21
Proxecto Os faros e a luz Curso 2014-2015 VISITA DO PATRÓN MAIOR DA CONFRADÍA DE PESCADORES DE CAMBADOS

Visita do patrón maior

  • Upload
    egsumay

  • View
    19

  • Download
    3

Embed Size (px)

Citation preview

Proxecto Os faros e a luzCurso 2014-2015

VISITA DO PATRÓN MAIOR DA

CONFRADÍA DE PESCADORES DE

CAMBADOS

O patrón maior da Confraría de Pescadores de Cambados, Ruperto Costa, acompañado por un membro do seu equipo, aceptou a invitación feita polo equipo da Biblioteca para que nos falara do seu traballo.

Falando co grupo de 4ºA e 4ºB nunha das aulas

A sesión estaba moi ben preparada, pero Ruperto e o seu acompañante sorprendéronnos moi gratamente porque non só contaron quenes eran, que facían, as súas preocupacións polo sector da pesca e do marisqueo, pola importancia de educar no respecto ao medio mariño en canto ás capturas, aos tamaños, ao peso… senón que nos entusiasmaron falándonos e ensinándonos sobre os barcos, o sentido das cores das luces dos barcos, de faros, boias e balizas…

DEBUXARON NO ENCERADO AS POSICIÓNS DOS BARCOS E AS

CORES DAS LUCES DE CADA LADO

FALARON DO SÓNAR, DA SONDA E DO RÁDAR

TROUXERON CARTAS MARIÑAS DA RÍA DE AROUSA

Contaron polo miudo a utilidade dos instrumentos de navegación , as cartas náuticas, como recoñecer os faros a través da cadencia dos destellos e da cor da luz, as “estradas” que existen no mar, como evitar abordar outros barcos pola noite…

Como a exposición foi perfecta, e eles moi amables, tamén lles contaron aos de 3º o seu labor.

AO REMATAR A MAÑÁ TAMÉN ANIMARON AO PROFESORADO A ENSINARLLE AOS

NENOS/AS A IMPORTANCIA DE RESPECTAR O MAR

PERO A COUSA NON QUEDOU AÍ

OS DO TERCEIRO CICLO TAMÉN QUERÍAN

QUEDAMOS PARA O DÍA SEGUINTE, PERO TODOS XUNTOS NO XIMNASIO

Como eran os maiores, repetiron o do día anterior pero ampliaron moita información

CARTAS NÁUTICAS

DEBUXOS

PROXECCIÓNS

E ao rematar contestaron todas as preguntas que lles tiñan preparadas e aquelas que xurdiron ao longo da charla.

E máis de un, e de unha, xa quere ser patrón maior de Cambados cando lle chegue a idade.

A semana seguinte, esto é, o xoves 12 de febreiro, o alumnado de 2º ciclo , acompañados polas titoras e dous profesores máis, remataron a experiencia visitando a baliza do porto de Tragove, o edificio de Portos do Estado, a lonxa e unha depuradora.

Moitas grazas a Ruperto