140
C.E.I.P. Nosa Sra. de Xuvencos 1º Ciclo de Primaria

Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

C.E.I.P. Nosa Sra. de Xuvencos

1º Ciclo de Primaria

Curso 2010/2011

Page 2: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

2/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 3: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

3/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 1

OBXECTIVOS

Comprender que todas as persoas son diferentes. Describir os trazos físicos e os datos de identidade propios. Distinguir e expresar algúns sentimentos. Diferenciar sentimentos agradables e desagradables. Entender a importancia de respectar os sentimentos dos demais. Saber que todas as persoas teñen os mesmos dereitos aínda que sexan diferentes. Ler comprensivamente distintos tipos de textos. Elixir a conduta máis apropiada nunha situación concreta. Reflexionar sobre a importancia de aceptar a todas as persoas sen distinción. Explicar as razóns das decisións propias.

CONTIDOS

A identidade persoal. Os sentimentos. A diversidade e os dereitos humanos. Lectura comprensiva de diferentes tipos de textos. Toma de decisións relacionadas con problemas da vida cotiá. Lectura e interpretación de imaxes. Respecto polos sentimentos alleos. Respecto pola diversidade. Recoñecemento dos dereitos humanos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Ademais de desenvolver a Competencia no coñecemento e na interacción co medio físico, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

- Aprender a aprender.- Competencia cultural e artística. - Competencia social e cidadá. - Competencia lingüística.- Autonomía e iniciativa persoal.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 4: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

4/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 1 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan as similitudes e as diferenzas existentes entre os distintos nenos. A continuación, no epígrafe A identidade persoal, os alumnos deben completar unha ficha cos seus datos persoais e pegar unha foto ou debuxar a súa propia cara. Ao final desta dobre páxina, no apartado Expresión oral, os alumnos deben presentarse aos seus compañeiros empregando os datos utilizados nesta dobre páxina.

Nas páxinas de información: Expresamos o que sentimos e Somos diferentes, o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen tres pequenos textos: Iguais, pero diferentes; Un selo moi persoal e Uh Aaá Uh Aaá Uh Aaá. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a reflexionar sobre os sentimentos.

Suxestión de temporalización:

1.ª quincena de outubro.

Recursos:

- Ficha 1 de reforzo.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 5: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

5/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Para empezar a unidade divida a clase en tres grupos; utilizar como criterio de selección a cor de ollos, a cor de pelo, o ton da pel, a estatura, etc. A continuación, explicarlles aos nenos que cando nomee un dos grupos, todos os alumnos que pertenzan a el, se deberán poñer de pé.

- Preguntar: Hai alumnos co mesmo nome? Pídalles que expliquen como diferencian a un alumno de outro.

- Para evitar que os alumnos se bloqueen ao presentarse, guiar as súas intervencións escribindo frases coma estas no encerado: Son…/Nacín…/ Vivo…/Gústame…/Non me gusta…

- A partir da observación da fotografía da páxina 6, conversar cos alumnos sobre a importancia de aprender a convivir con persoas diferentes a nós, doutro sexo, doutros países, culturas, relixións…

- Seleccionar a catro alumnos da clase cuxos trazos sexan bastante diferentes entre si. Despois, pedirlle ao resto dos alumnos que digan que trazos lles permiten diferencialos.

- Propoñer aos alumnos o xogo das descricións. Pedirlles a algúns nenos que saian ao encerado e debuxen a un dos seus compañeiros sen dicirlles aos demais de quen se trata. Os demais deberán adiviñar quen é.

- Confeccionar un calendario de aniversarios para todos os nenos da clase. Sobre unha cartolina grande, debuxar un calendario do curso escolar, de setembro a setembro, con doce casas grandes, unha para cada mes. Despois, pegar as fotos dos nenos e das nenas, co seu nome debaixo e a data de nacemento, sobre o mes que lles corresponde. Desta maneira, cada mañá poderán comprobar se algún compañeiro fai anos e poderán felicitalo todos xuntos.

A escritura e a lectura son destrezas que non se circunscriben á área de Lingua e que os alumnos aínda están mellorando. Encargar aos alumnos unha pequena redacción en que se describan a si mesmos. Recordarlles que deben describir os trazos máis importantes: cor de pelo, complexión, particularidades (lentes, lunares, roupa…), etc.- Para empezar o apartado Expresamos o que sentimos, das páxinas 8 e 9, pedir aos

alumnos que observen as ilustracións da páxina 8 e que identifiquen as persoas que están tristes. Despois, preguntar: Que credes que lles pasa a esas persoas? Que poden facer para deixar de estar tristes? Credes que lles resultará fácil?

- Reforzar a idea do respecto cara aos sentimentos dos demais, poñendo exemplos en que os nenos experimenten os sentimentos dos outros coma se fosen propios.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 6: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

6/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Propoñer unha dramatización sobre como nos sentimos. Pedir a un dos alumnos que saia ao encerado e dicirlle ao oído un sentimento (por exemplo, enfado, alegría…). O neno terá que expresar con xestos ese sentimento para que o resto da clase trate de adiviñalo.

- Preguntar aos nenos: Como vos sentiriades se invitásedes a xogar a un compañeiro e vos contestase que non? A maioría dos nenos contestarán que se enfadarían. Sinalar que se pode reaccionar doutras maneiras, por exemplo, poden preguntar o porqué; é posible que o compañeiro non teña tempo, non lle guste o xogo ou sexa moi tímido. É importante coñecer as razóns das accións dos demais. Pedirlles que pensen nas veces que a eles lles piden xogar e din que non.

Propoñer aos nenos elaborar un mural dos sentimentos. Colocar sobre unha das paredes da aula unha cartolina grande ou un papel continuo e escribir con letras grandes o nome de diferentes sentimentos (alegría, enfado, aburrimento, medo, satisfacción, tristeza, felicidade…). Levar algunhas revistas á clase e repartilas entre os nenos para que busquen fotografías de persoas que reflictan nos seus xestos eses sentimentos.Pedirlles aos alumnos e ás alumnas que, unha vez que recortasen as fotografías que consideren máis adecuadas, procedan a pegalas arredor da palabra correspondente no mural.

- Pedirlles aos alumnos que escriban dúas listas. Na primeira deberán anotar as cousas que os fan felices. Na segunda, as cousas que os fan sentirse tristes. Ao terminar, invitalos a ler en voz alta as respostas. Anotar no encerado aquelas que se repitan máis entre os nenos. Despois, poden facer unha posta en común para comentar as situacións que recolleron.

- Para introducir o apartado Somos diferentes, das páxinas 10 e 11, pedir aos nenos que formen unha roda e que xiren ao son dunha música. Cando esta cese, cada alumno, por orde, debe dicir en voz alta un trazo físico que o diferencie do seu compañeiro da dereita. Pódese repetir o xogo elixindo ao compañeiro da esquerda ou cambiando a orde dos nenos na roda.

- Explicar que, da mesma maneira que eles teñen dereitos, tamén teñen deberes que cumprir. Por exemplo, ir á clase perfectamente aseados, colaborar cos seus compañeiros nas tarefas escolares, respectar e coidar as persoas maiores, etc., son algunhas das súas obrigas.

- Animar os alumnos a que falen e expliquen por que ir ao colexio é un dereito de todos os nenos. Comprobar que comprenden a diferenza entre as cousas que lles gustan ou lles apetecen, como tomar un xeado ou ir ao cine, e as cousas que son necesarias, como a comida, o vestido, a educación, a familia, a asistencia sanitaria, etc.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 7: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

7/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Explicar aos alumnos que UNICEF é unha organización que forma parte das Nacións Unidas. A súa sede encóntrase en Nova York, nos Estados Unidos. Foi fundada no ano 1946 para axudar os nenos que vivían en zonas que sufriran as consecuencias dunha guerra.Despois ampliou as súas funcións e, na actualidade, ocúpase especialmente de que os nenos de todos os países reciban os coidados necesarios para a súa saúde e unha educación adecuada. Un dos seus principais obxectivos é defender e facer que se respecten os dereitos dos nenos e das nenas en todo o mundo.

- Invitar os nenos a reflexionar sobre os seus dereitos e deberes, e pedirlles que escriban nos seus cadernos algunhas das cousas que son os seus dereitos, por exemplo, ir ao colexio. Despois, mostrar aos nenos a Declaración dos Dereitos do Neno. Foi proclamada pola Asemblea Xeral da ONU o 20 de novembro de 1959. Algúns dos dereitos que se recollen son:- A ser protexido co fin de medrar e desenvolverse adecuadamente.- A ter un nome e unha nacionalidade.- A medrar cos seus pais ou cunha familia adecuada.- Á educación.- A figurar entre os primeiros que reciben auxilio.- A non ser abandonado, maltratado, explotado nin obxecto de comercio.- A ser protexido de toda discriminación.

- Tras realizar a lectura Iguais, pero diferentes, da páxina 12, preguntar aos nenos se coñecen casos doutros nenos ou adultos que son xemelgos: entre os seus amigos, na súa familia, no colexio, etc. Pedirlles que lembren como son. O obxectivo é que se dean de conta de que todas as persoas son diferentes, e que os xemelgos tampouco son idénticos, incluso aínda que se parezan moito a simple vista. Á marxe das diferenzas físicas, cada persoa é única, xa que ten no seu propio carácter, sentimentos, gustos, afeccións, experiencias, etc.

- Se na clase hai algún xemelgo, pídalle que lles explique aos compañeiros como é a relación co seu irmán, e que conte algunha anécdota divertida.

- Tras realizar a segunda lectura Un selo moi persoal, da páxina 12, contar aos nenos que ao nacer, as impresións dixitais aínda non están claramente definidas, polo que aos meniños acabados de nacer se lles toma a impresión da planta do pé en vez das impresións dixitais para non confundilos con outros nenos.

- Pódese contar que existen moitas outras características únicas para cada persoa que se poden empregar para identificalas. Citar, como exemplo, a cor e o debuxo do iris, a voz, a forma de escribir, a forma da dentadura e o ADN.

Sobre o debuxo da páxina 13, pedirlle aos nenos que identifiquen cales dos monstros do debuxo lle parecen máis divertidos. Poden, ademais, realizar o seu propio debuxo, plasmando que cren que é o animal ou cousa da que se fala no texto. Desta maneira, os nenos reflexionarán ao mesmo tempo sobre o contido do texto e sobre a imaxe.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 8: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

8/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Invitar os nenos a aprender de memoria o poema. Poden recitalo todos xuntos en voz alta como unha forma de aprehender o ritmo do texto e a onomatopea..

Propoñer aos alumnos o xogo do prisioneiro: un grupo de alumnos simulará ser prisioneiro nun castelo mentres os seus compañeiros exercen de gardiáns. Dous alumnos actuarán como rescatadores e deberán achegarse ao castelo para rescatar os prisioneiros do seguinte modo: «Vimos rescatar a…». Os gardiáns preguntarán: «Por que?». Os rescatadores dirán: «Porque ten que»… e citarán unha das súas obrigas (recoller o seu cuarto, ordenar o pupitre, facer os deberes…). Se os gardiáns consideran que se trata dun dos seus deberes, liberarán o prisioneiro. O xogo repítese ata que non quedan prisioneiros.

- As actividades da paxina 14 teñen como obxectivo comprobar que os nenos asimilaron os principais conceptos desenvoltos na unidade. Ao mesmo tempo, pódense empregar como un reforzo dos contidos da unidade.

- Na actividade 2, e no caso das oracións falsas, pedirlles aos nenos ao terminar que digan en voz alta cales serían as oracións correctas.

- A socialización dos nenos vai en aumento ao longo desta etapa. Recoñecer os seus sentimentos e comprender os dos demais é fundamental para actuar dentro do grupo de iguais. O propósito da actividade Son capaz de… da páxina 15 é que os nenos se poñan no lugar doutras persoas e intenten imaxinar cales son os seus sentimentos.

O álbum de fotos familiar pode ser un instrumento moi útil de cara a reforzar os contidos da unidade desde o propio fogar. Suxerir a pais e alumnos que observen xuntos as fotografías e que vaian sinalando trazos comúns dos membros da familia: a cor de pelo, a estatura, a forma do nariz ou da boca… Os pais poden recordar, ademais, algúns trazos de carácter dos seus familiares, sinalando as diferenzas que fan única a cada persoa, aínda que poida haber grandes parecidos físicos.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Aprender a aprender- Para mellorar a súa memoria visual, pedirlles aos alumnos que observen con

atención a fotografía da páxina 6. Despois de darlles un par de minutos, pedirlles que pechen os libros e facer preguntas:

- Que neno é máis alto?- A quen lle falta un dente?- Que neno leva unha camiseta vermella?- Que posición ocupa o neno que ten o pelo máis claro?

Competencia cultural e artística

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 9: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

9/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Proporcionar aos alumnos un folio en branco e propoñerlles que se debuxen a si mesmos nalgún momento da súa vida en que se sentisen moi contentos. Despois, pedirlles que escriban unha frase describindo ese momento e cal era a razón da súa alegría. Comparar os debuxos dos alumnos e comprobar se son as mesmas cousas as que lles gustan ou que os fan felices.

- Propoñer a realización dun gran mural que sirva para que se coñezan todos. Deben aparecer as fotografías de todos os nenos e nenas da clase. Baixo cada fotografía aparecerá o nome e catro palabras que elixirán eles: dúas para dúas afeccións e outras dúas para definir trazos do seu carácter.

Competencia social e cidadáA partir dos contidos da páxina 10, espertar o interese dos alumnos por coñecer a nenos que falan outra lingua, teñen outras tradicións e mostran trazos físicos diferentes. Insistir en que, a pesar das diferenzas aparentes, son coma eles, persoas importantes e interesantes que lles poden ensinar moitas cousas sobre os seus países.

Competencia lingüísticaAo longo deste curso, os nenos deben continuar mellorando a súa capacidade básica de ler. Aproveitar as páxinas de lectura para que lean pequenos fragmentos, por quendas e en voz alta, fronte ao resto da clase. Fomentar a participación de todos os nenos.

Autonomía e iniciativa persoal- O coñecemento de si mesmos e das súas características físicas permitiralles aos

alumnos ser conscientes do seu aseo persoal. Pedirlles que lle conten ao resto da clase de que trazos do seu aspecto se ocupan eles habitualmente: Cepillan os dentes todos os días? Saben peitearse? Vístense só? Elixen a roupa que poñen cada día?

Non todos os nenos teñen as mesmas aptitudes sociais. Na vida escolar hai moitas ocasións para que os alumnos con máis carisma cobren protagonismo e tomen decisións; nesta etapa xa se observa o liderado dalgúns nenos. Invitalos a participar no labor de integración de todos os compañeiros, os novos que chegaron ao colexio, os que proceden de culturas distintas, os que son máis tímidos, etc

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Comprende que as persoas son diferentes. Sabe presentarse a si mesmo ante os demais. Sabe expresar os seus sentimentos. Respecta os sentimentos dos demais. Comprende que todas as persoas teñen os mesmos dereitos. Le comprensivamente diferentes tipos de textos. É capaz de tomar decisións ante problemas concretos e explica as súas razóns.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 10: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

10/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSO UNIDADE 2

OBXECTIVOS

Comprender como son e para que serven os ósos e as articulacións. Coñecer algúns dos ósos do corpo humano. Comprender como son e para que serven os músculos. Coñecer algúns músculos do corpo humano. Saber como se leva a cabo a respiración. Comprender a importancia de evitar os sitios contaminados. Ler comprensivamente textos expositivos. Aprender a organizar o propio tempo libre, incluíndo a práctica de deporte.

CONTIDOS

Os ósos. Os músculos. A respiración. Lectura comprensiva de diferentes tipos de textos. Lectura e interpretación de imaxes e esquemas anatómicos. Gusto pola práctica dalgún deporte. Interese por aprender a organizar o tempo libre. Interese por coñecer como é e como funciona o corpo humano.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Ademais de desenvolver a Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

- Aprender a aprender. - Competencia social e cidadá. - Competencia lingüística.- Competencia matemática.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 11: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

11/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 2 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos identifiquen algúns ósos do corpo. A continuación, no epígrafe Os ósos, os alumnos deben asociar algúns ósos coas partes do corpo humano en que se atopan. Ao final desta dobre páxina, no apartado Expresión oral, os alumnos deben explicar aos seus compañeiros que ocorrería se non tivesen articulacións.

Nas páxinas de información: Los músculos y La respiración o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados. Ao final da tarefa A respiración proponse unha actividade de expresión oral onde os alumnos deben diferenciar a entrada de aire nos pulmóns e a saída de aire dos mesmos.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen varios pequenos textos: Os récords dos ósos; Saber gañar e saber perder; Un adestrador persoal e Reláxate. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a organizar o tempo libre propio, valorando as vantaxes do exercicio físico fronte a outras actividades máis sedentarias (como por exemplo xogar á videoconsola).

Suxestión de temporalización:

2.ª quincena de outubro.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 12: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

12/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Recursos:

- Ficha 2 de reforzo.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Para empezar a unidade 2 comezar a clase pedíndolles aos alumnos que observen o seu brazo. Facer preguntas como: É brando ou duro? Pódese dobrar por todas as partes? Que hai debaixo da pel? Cando o flexionamos ou estendemos, cambia de aspecto ou de forma?

- Pedir aos nenos que observen a ilustración da páxina 16. A medida que o mestre nomee os ósos sinalados, preguntarlles aos nenos: Onde está o cúbito? E o fémur?

- Pedir aos nenos que conten como cambiaron desde o curso pasado a este, se medraron, se lles quedou cativa a roupa do ano anterior, se teñen os pés máis grandes... Explicar que os ósos, aínda que son moi duros e parecen de pedra, están vivos e medran con nós ata que nos facemos adultos

- Comprobar que os nenos asimilaron o concepto de articulación. Nomealas en voz alta (pulso, cadeira, nocello, xeonllo, ombro e cóbado) e pedirlles aos nenos que leven a man á articulación nomeada, ao tempo que a moven.

- Utilizar a música e o xogo como método para que os alumnos reteñan na súa memoria o nome dalgúns ósos e articulacións. Invitar os nenos e as nenas a moverse libremente pola aula ao ritmo dunha melodía. Cando o mestre o indique, deberán mover a articulación nomeada ou axitar o óso ou os ósos mencionados.

- Agora que comezan a estudar o interior do corpo, repasar cos alumnos as partes que o compoñen: cabeza, tronco e extremidades, así como os nomes daquelas partes que coñecen. Pódese comezar polo pé e ascender: planta, talón, nocello, perna, xeonllo, coxa, etc.

- Para empezar a dobre páxina 18 e 19 preguntar aos alumnos se viron algunha película de aventuras ou debuxos animados nos que aparezan esqueletos movéndose. Dicirlles que se lles vai demostrar que iso é totalmente imposible (e non só porque están mortos) e preguntarlles se saben por que o é. Explicarlles que a razón, como verán, é que os ósos non se moven sós: necesitan os músculos para poder moverse.

- Explicar aos nenos que a maioría dos músculos se encontran unidos aos ósos por unha especie de cordóns (os tendóns), e por iso cando se encollen tiran dos ósos e podemos movernos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 13: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

13/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Propoñer aos nenos que localicen diferentes músculos do seu corpo e que os intenten mover. Por exemplo, o músculo que permite chiscar un ollo. Poden mover todos as orellas? Hai algunha parte do corpo que non poidan mover?

- Levar algunhas revistas ou xornais á aula; será especialmente útil a prensa deportiva. Pedirlles aos nenos que recorten fotografías nas que aparezan persoas realizando diferentes movementos. O obxecto da actividade é que os alumnos observen movementos distintos, os imiten e traten de indicar que músculos interveñen en cada un deles. Non fai falla que nomeen os músculos, só que os sinalen.

- Para traballar a caligrafía dos alumnos, propoñer un pequeno ditado: Para sorrir, movemos dezasete músculos distintos. Os músculos que se encargan de mover os ollos son os que máis traballan.

Para introducir A respiración (páxinas 20 e 21) pedir aos nenos que expliquen o que notan cando poñen a súa man diante do nariz e respiran. Preguntar de onde vén o aire que dá na man.Agora, pedirlles que poñan a man sobre o peito e que fagan unhas cantas inspiracións e expiracións. Poderán notar como o seu peito se levanta e se incha, e como despois, se desincha. Poden poñer unha man sobre o peito e a outra no nariz para relacionar o aire que sae polo nariz con que o peito baixa e os pulmóns se baleiran.

- Para diferenciar os dous movementos da respiración a partir da propia observación dos nenos, preguntar por situacións nas que adoitamos inspirar ou expirar con forza. Por exemplo: cando sopramos as candeas dunha torta, cando queremos secar o pegamento, cando asubiamos con forza para chamar a atención de alguén, etc.

Repartir globos aos alumnos e ás alumnas para que os inflen. Primeiro deben inflar os globos con sopridos pequenos, e despois con sopridos grandes. Os nenos teñen que contar cantos sopridos necesitaron en cada caso.Explicarlles que o aire que enche os globos provén dos seus pulmóns e que a cantidade deste pode variar. Canto máis aire expulsamos, menos sopridos se necesitan para encher o globo. Por último, pedirlles que collan todo o aire que poidan nos seus pulmóns e que o sopren dentro do globo. A cantidade de aire que metan no globo, aproximadamente, será a súa capacidade pulmonar.

- Propoñer aos nenos que debuxen nos cadernos o percorrido que segue o aire desde o exterior do noso corpo ata os pulmóns.

- Se é oportuno, comentar que as costelas, os ósos do peito, teñen a función de protexer os pulmóns, que son órganos brandos e delicados. Pedirlles aos alumnos que palpen cos seus dedos estes ósos e que os inclúan no seu debuxo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 14: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

14/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Tras a lectura Os récords dos ósos, da páxina 22, contar aos nenos que ao nacer temos máis ósos (uns 300) ca cando somos maiores (206). Algúns ósos dos meniños, coma os do cranio, únense e endurécense ao medrar, polo que o número total de ósos diminúe.

- Tras a lectura Saber gañar e saber perder, da páxina 22 pode ser moi útil que realicen algunha pequena dramatización, para que representen os conflitos e ensaien diversas solucións.

- A lectura Un adestrador persoal, da páxina 23, non sorprenderá aos alumnos, pois hoxe en día xa existen videoconsolas con cámaras de vídeo que captan a imaxe do usuario e que a integran no xogo. Do mesmo xeito, existen mandos que detectan o movemento. No deporte profesional utilízanse ordenadores e programas informáticos para analizar en detalle o movemento dos deportistas e intentar optimizalo.

- Practicar cos alumnos a técnica que se comenta na última lectura da páxina 23. Explicar que moitos deportistas, cantantes, actores, actrices… practican exercicios de relaxación deste tipo para render mellor nas súas disciplinas

Ampliar a información sobre o estribo, o óso máis pequeno do corpo, contándolles aos alumnos que ten o tamaño da punta dun lapis. Con todo, iso non quere dicir que sexa fráxil. Os ósos son moi duros e resistentes. Un óso é máis resistente ca o cemento e pode soportar un peso de varios miles de quilos. Pero só é dura a parte externa do óso; o seu interior é brando. Aínda que poida parecer que están feitos dun material semellante á pedra, os ósos están vivos, medran con nós ata os vinte e cinco anos, aproximadamente, e tamén avellentan.

- A actividade que se propón na sección Son capaz de…, da páxina 25, axuda a favorecer a autonomía dos nenos e lograr que sexan máis independentes no seu xuízo, fomentando neles unha maior motivación cara as súas tarefas e conseguindo que teñan máis confianza nas súas posibilidades, reforzando a súa autoestima. Por outro lado, explicarlles aos nenos que unha xestión eficaz do tempo debe incluír aspectos importantes, como o interese pola nosa saúde e a práctica de exercicio con regularidade.

- A organización do tempo libre non só concirne ao neno. A correcta xestión do tempo é unha tarefa que pode facerse en familia. Invite a pais e alumnos a programar o seu tempo de ocio. Este labor implica chegar a acordos entre os membros da familia, respectando os seus gustos e prioridades. Para iso, é necesario que todos expresen libremente as súas opinións e que valoren as dos demais. A xestión do tempo de ocio familiar é unha maneira de recoñecer os sentimentos e desexos dos outros, así como de aprender a respectalos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 15: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

15/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Aprender a aprender- En cada clase hai alumnos aos que lles custa máis prestar atención ás explicacións.

Facerlles preguntas sobre a propia lección a estes nenos con certa frecuencia. Eloxiar as súas respostas cada vez que contesten correctamente, e tamén cando comprobe que permanecen atentos varios minutos seguidos. Facerlles notar que cando prestan atención e escoitan as explicacións é máis fácil aprender.

Competencia social e cidadá- Hai moitas persoas que padecen lesións musculares e óseas que lles impiden

moverse con normalidade, e necesitan muletas ou cadeiras de rodas para desprazarse. Comentar cos alumnos o problema que supoñen as barreiras arquitectónicas para estas persoas; explicar que unha barreira arquitectónica é calquera obstáculo, unha escaleira, unha porta moi estreita, etc., que lles impide o paso a persoas con este tipo de discapacidades.

- Aproveitar a lectura Saber gañar e saber perder da páxina 22 para pedirlles aos nenos que lembren outros contextos similares que se producen a diario. Pedirlles que poñan exemplos reais en que se encontrasen na mesma situación ca os protagonistas, Susana e Luís. Como actuaron eles? É esa a forma máis correcta de comportarse?

Competencia lingüística- Seguir traballando na capacidade básica de ler dos alumnos mediante lecturas en

voz alta. Afondar tamén na comprensión lectora, formulando preguntas pertinentes acerca de cada un dos textos. Comprenden os alumnos suficientemente o que len? Son capaces de ler en voz alta correctamente os textos e comprender o seu significado ao mesmo tempo?

Competencia matemática- Propoñer unhas cantas operacións matemáticas cos seguintes datos sobre

músculos e ósos: En cada man temos 27 ósos. Cantos ósos temos nas dúas mans? En cada brazo temos 3 ósos. Cantos ósos temos entre as dúas mans e os dous brazos?

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Sabe que son e para que serven os ósos e as articulacións. Coñece o nome dalgúns ósos. Sabe que son e para que serven os músculos. Coñece o nome dalgúns músculos. Entende que respirar é necesario para a vida e explica como se leva a cabo a

respiración. Le comprensivamente textos expositivos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 16: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

16/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 3

OBXECTIVOS

Recoñecer a orixe de diversos alimentos. Recoñecer os alimentos elaborados. Interpretar correctamente a etiqueta dun produto envasado. Manexar a data de caducidade dun alimento. Clasificar alimentos nos seus grupos correspondentes. Coñecer as funcións dos grupos de alimentos no noso organismo. Adquirir hábitos de hixiene no consumo de alimentos.

CONTIDOS

Alimentos naturais. Alimentos elaborados. Os grupos de alimentos. Clasificación de alimentos nos grupos alimenticios. Lectura comprensiva de diferentes textos. Observación e interpretación de etiquetas. Interese por coñecer a procedencia de alimentos naturais e elaborados. Interese por coñecer as características dos alimentos e as propiedades. Adquisición de hábitos de hixiene na inxestión de alimentos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Ademais de desenvolver a Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias: Competencia social e cidadá. Competencia lingüística. Competencia matemática. Autonomía e iniciativa persoal.

Aprender a aprender.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 17: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

17/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 3 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan as similitudes e as diferenzas existentes entre os distintos nenos. A continuación, no epígrafe Os alimentos naturais, os alumnos deben clasificar alimentos segundo a súa orixe; natural ou artificial; ou ben de orixe animal e de orixe vexetal. Ao final desta dobre páxina, no apartado Expresión oral, os alumnos teñen que describirlles aos seus compañeiros a visita que realizaron a unha granxa.

Nas páxinas de información: Os alimentos elaborados e Os grupos de alimentos o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen tres pequenos textos: O cuscús; Lávaas ben e O invento das conservas. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a decidir que alimentos debemos comer, descartando aqueles caducados.

Suxestión de temporalización:

1.ª quincena de novembro.

Recursos:

- Ficha 4 de reforzo.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 18: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

18/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Para empezar o desenvolvemento da unidade 3 pedir aos alumnos que imaxinen que fan un percorrido por un supermercado. Pedir que describan por onde van e os alimentos que ven en cada momento. Centrarse nos alimentos naturais que nomeen e formular preguntas coma estas: De onde vén ese alimento? Que persoas conseguen ese alimento? Como se come? Tómase na túa casa? Anotar no encerado os distintos alimentos mencionados en dúas columnas, unha para os alimentos de orixe animal e outra para os de orixe vexetal, sen explicar por que o fai así. Despois, animalos a que determinen por que agruparon así os alimentos.

Esta dobre páxina (26 e 27) trata sobre os alimentos naturais, é dicir, os que se obteñen directamente da natureza. Este concepto recóllese nas fotografías da páxina 26 e na actividade 1 da páxina 27. Os alimentos naturais clasifícanse, en función da súa orixe, en alimentos de orixe animal e alimentos de orixe vexetal. Este concepto trabállase na actividade 2. Facerlles notar aos alumnos que o peixe é un alimento de orixe animal, como o son tamén a carne, os ovos, o leite…Preguntarlles aos alumnos en que tendas se vende a carne, o peixe, a froita, a verdura…

Propoñer aos alumnos o xogo dos alimentos. Un dos alumnos escribe nun papel o nome dun alimento natural (bisté, sardiña, pescada, laranxa, polo, leituga…). O profesor verifica que é correcto, ou fai suxestións se a algún alumno non se lle ocorre ningún.O resto dos alumnos debe determinar cal é o alimento, facendo preguntas moi concretas: É de orixe animal ou vexetal? Quen o consegue? En que tenda se compra?... Despois, o neno que preguntou tratará de atinar co alimento. Se non o consegue, o seguinte neno pode facer outra pregunta para determinalo.

Contar aos alumnos que, aínda que ás veces non os consideremos, tamén tomamos alimentos que non proceden dos animais nin das plantas. Son os alimentos de orixe mineral: a auga que bebemos e o sal que se engade a moitos pratos.Beber suficiente auga é moi importante para estar sans. No verán e cando se fai exercicio débese beber máis auga, pois tamén se perde máis cantidade. O sal engádeselle a algúns alimentos como condimento ou como conservante. Aínda que o sal cumpre funcións importantes no noso corpo, non debemos abusar del, pois o seu exceso é causa de hipertensión arterial.

Pedir aos alumnos que escriban no caderno o nome de tres alimentos naturais que non aparecesen no libro. Pódense copiar no encerado, co fin de que vexan que alimentos son máis populares entre os alumnos.

- Para empezar o apartado Os alimentos elaborados, das paxinas 28 e 29, preguntar aos nenos onde crece o pan, cal é a planta das madalenas ou como se cría un chourizo. Estas preguntas e outras parecidas, que lles resultarán absurdas e que os poden facer rir, servirán para presentar o tema dos alimentos elaborados. Ademais, serviran para avaliar os seus coñecementos previos

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 19: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

19/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Tras a lectura da Historia dunha barra de pan, da páxina 28, pedir que nomeen outros alimentos elaborados que consuman habitualmente. Animalos, se fose necesario, dando exemplos (foie gras, marmelada, nata, vinagre, embutidos, iogur, chocolate, galletas, cereais para o almorzo, etc.)

Moitos nenos levarán produtos envasados para tomar no recreo. Pedir que os amosen e que busquen a data de caducidade na súa etiqueta. Tamén poden buscar outros datos, como os ingredientes, por exemplo.Escribir no encerado algúns dos avisos que adoitan aparecer nas etiquetas –axitar antes de abrir, data de caducidade, gardar en lugar fresco e seco, etc.– e preguntarlles aos alumnos o seu significado.

- Pedir aos alumnos que digan todos os alimentos elaborados que se lles ocorran. Dos que lle parezan máis interesantes, pedir que expliquen como se producen.

- Preguntar aos alumnos Quen descubriu os espaguetes? A continuación contarlles que hai máis de 700 anos, un navegante chamado Marco Polo saíu desde Italia rumbo a un país moi afastado: China (mostrar nun mapamundi onde están Italia e China). A viaxe fíxoa en barco, dacabalo e a lombo de camelo. En China descubriu marabillosas teas de seda, finas porcelanas e obxectos descoñecidos en Europa, como o compás e os fogos de artificio. Algo que lle chamou poderosamente a atención, porque estaba riquísimo, foi un prato de pasta: os espaguetes. Grazas a el, os espaguetes e outros tipos de pasta fixéronse populares, primeiro, en Italia e, despois, en todo o mundo.

Contar aos alumnos que o aceite de oliva é típico dos países que bordean o Mediterráneo, entre eles, España. Emprégase para adobiar algúns pratos e darlles sabor, sobre todo as ensaladas, e tamén para fritir. Obtense das olivas tras prensalas nos muíños de aceite ou almazaras.Os expertos en nutrición cada vez encóntralle máis propiedades saudables ao aceite de oliva. Ademais, en moitas zonas de España o aceite é un produto de grande importancia económica, xa que vilas enteiras gañan a vida grazas ao cultivo da oliveira e mais á produción do aceite de oliva.

Escribir no encerado o proceso de fabricación do iogur caseiro, pero desordenado. Pedirlles aos alumnos que copien no caderno as oracións ordenadas.A fabricación do iogur:- Sácanse os iogures da iogurteira, déixanse arrefriar e gárdanse na neveira.- Engádeselle a cada vaso de leite unha culleradiña de iogur e axítase ben.- Bótase leite en vasiños de iogur.- Métense os vasos na iogurteira e déixanse toda a noite.

Para empezar Os grupos dos alimentos, páxinas 30 e 31, escribir no encerado varios grupos de alimentos. Por exemplo: Pan, galleta, tomate, macarróns.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 20: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

20/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Aceite, manteiga, pera, touciño. Peixe, leite, iogur, queixo. Polo, linguado, ovo, manteiga. Espárragos, melón, leituga, cebola. Mazá, uvas, sandía, acelgas.Preguntarlles aos alumnos que alimento sobra en cada grupo e por que. En moitas das series saberano dun modo intuitivo. Deste modo, pódese introducir o concepto de «grupo de alimentos».

- A medida que vaian vendo cada grupo de alimentos, pedir que nomeen outros distintos dos que aparecen na foto.

- Facerlles ver que cada grupo de alimentos nos proporciona beneficios diferentes. Por iso, é importante comer alimentos de todos os tipos. Explicar que unha dieta saudable ha de ser variada.

- Preguntar aos alumnos que comeron na cea do día anterior. Anotar os alimentos no encerado e preguntarlles en que grupo de alimentos se encadraría cada un.

- Pedir que repasen a información da páxina 30 e facer preguntas coma as da actividade 2. Por exemplo:

- Que teñen as patacas? Para que serven?- Que teñen os garavanzos? Para que serven?- Que alimentos axudan a estar sans?- Que alimentos nos dan enerxía?- Que alimentos axudan a fortalecer os ósos?- Que alimentos axudan a crecer?

- Pedir que elaboren un mural cos grupos dos alimentos. Previamente, deben traer da casa folletos de publicidade de supermercados ou outros materiais nos que aparezan ilustracións de alimentos. Organizar grupos de traballo e entregarlle unha cartolina a cada un deles. Guialos para que marquen seis recadros na cartolina, cada un para un grupo de alimentos. Despois, en cada un dos recadros deben pegar os alimentos que forman parte dese grupo. Procurar que poñan alimentos que non aparezan nas fotografías do seu libro. Dese modo, a actividade resultaralles moito máis enriquecedora.

- Pedir que copien no seu caderno o nome de cada grupo de alimentos con todos os alimentos que coñezan e formen parte dese grupo.

- No curso anterior xa viron algúns aspectos dos alimentos e da alimentación. Pode ser conveniente repasar ese tema, para que lembren o que xa aprenderon.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 21: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

21/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Tras a lectura da páxina 32 O cuscús, contar aos alumnos que unha das achegas dos inmigrantes que máis nos enriquecen é a da súa gastronomía. Nos supermercados podemos encontrar alimentos que antes non chegaban a España. Ademais, nas nosas rúas ábrense restaurantes con comidas típicas dos seus países de orixe. Todo isto resulta enriquecedor.Se na clase hai algún neno de orixe marroquí, pedirlle que fale sobre o cuscús: como o toma, como lle gusta máis, etc. Se hai outros nenos de orixe inmigrante, preguntarlles polas súas comidas típicas e animalos a que lles expliquen aos demais como son.

Aproveitando a lectura Lávaas ben, da páxina 32, explicar aos alumnos que, ás veces, a auga coa que se regan as froitas e as verduras non é todo o limpa que debera. Outras veces, estes alimentos poden ter restos de fertilizantes, pesticidas ou outros produtos químicos. Igualmente, é necesario que lavemos as mans antes de manipular alimentos, pois nelas pode haber xermes que pasen aos alimentos e que nos fagan poñernos enfermos. É moi importante que os alumnos comprendan os motivos destas regras hixiénicas, co fin de que as valoren e que as poñan en práctica.

Aproveitar a lectura O invento das conservas, da páxina 33, para introducir o tema da conservación dos alimentos. Explicar que moitos alimentos elaborados son, en realidade, sistemas para conservar os alimentos. Así, por exemplo, o embutido é unha forma de conservar a carne; a marmelada, unha forma de conservar a froita; o queixo, unha forma de conservar o leite. A conserva consiste en quentar o alimento ata que morren todos os xermes que puidesen estragalo. Como a lata ou o frasco está cerrado hermeticamente, non penetran novos xermes e o alimento pódese conservar durante moitísimo tempo.

Propoñer aos alumnos que lean en voz alta e aprendan a seguinte rima:Carne, hum...! En bisté con patacas, en guisado ou en costeletas e se che gusta máis, en brochetas.Peixe, hum...! Como me gusta o peixe!, xa sexa unha pescada ou un feixe, bocareus ou linguado.Verdura, hum…! Pásame máis ensalada, con tomate e con leituga, que non hei deixar nada.

- Os alumnos han de usar os contidos que adquiriron na unidade e a información que aparece nas viñetas da páxina 35 para decidir que facer na situación proposta. Tendo en conta a data –14 de outubro–, só poderían tomar o iogur natural, o de limón e o de coco. O iogur de amorodo deberían tiralo. O mellor sería que tomasen o de limón e o natural, pois son os que van caducar antes. O de coco caducará máis tarde, polo que dispoñen de máis tempo para podelo comer sen perigo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 22: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

22/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Pedir que pregunten na casa unha receita que lle guste facer ao seu pai ou a súa nai e que a apunten no seu caderno. Ao día seguinte, cada un lerá a súa receita. Facer que comenten entre todos que lles parece o prato, se lles gusta, se o adoitan tomar na casa, etc. Sobre todo, aproveite para facer preguntas que sirvan como repaso do tema. Por exemplo, os ingredientes, son de orixe animal ou vexetal? A que grupo pertence cada un deles?

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Competencia social e cidadá- Repasar cos alumnos os nomes de profesións relacionadas coa obtención,

manipulación e distribución de alimentos: agricultores, gandeiros, mariñeiros, mariscadores, apicultores, transportistas, carniceiros… Facerlles notar a importancia de todos estes profesionais.

- Aproveitar a lectura do cuscús da páxina 32 para facerlles ver aos alumnos que a gastronomía forma parte do patrimonio dunha sociedade, pero á vez cambia e enriquécese con achegas externas, ao tempo que enriquece a outras culturas coas súas propias achegas.

- Pode citar exemplos de pratos típicos, como a paella, o gazpacho ou a fabada de España, a pizza italiana, a hamburguesa de Estados Unidos…

Competencia lingüística- Pedir aos alumnos que, ao realizar a actividade de Expresión oral, presten un

especial coidado a seguir o consello. Explicar que de nada serve falar se o que din non se entende.

- Facer un listado con todos os novos termos que aparecen na páxina.

Competencia matemática- Levar exemplos reais de etiquetas con datas de caducidade para que se familiaricen

no emprego do calendario. Formular preguntas coma estas: Cantos días (meses ou anos) faltan para que caduque? Pódese comer aínda dentro de tantos días (meses ou anos)?

Autonomía e iniciativa persoal- Tratar de comunicarlles aos alumnos a importancia do que están estudando.

Coñecer os grupos dos alimentos e o que cada grupo nos proporciona é o primeiro paso para ter unha dieta equilibrada.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 23: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

23/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Unha boa maneira de favorecer o desenvolvemento desta competencia e, á vez, promover a autoestima dos nosos alumnos é propoñerlles problemas da vida cotiá que poidan encontrar eles mesmos e que poidan resolver facendo uso das súas capacidades.

Aprender a aprender- Pedir aos alumnos que lean e memoricen a rima que propoñemos –A comer!–, co fin

de facerlles exercitar a memoria. Facerlles ver como os textos rimados se memorizan máis facilmente, algo que os pode axudar a desenvolver métodos mnemotécnicos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Recoñece a orixe animal ou vexetal de alimentos concretos. Clasifica diversos alimentos como naturais ou elaborados. Extrae diversas informacións das etiquetas de diferentes alimentos, como os ingredientes e a data de caducidade. Toma decisións sobre a base da data de caducidade dun alimento. Clasifica diversos alimentos nos seus grupos correspondentes. Indica se un determinado alimento nos proporciona enerxía, nos axuda a medrar ou nos axuda a estar sans. Comprende a necesidade de lavar as froitas e as verduras.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 24: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

24/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 4

OBXECTIVOS

Coñecer comportamentos adecuados cando se está enfermo. Manexar a roda dos alimentos para deducir que alimentos e dietas son máis saudables

e poñer en práctica eses coñecementos. Adquirir hábitos saudables de hixiene, ocio e descanso. Ler comprensivamente textos informativos.

CONTIDOS

A saúde e a enfermidade. A alimentación saudable. Os hábitos saudables. Lectura comprensiva de diferentes tipos de textos. Lectura e interpretación de imaxes. Debate sobre situacións cotiás relacionadas coa saúde. Interese por adoptar un estilo de vida saudable. Demanda de explicacións científicas sobre recomendacións de saúde. Rexeitamento á existencia da fame no mundo.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Ademais de desenvolver a Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

- Autonomía e iniciativa persoal. - Competencia lingüística. - Tratamento da información. - Competencia cultural e artística. - Aprender a aprender. - Competencia social e cidadá.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 25: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

25/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 4 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan cal é o traballo que realizan os médicos que atenden os niños. A continuación, no epígrafe A saúde e a enfermidade, os alumnos deben elixir a actitude máis correcta cando están enfermos ou cando teñen que visitar o médico. Ao final desta dobre páxina, no apartado Expresión oral, os alumnos deben describir como se senten cando están enfermos.

Nas páxinas de información: A alimentación saudable e Costumes saudables o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen tres pequenos textos: A neveira, un grande invento; Neves, a médica dos nenos e A fame no mundo. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións para elixir un menú.

Suxestión de temporalización:

2.ª quincena de novembro.

Recursos:

- Ficha 5 de reforzo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 26: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

26/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Dicir aos alumnos que empezan unha das unidades máis importantes. Explicar que todos podemos facer moito por mellorar a nosa saúde e estar en boa forma.

- Escribir no encerado «máis vale previr ca curar». Pedir que lean esa oración e expliquen o que significa. Permitirlles opinar antes de concluír o mestre.

- Aproveitar para dicir que quen nos pode curar cando estamos enfermos é o médico,

pero que nós podemos poñer da nosa parte para manternos sans. Sinalar que nesta unidade han poder aprender de que maneira se consegue.

Explicar que estar san non é, simplemente, «non estar enfermo», senón que implica estar ben en todos os sentidos, e que se aplica tanto para o corpo coma para o ánimo.É importante deterse no tema dos medicamentos. Hai que concienciar os alumnos de que non se deben tomar á lixeira. Deben ir adquirindo a idea de que hai que ser cauto co que se consome.

Pódese completar a actividade 1 da páxina 37 do libro propoñendo outras alternativas. Por exemplo:

- Descanso na casa para recuperarme/aproveito para xogar na rúa.- Tomo as comidas máis convenientes para recuperarme/pido para comer só o que

me gusta.Pedir que elixan as opcións correctas e as escriban no caderno.

- Aproveitar a actividade oral da páxina 37 para elaborar entre todos unha listaxe de síntomas e signos de enfermidade (febre, dor, náuseas, vómito, frío, calor, falta de apetito, cansazo, aparición de «grans» ou «manchas», etc.).

Facilitar aos alumnos a seguinte información sobre as vacinas. Cando estamos enfermos, hai que acudir ao médico, pero hai algo mellor: non ter que acudir ao médico porque non estamos enfermos. Para iso, temos as vacinas.As vacinas son uns medicamentos case máxicos, que serven para que non contraiamos algunhas enfermidades. Hoxe en día existen vacinas que nos protexen de moitas enfermidades: contra o tétano, a varicela, o sarampelo, a poliomielite, a rubéola, a meninxite… Algunhas destas vacinas inxéctanse. Outras, en cambio, tómanse como pastillas ou xaropes.

Pedir aos alumnos que escriban oracións cos seguintes grupos de palabras:- Termómetro, febre.- Enfermo, médico.- Medicamentos, curar.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 27: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

27/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Para empezar o apartado A alimentación saudable, das páxinas 38 e 39, explicar que é posible coidar a saúde, simplemente, comendo, porque comer ben serve para este fin. A partir desta afirmación, preguntarlles aos alumnos se serían capaces de elixir a comida que toman na casa de maneira que fose saudable. Anunciarlles que van coñecer a roda dos alimentos, que é unha ferramenta moi sinxela que poden usar para saber como alimentarse dun modo adecuado, é dicir, saudable. Facerlles preguntas como: Que é máis saudable, almorzar torradas ou bolos, untar manteiga ou aceite, tomar carne ou peixe?

- O elemento central desta dobre páxina é o debuxo da roda dos alimentos. Facer notar que nela se resume moita información obtida por médicos, expertos en alimentación e outros científicos.

- Convén que os alumnos non saquen a idea de que hai alimentos «bos» e «malos», senón que hai alimentos que se deben tomar acotío, e alimentos dos que non se debe abusar. Ningún está totalmente prohibido.

- Facerlles notar que cada grupo de alimentos nos achega algo diferente (hidratos de carbono, graxas, proteínas, vitaminas…), polo que é conveniente que a alimentación sexa variada.

- Explicar que a auga é un alimento moi importante e beneficioso. Comentar que non engorda, pois se tomamos demasiada, simplemente ouriñamos máis.

- Facer referencia ao exercicio e explicar que, para estar san, alimentarse adecuadamente non é suficiente: tamén é necesario o exercicio físico.

- Propoñer menús e preguntar sobre que cambiarían en cada un para que fose máis saudable; así, se o menú é macarróns, bisté con patacas fritas e torta, pódense substituír os macarróns por un prato de verdura, a carne por peixe, as patacas por ensalada, a torta por macedonia…

Explicar aos alumnos que a dieta mediterránea fíxose famosa porque se demostrou que é beneficiosa para a saúde. Esta dieta é a dieta tradicional en diversos países que bordean o Mediterráneo. Entre os seus puntos destacables, figuran os seguintes:- Consómense abundantes verduras e froita.- Tómase moito peixe.- Emprégase aceite de oliva, tanto en cru, para aliñar, como para fritir.- Empréganse os legumes. - Úsanse pan e pastas, preferiblemente integrais, é dicir, con fibra.

- É imprescindible recordar o tema anterior, sobre todo os grupos de alimentos. Facerlles notar aos alumnos que os grupos de alimentos que viron no tema anterior son os mesmos que aparecen na roda. Lembrarlles o que achegan os alimentos de cada grupo, co fin de facilitar que comprendan a roda. Tamén se lles pode recordar a unidade 3 do libro de primeiro.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 28: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

28/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Para iniciar as páxinas 40 e 41 repasar o que aprenderon en días anteriores: que a saúde se coida acudindo ao médico cando é necesario, e cunha alimentación saudable. Neste epígrafe verán que tamén se coida adquirindo hábitos saudables en relación co aseo, co exercicio e co descanso.Tratar de de dar razóns científicas para todas as recomendacións que se dan na páxina 40. Por exemplo: en canto ao aseo, explicar que moitas enfermidades están causadas por xermes invisibles que poden quedar nas mans se non as lavamos. Igualmente, ao lavar os dentes evitamos a carie (que se «piquen» os dentes) e tamén outras infeccións que poden derivar en enfermidades moito máis graves. En canto ao exercicio, sinalar que non só é bo porque fortalece os músculos e porque axuda a controlar o peso. Tamén ensina a colaborar con outros, a competir deportivamente... Ademais, as persoas que fan exercicio evitan outras enfermidades (aínda que á súa idade isto non sexa aínda importante, é conveniente que comecen a valorar positivamente o hábito do exercicio). Por último, facerlles notar que o descanso mellora a capacidade de atención e prevén a aparición dalgunhas enfermidades.

Pedirlles que escriban no caderno todas as recomendacións que aparecen na páxina 40:

- Lavar as mans antes de comer ou de tocar alimentos.- Cepillar os dentes tras as comidas; bañarse ou ducharse diariamente.- Facer exercicio a miúdo.- Durmir arredor de dez horas.

Pódese engadir algún máis que se estime pertinente: lavar as mans tras ir ao servizo, fuxir de ambientes ruidosos, lavar os alimentos frescos, usar lentes de sol na neve…

Comentar aos alumnos que cada vez son máis populares os reprodutores de música dixital (MP3), como hai tempo o estaban os walkman. Estes dispositivos empréganse con auriculares, de modo que cada persoa pode escoitar a súa propia música sen molestar os demais. Agora ben, os médicos alertan sobre o perigo dos auriculares cando se escoitan a un volume demasiado elevado. Xa hai estudos que demostran que, cando o volume é excesivo, o oído pode resultar danado e que se produce perda de audición.Pódese usar este exemplo como mostra de recomendación de saúde baseada en estudos científicos.

- Pedir aos alumnos que escriban no seu caderno algún propósito que vaian tomar a partir do que aprenderon nesta unidade sobre o coidado da saúde.

Tras realizar a lectura A neveira, un grande invento da páxina 42, aproveitar para comentar aos alumnos que, ás veces non lles damos todo o valor que teñen a algúns obxectos cotiáns. Un deses obxectos é o frigorífico, un electrodoméstico que axuda a gardar os alimentos en boas condicións no noso fogar. Non se trata só dunha cuestión de comodidade, senón sanitaria, posto que os alimentos en mal estado poden causar enfermidades.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 29: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

29/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Cando respondan a pregunta, tratar de que vaian máis alá da resposta máis obvia (arrefriar), e destaquen o aspecto da conservación dos alimentos. Pódeselles explicar que outras formas de conservar os alimentos son as salgaduras, as marmeladas, os embutidos…

Tras a lectura Neves, a médica dos nenos, da páxina 42, tratar de que os alumnos aprecien e valoren o labor dos profesionais sanitarios. Destacar que os médicos non son os únicos profesionais que nos atenden. Tamén están, por exemplo, os auxiliares de clínica, os enfermeiros, os psicólogos, os fisioterapeutas... Estas persoas que nos atenden tiveron que formarse durante anos para realizar adecuadamente o seu labor. Aproveitar para resaltar a perseveranza e o traballo que se require para alcanzar determinados fins. Facerlles sentir que eles están percorrendo os primeiros pasos deste camiño.

- Aproveitando a lectura da páxina 43, A fame no mundo., facer ver que a fame é un problema gravísimo, que afecta a moitas persoas. Explicar que hai lugares onde a fame é extrema, e as persoas chegan a morrer por falta de alimento. Noutros lugares a falta de alimento fai que os nenos non crezan sans.

- Falarlles aos nenos sobre as ONG e o seu labor. Comentar que se pode colaborar con estas organizacións con traballo, diñeiro ou alimentos.

- Tratar de mostrar que a solución deste gravísimo problema debería ser un dos obxectivos que compartan todas as persoas de boa vontade do mundo.

Escribir no encerado o nome dalgunhas especialidades médicas e pedirlles aos alumnos que adiviñen de que se ocupa cada unha:- Dermatoloxía: enfermidades da pel.- Otorrinolaringoloxía: oído, nariz e gorxa.- Traumatoloxía: ósos e músculos.- Cardioloxía: corazón.- Estomatoloxía: boca.- Xinecoloxía: aparello reprodutor feminino.- Xeriatría: persoas anciás.- Pneumoloxía: pulmóns.- Psiquiatra: enfermidades mentais.

- Pedirlles que deseñen un cartel para unha ONG que se dedique a loitar contra a fame. Deben elixir o seu nome, un lema e facer un debuxo.

- Esta actividade pódese realizar en grupo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 30: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

30/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Suxerir que a fin de semana os alumnos colaboren cos seus pais na elección das comidas dun día completo. O ideal sería que recollesen por escrito todas as comidas do día e que tratasen de que fose un menú saudable, tal como se lles explicou nesta unidade. Pode ser interesante poñer todos estes menús en común e que os alumnos e as alumnas opinen se resultan axeitados.

A actividade que se propón na sección Son capaz de…, da páxina 45 serviralles aos alumnos para poñer en práctica o que aprenderon con respecto á alimentación saudable. Por suposto, a resposta á actividade é libre, e ao tratarse dun menú de aniversario, ben poderían elixir un menú de alimentos menos saudables, pero máis atractivos para eles. En calquera caso, o importante é que sexan conscientes e elixan fundadamente.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Autonomía e iniciativa persoal- É importante que os alumnos vaian adquirindo unha cultura sanitaria sólida e cunha

base científica. Aínda non están capacitados para tomar decisións de saúde dun modo autónomo, pero no futuro deberán facelo. Deben afacerse a basearse en criterios científicos.

- Explicar que contidos coma os deste epígrafe lles servirán para tomar decisións, cando lles sexa necesario.

Competencia lingüística- Chamar a atención sobre o consello da actividade de Expresión oral (facer xestos ou

movementos mentres se fala). Falarlles aos alumnos sobre a importancia da linguaxe corporal. Non se trata de esforzarse en xesticular, senón en facelo dun modo natural.

- Pedir a algúns dos alumnos, despois de facer cada lectura, que lle expliquen ao resto da clase de que trata. Dicirlles que traten de dicilo brevemente, cunha soa oración.

Tratamento da información- A roda da páxina 38 é un bo exemplo de presentación da información dun modo

gráfico. Interpretala cos alumnos e tratar de extraer toda a información posible.

Competencia cultural e artística- Na actividade 1 da páxina 41 aparecen uns nenos bailando. A danza é un excelente

exercicio físico e un medio de comunicación artística.

- Pedir aos alumnos que escriban o menú da páxina 45 no caderno e que lle fagan unha greca decorativa que resulte similar á que aparece no seu libro.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 31: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

31/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Aprender a aprenderEsta unidade préstase especialmente para realizar un resumo en forma de esquema. Pode copiar o seguinte, ou outro parecido, no encerado:COIDAMOS A NOSA SAÚDE- – Coidados médicos- – Alimentación saudable- – Hábitos saudables- – Aseo- – Exercicio- – Descanso

Competencia social e cidadá- A lectura sobre a fame no mundo da páxina 43 mostra aos nenos outra realidade

que parece afastada, pero non se debe esquecer.- Sería moi interesante se fose posible contactar con algunha ONG que puidese

enviar a algún dos seus membros para falar cos nenos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Enumera comportamentos adecuados para recuperarse cando está enfermo. Explica a roda dos alimentos. Sabe empregar a roda dos alimentos para coñecer cales deles deben estar presentes

na súa dieta en maior proporción e cales debe evitar. Adquire hábitos saudables de hixiene, exercicio e descanso.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 32: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

32/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 5

OBXECTIVOS

Comprender que o aire é unha mestura de varios gases. Saber que o aire contén osíxeno. Recoñecer os lugares en que se encontra auga. Saber que a auga se pode transformar en xeo e en vapor de auga. Coñecer como se contaminan a auga e o aire. Recoñecer a importancia de manter o aire e a auga limpos. Ler comprensivamente textos expositivos. Recoñecer a importancia de aforrar auga e aplicar estratexias sinxelas para conseguilo.

CONTIDOS

O aire. A auga. A contaminación. Lectura comprensiva de diferentes tipos de textos. Lectura e interpretación de imaxes. Realización e interpretación de experimentos sinxelos. Interese polas explicacións científicas de fenómenos cotiáns. Esforzarse por aforrar auga e evitar actitudes que causan a contaminación da auga

ou do aire.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Ademais de desenvolver a Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias: - Autonomía e iniciativa persoal. - Competencia Social e cidadá. - Competencia lingüística.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 33: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

33/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 5 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan a importancia da respiración. A continuación, no epígrafe O aire, os alumnos deben completar varias actividades relacionadas co aire.

Nas páxinas de información: A auga e Coidemos a auga e o aire, o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen dous pequenos textos: Cantos submarinos e O pozo novo. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a fomentar o aforro de auga.

Suxestión de temporalización:

1.ª quincena de decembro.

Recursos:

- Fichas 7 de reforzo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 34: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

34/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Para empezar a unidade anunciar aos alumnos que vai facer unha proba. Pedir por grupos que traten de aguantar a respiración, para ver canto tempo dan estado sen respirar. Despois, preguntar se saben por que non poden aguantar máis tempo. Nas súas contestacións, sen dúbida, recollerán a necesidade de respirar, ou o necesario que resulta o aire. Despois dicirlles que observen a ilustración da páxina 46 e que expliquen o que aparece. Explicar que os tubos serven para respirar mentres están en superficie mirando cara ao fondo, co nariz e coa boca baixo a auga. Recordar que, se algunha vez nadan así, non deben tocar nada, para non danalo e para non mancarse.Insistir en que o aire non é un gas, senón unha mestura de gases. Do contrario, os alumnos adquirirán facilmente esa idea, que é errónea. Nomear outros gases: o butano, o helio dos globos que «soben», o neon, o argon e outros gases que enchen as lámpadas e os tubos fluorescentes…

- Pedir aos alumnos que digan máis lugares ou obxectos en que hai aire, coma na actividade 1 da páxina 47.

Explicar aos alumnos que o gas máis importante do aire para nós é o osíxeno que respiramos. Supón menos dunha cuarta parte dos gases que forman o aire. É responsable de que se oxiden algúns obxectos e resulta imprescindible para que se produzan as combustións.O gas máis abundante é o nitróxeno. Non ten efectos sobre as persoas.O dióxido de carbono é moi importante. Expulsámolo os seres vivos cando respiramos, pero as plantas necesítano para crecer. Tamén se produce ao queimar combustibles e mais é responsable en gran medida do quecemento global.

Contar aos alumnos que o aire pesa. O aire é materia, coma unha rocha ou coma a auga. Polo tanto, ten masa. O peso dun litro de aire ao nivel do mar é dun gramo, aproximadamente. Como enriba da Terra hai unha gran capa de aire (a atmosfera) todo o seu peso recae sobre a superficie. Así, a superficie dun folio normal, DIN A4, ao nivel do mar, soporta un peso equivalente a uns 600 quilogramos.O peso que exerce a atmosfera sobre a superficie terrestre dá orixe á presión atmosférica. Esta presión é menor a medida que aumenta a altura, pois hai menos aire por riba. Nisto baséanse os altímetros, que serven para medir a altitude.

- Pedir aos alumnos que copien no caderno as seguintes palabras: aire, gas e osíxeno, e que escriban unha oración con cada unha delas.

- Recordar aos alumnos o que estudaron na unidade 2, sobre a respiración e os pulmóns. Nesa unidade aprenderon que ao respirar o aire entra e sae dos pulmóns. Agora xa saben que o aire contén varios gases, e que o gas que necesitamos tomar ao respirar é o osíxeno.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 35: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

35/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Para empezar a desenvolver o apartado A auga, da páxina 48, pedir aos alumnos que digan para que serve a auga. Animalos a que fagan moitas achegas, para que sexan conscientes da importancia da auga. Suxerirlles que repasen as actividades que fan eles ao cabo do día en que empreguen auga.

- No debuxo da páxina 48 aparece un encoro. Preguntar se saben para que serve un encoro e explique que o termo correcto é encoro, e non pantano, como vulgarmente se emprega.

- Explicar que as nubes están formadas por unha gran cantidade de pingas de auga diminutas, non por vapor, como ás veces se pensa erroneamente.Preguntar se a auga (líquida) e o xeo son o mesmo. Haberá opinións enfrontadas. Explicar que se trata da mesma substancia, aínda que nun estado diferente. O mesmo se aplica ao gas.O vapor de auga non se ve, é transparente. O que normalmente se identifica como vapor de auga, como as nubes, a néboa ou a humidade do cuarto de baño, en realidade consiste en minúsculas pingas de auga suspendidas no aire. Si se pode demostrar a presenza de vapor de auga. Por exemplo, ao exhalar en tempo frío, fórmase unha nubiña de bafo. Prodúcese porque o vapor de auga do aire que exhalamos arrefría e transfórmase en pinguiñas de auga, que forman a «nube» que vemos. O feito de que se forme esa nube demostra que antes había vapor de auga.

Facer diversas «preguntas de enxeño» aos alumnos:- Desaparece a auga dunha poza cando seca?- Que ocorre para que seque a roupa que se tende a secar? - A onde vai o xeo dos refrescos cando este desaparece?- É posible camiñar sobre o mar?

Explicar aos alumnos que é a auga subterránea. Parte da auga doce encóntrase en forma de auga subterránea. É a auga que se extrae con axuda de pozos e que cando aflora dá lugar a mananciais, lagoas, etc. Aínda que a auga circula como ríos subterráneos por algunhas covas, isto non é o máis frecuente. A maior parte da auga subterránea encóntrase empapando capas do subsolo que son porosas, de modo que poden almacenar a auga coma se fosen esponxas. Baixo estas capas porosas, debe haber outras capas impermeables, que evitan que a auga se infiltre a maior profundidade baixo a superficie.

- Pedir aos alumnos que copien no caderno as oracións que se poden formar a partir da actividade 1. Axudalos pedindo que completen:

- A auga doce está en … e pódese …- A auga salgada está en … e non se pode …

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 36: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

36/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Para introducir o apartado Coidemos a auga e o aire (páxinas 50 e 51) preguntar aos alumnos que é a contaminación. Tratar de que se estableza un diálogo e que aparezan tanto a contaminación da auga coma a do aire. Axudalos pedíndolles que observen a primeira ilustración da páxina 50. Aínda que neste epígrafe nos centramos na contaminación do aire e da auga, poden xurdir tamén a contaminación do solo e a contaminación acústica.

- Explicar ao alumnado que a contaminación pode supoñer un auténtico problema de saúde.

- Aproveitar para falar sobre a contaminación acústica. En ocasións minimízase a importancia deste tipo de contaminación, que se considera máis ben unha molestia. En cambio, existen estudos científicos que demostran que os ruídos son a causa de diversas enfermidades.

- A contaminación acústica non é só un problema para as persoas, senón tamén para os animais. Así, as estradas polas que circula moito tráfico, ou as canteiras, por exemplo, poden facer fuxir a algúns animais dos lugares onde viven.

- En relación coa actividade 1 da páxina 51, deterse en comentar as dúas últimas ilustracións. É incorrecto deixar a auga correndo mentres cepillan os dentes, ao tempo que é unha boa práctica pechar a billa da ducha mentres se enxaboan.

- Aproveitar a actividade 3 da mesma páxina para falar sobre o transporte público. Pode explicar que, ademais de ser menos contaminante (por persoa transportada), axuda a paliar problemas como os embotellamentos de tráfico.

- Pedir aos alumnos que observen a actividade 1 da páxina 51 e digan máis comportamentos que deberían evitarse, co fin de aforrar ou non contaminar a auga. Axudalos citando algún; por exemplo, non usar o inodoro para tirar papeis ou refugallos, non desfacerse do aceite usado tirándoo polo desaugadoiro...

Comentar aos alumnos que polos tubos dos nosos fogares sae moita auga sucia: do vertedoiro, do baño, da lavadora… Os tubos de cada fogar únense cos doutros fogares ata reunirse todos eles. Toda esa auga sucia ten que limparse para que non contamine. Iso faise nas depuradoras. Nelas, a auga vai pasando por diversos depósitos nos que se trata de diversas formas ata que queda de novo limpa. Unha vez limpa, a auga pódese volver usar, por exemplo, para regar parques e xardíns, ou pódese devolver aos ríos ou ao mar. Deste xeito, xa non contamina o medio natural.

- Pedir aos alumnos que copien no caderno a oración A auga é un tesouro e que debuxen arredor un marco ou unha greca.

Tras realizar a lectura Cantos submarinos, da páxina 52, explicar que o son se despraza dun lugar a outro. Un exemplo moi claro é que o lóstrego se ve sempre antes de que se escoite o trono. Débese a que o son necesita tempo para chegar ata o que escoita. A luz tamén se despraza, pero é moito máis rápida ca o son.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 37: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

37/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Lembrarlles aos alumnos que as baleas e os golfiños son uns animais moi intelixentes que merecen ser protexidos.

- Despois de ler Furacán! (páxina 52) aclarar que existen outros termos, como tifón ou ciclón, para referirse aos furacáns, dependendo da zona do mundo en que se produzan.A lectura O pozo novo (páxina 53) serve para facer ver aos nenos que, noutros lugares do mundo, a xente vive de distinta maneira. Por exemplo, en moitos lugares non se dispón de auga corrente nas casas. Non obstante, as persoas suplen esas carencias co seu enxeño e co seu traballo. En todas as partes, as persoas teñen similares necesidades, inquietudes, temores…En calquera caso, non hai que facer que os nenos adquiran unha visión totalmente materialista da vida e identifiquen o dispoñer de adiantos técnicos coa felicidade. Estes adiantos simplemente facilitan algúns aspectos das nosas vidas.

Pedir aos alumnos que constrúan un teléfono de fío. Necesitan dous vasiños de iogur e un fío forte ou cordel.Deben facerlle un burato ao fondo dos vasos, pasar o fío polos buratos e facer un nó en cada extremo para que non saia. Pedir despois que formen parellas e que establezan diálogos mediante o seu «teléfono».Aproveitar esta actividade para demostrarlle ao alumnado que o son non só viaxa polo aire e pola auga; tamén viaxa polos corpos sólidos, como é o fío do noso teléfono.

- Animalos a visitar a páxina web do Instituto Nacional de Meteoroloxía (www.inm.es). Son moi interesantes o mapa para o día seguinte e a predición a sete días por localidades.

- Pedir aos alumnos que escriban un breve texto para felicitar a Soundalo polo novo pozo da súa aldea.

- Na actividade 2 incídese nun dos contidos da unidade: a diferenza entre a auga doce e a auga salgada. Comentar que a auga doce, en realidade, ten unha pequena cantidade de sal, aínda que moita menor ca a auga salgada. Por outra parte, existen desalgadoras que poden eliminar o sal da auga salgada, aínda que a cambio de gastar bastante enerxía no proceso.

Propoñerlles ás familias que fagan unha visita a algún encoro ou un río próximo á súa casa. A visita a un encoro serviralles para ver unha grande infraestrutura de abastecemento de augas e para comprobar a importancia deste recurso. Se optan por un río, é interesante facer notar como cambia a vexetación a medida que nos imos aproximando a el. Isto demostra a importancia dos ríos como fonte de vida e de biodiversidade.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 38: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

38/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Coa actividade do apartado Son capaz de… da páxina 55 preténdese que os alumnos reflexionen sobre un acto cotián que fai posible aforrar auga. Esta actividade permite facerlles chegar varias mensaxes:

- É preciso aforrar auga.- Para aforrar auga non é preciso facer heroicidades, senón actuar correctamente

na nosa vida cotiá.- Todos podemos achegar algo. As pequenas achegas suman moito.

Procurar que os alumnos discutan entre eles as súas propostas, co fin e comprobar que sexan factibles.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Autonomía e iniciativa persoal- Indicar ao alumnado que trate de encontrar probas de que o aire realmente existe,

aínda que non se poida ver nin tocar. Dar un exemplo: ao soltar o aire mentres se nada ao somorgullo, fórmanse burbullas, que non son máis ca aire.

Competencia social e cidadá- Explicar aos alumnos a importancia da auga na nosa sociedade. Xa saben que é

imprescindible beber auga. Ademais, explicarlles a importancia da auga para ter unha adecuada hixiene que evite numerosas enfermidades. En moitos lugares emprégase para regar os campos, e así evítase depender da auga de chuvia. Ademais, moitas industrias requiren empregar moita auga. É o medio onde viven numerosos animais que nos serven de alimento.

- Esta competencia inclúe a capacidade de expoñer os puntos de vista propios e escoitar os alleos. A actividade 3 da páxina 51 permite traballar estes aspectos. Pedirlles que fagan un esforzo por poñerse no lugar dos que teñen opinións diferentes.

Ao terminar a segunda lectura, Furacán!, da páxina 53 explique que os furacáns producen numerosas mortes e perda de bens, polo que é necesaria en moitas ocasións a axuda internacional. Aproveitar a terceira lectura para concienciar os alumnos da existencia de realidades sociais distintas á súa, e facerlles notar a importancia de que os países máis ricos apoien o desenvolvemento dos menos favorecidos.

Competencia lingüística- A actividade 3 da páxina 51 propón un debate, un exercicio de comunicación oral. É

importante tratar de que participen de forma adecuada, e que lles permitan aos demais expresar a súa opinión.

- Alternar a lectura en voz alta por parte dalgún dos alumnos e a lectura individual.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 39: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

39/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Na actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles ver a importancia de escribir con corrección, aínda que estean na hora de Coñecemento do medio, e non na de Lingua.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Identifica o aire como unha mestura de varios gases. Nomea o osíxeno como un dos gases que forman o aire. Enumera diversos lugares en que se encontra auga: mares, ríos, lagos, nubes... Identifica o xeo e o vapor de auga como auga en estado sólido e gasoso,

respectivamente. Enumera fontes de contaminación do aire e da auga. Explica diversas maneiras de evitar a contaminación da auga e do aire.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 40: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

40/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 6

OBXECTIVOS

Aprender que a superficie da Terra está en parte cuberta de auga e rodeada pola atmosfera.

Coñecer os movementos da Terra, sobre si mesma e arredor do Sol. Comprender como se produce a sucesión do día e a noite. Coñecer os elementos que se observan no firmamento pola noite. Interpretar esquemas.

CONTIDOS

O planeta Terra. O día e a noite. A Lúa e as estrelas. Lectura comprensiva de textos narrativos e expositivos. Lectura e interpretación de esquemas. Interese por coñecer como é o noso planeta e saber que lugar ocupa no espazo. Curiosidade por coñecer explicacións científicas de fenómenos astronómicos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Ademais de desenvolver a Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

- Competencia social e cidadá. - Competencia matemática. - Competencia lingüística. - Aprender a aprender. - Competencia cultural e artística.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 41: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

41/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 6 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan as características principais do noso planeta. A continuación, no epígrafe O planeta Terra, os alumnos traballan sobre as principais características do noso planeta.

Nas páxinas de información: O día e a noite e A Lúa e as estrelas o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen tres pequenos textos: As rochas contan historias; Un amigo perigoso e Da Terra á Lúa. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a facer comprender un esquema.

Suxestión de temporalización:

2.ª e 3.ª semana de xaneiro.

Recursos:

- Ficha 8 de reforzo.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Para introducir a unidade preguntar aos alumnos se lles gustaría viaxar nunha nave espacial a unha velocidade superior a 100.000 km/h. Deixar que falen sobre se lles daría medo, ou se lles parecería perigoso… Despois, anunciarlles que, en realidade, xa están viaxando nesa nave, e que se trata da Terra (n’A frase para pensar emprégase o símil da Terra como nave espacial). Aproveitar para explicarlles que na unidade van estudar Astronomía, a ciencia que estuda o Universo: a Terra, a Lúa, as estrelas…

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 42: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

42/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Escribir no encerado «Astronomía» e «Astroloxía», e explique que a Astroloxía é, simplemente, unha crenza, e non unha ciencia.

- Ao observar a fotografía da páxina 60, pedirlles ás nenas e aos nenos que miren moi atentamente o bordo da Terra para que comproben que ten arredor un pequeno anel de cor máis clara ca a cor negra do espazo exterior. Explicarlles que se trata da atmosfera, que é a causante de que desde a Terra vexamos o ceo de cor azul clara e non negra, como se ve na fotografía. Esta capa de aire fai que a luz se disperse e permítenos ver un ceo que varía de cor nas distintas horas do día.

- Explicarlles aos nenos que a forma do noso planeta non é perfectamente esférica. Aínda que é case imposible de apreciar, en realidade a Terra está un pouco achatada polos seus dous polos. Así pois, unha persoa que se encontre nun dos polos está máis cerca do centro da Terra ca unha persoa que se encontre no ecuador.

- Pedir aos nenos que realicen un modelo da Terra. A plastilina é un material idóneo; poden facer primeiro unha bóla de cor azul e ir superpoñendo en cor marrón os continentes. Non é necesario que reproduzan fielmente o noso planeta, xa que o obxecto da actividade é, simplemente, que lembren que a Terra é redonda e tamén que está composta de auga e de terra.

Explicar aos alumnos que, ao longo da historia, cada civilización imaxinou a Terra dunha maneira diferente: con forma de ovo, de esfera, de cadrado, sostida por xigantes ou por titáns, etc. Durante moitos séculos, as persoas pensaban que a Terra era unha superficie plana encima da cal estaba o ceo, e crían que se navegaban sempre en liña recta encontrarían o final do mundo e caerían da Terra xunto cunha xigantesca catarata. A primeira persoa de quen sabemos que sostivese algunha vez a teoría de que a Terra é esférica foi o filósofo grego Pitágoras.

- Facer un breve repaso dos conceptos que estudaron en cursos anteriores. Pedirlles, por exemplo, que enumeren algunhas diferenzas entre o día e a noite. Poden mencionar, por exemplo, as actividades que realizan sempre de día ou sempre de noite, as comidas, etc.

- Para introducir o apartado O día e a noite das páxinas 62 e 63 e activar os seus coñecementos previos, realizar aos nenos preguntas como: Cando hai máis luz, nun día de sol ou nun día nubrado? Cando vai máis frío, durante o día ou durante a noite? Onde está o Sol durante a noite? Invitalos a razoar as súas respostas.

- Para amosar aos nenos por que cando nunha metade do noso planeta é de día na outra metade é de noite, propoñer un sinxelo experimento. Necesitará unha lanterna e calquera obxecto esférico, como un globo terráqueo ou unha laranxa. Enfocar sobre a esfera o feixe de luz e mostre como unha metade recibe a luz e a outra queda en sombra. Xirar lentamente a esfera para que observen que a «noite» e o «día» se van desprazando.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 43: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

43/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- É importante que os nenos se decaten de que o movemento do Sol é só aparente, e que é a Terra a que xira. Ocorre algo parecido a cando viaxamos en coche por unha estrada recta: parece que as árbores e as casas son as que se moven, aínda que os que nos movamos sexamos nós.

- Aínda que estudarán os puntos cardinais na unidade 11, pódeselles adiantar que o Sol se ve aparecer polo Leste e ocultarse polo Oeste.

- Propoñer un sinxelo xogo ás alumnas e aos alumnos para que comproben como se moven os planetas. Debuxar con xiz unha serie de círculos concéntricos no chan. Colocar a un neno no centro do círculo e explicar que el representa o Sol. O resto actuará como planetas, xirando ao seu arredor sobre cada un dos círculos debuxados, é dicir, cada neno na súa propia órbita. Deste xeito comprobarán como non se producen colisións nos planetas, as diferentes distancias de cada planeta ao Sol, que cada planeta pode moverse a unha velocidade diferente dentro da súa órbita, etcétera.

- Para os nenos é difícil visualizar o tamaño dun planeta, un satélite ou unha estrela, ou imaxinar as distancias que os separan. Realizar unha comparación para que os nenos se aproximen á idea do tamaño da Terra. Pedirlles que imaxinen que o Sol, que é unha estrela de tamaño mediano, é unha pelota dun metro de diámetro (é dicir, aproximadamente a altura dos alumnos desta idade). Ao seu lado, a Terra sería como unha cereixa pequena e estaría a máis de douscentos dos seus pasos de distancia, e a Lúa estaría á mesma distancia do Sol e tería o tamaño dun pequeno chícharo.

Reforzar os contidos da unidade pedindo aos nenos que copien nos seus cadernos e aprendan de memoria as seguintes frases: - A Terra é un planeta.- O Sol é unha estrela necesaria para a vida dos seres vivos.- O Sol proporciona luz e calor.- Na parte da Terra que o Sol ilumina é de día.- A Terra xira sobre si mesma e arredor do Sol.

- Para introducir as páxinas 64 e 65 formular preguntas aos nenos para invitalos a reflexionar e a activar os seus coñecementos previos: De que cor é o ceo de día? E de noite? Cando podemos ver a Lúa e as estrelas? De que cor é a Lúa? Ten sempre o mesmo aspecto a Lúa ou cambia de forma?

- Explicar ás nenas e aos nenos que toda a enerxía que hai no planeta provén da nosa estrela, o Sol (existe unha excepción, a enerxía nuclear). A enerxía luminosa, é dicir, a luz, é a que máis facilmente podemos observar, pero tamén recibimos enerxía en forma de calor.

- Facer ver aos alumnos a diferenza entre un planeta e unha estrela. As estrelas emiten luz propia e grandes cantidades de enerxía; os planetas, non. Ademais, os planetas xiran arredor das estrelas, como a Terra xira arredor do Sol.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 44: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

44/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Comprobar que os alumnos e as alumnas asimilaron os contidos das páxinas 64 e 65 e preguntar: Por que é brillante a Lúa? Cal é a diferenza entre o noso Sol e as outras estrelas? Por que só podemos ver estrelas pola noite? Por que o Sol se ve tan grande e as estrelas se ven tan pequenas? Coñecedes o nome dalgunha estrela?

Explicar que a maioría das constelacións que se observan desde a Terra toman o seu nome de figuras relixiosas e de animais e obxectos mitolóxicos, como é o caso de Orión, que aparece na páxina 64 do libro. O seu nome vén do deus exipcio Osiris, pois os antigos vían nesta agrupación de estrelas a este deus sostendo nas mans Aldebarán, a estrela máis brillante da constelación.En total hai oitenta e oito constelacións, algunhas das cales se coñecen desde tempos moi antigos, catro mil anos antes de Cristo. Debido ao movemento da Terra arredor do Sol, as constelacións parecen desprazarse cara ao Oeste ao longo do ano, polo que algunhas soamente son visibles en determinadas épocas do ano.Un grupo especial de constelacións son as coñecidas como constelacións do Zodíaco, que son as que se encontran ao longo do camiño que o Sol vai percorrendo durante o ano. Antigamente, dábaselles grande importancia, pois pensábase que o feito de que unha persoa nacese baixo o signo dunha ou doutra constelación determinaba a súa personalidade e o seu destino. Hoxe en día, a ciencia demostrou sen ningunha dúbida que esta crenza carece totalmente de fundamento.

- Practicar cos alumnos a escritura pedíndolles que redacten un breve conto en que expliquen como cren que sería o noso mundo se non existise o Sol. Ademais de supoñer como cambiarían as súas vidas e o seu contorno, deben deixar voar a súa imaxinación para entender como é de importante para a nosa forma de vida e para o resto de seres vivos a presenza do Sol.

- Convén insistir en algo que recolle o texto: aínda que non as vexamos, porque estean cubertas, sempre hai rochas baixo os nosos pés. O que chamamos terra firme, é dicir, as illas e os continentes, están formados por rochas. Nas montañas adóitase observar claramente. Nas zonas máis chás, non se observan, pois están cubertas por sedimentos ou por solo. Se é posible, sería interesante levar á aula algunhas mostras de man de rochas (granito, basalto, calcaria, cuarcita…). Con iso, os alumnos serán conscientes da diferenza que existe entre unhas rochas e outras.

- Tras a lectura do texto Un amigo perigoso da páxina 67 tratar de facer reflexionar aos alumnos sobre o estraño que resulta que o Sol, imprescindible para a vida, poida poñer en perigo a nosa saúde. Non só pode resultar perigoso para a pel; tamén, mirar o Sol directamente pode lesionar os ollos. Na neve e na praia é recomendable empregar lentes solares, pois a luz reflíctese na neve e na area e pode irritarnos os ollos. Por outra parte, nos días máis calorosos, convén protexer a cabeza do Sol, xa que pode causar insolacións. Igualmente, unha exposición excesiva ao Sol, sobre todo se se fai exercicio, pode causar deshidratación.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 45: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

45/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Para ampliar a información da segunda lectura da páxina 67 pódese comentar que o Apolo 11 partiu de Cabo Kennedy, en Florida, o 16 de xuño de 1969, impulsado por un foguete, o Saturno V. Ademais de Armstrong e Aldrin, na nave viaxaba Michael Collins. Unha vez que o foguete cumpriu a súa misión, o Apolo 11 separouse del e viaxou ata quedar nunha órbita lunar. Nesa órbita, a nave dividiuse en dúas partes: o módulo de mando, chamado Columbia, que quedou en órbita tripulado por Michael Collins, e o módulo lunar, Eagle, que descendeu ata a Lúa. Tras realizar a súa misión na Lúa, o Eagle despegou para levar os astronautas ao Columbia, que os devolvería á Terra.

- Para comprobar os efectos da enerxía do Sol, propoñer aos alumnos fabricar un sinxelo panel solar. Necesitarase unha fonte de aluminio das que se usan para enfornar. Recubrila totalmente por dentro e por fóra cunha bolsa do lixo de cor negra, asegurándoa con cinta adhesiva para que non se despegue. Encher a fonte con auga fría, tomar a temperatura cun termómetro e anotala. Cubrir a fonte con film de plástico para que non se evapore a auga e deixala ao Sol. A hora ideal son as dez da mañá, cando o Sol está alcanzando a vertical. Tomar de novo a temperatura da auga cada media hora e anotar o resultado.

- Propoñer aos nenos que imaxinen e escriban o que eles dirían se chegasen a estar no lugar do astronauta norteamericano Neil Armstrong.

Animar os pais para que aproveiten e contemplen o ceo nocturno cos seus fillos. É moi fácil recoñecer algunhas constelacións e estrelas usando algunha guía do ceo estrelado ou, incluso, buscando información na Internet. Pode consultar o seguinte enderezo:http://www.astrored.org/efemerides/planisferios/

- Para resolver a actividade do apartado Son capaz de… da páxina 60, os nenos deben observar con atención e comprender o esquema. Deben extraer a información que este lles proporciona e aplicala a un fenómeno que están afeitos a observar, pero sobre o que nunca antes reflexionaron dunha forma científica.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Competencia social e cidadá- Os astronautas foron os primeiros seres humanos que puideron contemplar a Terra

desde o espazo. Unha das cousas que máis lles chamou a atención foi a súa beleza e a súa brillante cor azul. Pero sobre todo foi a súa pequenez e a súa fraxilidade o que os conmoveu. No espazo que fomos capaces de observar mediante satélites, sondas e telescopios espaciais non se atopou un planeta cheo de vida coma o noso. Facer que valoren este feito e a necesidade de protexer o noso planeta.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 46: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

46/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Competencia matemáticaAproveitar para explicar que o percorrido da Terra arredor do Sol dá orixe ao ano. Este período divídese en doce meses que son aproximadamente iguais, con 30, 31 ou 28 días cada un. En total, un ano comprende 365 días. Así pois, tanto o día coma o ano teñen a súa orixe en fenómenos astronómicos.

- Explicar aos alumnos que os obxectos que teñen unha forma parecida á dunha pelota, como é o caso dos planetas, do Sol, etc., se denominan obxectos esféricos. Suxerir aos alumnos que busquen e observen ao seu arredor os obxectos esféricos que poidan encontrar e elaboren unha lista con cinco destes obxectos. Suxerirlles que modelen algún deles con plastilina.

Competencia lingüística- Traballar cada texto das páxinas 66 e 67 por separado e facer que sexan algúns dos

alumnos os que os lean en voz alta. Pedir aos demais que tomen notas do que lles pareza máis importante a medida que escoitan. Lembrarlles que non se trata dun ditado e que soamente deben escribir as ideas principais. Cando rematen, preguntar se hai algunha palabra da que descoñezan o significado e, en caso afirmativo, invitalos a buscalo no dicionario.

Aprender a aprender- Extraer información das imaxes é unha destreza que lles será de grande utilidade.

Reforzar esta destreza utilizando os esquemas da unidade.

Competencia cultural y artística- Indicar aos alumnos que, ao realizar a actividade 2 da páxina 69, se esforcen para

que o debuxo non sexa só correcto, senón que sexa, ademais, estético. Lembrarlles que no ceo pode haber obxectos e seres, desde nubes ou paxaros a papaventos, avións, etc.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Identifica representacións do planeta Terra. Sabe que a capa de aire que rodea a Terra é a atmosfera. Comprende e explica a sucesión do día e da noite. Sabe como son as estrelas e sabe que se agrupan en constelacións. Interpreta esquemas.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 47: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

47/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 7

OBXECTIVOS

Identificar distintos efectos das forzas. Predicir o resultado da actuación de varias forzas na mesma dirección. Identificar máquinas do contorno. Identificar algúns compoñentes en máquinas complexas. Identificar os principais compoñentes dun ordenador. Enumerar diversos usos dos ordenadores. Recoñecer a importancia de utilizar correctamente as máquinas. Propoñer estratexias para aforrar electricidade.

CONTIDOS

As forzas. As máquinas. O ordenador. Lectura comprensiva de diferentes tipos de textos. Interpretación de esquemas físicos. Observación de máquinas, na realidade ou a través de fotografías. Interese por interpretar cientificamente algúns fenómenos cotiáns. Interese por coñecer como están feitas e como funcionan algunhas máquinas. Compromiso no aforro de electricidade.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Ademais de desenvolver a Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

- Competencia lingüística. - Competencia matemática. - Tratamento da información. - Autonomía e iniciativa persoal. - Competencia social e cidadá.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 48: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

48/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 7 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan situacións nas que exercemos unha forza sobre un obxecto. A continuación, no epígrafe As forzas, os alumnos deben realizar actividades destinadas á comprensión dos efectos das forzas.

Nas páxinas de información: As máquinas e O ordenador o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen tres pequenos textos: A forza dos imáns; Un ordenador de manivela e Ler antes de usar. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a aforrar electricidade.

Suxestión de temporalización:

4.ª semana de xaneiro e 1.ª de febreiro.

Recursos:

- Ficha 10 de reforzo.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Para empezar a unidade anunciar aos alumnos que o tema que inician é moi importante, porque nel comezarán a estudar Física, a ciencia que permite tanto lanzar foguetes espaciais coma construír montañas rusas ou deseñar un avión de reacción.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 49: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

49/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Preguntar aos nenos se montaron nalgunha montaña rusa das que dan a volta ou se viron algunha. Preguntar como é posible que o vagón non caia. Explicar que as montañas rusas se constrúen de modo que sempre haxa forzas que fagan que o vagón se pegue aos raís. Para iso, hai que saber Física e aplicala. Eles están dando os primeiros pasos para logralo.

- Analizar a fotografía da páxina 70: o balón, ao principio, está detido. O neno vaille dar unha patada, que fará forza sobre el. O balón comezará a moverse a causa da forza da patada.

- Se fose posible levar á clase un xogo de petanca, ou algo similar, pódese facer demostracións de como actúan as forzas. Pódese, por exemplo, golpear unha bóla para mostrar como unha forza (a do golpe) fai que se poña en movemento. Colocar cerca a un alumno para que deteña a bóla. Nese caso, o alumno debe facer forza para detela. Tamén pódese facer que a bóla golpee con máis ou menos forza contra un bloque de plastilina, co que os alumnos verán como as forzas producen deformacións.

Un erro frecuente, que se arrastra incluso en cursos superiores, é pensar que sempre que se move un corpo está actuando unha forza, cando non é así. Usando as bólas de petanca, pódeselle facer ver aos nenos que, despois de aplicar o golpe, mentres a bóla se está movendo, non hai ningunha forza que faga que a bóla siga en movemento. A actividade 1 recolle os efectos que poden producir as forzas. Neste curso é difícil dar unha definición formal de forza, pero podemos chegar a dicir que cando un obxecto que está parado comeza a moverse, ou un obxecto en movemento se detén, ou cando un obxecto cambia a súa forma, é que actuou unha forza.

Utilizar a actividade 2 para facer ver que os efectos de varias forzas, cando se aplican sobre un obxecto e actúan na mesma dirección, súmanse (se o sentido é o mesmo) ou réstanse (se é o contrario). Organizar no patio o xogo de «tirar pola corda», a fin de comprobar como as forzas se suman ou se restan.

- Preguntar por situacións en que eles fagan (exerzan) forza, e que consecuencias conseguen con elas.

- Para axudar aos alumnos a reforzar os efectos das forzas, pedirlles que elaboren oracións, en primeira persoa, en que aparezan as seguintes palabras:

- Mover.- Deter.- Moldear.- Romper.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 50: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

50/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Para introducir As máquinas (páxinas 72 e 73) contar a historia da defensa de Siracusa por Arquímedes. Este sabio grego foi un gran matemático e físico e inventou diversas máquinas. Cando o exército romano tratou de tomar a cidade de Siracusa, onde residía Arquímedes, este púxose á disposición do rei. Inventou diversas máquinas, como catapultas, garfos mecánicos e sistemas de espellos incendiarios, que evitaron durante moito tempo que a cidade fose tomada. Cando, á fin, a cidade caeu, Arquímedes morreu vítima dun soldado romano.

É moi difícil definir máquina. Neste curso presentamos as máquinas como os obxectos que nos fan máis doado realizar as nosas actividades. Pódese facer uso do concepto de forza, visto no epígrafe anterior, e explicar que as máquinas nos axudan a facer forza dun modo máis conveniente. Por exemplo, é moi difícil cravar un cravo facendo forza coas mans. Pero un martelo axuda a concentrar toda a forza sobre a cabeza do cravo sen que nos manquemos. Sería moi conveniente levar á clase algún xoguete ou algunha máquina sinxela para desmontar e mostrar os seus compoñentes aos alumnos. En xeral, pódese destacar as engrenaxes, os motores e os circuítos eléctricos, que se encontrarán na maior parte das máquinas.

- Na unidade cítanse máquinas que funcionan coa forza que exercen as persoas, máquinas que funcionan con gasolina e máquinas que funcionan con electricidade. Engadir algún outro tipo, como as que funcionan co vento (un muíño ou un veleiro), coa auga (unha nora ou unha turbina), con carbón (un barco), etc.

- Si el profesor lo cree oportuno Pode completar a unidade nomeando diversas máquinas e pedindo que indiquen a súa utilidade. Ademais, pode preguntar tamén que fonte de enerxía utilizan. Así, un ventilador (move o aire e funciona con electricidade), unha grampadora (une varios papeis e funciona coa forza das persoas), un serrón...

Facer unha demostración na clase cunha panca. Levar á aula un desaparafusador grande para usar como panca (ou empregar calquera outro obxecto similar). Poñer nunha mesa unha boa morea de libros e anunciar aos alumnos que lles vai mostrar como pode mover todo ese montón facendo forza cun só dedo. Demostralo usando un lapis como punto de apoio do desaparafusador. Explicar que a panca, é dicir, unha barra ríxida, é unha das primeiras máquinas.

Lembrar a Arquímedes de Siracusa, que explicou como funcionaba a panca, e citar a súa célebre frase: «Dádeme un punto de apoio e moverei o mundo».

- Pedir aos alumnos que escriban no caderno unha lista de cinco máquinas que empreguen ao cabo do día. Se lles custa, apuntar algunha (autobús ou coche, afialapis, grampadora, ascensor, televisor, coitelo, videoconsola...).

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 51: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

51/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

En primeiro lugar, despois de anunciar que van estudar os ordenadores, pedir aos alumnos que expliquen para que serven. Sairán usos como escribir, debuxar, xogar, oír música... Explicar que todos eses son usos «caseiros» dos ordenadores, pero que na sociedade actual son imprescindibles, pois serven para guiar avións, trens e barcos, controlar as comunicacións telefónicas, regular o funcionamento dos semáforos, facilitar comunicacións instantáneas en todo o mundo a través da Internet, crear películas de debuxos animados e efectos especiais incribles, compoñer e editar música...

- Facer uso dos recursos informáticos do centro ou da aula, no seu caso, para explicar este epígrafe. En función dos recursos de que se dispoña, poderase afondar máis ou menos nos contidos.

- Ao enumerar as partes do ordenador pódense citar outras, como o escáner, o lector de tarxetas, o joystick, o proxector...

- Pedir que enumeren utilidades de Internet: comprar, consultar co banco, ler a prensa, ver vídeos, falar, xogar individualmente ou con outros xogadores, buscar música, organizar unha viaxe, buscar información para un traballo escolar, etc.

Explicar aos alumnos que se considera o primeiro ordenador electrónico ao ordenador chamado ENIAC (electronic numerical integrator and computer). Esta máquina terminouse de construír en 1947. Tiña uns 7.500 interruptores e 800 km de arames. Pesaba 30 toneladas e ocupaba unha sala grande, como unha aula de clase. Aínda así, era moito menos potente ca o peor ordenador doméstico actual. Ao funcionar, este equipo xeraba tanta calor que se debía arrefriar continuamente mediante un equipo de aire acondicionado. A súa construción foi custeada polo exército dos Estados Unidos e o seu uso foi militar.

- Unha das aplicacións máis populares de Internet é Google Earth. Para empregala, hai que descargar un programa gratuíto (en http://earth.google.es/). Con el, pódese percorrer todo o globo terrestre mediante fotografías de satélite cunha resolución sorprendente e dun modo moi sinxelo e intuitivo. Dese xeito, é doado localizar o colexio e velo coma se voásemos nun avión. Outra ferramenta útil é o visor gráfico SIXPAC (http://sigpac.mapa.es/fega/visor/), da Consellería do Medio Rural. Pódese ver toda Galicia a boa resolución en fotografías aéreas e non é necesario instalar ningún programa.

- A través da lectura A forza dos imáns da páxina 76 os alumnos deben entender que os imáns e as forzas magnéticas teñen unha grande importancia na nosa sociedade. Facer notar aos alumnos que os imáns exercen a súa forza a certa distancia, como poden comprobar eles mesmos achegando ou afastando dous imáns.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 52: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

52/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Axudar os alumnos a resolver a actividade 1 con algunha pista. Explicarlles que os polos que teñen a mesma cor son iguais. Con ese dato pódense decatar de que o primeiro dos debuxos é incorrecto, pois os imáns, enfrontados por polos iguais, deberían repelerse. O debuxo correcto é o segundo, en que se aprecia que os imáns se enfrontan por polos distintos. Por iso se atraen e é posible levantar un dos imáns sen tocalo, tirando do outro.

- Mediante a lectura da páxina 77 Un ordenador a manivela os alumnos coñecerán en qué consiste o proxecto «un portátil para cada neno», tamén coñecido como «ordenador dos cen dólares», que parte dunha idea de Nicholas Negroponte, director do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachussets). Para desenvolvelo, creouse unha ONG, coas siglas OLPC (One Laptop Per Child). O obxectivo é desenvolver un portátil moi resistente, que consuma pouca enerxía, con posibilidade de conexión sen fíos a Internet e que teñan un prezo moi baixo. De feito, trátase de que non supere os 100 dólares.Despois de realizar a lectura da páxina 77 Ler antes de usar, preguntar aos nenos como actúan cando lles regalan un novo xoguete: Len as instrucións antes de usalo? Facer fincapé en que o uso incorrecto dunha máquina (neste caso, un xoguete) pode facer que se estrague; pero, o que é máis importante, pode tamén causar danos ao usuario.Destacar que, no caso dalgunhas máquinas, como un automóbil, por exemplo, é preciso incluso realizar un curso completo e adestrarse durante bastantes horas antes de ser capaz de manexalo. Neste caso, non só pola seguridade do condutor, senón pola das outras persoas que comparten a vía pública.

- Pedir aos alumnos que reflexionen sobre cal é o invento que eles consideran máis útil para as persoas. Pedir que expoñan as súas ideas e que debatan entre eles. Desafialos a lograr, a través dun debate, un consenso sobre cal é ese invento. Explicarlles a importancia de lograr acordos a partir dun debate pacífico, e que beneficioso sería para todos se os conflitos se solucionasen dese modo, tamén entre os adultos.

- Aproveitar a actividade 2 da páxina 78 para lembrar a característica que resaltamos sobre as máquinas: facer que algunhas das nosas actividades sexan máis fáciles de realizar.

- Mediante a actividade 3 da páxina 78 tratar de dar unha mensaxe positiva sobre a Internet, posto que normalmente, cando aparece nos medios de comunicación, adoitan destacarse aspectos negativos (delincuencia, pornografía...).

- Suxerir aos pais que dediquen un tempo a desarmar cos seus fillos algún xoguete que xa non funcione, preferiblemente mecánico; por exemplo, un coche, como o que se ilustra na páxina 72. Invitalos a que traten de identificar as distintas partes (motores, engrenaxes, etc.) e a que expliquen como cada parte intervén no funcionamento do aparello.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 53: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

53/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- No apartado Son capaz de… da páxina 79 trátase un tema moi importante aínda que, quizais os nenos non comprendan ben a importancia de aforrar electricidade, posto que, desde o seu punto de vista, se trata dunha enerxía «limpa». Pódese facer un debuxo no encerado, de modo que nun extremo debuxe unha lámpada acesa e no outro unha cheminea botando fume. Despois, conectalos cunha liña que represente o cable. Deste xeito, indicarase como para xerar a electricidade, na maioría dos casos, hai que queimar combustible e xéranse fumes.

- Suxerir aos nenos que elixan un só dos compromisos, pero que traten de cumprilo o mellor posible. É interesante que o avalíen cada día, non ao terminar a semana.

- Pedir que pensen eles noutras formas en que poden aforrar electricidade na casa ou no colexio.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Competencia lingüística- A aprendizaxe das ciencias é, en certo modo, a aprendizaxe dunha nova linguaxe,

moi rigorosa e diferente da coloquial. Intentar falar con rigor, dentro do posible neste nivel, e pedir aos seus alumnos que o fagan, sobre todo ao utilizar termos como forza. Así, os obxectos non teñen forza, senón que fan forza ou, aínda mellor, exercen unha forza.

- Pedir aos alumnos que escriban unhas breves instrucións de manexo dalgún aparello que elixan (o televisor, un reprodutor de música, un xoguete...). Darlles algunhas indicacións; por exemplo, numerar as instrucións, facer un debuxo para ilustrar, destacar o que non se debe facer para evitar danar o aparello ou danarnos nós mesmos...

Competencia matemáticaExplicar aos alumnos que existen diversas máquinas que serven para calcular. A súa función é facernos máis fácil realizar operacións matemáticas. Citar o ábaco,a calculadora e o ordenador.Insistir, non obstante, en que as máquinas poden fallar, polo que é importante saber realizar operacións sen máquinas.

Tratamento da información- O epígrafe O ordenador (páxinas 74 e 75) está directamente relacionado co

tratamento da información e a competencia dixital. É importante tratar esta competencia co enfoque propio da área de Coñecemento do medio.

Autonomía e iniciativa persoalInternet é unha ferramenta moi poderosa para, entre outros usos, buscar información. Non obstante, sempre que se navegue pola Internet, hai que exercer a crítica e avaliar os sitios desde os que recibimos a información.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 54: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

54/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Antes de permitir aos alumnos acceder libremente á Internet desde os ordenadores do centro escolar, é moi conveniente instalar algún programa que bloquee o acceso, aínda involuntario, a sitios con contido pornográfico, violento ou racista (por exemplo, ciberpatrol).

Competencia social e cidadá- Falar cos alumnos sobre a importancia da Internet na sociedade actual e, sobre

todo, a importancia que aínda vai adquirir, sen dúbida. Hoxe en día xa hai moitos trámites coa Administración que se poden realizar a través da Internet. Posiblemente, no futuro poderase incluso votar. Ademais, permite estar informado do que ocorre no mundo, participar en foros nacionais e internacionais...

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Recoñece fenómenos en que interveñen forzas. Predí o sentido do movemento dun obxecto sobre o que actúan máis dunha forza na

mesma dirección. Identifica diversas máquinas no seu contorno. Identifica algún operador nunha máquina complexa. Identifica os compoñentes principais dun ordenador. Enumera polo menos tres usos dun ordenador. Explica por que é importante usar correctamente as máquinas, destacando a

seguridade. Propón polo menos tres estratexias para aforrar electricidade.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 55: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

55/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 8

OBXECTIVOS

Distinguir un ser vivo dun ser inanimado. Coñecer algunhas características dos mamíferos, as aves e os réptiles. Clasificar diversos animais de acordo con diferentes criterios (alimentación, reprodución,

taxonomía). Desenvolver interese polo coidado e respecto aos animais.

CONTIDOS

Os animais. Os mamíferos. As aves. Os réptiles. Lectura comprensiva de diferentes tipos de textos. Lectura e interpretación de imaxes. Clasificación de animais en función das súas características. Interese por coñecer diferentes animais. Respecto polos seres vivos e coidado deles.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Ademais de desenvolver a Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

- Competencia cultural e artística. - Autonomía e iniciativa persoal. - Competencia lingüística.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 56: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

56/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 8 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan o coidado das crías de algúns animais. A continuación, no epígrafe Os animais, os alumnos deben completar unhas actividades sobre os seres vivos, a alimentación dos animais ou o seu animal favorito.

Nas páxinas de información: O lobo, O xílgaro e A lagarta o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen tres pequenos textos: A llama; Chusco ten unha carracha e Un zoo no ordenador. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, ofrécense diferentes posibilidades para facerse cun can para que o alumno elixa.

Suxestión de temporalización:

2.ª e 3.ª semana de febreiro.

Recursos:

- Fichas 11 de reforzo.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Para empezar a unidade sería moi interesante facer coincidir o inicio desta unidade cunha visita a algún zoolóxico, granxa escola ou instalación con animais. Chamarlles a atención sobre algúns dos animais, aos que se pode referir máis tarde, ao longo das explicacións sobre esta unidade e a seguinte.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 57: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

57/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Facer notar como a fotografía da páxina 80 mostra claramente que os animais se alimentan, crecen e reprodúcense. Indicar que a ave da fotografía é un xirín.

- É sumamente difícil definir «ser vivo». Dicir, simplemente, que os seres vivos nacen, crecen e se reproducen. No caso dos animais, engadir que se alimentan doutros seres vivos, das súas partes ou dos seus restos.

- Aproveitar os animais que xurdan da actividade 3 para facer preguntas sobre o tipo de alimentación, como nacen, como se moven, onde viven...

- Pedir que escriban no seu caderno os nomes de animais que coñezan. Suxerir que os lean en voz alta. Posiblemente faltarán animais invertebrados, peixes e outros animais «inferiores». Propoñer exemplos destes animais menos patentes para eles e preguntar se tamén son animais.

- Dividir os alumnos en dous grupos e asignarlle a cada un o nome dun ser vivo, de maneira que exista un representante de cada especie en cada grupo. Indicar aos alumnos que deberán encontrar a súa parella imitando o son, o movemento ou calquera característica do animal que se lle asignase.

- Propoñer animais máis fáciles, que emitan sons que coñezan os nenos (can, gato, galiña, león, lobo...) ou propoñer outros máis difíciles, que deben representar por medio de movementos, posturas, comportamentos, (saltón, formiga, crocodilo...).

Contar aos alumnos que o único lugar en que sabemos que hai seres vivos é a Terra, pero moitos científicos pensan que tamén podería haber vida noutros planetas distintos da Terra, é dicir, pensan que poderían existir extraterrestres.Os astronautas que viaxaron á Lúa non encontraron vida nela, nin tampouco as naves que viaxaron a Marte, pero aínda pensan que neste planeta se podería encontrar.Isto non quere dicir que os científicos crean en pequenos homiños verdes que nos visitan nas súas naves espaciais. Máis ben esperan atopar microbios.

- É importante repasar o que aprenderon o ano pasado, nas unidades 8 e 9. Lembrarlles que os animais poden ser carnívoros ou herbívoros, vivíparos ou ovíparos, domésticos ou salvaxes, e vivir en terra firme ou na auga.

- Para empezar o desenvolvemento do epígrafe das páxinas 82 e 83 preguntar aos alumnos se teñen mascotas nos seus fogares. Interrogar especialmente a quen teña na súa casa cans ou gatos, para que expliquen como se chama, de que cor ten o pelo, que coidados necesita e como é o animal (traveso, tranquilo, xogador, etc.).

- Facer notar que os cans e os gatos teñen moitas cousas en común: catro patas, orellas, pelo, dentes...

- Pedir aos alumnos que mencionen outros animais parecidos a eles. Aceptar todos os exemplos de mamíferos e explicar, no caso de que digan outros animais, en que se diferencian (escamas, ovos...).

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 58: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

58/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Apuntar algún dato máis sobre o lobo. Trátase dun animal que vive e caza en mandas, bastante escaso hoxe en día na península Ibérica. Antigamente perseguíano como unha alimaña polos danos que teoricamente causaba ao gando e ás persoas, ata o punto de que desapareceu de moitos lugares. Actualmente, na península Ibérica encóntrase nalgunhas zonas montañosas, sobre todo na metade norte. Se xorden preguntas sobre mamíferos «excepcionais», como os cetáceos ou os morcegos, explicar que parecen diferentes doutros mamíferos, porque os seus corpos están preparados para voar ou para somerxerse na auga, pero que son claramente mamíferos porque as súas crías nacen do ventre da nai e porque se alimentan de leite. Os mamíferos comparten outras características que os alumnos recoñecerán facilmente: teñen orellas e posúen labios para poderen mamar.

- Pedir aos alumnos que nomeen todos os animais mamíferos que se lles ocorran. Se se confunden nalgún, explicar por que.

- Presentar diversos animais para que digan eles se son mamíferos ou non. Para os que non sexan mamíferos, deberán indicar por que.

Contar aos alumnos algúns datos curiosos sobre os cans. Os cans sempre nos asombran pola súa intelixencia. Algunhas mostras son:-  Os cans de San Bernardo utilízanse nos Alpes para localizar a persoas perdidas na

neve. Os cans percorren a montaña en grupos e, cando encontran unha persoa na neve, sentan arredor dela para darlle calor mentres un dos cans vai en busca de axuda.

-  Os policías utilizan cans especialmente adestrados para axudalos no seu traballo. Algúns son especialistas en buscar explosivos co seu agudo olfacto. Outros son capaces de detectar drogas.

- Pedir aos alumnos que debuxen no caderno o seu mamífero favorito e que sinalen as partes máis importantes, coma no debuxo do lobo da páxina 82.

- As aves son un dos grupos de animais máis fáciles de observar na natureza, incluso en parques e en xardíns. Tratar de conseguir algunhas láminas, diapositivas ou presentacións en que aparezan aves que se poidan observar frecuentemente nos medios urbanos ou en campos próximos ás poboacións, como gorrións, xiríns, merlos, pombas, corvos, rulas... Animalos a que presten atención ás aves que poden observar no seu contorno.

- Levar á clase unha pluma de ave, mostrárllela aos alumnos e que a poidan tocar. Facerlles notar a súa lixeireza.

As aves forman un grupo moi homoxéneo e, polo tanto, causará poucos problemas aos alumnos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 59: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

59/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Explicar algunhas peculiaridades das aves que aparecen nas páxinas 84 e 85. O xílgaro era moi frecuente nas casas, onde se tiña en gaiolas polo seu canto e a súa bonita plumaxe. Nalgúns lugares, chámase setecolores. A cegoña e a andoriña son migratorias e pasan o inverno en África. Con todo, algunhas cegoñas, cada vez máis, non migran e quedan na nosa Península todo o ano, quizais debido ao cambio climático. A galiña é unha ave moi importante para nós. Proporciona ovos e unha carne máis saudable ca a dos mamíferos, como o porco e a tenreira. A avestruz é a maior ave do mundo, cun peso de ata 150 kg. Non voa, pero é capaz de alcanzar os 70 km/h correndo. As gaivotas (existen moitas especies diferentes) son aves mariñas, pero cada vez é máis frecuente velas en zonas de interior, en encoros ou cerca dos vertedoiros, onde conseguen o seu alimento.

- Pedir que escriban no seu caderno as características principais das aves comúns a todas elas. Comprobar que escribiron as seguintes: plumas, ás, peteiro e ovos.

- Dar aos alumnos a seguinte información sobre aves españolas singulares:- A aguia imperial é unha gran rapaz que soamente habita na península Ibérica. É moi

escasa, polo que está protexida, para evitar que se extinga.- A avetarda é a ave voadora máis pesada. Pode chegar a pesar uns 16 kg. En

España vive máis da metade das avetardas mundiais, aínda que tamén están ameazadas.

- A pita do monte é unha ave grande, como unha galiña, que en España vive só nos bosques das montañas do norte. A súa poboación é pequena e é unha peza moi cobizada polos cazadores furtivos.

- Para empezar a desenvolver as páxinas 86 e 87 preguntar aos alumnos que é o que saben dos dinosauros e doutros réptiles xa extintos. Escribir unha lista de nomes (tiranosauro, velocirraptor, diplodoco, triceratops, ictiosauro...). A maioría deles terá visto algunha película en que aparezan ou visitaría algún museo. Explicarlles que os dinosauros pertencen ao grupo dos réptiles, que contén moitos outros animais moi interesantes.

- Preguntar se algún dos nenos ten na casa un réptil como mascota (iguana, camaleón, tartaruga...). Se é así, pedir que expliquen aos seus compañeiros cousas sobre a súa mascota (onde vive, o que come, etc.).

- O grupo dos réptiles quizais sexa o máis complicado para os alumnos, posto que nel se encontran animais moi diferentes. A clave, neste caso, é mostrar numerosas imaxes de réptiles, nomear moitas especies diferentes, pedir nomes de réptiles... Hai ilustracións en Internet. Por exemplo a páxina: http://www.vertebradosibericos.org/reptiles/listareptiles.html.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 60: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

60/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- O réptil do exercicio 2 é moi infrecuente en Galicia. Por iso, o galego non xerou unha palabra para designalo e adoita aplicárselle o nome de píntega. Pero na linguaxe científica cómpre distinguilo desta, que é un anfibio, e por iso se introduciu a palabra salmantesa (adaptación do castelán salamanquesa) ou o portugués osga. Fixarse na salmantesa, indicar que ten escamas, que pon ovos en terra, en escondedoiros... Así, máis tarde, poderase comparar coa ilustración da píntega ou salamántiga, que aparece na unidade seguinte (páxina 94).

- Dividir a clase en grupos e asignar a cada un o nome dun réptil. Procurar que estean representadas serpes, os crocodilos, as lagartas e tartarugas. Cada grupo deberá describir o animal: forma, cor, tipo de locomoción, alimentación e outras características principais (é conveniente proporcionar a cada grupo unha ilustración, a fin de que describan un animal concreto).

Formular aos alumnos a seguinte pregunta e respondela: Sabías que en Ecuador (América do Sur) existen tartarugas xigantes? Encóntranse nas illas Galápagos. Nestas illas, nacidas de volcáns mariños, encóntranse as tartarugas máis grandes do mundo, chamadas en castelán galápagos. Chegan a pesar máis de 250 quilos, coma tres homes adultos xuntos! Ademais, viven moito tempo. Crese que a tartaruga máis vella viviu máis de 170 anos. Ademais, nestas illas tamén viven unhas iguanas moi especiais, pois mergúllanse no mar para comer algas.Estas illas son tan especiais que as declararon Patrimonio da Humanidade.

- Pedir que debuxen un réptil calquera no seu caderno, que o coloreen e rotulen as súas partes principais, como na actividade 2 da páxina 87.

A lectura da páxina 88 A llama elixiuse cun dobre obxectivo: por unha parte, mostrar a todos os alumnos que noutros lugares do mundo existen outros animais domésticos; por outra parte, lograr que os alumnos de procedencia estranxeira se sintan recoñecidos nos contidos do libro. É unha lectura moi interesante para mostrar aos nenos que en distintos lugares do mundo existen animais diferentes: uns necesitan lugares máis cálidos, outros máis fríos, uns viven en bosques, outros en montañas... Isto é máis evidente nos animais salvaxes ca nos domésticos.

- Tras a lectura de Chusco ten unha carracha da páxina 88 aproveitar que moitos nenos terán ben claro que as mascotas deben estar sas e correctamente coidadas, porque é o correcto e porque o merecen. Pero, ademais, deben saber que é importante que sexa así pola súa propia seguridade. Unha mascota que non estea sa e ben coidada pode transmitirlles algunhas enfermidades ás persoas que conviven con ela. Non obstante, este risco pódese evitar simplemente seguindo as indicacións do veterinario.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 61: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

61/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Algúns dos nenos xa coñecerán a Internet e saberán incluso manexarse basicamente nas páxinas web. Tratar de facer reflexionar aos nenos sobre o enormemente útil que resulta Internet. Invitalos a visitar na clase ou na casa as páxinas indicadas, e incluso outras, como www.curiosikid.com.Poden encontrar información máis específica por medio de buscadores como Google ou Yahoo. Neles poden empregar tamén a opción de buscar imaxes, para veren fotografías e debuxos dos seus animais favoritos.É interesante destacar a utilidade da Internet como fonte de información, fronte á multitude de informacións que destacan a parte negativa desta ferramenta que xa forma parte da nosa vida.Comentar aos alumnos que a linguaxe coloquial recorre moito aos animais para describir as persoas. Por exemplo, dunha persoa moi alta dise que é unha xirafa. A continuación, escribir no encerado os nomes dos seguintes animais: touro, león, raposo, papagaio, tartaruga; e pedir aos alumnos que completen estas oracións con eles:

-  É tan fero coma un...-  É máis astuto ca un...-  É tan forte coma un...-  É máis lento ca unha...-  É tan paroleiro coma un...

Propoñer aos alumnos que escriban un texto moi breve, como os da lectura Un zoo no ordenador da páxina 89, para invitar a visitar unha páxina web imaxinaria na que se fala sobre os hámsteres: como son, como viven, como acondicionar a súa casa, como alimentalos... Pida despois que lean o seu texto en voz alta para a continuación votar entre todos cal lles parece máis atractivo e lles esperta máis o interese por visitar a páxina.

A actividade 2 da páxina 90 serve para que apliquen o que aprenderon sobre as características dos grupos de animais nesta unidade.Aproveitar esta actividade para mostrar como organizar a información en forma de táboa de dobre entrada, poñendo nun lateral os grupos de animais, na cabeceira as súas características e marcando cunha aspa as casas.

Suxerir aos pais que vexan cos seus fillos algún bo documental de fauna, mellor se se trata de animais que vivan no seu contorno, que a miúdo resultan ser máis descoñecidos ca os tigres, os leóns, as xirafas...Unha alternativa é visitar un zoolóxico. Nese caso, insistir en que a misión dos zoolóxicos non ha de ser só a exhibición de animais, senón tamén o seu estudo e, sobre todo, a súa protección. Por iso, tratar de elixir un bo zoolóxico, e non unha simple exhibición de animais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 62: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

62/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

É moi importante que os nenos se expresen libremente e dean a súa opinión sen medo a recibir críticas na actividade de Son capaz de… da páxina 91. En principio, a opción máis solidaria é conseguir o can nun refuxio de animais abandonados, pero no ánimo dos nenos pode pesar moitas outras consideracións, como o asegurarse de que sexa un cachorro ou o conseguir unha raza pola que sintan especial predilección.

Facelos reflexionar sobre que, ás veces, a vivenda ou o ritmo de vida dunha determinada familia fan que non sexa adecuado ter unha animaliño doméstico, e que, ao final, os pais deben decidir.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Competencia cultural e artística- Na actividade 3 da páxina 81 pídeselles indicar o seu animal favorito. Pedir que o

debuxen. Darlles tempo para que poidan facelo o mellor posible, incluso na casa con axuda dalgunha fotografía. Pode organizar unha exposición na clase con eles.

- Pedir aos alumnos que elaboren un toucado indio. Deben debuxar en cartolina unhas plumas, colorealas e recortalas. Despois, deben pegalas nunha tira de cartolina. Poden reforzar as plumas pegando por detrás palliñas de refresco. Para cerrar o toucado e suxeitalo, poden empregar un clip ou un prendedor.

- Tras realizar as actividades de Son capaz de… da páxina 91, pedir aos alumnos que fagan un debuxo do can (ou outra mascota) que lles gustaría ter. Non deben esquecer poñerlle un nome.

Autonomía e iniciativa persoal- Preguntar aos alumnos que teñen mascotas na casa se colaboran a coidalas. Aos

que se fagan cargo, eloxiarlles esa actividade. Aos demais, animalos a participar.

- Para algún dos alumnos máis tímidos, participar nas actividades de expresión oral pode ser un auténtico reto. Tratar de lograr que todos eles participen, aínda que sen forzar que o fagan.

Competencia lingüísticaPedir aos alumnos que memoricen e digan de présa o seguinte trabalinguas:- No campo hai unha cabra ética, perlética, pelapelambrética, pelúa, pelapelambrúa.- Ten os filliños éticos, perléticos, pelapelambréticos, pelúos, pelapelambrúos.

- Pedir aos alumnos que completen o seguinte refrán e que expliquen o seu significado:

- A cada paxariño gústalle o seu...

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 63: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

63/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Dividir os estudantes en varios grupos e pedir que argumenten por que lles parecen importantes os réptiles. Cada grupo deberá escribir só as ideas principais e, mediante unha breve presentación oral, un voceiro presentarallas ao resto de compañeiros.

Pregunte aos alumnos que significan as seguintes expresións:- Ser camaleónico.- Ter lingua viperina.- Derramar bágoas de crocodilo.- Ir a paso de tartaruga.- Ser escorregadizo coma unha serpe.

- A lectura Un zoo no ordenador da páxina 89 é un bo exemplo de lectura con finalidade informativa, como moitas outras que se encontrarán ao ler publicidade de establecementos comerciais, catálogos e moitos outros documentos. Levar algún documento deste tipo para lelo aos alumnos.

Interacción co mundo físico- Comentar que o lobo, coma outros animais (o coala, o tigre, o rinoceronte, o lince

ibérico...) están en risco de desaparecer. Preguntarlles a súa opinión sobre este problema.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Recoñece os seres vivos entre diversos obxectos inanimados. Enumera polo menos dúas características propias dos mamíferos, das aves e

dos réptiles. Agrupa diversos animais en función da súa alimentación, o seu modo de reproducirse

e a súa clasificación taxonómica. Valora o coidado e a atención aos animais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 64: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

64/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 9

OBXECTIVOS

Coñecer algunhas características dos peixes, os anfibios e os invertebrados. Clasificar diversos animais de acordo a diferentes criterios (alimentación, reprodución,

taxonomía). Desenvolver interese polo coidado e respecto aos animais. Desenvolver interese por coñecer a gran diversidade de animais.

CONTIDOS

Os peixes. Os anfibios. Os invertebrados. Lectura comprensiva de diferentes tipos de textos. Lectura e interpretación de imaxes. Clasificación de animais en función das súas características. Interese por coñecer diferentes animais. Respecto polos seres vivos e coidado deles.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Ademais de desenvolver a Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

- Competencia cultural e artística.- Competencia lingüística. - Tratamento da información.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 65: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

65/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 9 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan en que ambiente viven algúns animais (acuático neste caso). A continuación, no epígrafe A troita, os alumnos deben completar un esquema coas distintas partes dun pez.

Nas páxinas de información: A ra de Santo Antón e A eiruga da seda o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen dous pequenos textos: Brisa e Brezo e Os insectos e as súas sorpresas. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a organizar unha colección de cromos sobre animais.

Suxestión de temporalización:

4.ª semana de febreiro e 1.ª de marzo.

Recursos:

- Ficha 13 de reforzo.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Esta primeira páxina préstase moi ben para comezar vendo algún documental sobre vida submarina. Deste modo, os alumnos poden observar a gran diversidade de peixes que existen.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 66: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

66/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Pode ser interesante levar algún peixe da peixaría (sería ideal unha troita, como a da fotografía da páxina 92). Dese xeito, os alumnos poderán ver as escamas e as aletas. Pódese, incluso, mostrarlles as branquias (ou galadas) e dicirlles que é o órgano co que respiran.

Non se quere neste curso ver animais que se poden considerar «atípicos», como os cetáceos (golfiños e baleas), pois o que convén neste nivel é familiarizarse coas «xeneralidades». Non obstante, é posible que os estudantes pregunten polos mamíferos mariños. Aclarar que son mamíferos, posto que paren as súas crías e as aleitan.Por outra parte, existen peixes sen escamas, como as moreas, ou con formas moi raras, como os cabaliños de mar. Explicar que existen unhas 30.000 especies diferentes de peixes no mundo. Isto fai que, aínda que todos eles comparten moitas características importantes, sexa posible encontrar todo tipo de variacións. Indicarlles que iso fai que cada tipo de peixe viva da mellor maneira no seu lugar.

- Axudalos coa actividade 3 da páxina 93. Recordar que hai peixes tanto no mar coma nos ríos, que as quenllas ou tiburóns son peixes, etc. Preguntar tamén se algún neno da clase ten acuario na casa e lembra os nomes dos seus peixes.

- Pedir aos alumnos que mencionen todos os personaxes que recorden da película Buscando a Nemo, que os describan e que digan se é un peixe ou non de acordo coas características que teñen. Orientalos a mencionar, polos menos, os peixes Nemo e Dory e as quenllas, así como as tartarugas, o polbo e as medusas.

- Expoñer aos alumnos o problema que supón capturar e consumir peixes demasiado pequenos. En primeiro lugar, deben asumir que o mar non é inesgotable, e que se se pesca en exceso pódese chegar a acabar con toda unha especie, como está a punto de ocorrer coa anchoa do Cantábrico, por exemplo. Explicar que se se pescan peixes demasiado pequenos, non lles dá tempo a reproducirse e isto pode acelerar aínda máis o proceso.

- Propoñer aos alumnos que fagan un cartel cun debuxo para apoiar esta campaña. Deben incluír o lema peixiños non, grazas.

- As quenllas tamén son peixes, aínda que as súas escamas son diferentes das dos outros peixes. Pedir que investiguen os nomes de diferentes quenllas usando a clave:1: C 2: B 3: O 4: L5: E 6: A 7: T 8: N9: R *: M 1: U #: X.

TIBURÓNS- 2 9 6 8 1 3 (branco)- 7 3 1 9 3 (touro)- * 6 9 7 5 4 3 (martelo)- * 6 9 9 6 # 3 (marraxo)

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 67: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

67/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Antes de empezar o epígrafe das páxinas 94 e 95 anunciarlles que van estudar uns animais especiais, que teñen dúas vidas diferentes: cando nacen viven na auga, como os peixes. En cambio, cando crecen, poden saír da auga e vivir na terra. Preguntar de que animais está falando.

- Todos os alumnos coñecerán as ras e os sapos, pero posiblemente non serán conscientes de que existen moitas especies diferentes de ra, igual que moitas especies diferentes de sapo. Apoiarse nas ilustracións da páxina para mostrárllelo. Comparar a ra de Santo Antón do debuxo coa ra verde e a ra tropical das fotografías das páxinas 94 e 95. Igualmente, comparar o sapo común da páxina 94 co que aparece na actividade 2 da páxina 95 (sapo verde).

- Os alumnos (e moitos adultos) teñen dificultades para identificar a píntega como un anfibio. Facerlles ver que o parecido entre a píntega e un réptil é meramente superficial: a píntega non ten escamas e pon os ovos na auga. As píntegas que acaban de nacer son acuáticas e non poden vivir na terra.

- Outro problema é que se adoita confundir a píntega coa salmantesa. Pedir que volvan observar a ilustración da salmantesa (que aparece co nome de salamántiga) na páxina 87 do seu libro para que comparen ambos os animais. Explicar que a píntega ou salamántiga vive moi cerca da auga e a salmantesa en medios máis áridos.

Preguntar aos alumnos que animais poden ser anfibios:- Cando acaban de nacer, viven na terra.- Cando acaban de nacer, viven na auga.- Nacen de ovos. - Nacen do ventre das súas nais.- Están cubertos de escamas. - Teñen a pel espida.- Os que acaban de nacer e os adultos parécense.- Os que acaban de nacer e os adultos son diferentes.

Desde hai anos, os científicos detectaron que os anfibios son cada vez máis escasos. Ninguén sabe ben por que ocorre así, aínda que se pensa nalgunhas posibilidades:

- O clima cambia e cada vez vai máis calor.- A auga cada vez está máis contaminada.- Os anfibios contraen novas enfermidades.- Prexudícaos o sol.

Hai que ter en conta que os anfibios están menos protexidos ca outros animais, pois teñen a pel espida.Afortunadamente, moita xente dedícase a estudar e protexer os anfibios, para evitar que desaparezan.

- Pedir aos alumnos que escriban no seu caderno as características que permiten distinguir un anfibio dun peixe, un anfibio dun réptil, un anfibio dunha ave e un anfibio dun mamífero.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 68: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

68/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Para empezar o epígrafe A eiruga de seda das páxinas 96 e 97 aproveitar a ilustración do ciclo vital da bolboreta da seda para preguntar aos nenos se algún deles tivo «vermes de seda». Pedir aos que os tivesen que expliquen ao resto como se coidan e como é a vida destes animais.

- Se se pode, levar algún pano ou algunha peza de vestir de seda. Anunciar aos alumnos que o fío co que se fixo se obtén dos casulos que fan as eirugas da seda.

- Pedirlles ás alumnas e aos alumnos que nomeen animais que non sexan nin mamíferos, nin aves, nin réptiles, nin anfibios, nin peixes. Se lles custa achegar exemplos, comezar dando algún. Cando xurdan algúns nomes, pregunte que teñen en común todos eles. Se non caen na conta, anunciar que ningún deses animais ten ósos.

- Escribir no encerado: «in-vertebrados». Explicar que significa «que non ten vértebras». Aclarar que os invertebrados non teñen vértebras porque non teñen ósos.

- Facer fincapé na diversidade. Existe unha cantidade incrible de animais invertebrados. Citar exemplos que aos alumnos lles sexan familiares, por térenos visto en documentais ou películas, ou por formaren parte da nosa alimentación: miñocas, estrelas de mar, caracois, polbos, ameixas, mexillóns, medusas, escorpións, arañas, gambas, lagostinos, escaravellos, bolboretas...

- Escribir no encerado todos os nomes que xurdan, repartidos ao azar, pero procurando que os insectos queden xuntos. Deste modo, pódense rodear cunhas liñas, a fin de mostrar que os insectos forman un grupo que se inclúe nos invertebrados.

- Utilizar a actividade 2 da páxina 97 para realizar unha ampliación e sinalar as características distintivas dos insectos: teñen o corpo dividido en cabeza, tórax e abdome, teñen antenas, seis patas e, na súa maioría, ás.

Repasar as dúas unidades dos animais. Escribir no encerado os nomes dos grupos que estudaron, con espazo para escribir debaixo (vertebrados: mamíferos, aves, réptiles, peixes e anfibios; invertebrados: insectos e outros invertebrados). Preguntar por quendas a cada alumno a que grupo pertence un determinado animal que se indique. Pódese tamén facer que se pregunten uns a outros por quendas, para que a actividade sexa máis participativa.Escribir no encerado o nome de cada animal onde lle corresponda, a fin de conseguir unha lista ampla de animais que coñezan.

- Coa lectura Brisa e Brezo da páxina 98, os alumnos se acercan á figura do lince ibérico. O lince ibérico quizais sexa o animal máis simbólico da Península, e ten o dubidoso honor de ser o felino máis ameazado do mundo. Os nenos deben ser conscientes da importancia de preservar a nosa fauna, pois cando un animal se extingue, xa é irrecuperable.

- Algúns animais ameazados no mundo son o oso panda, que soamente vive en China, varias especies de rinocerontes, os grandes simios, como os gorilas e chimpancés, varios cetáceos, tartarugas mariñas...

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 69: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

69/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- En España podemos citar, en primeiro lugar, o lince ibérico e a aguia imperial, que só se encontran na península Ibérica, así como a pardela balear (unha ave mariña que vive nas illas Baleares) e os diversos lagartos xigantes das illas Canarias. Outras especies moi valiosas son o oso pardo, a pita do monte, o lobo, o parrulo rabiteso, o mexillón de río, o cangrexo de río, peixes como o fartet e o esturión, a bolboreta isabelina, a foca monxe... Ademais, existen numerosas plantas que tamén están ameazadas, como algunhas orquídeas.

- Explicar aos alumnos a importancia dos espazos protexidos para poder preservar os animais, pois estes non poden sobrevivir sen un lugar adecuado onde alimentarse, refuxiarse, reproducirse...

A moitos nenos encántanlles os «bichos», pois poden observalos con facilidade no seu medio. Pode dar algún dato sobre eles:- Constitúen o grupo de animais máis abundante do planeta, con máis de 800.000

especies descritas. Deles, os máis abundantes son os escaravellos, con máis de 350.000 especies.

- Proporcionan produtos útiles, como o mel, a cera, a seda e o carmín (a cochinilla da chumbeira).

- Forman sociedades moi complexas, como as colmeas e os formigueiros. Nun só formigueiro poden vivir e traballar millóns de individuos.

Propoñer aos alumnos xogar ao xogo dos animais da selva. Poñelos todos en roda e comezar, dicindo:«Da selva veu un camión cargado de... gorilas (ou calquera outro animal).»O primeiro neno á dereita do mestre debe repetir o mesmo ca vostede, engadindo outro animal; por exemplo:«Da selva veu un camión cargado de gorilas e de elefantes.»Así, continuará a cadea tanto como sexa posible. Motivar aos alumnos para tratar de conseguir, entre todos, unha gran cadea de animais.

Pedir que realicen un modelo de insecto en familia. Poden empregar todo tipo de materiais: tapóns de cortiza, bólas de plastilina, vasiños de plástico, escarvadentes, arame, cables eléctricos...Para facelo, primeiro deben documentarse sobre unha especie concreta de insecto e conseguir fotografías ou debuxos.Será interesante organizar unha exposición con todos os traballos presentados.

No epígrafe Son capaz de…da páxina 101 se mostra unha destreza importante que deben adquirir os alumnos é clasificar, é dicir, agrupar en función de diversos criterios.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 70: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

70/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Tras terminar esta unidade e a anterior, os alumnos deberían ser capaces de clasificar a maioría dos animais no grupo dos vertebrados e no dos invertebrados. Dentro dos vertebrados, deberían ser capaces de clasificalos como mamíferos, aves, réptiles, anfibios ou peixes. É útil realizar o maior número posible de actividades de clasificación como a que se presenta, ata que os nenos sexan capaces de saber a que grupo pertence un animal, non só por avaliar as súas características, senón polo seu parecido con outros animais que pertencen ao mesmo grupo.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Competencia cultural e artística- Animalos a esforzarse ao realizar a actividade 2 da páxina 93 en ser creativos.

Poden optar por pintar o peixe pallaso coas cores que recorden de Nemo, ou ben poden deixar libre a súa creatividade e elixir outras cores diferentes.

Competencia lingüística- Pedir aos alumnos que escriban un breve conto que trate sobre unha ra. Pedir a

algúns dos alumnos que lean os seus contos en voz alta para toda a clase.

- Explicar que as imaxes poden transmitir tanta información coma os textos. Pedir aos alumnos que observen o primeiro debuxo da páxina 96 do libro, sobre o ciclo vital da eiruga da seda, e que o expliquen por escrito con varias oracións.

Interacción co mundo físico

Explicar aos alumnos que todos os anfibios salvaxes, igual ca os réptiles, están protexidos pola lei. Polo tanto, non se deben capturar.

Explicar aos alumnos que, aínda que a nosa achega sexa como un gran de area, podemos facer algo por axudar as especies en perigo. Por exemplo, se coidamos a auga, aforramos enerxía ou reciclamos, contribuímos a mellorar o medio natural, para nós e para os animais.

Tratamento da informaciónOs alumnos interesados poden buscar en Internet fotografías de insectos. Estas descubriranlles un fascinante mundo en miniatura. Recomendar, como exemplo, visitar a seguinte páxina:www.insectariumvirtual.com/htm/exposicion_fotografica/index.htm.- Nela hai varias galerías de fotos de insectos e outros invertebrados.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 71: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

71/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Enumera polo menos dúas características propias dos peixes, os anfibios e os invertebrados.

Agrupa diversos animais en función da súa alimentación, o seu modo de reproducirse e, especialmente, a súa clasificación taxonómica.

Valora o coidado e o respecto aos animais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 72: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

72/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 10

OBXECTIVOS

Recoñecer que as plantas son seres vivos. Identificar as partes dunha planta. Clasificar plantas como árbores, arbustos ou herbas. Valorar a importancia das plantas para o resto dos seres vivos e para o ser humano. Comprender a importancia da reciclaxe. Desenvolver interese polo coidado e respecto ás plantas.

CONTIDOS

As plantas. As partes das plantas. Os tipos de plantas. A utilidade das plantas. Lectura comprensiva de diferentes tipos de textos. Lectura e interpretación de imaxes. Clasificación das plantas en función das súas características. Interese por coñecer diferentes plantas. Respecto polos seres vivos e coidado deles.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Ademais de desenvolver a Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

- Autonomía e iniciativa persoal.- Competencia lingüística, Competencia cultural e artística. - Aprender a aprender. - Competencia social e cidadá.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 73: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

73/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 10 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan algúns coidados que necesitan as plantas. A continuación, no epígrafe As plantas, os alumnos deben completar actividades sobre o ciclo da vida das plantas ou sobre as súas necesidades básicas.

Nas páxinas de información: As partes das plantas e A utilidade das plantas o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados. Ao final da segunda dobre páxina, no apartado Expresión oral, os alumnos deben debater cos seus compañeiros sobre que é o máis importante que nos proporcionan as plantas.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen tres pequenos textos: Papel reciclado; Os incendios forestais e Plantas xigantes. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a decidir sobre a elección dunha planta.

Suxestión de temporalización:

2.ª e 3.ª semana de marzo.

Recursos:

- Ficha 15 de reforzo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 74: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

74/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Unha excelente forma de empezar a unidade é visitar un xardín botánico ou, no seu defecto, algún bo parque. Un dos problemas que xorden ao explicar as plantas é que non resultan tan atractivas coma os animais para os alumnos. Pero nun xardín botánico poden ver plantas moi curiosas, coas que non están familiarizados, de modo que se esperte o seu interese.

- Considerar levar un ou varios tarros con plantas á clase, a fin de poder ilustrar as explicacións. Aclarar aos alumnos que plantas son, de onde proveñen, que particularidades teñen...

- Para resumir a actividade 2 da páxina 103, debuxar unha planta no encerado de modo esquemático e escribir arredor dela o que necesita para vivir: auga, aire, luz do Sol e substancias do solo. Insistir en que as plantas, ao contrario ca os animais, non teñen necesidade de tomar alimento.

- Preguntar aos alumnos por que saben que as plantas son seres vivos, e facerlles preguntas: Por que son de cor verde? Por que crecen? Por que son bonitas? Porque non se desprazan? Por que se reproducen? Tratar de que vexan que o ciclo de vida das plantas é parecido ao dos animais.

Interesar aos nenos contándolles curiosidades sobre as sementes das plantas:- A semente máis grande é a do coco de mar das illas Seychelles. Chega a pesar 20

kg. - As sementes máis pequenas son as dalgunhas orquídeas: arredor dun millón pesan

un gramo.- A planta con máis sementes é unha orquídea que vive en Venezuela. Pode conter

máis de tres millóns e medio de sementes en cada unha das súas vaíñas. - As sementes máis antigas que xerminaron encontráronse nun terreo conxelado de

Canadá. Pénsase que tiñan uns 10.000 anos de idade.

Contar aos alumnos que as plantas non se poden desprazar como os animais, pero non están quietas. O que ocorre é que os seus movementos van ligados ao crecemento. Así, as súas ramas, flores e follas móvense cara á luz ou ocúltanse, suxéitanse a outras plantas...Pero, ademais, poden viaxar a grandes distancias. O que ocorre é que non se move a planta enteira, senón só a semente ou o froito. Os cocos, por exemplo, viaxan polo mar de illa en illa; as sementes das froiteiras viaxan no interior dos animais que comen os seus froitos; outras péganse ao pelo dos animais; outras viaxan a grandes distancias co vento...

- Na unidade 10 do libro de primeiro comezan a estudar as plantas. Pódese repasar esa unidade, aínda que a maior parte dos contidos do curso pasado retómanse tamén neste e empréganse como punto de partida dos novos coñecementos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 75: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

75/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Para introducir o epígrafe das páxinas 104 e 105 sacar un grupo de catro alumnos ao encerado e dicirlles que debuxen entre todos unha planta. Dicir ao primeiro que debuxe a raíz, ao seguinte, que debuxe o talo, ao seguinte, as ramas, e ao último, as flores. Repetilo con varios alumnos, para comparar os resultados.

- Explicar aos alumnos que o talo das plantas frecuentemente está ramificado. As ramas, en realidade, son parte do talo.

- Os alumnos tenden a identificar froito con froita. No primeiro debuxo da páxina 104 o froito é unha vaíña. Indicar que é moi parecido ás vaíñas dos feixóns, que tamén son un froito.

- O termo «flor» emprégase na linguaxe coloquial dunha maneira ambigua. Utilízase frecuentemente para designar unha planta completa. Por exemplo, a papoula que aparece na páxina 104, para a maioría dos alumnos, será unha «flor». Tratar de facer que comprendan que se trata dunha planta que ten flores, non dunha flor.

- Os alumnos poden ter dificultades ao identificar arbustos. Facerlles ver que a clave non é tanto o tamaño coma o feito de ter un tronco curto, de modo que a ramificación ocorre moi cerca do chan. Algunhas plantas, incluso, poden ser árbores ou arbustos en función das condicións en que crezan.

- Se se teñen plantas nun tarro, pida que identifiquen nelas as partes.- Unha forma excelente de reforzar sería percorrendo o colexio, se ten bastantes

plantas, ou un parque próximo, e ir preguntando polas plantas que observen: Cales son as súas partes? É unha árbore, un arbusto ou unha herba? Tratar, sobre todo, de mostrar arbustos, a fin de aclarar as dúbidas. No caso de herbas en flor, facerlles ver que son plantas completas e que teñen raíz, talo e follas, ademais da flor.

- Completar a actividade 2 propoñendo máis produtos: leituga, tomate, millo, remolacha, soia, agrón…

Explicar aos alumnos que algunhas árbores, como os carballos, as faias, os castiñeiros e os chopos, perden as follas no outono, de modo que no inverno as pólas locen espidas. Outros, como os piñeiros, os eucaliptos, os abetos, e as aciñeiras, non perden as follas. En realidade, o que ocorre é que as van cambiando pouco e pouco ao longo do ano, de modo que a árbore nunca queda espida.Pero existe unha planta que vive no deserto de Namibia, cun nome impronunciable (Welwistchia mirabilis), que nunca cambia as súas dúas únicas follas. Estas chegan a medir varios metros de lonxitude.

- Para empezar o epígrafe das páxinas 106 e 107 pedir aos alumnos que nomeen obxectos que haxa na clase e anotalos no encerado. Despois, facer unha marca xunto aos que proceden das plantas e preguntar que teñen en común todos eses obxectos e, se non o indican, explicar que todos eles se obteñen grazas ás plantas.

- Anunciarlles que as plantas son tan importantes que nos brindan incluso o osíxeno do aire sen o cal non poderiamos vivir as persoas nin os animais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 76: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

76/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- No epígrafe das páxinas 106 e 107 dividimos a utilidade das plantas en dúas categorías: utilidade para a vida no planeta (osíxeno e alimento) e utilidade para o ser humano como fontes de recursos. Neste segundo apartado, pódense achegar máis produtos, ademais dos que aparecen no libro do alumno: colas, vernices, disolventes, carbón vexetal, tinturas, flores ornamentais, condimentos...

- Pedir aos alumnos que repasen as súas actividades un día normal desde que se levantan e que vaian nomeando todas as actividades en que empregan plantas ou produtos derivados delas. Comezar, para axudalos, dicindo: «Érgome da cama, pero de que son as sabas?». Ou ben: «Poño unha camiseta de algodón».

Explicar aos alumno que do mesmo modo que existen animais en perigo de extinción, tamén existen plantas ameazadas. En España coñécense unhas 500 especies de plantas ameazadas, e a escala mundial a cifra ascende a máis de 26.000. Algunhas plantas están en perigo pola recolección directa, como pode ser o caso da edelweiss ou flor da neve. Pero, normalmente, o perigo vén doutras actuacións das persoas, como a construción de casas, estradas e encoros; a contaminación, verteduras, propagación de pragas, a corta abusiva, a agricultura con produtos químicos tóxicos...

Contar aos alumnos que moitos medicamentos elabóranse a partir de substancias que se extraen das plantas. Outros, en cambio, son substancias que se fabrican en laboratorios, pero que se descubriron primeiro nas plantas.Posto que algunhas plantas teñen no seu interior medicamentos, pódense empregar para curar enfermidades, como se facía antigamente. Algunhas persoas son partidarias de empregar só plantas, e non medicamentos. Non obstante, a maioría dos médicos non recomendan usar as plantas, pois os medicamentos son máis fáciles de empregar e máis seguros.

O obxectivo principal da lectura da páxina 108 Papel reciclado non é ensinar aos nenos a fabricar papel reciclado, senón familiarizalos con este tipo de textos, informativos, que se empregan para impartir instrucións.Non obstante, seguindo estas instrucións, é posible fabricar unha cartolina reciclada que se pode decorar se se engaden papeliños de cores, flores secas ou outros elementos calquera.Facilitarase o traballo empregando dous marcos de madeira, un con reixa e outro sen reixa. Nos establecementos de material didáctico pódense adquirir kits con instrucións precisas e o material necesario.

Tras a lectura dos Incendios forestais, da páxina 109, pódese empregar unha lupa e un papel, mellor se é negro, para mostrar como os raios de sol, ao concentrarse, queiman o papel. Explicar aos nenos que un vidro de botella pode actuar do mesmo xeito ca a lupa, prender pallas e pequenas ramiñas e desencadear un incendio.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 77: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

77/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Facer ver aos nenos que nunca se ten bastante experiencia como para acender lume no campo. Un refacho inesperado de vento pode facer que se desencadee un incendio en segundos. O mellor é absterse sempre de acender lume. Ademais, a lexislación española prohíbeo expresamente.

Para ver bosques de secuoias como os da lectura da páxina 109 hai que desprazarse a Estados Unidos, pero en España tamén se poden ver secuoias bastante altas nalgúns parques e xardíns. Pode engadir algúns datos curiosos para completar a lectura:- A árbore máis pequena é o salgueiro anano, que vive no Ártico e mide menos de 10

cm de altura.- A cana máis alta é unha especie de orixe chinesa que pode alcanzar os 40 m de

altura, cun diámetro de 30 cm.- O cacto máis alto é o saguaro, que vive en México, Arizona e California. Alcanza os

17 m de altura.

Contar a los alumnos que No refraneiro galego atopamos numerosas referencias ás plantas, sobre todo en relación cos labores agrícolas:- O que a boa árbore se acolle, boa sombra o cobre.- Da árbore caída, todos fan pitelos.- Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso.- Como sementedes, así colleredes.- Liño bo, liño malo, todo florece en maio.- Nin herba no trigo, nin sospeita no amigo.- Non hai rosa sen espiñas.

- A actividade 2 da páxina 110 trata de reforzar un dos contidos da unidade que poden ofrecer máis dificultades. Asegurarse de que todos os nenos comprenden ben os conceptos e son capaces de aplicar eses coñecementos ao realizar os debuxos.

- Suxerir aos pais a conveniencia de permitir aos nenos coidar unha planta, xa sexa propia, ou da familia. Trátase dunha responsabilidade que os nenos poden afrontar e que os pode facer sentir orgullosos. Ao mesmo tempo, axudaraos a comprender o ciclo vital das plantas, as súas necesidades, etc.

- A actividade presentada no epígrafe Son capaz de…da páxina 111 pretende que os nenos elixan unha planta, sen que medie ningún criterio ético. Tan só se deben basear nas súas preferencias persoais e en criterios prácticos. As diferenzas entre as plantas son, basicamente, que o cóleo ten unhas fermosas follas, pero flores pouco vistosas, e a violeta africana ten unhas flores rechamantes. Por outra parte, o cóleo require moita luz, igual ca a violeta, que non tolera o sol directo.

- Por último, a violeta require algo máis de coidado.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Autonomía e iniciativa persoal

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 78: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

78/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Propoñer aos alumnos que leven plantas á clase e suxerir que se organicen por parellas para coidalas. Deberán elixir un bo lugar para elas e terán que regalas. Lembrarlles que reguen con coidado para non derramar auga e terra fóra dos tarros e eloxiar os alumnos que realicen esas tarefas con esmero.

- O desenvolvemento desta competencia vese favorecido con actividades como a do Son capaz de... Nelas, é importante que as decisións que se piden ao neno estean realmente dentro do seu ámbito de decisión.

Competencia lingüística- Propoñer que redacten tres oracións para relatar a secuencia que aparece na

actividade 1 da páxina 103.

Escribir no encerado o poema de Manuel María, Carballos:

Carballos rexos, potentes,calados ou musicais: loitades como valentescoas xistras e os vendavais! Duros carballos verdeados petrucios e sedentarios! Estades na terra Chá chantados solemnes e centenarios.

Pedir aos alumnos que o lean e pregunten as palabras que descoñezan. Despois, pedir que expliquen o significado do que leron e que ten ver co tema da unidade.

- Antes de realizar a actividade 3 de expresión oral da páxina 107, motivar os alumnos. Preguntar se algunha vez seguiron un debate na televisión ou na radio, e comentar como moitas veces se estorban uns a outros ao falar. Explicar que levantando a man para pedir a vez e falando só cando lles toca, estarano facendo moito mellor ca moitos adultos.

Pedir aos alumnos que tomen como exemplo a lectura Papel reciclado e redacten eles unhas instrucións para explicar a outros nenos como facer algunha manualidade que elixan ou algún labor que realicen na casa. Pedir que intercambien as instrucións con outros compañeiros, para comprobar se son comprensibles.

Competencia cultural e artística- Pedir aos alumnos que recollan follas na rúa ou no patio do colexio. Pedirlles que as

peguen sobre un folio dalgunha forma que lles guste. Despois, deben colocar outro folio encima, repasalas cun lapis e colorealas, de xeito que reproduzan a forma e a textura, incluída a nerviación.

Aprender a aprender

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 79: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

79/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Falar cos alumnos sobre as regras mnemotécnicas, como estratexia para recordar listas. Neste caso, poñer como escusa memorizar as utilidades das plantas que se citan no seu libro: madeira, tecidos, medicamentos e papel.Usando a primeira sílaba de cada palabra pódese formar a seguinte frase: MAría TEce MEdias e PAntalóns.

Competencia social e cidadá- Facer ver aos alumnos que o feito de acender lume no bosque é un acto insolidario

e egoísta; todos temos obrigación de respectar as leis e as normas de convivencia, especialmente nestes casos, en que se pon en perigo o patrimonio común de todos os cidadáns e, incluso, se poñen en risco vidas humanas e propiedades.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Clasifica as plantas, xunto cos animais, entre os seres vivos. Identifica as partes de diversas plantas. Clasifica diversas plantas como árbores, arbustos ou herbas. Explica por que as plantas son necesarias para o resto dos seres vivos. Enumera varios usos das plantas. Explica por que é conveniente reciclar o papel. Respecta as plantas do colexio e participa no seu coidado se ten oportunidade.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 80: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

80/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 11

OBXECTIVOS

Recoñecer as paisaxes de montaña e as paisaxes de costa. Coñecer algúns dos elementos que compoñen unha paisaxe de montaña. Coñecer algúns dos elementos que compoñen unha paisaxe de costa. Diferenciar entre praias e acantilados. Identificar os puntos cardinais: Norte, Sur, Leste e Oeste. Interpretar a lenda dun mapa. Obter información dun mapa. Ler comprensivamente diferentes tipos de textos. Describir paisaxes a partir de fotografías.

CONTIDOS

A montaña. A costa. Orientámonos. Lectura comprensiva de textos. Descrición e interpretación de imaxes. Lectura e interpretación de mapas. A curiosidade por coñecer as paisaxes que nos rodean. O interese por aprender a utilizar un mapa.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Ademais de desenvolver a Competencia social e cidadá, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

- Competencia lingüística. - Competencia cultural e artística. - Interacción co mundo físico. - Autonomía e iniciativa persoal. - Aprender a aprender.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 81: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

81/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 11 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan algúns dos elementos das paisaxes. A continuación, no epígrafe A montaña, os alumnos deben realizar actividades relacionadas coas paisaxes de montaña. Ao final desta dobre páxina, no apartado Expresión oral, os alumnos deben describir un pobo de montaña aos seus compañeiros.

Nas páxinas de información: A costa y Orientámonos o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen dous pequenos textos: O Chimborazo e Un descubridor de paisaxes. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións relacionadas coa descrición de paisaxes.

Suxestión de temporalización:

4.ª semana de marzo e 1.ª de abril.

Recursos:

- Ficha 16 de reforzo.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Para introducir a unidade pedir aos alumnos que observen a ilustración que abre a unidade e formular preguntas coma estas: Parécese esta paisaxe á paisaxe onde viven eles ou é diferente? En que se parece? En que se diferencia? A continuación, preguntarlles se lles gustan as paisaxes de montaña e, en caso afirmativo, pedirlles que expliquen por que.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 82: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

82/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Explicar aos alumnos que na parte alta das montañas vai máis frío ca na parte baixa, xa que a temperatura descende a medida que aumenta a altitude. Por iso, a neve está presente no cume, como mostra a fotografía.

- Facer notar aos alumnos que nunha paisaxe existen elementos naturais, como os ríos, os bosques, as praias..., xunto con outros que foron creados ou transformados polo ser humano, como as pontes, as estradas, os túneles, as aldeas e as vilas… Explicar que a maioría desas transformacións son necesarias para facilitar o acceso ás zonas de montaña.

- Conducir o razoamento dos alumnos realizando preguntas como: Por que as estradas de montaña son estreitas e con moitas curvas? Por que non hai grandes cidades nas paisaxes de montaña? Por que nas montañas vive pouca xente?

Contar aos alumnos que montañismo é unha actividade deportiva e de aventura que na actualidade conta con numerosos practicantes. Aos montañeiros (ou alpinistas, como tamén se lles chama) gústalles moito subir ao cume das montañas para gozar da paisaxe ou, simplemente, polo gusto de chegar ao máis alto. Ademais, canto máis dura e difícil é a subida, máis interese ten para eles.Ás veces hai que agatuñar por paredes case verticais axudándose de ancoraxes, cordas, estribos e outros aparellos. Nese caso, fálase de escalada.

- Se se ten oportunidade, organizar unha saída a un lugar próximo á escola onde os alumnos poidan observar algúns dos elementos propios dunha paisaxe de montaña (estradas estreitas e con curvas, pequenas aldeas, bosques, ríos estreitos e rápidos, prados, neve…).

- Aproveitar a ocasión para explicarlles que a parte máis alta da montaña se chama cima ou cume; a máis baixa, pé; e a zona intermedia, aba ou ladeira.

-- Para iniciar o epígrafe A costa das páxinas 118 e 119, no caso de que os alumnos

vivan nalgunha localidade costeira, pedirlles que describan como é a paisaxe; se, polo contrario, viven nunha localidade de interior, pedirlles que nomeen algúns sitios de costa que visitasen e que describan o que lembran da paisaxe.

- Tamén se lles pode pedir aos alumnos que debuxen nos seus cadernos unha paisaxe de costa. O debuxo permitiralles recoller as súas ideas previas.

- Expoñer na clase os debuxos realizados na actividade anterior e facer notar as similitudes entre todos eles, como a presenza do mar. Comprobar, ademais, os parecidos e as diferenzas entre unhas paisaxes e outras, así como entre estas e as que aparecen nas ilustracións do libro.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 83: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

83/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Insistir na observación minuciosa da ilustración da páxina 118 como forma de obter a información necesaria para realizar as actividades que se propoñen. Suxerirlles ás alumnas e aos alumnos que vaian percorrendo o debuxo lentamente co dedo, nomeando en voz alta todos os elementos que vaian atopando.

- Propoñer aos alumnos as seguintes adiviñas:

En min morren os ríose por min os barcos van.Moi breve é o nome meu.Tres letras ten, non máis.(O mar)

Facendo ruído xa veñen,facendo ruído xa van,e, cando mañá volvan,de igual maneira se irán.(As ondas)

Son o que máis descansae vai e vén sen cesar.Nunca me podo secar.Xamais te aburre a danza miña.En presenza ou con morriñati sempre me vas amar.(O mar)

Leva anos no mare aínda non sabe nadar.(A area)

Recordar aos alumnos o aprendido na unidade 5 acerca da importancia da auga e da necesidade de dispoñer de aire e auga limpos. Sinalar que todos estes elementos, aire, auga, terra, etc., son compoñentes da paisaxe, tanto da de costa como da de montaña, e que a súa protección ten consecuencias directas sobre a nosa calidade de vida

- Para iniciar o desenvolvemento das páxinas 120 e 121 comentar aos alumnos que, antigamente, facer mapas era unha tarefa moi complicada. Había que observar persoalmente o territorio que se ía representar, medir as distancias sobre o terreo e debuxar minuciosamente a información que se recollera. Nos nosos días, en cambio, a información recóllese con cámaras que fotografían o territorio desde o espazo e os mapas realízanse con axuda de potentes ordenadores. Por iso, actualmente, confecciónanse mapas máis precisos e de forma máis rápida ca antes.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 84: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

84/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Se se considera conveniente, explicar aos alumnos que a persoa que realiza mapas se chama cartógrafo e que estes profesionais se dedican a representar sobre un mapa os elementos xeográficos que nos rodean.

- Insistir na relación que existe entre un mapa e o territorio que representa na realidade. Explicar tamén que cun mapa podemos representar calquera superficie do planeta e que os mapas poden recoller información moi variada: montañas, ríos, estradas, cidades…

- Explicar aos alumnos que nos mapas se sinalan os puntos cardinais para indicar a dirección en que se encontran os lugares que están representados. Facerlles notar tamén que nos mapas se utilizan símbolos e cores para representar distintas realidades (mares, estradas, aldeas, vilas, cidades…) e que estas se explican na lenda. A continuación, formular preguntas para comprobar que interpretan correctamente a lenda do mapa da páxina 120. Por exemplo: Que símbolos aparecen na lenda? De que cor é o río? Como é o símbolo que representa a unha aldea, vila ou cidade? Con que cor se sinalan as estradas?

- Pedir aos alumnos que inventen distintos símbolos para representar nun mapa os seguintes elementos: un bosque, unha fábrica, un aeroporto e un colexio.

É conveniente repasar algúns conceptos de espazo que é posible que os alumnos aínda non dominen (diante, detrás, esquerda, dereita…). Realizar estes exercicios:- Pedir aos alumnos que se coloquen á súa dereita.- Facelos formar en dúas filas paralelas e ir preguntando: Quen está á dereita de…? - Pedirlles que se coloquen enfronte da porta da clase. Despois, aqueles que teñan

un nome que empece por vogal deben dar un paso á dereita, e aqueles que teñan un nome que empece por consoante, un paso á esquerda.

- Pedir aos alumnos que, con axuda do mapa da páxina 120, debuxen no seu caderno un sinxelo mapa en que incorporen os seguintes elementos: dous lugares habitados, un bosque, unha estrada e un río. Despois, pedirlles que escriban a lenda que explica o mapa.

- Traballar cada texto das páxinas 122 e 123 partindo dunha lectura en voz alta por parte dos alumnos en que participen todos.

- Enlazar a lectura O Chimborazo da páxina 122 cos mapas vistos na dobre páxina anterior. Sobre un globo terráqueo, axudar aos alumnos a localizar Ecuador. Aproveitar a ocasión para explicar que é un país americano que se sitúa moi lonxe de España, ao outro lado do océano Atlántico, e que os seus habitantes falan español.

- Se se considera conveniente, explicar que un volcán é unha montaña que expulsa gases e materiais moi quentes que saen do interior da Terra. Comentar que en España tamén existen volcáns e que, en concreto, nas illas Canarias se localiza o Teide, que, ademais dun volcán, é o pico máis elevado de España.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 85: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

85/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Tras a lectura Un descubridor de paisaxes da páxina 123, se se ten a oportunidade, levar á aula un documental realizado por Jacques Cousteau e ampliar un pouco os datos da biografía deste oceanógrafo e do seu importante labor de divulgación científica. Este explorador e investigador francés naceu en 1910 e morreu en 1997. O sistema que inventou para respirar debaixo da auga permitiu que se popularizase o mergullamento como deporte. Cousteau foi un dos primeiros en defender o mar e en concienciar aos demais sobre a necesidade de conservalo.

- Explicar aos alumnos que o Calypso é o nome do vello dragaminas construído en Estados Unidos en 1942 que Jacques Cousteau, incorporándolle diversos elementos, converteu nun laboratorio para estudar e filmar o fondo submarino. Engadiulle unha cámara de observación submarina situada a tres metros baixo o mar, un pozo de inmersión directo e un local de inmersión con cámara de descompresión para os mergulladores, unha plataforma abatible para o fácil acceso á auga, aparellos para encher as botellas... Desde este barco fixéronse diversos descubrimentos e filmáronse numerosos documentais. Un deles ganou un Oscar en 1957.

- Contar aos alumnos que O Rainbow Warrior (que significa «guerreiro do arco iris» en inglés) é o nome que leva un barco moi famoso. Trátase do barco insignia de Greenpeace, unha organización internacional sen ánimo de lucro que defende a conservación do medio natural. Os membros desta organización interveñen en calquera lugar do planeta en que se cometan accións prexudiciais contra o medio natural e contra a natureza. Por exemplo, o Rainbow Warrior acode sempre ás manifestacións que se organizan periodicamente para opoñerse aos atentados cometidos contra as especies mariñas.

- Na vindeira ocasión en que realicen unha visita ao campo ou á praia, os pais poden motivar os nenos para que contemplen a paisaxe, non só a máis próxima a eles. Deben aprender a levantar os ollos e mirar máis lonxe, á liña do horizonte e en todas as direccións. Poden ir nomeando xuntos os elementos que coñecen, así como descubrirlles outros novos. Os nenos lembrarán máis facilmente os conceptos estudados que poidan relacionar co seu contorno.

- Mediante o epígrafe Son capaz de…da páxina 125 os alumnos aprenderán a describir fotografías de paisaxes. Ás veces é máis efectivo proporcionar información aos alumnos a través de imaxes ca a través do texto. Aprender a interpretar imaxes é importante para desenvolverse coa tecnoloxía actual. A actividade integra dous aspectos: os alumnos deben observar a ilustración con detemento para distinguir elementos naturais e elementos transformados polo ser humano; por outro lado, deben razoar e aplicar os conceptos que aprenderon.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Competencia lingüística

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 86: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

86/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- A expresión oral é unha parte importante da competencia lingüística. Coa actividade da páxina 117 preténdese asentar na memoria dos alumnos o vocabulario específico que acaban de aprender, para que sexan capaces de empregalo no transcurso dunha conversación. Sinalar que poden utilizar a ilustración do libro como guión para recordar os elementos dunha paisaxe de montaña

Competencia social e cidadá- Recordar aos alumnos a importancia de conservar a paisaxe. Unha paisaxe é unha

riqueza en si mesma, máis alá do valor ecolóxico dos bosques, ríos, animais, etc., e dos recursos que delas se poden obter. Ademais, constitúe o fogar de moitas especies animais.

Competencia cultural e artística- Para comprobar que os alumnos comprenderon a diferenza entre unha costa alta e

unha costa baixa, realizar con eles un mural en que reflictan ambos os tipos de paisaxe. Poden utilizar anacos de distintos materiais: celofán azul para a auga do mar, papel de envolver para simular os acantilados e as rochas e incluso poden pegar un pouco de area nas zonas de praia

Interacción co mundo físico- O mundo que rodea os alumnos comeza pola súa propia casa e polo seu barrio. E,

polo tanto, tan importante que aprendan a moverse con seguridade pola localidade en que viven como que poidan facelo polo campo axudados por un mapa. Invitalos a debuxar nos seus cadernos a ruta que seguen habitualmente para ir desde a súa casa ata o colexio e explicar que iso tamén é un mapa. Comprobar, ademais, que cada neno coñece o seu enderezo: rúa, número e piso en que vive.

- Aprender a describir unha paisaxe (epígrafe Son capaz de…) é parte da aprendizaxe do método científico. Guiar as descricións dos alumnos para que sexan ordenadas. Poden comezar a describir desde arriba cara abaixo ou partindo do máis grande ata chegar aos detalles da imaxe.

Autonomía e iniciativa persoal- Para fomentar a autoestima dos alumnos son convenientes as actividades que os

axuden a coñecerse mellor e a aprender a presentarse ante os demais. Unha forma de facelo é invitalos a que vivan como positivos os trazos que os diferencian do resto de compañeiros. Aproveitar a primeira lectura para formular preguntas aos alumnos de orixe non galega, tales como: Está moi lonxe o teu país? Pódese ir en coche, en barco, en avión...? Hai volcáns no teu país?

Aprender a aprender- Explicar aos alumnos que en todos os textos hai unha serie de palabras clave, que

son as máis importantes e as que nos achegan máis información. Elixir unha das lecturas e pedirlles que subliñen as palabras clave e que as copien no caderno. Comparar despois as respostas.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 87: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

87/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Diferencia unha paisaxe de montaña dunha de costa. Enumera os principais elementos dunha paisaxe de montaña. Enumera os principais elementos dunha paisaxe de costa. Identifica os puntos cardinais. Obtén información dun mapa. Recoñece e interpreta a lenda dun mapa. Le comprensivamente diferentes tipos de textos. Describe paisaxes a partir de fotografías.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 88: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

88/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 12

OBXECTIVOS

Recoñecer a familia como o ámbito de convivencia máis próximo. Aprender que os membros dunha familia se queren e colaboran entre si. Aprender que no colexio traballan moitas persoas e se realizan diversas actividades. Comprender o que é unha localidade. Coñecer algúns servizos municipais da localidade. Aprender que o concello vela polo bo funcionamento dos servizos municipais. Ler comprensivamente diferentes tipos de textos. Coñecer as normas de convivencia na familia, no colexio e na localidade.

CONTIDOS

A familia. O colexio. A localidade. Lectura comprensiva e diferentes tipos de textos. Descrición e interpretación de imaxes. Respecto das normas de convivencia. Interese por entender o que senten os demais e por poñerse no seu lugar.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Ademais de desenvolver a Competencia social e cidadá, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:- Aprender a aprender. - Autonomía e iniciativa persoal. - Competencia matemática. - Competencia cultural e artística.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 89: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

89/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 12 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan como están formadas diferentes familias. A continuación, no epígrafe A familia, os alumnos deben realizar actividades relacionadas coa identificación de familias e os diferentes membros das familias e as tarefas realizadas en casa por cada un deles.

Nas páxinas de información O colexio e A localidade o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados. Ao final da primeira dobre páxina, no apartado Expresión oral, os alumnos deben comentar onde pensan que se traballa mellor, nun lugar onde se respectan as normas ou noutro onde non se respectan.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen tres pequenos textos: Á pata coxa; Adiviña adiviñador e Erik. Despois de cada texto se propoñen unha ou dúas actividades que traballan a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, propóñense, a partir varias situacións diferentes, actividades nas que os alumnos se deben poñer no lugar de outra persoa.

Suxestión de temporalización:

2.ª quincena de abril.

Recursos:

- Ficha 17 de reforzo.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Para introducir a unidade pedir aos alumnos que debuxen unha familia. A continuación, expoñer os debuxos na clase e valorar os parecidos e as diferenzas entre eles.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 90: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

90/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Preguntar como participan os alumnos nas celebracións familiares. Pedirlles que enumeren as festas que se celebran na súa casa e que expliquen como as organizan. Se hai alumnos de orixe estranxeira, mostrar interese por que eles lles expliquen aos seus compañeiros as peculiaridades do seu país de orixe.

Preguntar aos alumnos quen forman a súa familia e faga notar que existen distintos modelos de familia.Se se considera conveniente, explicar o concepto de familia extensa, no que interveñen outros membros, ademais dos que viven na casa. Por exemplo, avós, primos, tíos e cuñados.

- Ademais das actividades propostas nas páxinas 126 e 127, pedir aos alumnos que escriban os nomes dos membros da súa familia.

- Propoñer un sinxelo xogo de simulación. Pedirlles que elixan un rol dentro da familia, é dicir, que tomen o lugar do seu pai, da súa nai, dun avó ou dun irmán, e que representen unha escena familiar, por exemplo, a hora do almorzo.

- Explicar aos alumnos que a árbore xenealóxica é un esquema ou un debuxo que se emprega para representar graficamente as relacións que existen entre as persoas que forman unha familia. O seu nome débese a que este esquema adoita ter forma ramificada. Nel, a información organízase seguindo a orde de sucesión. Así, o antepasado máis afastado sitúase na parte superior do esquema mentres que as últimas xeracións se colocan na base da «árbore». A información que proporciona unha árbore xenealóxica pode completarse con fotografías ou con ilustracións para que esta resulte máis decorativa.

- Aproveitar a oportunidade de ampliar o vocabulario dos alumnos. Explicarlles algúns graos de parentesco, por exemplo: as tías e os tíos son os irmáns dos nosos pais; os curmáns ou primos son os fillos dos nosos tíos; os bisavós son os pais dos nosos avós… A continuación, formular preguntas como: Quen son os pais de papá? Quen son os irmáns de mamá? Poden escribir nos seus cadernos os nomes dos membros da súa familia anotando o grao de parentesco que os une: O meu avó chámase…

- Para introducir o epígrafe O colexio das páxinas 128 e 129 invitar aos alumnos a reflexionar sobre a importancia que ten o colexio nas súas vidas. Pedirlles que mencionen cousas que aprenden no colexio, ademais dos contidos das materias. Por exemplo, compartir cos compañeiros, cumprir as normas do colexio, practicar algúns deportes, etc. O obxectivo é que asocien o colexio cun lugar en que, ademais de aprender coñecementos, establecen relacións persoais e practican normas de convivencia.

- Investigar a opinión que teñen os alumnos do colexio. Pedirlles que digan as cousas que máis lles gustan do seu colexio e as que menos lles gustan.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 91: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

91/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Sacar o máximo partido da ilustración da páxina 128. Pedir aos alumnos que describan con detalle o colexio que aparece nela. Despois, formular algunhas preguntas coma estas: Cantas aulas hai? Parécese ao teu colexio? Para que se utiliza a sala de profesores? Que se garda na biblioteca?

- Facer un repaso do horario dos alumnos e ir preguntando: Utilizan aulas diferentes para as actividades? Cales? Teñen máis dun profesor? Ademais dos profesores, que outros traballadores do centro coñecen? Saben de que se ocupan? Coñecen os seus nomes?

- O colexio é, despois da familia, o principal lugar de convivencia para os alumnos desta idade. Explicar que, no colexio, igual ca na casa, se establecen normas de conduta para que todas as persoas poidan vivir e traballar a gusto cando están xuntas. Por exemplo, débense respectar os horarios de entrada e saída da clase, non debemos berrar polos corredores, non hai que tirar os papeis ao chan, débese atender ao profesor… Todos deben cumprilas e axudar a que se cumpran, para que a convivencia sexa máis fácil. Pedirlles que digan algunhas desas normas e que expliquen a súa utilidade.

- Propoñer aos alumnos o xogo do guía do cego. Para iso, debuxar o plano da clase no encerado e marcar sobre el o percorrido que vai realizar o voluntario guía. Vendarlle os ollos e facer que se desprace seguindo as instrucións que lle dea outro compañeiro, segundo o percorrido debuxado no encerado (xira cara a…, avanza…, dá tres pasos, alonga a man, colle…). Os demais deben advertilo dos obstáculos que hai no seu camiño. Repetir o xogo con varios guías, cambiando o obxectivo: coller un libro determinado, chegar á porta da aula… Cabe a posibilidade de ampliar o percorrido a todo o colexio. O propósito é coñecer mellor a propia clase e as dependencias do colexio.

- A modo de introdución das páxinas 130 e 131 preguntar aos alumnos o nome da localidade en que viven. A continuación, formular preguntas como: Hai xardíns ou parques? Ilumínanse as rúas con farois? Hai colectores para o lixo? E fontes? E sumidoiros? Circulan autobuses públicos? Para comprobar os coñecementos previos dos alumnos, preguntarlles se saben quen se ocupa na súa localidade de recoller o lixo, de coidar os parques e xardíns, de limpar as fontes…

- Pedir aos alumnos que observen detidamente a imaxe da páxina 130 e enumeren en voz alta os servizos municipais que aparecen nela. Despois, pedirlles que nomeen outros servizos municipais que se lles ocorran. Pódense citar os bombeiros, as ambulancias…

- Escribir no encerado unha lista con distintos números de teléfono de servizos municipais. Explicar que estes números corresponden a servizos públicos aos que todos podemos acudir se o necesitamos. Comentar tamén que existe un único número para urxencias, o 112, que coordina de forma inmediata todos os servizos de urxencia. Propoñer aos alumnos que copien a listaxe, que a leven á casa e, co permiso dos seus pais, a coloquen xunto ao teléfono.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 92: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

92/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Para que os alumnos se dean de conta da importancia que teñen os servizos municipais, pedirlles que imaxinen o que pasaría na súa localidade se, por exemplo, se desatase un incendio e non houbese bombeiros; se non se limpasen as rúas nin se recollese o lixo; se ninguén coidase os xardíns; se non houbese farois; se non chegase a auga ás vivendas…

- Pedir aos alumnos que imaxinen que son o alcalde da súa localidade e que escriban todas as cousas que farían para mellorala. Por exemplo, facer máis parques, construír un polideportivo, modernizar o centro de saúde, abrir unha biblioteca…

Explicar aos alumnos que as localidades, excepto as aldeas moi pequenas, están organizadas en barrios. Cada barrio está formado por varias rúas, e cada rúa, por diversos edificios. Todas as rúas teñen un nome. Estes nomes adoitan facer referencia a persoas coñecidas ou relacionadas co barrio, a lugares emblemáticos ou a feitos importantes da historia da localidade, do país ou incluso do mundo.Nos barrios adoita haber todo tipo de servizos, como se se tratase dunha pequena cidade. Hai vivendas, comercios, colexios, bibliotecas, igrexas, centros de saúde, transportes (autobús, taxis…), etc.

- Durante o curso anterior os alumnos aprenderon como é a organización do seu medio inmediato, é dicir, como funciona a familia, que hai na súa rúa, que é un barrio, como é o colexio, etc. Repasar as actividades que eles realizan neses distintos medios, así como as persoas coas que se relacionan en cada un deles.

- Traballar cada texto partindo dunha lectura en voz alta por parte dos alumnos. Procurar que participen todos, por quendas, destas lecturas.

- Se na aula hai nenos de distintas procedencias, aproveitar a lectura para invitalos a contarlles aos seus compañeiros algún outro xogo típico do seu país. Preguntarlles tamén que xogos aprenderon en España e cal é o que máis lles gusta.

Durante a lectura Adiviña, adiviñador da páxina 132 invitar aos alumnos a que miren os debuxos, pois son unha pista para dar coa resposta ás adiviñas. Pode presentarlles outras un pouco máis difíciles: Con só tres cores ordeno a cada un. Se todos me respectan, non haberá accidente ningún. (O semáforo)

Empeza por «a» e non é ave, sen ser ave, voa. Quen será?

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 93: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

93/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

(A avoa)

Enlazar o tema da familia coa lectura Erik da páxina 133 recordándolles aos alumnos que os lazos de afecto e amor entre as persoas non soamente os marca a consanguinidade ou o parentesco directo senón tamén a convivencia. Explicarlles que moitas parellas adoptan nenos que, por moi distintas razóns, perderon os seus pais biolóxicos.Prestar especial atención aos comentarios que os alumnos expresen espontaneamente sobre esta lectura. É probable que entre eles haxa algún neno que fose adoptado.

Ensinar aos nenos algunha canción infantil antiga, como a que lle propoñemos. Explicarlles como se xogaba e así verán que os nenos de todas as épocas se divertían de maneira parecida.ManueliñoManueliño foi ao viño, rompeu o xerro no camiño, mal polo xerro,mal polo viño,mal polo cude Manueliño.

Tras a lectura Á pata coxa da páxina 132, propoñer aos alumnos que expliquen coas súas propias palabras algún dos xogos que practican habitualmente (agachadas, balón prisioneiro, etc.). Orientalos dando un sinxelo guión: número de persoas que poden xogar: ……………………………………………….; obxectivo do xogo: ……………………………………………………………...……….; para empezar, …………………………………………………………………...……….; despois …………………………………………………………………………………….; gana quen ………………………………………………………...……………………….;

- Pedir aos pais a súa colaboración para conducir os alumnos cara a actitudes positivas dentro da convivencia. Poden facelo xogando na casa a intercambiar os seus papeis cos outros membros da familia. Así, o neno deberá poñerse no lugar da súa nai e do seu pai, e actuar coma eles, realizando as súas tarefas habituais, e os pais poden adoptar por un momento o papel do neno. Deste xeito, comprenderán un pouco mellor os problemas e obrigacións dos seus pais ou as decisións que toman.

- No epígrafe Son capaz de…da páxina 135 propónselles aos alumnos que se poñan no lugar de outra persoa. Aprender a compartir e traballar en equipo forma parte da aprendizaxe da competencia social e cidadá dos alumnos. Os nenos desta idade teñen a miúdo problemas para aceptar opinións distintas á súa. Débense estimular nos alumnos as actitudes de cooperación e colaboración. Facerlles comprender que é necesario chegar a acordos en moitas situacións cotiás.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 94: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

94/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Competencia social e cidadá- Repasar cos nenos os roles habituais que desempeña cada membro dunha familia,

refugando tópicos como que a mamá é sempre a que cociña ou a que lava a roupa, por exemplo. Hai que proporcionar aos alumnos modelos máis xustos e acordes á sociedade en que viven. Deben rexeitarse as actitudes sexistas dentro da familia.

- Propoñer aos alumnos realizar algunha visita polas rúas da súa localidade. O obxectivo é axudalos a comprender que hai determinadas regras que deben cumprir pola súa seguridade e pola dos demais, como camiñar en fila india ou collidos da man de dous en dous, camiñar sempre pola beirarrúa, parar ao chegar a un cruzamento, non cruzar co semáforo en vermello para os peóns, non falar a berros pola rúa, etcétera.

Aprender a aprenderReforzar a idea de que a diversidade é unha fonte de enriquecemento, invitando os alumnos a expresar en voz alta as particularidades das súas familias: persoas que viven con eles e que non son familiares directos, pais ou nais que residen noutros países, pais separados… Trátase de valorar todos os tipos de familia e de comprender a diversidade.

Autonomía e iniciativa persoalCoñecer ben as normas do centro permitirá aos alumnos tomar decisións acerca da súa propia conduta: isto está ben, isto non se debe facer, etc. Explicarlles que non é necesario que haxa alguén recordándolles continuamente o que deben facer. Durante o período escolar, os nenos van conquistando pequenas parcelas de independencia e deben entender que esa independencia implica tamén responsabilidades novas.

Aprender normas de convivencia dentro da familia ou no colexio servirá aos alumnos para entender que todas as persoas, incluídos eles, teñen obrigacións. Por exemplo, deben aprender que ninguén ten que lles recordar constantemente o que teñen que facer a diario, como os seus deberes escolares.

Competencia matemática- Contar cos alumnos os cursos de Primaria e cantos grupos hai por cada curso.

Dirixir o razoamento dos alumnos e pedirlles que calculen e escriban o número de aulas ou grupos que hai no seu colexio. Poden contestar á pregunta con sumas ou con multiplicacións.

Competencia cultural e artística

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 95: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

95/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Aproveitar a terceira lectura das páxinas 132 e 133 para espertar a curiosidade dos nenos por saber como é a vida noutros países e en culturas moi diferentes á súa. Pode buscar información e imaxes do Congo e expoñelas na clase. Comentarlles que, nalgúns países, os nenos teñen que camiñar longas distancias cada día para iren ao colexio, as súas escolas só teñen unha aula, etc.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Recoñece as relacións que unen os membros dunha familia. Coñece as persoas que traballan no colexio e as actividades que se realizan nel. Comprende o ámbito que abrangue unha localidade. Explica o que son os servizos municipais e enumera algúns deles. Le e comprende distintos tipos de textos. Respecta as normas de convivencia.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 96: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

96/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 13

OBXECTIVOS

Coñecer os principais medios de transporte e a súa utilidade. Saber o que son os transportes públicos. Aprender algunhas normas básicas para o uso dos transportes públicos. Coñecer as normas de circulación e aprender a respectalas. Ler comprensivamente diferentes tipos de textos. Distinguir algúns sinais de tráfico e aprender a respectalos. Describir e interpretar fotografías, debuxos e mapas.

CONTIDOS

Os medios de transporte. Usamos os medios de transporte. A circulación. Lectura comprensiva de textos. Interpretación de sinais de tráfico. Descrición e interpretación de imaxes. Elección e trazado dun itinerario sobre un plano. O interese por aprender a utilizar os transportes públicos. O uso responsable dos transportes públicos. A curiosidade por coñecer e interpretar as normas e sinais de circulación. A curiosidade por coñecer outros lugares do mundo.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Ademais de desenvolver a Competencia social e cidadá, nesta unidade contribúese a desenvolver as seguintes competencias: - Autonomía e iniciativa persoal. - Tratamento da información.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 97: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

97/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 13 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos identifiquen algúns medios de transporte. A continuación, no epígrafe Os medios de transporte, os alumnos deben responder distintas actividades relacionadas cos diferentes medios de transporte que empregamos por terra, mar e aire.

Nas páxinas de información: Usamos os medios de transporte e A circulación o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados. Ao final da segunda dobre páxina, no apartado Expresión oral, os alumnos deben comentar cos seus compañeiros que ocorrería se non existisen os pasos de peóns.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen dous pequenos textos: De viaxe por Bangkok e Os sinais de tráfico. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a mellorar a educación viaria.

Suxestión de temporalización:

1.ª quincena de maio.

Recursos:

- Fichas 18 de reforzo.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Para introducir os alumnos na unidade, pedirlles que lembren algúns dos medios de transporte que aprenderon no curso anterior e que digan se se moven por terra, por mar ou por aire. Preguntarlles tamén en que medio de transporte van eles ao colexio habitualmente.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 98: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

98/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Comentar que na rúa hai moitos elementos especificamente dirixidos aos vehículos. Por exemplo, resérvanse algunhas partes da vía para o aparcadoiro, hai sinais verticais e tamén debuxos na calzada, hai semáforos para regular a circulación, hai gardas de circulación, etc.

- Explicar aos alumnos que os pasos de peóns tamén reciben o nome de pasos de cebra, xa que as franxas paralelas de cor branca alternando co gris da calzada lembran a pel dunha cebra.

- Expoñer aos nenos que os medios de transporte forman parte de toda paisaxe urbana. Explicar aos alumnos que nas zonas de aparcadoiro adoitan reservarse algunhas prazas para os vehículos das persoas que teñen algún tipo de discapacidade física. Invitalos a reflexionar sobre o motivo polo que se reservan estas prazas e sobre a importancia de respectalas. Pedirlles que expresen a súa opinión.

Contar aos nenos que unha bicicleta é un vehículo de dúas rodas unidas entre si mediante unha barra. Ao longo da historia construíronse moitos tipos de bicicletas. Parece que as primeiras se realizaron hai moitos anos en China. As rodas eran de bambú e non tiñan guiador nin pedais, senón que se movían impulsadas polos pés. Uns séculos despois, construíronse en Europa as primeiras bicicletas con rodas de madeira, que se converteron nun xoguete destinado exclusivamente a unha familia real.Posteriormente, hai uns douscentos anos, a bicicleta comezou a parecerse ás dos nosos días. Dispoñía de dúas rodas, pero a dianteira era moito máis grande ca a traseira, e incorporaba unha gran novidade: tiña pedais! Estas bicicletas recibiron o curioso nome de velocípedes.O seguinte invento que revolucionou este vehículo foron as rodas de goma, que facilitan o movemento. Na actualidade, as bicicletas de carreiras fabrícanse con materiais moito máis lixeiros e resistentes ca no pasado.

- Pedir aos alumnos que fagan unha lista cos medios de transporte que hai na súa localidade. Despois, deben contestar as seguintes preguntas: En cal deles poden viaxar máis persoas? Cal deles se utiliza para ir dunha localidade a outra? E dun barrio a outro? Cal é o máis rápido?

- Facer un breve repaso cos alumnos dos medios de transporte que coñecen. Pedirlles que digan en cada caso se se trata dun transporte aéreo, marítimo ou terrestre. Anotar os resultados no encerado e formular outras preguntas, como: Cales destes medios de transporte utilizaches? En que lugar tomamos un avión? E un barco? E un tren?

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 99: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

99/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Algúns alumnos van ao colexio andando, pero moitos deles teñen que utilizar o coche, o autobús, etc. Pedir aos alumnos que imaxinen o que pasaría se unha mañá ao erguerse non houbese ningún transporte dispoñible. Afectaría ás súas actividades? De que xeito?

- Mencionar algunhas das vantaxes dos transportes públicos fronte aos transportes privados: caben moitas máis persoas por cada vehículo, de modo que se aforra combustible e se contamina menos; son o medio máis rápido para moverse nas grandes cidades; son máis baratos ca o coche, etc.

- A maioría das localidades españolas e todas as galegas non teñen metro, xa que este é un medio de transporte propio das grandes cidades. Por tanto, moitos alumnos non o coñecerán. Se se considera oportuno, pódese aproveitar a ocasión para explicar que é un tren subterráneo e que resulta moi práctico para percorrer longas distancias dentro das cidades.

- Propoñer un sinxelo xogo de simulación aos alumnos. Pedirlles que imaxinen que van coller o metro ou o autobús e que escenifiquen a escena: facer cola, comprar o billete, ceder o asento a quen o necesite máis, etc.

- Os alumnos e as alumnas poden realizar un mural que recolla os medios de transporte que estudaron e as normas de circulación que aprenderon. Cada alumno debe pegar fotos ou debuxar os principais medios de transporte sobre unha cartolina. Encima de cada un pode escribir o nome e debaixo un pequeno texto con algunha característica. Por exemplo: o autobús desprázase pola estrada e nel caben moitas persoas; o avión vai polo aire e cóllese no aeroporto; o metro é un transporte rápido e moi seguro… Unha vez terminados os murais, pódense expoñer na clase.

- Escribir no encerado unha lista de transportes como a seguinte: tren, coche, autobús, avión, metro, bicicleta, moto, camión, furgoneta, barco.Pedir aos alumnos que a copien no seu caderno e que escriban ao lado de cada medio de transporte varios termos que o definen, elixidos de entre os seguintes:- Mercadorías / persoas.- Público / privado.- Terra / mar / aire.

- Para utilizar os transportes públicos é necesario coñecer un pouco a localidade onde os utilizamos. Repasar cos alumnos o concepto de barrio e rúa. Lembrar os elementos que se deben incluír nun enderezo: localidade, nome da rúa e número.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 100: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

100/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Para iniciar o epígrafe A circulación das páxinas 140 e 141 preguntar aos alumnos se lembran algún sinal de tráfico. Pedirlles que o debuxen no encerado e preguntar: Que significa? Onde estaba situado? A quen vai dirixido, aos peóns ou aos condutores? Tamén se pode debuxar algún sinal no encerado e preguntar aos alumnos polo que significa.

- Explicar aos alumnos que existen moitos tipos de sinais de tráfico. Hai sinais verticais (como o semáforo), horizontais (como o paso de peóns), luminosos (como os semáforos), acústicos (como as sirenas da policía e da ambulancia), as indicacións dos gardas de tráfico, etc.

- Comentar cos alumnos que moitos semáforos levan incorporado son cando están en verde para os peóns. Desta maneira, as persoas invidentes saben cando o semáforo está en verde e poden cruzar a rúa sen perigo ningún.

- Propoñer aos nenos fabricar un semáforo de xoguete para comprobar que comprenden como funciona. Necesitarán unha cartolina escura, papel transparente de cor vermella, verde e amarela, tesoiras, regra e pegamento. Utilizar unha lanterna para mostrar a luz das distintas cores e probar así o semáforo.

Practicar cos alumnos a escritura. Pedir que copien nos seus cadernos o seguinte ditado:«Para subir ou baixar do autobús temos que agardar a que estea completamente parado. Dentro do autobús, nunca debemos asomar os brazos nin a cabeza polas ventás. Tampouco debemos molestar o condutor porque podemos distraelo e poñer en perigo a seguridade de todos os viaxeiros. Debemos respectar os asentos destinados aos anciáns, as mulleres embarazadas e as persoas con discapacidades físicas, e cedelos en caso de necesidade».

Pedir aos alumnos que elixan un medio de transporte co que estean familiarizados. A continuación, pedirlles que escriban o que se debe facer cando viaxamos nel e o que non se debe facer. Unha vez que todos terminen, facer unha posta en común na clase. Con axuda dos alumnos, escribir no encerado o nome dun medio de transporte e, debaixo, en dúas columnas, o que se debe facer e o que non se debe facer. Ir, deste xeito, completando a lista dos medios de transporte.

- Traballar cada texto das paxinas 142 e 143 partindo dunha lectura conxunta en voz alta. Para que todos os alumnos teñan a oportunidade de ler, propoñer unha lectura en cadea, de forma que cada un vaia lendo unha frase. Deste xeito, os demais terán que permanecer atentos ao texto á espera de que lles chegue a vez.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 101: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

101/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Ao terminar a lectura De viaxe por Bangkok da páxina 142, pedir aos alumnos que subliñen as palabras das que descoñezan o significado. Entre todos tratar de explicalas a partir do contexto en que se encontran. Preguntar aos alumnos se viaxaron algunha vez nun medio de transporte que non se mencione na unidade (helicóptero, tranvía, tándem, teleférico, coche de cabalos...). Se a resposta é afirmativa, pedirlles que lles conten a súa experiencia aos compañeiros.

- Por último, pedir aos alumnos que enumeren todos os medios de transporte incluídos na lectura: samlor, tuk-tuk, bus acuático, taxi, triciclo, moto e furgoneta.

- Tras a lectura Os sinais de tráfico da páxina 143, e se é posible, levar á clase varios sinais de tráfico. Pódense obter na Internet ou nun código de circulación. Mostrárllelos e pedir que indiquen se se trata dun sinal informativo, de prohibición, de obriga ou de advertencia. Despois, pedirlles que, entre todos, traten de interpretar o seu significado.

- Propoñer aos alumnos o xogo da circulación. Os alumnos poden xogar a simular o tráfico e a circulación dunha cidade con casiñas de xoguete e bloques de construción. Pedirlles que constrúan entre todos unha pequena cidade imaxinaria, compoñendo coas casas e os bloques rúas, prazas, rotondas, etc. Deben incluír na súa cidade algúns sinais de tráfico, semáforos, pasos de peóns… que poden debuxar nun papel. Unha vez construída, poden utilizar coches de xoguete para representar o tráfico e os itinerarios posibles para os vehículos, colocar monecos coma se fosen peóns…

- Suscitar un breve debate na aula acerca da importancia de comportarse correctamente cando circulamos pola rúa como peóns. Inventar algunhas situacións e escoitar as reaccións. Por exemplo, un grupo de amigos pasea pola rúa e ocupa toda a beirarrúa, de xeito que unha señora que vén de fronte, ao cruzarse con eles, ten que baixar da beirarrúa á calzada porque non cabe; varios amigos soben berrando a un autobús, sentan e deixan as mochilas noutros asentos libres; unha persoa tira ao chan unha lata de bebida baleira, etcétera.

Propoñer aos nenos que realicen unha pequena enquisa aos seus familiares sobre os medios de transporte. O obxectivo será investigar cal é o medio de transporte que máis utilizan e comparar as vantaxes e inconvenientes dos diferentes transportes. Poden utilizar un modelo similar a este para cada membro da familia:- Nome e parentesco:- Medio de transporte que utiliza con maior frecuencia:- Razóns da elección:- Vantaxes:- Inconvenientes:

Deseñar o camiño correcto esixe que atendan a todos os sinais e marcas viarias, e que decidan entre os posibles itinerarios. Os sinais de tráfico son un novo código gráfico con que deben comezar a familiarizarse. Cando terminen a actividade, comunicar aos alumnos o camiño correcto, enumerando os obstáculos con que se encontran os dous personaxes e razoando a súa elección.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 102: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

102/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Autonomía e iniciativa persoal- A inmensa maioría dos alumnos viaxou algunha vez nun transporte público. Coñecer

as normas de uso dalgúns deles permitiralles sentirse responsables de si mesmos e acrecentará a súa independencia. Trátase de promover a aprendizaxe por descubrimento e motivalos para que fagan uso dos transportes públicos e adquiran as destrezas necesarias para utilizalos por si mesmos.

Se é posible, levar á aula un plano do metro dalgunha cidade española (poden conseguirse na Internet). Explicar aos alumnos que os traxectos do metro están organizados en liñas e que cada liña ten unha cor diferente. Os puntos ou círculos que hai ao longo da liña corresponden ás estacións en que para o metro. Por algunhas estacións pasan varias liñas, o que permite cambiar dunha a outra para elixir a ruta que máis nos convén.

Poñer o exemplo dalgún itinerario, que pode debuxar no encerado. Despois, preguntar aos alumnos por que estacións deben pasar e os transbordos que deben realizar para percorrer un traxecto determinado.

- A elaboración dun percorrido supón, por parte do alumno, unha toma de decisións coa que pode encontrarse na súa vida cotiá. A resolución dos pequenos problemas cotiáns aumenta a autoestima do neno e contribúe á aprendizaxe dun comportamento autónomo e independente.

Tratamento da informaciónPropoñer aos alumnos completar unha pequena táboa de dobre entrada a partir da información sobre os sinais de tráfico da páxina 143. Na parte superior, pode escribir: INFORMATIVOS, DE PROHIBICIÓN, DE OBRIGA, DE ADVERTENCIA. E na parte esquerda: REDONDOS, CADRADOS, RECTANGULARES, TRIANGULARES. Con esta actividade, traballarase cos alumnos a competencia do tratamento da información.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Enumera os medios de transporte e sabe para que serven. Explica o que son os transportes públicos. Coñece e respecta as normas básicas para o uso dos transportes públicos. Comprende a importancia de coñecer e respectar as normas de circulación. Le comprensivamente diferentes tipos de texto. Distingue algúns sinais de tráfico. Describe e interpreta imaxes.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 103: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

103/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 14

OBXECTIVOS

Aprender que os produtos se elaboran nas fábricas a partir das materias primas. Saber que os produtos se venden e se compran nos comercios. Coñecer os principais tipos de comercios. Saber a función dos medios de comunicación e coñecer os máis importantes. Diferenciar entre medios de comunicación individuais e colectivos. Ler comprensivamente textos expositivos. Aprender a comprar de maneira responsable.

CONTIDOS

A fabricación de produtos. Compramos e vendemos. Comunicámonos. Lectura comprensiva de textos expositivos. Descrición e interpretación de imaxes. Toma de decisións á hora de realizar unha compra. A curiosidade por coñecer como se fabrican os produtos. O interese por realizar as súas propias compras, distinguindo entre as cousas

necesarias e os caprichos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Ademais de desenvolver a Competencia social e cidadá, nesta unidade contribúese a desenvolver as seguintes competencias: - Competencia lingüística.- Autonomía e iniciativa persoal. - Interacción co mundo físico.- Competencia matemática.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 104: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

104/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 14 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan as ferramentas e os materiais que se manexan nun ámbito laboral concreto. A continuación, no epígrafe A fabricación de produtos, os alumnos deben completar diversas actividades para comprender un proceso industrial.

Nas páxinas de información: Compramos e vendemos e Comunicámonos o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados. Ao final da segunda dobre páxina, no apartado Expresión oral, os alumnos deben expresar unha opinión relacionada cos medios de comunicación.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen tres pequenos textos: O traballo de Anxos; O zoco de Fez e Os irmáns Lumière. Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a aprender a comprar.

Suxestión de temporalización:

2.ª quincena de maio.

Recursos:

- Ficha 20 de reforzo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 105: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

105/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Para introducir a unidade preguntar aos alumnos se saben de onde proceden os obxectos que utilizan, como os cadernos ou a roupa. Escoitar as respostas e contarlles que todos eses produtos se elaboran en fábricas en que traballan moitas persoas. Explicar que a roupa está feita de algodón ou de la; os mobles, de madeira…; e que a la, o algodón e a madeira son materias primas. As materias primas obtéñense da natureza e con elas fabrícanse produtos que reciben o nome de produtos elaborados.

- Explicar que hai materias primas, como a froita e a verdura, que se poden consumir directamente. Outras, en cambio, transfórmanse nas fábricas e serven para realizar produtos elaborados. Por exemplo, coa madeira fabrícanse mobles, que son produtos elaborados.

- Escribir no encerado os nomes dos seguintes produtos: un armario, un queixo, un abrigo, unha hamburguesa. A continuación, pedir aos alumnos que os debuxen no seu caderno e que escriban debaixo de cada un deles as materias primas que se necesitan para fabricalos e de onde se obteñen. Por exemplo, para fabricar un abrigo necesítase la. A la obtense das ovellas.

Unha boa forma de comprobar como as materias primas poden transformarse en produtos elaborados é facer unha receita de cociña. Ditar na clase a receita das papas de arroz e dicirlles aos seus alumnos que poden realizala na casa coa axuda dos seus pais.Para facer papas de arroz cómpren as seguintes materias primas:

- 1 litro de leite- 150 gramos de arroz- 200 gramos de azucre- 3 ovos- Canela en rama- A casca dun limón.

Reservar medio vaso de leite e poñer o resto a ferver xunto coa canela, o azucre e a casca do limón. Cando ferva, engadir o arroz e remover durante 20 minutos. Deixalo arrefriar. Mentres vai arrefriando, separar as xemas dos ovos das claras, diluír no leite reservado e botar no arroz deica que espese. Montar as claras a punto de neve e estender por riba. Meter no forno durante uns minutos.

Comezar a lección das páxinas 148 e 149 preguntando aos alumnos pola súa experiencia persoal. Invitalos a contar en que tipo de comercio adoitan comprar as súas familias. Despois, falar con eles acerca das características destes comercios: se son tendas pequenas, hipermercados ou centros comerciais, se están cerca da casa, se se trata de comercios especializados…

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 106: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

106/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Propoñer nomes de produtos diferentes: libro, laranxas, xel de baño, carne, queixo, xersei, paraugas, torta, fío e agullas, martelo, abrigo… E pedir aos nenos que digan en voz alta en que tipo de comercio os mercarían.

- Pedir aos alumnos que leven á clase fotografías de distintos comercios para pegalas nunha cartolina. A continuación, pedirlles que, debaixo de cada foto, escriban un parágrafo mencionando o que se ve na foto, que tipo de comercio é e qué se vende nel.

- Propoñer aos alumnos que redacten unha lista da compra. Para iso, pedirlles que ideen o menú dun día, é dicir, o almorzo, a comida e a cea dunha xornada normal. Que produtos necesitan para ese menú? Unha vez escrita a lista, pedirlles que anoten tamén en que comercios poderían realizar esas compras. Hai algún comercio en que poidan comprar todos eses produtos? En cal?

- Contar que cando compramos un produto nun comercio, podemos pagalo con billetes e moedas ou con tarxetas de crédito. Trátase dunhas tarxetas de plástico que os bancos entregan aos seus clientes e que se utilizan para pagar e para retirar diñeiro nos caixeiros automáticos. Estas tarxetas levan un número secreto que as identifica e que só deben coñecer o propietario e o banco que a outorga. A principal vantaxe desta forma de pago é que permite comprar sen levar diñeiro enriba.

- Mostrar algunha tarxeta de crédito e explicar os datos que contén: nome do banco que a emite; a data de caducidade; nome, apelidos e firma do usuario; unha banda magnética cos datos do propietario; unha relación de números e un sistema de seguridade.

- Explicar tamén que, nos comercios, a miúdo hai moita xente comprando e temos que esperar a nosa vez ou facer cola deica que nos atendan. Debemos aprender a ser pacientes, xa que facer compras non consiste nunha carreira por ver quen chega primeiro. Algúns trámites levan máis tempo ca outros (non é o mesmo pagar con tarxeta ca en metálico), e hai persoas que non teñen a mesma mobilidade ca nós (anciáns, discapacitados, nais con carriños, etc.).

- A modo de introdución, invitar os alumnos a que observen as fotografías que aparecen na páxina 150 e enumeren os medios de comunicación que se mostran nelas. Preguntarlles se utilizan algún deles e, en caso afirmativo, pedirlles que expliquen para que os usan e con que frecuencia o fan.

- Propoñer aos alumnos que imaxinen que van organizar unha festa para celebrar o seu aniversario e queren que asistan algúns dos seus amigos. Que medio de comunicación empregarían para invitar os seus amigos máis próximos? E os amigos que viven lonxe, noutros países?

- Facer fincapé na diferenza que existe entre medio de transporte e medio de comunicación. Algúns alumnos poden confundir ambos os termos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 107: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

107/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Preguntar aos alumnos que medio de comunicación usarían nestes supostos: dar unha mensaxe urxente aos seus pais; comunicar unha noticia a moitas persoas; invitar a moitos amigos ao seu aniversario; enviar un debuxo a un amigo que vive noutra cidade. Despois, promover a mesma actividade, pero formulándoa diferente. Pedirlles que escriban para que tipo de situacións empregarían o correo electrónico, o teléfono e o correo postal.

- Levar á clase algúns xornais (non importa que sexan atrasados) para que os alumnos comproben as diferentes seccións que os forman: noticias nacionais, noticias internacionais, información local, sociedade, cultura, deportes, espectáculos, ocio, información meteorolóxica, programación de televisión e radio, etc. Despois, dividir a clase en varios grupos e pedir a cada un deles que localicen unha información concreta no seu xornal: unha noticia, a programación dos cines, o tempo que vai ir mañá, etc. Premiar o grupo que localice primeiro a súa información e repetir o exercicio cunha busca diferente.

- Explicar aos alumnos que os medios de comunicación exercen unha importante función na sociedade. Grazas a eles vivimos nun mundo globalizado, é dicir, coñecemos case simultaneamente o que sucede en calquera recanto do mundo por afastado que estea. Para comprender unha sociedade e o seu grao de desenvolvemento, os medios de comunicación e a liberdade de expresión son dous dos mellores indicativos. Fomentar actitudes positivas e de curiosidade nos nenos acerca dos medios de comunicación, especialmente prensa e televisión, facéndolles ver que o seu labor vai máis alá do entretemento, de ver debuxos animados ou ler cómics.

- A lectura O traballo de Anxos da páxina 152 mostra aos alumnos outra forma de traballo, a que realizan os voluntarios sen recibiren diñeiro a cambio. Comentar cos alumnos outros tipos de traballo voluntario e dirixir o seu razoamento cara a algunhas profesións relacionadas con salvagardar o medio natural, defender a infancia, axudar os anciáns, etc. Explicar que todos podemos colaborar con organizacións de voluntarios e que estes exercen un importante labor social.

- Despois de realizar a lectura de O zoco de Fez, da páxina 153, explicar en que consiste o regateo e facer notar que nalgunhas culturas é un costume moi estendido. Despois, invitar os alumnos que proveñen doutros países a contar como son os comercios típicos no seu lugar de orixe.

- Tras a lectura de Os irmáns Lumière, da páxina 153, e se se ten oportunidade, entrar na Internet, buscar máis información acerca dos primeiros tempos do cine e mostrar unha parte dunha película antiga. Explicarlles que inicialmente era mudo e que, ata hai uns anos, só existían películas en branco e negro. Contarlles tamén a evolución que tiveron os efectos especiais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 108: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

108/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Contar aos alumnos como grazas á Internet, o ordenador converteuse nun dos medios de comunicación máis estendido nos nosos días. A Internet é unha inmensa rede de ordenadores que están espallados por todo o mundo e conectados entre si. Desta maneira, desde un ordenador conectado á Internet, pódese acceder á información que todos os demais ordenadores ofrecen a través da rede e introducir documentos para que outras persoas poidan acceder a eles. Os internautas son as persoas que utilizan a Internet. Tamén se lles chama navegantes porque «navegan» pola rede. Un dos servizos que ofrece a Internet é o correo electrónico. A través do correo electrónico podemos enviar cartas desde un ordenador a outro de forma case instantánea, e podemos enviar tamén imaxes e arquivos. A información viaxa neste caso a través da liña telefónica. Se se ten ocasión, mostre aos alumnos como funciona un servidor de correo. Para facelo, crear unha conta a nome da clase nalgún servidor de correo gratuíto, como Hotmail, Wanadoo, etc. Deixar que os alumnos comproben como se envían e como se reciben as mensaxes por Internet.

- É recomendable que os alumnos completen os exercicios do epígrafe Repaso e aplico da páxina 154 eles sós. Despois, facer unha posta en común para comparar as súas respostas.

- Pedir a colaboración dalgúns pais para explicar aos nenos na clase como se producen os obxectos. Os pais poden contar a súa experiencia e en que consiste o seu traballo, especialmente se este se relaciona coa transformación de materias primas en produtos elaborados, como, por exemplo, o traballo dun panadeiro. Centrar a atención dos alumnos na transformación das materias primas e explicar despois como eses produtos chegan aos mercados e de alí ás nosas casas.

- No epígrafe Son capaz de…da páxina 155 ensínaselles aos alumnos a pensar antes de comprar.Saber comprar é unha destreza en que os alumnos se inician a esta idade, cando dispoñen das súas primeiras moedas aforradas dun peto ou dunha paga semanal. É, así mesmo, unha destreza que van utilizar cada vez con maior frecuencia e de maneira cotiá. Ademais de comprar responsablemente, interrogándose previamente acerca do que necesitan, é importante que manexen sumas e restas con soltura para que saiban canto gastan, canto lles queda, canto lles teñen que devolver, etc.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 109: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

109/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Competencia social e cidadá- Comentar aos alumnos que moitos traballos se realizan en equipo, é dicir, son o

resultado da actividade e o esforzo de varias persoas. Iso significa que cada unha delas ten unha responsabilidade e que só cando todos a cumpren sae ben o traballo. Facelos reflexionar sobre este feito con situacións da súa vida cotiá. Por exemplo: Que pasaría se nun campo de fútbol o porteiro se dedicase a parolar cos espectadores durante un partido?

Competencia lingüística- Pedir aos alumnos que escriban unha breve redacción explicando en que consiste o

traballo que realizan o seu pai ou a súa nai.

Autonomía e iniciativa persoal- Dialogar cos alumnos acerca de como debemos comportarnos cando imos a unha

tenda. Como en todos os sitios públicos, hai certas normas de convivencia que debemos seguir. A primeira é ter coidado cos obxectos que están expostos nos estantes. Non debemos tocalos nin cambialos de sitio porque podemos romper algo sen querer. Comentar que se deterioramos un produto, este xa non se pode vender, polo que debemos dicirllo ao encargado do comercio.

- Facer ver aos alumnos que, aínda que os estudantes non realizan un traballo remunerado, teñen responsabilidades e deben procurar facelo ben. Atender na clase ou facer os deberes na casa son parte do seu traballo. Fomentar neles o espírito de superación para que se sintan responsables e se involucren no seu propio proceso educativo.

Interacción co mundo físicoAlgúns medios de comunicación, como os teléfonos celulares, a televisión e a radio, emiten ruído. O ruído é tamén unha forma de contaminación. Nas grandes cidades, eses ruídos súmanse aos que producen os coches, as máquinas, as obras, etc., ata crear un ambiente molesto e incluso perigoso para a saúde. O exceso de ruído provoca ás veces dores de cabeza, perda do sono, xordeira, tensión emocional e outras alteracións. Transmitir aos alumnos a preocupación pola contaminación acústica e procurar que, na medida das súas posibilidades, sexan respectuosos con esta cuestión. Pódeselles pedir, por exemplo, que non berren nos corredores do colexio ou na rúa, ou que non leven moi alta a sintonía do teléfono.

Competencia matemáticaPropoñer aos nenos realizar algúns pequenos exercicios matemáticos relacionados coas compras. Por exemplo: se tes 3 euros e 25 céntimos e queres mercar un caderno de 3 euros, canto diñeiro che sobra? Canto diñeiro che falta se o caderno que queres mercar custa 3 euros e 65 céntimos?

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 110: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

110/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Aproveitar a situación presentada no epígrafe Son capaz de…, da páxina 155, para facer que os alumnos comprendan a importancia e a utilidade das matemáticas á hora de realizar as compras.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Explica o proceso de fabricación dos produtos. Coñece onde se compran e venden os produtos, e enumera algúns tipos de

comercios. Explica para que serven os medios de comunicación e diferencia entre medios

de comunicación colectivos e individuais. Le comprensivamente textos expositivos. Reflexiona antes de realizar unha compra.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 111: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

111/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

COÑECEMENTO DO MEDIO 2.º CURSOUNIDADE 15

OBXECTIVOS

Comprender os conceptos de pasado e presente. Recoñecer o reloxo e o calendario como obxectos que serven para medir o tempo. Identificar os recordos, as fotografías e os obxectos do pasado como fontes da historia

familiar. Extraer información dos obxectos do pasado. Comprender que as persoas, as cousas, as paisaxes e os costumes cambian co paso

do tempo. Mostrar interese polos feitos e as formas de vida do pasado. Ler comprensivamente diferentes tipos de textos.

CONTIDOS

O reloxo e o calendario. Recordos de familia. Antes e agora. Lectura comprensiva de diferentes tipos de textos. Descrición, comparación e interpretación de imaxes. Reflexión sobre a importancia que ten para cada un a súa historia familiar. Interese polo estudo do pasado.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Ademais de desenvolver a Competencia social e cidadá, nesta unidade contribúese a que se desenvolvan as seguintes competencias:

- Competencia matemática. - Competencia lingüística. - Competencia cultural e artística. - Autonomía e iniciativa persoal.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 112: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

112/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 15 o proceso comeza coa sección Lectura da imaxe, co obxectivo de que os alumnos advirtan a utilidade dos reloxos. A continuación, no epígrafe O reloxo e o calendario, os alumnos deben completar unhas cantas actividades relacionadas co reloxo e o calendario.

Nas páxinas de información: Recordos de familia e Antes e agora o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de maneira escrita coma gráfica. Despois, propóñense actividades para reforzar a aprendizaxe dos contidos clave. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo que recolle os contidos esenciais traballados. Ao final da primeira dobre páxina, no apartado Expresión oral, os alumnos deben compartir cos seus compañeiros un recordo divertido que lles contaran seus pais ou os seus avós.

Tras as páxinas de contidos hai unha dobre páxina denominada Tempo de lectura, onde se inclúen tres pequenos textos: Os reloxos de auga; Tic, tac e No hai moito tempo… Despois de cada texto propóñense unha ou dúas actividades nas que se traballa a comprensión lectora.

Como peche da unidade preséntase unha dobre páxina de actividades baixo o título Repaso e aplico. Na primeira páxina inclúense actividades para reforzar os contidos esenciais. Na segunda páxina de actividades, en Son capaz de…, programa de toma de decisións a partir dos coñecementos adquiridos, proponse, a partir dunha ilustración, cuestións destinadas a coñecer que afeccións tiñan unhas persoas a partir dos seus efectos persoais.

Suxestión de temporalización:

1.ª quincena de xuño.

Recursos:

- Ficha 21 de reforzo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 113: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

113/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

- Para empezar, pedir aos alumnos que lean o título da unidade. Despois, preguntarlles que cousas cren que cambian co paso do tempo.

- Comprobar que os alumnos saben ler e interpretar a hora nun reloxo. Pedirlles que observen a imaxe da páxina 156 e que digan a hora que marca o reloxo. A continuación, debuxar varios reloxos diferentes no encerado e pedirlles que lean a hora que marcan.

- Sinalar outras palabras que indican períodos de tempo para que o alumno sexa consciente de que o tempo pode medirse de distintas maneiras. Por exemplo: trimestre, semestre, decenio…

- Explicar que un ano ten 365 días, pero que, cada catro anos, hai un ano bisesto que ten 366 días, é dicir, un día máis ca o ano común, engadido ao mes de febreiro.

- Para traballar a noción de tempo, ademais das actividades propostas na lección, formular as seguintes preguntas: Cantos días ten un ano? E cantos meses? Cal é o primeiro mes do ano? E o último? Teñen todos os meses o mesmo número de días? En que día e mes nos encontramos? En que ano estamos? Cal será o próximo ano? Cantos minutos ten unha hora?

Explicar aos alumnos que as persoas sentiron a necesidade de medir o tempo desde épocas moi antigas. Por esta razón apareceron os reloxos. Un dos máis antigos que se coñece é o reloxo de sol, que era utilizado polos chineses, os hindús e os exipcios. Sinalaba a hora en función da sombra que proxectaba unha barriña de ferro sobre unha superficie. Máis adiante, empregáronse os reloxos de auga, que medían o tempo segundo o que tardaba en caer a auga dun tubo a outro, e os reloxos de area, que o medían a partir do tempo que tardaba en pasar a area dunha especie de ampola de cristal a outra.Máis tarde, comezaron a fabricarse en Alemaña os reloxos mecánicos. Ao principio, estes eran moi grandes e dispoñían de engrenaxes movidas por pesos. Cara a 1656, un astrónomo, físico e matemático holandés construíu o primeiro reloxo de péndulo. E, cen anos máis tarde, un reloxeiro inglés ideou un reloxo mariño portátil, do que derivan os reloxos de peso ou de pulseira.No século XX inventáronse os reloxos de cuarzo e atómicos que utilizamos na actualidade e que son extraordinariamente exactos. Os reloxos atómicos atrasan un segundo cada 300 anos.

- Para introducir o epígrafe Recordos de familia das páxinas 158 e 159 pedir aos alumnos que conten en voz alta algo que lles sucedese hai unha semana, un mes ou un ano. Preguntarlles por que recordan ese feito e o que poderían facer para non esquecelo (por exemplo, escribilo nun diario, contárllelo a outras persoas, facer un debuxo…). Finalmente, comentar con eles que as cousas importantes que nos suceden forman parte da nosa historia persoal.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 114: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

114/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Preguntar aos alumnos onde buscarían información para coñecer o pasado da súa familia. Suxerirlles algunhas ideas, como: preguntando aos familiares, vendo fotografías, lendo cartas…

- Facer fincapé na clase en que antigo non é sinónimo de «inservible» ou de «inútil». Para iso, insistir aos alumnos en que grazas aos obxectos antigos que conservamos do pasado sabemos como eran as cousas e coñecemos como vivían as persoas doutras épocas.

- Pedir aos alumnos que escriban no caderno por que cren que é importante coñecer a historia familiar. A continuación, facer na clase unha posta en común. Ler en voz alta as opinións dos alumnos e aproveitar a ocasión para inculcarlles o valor do pasado como unha forma para comprender o presente.

- Animar aos alumnos a converterse en famosos escritores e pedirlles que escriban unha breve historia familiar. Para iso, poden preguntar ás persoas maiores da súa familia algún feito ou anécdota significativos que lles ocorrese. Despois, dicirlles que o poñan por escrito e que o ilustren cun debuxo para facer o relato máis atractivo. Organizar unha posta en común na clase e pedir a algúns alumnos que lean os seus textos en voz alta. Facer notar que cada relato é diferente porque cada un temos a nosa propia historia familiar. Finalmente, recalcar que todas elas son importantes.

- Aproveitar que nesta lección se traballa o tema do paso do tempo e a historia familiar para conversar cos alumnos sobre a importancia que teñen as persoas maiores na nosa sociedade. A súa experiencia acumulada ao longo dos anos pode sernos de grande utilidade na nosa vida cotiá. Insistir neste aspecto e facer fincapé en que debemos tratalas con respecto, educación e cariño. Propoñer que os alumnos conten quen son os seus avós, como se chaman, o que adoitan facer con eles…

- Aproveitar esta lección para repasar cos alumnos os graos de parentesco que estudaron no curso anterior e que traballaron na unidade 12 deste libro: pais, avós… Formular oracións incompletas, como: Os pais dos meus pais son os meus… e pedirlles que as completen

- Para empezar a desenvolver o epígrafe Antes e agora das páxinas 160 e 161 pedir aos alumnos que traian á clase unha foto de cando eran máis noviños e comentar con eles os cambios que experimentaron desde entón. Facer notar que todas as persoas cambiamos co paso do tempo, pero tamén o fan as paisaxes, os obxectos, os costumes, as actividades…

- Mostrar na clase ilustracións de obxectos do pasado e outras dos mesmos obxectos tal e como son nos nosos días. Comparalas e comentar cos alumnos como foron cambiando, así como as vantaxes que proporcionan esas transformacións.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 115: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

115/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Os conceptos temporais son difíciles de asimilar a esta idade. Por iso, para facilitar a comprensión das nocións de antes e agora recoméndase poñer exemplos de sucesos concretos e próximos á experiencia persoal do alumno.

- Copiar no encerado unha táboa como a seguinte e pedir aos alumnos que a completen

Cousas que facía antes Cosas que fago agora Tomaba biberóns.

Organizar no colexio unha exposición de obxectos antigos e modernos. Con axuda dos familiares, tratar de que os alumnos recompilen fotografías, postais, xoguetes, vestidos, moedas, libros… Agrupalos en función de dúas categorías: antes e agora, e escribir debaixo de cada un de que obxecto se trata e para que serve.Propoñer tamén aos alumnos escribir entre todos un guión para o guía da exposición, cargo que ocupará cada vez un alumno diferente.

Pedir aos alumnos que copien e aprendan este poema de Helena Villar: Saíron as palabrasda caixa de cartón,que falan a bonecae o camión.

A boneca queríaxogar cos nenose que fagan as restrasdos seus cabelos,que a bañen e lle deano biberón para levar ao berceen camisón.

E o camión quería xogar coas nenas, e que fagan carreiras todas contentas, que poñan pantalón e camiseta para lle ir ao motor coa chave inglesa.

Falaron os xoguetes na caixa de cartón, conversa de boneca e de camión.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 116: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

116/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Pedir aos alumnos que escriban unha lista con algúns obxectos que utilizamos actualmente pero que non existían na época dos seus avós. Poden preguntar aos seus familiares.

- Traballar cada texto das páxinas 162 e 163 partindo dunha lectura en voz alta por parte dos alumnos. Procurar que participen todos, por quendas, destas lecturas.

- Aproveitar a lectura Os reloxos de auga da páxina 162 para explicar que, ao longo da Historia, existiron distintos tipos de reloxos: reloxos de sol, de area…

Tras a lectura Tic, tac da páxina 162 propoñer estas dúas adiviñas relacionadas co paso do tempo.De sete en sete vimospolas mans agarradiños.(Os días da semana)

Aquí estamos doce irmáns;eu, que o segundo nacín, son o máis pequeno de todos;como pode ser así?(O mes de febreiro)

- Tomar a lectura Non hai moito tempo… da páxina 163 como punto de partida para explicar aos alumnos que existen obxectos do pasado que seguen tendo a súa utilidade e continúan empregándose da mesma forma que entón. Poña algún exemplo: a lupa, o garfo, as lentes, o paraugas, o abano…

Contar aos alumnos que durante un tempo pensouse que Alexander Graham Bell fora o inventor do teléfono. Non obstante, a historia é ben distinta. O teléfono inventouno un enxeñeiro italiano que se chamaba Antonio Meucci. En 1855 Meucci ideou un «telégrafo parlante» para axudar aos seus compañeiros a comunicarse cando traballaba como técnico nun teatro de Florencia. Perfeccionouno para que a súa muller, que quedara paralítica, puidese falar con el desde o seu cuarto. Meucci quixo patentar o seu invento, pero non dispoñía de diñeiro para facelo. Por iso, presentoullo a unha empresa, que non lle fixo caso, nin lle devolveu os materiais do invento. Estes caeron en mans de Graham Bell, que, convencido de que ese aparello tería un grande éxito, o patentou e así levou el a fama.Meucci demandou a Bell, pero morreu sen ver recoñecida a súa obra. Así, o auténtico inventor do teléfono morreu na pobreza, mentres que Bell se fixo rico e famoso co novo invento.Moito tempo despois, no ano 2002, o Congreso de Estados Unidos recoñeceu que Graham Bell non foi o verdadeiro inventor do teléfono, como se pensara tradicionalmente, senón Antonio Meucci.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 117: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

117/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Traballar cos alumnos a expresión escrita. Pedirlles que redacten un breve texto en que expliquen como cambiaría a súa vida se non existise o teléfono. Propoñerlles que comecen así: Se non existise o teléfono, non podería…

- Pedir aos pais a súa colaboración para que os alumnos afiancen as nocións temporais que adquiriron e comprendan os efectos do paso do tempo nas cousas e persoas que os rodean. Poden facelo elixindo un obxecto da vida cotiá que se fose transformando ao longo do tempo: o coche, a televisión, os xoguetes, as cámaras de fotos, os avións… e explicando como eran antes (cando eles tiñan a idade dos seus fillos) e como son agora. Esta actividade fomentará tamén a capacidade imaxinativa dos alumnos.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:

Competencia matemática- As actividades 2 e 3 da páxina 157 contribúen ao desenvolvemento desta

competencia, posto que propoñen o manexo de distintas unidades de medida.

Competencia lingüísticaDitar aos alumnos este texto e animalos a dramatizalo na clase:En xaneiro, temos por diante o ano enteiro. A continuación chega febreiro: comeremos carneiro. Continúa marzo e con el entra a primavera, que o sangue altera. En abril, xa se sabe: augas mil. En maio, de sono caio. Xuño: por fin as vacacións, que emocións! Os seguintes son xullo e agosto, estamos no verán, deámonos a man! Despois chegan setembro, outubro e novembro; e con eles o frío, que arrepío! Por fin, decembro: as vacacións de Nadal, non che está nada mal!

Competencia cultural e artística- Pedir aos alumnos que elaboren un mural familiar. Para facelo poden utilizar

fotografías ou debuxos dalgúns membros da súa familia. Pedirlles que escriban debaixo de cada un o nome e o parentesco que os une. Unha vez terminados, pódense colgar na clase.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 118: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

118/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

- Despois de realizar a actividade 2 da páxina 161, pedir aos alumnos que fagan un debuxo da época en que viven e introduzan un obxecto que non sexa do presente senón do pasado.

- A continuación, poden mostrárllelo aos seus compañeiros para que estes descubran de que obxecto se trata. Con esta actividade, os alumnos non só reforzan os seus coñecementos sobre as nocións de antes e agora, senón que tamén desenvolven as súas capacidades artísticas.

Competencia social e cidadáAproveitar a primeira lectura das páxinas 162 e 163 para espertar a curiosidade dos alumnos por saber como era a vida noutros tempos e noutras culturas moi diferentes da súa. Comentarlles que moitos dos obxectos que empregamos nos nosos días foron inventados noutros lugares do mundo e nós herdámolos. Por exemplo, o compás magnético e o papel inventáronse en China hai moito tempo.

Autonomía e iniciativa persoal- Aprender algúns feitos e características da vida dos seus antepasados servirá aos

alumnos para entender que todas as persoas, incluídos eles, teñen unha historia. Axudalos a ver que eles mesmos forman parte da Historia e que as súas actuacións no presente repercutirán na súa propia historia persoal.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Comprende as nocións de pasado e presente. Recoñece o reloxo e o calendario como instrumentos para medir o tempo. Coñece algunhas fontes para o estudo da historia familiar e extrae información delas. Advirte os cambios que produce o paso do tempo nas persoas, nas cousas, nas paisaxes e nos costumes. Mostra interese por feitos ocorridos no pasado. Le de maneira comprensiva distintos tipos de textos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 119: Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewNa actividade Son capaz de… da páxina 55 os alumnos terán ocasión de escribir un breve parágrafo. Facerlles

119/119

Programación de coñecemento do medio 1º Ciclo

CEIP Nosa Sra de Xuvencos