40
MEDIO NATURAL Isaac Buzo Sánchez (adaptado) A ACCIÓN HUMANA E OS PROCESOS DE DEGRADACIÓN AMBIENTAL Fonte: Wikimedia

A acción humana sobre o medio natural en España

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Tradución ao galego e adaptación dunha presentación do prof. Isaac Buzo sobre a acción humana e os procesos de degradación ambiental

Citation preview

Page 1: A acción humana sobre o medio natural en España

ME

DIO

N

AT

UR

AL

Isaac Buzo Sánchez(adaptado)

A ACCIÓN HUMANA E OS PROCESOS DE DEGRADACIÓN

AMBIENTAL

Fonte: Wikimedia

Page 2: A acción humana sobre o medio natural en España

INFLUENCIA DA ACTIVIDADE HUMANA NO MEDIO NATURAL

ACCIÓN HUMANA SOBRE O

MEDIO NATURAL

DEGRADACIÓN MEDIOAMBIENTAL

SOBREEXPLOTACIÓN

CONTAMINACIÓN

CONSTRUCIÓN

MANTO VEXETALSOLOAUGAFAUNA

ATMOSFÉRICALIXOAUGASSOLOSACÚSTICANUCLEAR

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Page 3: A acción humana sobre o medio natural en España

DEGRADACIÓN AMBIENTAL

DESAPARICIÓN TOTAL OU PARCIAL DE ELEMENTOS DO MEDIO FÍSICO

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Page 4: A acción humana sobre o medio natural en España

DEGRADACIÓN AMBIENTAL: Expansión urbana

A expansión das cidades consome espazos de valor ecolóxico e agrarioÉ un proceso agravado pola aparición de grandes conurbacións en áreas metropolitanas

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Banco de Imaxes do CNICE

Page 5: A acción humana sobre o medio natural en España

DEGRADACIÓN AMBIENTAL: Proliferación de segundas residencias

Tanto no espazo rural como na costa, a construción de segundas residencias altera a paisaxe provocando impactos na fauna, alterando os ecosistemas litorais e prelitorais (dunas, albufeiras e praias) e aumentando o perigo de incendios forestaisEn moitos casos aténtase directamente contra o recurso turístico que xenerou a proliferación de construcións

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Banco de Imaxes do CNICE

Page 6: A acción humana sobre o medio natural en España

DEGRADACIÓN AMBIENTAL: Proliferación de obras de enxeñería civil

Impactan nos ecosistemas cortando o tránsito dos animais ou transformando os seus hábitat Destrúen solos fertis e afectan á paisaxeA súa construción tamén provoca a aparición de escombreiras, canteiras, etc.

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Banco de Imaxes do CNICE

Page 7: A acción humana sobre o medio natural en España

DEGRADACIÓN AMBIENTAL: Outras actuacións humanas

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Banco de Imaxes do CNICE e Wikimedia

Page 8: A acción humana sobre o medio natural en España

SOBREEXPLOTACIÓN

EXPLOTACIÓN DO MEDIO POR RIBA DA SÚA CAPACIDADE DE PRODUCIÓN E DE REXENERACIÓN

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Page 9: A acción humana sobre o medio natural en España

SOBREEXPLOTACIÓN:Degradación do manto vexetal

Redución e degradación da cuberta vexetal (deforestación) debido a:

Roturacións para obter novas terras para a agricultura e pastos Incendios forestais Tala para obter madeira

Resultado:

Diminución da superficie forestal Aumento da erosión

Solución:

Conservación e potenciación das especies autóctonas Reforestación

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Wikimedia

Page 10: A acción humana sobre o medio natural en España

SOBREEXPLOTACIÓN:Erosión do solo

Consecuencia de:

Procesos naturais acentuados polas pendentes e as precipitacións torrenciais Prácticas agrícolas e gandeiras inadecuadas Deforestación

Resultado:

Solo desestruturado e descohesionado que resulta menos resistente á erosión mecánica da auga e do vento, puidendo provocar a desertificación

Mapa de risco de desertificación, observade que as zonas con maior risco se localizan no litoral mediterráneo, en especial no SL, coincidindo cos climas máis secosO 31,49 % do solo español ten un risco alto ou moi alto de se desertificar

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

Page 11: A acción humana sobre o medio natural en España

SOBREEXPLOTACIÓN: Esgotamento de acuíferos e desecación de

humedaisConsecuencia de:

Mentalidade hixienista do s. XIX e princip. do XX (acabar coas febres palúdicas) Obter novas terras de cultivos Sobreexplotación dos acuíferos paa regadío (desecan humedais e na costa producen a intrusión de auga salina) Obras públcias para a regularización dos cauces fluviais

Resultado:

Destrución dos hábitat de numerosas especies animais e comunidades vexetais Perda de produtividade do solo Contribúe a descohesinar o solo

Relación entre o bombeo de auga de acuíferos de Castela A Mancha co aumento do caudal do río XúcarComo se observa hai unha relación inversa: canto máis aumentan os bombeos dende os acuíferos, menos aumenta o caudal do río Xúcar

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

Page 12: A acción humana sobre o medio natural en España

SOBREEXPLOTACIÓN: Esgotamento de acuíferos e desecación de

humedais

Masas de auga subterráneas costeiras salinizadas

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Ministerio de Medio Ambiente

Page 13: A acción humana sobre o medio natural en España

SOBREEXPLOTACIÓN:Degradación da fauna

Características de España Riqueza faunística Ponte entre África e Europa para as aves migratorias

Consecuencia de: Desecación de humedais Caza e pesca descontrolada Loita contra especies dañinas para a agricultura e a gandería

Resultado: Destrución de hábitat Esgotamento de caladoiros de pesca Aumento de especies en perigo de extinción

Exemplo de áreas de distribución de dúas especies en perigo de extinción: lince Ibérico (1) e oso Pardo (2).

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

Page 14: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN

ADICIÓN DE MATERIAS NOCIVAS EN PROPORCIÓN NON ASIMILABLES POLO MEDIO

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Page 15: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Atmosférica

A contaminación atmosférica é a presenza de substancias que habitualmente non se atopan na atmosfera ou que o están en concentracións menores ás existentes. Estas substancias poden causar danos directos ou indirectos á poboación

Os principais focos de emisión son: as centrais térmicas e industrias; automóbiles, calefaccións domésticas, incendios forestais, aviación, refrixerantes e aerosoles

Os principais contaminantes son: monóxido de carbono (CO), dióxido de carbono (CO2), dióxido de xofre (SO2), óxido de nitróxeno (NO), partículas de polvo e fume e cloro (Cl2)

PRINCIPAISCONSECUENCIAS

CHUVIAÁCIDA

BURACO CAPA OZONO

EFECTOINVERNADOIRO

ILLA DE CALOR

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Page 16: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Chuvia ácida

As emisións de xofre e de nitróxeno mestúranse con vapor de auga no aire. Ao se condensaren, formar nubes e precipitar, as solucións de ácido sulfúrico e nítrico caen á superficie, alterando a vexetación, os solos, as augas e os edificios

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Isaac Buzo

Page 17: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Chuvia ácida

Efectos da chuvia ácida sobre un bosque da República Checa e sobre unha gárgola dun edificio histórico

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Wikimedia

Page 18: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Buraco da capa de ozono

O ozono é un gas (O3) que se atopa entre os 15 e os 55 km de altura

Serve para filtrar as radiacións ultravioletas do Sol

A capa de ozono diminuiu o seu espesor a causa da reacción do ozono co cloro presente nos CFC (clorofluorocarburos)

O cloro separa as moléculas de O3 en oxíxeno normal (O2), uníndose á restante (CLO, monóxido de cloro)

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Banco de Imaxes do CNICE

Page 19: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Buraco da capa de ozono

O grosor da capa de ozono reduciuse ao máximo nos polos, polo que a penetración da radición ultravioleta aumentou nestas zonas. En España a capa de ozono reduciuse un 8 %

Como resultado existe un aumento do cancro de pel, cataratas nos ollos, ademais de perturbacións na vida vexetal e animal

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

Page 20: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Efecto invernadoiro

Denomínase así pola semellanza cun invernadoiro, onde os cristais permiten a entrada de enerxía solar mais non permiten a súa saída, co que a calor aumenta no interiorNa atmosfera o papel dos cristais xógano os denominados gases de efecto invernadoiro, como o CO2. En circunstancias normais permiten manter unha temperatura axeitada para a vida; mais o exceso de gases fai que a capa aumente e, polo tanto, tamén a temperatura, provocando un quecemento globlal

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Isaac Buzo

Page 21: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Efecto invernadoiro

Para reducir os gases que producen efecto invernadoioro e así evitar o quecemento gobal, chegouse a un acordo internacional polo que se estableceu un límite nos diferentes países á emisión de ditos gases: dióxido de carbono (CO2), gas metano (CH4) e óxido nitroso (N2O), ademais de tres gases industriais

fluorados: hidrofluorocarbonos (HFC), perfluorocarbonos (PFC) e hexafluoruro de azufre (SF6).

O obxectivo era reducir a emisión destes gases no período de 2008 ao 2012 un 5 % a respecto da emitida en 1990. Este acuerdo impulsado por Nacións Unidas é o denominado Protocolo de Kioto (asinado en 1997)

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Países asinantes do Protocolo de Kioto en 2005. No todos os países ratificaron estes acordos. Nótese como o principal país emisor, EE.UU. (cun terzo do total) desbotou ratificar o asinado

Fonte: Wikimedia

Page 22: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Efecto invernadoiro

Evolución das emisións de gases efecto invernadoiro en España (1990-2005)

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Ministerio de Medio Ambiente

Page 23: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Efecto invernadoiro

Evolución das emisións de gases efecto invernadoiro en España segundo a actividade emisora (1990-2005)

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Ministerio de Medio Ambiente

Page 24: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Illa de calor

É unha situación que se produce nas cidades debido á acumulación de calor polo formigón e outros materiais construtivos, ao que se une a ausencia de zonas verdes e de superficies acuáticas que refresquen o ambiente, a xeración da propia calor nas cidades (aires acondicionados, calefaccións, etc.) e a presenza de partículas contaminantes

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: wikimedia

Page 25: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)

Xeneran problemas de contaminación en aire, augas superficiais e subterráneas, e solosO aumento dos RSU é constante. A súa eliminación lévase a cabo por medio de verquidos controlados (45 %), incontrolados (33%), compostaxe (16 %) e incineración (6%)

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

Page 26: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)

A análise da composición dos RSU permite plantexar varias solucións para controlar o seu crecemento: Reutilizar, Reciclar e Reducir

Composición dos RSU en Galicia

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: SOGAMA

Page 27: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)

Tratamento dos RSU en Galicia. Rede de instalacións

Page 28: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)

Mapa de vertedoiros de Galicia.

Page 29: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Aguas continentais

Consecuencia da evacuación dos refugallos xenerados pola actividade humana: Contaminación rural: procedente dos excrementos e ouriñes do gando estabulado, do uso inadecuado de fertilizantes e insecticidas químicos e da construción de pozos negros para evacuar as augas fecais

Contaminación industrial: causada pola expulsión de verquidos sen depurar a ríos e mares

Contaminación urbana: debido ao verquido de augas fecais sen depurar e ao verquido de fosfatos e nitratos dos deterxentes. O lixo dos vertedoiros descontrolados unido á auga da chuvia pode provocar lixiviación e contaminación das augas subterráneas

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Page 30: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Augas continentais

A contaminación das augas continentais pode xerar eutrofización, proceso causado pola chegada dun exceso de compoñentes alimenticios ás augas, o que favorece o desenvolvemento masivo de algas (grandes consumidoras de oxíxeno), o que produce a morte por asfixia do resto dos seres vivos do ecosistema acuático e de continuar o proceso o das propias augas por acumulación e putrefacción

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: wikimedia

Page 31: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Augas continentais

Imágenes de dous ríos en proceso de eutrofización

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: wikimedia

Page 32: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Augas continentais

A lixiviación é o proceso de lavado e filtrado da superficie da terra pola auga da chuvia que se infiltra nos estratos inferiores do solo arrastrando consigo disoltas as partículas contaminantes que atopa no seu camiño, as cales proveñen do uso de fertilizantes, praguicidas, acumulación de lixo, etc.A súa acumulación pode contaminar os acuíferos e as correntes superficiais

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Isaac Buzo

Page 33: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Augas continentais

Mapa de contaminación das augas superficiais por nitratos (estacións con máis de 50mg/l)

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Ministerio de Medio Ambiente

Page 34: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Augas continentais

Para solucionar os problemas de contaminación das augas continentais, a lei propón o tratamento das augas residuais previo á súa incorporación á rede hidrográfica

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fuente: wikimedia

Page 35: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Augas mariñas

España ten un problema global no Mediterráneo, un mar case pechado no que desaugan os ríos contaminados da Europa industrializada, e que só se limpa a través do intercambio de augas co Atlántico no Estreito de Xibraltar

Outros problemas máis localizados son:

- Verquidos atómicos na “fosa atlántica”, fronte as costas galegas- Accidente de petroleiros e cargueros con produtos tóxico- Crecemento do tráfico marítimo- Verquidos directos en puntos concretos: Huelva, Ría de Nervión, Llobregat,etc.

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Page 36: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Augas mariñas

Verquidos nucleares

Page 37: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Augas mariñas

Unha marea negra é o resultado de derrames de petróleo que se producen cando un buque petroleiro sofre un accidente e o seu cargamento é verquido ao mar. Isto xenera unha forte contaminación que incide na fauna mariña e no litoral, ademais de provocar graves perdas a outros sectores económicos (a pesca o o turismo)O chapapote é a substancia viscosa, pastosa en que se converte o petróleo (equivalente ao alcatrán), e que ten unha grande repersusión sobre o meido mariño. O último grande accidente que afectou ás costas peninsulares foi o do Prestige (2002)

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Flickr

Page 38: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Solos

Danos causados pola actividade agraria (xa comentados anteriormente), polas granxas, pola contaminación procedente da industria, polos vertedoiros e escombreiras, ou polas urbanizaciónsAdemais, a contaminación atmosférica acaba por se depositar por decantación

Tractor en tarefas de fertilización do solo

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Page 39: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Acústica

O ruído non engade partículas contaminantes á atmosfera, ás augas ou ao solo, mais produce unha diminución da calidade ambiental

A cifra máxima de tolerancia ao ruído é de 65 decibelios, e tres cuartas partes da poboación está sometida a niveis superiores

Causas: Aumento do tráfico, as actividades industriais, e servizos urbanos (bares, discotecas, comercios)

Consecuencias: problemas de saúde física (dores de cabeza, xordeira, hipertensión) e psicolóxica (ansiedade, agresividade, insomnio)

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Page 40: A acción humana sobre o medio natural en España

CONTAMINACIÓN:Nuclear

Prodúcese en casos de accidente ou mal uso, en instalación onde se xenera, utilizan ou almacenan compoñentes radiactivos, como as centrais nucleares, ou os depósitos de residuos nucleares

En España existen oito centrais nucleares en funcionamiento: José Cabrera, Santa María de Garoña, Vandellós II Almaraz I e II, Ascó I e II e Cofrentes. En 1983 dúas centrais en construción víronse afectadas pola moratoria na enerxía nuclear (pausa no desenvolvemento deste tipo de enerxías): Valdecaballeros e LemonizO accidente de Chernobil (1986) paralizou o desenvolvemento nuclear en Europa desta actividade, aínda que na actualidade reactivouse o debate sobre o uso desta enerxía

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Fonte: Consejo de Seguridad Nuclear