O MEU PASO POLO COLEXIO - edu.xunta.gal · tiña un hámster chamado Manchitas, que nos namorou a...

Preview:

Citation preview

O MEU PASO POLO COLEXIO

INFANTIL

Empecei o meu percorrido polo CEIP con tres anos. A primeira mestra que tiven en Infantil chamábase Susana, deume en 4º e 5º de Infantil. O que máis recordo dela (á parte de que era moi boa), era que tiña un hámster chamado Manchitas, que nos namorou a todos.

Recordo as festas dos aniversarios,

sobre todo pola tarta e a coroa:

Os recreos cos amigos:

Os Carnavais:

As saídas do colexio a Preguntoño:

As excursións:

Seguín a andadura da man de Finita. Estivo comigo tres anos, dende 6º de Infantil ata 2º de Primaria. Era unha mestra excepcional, xenerosa, simpática, facía todo con moito cariño, sempre tiña un sorriso na cara e iso facía que estivese sempre tras ela e perdese a miña timidez.

INFANTIL- PRIMARIA

Lembro cando eramos encargados

da clase:

Os contacontos:

Os Magostos:

Cando iamos a biblioteca:

As excursións :

Este foi o primeiro exame

que fixen:

Primaria

En 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria seguín o camiño con Mar; unha profesora que todo alumno desexaría ter, traballadora, constante, agradable, atenta, sorrinte… facía que un día gris se convertera nun día soleado. Desfrutei facendo as tarefas, e ela sempre me recalcaba que con esforzo podía avanzar e mellorar e animábame a conseguilo. Con ela comecei a madurar, a comprender o significado de moitas cousas e sobre todo a facerme responsable para perseguir os meus soños.

Esta foi a excursión ao

Planetario da Coruña:

O primeiro traxe que

que fixemos con Mar

foi este:

Esta excursión foi

aos Canóns do Sil:

A excursión ás Illas Cíes

encantoume, foi

excepcional:

Encantábanme os experimentos que faciamos con Mar:

FIN DO PERCORRIDO

Despois de nove anos camiñando polo CEIP, síntome satisfeita porque conseguín “deixar o colexio sendo unha PERSOA en maiúsculas”, (como di a miña mestra Mar); claro que isto non o conseguiría sen a axuda de todas as titoras, mestras doutras materias complementarias e profesoras de apoio que me deron clase. Sen esquecerme dos meus compañeiros, cociñeiras, coidadoras… Creo que estou preparada para afrontar a nova etapa no IES con éxito, todo grazas a vós.

Lévovos no corazón e voltarei a vervos sempre que poida.

FIN

LORENA TORRES SOUTO 6ºB

Recommended