View
222
Download
4
Category
Preview:
DESCRIPTION
Resume fotográfico do 2011 na Cruz Vermella de Galicia
Citation preview
2011 Un ano máis preto das persoas
Marzo Abril
Xaneiro Febreiro
Maio Xuño
Setembro Outubro
Xullo Agosto
Novembro Decembro
Xaneiro 2011
Por primeira vez, o noso calendario anual pon cara ó traballo dos nosos
voluntarios e voluntarias
Sonia, Pontevedra
Programas na prisión de A Lama
Manolo, Lugo
Programas de emprego
Nuria, Ourense
Socorros e emerxencias
Miguel, A Coruña
Persoas maiores Andrea e Antonio
Presidentes do Ribeiro e Maceda
Khalid, Lugo
Transporte adaptado
Ángela, Cedeira
Base de Mar Mari Paz, Pontevedra
Persoas inmigrantes Natalia e Álvaro,
Lugo
Formación
Carmen, A Coruña
Cooperación Internacional
Cecilia, Ourense
Cruz Vermella Xuventude
Julio, Pontevedra
Varios Proxectos
Un ano intenso
Queremos reflectir nestas imaxes unha parte do traballo que ó longo do ano
fixemos en Galicia para ás persoas que o necesitan.
Un traballo que sería imposible sin a labor dos noso voluntariado, socios e profesionáis, para os queremos que
sirva de homenaxe este resumo.
Comezamos o ano co tradicional “Tren da Alegría” de RadioVoz. Da Coruña a Betanzos cargados de xoguetes
Febreiro
Desenvolvimos por toda Galicia obradoiros para mellorar a xestión doméstica en tempo de crise
Decidimos adicar íntegramente o 1% do orzamento anual ó programa “Winners” en Liberia: un proxecto con mulleres víctimas da guerra, a fame, as violacións . Na crenza que “educar unha muller é educar unha nación” traballa para a integración mediante obradoiros de capacitación laboral, como podes ver no emocioante documental que atoparás en YouTube “Winners”
O 1% de cada ano, para Liberia
Marzo
MARZO
Marzo foi o mes do tsunami de Xapón, pero tamén o da nosa VII Asemblea Xeral que volveu elexir a Juan Manuel Suárez del Toro como presidente. Mentres, en Galicia seguía o noso traballo solidario.
Un xogador do Clube baloncesto Breogán de Lugo, acompaña a un usuario do transporte adaptado
A vella ambulancia da Cruz Vermella de Pontevedra, inmortalizada na serie “Padre Casares”
Abril
Sorteo especial da Lotería Nacional, que tivo lugar en Pontevedra
Técnicos e voluntariado de A
Gudiña nunha actividade
desenvolvida en moitas asembleas
locais de zonas fluviais:
Movéndonos polo rio.
Este ano seguimos a traballar coas
novas tecnoloxías: teleasistencia fixa
e mobil, xeolocalización ou
como o proxecto de Televisión
Social
Blanca Romero, voluntaria dos programas de maiores, fai un obradoiro de xerontoximnasia no xardín no noso Centro de Día de Ourense
Nuria e Anita, voluntarias de Familias Acolledoras están dispostas a todo, ata disfrazarse, para conseguir familias solidarias…
O grave terremoto de Lorca supuxo a primeira participación nunha gran operación dos Equipos de Resposta en Emerxencias (ERIE) de Galicia.
Maio
Neste mes celébrase o Día Mundial da Cruz Vermella con actos en moitas das nosas asembleas: nas imaxes,
ademáis do traballo da nosa ERIE en Lorca, a sede de Ourense e o
Encontro Provincial de Socorros e Emerxencias que tivo lugar en Noia (A
Coruña)
Xuño
Unha participante salta o auga durante un exercicio dun curso de socorrismo acuático impartido na Mariña
Encontro de voluntariado
En xuño celebramos o Encontro de voluntariado de Galicia, este ano en Pontevedra, con participación da CV Portuguesa
Foi tamén o mes no que recuperamos na Coruña os cursos de Delegados de Cooperación e no que presentamos en Ourense a campaña “En realidade non ten graza”
Comenzamos o noso despegue nas redes en internet, coa presentación da novidosa memoria dixital e as contas en facebook, twitter, vimeo…
O perfil Facebook dunha Asamblea local, Noia, iba cara os 1000 seguedores…
Xullo
www.cruzvermella.org/memoria2010
puxo en videos a nosa actividade
Baño adaptado
Nas praias de Vigo xa é tradición ver a nosa cadeira especial
Movéndonos polo río
En Ourense celébranse actividades para sensibilizar e protexer os ríos, neste caso o canle do Támega
Sorteo do Ouro
O mes do sorteo celébrase na Coruña un día de petición na rúa coa colaboración de moitas entidades
Infancia hospitalizada
Os nosos voluntarios e voluntarias visitan todo o ano os nenos e nenas ingresados, neste caso no Materno Infantil da Coruña
Cada vez máis preto
Un grupo de escolares visita Cruz Vermella e coñece o funcionamento dunha ambulancia xunto cos nosos voluntarios
Voluntariado
A forza que move a Cruz Vermella
Agosto
Un mes de lecer…non para nós
En festas, romerías e actividades nos atoparás: cos nosos maiores, como na Romería de Santa Margarida (Coruña) ou cos rapaces nas Noites Abertas de Monforte
Setembro
Este mes presentamos o noso proxecto “Galicia Suma” no que tentamos amosar a importancia de non deixar a ninguén fóra do mercado laboral por prexuizos que non teñen nada que ver coa súa valía.
Tamén continuamos a traballar coa xente nunha situación de vulnerabilidade extrema co proxecto “Sen Teito”, que está a cotío axudando ás personas sen fogar dende hai oito anos na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo
A responsable do proxecto Sen Teito de Lugo e dous voluntarios atenden perto da praza de España a unha persoa que vive na rúa
No mes da volta á Escola, en toda Galicia recollimos coa colaboración de Carrefour material para as familias que máis o precisan
Neste mes celébrase o Día Europeo dos primeiros auxilios, con actividades en todo o territorio, exemplificados neste curso de Ourense
Lanzamos a nosa campaña de difusión da Teleasistencia apoiada nun impactante video que demostra como podemos ser “un máis da familia”
Outubro
a
Tamén…
Celebramos na Coruña os 40 anos da base de salvamento máis antiga de Galicia.
Tamén continuamos a facer actividades na rúa, como a campaña “Quérete moito” (neste caso en Boiro)
E a desenvolver proxectos como o “Incorpora” en Lugo que financiado por “La Caixa” traballa para a reinserción laboral de exreclusos.
Novembro
Neste mes comenzaba en Galicia o Congreso Estatal de voluntariado, celebrado na Coruña no que en representación de Cruz Vermella Española, o vicepresidente Fernando del Rosario explicou o noso modelo de voluntariado
Firmamos co estudo de arquitectura A-CERO un convenio de colaboración polo que están a deseñar gratuitamente a reforma da nosa sede na Coruña
Como tódolos anos, o 25 Novembro estivemos nas rúas e na rede para denunciar a lacra que supón a violencia de xénero
E estivemos tamén nas nosas festas e cos nosos nenos: Zeltia Fernandez, voluntaria de xuventude, participando no tradicional Magosto da Cruz Vermella de Ourense
Decembro
Nadal no centro de día
Nos nosos centros de día adoitamos celebrar as festas: en imaxes, o Centro da Coruña
Día do voluntariado
Xuntanza de voluntarios e usuarios de toda a provincia en Pontevedra
Captación voluntariado
Campaña de captación da Asemblea de Ourense nas rúas da cidade
Integración inmigrantes
Clases de lingua e cultura para facilitar a integración na nosa comunidade
Emprego
Entrega en Vigo de diplomas dun curso en colaboración coa empresa Kiabi
Campaña de Xoguetes
Tradicional en moitas asembleas locais. Neste caso, a de Monforte
Fotos da rede de Asembleas de © Cruz Vermella Española. Unha producción da Oficina Autonómica de Galicia
Recommended