9
Manuel Portas Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Manuel Portas Fernández (Barcelona, 1960). Sociolingüista galego que actualmente destaca polo seu labor narrativo. A nivel de sociolingüista cómpre salientarmos o seu ensaio Língua e sociedade na Galiza (1991), obra referente para o estudo da nosa sociolingüística contemporánea. As súas publicacións narrativas comezaron a ver a luz coa obra Denso recendo a salgado (2010), para continuar con obras como Faneca Brava (2013) ou Amor en alpargatas (2015)... No mesmo ano 2015 a súa obra Lourenço xograr acadou o XXVIIº premio de novela “Manuel García Barros”. lunes 22 de febrero de 2016

Manolo portas

Embed Size (px)

Citation preview

Manuel Portas

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Manuel Portas Fernández (Barcelona, 1960). Sociolingüista galego que actualmente destaca polo seu labor narrativo. A nivel de sociolingüista cómpre salientarmos o seu ensaio Língua e sociedade na Galiza (1991), obra referente para o estudo da nosa sociolingüística contemporánea. As súas publicacións narrativas comezaron a ver a luz coa obra Denso recendo a salgado (2010), para continuar con obras como Faneca Brava (2013) ou Amor en alpargatas (2015)... No mesmo ano 2015 a súa obra Lourenço xograr acadou o XXVIIº premio de novela “Manuel García Barros”.

lunes 22 de febrero de 2016

Agradezo iso de completo, mais nada máis lonxe da realidade! As miñas carencias son moitas. Procuro, iso si, mellorar e aprender da experiencia para oferecer unha mellor docencia ao meu alumnado. Certamente, creo que a análise da realidade sociolingüística e o recoñecemento da capacidade que temos os individuos para influír nela, para transformala, son dous obxectivos fundamentais na formación da xente nova, a parte da sociedade máis castigada pola castelanización. Se os rapaces e rapazas que estades a estudar acabades sendo conscientes de que tamén podedes influír co voso comportamento lingüístico no proceso, de que o futuro do idioma está nas vosas bocas e nas vosas mans, poderemos mirar para adiante con optimismo. O resto é só un problema de conciencia. Aínda que soe grandilocuente, temos que reivindicar o noso dereito a influír na historia.

Manuel Portas

1. Vostede exerceu e exerce a docencia... un docente do máis completo xa que é especialista en lingua e sociolingüística e ademais a literatura o fiel complemento...

2.- Que duro debe de ser exercer a política e ver a situación sociolingüística galega e poder facer ben pouco dende un cargo de responsabilidade, non?

Duro é ser consciente da desgaleguización e non facer nada. Sempre se pode facer, e moito. Cantos máis sexamos, canto máis coordinada sexa a nosa maneira de actuar, mellores resultados. Do que se trata é de mudar tendencias, de procurar espazos normalizados, de avanzar nese proceso de implantación do noso idioma en esferas asociadas ao futuro e á modernidade. Cómpre a galeguización individual, mais tamén a dos ámbitos de convivencia. Duro ten de ser para quen tendo posibilidade e capacidade non fai o esforzo que a realidade exixe.

3.- A comezos dos anos 90 sae á luz a súa obra ensaística Língua e sociedade na Galiza, unha obra que pasou a ser un referente nas aulas sobre a nosa sociolingüística... cuarto século despois como segue este tema?

Dá vertixe, xa hai vinte e cinco anos! Pois, en termos xerais, a verdade é que a cousa non mudou moito. As liñas definitorias da realidade sociolingüística seguen a ser basicamente as mesmas: rotura da transmisión lingüística xeracional, desgaleguización maior nos ámbitos urbanos, incapacidade para que o sistema educativo consiga forxar usuarios con competencias similares ás adquiridas en castelán, timidez no avanzo do galego en moitas esferas da realidade colectiva (xustiza, medios de comunicación, TICs). No ámbito cultural, os recortes padecidos nos últimos tempos levan a que moitas esferas da creación como a literatura, o cinema, o teatro,... sufran retrocesos alarmantes.

lunes 22 de febrero de 2016

Toda a vida andei demasiado ocupado noutras cousas, no activismo lingüístico, na participación en política, na xestión educativa, como para poder escribir outra cousa que non fosen ensaios ou artigos de xornal... Mais, malia todo, nas noites sempre había un oco para gozar da literatura. Ler era o meu tratamento antiestrés. Unha vez que deixei aquelas dedicacións tan absorbentes, pensei que era chegado o tempo de escribir, de inventar historias, de crear. Así foi que descubrín que, xunto ao pracer da lectura, había outro, o da escrita, diferente e ao mesmo tempo tan gozoso como o de ler.

Manuel Portas

4.- E falando de séculos... medio século tivo que transcorrer na vida de Manuel Portas para que saíse á luz a súa primeira obra literaria (Denso recendo a salgado)... como xustificarmos esta tardanza?

5.- Pero a partir dese punto de partida, as súas publicacións comezan case a ser anuais... estaban nun baúl ou a inspiración foi a causante?

Non creo na inspiración beckeriana, ese momento en que os astros se cruzan e ao escritor nácelle unha luz. A inspiración literaria chámase dedicación, traballo, escribir e reescribir, e peneirar, e volver dar forma a ese barro que moldeaches, até que se aproxima a iso que querías. É certo que hai detalles, imaxes, olores, situacións da vida que se almacenan na nosa memoria. Mais o palleiro non se fai sen palla e é preciso traballar as historias e a lingua como os ourives traballan un metal precioso. O tempo de creación nunca se sabe canto vai durar cando comezas unha folla en branco.

Manuel Portas. Foto: Paulo Porta

6.- É Vostede o clásico escritor autocrítico que lle está a dar voltas a unha obra incluso despois de estar practicamente rematada ou unha vez chegado ao remate xa a dá como apta para a súa publicación?

Son autocrítico. Toda persoa que escribe ten de ser autocrítica. A diferenza está no nivel de exixencia que cada un teña. Sobre iso non hai nada escrito. Unha obra só se acaba cando lle dás a enviar ao correo electrónico que contén o documento, camiño da editorial.

lunes 22 de febrero de 2016

Todos, de maneira consciente ou non, acumulamos nalgún recuncho da memoria as nosas lecturas, do mesmo xeito que o facemos coas experiencias da nosa propia vida e das que sabemos dos demais. Sen lectura non hai literatura, sen vida tampouco.

Manuel Portas7.- Sempre se di que un autor non bebe doutro, que a arte literaria é universal… bebeu Vostede ou inspirouse noutras autorías á hora de se pór a escribir?

Manuel Portas. Foto: Paulo Porta

8.- Tamén sempre soe ocorrer que as autoras e os autores teñen un “coello de indias” que é o primeiro lector -e crítico- das súas obras... ocorre isto coas obras de Manuel Portas?

Sempre hai unha persoa ou varias primeiras persoas a quen pasas o que escribes para unha primeira opinión, alguén que consideras que ten criterio e que vai opinar con sinceridade. Aínda que non existe o lector imparcial, si hai quen se aproxime.

9.- Neste ano pasado a súa obra Lourenço xograr acadou a XVIIª edición do premio de novela “Manuel García Barros”... pode ser este un recoñecemento que o faga reflexionar sobre o seu futuro literario ou máis ben un incentivo?

Os premios son un incentivo fundamental e, por outra banda, mala cousa é se unha persoa que escribe non reflexiona sempre sobre o que escribiu, con ou sen ese recoñecemento especial que supón un premio, proxectando a experiencia no que ten por escribir. Estou profundamente agradecido aos membros do xurado que consideraron que a obra era merecente do galardón, mais o premio máis importante para alguén que escribe é cando os lectores anónimos gozan coa obra literaria que un escribiu. O goce da lectura é o fin último da escrita.

10.- Temos entendido que o seu interese pola nosa lírica medieval vén hai ben anos... cando xurdiu a idea de lle dar contido narrativo a ese coñecemento?

Foi no momento en que lembrei a singularidade da figura de Lourenço. Había que combinar a realidade histórica coa ficción da vida dun xograr do que moi pouco sabemos, exceptuando as referencias que hai a el nas súas cantigas e nas doutros poetas.

lunes 22 de febrero de 2016

Manuel Portas

11.- Nas clases de literatura sempre nos ensinaron que a arte literaria non é algo implícito ao status social do autor o da autora... podería ser ese o fondo temático da anterior obra literaria ao tomar como personaxe principal a un xograr?

Creo que si. Na época medieval, a arte de compor cantigas estaba restrixinda aos señores. Os plebeos só podían acompañar musicalmente, danzar,... A loita de Lourenço por ser recoñecido como poeta enche por completo a súa vida.

12.- Como dixemos antes aquel ensaio sobre a nosa sociolingüística foi un referente nas aulas... pode ser que esta obra literaria tamén pase a ser unha obra de lectura case obrigatoria ao nos enfrontar á nosa literatura medieval?

Pois se, ademais de ser gozada, a obra axuda a comprender mellor como era aquela sociedade en que se compuxo a nosa poesía medieval, será un duplo pracer.

Portada Lourenço, xograr

13.- Xamais pasou polo seu maxín o de se dedicar a outros xéneros literarios ou é que anden polos baúis?

Ripios, escribinos só na mocidade, cos primeiros namoros. A poesía é unha arte sublime como para estragar o seu bo nome, aínda que non o descarto nun futuro hipotético. O teatro sempre está máis ou menos implícito na narrativa, aínda que como xénero teña técnicas de seu. Non descarto nada.

Que o sistema precisa dunha profunda transformación. Que o descrédito da política, a corrupción e a inoperancia perante os grandes problemas que sofre a sociedade obrigan a un relevo urxente de formas, contidos e mesmo de persoas e estruturas partidarias. A xente nova ten de dar un paso adiante, unha nova xeración que poña Galiza e o benestar das súas xentes como prioridade. Son un pesimista esperanzado, por iso son optimista.

14.- E para rematarmos, non podiamos deixar de aproveitar esta entrevista a unha persoa que exerceu a actividade política... que nos podería dicir verbo das circunstancias políticas que estamos a vivir nestes momentos?

lunes 22 de febrero de 2016

CUESTIONARIO

lunes 22 de febrero de 2016

A Sagrada

Familia.

Un monumento

salientábel?

Álvaro Cunqueiro e o

seu Merlín e familia.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Adrián Solovio (da novela Arredor de si, de Otero Pedrayo) Sancho Panza, sen dúbida (do Quixote, de Miguel de

Cervantes)

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Marguerite D

uras e o

seu O amante.Un/ha autor/-a e u

nha obra

literaria

estranxeiro

s?

Álvaro de Campos, un dos heterónimos de Fernando Pessoa

Un personaxe literario co que

se identifique?

Pulp Fiction, de Quentin Tarantino.

Unha película de cine?

lunes 22 de febrero de 2016

Demasiados para indicar

un, e todos gorentosos,...Un anceio por rea

lizar?

Para visitar, todos aqueles que non

coñezo. Para descansar, Galiza.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A xustiza.Unha utopía? Moitos: o sofá pola tarde, a

cama no inverno, a herba no

verán, debaixo dunha árbore con boa sombra...

Un lugar axeitado para a lectura?

Músicas, case todas, depende do momento. Unha canción? tamén

moitas, quizá Ne me quitte pas de Jacques Brel.

Un tipo de música? Unha canción?

lunes 22 de febrero de 2016

O cinema, as chapuzas na casa, a

horta, a gastronomía,...

Outro entretemento ademais da liter

atura?

Os dous mundos, quizá para vivir o rural. Da praia o

que peor levo é a area, da montaña, as costas.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Uffff, moitos. Quizá o

descubrimento da

roda ou a invención do

lavalouza,...

Un feito histórico?

Poñédelo moi fácil: a vida.

Cal é a súa fonte de inspiración?

Moitos. Quizá Paul Auster, quizá Quim Monzó.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Unha obra teatral?A agardar por Godot, de Samuel Becket

lunes 22 de febrero de 2016