View
221
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
Concepto
¿Qué é unha revolución?
É un cambio rápido e en profundidade que afecta ás estruturas dunha sociedade.
Implica, por outra banda, unha aceleración no ritmo das transformacións históricas.
Concepto
A Revolución Industrial
Supuxo o tránsito dunha economía agraria e artesanal a outra significada pola industria e a producción mecanizada.
O cambio iniciouse en Inglaterra a mediados do século XVIII. Afectou no XIX a outros lugares.
Actualmente numerosos países no mundo presentan estruturas de marcado carácter preindustrial. Fálase entón de países en vías de desenvolvemento.
O proceso de industrialización
A economía preindustrial
A economía preindustrial
É de base agrariaA poboación é fundamentalmente campesiña e concéntrase no agro, as cidades son poucas e con escaso peso demográfico.
A economía preindustrial
A demografíaEstá determinada por un escaso crecemento vexetativo. As altas taxas de natalidade vense contrarrestadas por unha igualmente alta mortalidade, especialmente, a infantil.
No século XVIII
Advírtese un cambio no modelo, pois en certas zonas (Inglaterra, Francia), aumentan os excedentes alimentarios, e unha mellor nutrición conduce á disminución de fames e epidemias. Outro factor que influíu na mellora, aínda que de xeito menos determinante, foi o progreso da mediciña.
A economía preindustrial
O século XVIII aportará importantes cambios
Precursores da revolución industrial, que recibiron o nome de “Protoindustrialización”, e que se manifestaron en:
A expansión do comercio a longa distancia, que estimulou as manufacturas e permitíu a acumulación de capitais, parte dos que se investiron na nacente industria moderna.
O desenvolvemento dunha industria rural denominada "Domestic System" (industria doméstica).
A economía preindustrial
É unha industria de carácter rural que conxuga o traballo agrícola coa manufactura caseira de textis. Non se desenvolve, polo tanto, en fábricas.
O empresario (capitalista) é xeralmente un comerciante. É desenvolvido por campesiños. O pago realízase mediante salario. A producción está destinada á exportación. Esta actividade desenvólvese á marxe da reglamentación gremial.
Protoindustrialización
“Domestic System”
O proceso de industrialización
A primeira revolución industrial: Inglaterra
A primeira revolución industrial
O que coñecemos como 1ª R. Industrial iniciouse en Inglaterra durante a 2ª metade do século XVIII. Esta foi posible grazas a unha serie de transformacións
Agrarias Demográficas Técnicas Comerciais, dos transportes e as comunicacións Os principais sectores afectados foron: o téxtil e o siderúrxico
A primeira revolución industrial
Debéronse fundamentalmente a dúas causas:
O mantemento dunhas altas taxas de natalidade (en torno ó 40 x mil). O descenso da mortalidade catastrófica.
Como consecuencia de : A meirande dispoñibilidade de alimentos e a desaparición das crises
de subsistencia (Revolución agrícola). Os avances hixiénicos, sanitarios (asepsia) e médicos, ex., a vacina.
Transformacións demográficas
A primeira revolución industrial
Transformacións demográficas
A primeira revolución industrial
Transformacións agrarias
Foron esenciais. Precederon e facilitaron as da industria, constituíndo unha auténtica Revolución Agrícola, que afectou a Inglaterra.
Asentáronse sobre:
Unha nova estrutura da propiedade agraria. Os "openfields" son sustituidos polas "enclosures" (cercamentos).
A implantación de innovacións, que permitiron o gradual abandono do barbeito, coa posta en práctica do "Sistema Norfolk“: estabulación do gando, introducción de novos cultivos (millo, pataca, prantas forraxeiras, etc.) e o uso das primeiras máquinas agrícolas (segadoras e trilladoras).
A primeira revolución industrial
O incremento dos excedentes alimentarios que serviron para satisfacer a crecente demanda dunha poboación en alza.
A dispoñibilidade de excedentes de man de obra campesiña, fundamental para a nacente industria.
O fenómeno da emigración do campo á cidade
O incremento das rendas dos propietarios de terras, parte das que foron investidas nas primeiras fábricas.
Consecuencias das transformacións agrarias
A primeira revolución industrial
Innovacións técnicas
Foron aplicadas ó sistema productivo, conducindo a un enorme incremento dos bens materiais.
O exemplo paradigmático constitúeo a máquina a vapor de James Watt.
A primeira revolución industrialExpansión comercial
Producíuse en Inglaterra, posibilitada por dous factores:
A ampliación do seu mercado interno, grazas a:
O crecemento da poboación, que incrementa a demanda de bens.
A mellora do sistema de transportes e vías de comunicación (canles fluviais, estradas e, máis tarde, o ferrocarril).
A expansión do mercado exterior, posibilitada por:
A ampliación e diversificación do comercio externo, estimulado pola demanda de materias primas (algodón) e a exportación de productos industriais (tecidos).
A axuda dunha potente mariña, tanto mercante como militar. A posesión dun imperio colonial.
A primeira revolución industrial
O sector téxtil
Foi impulsado pola industria algodoneira, que desprazou á da lá en importancia.
Nel prodúcense as principais innovacións técnicas:
Lanzadeira voante de Kay (1773), Spinning Jenny de Hargreaves (1765), Water Frame de Arkwright (1767), Mule Jenny de Crompton (1779).
Tres feitos contribuiron a ese desenvolvemento:
A proibición de importar teas de algodón da India. A existencia de grandes plantacións en Norteamérica. A inexistencia de reglamentacións gremiais.
O sector téxtil
A primeira revolución industrial
A primeira revolución industrial
O sector siderúrxico
A industria do ferro estivo moi vencellada coa mineiría do carbón. Foi este mineral (hulla, coque) o que sustituíu á madeira como combustible.
Tivo menor relevancia que o téxtil nesta primeira fase da industrialización.
Ó seu desenvolvemento contribuíu a incorporación de innovacións técnicas, como o do pudelaxe do ferro (Henry Cort, 1783).
Mención especial merece o uso do ferrocarril como dinamizador do sector.
O proceso de industrialización
Extensión da 1ª Revolución industrial
Extensión da 1ª Rev. Industrial
Na Europa continental
Hai que distinguir entre:
Os “First Comers”:Os primeiros en chegar á industrialización, tras Gran Bretaña. Bélxica (tra-la súa independencia en 1830). Francia. Alemaña.
Os países periféricos:Fixérono máis tarde e menos uniformemente. No Mediterráneo: Cataluña (España) e Piamonte (Italia). No Imperio Austríaco: Moravia e Bohemia. No Norte: Dinamarca e Suecia. No Este: Rusia.
Extensión da 1ª Rev. Industrial
Fóra de Europa
Destacan dúas potencias:
Estados UnidosA súa industrialización acelérase ó finalizar a Guerra Civil (1861-1865). A
finais do século XIX alcanza ó Reino Unido.XapónA súa industrialización foi parella ós cambios sociais e políticos que desmantelaron
as estructuras feudais no último tercio do século XIX, incentivada pola institución imperial (Era Meiji ou da Luz).
O proceso de industrialización
A 2ª Revolución Industrial
A 2ª Revolución Industrial
Tras a Primeira fase da industrialización (Inglaterra) e a súa extensión (Europa, USA e Xapón), iníciase unha nova fase que dura ata 1914. Gran Bretaña perde o seu liderazgo en beneficio doutras potencias.
Caracterízana os seguintes trazos:
O emprego de novas fontes de enerxía O desenvolvemento de novos sectores da producción Cambios na organización do traballo Novas formas de capital empresarial A formación dun mercado de extensión mundial
A 2ª Revolución Industrial
Novas fontes de enerxía
Se o vapor constituíu a principal fonte de enerxía aplicada ás máquinas na Primeira R. Industrial, durante a Segunda desenvólvense outras novas:
O petróleoServíu de combustible ó motor de explosión e á automoción, que acada a madurez con H. Ford no primeiro tercio do século XX.
A electricidadeA súa aplicación foi esencial para a iluminación (Edison, bombilla, 1879), a transmisión de sinais electromagnéticas (telégrafo), acústicas (radio de Marconi), e en determinados motores, entre eles os de metros e tranvías.
A 2ª Revolución Industrial
Novos sectores da producción
Fronte á industria téxtil e a siderúrxica, motores da primeira industrialización, xurden novos sectores punteiros entre 1870 e 1914:
A industria químicaColorantes, explosivos (Ex., a dinamita, de Nobel), abonos, medicamentos, fibras artificiais (Ex., o nailon), caucho, etc.
A nova siderurxiaObtén o níquel, o aluminio, etc. O ferro sométese a procesos de refinado a través do Convertidor de Bessemer ou o de Siemens-Martin, estimulando o desenvolvemento da industria de armementos.
As industrias alimentariasLatas en conserva esterilizadas (1875), frigoríficos industriais (1878), etc.
A 2ª Revolución Industrial
Novas formas de organización do traballo
A complexidade das novas empresas e dos procesos de producción impuxeron nesta segunda fase da R. Industrial novos sistemas de organización do traballo, Destacan:
O taylorismo.Busca a organización científica do proceso productivo da empresa mediante a especialización, a estandarización, a fin de reducir costes de producción.
O traballo en cadea ("Fordismo").Aplicado con éxito nas fábricas de automóbiles de Henry Ford, significa a máxima especialización e optimización do traballo e os rendementos, abaratando mercadorías e poñéndoas ó alcance dos consumidores.
A 2ª Revolución Industrial
Novas formas de capital
Se os pioneiros da industrialización se financiaran en grande medida con capital familiar, as novas necesidades impulsaron a busca de novas fontes de financiación.
A BancaOs empresarios acudirán a ela en busca de créditos cos que facer fronte ós crecentes desembolsos de inversión.
As sociedades anónimasConstituídas por socios propietarios de participacións (accións) da empresa. A compra e a venda de accións ten como escenario a Bolsa.
Simultaneamente, prodúcese unha concentración empresarial, que forma grandes corporacións en forma de carteles, trusts ou holdings.
A 2ª Revolución Industrial
Unha economía mundializada
A globalización da economía prodúcese como consecuencia da necesidade de obter materias primas e controlar novos mercados onde vender os excedentes da producción industrial. Para iso, as principais potencias embárcanse na conquista e control de amplos territorios de África e Asia, forzando á integración das distintas economías.
Este trazo obedece ó fenómeno do Imperialismo, que constituirá unha das causas do estourido da Primeira Guerra Mundial.
O proceso de industrialización
Transformacións demográficas e sociais
Transformacións demográficas e sociais
O aumento da poboación europeaProducíuse como consecuencia do mantemento de altas taxas de natalidade e a drástica reducción das de mortalidade. Este incremento foi máis significativo nas cidades que no ámbito rural.
A urbanizaciónAs cidades medraron, en parte, pola inmigración procedente das zonas rurais, ben pola procedente do estranxeiro. A urbanización foi rápida e desordeada, sen planificación.
O nacemento dunha sociedade capitalista dividida en clasesFronte á estamental-feudal, a sociedade de clases supón, en principio, a igualdade de todos os individuos ante a lei. Pero esa igualdade legal non se corresponde coa división social, estructurada en torno a dúas clases fundamentais: a burguesía e o proletariado.
Os cambios habidos no campo económico tiveron a súa correspondencia na estructura social. A revolución industrial foi unida ós seguintes fenómenos:
Recommended