32
CEIP SERRA- VINCIOS

Xornaliño 3º trimestre

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista escolar do CEIP Serra Vincios

Citation preview

Page 1: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SERRA-VINCIOS

Page 2: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

2

EDITORIALChegamos ao remate deste curso escolar. Este terceiro trimestre foi moi intenso.

Celebramos o Festival do Día das Letras Galegas en honor de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel, cunhas actuacións fabulosas. Fomos de xira ao CEP Xosé Neira Vilas e os nenos/as de alá viñeron á nosa escola. Fixeron unha actuación realmente fantástica. Para celebrar o Día do Medio Ambiente, o 5 de xuño, adoptamos unha árbore da escola que temos que coidar e respectar. Ademais, realizamos moitas actividades e excursións interesantes, por exemplo, sabiades que contamos coa actuación do Mago Pedro?, que estivo Anxo Moure “atrapando contos” con nós?, que fomos ao zoo, que nos deleitamos cos contos que nos relataron nosos compañeiros na biblioteca, os que contou Espazo Lectura e o que nos relatou unha nai no espazo de Contacontos da Biblioteca?…

Ao longo destas páxinas veredes o moito que aprendemos e o ben que o pasamos. Tamén podedes velo a toda cor na nosa páxina web.

Grazas a todos/as pola vosa axuda, grazas ás familias, ao profesorado, aos nenos/as de Peitieros, aos contacontos e magos, en definitiva, a todos os que fixestes esta labor posible. Boas vacacións!

2 Editorial 3 5 de Xuño, 3 anos 4 Charli , 3, 4 e 5 anos 6 Os bruxiños queren ser…, 4 anos 7 Os nenos/as de 5 anos 8 Despedímonos, 3,4 e 5 anos 9 A outra historia de Carapuchiña Vermella, nenos e nenas de 1º 11 Os pequenos vaqueiros, 2º A 12 As nosas saídas, 2º A 13 O mundo máxico dos contos, 2ºB 15 Entrevista, nenos/as de 3º 16 Como sente Uxío Novoneyra O Courel, nenos/as de 3º

17 A árbore do adeus, 4º 18 O circo, nenos/as de 4º curso 19 A noite de San Xoán, 5º 21 Excursión ao Xurés, nenos/as de 6º 22 Despedida do cole, 6º curso 23 Gañadores da xoaniña 31 Recomendacións da biblioteca

EQUIPO Dirección e coordinación. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Deseño: equipo docente. Ilustracións e contidos: nenos/as do CEIP Serra- Vincios.

3º trimestre 2009-10, O XORNALIÑO, Vincios, Gondomar SUBVENCIONADA POLA DIRECCIÓN XERAL

DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Web: centros.edu.xunta.es/ceipserravincios e-mail: [email protected] e-mail biblioteca: [email protected]

SUMARIO

Visita a web para saber máis de Uxío Novoneyra!

Page 3: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

3

Page 4: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

4

Page 5: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

5

Este conto viaxeiro foi creado

polos nenos e nenas de 3 , 4 e 5

anos de educación Infantil, para o

XV certame literario e de

ilustración “A xoaniña”,

convocado polo cole

C.E.I.P. SERRA-VINCIOS

no curso 2009-2010

Page 6: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

6

OS BRU

XIÑ

OS Q

UER

EN SER

Page 7: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

7

No festival das letras galegas, os nenos e nenas de 5 anos, representaron o conto de creación propia “O peixiño que quería saber que comen os tabeiróns”, logo á semana seguinte, tamén a fomos representar ao cole de Peitieiros. .

E o 3 de xuño, fomos ao teatro Caixanova a ver a obra “Me duele el caparazón”. Logo fomos a merendar e a xogar ao parque de Castrelos, e tamén demos un paseo polo parque.

O 21 de maio fomos ao Zoo de A Madroa, onde vimos moitos animais,

Page 8: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

8

Os nenos de 5 anos xa se graduaron en Educación Infantil, agora continuarán a súa andaina en Educación Primaria. Desexámoslles ¡Moita sorte! ¡E bo verán a todos!

Ola amigos! Antes de rematar o curso queríamos presentarvos a nosa Moreira. É a árbore máis xoven do colexio e irá crecendo con nós pasiño a pasiño. Coidarémola con moito cariño e adicación igual que vós nos coidades a nós. Moitas grazas por facernos tan felices e axudarnos a crecer. Desexámosvos unhas felices vacacións. Bicos dos bruxiños de 4 anos.

Fai moito tempo ... doce nenas e oito nenos viñeron á escola por primeira vez......uns choraron un pouquiño, os outros chegaron moi contentos..... xogaban no patio, nos recantos, na casiña .... e ás veces traballaban .... Pouquiño a pouco fixéronse maiores e moi, moi responsables.... O 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, adoptaron unha Maceira do patio. Este grupo de nenos e nenas maioresmaioresmaioresmaiores, queren enviar bicos a todos e abrazos para os PequesPequesPequesPeques que empezarán na escola no mes de setembro. As nenas e nenos de 3 anos desexámosvos unhas boas vacacións. Saúdos e bicos de Marta, Aroa, Sara, Lara, Sofía, Samu, Santi, Alex, Silvia, Irene, Sira, Miguel, Yeray, Ruth, Alba, Hugo, Ana, Uxía, Brais e Aitor.

Page 9: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

9

Este ano co motivo do festival

das letras galegas os nenos de

primeiro curso representaron

unha obra de teatro.

Aquí temos unha pequena

mostra dalgúns dos

protagonistas desta historia.

- Pecha esa bocaza que xa non asustas a ninguén!

- Vai polo camiño do val, e non te

preocupes que aos cazadores xa os

entreteño eu!

- Ai! Esta Carapuchiña vainos

matar! Mandounos polo camiño de

toxos e silvas!

Page 10: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

10

- Avoa o lobo xa está para o arrastre!

- Si pero os lobos teñen sete vidas coma

os gatos!

- Perdóanos lobiño non o voltaremos

facer!

- Por min estades perdoadas,

dádeme unha aperta!

Page 11: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

11

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS:

OS PEQUENOS VAQUEIROS

O día das letras galegas os alumnos de 2ªA fixemos un

baile coa canción ¡ouh Susana!.

Para elo, vestímonos como uns auténticos vaqueiros do

lonxano oeste, con sombreiro e todo, e bailamos en parellas,

ademais para darlle máis emoción ao espectáculo contratamos

a tres estupendos músicos que viñeron con seus banxos e os

seus bailes a darlle emoción ao espectáculo.

Page 12: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

12

AS NOSAS SAÍDAS

Ademais do festival das letras galegas durante este

trimestre fixemos outras actividades que nos gustaron moito.

Tivemos varios contacontos, viu ao colexio Anxo Moure a

explicarnos o importante que é coidar as nosas árbores.

Fomos a biblioteca de Gondomar a ver un contacontos

titulado Vento pequeno busca oficio, onde ademais de escoitar

o conto algúns de nós axudamos a contalo facendo música cun

tubo de plástico e ao final fixemos ata unha pequena festa

tocando varios instrumentos e lanzando cintas ao aire.

Tamén fixemos algo que nos gustou moitísimo, Raquel, a

nai da nosa compañeira Marta, viu a contarnos un conto a

biblioteca que escribiu ela mesma, El patito feo, e todos os

alumnos de 2º fixemos os debuxos para ilustrar o conto. O día

que Raquel leu o conto, os nosos debuxos podían verse ao

mesmo tempo que ela o contaba, foi algo moi emocionante.

Finalmente, fomos ao zoo de Vigo e puidemos ver aos

animais que alí viven e coñecer un pouco das súas costumes e

os motivos polos que viven alí.

A verdade e que este trimestre estivemos moi atarefados

porque ademais destas saídas non deixamos de estudar e

traballar moito en clase para rematar con éxito o curso, así

que este verán necesitamos descansar e ir moito á praia.

¡FELICES VACACIÓNS A TODOS!

Page 13: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

13

Page 14: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

14

Page 15: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

15

Page 16: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

16

Page 17: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

17

Page 18: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

18

Page 19: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

19

Page 20: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

20

Page 21: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

21

EXCURSIÓN AO XURÉS

O venres día 4 de xuño os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria fomos ao

Xurés. Marchamos do colexio ás 8h. Fixemos unha parada en Sta.María de Entrimo que é unha igrexa barroca preciosa e alí merendamos.

No Centro de Interpretación, en Lobios vimos un vídeo do Xurés que trataba da flora e da fauna,e coñecemos o noso guía que nos levou a facer unha ruta, a ruta dos muíños, pero antes de facer o roteiro, no mesmo Centro de interpretación había unha maqueta do Xurés onde nos explicou moitas cousas. A continuación botamos unha ollada a uns paneis que había alí e baixamos a ver traballos feitos polos rapaces da zona. Escoitamos sons do monte e tiñamos que adiviñar que era: paxaros,un carro,un incendio...

Antes de comezar o paseo polos muíños puxéronnos un a funcionar do xeito que se facía antes porque agora xa non traballa ningún.O roteiro dos muíños ten de especial, aparte de ser bonito, que é circular. Máis tarde,xa sen o guía, fomos as piscinas de auga quente, no río Caldo. Xa alí cambiámonos e metémonos na piscina, ben , iso de meterse...despois dalgún tempo houbo alguén que se meteu de todo pero tamén houbo quen non aguantaba a auga tan quente.O río non queimaba tanto e estábase moi ben. Ao cabo dun tempo cambiámonos e fomos comer nas mesas dun bar que había fronte as piscinas.

Pola tarde andamos por un tramo da antiga Vía Nova, unha calzada romana que unía Braga con Astorga.Nun momento desviámonos do camiño para ver unhas fervenzas moi bonitas. Ao baixar continuamos camiñando ata chegar ao autobús. Xa de camiño a casa paramos nun lugar moi bonito no que había unha fonte e mesas con bancos, onde merendamos e enchemos as botellas con auga.Cando rematamos a merenda seguimos cara ao colexio.Cando quixemos coller a autovía atopámonos cun cartel que dicía que estaba cortada porque están arranxando o túnel da Cañiza,tivemos que ir por outro lado e iso fixo que tardaramos máis en chegar. Cando chegamos ao colexio estaban as nosas familias agardando por nós.Collemos as mochilas e cada un para a súa casa.

Ildara 6º

Page 22: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

22

DESPEDIDA DO COLE

A unha semana de fin de curso falta pouco para que os nenos e as nenas de 6º de Primaria abandonemos o CEIP Serra- Vincios para ir ao instituto.

Imos facer un repaso do que fixemos no cole: 1º curso: o noso profesor Julio César Rodríguez Mosquera foi moi bo con nós e

sempre que chegaba todos lle diciamos “ave, César” lémbrome que unha vez apareceu un rato na clase e todos estabamos a miralo e o profe enfadouse con nós.

En 2º cambiamos de profe e foi Mª Luisa Varela Nogueiras que ese ano foi Directora do colexio. Estes dous cursos tiñamos na clase un trasno que ía vestido cun mono azul e pintas amarelas. O noso profesor de Matemáticas era Juan.

No 3º curso tivemos de profe a Chus que era profesora de Música e con ela fixemos moitas cousas e falounos moito do seu can que era un boxer negro.

4º curso: A nosa profe Eva María Nolasco foi unha profesora moi boa e aínda que chegou máis tarde que as demais e estivemos soamente 2 trimestres con ela ensinounos moitas cousas.

En quinto volveu María Luisa e o de matemáticas foi Juan e houbo unha nova profe de Inglés: Miss Salgado, pois ata ese curso fora Beatriz.

E por último en 6º tivemos os mesmos profes sen ser a de Música que cambiou cada ano desde que chegamos ao cole. Agora só nos queda a última semana e rematamos. Sempre recordaremos o cole de Vincios. Adeus!!

Modesto 6º

Page 23: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

23

XV CERTAME LITERARIO

“A XOANIÑA”

Este ano hai algunhas novidades no concurso.

Introduciuse unha categoría específica de Poesía. Desde agora, haberá un 1º e 2º premio de narrativa e unha

categoría especial de poesía.

1111ºººº CursoCursoCursoCurso 1º PREMIO 1º PREMIO 1º PREMIO 1º PREMIO de narrativa: Rubén FernáRubén FernáRubén FernáRubén Fernánnnndez Rialdez Rialdez Rialdez Rial

“O mellor porteiro”“O mellor porteiro”“O mellor porteiro”“O mellor porteiro”

Había unha vez un can que se chamaba Cisco. Era un pastor alemán moi bonito

e xoguetón. Xogaba o fútbol, pero como tiña unha pata mal, sempre estaba de

porteiro.

Cando xogabamos o balón el sempre lle botaba a boca e non os deixaba pasar.

Entón, pensei que podía ser un bo porteiro como Casillas. Collín catro paus e lle

fixen unha portería, e así podo xogar con el ó fútbol. Un día quedámonos sen

balóns porque o botarlle a boca os pinchaba. El estaba triste por non poder xogar.

Falei cos meus amigos e fixemos un partido de fútbol.

Estabamos gañando 1-0 e cando o outro equipo nos ía a marcar un gol, veu

Cisco e parouno. Desde ese día comprei moitos balóns para poder xogar con el.

2222º PREMIO º PREMIO º PREMIO º PREMIO de narrativa: Desirée Otero vilaDesirée Otero vilaDesirée Otero vilaDesirée Otero vila

“Lola e os grilos”“Lola e os grilos”“Lola e os grilos”“Lola e os grilos”

Fai moito tempo había unha nena que se chamaba Lola,

gustábanlle moito os grilos e cada primavera ía ó campo a coller

grilos, sempre collía dous e púñalles nome, a un chamáballe Rock e ao

GAÑADORES

1111ºCICLOCICLOCICLOCICLO

Page 24: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

24

outro Floreciña. Dáballe de comer leitugas e pan, e cando empezaba o

cole os volvía a soltar no campo.

2º Curso2º Curso2º Curso2º Curso 1111º PREMIO º PREMIO º PREMIO º PREMIO de narrativa: Mario VMario VMario VMario Vila Comesañaila Comesañaila Comesañaila Comesaña

“O Pirata cara redonda”“O Pirata cara redonda”“O Pirata cara redonda”“O Pirata cara redonda” Un día Anxo enfadouse moito porque a súa nai obrigouno a comer unha mazá de

merenda. A Anxo a froita non lle gustaba nadiña. A súa nai,

para que a comera, castigouno no seu cuarto.

Anxo, en vez de comer a mazá, púxose a decorala. Uns

palillos de pernas e de brazos, pintoulle un ollo e unha boca

grande, púxolle un parche de papel no outro ollo e anacos de

palillos facendo de pelo.

- Serás o meu pirata Cara RedondaCara RedondaCara RedondaCara Redonda!- dixo Anxo.

Estivo xogando con Cara Redonda ata que se cansou. Logo quedou durmido. A súa nai

estaba vixiando, pero en vez de enfadarse fíxolle unha nota e púxolle.

Anxo, ao espertar decatouse da nota e deulle a risa todo convencido dixo:

- Meu pirata Cara Redonda,Cara Redonda,Cara Redonda,Cara Redonda, quero ter máis forza!

Quitoulle os brazos, as pernas, o parche, os anacos de palillos que facían de pelo e

foi a lavala e nun plis comeuna. Foi xunta da súa nai e rindo díxolle:

-Xa comín a mazá, agora síntome máis forte e con máis ganas de

xogar.

Se queres ser un pirata Valente, come a este pirata

Cara RedondaCara RedondaCara RedondaCara Redonda, así terás moita forza, e farache

cóxegas na tripa cando te poñas chorOmicas.

FIN !

Page 25: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

25

2º PREMIO2º PREMIO2º PREMIO2º PREMIO de narrativa: Lucía PiñeiroLucía PiñeiroLucía PiñeiroLucía Piñeiro

“Que lle“Que lle“Que lle“Que lle pasa a Cosquilla?”pasa a Cosquilla?”pasa a Cosquilla?”pasa a Cosquilla?”

Uxía ten 5 anos. Estuda no colexio Andersen. Gústalle xogar na casiña das bonecas.

Tamén lle gusta facer merendolas de “chucherías” e galletas de chocolate coas súas

amigas. Pero o que máis lle gusta é xogar co seu gato Cosquilla.

Un día, ao chegar do colexio, Uxía foi correndo a abrazar a Cosquilla e…levou o maior

susto da súa vida! A Cosquilla caíalle o pelo!

Foi a buscar á súa nai e contoulle que Cosquilla estaba enfermo porque lle caía o pelo.

Sen parar de chorar, pediulle que o levara ao veterinario.

A súa nai tranquilizouna dicíndolle que Cosquilla non estaba

enfermo, que só estaba cambiando de pelo.

Uxía non o cría, como ía cambiar de pelo un gato? Seguiu

chorando un bo anaco, ata que a súa nai a chamou dende o

garaxe e díxolle que sabía como curar a Cosquilla.

Déronlle un baño e un bo cepillado e…Xa non lle caía o pelo! Que contenta se puxo

Uxía!

PREMIO PREMIO PREMIO PREMIO especial de POESÍAPOESÍAPOESÍAPOESÍA:::: Marta Garrido FernándezMarta Garrido FernándezMarta Garrido FernándezMarta Garrido Fernández

UNHA AMIGA QUE SE VAI!UNHA AMIGA QUE SE VAI!UNHA AMIGA QUE SE VAI!UNHA AMIGA QUE SE VAI!

Manuela, ManueliñaManuela, ManueliñaManuela, ManueliñaManuela, Manueliña nosa amizade foi moi riquiña. Na clase buscarei as túas olladas ¡Ai!, como vou estrañalas. Tentarei pasalo ven no recreo pero non sei como vou facelo.

Eu estrañareite con moita “ricura” porque ti estabas chea de “dulzura”. Manuela, ManueliñaManuela, ManueliñaManuela, ManueliñaManuela, Manueliña non te esquezas desta amiguiña.

Adicado a: Manuela FernándezManuela FernándezManuela FernándezManuela Fernández AlonsoAlonsoAlonsoAlonso

Page 26: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

26

1º PREMIO 1º PREMIO 1º PREMIO 1º PREMIO de narrativa: Álex Torres OÁlex Torres OÁlex Torres OÁlex Torres Oteroteroterotero

A aprendizaxe de Guillermo

Todo comezou o día que Guillermo cumpriu 11 anos, ese día

regaláronlle moitas cousas, pero o que máis lle gustou foi o canario que

lle regalaron os seus pais. Guillermo era un neno delgado, presumido, alto, moreno,

charlatán, etc. Pero o malo que tiña era a súa forma de ser, era egoísta, avarento e críase o

mellor de todos en todo. Non tiña moitos amigos pola súa forma de ser e os que tiña non

os trataba ben. Así que o seu canario, Gufi pasou a ser a súa compaña moitas horas o día

pero a el tampouco o trataba ben. Menos mal que Gufi non era unha mascota calquera,

pois posuía un don especial. Cada vez que Guille estaba na compaña dos seus amigos e os

trataba mal ou os facía sentir inferiores, Gufi pasáballe a cantar pola noite. Queredes saber

como? Pois ben, entraba nos seus soños e facíalle ter uns pesadelos terribles, nos que el era

o tonto e o pisoteado. Un día tras outro, ata que chegou o día no que Guille pensou: “Os

meus amigos sentiranse así comigo?” Gufi estaba facendo un bo traballo, pero faltaba o toque

final.

Un día, no que Guille tiña que facer un exame de mate e non estudara, porque el todo o

sabía, pasou o inesperado. Cando tivo o exame na mesa, Gufi fixo que quedase en branco,

non soubo responder case nada, sentiuse moi mal, cando saíu da clase non “fardou” con

ninguén nin sequera merendou. Como era de esperar a súa nota foi un fracaso, sacou un

2’5, nunca na vida pensara que podería pasar iso, pensou na de veces que se rira dos que

tiñan unha nota por debaixo da súa. Agora si que Gufi dera no cravo, Guille aprendera o

que sentían os demais cando el se ría e se burlaba deles. Dende entón soubo ser unha boa

persoa e tivo moitos máis amigos. Pero o que nunca saberá é que llo debía todo a súa

mascota.

2222º PREMIOº PREMIOº PREMIOº PREMIO de narrativa: Carla Villar RialCarla Villar RialCarla Villar RialCarla Villar Rial

“A xoaniña con moi mala sorte”“A xoaniña con moi mala sorte”“A xoaniña con moi mala sorte”“A xoaniña con moi mala sorte”

Había unha vez unha Xoaniña que non tiña nada de sorte, tódolos seus amigos se rían dela,

menos un, o sapo Barrigón. A Xoaniña estaba moi contenta con el pero co resto dos seus

amigos estaba moi enfadada porque se rían dela. Un día cando a Xoaniña estaba xogando co

2222ºCICLOCICLOCICLOCICLO

Page 27: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

27

sapo Barrigón caeu nun pozo, o sapo Barrigón non sabía que facer, entón foi buscar ós seus

amigos para que lle axudaran a quitar a Xoaniña do pozo.

A un amigo do sapo Barrigón ocorréuselle unha idea, colleron unha corda e baixáronlla,

dixéronlle que se agarrara a ela, agarrouse e empezou a subir pola corda. Cando estaba a

punto de saír, ¡paff!, esvarou e caeu de novo ao pozo. O sapo Barrigón e os seus amigos

decidiron que un deles baixase a axudarlle á xoaniña. Así o fixeron, baixou o máis forte,

agarrou a xoaniña e conseguírono, por fin a xoaniña estaba fóra do pozo e moi contenta deulle

as grazas a todos eles. Cando xa estaba a Xoaniña chegando a súa casa, tropezou cunha

rama e caeu no río, empezou a gritar como unha tola pois non sabía nadar moi ben, o sapo

Barrigón ao oír os berros correu para axudala. Lanzouse a auga e sacouna fóra do río, a

Xoaniña estaba moi asustada e non paraba de chorar, o sapo Barrigón tranquilizouna e

acompañouna ata a súa casa, pois non era normal tanta mala sorte nun día.

Á mañá seguinte, todo apurado foi buscar a súa amiga a xoaniña, despois de estar toda a

noite sen durmir chegara a unha conclusión. Alí marcharon os dous xuntos a un oculista a que

a examinara. Unha vez rematada a consulta a Xoaniña saíu co seu amigo o sapo Barrigón e

máis unhas enormes lentes. A partir dese día a Xoaniña xa non tivo tan mala sorte e os seus

amigos xa non se volveron a rir dela.

PREMIO PREMIO PREMIO PREMIO especial de POESÍAPOESÍAPOESÍAPOESÍA:::: Aroa Misa TroncosoAroa Misa TroncosoAroa Misa TroncosoAroa Misa Troncoso

A paisaxe dende a miña ventá

Que fermoso o Galiñeiro cando estaba nevado, parecía nata, nata enriba dun xeado.

Miña avoa di: ano de neves ano de bens.

Dende a miña ventá vese un castiñeiro, neste momento está baleiro, máis alá vese O Salgueiro.

Estamos en tempo de flores, flores de moitas cores, eu míroas dende a escaleira, dende alí vese a primavera.

Todos debemos coidar a natureza, porque é unha verdadeira beleza.

Para coidar debemos reciclar, coma se estiveras a xogar.

A reciclaxe é coma un traxe, ten moita clase!!! E ten varios contedores, cada un de diferentes cores.

Page 28: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

28

1º PREMIO 1º PREMIO 1º PREMIO 1º PREMIO de narrativa: Javier Mariño FigueiJavier Mariño FigueiJavier Mariño FigueiJavier Mariño Figueirasrasrasras

Uxía e a reciclaxeUxía e a reciclaxeUxía e a reciclaxeUxía e a reciclaxe

Érase unha vez unha nena chamada Uxía, que non reciclaba aínda que no colexio lle dicían que

reciclara porque se non a terra desaparecería, pero Uxía non facía caso, botaba os plásticos no lixo.

Unha noite Uxía acordou e viu que unha nave aterraba no seu xardín, ela foi a correr a ver de que se

trataba e mirou que un extraterrestre baixaba dunha nave e dixo: ¿Onde estou?

Uxía contestou que estaba na terra, no seu xardín. Despois duns días mentres que Uxía gardaba ao

extraterrestre debaixo da súa cama, el descubriu que algunhas persoas reciclaban e outras non.

Segundo a súa base de datos reciclar era bo porque así non almacenaban os residuos tóxicos. Un día

mentres Uxía estaba no colexio o extraterrestre construíu unha máquina do tempo; despois de vir do

colexio e facer os deberes viaxaron no tempo e o

extraterrestre ensinoulle que ocorrera nun país hai

centos de anos e ela como non quería que lle

ocorrera iso á súa cidade xuntou un grupo de

amigos e amigas para que a xente reciclara, ela foi

a primeira en facelo, despois dun mes e catro días

conseguiron que máis de 200 persoas reciclaran e de alí a un ano a ONU (Organización de Nacións

Unidas) deulle unha medalla polo logro que fixeran.

Un día o extraterrestre dixo que tiña que irse ao seu planeta Saturno porque alí tiña familia. Uxía

ese día estaba medio feliz e medio triste pero… o pasara moi ben.

2222º PREMIO º PREMIO º PREMIO º PREMIO de narrativa: Nuria Alonso EstévezNuria Alonso EstévezNuria Alonso EstévezNuria Alonso Estévez

OS TRES CORVOS

Fai tempo, no colexio C.E.I.P. Serra-Vincios habitaban tres corvos negros chamados: Nuria,

Estefanía e Modesto, que saían todos os días ás 12 da mañá para comer os bocatas dos alumnos

do colexio.

Un día, mentres Modesto comía un bocata de salchichón e Estefanía un de nocilla, Nuria

observaba unha árbore moi estraña que non vira nunca.

Mentres Estefanía e Modesto comían os bocadillos moi entretidos, Nuria foi acercándose a esa

árbore, moi estrañada, e cando se posou nunha das súas ramas, a árbore berrou:

3333ºCICLOCICLOCICLOCICLO

Page 29: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

29

- ¡¡¡Ai…!!!

Nuria pediulle perdón e presentouse:

- ¡¡¡Ui!!!síntoo, eu son Nuria, ¿e ti?

- Bos días, eu son Lía- respondeu a árbore- e estes son os meus compañeiros: a da dereita

é Ildara, o que está ao seu lado é Maico, o que está ao meu lado é Jorge e por último

ao lado de Jorge está Sergio.

Nuria foi buscar aos seus compañeiros e presentoullos:

- Estes son os meus compañeiros, os corvos, Estefanía e Modesto.

Ao día seguinte cando os corvos saíron, os nenos aínda estaban no patio e un neno chamado

Miguel Gómez xunto Xavier, déronlle un chisco dos seus bocatas aos tres corvos, e despois, máis

tarde, os corvos foron visitar aos seus amigos os Salgueiros, que acabaran de coñecer o día

anterior. Alí pasárono ben.

Ao día seguinte, os tres corvos cando saíron xa entraran todos os rapaces ás clases.

Nuria, no campo de futbito, atopou un bocata de champiñóns e comeuno. Máis tarde, cando

os tres corvos xa estaban xogando cos seus amigos os Salgueiros, Nuria, que estaba xogando

nunha das ramas de Ildara, comezou a marearse e a ter ganas de vomitar.

Cando espertou eran ás 2 da tarde e estaban catro nenos ao seu redor: Miguel Gómez, Desireé,

Daniel Otero e Miguel Rial. Miguel Gómez, que entendía algo sobre paxaros, púxoa na rama de

Jorge, onde estaban Modesto máis Estefanía sen quitarlle o ollo de enriba, Miguel Gómez

púxolle unha bufanda que levaba el na mochila.

Todo foi culpa do bocata de champiñóns, que estaban caducados e o pan estaba reseso.

Máis tarde, Nuria xa se atopaba mellor, todos se puxeron moi ledos, porque levaran un gran

susto.

A partires dese día, Miguel Gómez levaba todos os días bocatas ou calquera outra comida para

os tres inseparables corvos, e sempre que podía regaba as árbores e as coidaba canto podía.

E así acaba a historia dos tres felices corvos eE así acaba a historia dos tres felices corvos eE así acaba a historia dos tres felices corvos eE así acaba a historia dos tres felices corvos e os seus compañeiros os Salgueiros.os seus compañeiros os Salgueiros.os seus compañeiros os Salgueiros.os seus compañeiros os Salgueiros.

Page 30: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

30

PREMIO PREMIO PREMIO PREMIO especial de POESÍAPOESÍAPOESÍAPOESÍA:::: Marta Vila ComesañaMarta Vila ComesañaMarta Vila ComesañaMarta Vila Comesaña

O laranxeiroO laranxeiroO laranxeiroO laranxeiro

Luci é unha nena moi afeccionada á lectura. Ten o costume de ler no xardín, debaixo dun

laranxeiro cando fai sol. Un día os seus pais colocáronlle unha hamaca entre as polas do laranxeiro

para que estivese máis cómoda. A Luci encántalle, púxose tan contenta que en vez de ler, colleu

unha libreta e un lapis. Comezou a debuxar o laranxeiro e a expresar neste poema o feliz que se

sentía:

Ó carón da miña casa

teño un laranxeiro,

meus pais plantárono

cando era pequeno.

Moi grande é agora

da moita sombra

e ten tantas laranxas

que ao contalas, te cansas.

Laranxeiro, laranxeiriño

tes un fermoso colorido

desprendes un cheiriño…

ao teu carón, estase a gustiño.

Sempre vén un paxariño

a pousarse no laranxeiriño

nas laranxas mete o peteiro

éche un paxaro larpeiro.

Canta, canta paxariño

co teu canto suaviño

canta no alto

do meu laranxeiriño.

O carón da miña casa

teño un laranxeiro

dá tantas laranxas

que ao contalas, te cansas.

Page 31: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

31

CALLUM DE CATERPILLAR Jane Cadwallader Richmon Publishing

THE MAGIC CARPET B. Dunne & R. Newton Richmon Publishing

AT THE ZOO Mandy Standley Kingfisher Board Books

A BRUXA ENRABECHADA Joles Sennell Bahía Edicións

YO TAMBIÉN COCINO Brigitte Carrère Combel

LA TIERRA EXLICADA A LOS NIÑOS

Yann Arthus Bertrand Oniro

Xa chega a hora de despedir o curso... que ganas temos das vacacións, do sol, da praia! Aquí tedes algunhas ideas para pasar parte do tempo libre este verán, pois hai tempo para todo. Moitas gracias pola vosa participación na Biblioteca, pola vosa ilusión, pola maxia que aportades cada día. Espero vervos a todos e todas o próximo curso!!!

Page 32: Xornaliño 3º trimestre

CEIP SerraCEIP SerraCEIP SerraCEIP Serra---- VinciosVinciosVinciosVincios O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10O Xornaliño 2009/10 3º trimestre3º trimestre3º trimestre3º trimestre

32

O GALO QUIRICO Adaptación de Xavier Senín Galaxia

PUNVER DE VOLTA Yolanda Castaño Galaxia

A PRNCESA QUE BOCEXABA A TODAS HORAS

Carmen Gil e Elena Odriozola OQO Editora

UN MUNDO RARO María José Ferrada Kalandraka

UN LUGAR NO BOSQUE Armando Quintero

Kalandraka

ASÍ COMEZOU TODO Hohler, Franz, Schubiger, Jürg

Edicións Xerais de Gal icia

A LAGOA ASNENAS Fina Casalderrey

Edicións Xerais de Galicia

ESTE PÍCARO MUNDO Ana María Shua Anaya

TRES CONTOS MARABILLOSOS Vicente Risco

Galaxia