14
O racionalismo moderno: R. Descartes 1 O RACIONALISMO MODERNO: R. DESCARTES 1. CONTEXTUALIZACIÓN 1.1. Marco histórico, social e filosófico Descartes nace ao finalizar o século XVI e morre na metade do século XVII. Nese tempo Francia tivo dous gobernantes, Enrique IV e Luis XIII, aínda que realmente o peso do goberno correu a cargo do cardeal Richelieu, que exerceu o poder absoluto en nome do Rei Luis XIII. O seu primeiro obxectivo foi o sometemento dos hugonotes, nome que daban en Francia aos seguidores das doutrinas do protestante Calvino, que ata 1685 viviran en paz, grazas ao edicto de Nantes, concedido por Enrique IV, que lles daba liberdade para practicar as súas crenzas, aínda que non fosen católicas. Suprimido o edicto sucedéronse conflitos, tensións, rebeldías e violencias. Richelieu propúxose pacificar a Francia e situala internacionalmente no cume das nacións para o que estableceu no goberno un poder absoluto, continuado despois por Luis XIV, que se autodenominou "o rei Sol". Igual que o sol é o centro do mundo, a monarquía de Luis XIV era o sol e todo o demais tiña que xirar en torno a el. Deste modo todo estaba sometido á vontade do rei, o que foi a verdadeira expresión do absolutismo. Na monarquía absolutista o rei é o soberano, que non ten ningunha limitación no exercicio de goberno, nin sequera da relixión. Responde soamente ante Deus, de quen é o lugartenente na terra. Luis XIV serviría de modelo para establecer en Europa o absolutismo nos séculos XVII e XVIII, sistema de goberno no que se concentra a totalidade de poder na persoa real. O monarca absoluto representa a Deus, é a encarnación do Estado, e débeselle completa obediencia por ser el mesmo a lei. Quen non obedeza será acusado de sacrilexio, por faltar ao respecto debido a quen é considerado sagrado, e de cometer delito de lesa maxestade ou agravio ao rei. Luis XIV quería someter a nobreza e o clero, que obedecía o papa romano. No plano social había unha organización estamental con tres niveis ou estamentos en cada un deles. C l e r o , nobreza e terceiro estado formaban a pirámide. Dentro do clero, o alto (abades e bispos importantes), o medio (párrocos de cidade) e o baixo (curas rurais). A nobreza tamén se dividía en alta (con título procedente de feitos de guerra, formaban a corte do rei), rural (podía comprar títulos), pobre. No terceiro estado a t opaba a burguesía, igualmente de nivel alto (ten título de nobreza, que se conseguía mediante a súa compra ou por servizos ao monarca), medio (rendas e negocios) e popular (pequenos comerciantes e campesiños). Os marxinados (en torno ao 10% da poboación) non se consideraban membros da nación. Eran mendigos, pobres e delincuentes e chegaban a pasar fame. Converterse en pobre era algo frecuente. Así acontecía cando se perdía a colleita, por causa do clima ou polas guerras, que adoitaban deixar á xente na miseria ou malferida ou moribunda. En Francia recluían estas persoas en asilos e hospitais, ou socorríaos a Igrexa, mediante as ordes relixiosas. O monarca absoluto era na práctica dono da vida e da morte dos seus súbditos. Esta situación de medo e inseguridade explica que Descartes fose tan prudente, mesmo deixando de publicar en vida algúns dos seus escritos, ou trasladándose dende Francia a outros países, pola dificultade intelectual e persoal que lle producía vivir sen liberdade de pensamento e actuación. Descartes viviu a época do absolutismo e tamén da Contrarreforma, o movemento da Igrexa católica creado no século XVI para combater os efectos da reforma protestante de Lutero e os seus seguidores, que empezou en Francia a partir de 1625, cunha feroz represión aos hugonotes. A tradición e o recurso aos libros sagrados, os filósofos e os teólogos foron durante a Idade Media fundamento da verdade. En cambio, o Renacemento cuestionou a tradición e a partir do MONARQUÍA ABSOLUTISTA SOCIEDADE ESTAMENTAL CLERO NOBREZA TERCEIRO ESTADO RENE DESCARTES

Racionalismo & Descartes

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A filosofía racionalista & Descartes

Citation preview

Page 1: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 1

O RACIONALISMO MODERNO: R. DESCARTES

1. CONTEXTUALIZACIÓN

1.1. Marco histórico, social e filosófico

Descartes nace ao finalizar o século XVI e morre na metade do século XVII. Nese tempo Francia tivo dous gobernantes, Enrique IV e Luis XIII, aínda que realmente o peso do goberno correu a cargo do cardeal Richelieu, que exerceu o poder absoluto en nome do Rei Luis XIII. O seu primeiro obxectivo foi o sometemento dos hugonotes, nome que daban en Francia aos seguidores das doutrinas do protestante Calvino, que ata 1685 viviran en paz, grazas ao edicto de Nantes, concedido por Enrique IV, que lles daba liberdade para practicar as súas crenzas, aínda que non fosen católicas. Suprimido o edicto sucedéronse conflitos, tensións, rebeldías e violencias.

Richelieu propúxose pacificar a Francia e situala internacionalmente no cume das nacións para o que estableceu no goberno un poder absoluto, continuado despois por Luis XIV, que se autodenominou "o rei Sol". Igual que o sol é o centro do mundo, a monarquía de Luis XIV era o sol e todo o demais tiña que xirar en torno a el. Deste modo todo estaba sometido á vontade do rei, o que foi a verdadeira expresión do absolutismo.

Na monarquía absolutista o rei é o soberano, que non ten ningunha limitación no exercicio de goberno, nin sequera da relixión. Responde soamente ante Deus, de quen é o lugartenente na terra. Luis XIV serviría de modelo para establecer en Europa o absolutismo nos séculos XVII e XVIII, sistema de goberno no que se concentra a totalidade de poder na persoa real.

O monarca absoluto representa a Deus, é a encarnación do Estado, e débeselle completa obediencia por ser el mesmo a lei. Quen non obedeza será acusado de sacrilexio, por faltar ao respecto debido a quen é considerado sagrado, e de cometer delito de lesa maxestade ou agravio ao rei. Luis XIV quería someter a nobreza e o clero, que obedecía o papa romano.

No plano social había unha organización estamental con tres niveis ou estamentos en cada un deles. C l e r o , nobreza e terceiro estado formaban a pirámide. Dentro do clero, o alto (abades e bispos importantes), o medio (párrocos de cidade) e o baixo (curas rurais). A nobreza tamén se dividía en alta (con título procedente de feitos de guerra, formaban a corte do rei), rural (podía comprar títulos), pobre. No terceiro estado a t opaba a burguesía, igualmente de nivel alto (ten título de nobreza, que se conseguía mediante a súa compra ou por servizos ao monarca), medio (rendas e negocios) e popular (pequenos comerciantes e campesiños).

Os marxinados (en torno ao 10% da poboación) non se consideraban membros da nación. Eran mendigos, pobres e delincuentes e chegaban a pasar fame. Converterse en pobre era algo frecuente. Así acontecía cando se perdía a colleita, por causa do clima ou polas guerras, que adoitaban deixar á xente na miseria ou malferida ou moribunda. En Francia recluían estas persoas en asilos e hospitais, ou socorríaos a Igrexa, mediante as ordes relixiosas.

O monarca absoluto era na práctica dono da vida e da morte dos seus súbditos. Esta situación de medo e inseguridade explica que Descartes fose tan prudente, mesmo deixando de publicar en vida algúns dos seus escritos, ou trasladándose dende Francia a outros países, pola dificultade intelectual e persoal que lle producía vivir sen liberdade de pensamento e actuación. Descartes viviu a época do absolutismo e tamén da Contrarreforma, o movemento da Igrexa católica creado no século XVI para combater os efectos da reforma protestante de Lutero e os seus seguidores, que empezou en Francia a partir de 1625, cunha feroz represión aos hugonotes.

A tradición e o recurso aos libros sagrados, os filósofos e os teólogos foron durante a Idade Media fundamento da verdade. En cambio, o Renacemento cuestionou a tradición e a partir do

MONARQUÍA ABSOLUTISTA

SOCIEDADE ESTAMENTAL

CLERO

NOBREZA

TERCEIRO ESTADO

RENE DESCARTES

Page 2: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 2

século XVII a autoridade de libros e teólogos non era suficiente, polo que Descartes comezou as súas investigacións para atopar a verdade a través dun novo método baseado na racionalidade dedutiva das matemáticas.

Impúxose, pois, a renovación da filosofía porque o modelo anterior, aristotélico-tomista, caducara, polo que os filósofos se aproximan á ciencia.

Na época absolutista, coa Contrarreforma en marcha, a nova ciencia tamén atopa dificultades para expresar e divulgar os seus descubrimentos. A Descartes formáranlle na tradición escolástica, agora comprende a necesidade de abandonar o método escolástico e crear unha nova filosofía, segundo o modelo dedutivo das matemáticas. Para isto quédalle un punto de apoio único: a autonomía da razón, que constitúe a base do racionalismo: a única autoridade á que se somete a razón é a si mesma, sen ningunha limitación. O racionalismo caracterízase por estes trazos: ● A razón non ten límites, pode coñecelo todo. ● Os coñecementos proceden da razón, non dos sentidos. ● O coñecemento alcánzase por dedución, partindo de principios ou ideas innatas da razón. ● A matemática é o modelo de ciencia perfecta. O físico, por exemplo, os movementos da natureza ou nos seres vivos, explícanse mediante unha estrutura matemático-xeométrica, porque todo pode reducirse a orde e medida. Unha figura xeométrica é medible, xa que está formada por puntos, liñas e superficies.

1.2. Aspectos biográficos de Descartes

René Descartes naceu na cidade de La Haye, Turena (Francia), o 31 de marzo de 1596 e morreu en Estocolmo (Suecia) o 11 de febreiro de 1650. Foi coñecido polo seu nome latinizado de Renatus Cartesius, de aquí procede a denominación de cartesiano ao seu sistema filosófico.

Ao pouco tempo de nacer, a súa nai morreu, polo que quedou ao coidado da súa avoa e unha ama de leite. O pai, que era avogado e xuíz, gozaba de boa situación económica e dalgunhas propiedades, que máis tarde herdará Descartes e lle permitirá vivir dedicado só á filosofía.

En 1606 é enviado ao colexio de La Flèche, un internado de xesuítas, para iniciar os seus estudos, no que permaneceu oito anos. Era un dos mellores colexios de Europa, segundo a estimación do propio Descartes. Recibiu unha excelente educación clásica e filosófica: estudou os autores gregos e latinos, aprendeu a escribir ben en francés e en latín, ademais de equitación e esgrima, e afondou na filosofía aristotélica e escolástica. A súa saúde era débil, xa que padecía de tuberculose. Parece ser que a causa da súa enfermidade no internado ofrecéronlle mellores cuartos que aos demais e permanecía máis tempo en cama polas mañás. Mesmo durmía coa ventá aberta, pois na época cría que isto resultaba favorable para a súa enfermidade.

Os estudos de filosofía duraban alí tres anos e analizaban a lóxica de Aristóteles, mediante a lectura e o comentario de obras como Categorías, Primeiros analíticos, Tópicos, Moral e Tratado da interpretación. Dedicaban outro ano á Física e ás Matemáticas, e un máis á Metafísica. Os xesuítas tiñan nos seus estatutos a orde de non apartarse de Aristóteles e Tomé de Aquino, este último o máis fiable intérprete do pensamento cristián.

As clases impartíanse segundo o modelo medieval, en tres momentos: 1) a explicación ou ditado do mestre, 2) a proposta de cuestións extraídas do texto orixinal, 3) a síntese. Era aquí onde interviñan os estudantes, achegando argumentos e razóns para disputar a teses do mestre. Deste modo exercitábanse na pugna dialéctica. Estas discusións ás veces abríanse ao público, dando ocasión ao lucimento discursivo duns e outros. Así conseguían o dominio de técnicas e recursos escolásticos, demostrando agudeza, enxeño e axilidade mental, pero Descartes recoñece que, se ben axudaban a defender as posicións, non alcanzaban a descubrir a verdade, nin tampouco a diferenciar o verdadeiro do falso. Por iso quedou decepcionado con esta formación escolástica o que o levou á busqueda dun novo método. .

AUTONOMÍA DA RAZÓN

E

MATEMÁTICA COMO

MODELO.

Comentario [F1]: MOI IMPORTANTE

Comentario [C2]: http://es.wikipedia.org/wiki/Ren%C3%A9_Descartes

Page 3: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 3

O que máis lle interesou a Descartes non foron os estudos filolóxicos e humanísticos, senón a astronomía e as matemáticas: por iso tan pronto como a idade me permitiu saír da suxeición dos meus preceptores abandonei completamente o estudo das letras (Discurso do método, Primeira parte).

A partir de 1614 estudou Dereito na universidade de Poitiers, onde se titulou en leis, aínda que nunca quixo exercer de avogado coa conseguinte decepción do seu pai. Pola contra, ingresou no exército e interesouse pola vida militar, aínda que o que buscaba en realidade era coñecer o mundo, como un grande escenario de estudio e reflexión. Dende 1917 pasou por Holanda, Baviera, Alemaña, Países Baixos, Dinamarca..., sempre ao servizo dun exército ou doutro e rematou decepcionado da vida militar.

En 1919, na noite do día dez de novembro prodúcese un feito moi significativo na biografía de Descartes. Tivo os seus tres famosos soños que cambiaron o curso da súa vida. Conta o filósofo que no primeiro soño se viu eivado e correndo para buscar refuxio nunha igrexa. No segundo había unha forte tormenta. O terceiro foi definitivo: ante el abriuse a páxina dun libro escrito en latín, que lle marcaba o camiño a seguir na súa vida, mediante a seguinte inscrición: ¿Quid vitae sectabor iter? (que camiño seguirei na vida?).

Descartes considera que tales soños eran unha auténtica revelación: a voz dicíalle no soño que tiña que encontrar a verdade e para iso debía reunir todas as ciencias nunha soa, a través dun método único. Deste modo reformaría a filosofía e superaría o camiño escolástico anterior. Era un xeito de interpretar que tiña que dedicarse á filosofía e crear un sistema novo que orientase a historia posterior do saber filosófico. Isto foi o que fixo, e para iso tivo que eliminar todas as opinións que ata entón había admitira (Discurso do método, Segunda parte).

Estes acontecementos decisivos sucederon mentres se atopaba só ante unha estufa que lle aliviaba do frío inverno na cidade alemá de Ulm. En agradecemento a tal revelación prometeu visitar o santuario da Virxe de Loreto, en Italia, o que fixo en 1623, despois de abandonar o exército e cando se dedicou a viaxar por diferentes lugares de Europa en busca de tranquilidade para elaborar os seus escritos: Parides, Amsterdam, Utrecht, Leyden... Cría que para vivir ben había que pasar desapercibido e ata vivir oculto, por iso dixo que só quen se oculta vive ben (bene vixit qui bene latuit) e fixo disto o lema da súa vida.

En Holanda permaneceu vinte anos, dende 1628, onde viviu de incógnito para eludir as visitas de amigos e cambiou varias veces de residencia. Non se atopa a gusto na Francia de Richelieu. O cardeal combatía dentro do país as doutrinas relixiosas luteranas e fora a outros imperios, como aos Austrias. Non había paz nin cohesión social senón conflitos permanentes e inestabilidade política. Richelieu implantou o absolutismo para combater á nobreza e manter sometido pola forza o pobo. Ademais subordinou o catolicismo á nación francesa, cuxo engrandecemento foi o seu principal obxectivo.

A igrexa defendía a filosofía aristotélica e era monárquica, polo que apoiaba a prohibición de ensinar doutrinas contrarias á Aristóteles e ao poder divino dos reis no goberno. O Parlamento de París chegou a decretar a pena de morte na cacharela para calquera formulación ou doutrina contraria a Aristóteles. En Holanda atopou a paz e liberdade que necesitaba para investigar e publicar, por iso editou alí boa parte da súa obra. Porén, a prudencia aconselloulle non publicar o seu Tratado do mundo e da luz, escrito en 1633, ao coñecer a condena de Galileo por manter o heliocentrismo, que era a base das explicacións físicas que necesitaba Descartes para a súa teoría.

Na universidade de Leyden ensinou matemática e coñeceu a Golius (1596-1667), profesor de árabe e matemáticas daquela universidade, que propuxo a Descartes que explicase o problema matemático de Pappus relativo a segmentos de liñas rectas ligadas por relacións de proporción. Descartes resolveuno mediante a súa xeometría analítica. En 1635 nace en Holanda a súa filla Francine, froito da relación amorosa coa súa serventa Helen, e morre de febre escarlata en 1644. Un ano antes coñece a princesa Elizabeth de Holanda, con quen mantén unha abundante correspondencia sobre temas políticos e morais, que son a orixe da última das súas obras publicadas en vida, Tratado das paixóns.

Page 4: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 4

Ao longo destes anos, Descartes fíxose famoso, as súas obras son obxecto de enconados debates por parte dos aristotélicos, que levaron ao Índice de libros prohibidos o Discurso do método. Tivo que defenderse dos seus influentes acusadores que o inculparon de escéptico e ateo, e aínda que contou con importantes defensores rematou por fartarse deste ambiente ou clima envelenado de disputas. Aproveita entón o convite da raíña Cristina de Suecia para que sexa o seu mestre ou preceptor e trasládase a Estocolmo en febreiro de 1649, co obxecto de ensinarlle o seu sistema filosófico. As leccións da raíña comezaban ás 5 da madrugada, o que fixo que a saúde de Descartes se resentise pronto, xa que tiña por costume durmir moito e permanecer comodamente en cama lendo e pensando. O frío invernal e os insólitos madrugóns provocáronlle unha pneumonía, que acabou coa súa vida o 11 de febreiro de 1650, aos 53 anos de idade.

Enterrado en Estocolmo, o seu cadáver foi reclamado por Francia en 1666 e, unha vez exhumado, os seus restos trasladáronse á igrexa de Saint Geneviève-du-Mont, máis tarde ao Panteón, dedicado á memoria dos homes franceses ilustres e posteriormente a Saint Germain-des-Prés. Parece que o cranio de Descartes foi seccionado e permaneceu en Suecia ata que o devolveron a Francia, que o ten rexistrado, dende 1878, no Museo do Home, de París.

1.3. Principais obras de Descartes

A mellor edición das obras de Descartes é a de Ch. Adam e P. Tannery, París 1897-1909. Regras para a dirección do espírito (publicación póstuma en 1671), Tratado do mundo (publicado en 1667), Discurso do método ( precedendo a Dióptrica, Meteoros e Xeometría), Meditacións de filosofía (primeira edición de 1647 incorpora Obxeccións e Respostas), Principios de filosofía, As paixóns da alma, Tratado do home (publicación póstuma), A busca da verdade pola luz natural (diálogo inacabado: apareceu tradución latina en 1701)

2. O MÉTODO CARTESIANO

Descartes propuxéronse construír un procedemento ou método que lle permitise descubrir eficazmente a verdade, ao non lle servir ningún dos métodos que se utilizaban no seu tempo: a autoridade bíblica ou relixiosa, o siloxismo dedutivo e a experiencia. Acabou atopando o punto de partida do método no seu propio pensamento.

2.1. Significado do método

Descartes estivo permanentemente preocupado polo problema da busca da verdade. Para a investigación da verdade das cousas é necesario o Método (Regras para a dirección do espírito, IV). Se se carece de método non se pode emprender ningún tipo de análise. Pola última páxina do Discurso do método sabemos que empregará a súa vida no coñecemento da natureza para o que necesita tempo libre máis que honrosos empregos. Tal busca inclúe tres pasos.

a) O primeiro empeza cedo na súa formación inicial cos xesuítas: Fun alimentado nas letras dende a miña infancia. Lingua e Historia antigas, Elocuencia e Poesía, Matemáticas, Teoloxía, Filosofía, Xurisprudencia, Medicina, Lóxica, Xeometría, Álxebra. O resultado da cultura escolar resultou decepcionante: Atopábame cheo de tantas dúbidas e erros que me parecía non obter outro proveito, ao tratar de instruírme, que o de descubrir máis e máis a miña ignorancia. (Discurso do método, Primeira parte).

Comentario [C3]: Moi importante.

Page 5: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 5

b) Co segundo paso toma a decisión de cambiar o estudio das letras polo grande libro do mundo (Discurso do método do método, Primeira parte). Despois de alistarse no exército, aproveita para ir adquirindo experiencias mundanas no contacto con outros homes e pobos que un gabinete de estudo non pode proporcionar. Tampouco lle satisfan estes coñecementos mundanos pois carecen dun fundamento firme.

c) Finalmente, acontece a experiencia definitiva, cando ve con absoluta claridade cál é a meta que debe alcanzar: un día tomei a resolución de estudar tamén en min mesmo e de empregar todas as forzas do meu espírito en elixir o camiño que debía seguir (Discurso do método, Primeira parte, in fine). Mentres examinaba os seus pensamentos á calor dunha estufa, cae na conta de que a verdade se atopa na súa propia razón dende a que terá que empezar a súa investigación das demais cousas.

É, pois, no propio suxeito pensante, onde hai que situar o fundamento seguro da verdade. Descartes descubriu a subxectividade, o que faría escribir a Hegel séculos máis tarde que é o creador da filosofía moderna. Descartes propóñense edificar nun terreo que é enteiramente meu (Discurso do método, Segunda parte), conducíndose dende si mesmo. Para iso necesita un método axeitado ao seu descubrimento do eu penso como orixe e fundamento da verdade.

Na primeira máxima de Regras para a dirección do espírito establece Descartes a unidade da ciencia, que sustenta no argumento seguinte: a sabedoría humana é unha soa, aínda que se aplique aos máis diversos temas, polo tanto todas as ciencias están unidas entre si de tal maneira que é moito máis doado aprendelas todas xuntas que separar unha delas das outras. Igualmente mantén a unidade da razón que é por natureza a mesma en todos os homes, xa que están dotados das mesmas operacións principais da razón: intuición, análise ou división, síntese ou dedución e enumeración e comprobación de resultados.

A unidade da ciencia e a unidade da razón esixen que o método sexa único. En efecto, a razón debe estar dotada dun procedemento ou método para alcanzar a verdade e conter unhas regras metódicas para a súa axeitada dirección, porque estar ben capacitados, é dicir, posuír unha razón, non é suficiente. Respecto á ciencia, o ideal da Universalis Sapientia, ou Ciencia xeral ou unificada, só se alcanzará partindo dun método único.

Dende a Escolástica os coñecementos científicos considerábanse como tales debido ao seu contido, mentres que para Descartes o fundamental é o método. Independentemente dos contidos do obxecto do que trate, calquera saber é ou non científico se cumpre unhas determinadas características metodolóxicas, mediante as que é posible alcanzar sistematicamente a verdade.[…]

Aínda que Descartes non ofrece nas súas obras unha exposición completa do seu método, este comeza pola dúbida. É o recurso cartesiano para erradicar

UNIDADE DA CIENCIA E DA

RAZÓN → UN SÓ MÉTODO

A VERDADE ESTÁ DENTRO

DE CADA UN DE NOS.

SUBXECTIVIDADE

Page 6: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 6

calquera falsidade e descubrir a verdade. Descartes propóñense rexeitar todos aqueles coñecementos sobre os que pode recaer a máis mínima sombra de dúbida. Rexeitou nun primeiro momento o mundo dos saberes vixentes do seu tempo por ter alicerces moi pouco firmes. Correrá a mesma sorte a experiencia que lle proporcionaba o libro do mundo. O trato, os costumes e testemuños dos homes tampouco o convencen, porque son moi variables e pouco firmes. Non atopa seguridade, polo tanto, na filosofía, nin na moral, nin na ciencia, nin no coñecemento por experiencia, nin no intelectual. Nunha palabra, tiña que tomar unha solución radical: No que atinxe ás opinións que ata entón admitira eu na miña crenza, pensei que non podía facer cousa mellor que intentar por unha vez suprimilas todas (Discurso do método, Primeira parte; Meditacións de filosofía primeira, Primeira).

A partir de aquí decide inventar o seu propio camiño dende si mesmo, pois non atopa ningún principio seguro. Por el camiñará cara á verdade rexeitando previamente como absolutamente falso o que lle ofrecese a mínima dúbida.

2.2. Dúbida metódica, pensamento e ser

a) Dúbida. A dúbida de Descartes é unha dúbida metódica. Non se manterá permanentemente nela, senón que, pola contra, a súa finalidade última consiste en superarse a si mesma, de cara a alcanzar un principio indubitable. Por conseguinte, ten que ver co inicio do propio método e non cun o escepticismo alleo a este. A dúbida cartesiana é necesaria para comezar a filosofía. […]

Sinala Descartes tres fundamentos racionais para dubidar, coa peculiaridade de que cada un é superior en radicalidade ao seu precedente: ● Os sentidos son falaces. Estamos habituados a seguir unha especie de empirismo natural na nosa crenza de que os sentidos son os balcóns polos que nos asomamos á realidade e a capturamos para organizar a s nosas sensacións despois. Cremos que os sentidos son os mediadores entre a realidade e o pensamento. Mediante eles chega este a reflectila. Habería que violentar a nosa mente para facela dubidar dos obxectos inmediatos, que se nos presentan. Os sentidos son os que coñecen inicialmente as cousas: todo o adquirimos mediante eles. Non obstante, non é menos certo que os sentidos nos enganan algunhas veces. Así, por exemplo, cremos ver a silueta da nosa amiga que esperamos, pero ao achegarnos comprobamos que se trata doutra persoa. O olor dun alimento pode producir sensacións pracenteiras, pero cando o probamos non nos gusta. Por conseguinte, non podo fiarme dos sentidos: non son fonte segura de coñecemento. ● Os soños. Aínda que concedésemos non poder dubidar das experiencias antes descritas, a hipótese do sono inclúe tamén a posibilidade da dúbida razoable sobre elas. E se estivese soñando que agora estou aquí, escribindo traballosamente os meus pensamentos sobre o papel? En tal caso, podería saber que se trata dun puro sono? Non hai indicios certos para distinguir o soño da vixilia, contesta Descartes. Por iso resolvín finxir que nada do que ata entón entrara na miña mente era máis verdadeiro que as ilusións dos meus soños.

Descartes observa que a filosofía

leva dende os presocráticos sin

alcanzar un acordo unánime ou

un coñecemento certo. Fronte á

filosofía a matemática parece

que progresou continuamente, e

aparece como unha ciencia certa

e indubidable. Esto leva a

Descartes a tomar a matemática

como modelo. Considera que o

que necesita a filosofía é un

MÉTODO que procure un

coñecemento certo e seguro

como o das matemáticas.

Este método consistira na

DÚBIDA METÓDICA. E dicir:

dubidar de todo hasta atopar

unha certeza indubidable.

DÚBIDA METÓDICA

OS SENTIDOS

UN SOÑO

XENIO MALIGNO

Comentario [C4]: Principio do

Racionalismo: pensar = existir

Page 7: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 7

● Un xenio maligno. Non obstante, hai coñecementos que non son afectados pola dúbida. Valla, como exemplo, a matemática. Nela hai algo certo e indubidable, por esta razón: Durma eu ou estea esperto, sempre dous e tres sumarán cinco e o cadrado non terá máis de catro lados. Por iso é preciso dar un paso máis para facer universal o proceder da dúbida: Suporei, pois, ... que certo xenio ou espírito maligno, non menos astuto e burlador que todopoderoso puxo a súa industria toda en enganarme. Poderiamos ser feitos cunha razón defectuosa por un Deus que nos quixese enganar e isto sería dramático para un racionalista que só confía na súa razón. A hipótese do xenio maligno é o límite epistemolóxico da dúbida radical.

Descartes non poden avanzar ningunha hipótese máis e remata a súa dramática descrición confesando que, quizais, non sexa posible aclarar todas as tebras das dificultades que acabo de promover. Pode, mesmo, que non sexa capaz xa de resolver tantas dúbidas como ten, pero, ao mesmo tempo, está convencido de que se atopa no bo camiño, que seguirá ata que, como Arquímedes e a súa panca, atope un punto firme e certo.

b) Primeira certeza. Ese punto firme descóbreo no pensamento. En efecto, nin sequera o todopoderoso espírito maligno poderá, cos seus enganos, impedir que eu pense mentres estou a dubidar: Engáneme canto queira, que non conseguirá que eu sexa nada mentres estou a pensar que son algo. Soñe ou estea esperto, engáneme ou estea no certo, penso... e se penso, polo menos como cousa pensante, existo.

Remata aquí a dúbida radical e conséguese a primeira certeza: o pensar mesmo é xa un feito indubidable. Non será este, acaso, o punto de apoio que andaba buscando? Dende logo. Teño conciencia de que dubido, mesmo de que me están a enganar. Así o formula Descartes: E advertindo que esta verdade: penso, logo son, era tan firme e seguro que as máis extravagantes suposicións dos escépticos eran incapaces de conmovela, pensei que podería aceptala sen escrúpulo como o primeiro principio da filosofía que andaba buscando. […]

Aquí finaliza a primeira etapa cartesiana, a da dúbida, e queda descuberto o pensar como realidade primeira e punto de partida da construción metódica da verdade. O pensamento é o principio firme do que xurdirá dedutivamente todo o resto das cousas, a condición da súa posibilidade. A instancia racional, considerada como a máis valiosa dende Galileo, agora queda consolidada como tal para non abandonar nunca máis os homes da modernidade: Non hai nada que estea enteiramente no noso poder máis que os nosos pensamentos.

c) Novo criterio de verdade. Que é o q u e garante a total coincidencia entre pensar e ser, de tal maneira que no momento en que penso sei que existo? Simplemente a evidencia: Na proposición penso, logo existo, o único que me asegura de que digo a verdade é que vexo moi claramente que para pensar é necesario ser. Non Se trata dun razoamento, como pode suxerir falsamente o ergo latino, senón dunha propiedade que, de forma directa ou inmediata, comparece ante o espírito; ten carácter intuitivo, non dedutivo (todo o mundo

PENSO LOGO EXISTO →

REMATE DA DÚBIDA E

PRINCIPO DE CERTEZA.

Page 8: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 8

pode ver por intuición intelectual que el existe, que pensa...). A intuición garante certeza absoluta.

Certeza é o asentimento e adhesión do suxeito ao que considera verdadeiro, sen que teña ningunha dúbida diso. Verdadeiro é o que concibe moi clara e distintamente. Evidente é o que se presenta directa e inmediatamente ao suxeito, que non necesita demostralo por consideralo como seguro. Descartes propúxose co seu método chegar á verdade e para iso estableceu que coñezo verdadeiramente cando teño unha idea clara e distinta de algo, é dicir, que se manifesta de modo tan preciso que non pode confundirse con outra cousa, ao ser evidente. Ante a evidencia o meu espírito só pode mostrarse conforme, sen ningunha dúbida, xa que a evidencia obriga á aceptación.

Así pois, no cogito (pensamento), remata a dúbida, descóbrese o suxeito como punto de partida da filosofía e xustificación do criterio de certeza. Criterio é a norma ou regra que nos permite analizar os xuízos e confirmar a súa verdade ou falsidade. Esta é a regra: todo o que eu perciba coa mesma claridade e distinción que a intuición ou evidencia inmediata do eu penso (cogito) é verdadeiro. Claro é algo que se presenta ao meu espírito de modo que abonda examinalo para que sexa coñecido sen deixar ningunha abertura á sombra de dúbida. Distinto é aquilo que capto de modo que o podo diferenciar externamente con precisión de calquera outra cousa, así como, internamente, separar as súas partes compoñentes.

Co seu criterio de verdade, Descartes eliminou anteriores normas e modelos, como a autoridade ou, incluso, a experiencia e instaura o reino da razón.

2.3. Regras para a dirección do espírito

Agora que dispoñemos do criterio de verdade pódese precisar o método e as regras que nos permitan obtela. Polo método entendo regras doadas e certas, cuxa observación rigorosa impide tomar o falso por verdadeiro, e que fan que o espírito, sen empregar inutilmente ningún esforzo, senón acrecentando gradualmente a súa ciencia, chegue ao coñecemento verdadeiro de todo o que é capaz de coñecer.

O método contén un número de preceptos e dispón de regras. Porén, é algo máis que simples regras. Consiste nunha serie de operacións fundamentais da razón (intuic i ó n , análise ou división, dedución e verificación de resultados) e unha concepción do coñecemento científico que só pode fundamentarse na evidencia absoluta. Toda ciencia é un coñecemento certo e evidente.

Pasemos a examinar o método. No Discurso do método aparece unha exposición sistemática, de apenas media páxina, na que se limita a referir os catro preceptos seguintes: ● Evidencia. Non aceptar nunca cousa ningunha como verdadeira, sen coñecela evidentemente como tal; é dicir, evitar coidadosamente a precipitación e a improvisación e non admitir nos meus xuízos nada máis que o que se presentase ao meu espírito tan clara e distintamente que non tivese

A INTUICIÓN É O CRITERIO

DE CERTEZA

CRITERIO DE VERDADE RACIONALISTA:

ALGO É CERTO SI SE NOS

PRESENTA COMO UNHA

INTUICIÓN CLARA E

DISTINTA.

REGRAS DO MÉTODO:

- EVIDENCIA

- ANÁLISE

- SÍNTESE

- ENUMERACIÓN.

MÉTODO: Regras doadas e certas

que impiden tomar o falso por

verdadeiro.

Page 9: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 9

motivo ningún de poñelo en dúbida. ● Análise. Dividir cada unha das dificultades que examinase en tantas partes como fose posible e en cantas se requirisen para a súa mellor resolución. ● Síntese. Conducir ordenadamente os meus pensamentos, comezando polos obxectos máis simple e fáciles de coñecer para ascender pouco a pouco, como por graos, ata o coñecemento dos máis complexos, supoñendo, mesmo, unha orde entre os que non se preceden naturalmente. ● Enumeración. Facer en todo enumeracións tan complexas e revisións tan xerais que estivese seguro de non omitir nada,

En Regras para a dirección do espírito Descartes establece dous procedementos para obter certeza, a intuición e a dedución. Os obxectos, é dicir, a realidade constitúe conxuntos de datos elementais ou naturezas simples que establecen nexos ou enlaces entre si. É preciso reconstruír tales datos e restablecer o conxunto, para obter a súa captación completa. Pois ben, mediante a dedución reconstrúese e por intuición coñécese os elementos ou naturezas simples. […]

3. A REALIDADE

Unha vez descubertas e formuladas as regras do método, Descartes utilízao para coñecer a realidade, que abrangue tres ámbitos ontolóxicos ou substancias: infinita, pensante e extensa. A análise das dúas últimas constitúe o tratamento cartesiano do home, que é res cogitans pola súa alma e res extensa polo seu corpo. A esencia do mundo ou a natureza é tamén a extensión. Ademais, queda Deus como res infinita. Complétase así a súa filosofía na concepción da realidade antropolóxica, teolóxica e física.

3.1. Cogito: Eu son un pensamento

Vexo que nada hai que me sexa máis doado de coñecer que o meu propio pensamento. Na orde do coñecemento o primeiro é o eu penso. É a única realidade que está a salvo da dúbida. Pensar é a natureza propia do eu, a súa esencia, de tal maneira que Descartes afirma coñecer o pensamento antes que o corpo e incluso prescindindo del.

Así, pois, penso, logo son. Pero, que ou quen son? Descartes contesta sempre do mesmo xeito: Son, falando con precisión, unha cousa que pensa, o que significa: unha cousa que dubida, entende, concibe, afirma, nega, quere, non quere e, tamén, imaxina e sente. E isto en virtude de que teño diso unha percepción clara e distinta, e esta é a regra xeral de certeza

Descartes puido quedar aquí. Quizais non cabía ningunha coherencia maior que permanecer na subxectividade. Non obstante, sentiu a necesidade de dar o salto á realidade extrasubxectiva e para iso necesitou apoiarse na idea de Deus. Sen Deus non habería coñecemento do mundo real.

3.2. Deus, o ser perfecto

En que consiste a materia dos meus pensamentos? Nas ideas.

CERTEZA:

PENSO, LOGO EXISTO PROBLEMA : como saír da

subxectividade ? Como garantír

que o que hai fora da razón

existe? Desmostrando a

existencia de Deus. Deus é quen garante que o que

observo no mundo é certo.

Page 10: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 10

dende logo. Así, por exemplo, ter un pensamento sobre o ceo, a terra, a calor, Deus, etc., é, falando con precisión, ter a idea de ceo, de terra, de calor, de Deus, etc. […]

Finalmente clasifica as ideas en tres tipos: 1) as que me parecen nacidas en min: innatas, por exemplo, saber que é a verdade ou que é o pensamento; 2) as que me parecen vindas de fóra: adventicias, como oír un ruído ou sentir o lume; 3) as formadas por min mesmo: facticias, como as sereas ou os hipogrifos. As máis importantes son as ideas innatas, xa que constitúen a conexión entre pensamento e Deus (o innatismo é a tese principal do racionalismo).

Respecto a Deus, Descartes ofrece os seus argumentos en distintas obras pero con formulacións similares. Que Deus existe próbase pola idea do ser perfecto. Pois, no feito da dúbida descubro que eu non son perfecto -hai máis perfección en coñecer que en dubidar- Pero entre as ideas que eu teño atopo a idea dun ser perfecto e infinito -baixo o nome de Deus entendo unha substancia infinita, eterna, inmutable, independente, omnisciente, omnipotente. Se preguntamos de onde procede esa idea, temos que admitir que o máis perfecto non pode proceder do menos perfecto, é dicir, que esa idea non vén de min, é innata, e, por conseguinte, debo deducir que tal natureza existe -que Deus, ese ser tan perfecto, é ou existe, atopábao polo menos tan certo como puidese selo calquera demostración da xeometría.

Un primeiro argumento di que se eu teño na miña mente a idea de Deus, que é un ser perfecto, esta idea non pode vir de min, que son un ser imperfecto porque do imperfecto non pode proceder o perfecto. Logo só queda que o propio Deus a teña implantado na miña natureza racional, polo que a súa existencia é innegable.

O segundo argumento afirma que se o contido do que está no pensamento non existe tamén na realidade, entón ese contido non sería a perfección, pois existir no pensamento e na realidade é máis perfecto que existir soamente no pensamento. Este é o argumento anselmiano reformulado por Descartes e denominado comunmente argumento ontolóxico.

3.3. Mundo e dualismo cartesiano

O percorrido do razoamento cartesiano irá do eu a Deus e de Deus ao mundo exterior. Convén precisar o idealismo de Descartes, no sentido de que non nega a existencia do mundo externo, como fai o idealismo radical, pero esta existencia é unha idea que ten que ser xustificada como tal para ser considerada lexítima por parte do coñecemento. Xustamente faino dende Deus. Hai un parágrafo luminoso ao final da quinta Meditación: E agora, coñecéndoo, [ refírese a Deus] posúo o modo de adquirir unha ciencia perfecta sobre infinidade de cousas, non só das que están nela, senón tamén das que pertencen á natureza corporal en canto obxecto posible das demostracións xeométricas. Despois de coñecer con seguridade que Deus existe e que é a

IDEAS:

- INNATAS

- ADVENTICIAS

- FACTICIAS

Comentario [C5]: Primeira proba da existencia de Deus.

Comentario [C6]: Segunda proba.

Argumento Ontolóxico.

Page 11: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 11

bondade suprema, desaparece a imaxe dun deus ou xenio maligno e enganador. Só un Deus malo e poderoso podería modificar a estrutura da miña razón ata volvela incompleta e defectuosa, pero eu sei que Deus é un ser perfecto, infinito e bo, polo que non me vai enganar, porque entón no seu seo habitaría a maldade e, polo tanto, a imperfección, é dicir, non sería Deus.

Na súa argumentación Descartes realiza unha aplicación rigorosa do método: o mundo, ao igual que Deus, deberá ser obxecto dunha demostración. É manifesto que os corpos non son coñecidos propiamente polos sentidos ou pola facultade de imaxinar, senón polo entendemento só, e que non son coñecidos porque os vemos e os tocamos, senón porque os entendemos ou comprendemos polo pensamento. Pero o feito de pensalos non implica que existan.

Existen cousas materiais? Na Meditación segunda considera os corpos que vemos e tocamos, poñendo como exemplo un anaco de cera. Que conciben dela os meus sentidos? Quizais un olor, unha cor, unha figura, un tamaño, etc. Pero, cando desaparece todo isto (por exemplo, se a quentamos), ¿que queda? Non queda certamente máis que algo extenso, flexible e mudable. fronte ao que nos digan os sentidos.

O argumento xeral de Descartes, resumidamente, é este. Eu penso na idea clara e distinta de extensión e, ademais, teño a convicción de que existen as cousas extensas como o meu corpo e outros corpos ao meu redor. Pero como Deus non pode enganarnos, a súa veracidade garante a existencia de tales corpos e do mundo físico que configuran.

Queda así establecido o dualismo cartesiano, res cogitans fronte a res extensa, ou pensamento fronte a corpo: A miña alma é enteira e verdadeiramente distinta do meu corpo, podendo ser e existir sen o corpo. Con iso formularase ao racionalismo posterior o difícil problema da comunicación das substancias.

3.4. Comunicación das substancias ou relación mente e corpo

Pensamento e extensión son dúas substancias independentes entre si, porque son heteroxéneas e existen separadamente, cunha excepción, o caso do ser humano, no que se atopan unidas. En As paixóns da alma escribe Descartes: a alma está realmente unida a todo o corpo e non podemos dicir que non exista nunha calquera das súas partes con exclusión das outras.

Se se trata de dúas substancias independentes, espírito pensante e corpo extenso, como se comunican entre si? Como inflúe a mente no corpo e viceversa? Como podo eu ter sensacións, se o eu é inextenso, porque pertence ao pensamento, e as sensacións son extensas, porque pertencen ao corpo, que é materia? Como aplicar o espírito á materia? Por que no momento de darse unha acción psíquica paralelamente sucede a conseguinte acción física que corresponde a aquela? A solución que achega Descartes é que Deus fixo o mundo material de maneira que nel fosen aplicables os pensamentos da

DUALISMO CARTESIANO:

EU

DEUS

MUNDO

RES COGITANS (PENSAMENTO)

RES EXTENSA (CORPO)

Page 12: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 12

mente. Nos seres humanos hai un lugar concreto de unión entre o corpo material e a alma espiritual: a glándula pineal. Este órgano situado no cerebro, na parte denominada encéfalo, cuxos órganos forman o sistema nervioso, unifica as sensacións procedentes dos sentidos.

Outros racionalistas chegaron a solucións diferentes a Descartes, que poden explicarse co exemplo de dous reloxos que funcionan con total coincidencia, de modo similar ao funcionamento da alma e o corpo. Hai tres explicacións posibles: 1) un dispositivo técnico conecta os dous reloxos, 2) un mecánico supervísaos e regula permanentemente, 3) unha fabricación rigorosa e precisa destes. Os ocasionalistas, como Malebranche, poñen en Deus o mecánico supervisor: ante un movemento da alma Deus produce o correspondente e coincidente movemento do corpo. Deus actúa con ocasión de tal acción da alma ou do corpo. A causa é substituída pola ocasión.

Leibniz recorre á harmonía preestablecida fronte ao dispositivo técnico da glándula pineal de Descartes ou o mecánico supervisor de Malebranche. Propón a terceira explicación: Deus creou as dúas substancias con tal perfección que, aínda que sigan as súas propias leis, coinciden exactamente nas súas actuacións, grazas a que o Creador estableceu previamente a súa harmonización.

Spinoza cambiou radicalmente toda a formulación: non hai dous reloxos ou dúas substancias separadas, só existe unha, a divina ou Deus. A coincidencia ou harmonía explícase porque pensamento e extensión son atributos, é dicir, propiedades ou constitucións da única substancia. Hai, pois, un reloxo con dúas esferas. Esta é a solución máis simple e sinxela, as demais son bastante artificiais. O problema da solución de Spinoza é que leva ao panteísmo: a natureza ou a extensión é o mesmo Deus.

4. A MORAL POR PROVISIÓN

Descartes propón tamén unhas regras de moral, extraídas do método, que permitan vivir ben razoablemente e de modo tranquilo. Na vida necesitamos tomar decisións libremente elixidas mediante accións autónomas, coas que os seres humanos poidan axustarse á orde do mundo.

4.1. Moral por provisión ou moral provisional?

A terceira parte do Discurso do método leva por título algunhas regras de moral sacadas do método. Segundo isto, a moral non é independente da súa teoría do coñecemento e procede igualmente do método, o que parece lóxico. Por un problema de tradución fíxoselle dicir a Descartes que ofrece unha moral provisional, cando no texto orixinal escribe moral por provision. A diferenza non é de matiz, é importante. "Provisional" é o que se ten momentaneamente e algo adicional, que pode perderse pronto. Neste caso as regras de moral non serían permanentes. En cambio, por provisión significa para prover e previr, para dispoñer os medios e resolver un problema, cos recursos necesarios.

Page 13: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 13

Cal é o sentido da moral? A vida humana non se pode deter, necesita actuar dende a situación en que se atopa de xeito racional. Vivir felizmente, é dicir, de modo satisfactorio, é unha tarefa de todos os días e non é posible esperar na orde práctica, como se fai no teórico, ata resolver a dúbida. Por i s o, para poder dedicarse ao cultivo da razón e descubrir a verdade, obxectivo que plenifica ao ser humano, propón as regras de moral para previr calquera continxencia.

4.2. As regras da moral

Descartes di que a súa moral só contén tres máximas. 1ªObedecer ás leis e costumes do meu país, seguindo as opinións moderadas dos máis sensatos. Non só é cousa de sentido común, senón de sabedoría práctica, propia do home prudente, no sentido aristotélico. Nos costumes inflúe a relixión que se teña e tamén a moderación e sensatez para actuar. 2ª Ter firmeza e resolución nas accións, unha vez que tomou a decisión máis axeitada. Non cabe demorarse ata saír de dúbidas, pola necesidade imperativa de ter que actuar. Trátase de tomar unha decisión, libremente elixida, e poñela en práctica, aínda que despois chegase a resultar equivocada. 3ª Vencerme a min mesmo antes que á fortuna, e cambiar o meu desexo máis que a orde do mundo. Atópase aquí a presenza dunha racionalidade estoica evidente. Sabedoría para actuar de acordo coa orde do mundo, dominando os desexos inmoderados que perturban a vida. É prudente repregarse ante as circunstancias e ata se ocultar para vivir a gusto e felizmente. É esta unha moral individualista, propia da burguesía dos tempos de Descartes. O que importa é manter a liberdade individual. Di Descartes que o único que nos pertence son os nosos pensamentos, o demais está fóra de nós, polo que non importa se non se pode conseguir, xa que é alleo a min.

Coa tranquilidade de ánimo que lle proporcionan estas tres máximas pode dedicarse enteiramente ao cultivo da razón, que é a mellor ocupación dos homes, e a que a el lle proporcionou os maiores gozos e satisfaccións.

5. MECANICISMO E MATEMÁTICAS

Para explicar os corpos Descartes acode ao mecanicismo. Cre que as calidades obxectivas das cousas pódense medir co instrumental matemático. Deste modo continúa coa súa liña racionalista. Que conciba a plantas e animais como algo mecánico, produciu gran desconcerto entre os seus coetáneos, que o xulgaron como un grande erro.

5.1. Mecanicismo fronte a organicismo

O mecanicismo é un sistema que explica a realidade mecanicamente, é dicir, a través da materia, as forzas e os movementos que se dan nela. O mecanicismo rexeita as calidades secundarias (cores, sons e sabores son aspectos subxectivos ou mentais e non propiedades esenciais das cousas) e acepta soamente as calidades primarias (figura, tamaño), porque son trazos obxectivos que conteñen as cousas, xa que poden medirse e cuantificarse.

MECANICISMO

Cualidades Secundarias:

Subxectivas.

Cualidades Primarias:

Obxectivas. Medibles.

Cuantificables.

Comentario [C7]: Moral conservadora.

Comentario [C8]: Propio dun

Racionalista: A razón por enrriba da paixón.

Page 14: Racionalismo & Descartes

O racionalismo moderno: R. Descartes 14

Rexeita igualmente as causas finais, porque se considera que son suficientes as causas eficientes para a explicación da realidade.

Descartes é mecanicista en canto á explicación do mundo físico. Defende que as calidades primarias están nas cousas e se poden describir matematicamente. Por iso a ciencia cartesiana segue o modelo matemático, posto que a matemática é o instrumento imprescindible para medir cantidades e magnitudes. Segundo Descartes, os fenómenos físicos non se explican pola experiencia, senón que se rexen por unha lei que segue esquemas matemáticos de orde e medida.

Na explicación dos animais e as plantas distánciase Descartes do modelo organicista aristotélico. Animais e plantas non son organismos vivos que teñan unha finalidade, como en Aristóteles, senón realidades mecánicas, é dicir, máquinas reducibles a cantidades materiais mensurables, procedentes da súa propia natureza, sen nengún tipo de causalidade final. Na natureza non hai fins, só se producen choques ou accións mecánicas duns corpos con outros.

Para o racionalismo a matemática é a base da ciencia, mentres que o empirismo fundamentará a física, que é o seu modelo de ciencia, na experiencia. VIDEOS RECOMENDADOS: http://www.youtube.com/watch?v=TZIBmTiCuYs http://www.youtube.com/watch?v=hP9uWUO3ivI

En inglés: http://www.youtube.com/watch?v=BHihkRwisbE http://www.youtube.com/watch?v=BWH00ugAeEc

Comentario [C9]: Rexeita o finalismo Aristotélico.

Comentario [C10]: A experiencia en todo caso só serviría para verificar o

postulado pola cuantificación matemática.