View
594
Download
6
Category
Preview:
Citation preview
1
A Enerxía,
Tema Introductorio
Xacobo de Toro
April 13, 20232
Enerxía, calor e Traballo
April 13, 20233
Enerxía A enerxía é a capacidade que
teñen os corpos ou sistemas materiais de transferir calor ou realizar un traballo, de xeito que, a medida que un corpo ou un sistema transfire calor ou realiza un traballo, a súa enerxía diminúe.
Mídese en xullos (J) no Sistema Internacional de unidades.
April 13, 20234
Definición de calor (Q) e Traballo (w) A calor é a enerxía que se transfire
entre dous corpos como consecuencia da súa diferenza de temperatura. Sempre perde enerxía o corpo máis quente e a gana o máis frío. Ex: Un xeo que se derrete nun café
Realízase traballo sobre un corpo ou sistema material cando este se despraza baixo a acción dunha forza que actúa total ou parcialmente na dirección do movemento. Ex. O neno que empurra un coche de xoguete para que se mova.
April 13, 20235
Transformacións dun sistema material: Unha transformación é calquera cambio nas
propiedades iniciais dun corpo ou sistema material. As transformacións que suceden nos sistemas
materiais poden describirse mediante os cambios que se producen na enerxía dos devanditos sistemas. É dicir calquera cambio nas propiedades iniciais dun corpo ou sistema material. Algúns exemplos de transformacións son os seguintes: Un cambio de posición ( movemento) dun corpo. Ex : no
mando da wii, a v co cal o movamos serverá para dar instrucións de movemento á consola.
Un aumento ou unha diminución de temperatura. Unha deformación ou un cambio de forma. Ex: A
plastilina cando lle aplicamos unha forza Un cambio de volume por expansión ou por contracción.
Ex a botella valeira que se contrae con aire frío e se expande con aire quente.
A variación de enerxía pode producirse de dous xeitos: Como unha transferencia de enerxía dun sistema
material a outro. Como a transformación dunha forma de enerxía noutra
dentro dun mesmo sistema material.
April 13, 20236
Lei da conservación da enerxía A enerxía pode transformarse
dunhas formas noutras ou transferirse duns corpos outros, pero en conxunto, permanece constante.
Ex: A enerxía potencial que adquire a bóla do extremo (por estar separada da súa posición de equilibrio e estar a certa altura) transfórmase en enerxía cinética (produce movemento) e esta, á súa vez transfórmase en enerxía potencial na bóla do extremo oposto.
April 13, 20237
Tipos de EnerxíaSegundo cal sexa o proceso polo que os corpos obteñen a capacidade para realizar traballo ou para transferir enerxía como calor, a enerxía denomínase dun ou outro xeito. As formas en que se pode manifestar a enerxía son:
April 13, 20238
Enerxía cinética enerxía asociada aos corpos que se
encontran en movemento, depende da masa e da velocidade do corpo. Ex.: Un coche en movemento.
April 13, 20239
Enerxía potencial: un tipo de enerxía mecánica
que procede da posición dun obxecto nun campo gravitacional. Como exemplo, a gravidade na superficie terrestre supón unha aceleración sobre os corpos con masa e polo tanto unha forza. Se esta forza realiza un traballo nunha caída libre, o sistema debe obter a enerxía da súa posición (pois canto máis cae, máis enerxía cinética ten): é a enerxía potencial.
April 13, 202310
A enerxía elástica ou enerxía de deformación
é o aumento de enerxía interna acumulado no interior dun sólido deformable como resultado do traballo realizado polas forzas que provocan a deformación. P.es: Este tipo de enerxía é o que provoca os tremores de terra cando é liberado na fricción entre dúas placas terrestres.
April 13, 202311
A enerxía eléctrica: Debida ao movemento de cargas
eléctricas dentro de condutores eléctricos. Ex.: A enerxía eléctrica que fai xirar o motor dun coche e poñelo en movemento.
April 13, 202312
A enerxía electromagnética é a que transportan as chamadas
"ondas electromagnéticas", como a luz, as ondas de raio e TV, as microondas, os raios infravermellos, os raios ultravioleta, os raios X ou os raios gamma da radiactividade.
April 13, 202313
A enerxía térmica Débese ao movemento dos átomos
ou moléculas que compoñen un corpo.
A temperatura é a medida da enerxía térmica dun corpo. Cando dous corpos con distinta temperatura se poñen en contacto, o de maior temperatura "transmite enerxía térmica" ao de menor temperatura. A enerxía térmica transmitida entre corpos a diferente temperatura recibe o nome de calor.
April 13, 202314
A enerxía química é a enerxía que se desprende ou
absorbe nas reaccións químicas. Ex.: A enerxía química liberada na combustión do gas butano permite quentar a auga dunha vivenda.
April 13, 202315
A enerxía nuclear A que se libera nos procesos de:
Fisión nuclear (ruptura dun núcleo atómico grande en dous máis pequenos)
Fusión nuclear (unión de dous ou máis núcleos atómicos menores para formar un maior).
Ex.: Nas estrelas, como o noso Sol, a fusión ten lugar a tal escala que a enerxía liberada é enorme.
April 13, 202316
Lei de conservación da enerxía:
A enerxía pódese transformar dunha forma a outra ou transferirse dun corpo a outro, pero no seu conxunto permanece constante.
April 13, 202317
Recommended