ao rapaz, que isto non pode ser…-, quixo darme un escarmento.

-Este vrao vas traballar comigo. Así saberás o que é bo.

E velaí un luns, case ao mencer, mamá que me esperta e axiña me vexo subindo ao furgón cunha torcedura no estómago. Malia que era un castigo, a papá víaselle contento coa miña compaña e mesmo fixo calar os anxos negros de Machín para que eu puxese unha fita dos Beatles.

Na parte de atrás do coche, coma unha familia numerosa, amoreábase todo un mundo de obxectos cuxos nomes pensei que tería que aprender para ser un bo axudante. Máis nun primeiro momento papá tiña reservado algo máis duro que a memorización de tubos,

Page 4: Suspenso en matemáticas

4

cóbados, tes, mangos, estopa, estaño ou botes sifónicos; porque nada máis chegarmos á casa daquel emigrante con patillas case encontradas e entrarmos naquela corte fedorenta onde apenas se podía respirar, o meu pai puxo nas miñas man todo o peso dun mazo e un punzón e marcoume a pedra que tiña que escachar. E, mentres el ía ó andar de riba para solucionar un problema de maior envergadura, deixoume só nese curruncho noxento. Eu sabía que a miña era unha angueira menor e subalterna, pero a miña soberbia quería deixar ben claro que non me amolaba o traballo e, cunha furia soberbia, dei en bater a cabeza daquela ferramenta.

O demo da pedra non colaboraba e resistía os meus embates. Ás veces, sospeitaba naquela superficie rugosa e calva do profesor de matemáticas, e o chouto dalgunhas chispas dábame trela e un lume que me facía arder por dentro. E nada. Cando de alí a media hora regresou o meu pai e comprobou que, a pesar de criar calo nas mans e de toda esa suor pavorosa que me esvaraba pola fronte, o progreso do meu traballo só alcanzaba uns pequenos puntiños brancos na maldita pedra, bocexou un sorriso e tiroume o punzón e a maza.

-Vaia homiño de merda!

Botoume para un lado e, dun único golpe, esnaquizou non só aquela pedra senón tamén parte da parede.

-Es un pousafarelos de raio!

Aquilo foi para min unha humillación semellante á dalgunhas vellas de Tosende que, malia estaren gordas coma toneis e non practicaren ningún dos deportes que eu practicaba, me deixaban atrás na colla das patacas e debullaban frases de conmiseración, Antoniño, espile, home, e eu, axeonllado polos regos, miraba para elas cun odio perverso; e se non lles guindaba o canistrelo á cabeza era porque xa estaba esgotado e non tiña forzas para o facer.

Page 5: Suspenso en matemáticas

5

O meu día de axudante foi para esquecer e, como a miña nai tampouco tiña moito interese en que o barrio soubese do meu suspenso en matemáticas, papá coidou que aquela experiencia xa fora escarmento dabondo para me facer volver ao rego das fraccións e díxome que xa tiña que facer: estudar matemáticas. Mais a min doíame ese xeito tan indigno de se desfaceren de min e ameaceinos con máis suspensos até que a papá non lle quedou máis remedio que renovarme o castigo, coma se fose un contrato, só que esta vez me encargou a parte dos eu traballo que máis lle desagradaba: cobrar facturas.

- Dareiche a décima parte do que apañes. Algunhas son facturas de hai tres anos.

A pesar de que non era unha encomenda doada –os meus pais non daban un peso polo meu éxito-, chamar ás portas non requiría tanto esforzo coma facer unha roza, e un bo día do mes de xullo, cun rueiro que papá trouxo do concello, dei en marcar cunha cruz o itinerario numeroso dos morosos.

Tratábase de facturas por traballos feitos que nin lle pagaran nin na meirande parte dos casos tiñan pensado facelo. Eu non entendía moi ben por que papá non botaba man da súa autoridade de garda municipal para se impor e cobrar estas débedas de fontanería. Cuestión de carácter, dicía mamá. O caso é que o primeiro día fixen tres visitas e volvín de

Page 6: Suspenso en matemáticas

6

baleiro á casa porque me botaron coma aos cans da misa. No entanto, nun destes fracasos, foi unha muller triste a que suscitou en min unha idea xenial cando, cunha voz adoecida, escusou non pagar pola enfermidade do seu marido e a im-posibilidade de atopar recursos cos que afrontar a débeda. E foi xustamente a má-goa que me deu o que rematou por se con-verter na mellor arma para a medra do nego-cio. Dar pena, esa era a primeira estratexia, á que lle sumei o pranto e os estampado de bicos, cuxo costume arraigou na avoa Chon –cando eu chegaba á aldea, ela sempre me obrigaba a bicar a familia, que en realidade viña sendo toda a veciñanza-. Bicar un acto protocolario que, coma nas máis das veces viña acompañado de aguinaldo, fixo que o meu interese non deixase casa nin vello sen visitar. Ai, que bo rapaz che é o neto do Alfredo, un santo, dicían. Á parte da fama, era esta unha técnica á que non lle puña reparos porque cando non me untaban o peto, como mínimo apañaba algún doce, que eu agradecía porque era moi lambisqueiro.

Pois ben, no meu segundo día de cobrador non fixo falla despegar estratexia completa. O primeiro que fixen foi petar na porta e saíume unha muller con cara de bulldog. Antes de me presentar, espeteille dous bicos que me fixeron sentir os arames do seu bigote e, en canto viu a factura, a muller remexeume o pelo e dixo que volvese noutro momento, que agora non estaba o seu home. A unha distancia

Page 7: Suspenso en matemáticas

7

prudencial , quedei a vixiar a entrada ate a volta do marido. Cando este regresou á casa, agardei o tempo dabondo para que ela o puxese ao corrente da miña visita, e volvín chamar. O home abriu a porta e non tivo tempo de rexeitar a efusión dos meus bicos. E cando comezou a arrastrar a súa negativa, o escintileo de angustia da miña ollada debeu de ser tan esgazador que superou as reticencias deste matrimonio que, con certa resignación, me entregou as tres mil pesetas do meu primeiro gran éxito tributario.

Non sempre era así. Houbo casos perdidos de clientes que non sucumbiron ás miñas lamentosas tentativas;

as súas casas sangrábaas no meu plano con lapis vermello, coa ameaza futura de lles rachar algún cristal dunha pedrada. Pero eran fa-bas contadas. En xeral,

o meu traballo chegou a ser tan lucrativo que me semellaba imposible a existencia dun neno cunha riqueza gañada así, a pulso. Lembro a

miña actitude impasible no cuarto aniversario da miña irmá, cando o seu padriño botou á rapañota as moedas e os meus amigos se arremuiñaron coma voitres para apañaren naquel rebumbio algunha peseta. Coitados, e eu, sentado no banco impertérrito, co bocexo chispo dun sorriso capitalista, porque, qué podía significar para min unha ducia de pesetas se ao día adoitaba embolsar trescentas. Unha miudeza, iso é o que era.

Cando chegaba á casa dos debedores e vía que o bico non era dabondo, buscaba a pena na invención contundente de mentiras como que mamá estaba enferma e precisabamos de cartos para a operación; e se aínda así non daba resultado, empregaba a tortura de chorar mágoas. Cunha elástica

Page 8: Suspenso en matemáticas

8

paciencia, cecais herdada do meu pai, eu non caía no desespero: apostábame nos banzos das escaleiras e simulaba un pranto que remataba sendo sincero. Choraba ao pé das portas con desconsolados laios, madalenamente, cunha branda crueldade e mesmo con prantos catalépticos, e non sei se pola pena que lles daba ou para evitar diante da veciñanza a evidencia das súas débedas, adoitaban pagarme, senón todo o importe, cando menos unha parte. Nestes casos, eu entregáballes o correspondente recibín e estampáballe unha sinatura que ensaiaba nas miñas horas de lecer e que tiña un trazo moito máis adulto que o que empregaba de maior.

Ao principio, cando choraba e probaba a cadencia persuasiva do meu pranto, sentía unha vergonza confusa, coma se estivese a agardar un botín de guerra, mais rematei por desexar as mañás para iniciar estas miñas visitas espa-venteiras, que realizaba cun espírito lúdico.

Contra o remate do verán, non tanto pola miña efectividade senón para estender a encomenda, papá apareceume cunha bicicleta grande e puxo nas miñas mans un feixe de facturas que xa non recollía o meu mapa urbano. Eran morosos de aldeas próxi-mas. Todo un negocio na periferia.

Un estado moi seme-llante ao transo era o que me sobreviña cando volvía á casa polo mediodía ou ao se desfacer a tarde. mentres subía as escaleiras, malamente domeaba a euforia e substituía por un aceno amargo todo o meu entusiasmo. Mamá abría a porta, estudábame cunha ollada tenra e esperaba con larpeira cobiza polos billetes que eu lle ía dando, un a un, arremedando esa chulería demorada coa que papá lle entregaba os cartos dos seus traballos cobrados.

Page 9: Suspenso en matemáticas

9

Se estaba el, gustaba de ensaiar o abraio cun xuramento que a min me enchía o peito de satisfación:

- Manda truco na Habana co carallo do rapaz!

Sei que nese verán se notaron as miñas achegas porque papá mercou outro coche de segunda man e mamá axenciouse por fin a Singer nova dos anuncios. Eu fixenme cun radio-casete, e os Beatles encar-gáronse de llo dicir á veciñanza.

A chegada do outono devolveume ao colexio e nin papá nin mamá foron conscientes de que aquel castigo tributario, lonxe de me emendar, me reafirmou na idea de suspender outra volta as matemáticas.

Page 10: Suspenso en matemáticas

10

OUTRAS IMAXES que a nosa rapazada debuxou a partir da historia:

Page 11: Suspenso en matemáticas

11

Page 12: Suspenso en matemáticas

12

Page 13: Suspenso en matemáticas

13

Page 14: Suspenso en matemáticas

14

Page 15: Suspenso en matemáticas

15

Page 16: Suspenso en matemáticas

16

Page 17: Suspenso en matemáticas

17

Page 18: Suspenso en matemáticas

18

Page 19: Suspenso en matemáticas

19

Page 20: Suspenso en matemáticas

20

Page 21: Suspenso en matemáticas

21

Page 22: Suspenso en matemáticas

22

Page 23: Suspenso en matemáticas

23

IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Equipo de biblioteca

Departamento de Debuxo (Coordinou Paula Alvite)

2014