View
22
Download
7
Category
Preview:
DESCRIPTION
Programa educativo de Educación Emocional dirigido a alumnado de Educación Primaria.
Citation preview
Xustificación
Semella suficiente unha vaga ollada ao modelo educativo imperante no sistema
educativo español, e tamén aos resultados obtidos polo alumnado nas avaliacións
internacionais e de centro, aos índices de abandono escolar ou simplemente ás
facianas do alumnado cando cada mañá se adentran no “cárcere” educativo, para
constatar que o enfoque que se está a desenvolver non é o axeitado.
Non pretendemos facer apoloxía dun ou doutro modelo de ensino, senón que se trata
de aproveitar esta “nova” oportunidade para expoñer mediante estas liñas que, dende
unha ollada crítica, os mestres e mestras dispoñemos de máis opcións que podemos
exercitar cando nos situamos ante a difícil tarefa de ensinar. Moitas máis das que
abondan a diario na maioría das aulas de calquera centro da nosa contorna. Por
suposto que requiren máis traballo, máis planificación, organización e sobre todas elas,
máis humildade, pero se un se decide a traballar con persoas, máis aínda, con persoas
nun momento evolutivo doadamente maleable e que, de xeito inevitable, serán as
futuras xeracións que conduzan o devir da humanidade, penso que merece a pena
reflexionar e actuar en consecuencia.
O certo é que detrás de calquera proposta metodolóxica escóndese unha concepción
do valor que se lle dá á ensinanza, e polo tanto á cidadanía, e tamén unhas ideas máis
ou menos explícitas respecto dos procesos de ensinar e aprender. E nesta liña, semella
claro que aínda hoxe a función fundamental que a sociedade lle atribúe á educación é
a de seleccionar aos mellores en relación coa súa capacidade para acadar un título
universitario ou outro título, cada cal de maior “prestixio”, sempre baseada nas
capacidades cognitivas. A pregunta que de seguido xorde é se este debe ser o papel da
escola? debe ser selectiva?
Se pola contra, pensamos que a escola ten que promover a educación integral do
alumnado, formar cidadáns e cidadás que coñezan a realidade e que se saiban
desenvolver nela, que se saiban capaces de transformala, que aspiren ao
desenvolvemento persoal e ao benestar persoal e social; entón quizais o enfoque
metodolóxico presentado a diario nas aulas non sexa o axeitado.
A primeira cuestión a atender é a da verdadeira “atención á diversidade”, non aquela
que implica unha discapacidade, unha disfunción ou unha mal traballada escola
inclusiva. Senón a atención á diversidade como un atributo propio da especie humana,
enriquecedor e inmensamente singular. Calquera aprendizaxe depende, en gran
medida, das capacidades do alumnado, mais tamén dos distintos ritmos de
aprendizaxe, dos distintos puntos de partida de cada un deles, das experiencias que
cada un puido vivir dende o seu nacemento, da forma e das estratexias coas que
aprende, dos seus intereses e das súas motivacións (a verdadeira alma da
aprendizaxe). Polo tanto, parece aconsellable desterrar aqueles modelos simplificados,
uniformadores e homoxeneizantes, aqueles exercicios e aqueles criterios “iguais para
todos e todas”.
Na mesma liña de análise que expoñemos, tamén nos parece oportuno facer un
brevísimo, pero preciso, percorrido sobre “que” se aprende ou “que” se ensina (ou se
debería aprender e ensinar). Nunha clasificación estruturada segundo a súa tipoloxía, e
baixo a concepción constructivista, podemos establecer categorías ben diferenciadas
entre uns e outros contidos. A tendencia habitual ao longo de todos estes anos de
escola é situar os diferentes contidos e aprendelos sempre baixo unha perspectiva de
“disciplina”, encadrados na pertenza a unha área ou materia específica; o que
irremediablemente conduce a unhas didácticas tamén específicas que parcelan ao
alumnado en compartimentos estancos nos cales resulta certamente complicado
relacionar o aprendido. Uns contidos (aquilo que debe ser aprendido) en referencia
case exclusiva aos coñecementos das materias “clásicas”, coñecementos que se
concretan en nomes, conceptos, teoremas ou enunciados, e que se traducen na
habitual escusa que se escoita a diario nos claustros da práctica totalidade das escolas:
“el temario está muy cargado” ou “no nos da tiempo a dar el temario”.
Semella apropiado, ao noso entender, un cambio de rumbo definitivo. Son cada vez
máis as voces que apostan por abandonar a “transversalidade” que, en demasiadas
ocasións está desaparecida, para fixar a atención e o traballo, dun xeito decidido, no
desenvolvemento de contidos máis procedimentais, habilidades, capacidades e
destrezas; e contidos actitudinais que comecen nunha axeitada educación emocional.
Dende este enfoque é onde nos situamos para emprender esta humilde proposta
educativa que buscará que o noso alumnado teña conciencia das emocións, sexa quen
de controlalas e regulalas e de desenvolver habilidades emocionais e sociais que
redundarán de seguro nunha mellor aceptación e nun desenvolvemento persoal e
social máis harmónico que os faga máis felices.
Proposta educativa
Que é un programa emocional?
Un programa emocional é unha organización estruturada que ten como obxectivo
unha aprendizaxe, tratando de poñela ao servizo da educación emocional para a
formación integral dos alumnos e alumnas. Na etapa dos 6 aos 12 anos prodúcense
grandes cambios segundo a fase de desenvolvemento na que nos atopemos, polo que
debemos ter en conta as necesidades de cada membro da aula e os seus puntos fortes
e débiles para traballar de xeito profundo.
Tradicionalmente no sistema educativo sempre se fixo moito fincapé na educación
máis relacionada co intelecto ou coa aprendizaxe de contidos. E como resposta a esta
educación sustentada nas teorías de intelixencias, e buscando que o desenvolvemento
do alumnado nas aulas sexa integral, xurde a educación emocional. Entendéndoa
como “o proceso educativo continuo e permanente que pretende potenciar o
desenvolvemento das competencias emocionais como elemento esencial do
desenvolvemento humano, co obxectivo de capacitalo para a vida e coa finalidade de
aumentar o benestar social e persoal” (Bisquerra, 2000). Educación que se estende
dende o nacemento ao longo do ciclo vital e que nos prepara para convivir na
sociedade (e con nós mesmos). A consecución das competencias emocionais, implica
traballar as seguintes variables mediante programas de intervención emocional:
Conciencia emocional: relacionada co autocoñecemento propio de
sentimentos e emocións, así cómo a expresión verbal- non verbal e o seu
recoñecemento nos demais. E a toma de conciencia da interacción
emoción-cognición- pensamento.
Regulación emocional: Saber “baixar e subir o volume” das emocións,
sobre todo no caso en que estas son negativas. Unha expresión emocional
axeitada e o ser capaz de autoxerar emocións positivas.
Autonomía emocional: autoestima, automotivación, autoeficacia
emocional, responsabilidade, actitude positiva, resiliencia…
Habilidades socioemocionais/competencia social: tales como a
asertividade, empatía, resolución de conflitos, cooperación, compartir
emocións, conducta prosocial, etc.
Habilidades de vida e de benestar: fixarse obxectivos adaptativos,
cidadanía activa participativa, crítica, responsable… o benestar emocional e
o fluír.
Obxectivos e competencias
A continuación presentamos os seguintes obxectivos xerais e competencias que se
cumprirán coa realización do noso programa:
- Adquirir coñecemento do que son as emocións propias
- Favorecer o desenvolvemento integral do alumnado
- Desenvolver a capacidade de comprender as propias emocións
- Potenciar actitudes de respecto e tolerancia
- Adoptar una actitude positiva ante a vida
- Favorecer o benestar persoal e social
Hai que introducir as competencias
Contidos
Neste apartado presentamos os diferentes contidos cos que traballaremos de xeito
específico en cada unha das actividades:
- Conciencia emocional
- Autoestima
- Habilidades da vida
- Emocións primarias e secundarias
- A empatía e asertividade
- A conducta prosocial
- A regulación das emocións
- A comprensión e o repecto polos demais.
Metodoloxía
A nosa proposta de programa emocional parte dun enfoque constructivista usando
una metodoloxía globalizada e activa que permite a construción de aprendizaxes
significativos e funcionais. Nesta idea incluímos un principio básico a ter en conta na
escola dos nosos días como é a atención a diversidade, xa que debemos ter en conta
que todos os alumnos e alumnas son diferentes aos demais e que temos que lle
prestar a axuda pedagóxica precisa atendendo as características individuais. Para elo é
importante dende o principio que como mestres fagamos por ter con cada un dos
nosos alumnos e alumnas un vínculo especial baseado nunha relación persoal e
axustada como fonte de recursos para poder lograr una desenvolvemento significativo.
Tamén trataremos de traballar cos coñecementos previos do noso alumnado, os seus
intereses, as súas motivacións e as súas experiencias, para utilizalas como experiencias
emocionais. Outro punto importante é que todas as actividades que se realizan poidan
ser aplicadas a diferentes contextos e non só o educativo. O noso programa parte do
principio de aprendizaxe globalizado, polo tanto as actividades estarán relacionadas
con distintas materias do currículo tendo en conta, por suposto, o que aparece na nosa
lexislación. Temos que recordar que na educación primaria non hai unha sesión
específica destinada a que os titores escoiten, apoien e orienten ao seu alumnado
falando de diversos problema que xorden na vida diaria, polo que se terá que traballar
como un contido transversal aproveitando calquera momento.
Por suposto trátase de empregar unha metodoloxía activa e participativa, na que eles
como membros activos da comunidade se enfronten ao que senten e que respecten
aos que comparten o día a día. Trátase de que sexan conscientes das súas capacidades
e dos límites o que poden chegar as súas actuacións e as súas consecuencias. Moitos
estudos revelan a importancia de educar as emocións dende o mesmo nacemento (xa
con aquelas que son innatas) para lograr un bo desenvolvemento integral como
persoas.
Avaliación
En todo proceso de ensino-aprendizaxe chega un momento no que hai que valorar
todo aquilo que se aplicou e detectar se o proceso respondeu ás necesidades
concretas da clase e en particular ás de cada alumno e alumna.
No proceso de avaliación deste programa analizarase punto por punto cada un dos
procesos de aplicación, tendo en conta a coherencia e o grado de eficacia da súa
aplicación. Aínda que hai que ter claro que o principal punto é o modo en que se
cumpriron os obxectivos que se marcaron e como axudaron a mellorar a convivencia
da aula.
A nosa avaliación terá en conta tres puntos fortes:
- Avaliación inicial: Marcaremos o punto de partida contextualizando o plan e
vendo que é o que debemos traballar.
- Avaliación do proceso: Durante a aplicación do programa faremos os axustes
que sexan necesarios co fin de que o rendemento e o seguemento sexa o
correcto.
- Avaliación final: farase unha valoración xeral de como foi o programa e o que
se conseguiu unha vez que se dé por rematado.
Dende o noso grupo pensamos que a avaliación debe realizarse tendo en conta a
propia evolución do grupo dende a aplicación do programa e comprobando se as
melloras son reais e útiles. É importante que ao longo do proceso se faga unha
reflexión das actividades e recollamos información en base a unha observación directa
que nos resulte útil e que faga referencia a un rexistro sistemático de certas
actuacións.
ÁREA DE COÑECEMENTO DO MEDIO
A materia de Coñecemento do Medio para primaria garante que os nenos e nenas
reciban a información precisa sobre o mundo no que viven, e serve tamén de
ferramenta para outras. Por iso é que tamén se pode traballar as emocións a través de
todo aquilo que nos rodea, polo que traballaremos con xogos desta materia para
aprender de maneira divertida ambas cousas á vez que están entusiasmados. Unha
liña de traballo recreativa e experiencial que, de seguro, espertará o interese e a
motivación do noso alumnado.
Contidos específicos
- Diferentes tipos de emocións
- Regulación de emocións
- Comparación de emocións
- Coñecemento da realidade social e natural
Obxectivos e competencias específicas
- Recoñecer as principais emocións en relación aos animais e as paisaxes
- Representación de emocións a través dun exercicio práctico
- Coñecer as propias emocións
- Comparar as emocións propias coas alleas
- Desenvolver a competencia do alumno/a para traballar en equipo, de xeito
cooperativo, así como a capacidade e actitude de prestar axuda aos demais.
Actividades
Actividade 1: Os animais salvaxes
Obxetivos específicos
- Utilizar diferentes emocións en relación aos animais
- Mostrar as propias emocións e comparalas coas alleas
Descrición
En primeiro lugar mostrarémoslle unha serie de imaxes aos nosos alumnos/as que se
corresponderán a de certos animais salvaxes. Despois presentarémoslle unha pequena
lista coas emocións para que relacionen unha columna con outra. Para rematar, por
parellas farán unha pequena representación das emocións que lles suscitan cada un
dos animais e os seus compañeiros/as dirán se están ben.
Exemplos
1. Relaciona cada imaxe do animal coa emoción que che pareza:
Medo - Tristeza – Amor – Nerviosismo
2. Agora por parellas representade aos vosos compañeiros/as unha pequena
simulación do comportamento destes animais.
Actividade 2: As paixases do meu pobo
Obxetivos específicos
- Recoñecer e usar emocións básicas en base a elementos concretos
- Mostrar emocións e comparalas coas dos compañeiros
Descrición
Para realizar esta actividade mostrarémoslle imaxes diferentes de distintas paixases e
diremoslle que nos conten as súas expereincias neses lugares, facendo unas frases
sinxelas e intentando que expresen emocións.
Exemplos
Primeira imaxe
1. Cando vou a praia …………………………….. e
síntome…………………………………………………
2. Na praia hai ……………………………. e a xente xoga sempre moi
……………………………….
Segunda imaxe
1. Cando vou ao parque xogo ………………… e estou..
…………………………………………………
2. As veces os meus amigos enfádanse e non……………………………. . Entón eu
síntome ..……………………………….
Terceira imaxe
1. Cando vexo unha cova teño …………………………… porque é moi escura.
2. Os morcegos están nas covas e cando saen …………………moito!!!
Cuarta imaxe
1. A montaña que se ve dende a miña casa é moi …………………………….. .
2. Se miro dende a cima da montaña sinto ………………………… .
Compara as respostas coas dos teus compañeiros/as.
Actividade 3: Diferenzas de Identidades
Contidos específicos:
- A conduta prosocial.
- A empatía.
- Diferentes tipos de emocións.
- A regulación das emocións.
- Identificación de problemas derivados de conflitos territoriais, ao longo da
historia e na actualidade, así como a achega de posibles solucións, tendo a paz
como obxectivo
- Identificación, comprensión e valoración positiva das sociedades democráticas,
como facilitadoras do recoñecemento e da defensa do pluralismo, nas que se
acepta que se produzan diferentes interpretacións e opinións
Obxectivos e competencias específicas:
- Recoñecer as principais emocións en relación aos animais e as pasixases.
- Coñecer as propias emocións.
- Comparar as emocións propias coas alleas.
- Valorar positivamente a diversidade étnica e cultural en base aos principios de
tolerancia, respecto, comprensión, paz e convivencia e o interese amosado por
coñecer outros pobos e culturas
- Desenvolver a competencia do alumno/a para traballar en equipo, de xeito
cooperativo, así como a capacidade e actitude de prestar axuda aos demais
- Respecto polas preferencias individuais e a defensa dos principios democráticos
e de xustiza social
Un exemplo de actividade globalizadora, que se afasta da fragmentación do coñecemento aunando contidos específicos da área de Coñecemento do Medio, pero tamén da área de Educación Plástica e Visual ou das áreas lingüísticas, traballando contidos actitudinais e procedimentais que desenvolvan unha axeitada autonomía persoal, o coñecemento de si mesmo e da realidade que habita e unha oportuna xestión emocional.
Partimos do suposto interese do alumnado para espertar a motivación e a realización desta actividade propoñendo un enfoque pedagóxico, ademais de globalizado, baseado na aprendizaxe just in time (xusto a tempo), que nos ofrecerá a posibilidade de introducir “xusto a tempo”, cando sexa preciso e axeitado, innumerables contidos que, presentados “en espiral” ao redor da situación orixinal, vaian ensanchando e ampliando a estada de relacións e coñecementos do alumnado.
Tratase dun sinxelo xogo de rol, que busca que o alumnado comprenda a realidade social do mundo no que vive e que sexa quen de exercer unha cidadanía democrática, que lle permita convivir nunha sociedade cada vez máis plural, sendo capaz de relacionarse cos demais, de cooperar e de afrontar os conflitos culturais, identificando, valorando e intentando eliminar os estereotipos vixentes na sociedade respecto das distintas culturas ou etnias.
No desenvolvemento do xogo terán un lugar considerado a valoración crítica e positiva respecto da identidade dos distintos pobos, do determinismo do azar á hora de pertencer a un ou a outro grupo social, da necesidade de respecto e colaboración entre todos, das desigualdades sociais existentes ou dos conflitos, xurdidos en demasiadas ocasións, por razóns alleas á meirande parte da poboación.
Aflorarán tamén sentimentos e sensacións que introducirán no xogo valores como a xustiza, a empatía ou a solidariedade, buscando a sensibilización do alumnado cara á unha realidade social multicultural que precisa dunha educación acorde coa estrutura actual da sociedade.
O xogo comeza co traballo previo do mestre, que confeccionará unha serie de catro ou cinco identidades que plasmará en papeletas individuais, as cales, a modo de “sorteo” serán introducidas nunha bolsa opaca. Estas papeletas levarán unha determinada información respecto da identidade representada. Así, a modo de exemplo:
IDENTIDADE 1País: MarrocosRelixión: musulmáPersoas: 6Invencións/descubrimentos: cirurxía, café, universidadeSistema político: Democracia (Monarquía Constitucional)
IDENTIDADE 2País: EspañaRelixión: cristiáPersoas: 2Invencións/descubrimentos: galeón, fregona, futbolínSistema político: Democracia (Monarquía Parlamentaria)
IDENTIDADE 3País: ChinaRelixión: Budismo
IDENTIDADE 4País: RomaníaEtnia: Xitana
Persoas: 4Invencións e descubrimentos: pólvora, papel, compásSistema político: Ditadura comunista
Relixión: Cristianismo ortodoxoPersoas: O resto da claseInvencións/descubrimentos: lapis,cibernética, insulinaSistema político: Democracia
Os sistemas políticos
Nun primeiro momento, anunciamos a organización da clase en catro grupos, presididos por un representante, que será elixido en dous casos por votación do alumnado (momento indicado para introducir o concepto de democracia); e nos outros dous será designado polo mestre dun xeito autoritario (o que dará entrada ao concepto de ditadura). Os catro representantes serán os encargados de extraer da bolsa a nacionalidade que lle corresponda a cada grupo.
Con esta elección aleatoria, pretendemos significar que a pertenza a un ou outro pobo está determinada na meirande parte dos casos polo azar, pois un individuo non ten a posibilidade de elixir onde nace e a que grupo social pertence, senón que nacemos pertencendo a grupos sociais dos que adquirimos a nosa identidade cultural.
Os estereotipos e os prexuízos. A discriminación
Unha vez reunido o alumnado en catro grupos homoxéneos e con distinta identidade, a actividade consistirá na elaboración dun informe ou relación de ítems, nos cales os distintos grupos identifiquen as características da nacionalidade que lles corresponde.
A intención desta actividade é descubrir os estereotipos, entendidos como crenzas colectivas e compartidas dunha persoa ou grupo cultural respecto doutra, que subxace na representación mental do alumnado froito da herdanza cultural transmitida; e que provoca certas predisposicións, favorables ás veces, pero por termo xeral, moi desfavorables cara a un determinado grupo social e que poden rematar por manifestarse a través da discriminación, a marxinación, a xenofobia ou o racismo.
Unha vez rematada esta actividade, que pretende fomentar a tolerancia e o respecto cara a outras identidades culturais, buscaremos a antítese daqueles estereotipos negativos promovendo a diversidade como fonte de riqueza cultural, ben a través das invencións, da lingua, das tradicións a gastronomía,… de cada unha das nacionalidades presentadas, ou a través doutros recursos dispoñibles.
As desigualdades sociais
A seguinte parte da actividade consiste en reorganizar ao alumnado nos catro grupos establecidos nas papeletas; tendo así un grupo con 2 alumnos/as, outro con 4, outro con 6, e un último, máis numeroso, conformado polo resto do alumnado. Con esta distribución, e co desenvolvemento do xogo de rol, queremos que o alumnado identifique as desigualdades sociais e a distribución desigual dos recursos, e sexa quen de colocarse no lugar dos outros, empatizando coa súa situación, e observe e valore as dificultades de pertenza aos distintos grupos.
Pediremos aos catro grupos que debuxen un globo terráqueo. Para facelo faremos unha distribución tamén desigual dos recursos. Así:
Grupo de nacionalidade española, que representa á minoría do total da aula, terá unha caixa completa de cores, tesoiras e cartolinas.
Grupo de nacionalidade chinesa, que representaría un estrato social das clases medias, terá cinco lapis de cores e unha cartolina.
Grupo de nacionalidade marroquí, que representaría un estrato social das clases baixas, terá dous lapis de cores e unha folla de papel.
Grupo de nacionalidade romana, que representaría a unha alta porcentaxe da poboación mundial que carece de recursos para satisfacer o máis elemental, non terá ningún material para levar a cabo o seu traballo.
Durante o transcurso da actividade o mestre non intervirá nin mediará, máis rematado un tempo establecido, formarase unha asemblea na que se poidan escoitar e anotar as experiencias que tivo cada grupo e se intente comprender as situacións de desigualdade:
Xustiza-InxustizaMoito-PoucoPrexudicados
SorteImposibilidadeDesesperación
Para rematar cunha proposta de solución a este problema mediante as achegas de todo o alumnado:
SolidariedadeEmpatíaColaboración
CompartirAxudarEmigración
ÁREA DE LINGUA
A materia de Lingua para primaria garante que os nenos e nenas reciban a información
necesaria para que empreguen a linguaxe tanto oral como escrita para expresarse e
poder coñecer o que os rodea. Por iso é que tamén que se traballe en relación as
emocións ferramentas para usalas en diferentes contextos.
Contidos específicos:
- A conduta prosocial.
- A empatía.
- Diferentes tipos de emocións.
- A regulación das emocións.
Obxectivos específicos:
- Recoñecer as principais emocións en relación aos animais e as pasixases.
- Coñecer as propias emocións.
- Comparar as emocións propias coas alleas.
Actividades
Primeira actividade: O cambio de nome
Obxectivos específicos
-Ensinar aos nenos a poñerse no lugar doutra persoa.
-coñecer mellor as propias emocións.
-Favorecer o desenvolvemento da conciencia social.
-Aprender a ser asertivos.
-Comparar as emocións propias coas alleas.
Descrición
Amosaremos aos nenos diferentes exemplos de situacións nas que se poden ver
favorecidos fronte a outra persoa, para logo cambiar os papeis e sexa el ou ela a que
se poña no lugar da persoa que está pasando algunha dificultade nese momento.
Exemplos
a) Estou no parque xogando cun xoguete que trouxen da miña casa cando ven un
neno e me pregunta si pode xogar comigo e co meu xoguete, eu dígolle que
non
-¿Qué penso nese momento para non deixarlle o xoguete?
-¿cómo me sinto eu ou qué sinto?
Alegre- satisfacción- orgullo- pena- triste
-¿cómo pensas que se sinte o neno nese momento?
Tristeza- rabia- enfado- pracer- ledicia
Imaxínome que estou eu no parque e vexo un neno cun xoguete moi bonito, vou xunto
del e pregúntolle si podemos xogar xuntos, el dime que non
-¿cómo me sinto eu nese momento?
- ¿por qué non me deixará o xoguete o neno?
-¿qué sentirá o neno ao non deixarme xogar con el?
b) Estou na peixaría esperando a que chegue meu torno e comprar un peixe. De
súpeto vexo como unha persoa que chegou máis tarde que min se cola diante.
¿qué deberei facer nesa situación?
1º Paro e reláxome para pensar.
2º Fálolle educadamente á persoa que se colou xa que igual foi sen querer.
3ºExplícolle que eu ía diante asertivamente.
4º Solucionamos o problema.
Agora son eu o que sen querer me colo no torno doutra persoa para comprar. A outra
persoa comeza a berrarme:
1º ¿qué penso nese momento? ¿qué sinto nese momento?
2º¿qué estará pensando esa persoa nese momento? ¿qué sentirá esa persoa
nese momento?
3º¿qué debo facer e dicirlle á persoa?
Segunda actividade: Carta a un compañeiro
Obxectivos específicos
-Mellorar o coñecemento uns dos outros.
-Fomentar o compañeirismo
-comunicar e describir as propias emocións.
-Desenvolver a conduta prosocial.
Descrición
A actividade consistirá en que os alumnos deberán escribir unha carta sinxela a algún
compañeiro contándolle algo que fixera dito compañeiro/a algunha vez e os fixera
sentir mal e outra cousa que o fixera sentir ben. Os alumnos ademais de describir a
situación deberán dicir como se sentían nese momento. Logo explicará cómo lle
gustaría que o tratase no momento que se sentiu mal.
Exemplos
1º Elixo un compañeiro/a.
2º escribo algo que me gustou que me fixera.
3º escribo algo que non me gustou que me fixera.
4º escribo cómo me gustaría que me tratase cando me fixo dano.
ÁREA DE EDUCACIÓN ARTISTICA
A área de educación artística céntrase en introducir as artes na vida dos nenos e nenas
mediante a música e as artes plásticas, así como potenciar a creatividade e promover o
respecto e valoración cara a calquera manifestación artística. En relación a isto é unha
das máis importantes para traballar a educación emocional xa que se poden facer
milleiros de tarefas relacionadas coas expresións das emocións. A música e a fotografía
son dous exemplos moi bos para explicar como podemos transferir o que sentimos e
como o perciben os demais. A continuación facemos unha pequena mostra de cómo
nos usariamos esta área para integrar contidos emocionais.
Contidos específicos
- A conduta prosocial.
- Diferentes tipos de emocións.
- A regulación das emocións.
Obxectivos específicos:
- Recoñecer as principais emocións en relación aos animais e as pasixases.
- Coñecer as propias emocións.
- Comparar as emocións propias coas alleas.
Actividades:
Primeira actividade: Cámaras e acción!
Obxectivos específicos
-Discriminación dos diferentes tipos de emocións.
-Identificación das emocións alleas.
-Aprender a denominar as emocións correctamente.
Descrición
Prepararemos a clase coma se fose unha zona de rodaxe dunha película e
pedirémoslle aos nenos e nenas que se fagan fotos uns aos outros poñendo diferentes
caras que amosen diferentes estados de ánimo.
Exemplos
1º Poñerémoslle unha cara para expresar cómo nos sentimos se nos toca a
lotería.
2º Se morre un familiar.
3º Se recibo un premio ao mellor estudante do colexio.
4º Se escoito ruídos estraños na noite.
5º Se perde o meu equipo de fútbol favorito.
Segunda actividade: Debuxamos o noso interior
Obxectivos específicos
-Expresión de sentimentos mediante diferentes ferramentas e actividades.
-Asociar situacións con diferentes tipos de emocións.
Descrición
Explicarémoslle aos alumnos a realización dun debuxo con diferentes cores e materiais
no cal deberase plasmar un momento no que o neno/a se sinta feliz e outro debuxo no
que se sinta triste ou asustado.
Exemplos
Fai un retrato de ti mesmo cando te sentes feliz e outro de cando te sentes triste.
Despois amósallo ao teu compañeiro de mesa.
ÁREA DE MATEMÁTICAS
Dentro do currículo de primaria unha das materias a que máis horas se lle dedica é ás
matemáticas, polo que teremos que aproveitar todo tipo de contidos para introducir a
educación emocional. Aínda que pareza unha tarefa complexa, temos que intentar
facilitar o uso das matemáticas e deixar de presentarllo aos alumnos como algo moi
abstracto e facelo próximo.
Contidos específicos
- A conduta prosocial.
- Diferentes tipos de emocións.
- A regulación das emocións.
- A empatía como regulación
Actividades
Primeira actividade: O termómetro emocional
Obxectivos específicos
- Introducir as emocións na aula cos seus nomes e a súa caracterización.
- Motivar ao alumnado a interesarse polas emocións dos demais.
- Traballar a empatía.
- Motivar condutas prosociais de axuda ao próximo.
Descrición
Na materia de educación artística os nenos e nenas realizarán como un termómetro
con diferentes emocións básicas: alegría, tristura, anoxo, culpa, etc. O termómetro
estará graduado de 1 a 10, e a pregunta que lles faremos e que para introducir a clase
de matemáticas preguntaremos ao alumnado “Cómo se sente?”. Poderase facer de
diferentes modos, ou ben facer unha rolda onde todos/as participen, ou uns días uns e
outros outros, etc. Tamén lle poderemos preguntar como se sinte en relación a unha
emoción concreta, por exemplo cando haxa calquera conflito no patio, etc. Usarémolo
en matemáticas pero en calquera momento poderemos tirar del. E así mesmo se un
neno se atopa triste por exemplo, preguntarémoslle porque, se no lo quere contar… e
se é así poderemos decidir se podemos axudalo e como…
Recommended