10
163 Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861 Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía Michel QUITOUT 1 CPST-Toulouse 2 Este texto alude ó nacemento da Tradutoloxía e amosa de xeito breve e conciso as etapas esenciais da súa traxectoria. Evoca algúns conceptos capitais que xeran debate entre os especialistas na materia, como o da equivalencia ou o da interpretación do sentido, e lígaos coa paremioloxía, xa que, o estudo dos refráns presenta dificultades importantes na tradución, tanto lingüísticas coma culturais. Este artigo salienta algunhas das máis importantes, como a metáfora, a equivalencia etc. Palabras clave: tradución, tradutoloxía, refrán, paremioloxía, fraseoloxía, metáfora, paráfrase, equivalencia. This text refers to the beginning of Traductology and it shows in a concise and brief way the essential stages of its trajectory. It evokes some main concepts such as equivalence or sense interpretation, which are object of discussion among specialists in this field. It links these concepts to paremiology, since the study of proverbs involves important problems, both linguistic and cultural. This paper remarks some of the most significant difficulties such as metaphor, equivalence, etc. Keywords: translation, traductology, proverb, paremiology, phraseology, metaphor, paraphrase, equivalence. A práctica da tradución é unha actividade que ten miles de anos. Polo contrario, a tradutoloxía é unha ciencia recente, aínda en construción. As premisas dunha ciencia da tradución comezan a mediados do século pasado con Darbelnet, J. P. Vinay (1958) e mesmo Nida (1964), quen desexaban ve-lo nacemento dunha “ciencia da tradución”. Logo continúan na década de 1970 con investigadores como J. Holmes (1972), nos Data de recepción 09/12/2008 Data de aceptación 28/04/2009 1 Tradución de Francisco Javier Trashorras García e Paula Feliz. 2 O autor deste artigo é director de La revue des deux rives.

Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía · Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861 163 Michel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • 163Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861

    Michel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxíaMichel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 161-169. ISSN 1698-7861 161

    Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

    Michel QUITOUT1

    CPST-Toulouse2

    Este texto alude ó nacemento da Tradutoloxía e amosa de xeito breve e conciso as etapas esenciais da súa traxectoria. Evoca algúns conceptos capitais que xeran debate entre os especialistas na materia, como o da equivalencia ou o da interpretación do sentido, e lígaos coa paremioloxía, xa que, o estudo dos refráns presenta dificultades importantes na tradución, tanto lingüísticas coma culturais. Este artigo salienta algunhas das máis importantes, como a metáfora, a equivalencia etc.

    Palabras clave: tradución, tradutoloxía, refrán, paremioloxía, fraseoloxía, metáfora, paráfrase, equivalencia.

    This text refers to the beginning of Traductology and it shows in a concise and brief way the essential stages of its trajectory. It evokes some main concepts such as equivalence or sense interpretation, which are object of discussion among specialists in this field. It links these concepts to paremiology, since the study of proverbs involves important problems, both linguistic and cultural. This paper remarks some of the most significant difficulties such as metaphor, equivalence, etc.

    Keywords: translation, traductology, proverb, paremiology, phraseology, metaphor, paraphrase, equivalence.

    A práctica da tradución é unha actividade que ten miles de anos. Polo contrario, a tradutoloxía é unha ciencia recente, aínda en construción. As premisas dunha ciencia da tradución comezan a mediados do século pasado con Darbelnet, J. P. Vinay (1958) e mesmo Nida (1964), quen desexaban ve-lo nacemento dunha “ciencia da tradución”. Logo continúan na década de 1970 con investigadores como J. Holmes (1972), nos

    Data de recepción 09/12/2008 Data de aceptación 28/04/2009 1 Tradución de Francisco Javier Trashorras García e Paula Feliz. 2 O autor deste artigo é director de La revue des deux rives.

  • 164 Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861

    Michel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxíaMichel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 161-169. ISSN 1698-7861162

    Estados Unidos, considerado o pai do que se deu en chamar en inglés Translation Studies, e tamén, entre outros, con Van den Broeck, nos Países Baixos, que fai do concepto de “equivalencia” o centro das súas inquedanzas. Máis tarde prolónganse con J.R. Ladmiral (1994), E. Coseriu, W. Benjamin e M. Ballard, V. Larbeau e tamén con H. Meschonic e moitos outros.

    1. A tradutoloxía: algunhas etapas clave

    Dende o comezo algúns optan pola elaboración dunha ciencia autónoma da tradución xa que ten uns problemas e unhas ferramentas conceptuais propias. Mais axiña xorde a controversia que enfronta os que defenden un achegamento hermenéutico cos que defenden un achegamento lingüístico. Os primeiros consagran o seu estudo da tradución ós problemas literarios, deixando á marxe calquera análise lingüística, e os segundos céntranse nas cuestións lingüísticas rexeitando toda especulación teórica.

    Cara á fin da década de 1970 o debate evoluciona e deixa atrás as consideracións filosóficas sobre a natureza do sentido para preocuparse sobre todo da circulación do sentido dun texto a outro. Dese xeito, os tradutólogos descubriron as virtudes da interdisciplinariedade e, en diante, centraron a súa atención noutras cuestións como as de autor/tradutor, a adecuación texto fonte/texto albo, función dos textos traducidos/sentido etc.

    A década de 1990 foi un momento crucial para a tradución e para moitos outros campos. A chegada das tecnoloxías da información e o desenvolvemento das ferramentas informáticas déronlles pulo ás investigacións na tradutoloxía e abriron unha vía a novas aplicacións, ata entón descoñecidas, relativas ó tratamento automático da linguaxe natural. A introdución da informática na práctica da tradución consistiu daquela en analizar e desenvolver recursos lingüísticos e ferramentas informáticas co propósito de xera-la tradución da linguaxe humana nas súas versións bilingüe ou multilingüe, tanto nunha lingua xeral como na lingua dun campo específico.

    Estes avances tecnolóxicos deron lugar, ó comezo, a unha euforia xeneralizada, por outra banda xustificada, no sentido de que todos nós nos aproveitamos da axuda que supuxeron as súas novas ferramentas: dicionarios electrónicos dirixidos á tradución automática, correctores ortográficos, analizadores morfolóxicos e sintácticos, software de indexación automática etc.

    Porén, axiña se comprobou que estas ferramentas non ían se-la panacea, xa que as oracións obtidas deste xeito, se ben polo xeral cumpren cos criterios sintácticos e léxicos, resultan a miúdo insatisfactorias, mesmo incorrectas, nos seus aspectos semántico e pragmático. A tradución totalmente automática non era unha realidade completa. Pero as investigacións continúan e afínanse cada día máis. Namentres, hoxe en día segue a ser un apoio técnico e loxístico de gran valor para o tradutor.

  • 165Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861

    Michel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxíaMichel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 161-169. ISSN 1698-7861 163

    2. Equivalencia e interpretación do sentido

    Por outra banda, entre os conceptos que estaban na cerna das teorías da tradución dende o comezo, hai un que chamou a atención dos investigadores e monopolizou os seus debates e que paga a pena que reparemos nel: é o concepto de equivalencia.

    Os estruturalistas cren que, por mor da falta de correspondencia nas estruturas das linguas, toda tradución é imposible. Os funcionalistas, pola súa parte, teimaron en demostra-lo contrario e chegaron mesmo a expoñer uns Théorèmes pour la traduction. (Ladmiral 1994)

    De feito, este debate enfronta por un lado ós lingüistas e polo outro ós teóricos da tradución. Os primeiros, ó quereren liga-la tradución ó campo dos estudos sobre a lingua en xeral, asocian este concepto á lingua como sistema e estudan as súas diferentes manifestacións ó nivel das estruturas xerais. Os outros, ó quereren facer da práctica da tradución unha disciplina autónoma das ciencias da lingua, sitúan a equivalencia no plano do discurso, no marco dunha concepción dinámica que fai interactua-lo tradutor e o texto por traducir, sendo a equivalencia o resultado desta interacción. Así, a tradución xa non sería unha simple substitución dunhas estruturas lingüísticas por outras, senón un proceso dinámico de produción de sentido.

    Vese tamén que o que está no miolo da controversia non é a equivalencia senón o seu contido. Para a lingüística contemporánea, a cuestión xa non é preguntarse se a tradución é posible ou non, senón recoñecer que é une opération relative dans son succès, variable dans les niveaux de la communication qu’elle atteint (Mounin 1963). Ademais, dende Jakobson (1958/ 1971) sábese que a equivalencia é un concepto parcial e que incluso no marco dunha mesma lingua, os sinónimos non son equivalentes perfectos.

    Outro concepto no cal se sitúa o debate entre os tradutólogos é o da interpretación do sentido do que se traduce. Isto precisa da existencia dun mecanismo específico da tradución que interveña na interpretación dos textos bilingües. Estes mecanismos deben estar calibrados para explotar mellor os marcadores lingüísticos (tempos, modos, conectores etc) que contribúen á interpretación dos enunciados e ós discursos que se queren traducir. Así pois, fai falla buscar no texto o que o autor quería dicir e o que di, independentemente das súas intencións, ben sexa referíndose á coherencia textual ou ós sistemas de significado do destinatario. Umberto Eco, en Les limites de l’interprétation (1992), preconiza xusto iso, establecer unha especie de equilibrio inestable entre a initiative de l’interprète et fidélité au texte. O papel que xoga o destinatario na comprensión e interpretación dun texto e o xeito no que o texto prevé a participación do receptor son primordiais no seu funcionamento.

    Pódese dicir ademais, segundo M. Guidère (2005) que

    Tout acte de traduction est une transaction difficile entre la compétence du

    traducteur et le contenu effectif d’un texte donné. Entre l’inaccessible intention

    de l’auteur, son ‘vouloir dire’, et la discutable intention du lecteur-traducteur,

  • 166 Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861

    Michel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxíaMichel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 161-169. ISSN 1698-7861164

    son ‘interprétation’, il y a la cohérence générale du texte qui réfute toute

    traduction inadéquate ou inacceptable.

    No exemplo que el dá Tous les traducteurs aiment les langues étrangères :

    /

    semella, en efecto, que malia a proximidade semántica, é difícil deducir de xeito razoable, como el di, a identidade destas equivalencias, falando nun sentido estrutural, á marxe da percepción subxectiva dos individuos que as produciron. Estas formulacións son moi diferentes, xa que cada estrutura expresa, estilisticamente, un sentido diferente. A predicación xoga aquí un papel discriminatorio evidente. Daquela, affirmer que deux traductions différentes structurellement sont équivalentes à une

    troisième structure d’origine, c’est ignorer la spécificité des structures linguistiques

    dans l’expression des nuances et des subtilités de sens. (Idem, p. 16)

    Para traduci-la frase anterior, o tradutor debe elixir entre as “equivalencias posibles”, o que quere reflectir na lingua albo. Dito doutro xeito, debe decidi-lo sentido que quere preservar e a mellor maneira de transmitilo. Neste caso, impóñenselle tres niveis: morfolóxico, semántico e sintáctico. Haberá entón tres traducións posibles:

    - unha tradución ineludible que será aquela que dará conta de que eses tres niveis son lingüisticamente correctos e culturalmente pertinentes;

    - unha tradución inverosímil que se afastará da corrección literal cara a unha especie de sobretradución do orixinal ou de efecto estilístico inapropiado no contexto, e

    - por último, unha tradución inaceptable que estará semanticamente afastada do orixinal (contrasentido) aínda que sexa correcta dende o punto de vista lingüístico.

    A sutileza estilística é, polo tanto, dunha importancia capital para a tradución, xa que toda formulación posúe un sentido e unha transcendencia que lle son específicas dentro do sistema lingüístico que a emprega.

  • 167Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861

    Michel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxíaMichel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 161-169. ISSN 1698-7861 165

    3. Tradutoloxía e refráns

    A tradución dos refráns (e das fórmulas breves en xeral) é unha tarefa apaixonante, pero chea de trabas. Ten esixencias suplementarias ademais das que xa son habituais na tradución de prosa ou de calquera outro texto deste xénero. Teñen relación, por unha banda, coas consideracións de sonoridade (rimas, musicalidade etc.) e, por outra banda, coas competencias probadas que entrañan toda unha simboloxía ligada ós universos culturais das dúas linguas implicadas no proceso da tradución. Facemos noso o que di Fourquet (1972:64) acerca do bo tradutor:

    Le bon traducteur, dit-il, soumet la chaîne de la langue source à une exégèse

    aussi exhaustive que possible. Il fait entrer dans cette exégèse non seulement

    toutes les indications que lui donnent la chaîne, mais tout le texte au sens le plus

    large… Tout l’environnement dans lequel il a été créé le texte.

    Sabemos, ademais, que a calidade dun refrán exprésase primeiro dentro da súa forma e da súa estética. Polo que respecta á substancia, só ten sentido no cadro dun universo cultural dado. Por iso nos invade un sentimento de decepción cando lemos un refrán traducido. Conscientes deste hándicap sempre tivemos tendencia a acompaña-las traducións dos millares de refráns feitas ata o día de hoxe cos seus correspondentes nas outras culturas.

    A tradución de refráns require polo tanto o dominio real da competencia cultural tanto da lingua fonte coma da lingua albo. Por iso na tradución ó inglés dun refrán como Une hirondelle ne fait pas le printemps non se teñen en conta os elementos lingüísticos que levarían forzosamente a erro pola simple razón de que as estacións do ano en Inglaterra teñen un desfase en comparación con Francia. Unha boa tradución sería entón One swallow does not make a summer.

    Por outro lado, a tradución dos refráns leva a unha simboloxía moi precisa integrada pola comunidade no seu conxunto. Este simboloxía non é obrigatoriamente común ás linguas implicadas no proceso de tradución. Se collémo-la palabra chien (can), como exemplo, atopamos outras connotacións que lle son asociadas: a mesquindade e a sucidade. Para un locutor árabe, no sentido relixioso do termo, é o símbolo da impureza. De feito, que un can entre nunha casa, convértea en impura e indigna do rezo. Mesmo parecería, segundo algunhas tradicións, que sería abandonada polos anxos durante 40 días. Do mesmo xeito, un utensilio lambido por un can vólvese inservible ata que non se lave 7 veces.

    Así mesmo, no plano formal, a tradución non se pode dar se non lle supón algunha dificultade ó tradutor dos refráns. Moitas veces a tradución faille perder ó refrán o seu ritmo, que é unha das características esenciais dun refrán. A desaparición da rima vén ó primeiro plano como podemos comprobar neste refrán marroquí: elli derqek b khit, derqu b hit. Neste refrán as palabras khit e hit riman entre si. Unha boa tradución

  • 168 Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861

    Michel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxíaMichel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 161-169. ISSN 1698-7861166

    francesa, a priori, sería celui qui se protège de toi par un fil, protège-toi de lui par un mur

    3. Na nosa opinión é difícil de atoparlle mellor sentido.

    A oposición desaparece do mesmo xeito en: duz el-wad el-harhar, ma tduz ch 3el wad el-saket. Tradución literal: Traverse la rivière qui gronde, ne traverse pas celle qui est silencieuse

    4; tradución intelixible correspondente ó seu equivalente en francés: Il n’est pire eau que l’eau qui dort

    5 .

    O tradutor de refráns ten que coñece-los recursos da lingua albo e intentar atopar nela un enunciado proverbial que explique da forma máis exacta posible os matices do refrán que se traduce para, deste xeito, limita-las perdas de sentido e simbolismo que estes portan.

    Lembremos tamén que os textos orais, como é o caso dos refráns, son aínda máis vulnerables á actividade da tradución en comparación con outros textos. Pasados á escrita non nos informan da mesma maneira. A enunciación dos refráns dentro do seu contexto está acompañada dun certo número importante de parámetros entre os cales o refrán se atopa amputado á hora de traducilo.

    De todo o que acabamos de dicir resulta que o coñecemento do vocabulario e da gramática dunha lingua, teña a importancia que tiver, non é dabondo para comprende-lo refrán nin para traducilo. O coñecemento do contexto cultural xoga aquí un papel dos máis importantes. Na ausencia deste coñecemento cultural, o tradutor non pode facer fronte ás dificultades xeradas pola ignorancia das realidades extralingüísticas. A simboloxía, que non é de xeito obrigatorio de coñecemento internacional, constitúe un obstáculo capaz de minimiza-lo resultado da tradución.

    A outra banda na que se sitúa algunhas veces a dificultade da tradución dos refráns e das fórmulas breves en xeral é a da inadecuación dos universos figurativos das dúas linguas. É frecuente que algúns desfases semánticos bloqueen a tradución. Os refráns ó lado doutras unidades fraseolóxicas, todas elas codificadas culturalmente (expresións fixadas, locucións idiomáticas etc.), ofrecen de feito, dende ese punto de vista, un exemplo da gran dificultade que existe na tradución.

    A unidade fraseolóxica, que é unha expression multilexémique ayant des propriétés imprévisibles à partir des propriétés de ses constituants

    6, parece escapar ó principio da composicionalidade. É dicir, gobernado pola lexicalización, o sentido global dunha unidade fraseolóxica non se reduce só á suma dos sentidos dos seus compoñentes. Implica moitas veces metáforas lexicalizadas que abren unha vía a un achegamento pragmático que xa non é unha novidade dende hai moito tempo. A metáfora, lexicalizada ou non, atravesa a partir dos traballos de Grice (1979) e de Searle (1982) os límites dos acercamentos semánticos para adquirir un estado pragmático inédito.

    3 “De quen se protexa de ti cun fío, protéxete ti cun muro”. 4 “Atravesa o río que rosma; non atravése-lo que vai calado”. 5 “Non hai peor auga cá auga que dorme”. 6 Expresión multilexémica que ten propiedades que non son previsibles a partir das propiedades dos seus

    constituíntes.

  • 169Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861

    Michel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxíaMichel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 161-169. ISSN 1698-7861 167

    Considerada tradicionalmente como unha violación das regras sintácticas e/ou pragmáticas, a metáfora é interpretada de diversos xeitos polos filósofos da lingua:

    - Grice inclúea dentro da categoría das implicacións conversacionais ó lado doutros grupos (hipérbole, lítote, ironía).

    - Searle trátaa como un feito de indirección, como aqueles actos de lingua indirecta e a ironía.

    - Sperber e Wilson (1989) rexeitan a tese do rol marxinal dos grupos dentro da comunicación, asignándolles un papel central.

    - Moeschler (1996) desenvolve as suxestións de Sperber e Wilson e adianta as dúas teses seguintes:

    a. O enunciado metafórico é a mellor ou a única maneira que ten o autor a disposición para comunica-lo seu pensamento (noutros termos, non hai un equivalente literal do pensamento).

    b. Segundo o grao de creatividade da metáfora, o autor é máis ou menos responsable das implicacións comunicadas polo enunciado metafórico.

    Plus la métaphore est figée, plus ses implicitations sont fortement

    communiquées et moins l’auditeur en est responsable ; plus la métaphore est

    créative, plus ses implicitations sont faiblement communiquées et plus

    l’auditeur en est responsable. (Moeschler 1996:82)

    As propostas de Sperber, Wilson e Moeschler implican que non habería unha paráfrase para unha metáfora e a fortiori para unha metáfora lexicalizada, sen a perda de pertinencia comunicativa.

    Ó respecto das fraseoloxías (consideradas como segmentos de enunciados correspondentes a un sentido global) dentro do cadro dunha actividade de tradución que pon en equivalencia dous códigos lingüísticos diferentes, é imperativo delimita-las discordancias posibles e as interpretacións erróneas establecendo estratexias de transparencia que se presentan segundo tres posibilidades:

    1- O equivalente na lingua albo é unha estrutura combinatoria libre literal, que borra a metáfora da lingua fonte.

    2- O equivalente é unha metáfora lexicalizada que sobresae do mesmo dominio semántico que aquela da lingua fonte.

    3- O equivalente é unha metáfora lexicalizada pero os dominios semánticos na lingua fonte e na lingua albo difiren un do outro.

    A transferencia de fraseoloxías que conteñen metáforas implican chanzos lingüísticos diferentes, a morfosintaxe (reorganizacións gramaticais), a estilística (diferenzas de rexistro da lingua), os aspectos socioculturais (metáforas lexicalizadas relevantes de recortes de realidades diferentes) etc. Moitas das metáforas lexicalizadas atopan como equivalentes as expresións metafóricas fixadas pertencentes ó mesmo dominio

  • 170 Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861

    Michel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxíaMichel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 161-169. ISSN 1698-7861168

    semántico. Esta superposición é debida ou ben a un mesmo recorte da realidade, ou ben á utilización de expresións específicas do dominio da experiencia nas situacións cotiás, ou ben a traducións culturais comúns. Esta correspondencia a tódolos niveis facilita moito a posta en equivalencia de tales expresións, que xa non fan fronte ós problemas de diverxencia semántica xa sinalados, tendo en conta que non se trata dunha correspondencia directa termo a termo, senón dunha equivalencia global.

    4. Conclusión

    A fraseoloxía ofrece tamén unha excelente ocasión de observa-la amplitude de dificultades ás que fan fronte tanto a teoría como a práctica da tradución. Este dominio, que queda ignorado polos teóricos da tradución, gañará ó ser valorado polo que pode achegar a uns e outros como desafíos científicos, tanto ó nivel da tradución humana como ó da tradución asistida por ordenador, da cal a fraseoloxía foxe completamente hoxe en día.

    5. Referencias bibliográficas BALLARD, M. (1995): “Objectif : traduire, ou traduire : objectif ”, en Les langues

    modernes n° 1. Paris: APLV (Association des Professeurs de Langues Vivantes), 7-22.

    (2006): “La traductologie, science d’observation”, en BALLARD (éd.): Qu’est-ce que la traductologie ? (Actes du colloque des 26-27-28 mars 2003 organisé dans le cadre des travaux du CERTA). Arras : Presses de l’Université d’Artois, novembre, 179-194.

    BENJAMIN, W. (1971): “La Tâche du traducteur”, en Œuvres, I, Mythe et violence. Paris: Denoël [trad. de Maurice de Gandillac]

    COMBET, L. (1971): Recherches sur le ‘Refranero’ castillan. Paris: Les Belles Lettres.

    COSERIU, E. (1997-98): “Portée et limites de la traduction”, en Cahiers de l'Ecole de Traduction et d'Interprétation 19, 19-34.

    ECO, U. (1992): Les limites de l’interprétation. Paris: Grasset. FOURQUET, J. (1972): “La traduction vive d’une théorie du langage”, en Langages

    28. GRICE, P. H. (1979): “Logique et conversation”, en Communications 30. Paris. GUIDERE, M. (1995): La traduction arabe. Méthodes et applications. Paris: Ellipses. HOLMES, J. (1972): “The Name and the Nature of Translation”, en VENUTI L.

    (2000): The Translation Studies Reader (reed.). London: Routledge, 172-185. JAKOBSON, R. (1958/1971): “On Linguistic Aspects of Translation”, en Jakobson

    Selected Writings: Word and Language. The Hague / Paris: Mouton, 260-266. LADMIRAL, J.-R. (1994): Traduire : théorèmes pour la traduction. Paris: Gallimard.

    (1998): “Principes philosophiques de la traduction”, en Le Discours philosophique. Paris: PUF, 977-998.

    LARBAUD, V. (1984): De la traduction. Paris: Actes sud. MESCHONNIC, H. (1973): “Poétique de la traduction”, en Pour la poétique II. Paris :

    Gallimard- Le Chemin.

  • 171Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 163-171. ISSN 1698-7861

    Michel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxíaMichel Quitout. Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 11, 2009, 161-169. ISSN 1698-7861 169

    MOESCHLER, J. (1996): Théorie pragmatique et pragmatique conversationnelle. Paris: A. Colin- Coll. U.

    MOUNIN, G. (1963): Les problèmes théoriques de la traduction. Paris: Gallimard. NIDA, E. A. (1964): Toward a Science of Translating. Leiden: E. H. Brill. SPERBER, D.; WILSON, D. (1989): La pertinence. Paris: Minuit VAN DEN BROECK, R. (1978): “‘The Concept of Equivalence’ Translation Theory :

    some Critical Reflexions”, en LAMBERT, J.; VAN DEN BROECK, R. (eds): Litterature and translation: New perspective in Literary Studies. Louvain: Acco.

  • CADERNOS DE FRASEOLOXIA 163.pdfCADERNOS DE FRASEOLOXIA 164CADERNOS DE FRASEOLOXIA 165CADERNOS DE FRASEOLOXIA 166CADERNOS DE FRASEOLOXIA 167CADERNOS DE FRASEOLOXIA 168CADERNOS DE FRASEOLOXIA 169CADERNOS DE FRASEOLOXIA 170CADERNOS DE FRASEOLOXIA 171CADERNOS DE FRASEOLOXIA 172