View
10
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE
TECNOLOXÍA
T.I.C. 4º ESO
CURSO 2019-20
Centro educativo: IES Maximino Romero de Lema - Baio (ZAS)
Código Centro: 15027368
IES Maximino Romero de Lema
Departamento de Tecnoloxía Curso 2019-20
1
A materia vai ser impartida por Jacinto Antonio Saavedra López, do departamento de
Matemáticas.
IES Maximino Romero de Lema
Departamento de Tecnoloxía Curso 2019-20
2
INDICE
1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN. ............................................................................................................ 3
2. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE. ............................................................. 3
3. CONCRECIÓN DE OBXECTIVOS POR CURSO ................................................................................................... 4
4. RELACIÓN DE ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES DA MATERIA QUE FORMAN PARTE DOS PERFÍS
COMPETENCIAIS ......................................................................................................................................................... 9
5. CONTIDOS E CONCRECIÓN PARA CADA ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE QUE FORMAN PARTE DOS PERFÍS
COMPETENCIAIS: TEMPORALIZACIÓN, MÍNIMOS ESIXIBLES E PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. ..............12
6. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. .........................................................................................................................16
7. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E PRÁCTICA DOCENTE. .................................17
8. DESEÑO DA VALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS INDIVIDUAIS OU COLECTIVAS A ADOPTAR EN FUNCIÓN DOS
RESULTADOS. .............................................................................................................................................................18
9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ...........................................................................................................19
10. CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS. ...............................................................................................19
11. METODOLOXÍA DIDÁCTICA… .............................................................................................................................21
12. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS………………………………………………………………………………………………………… ....21
13. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES DO DEPARTAMENTO. ..................................................22
14. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN E PLAN DE MELLORA. .........22
3
1. Introdución e contextualización
Na actualidade vivimos unha revolución permanente facilmente observable: manexamos in-
formación e aparellos tecnolóxicos que hai poucos anos non éramos quen de imaxinar. A forma na
que vivimos e traballamos trocou fondamente e aparece un conxunto de novas capacidades e habili-
dades necesarias para desenvolverse e integrarse na vida adulta, nunha sociedade hiperconectada e
nun constante e crecente cambio. Os alumnos e alumnas deben estar preparados para adaptarse a un
novo mapa de sociedade en transformación.
A materia Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) preparará ao alumnado para
desenvolverse nun marco adaptativo; máis alá dunha simple alfabetización dixital centrada no ma-
nexo de ferramentas que quedarán obsoletas a curto prazo de tempo, compre dotar de coñecemen-
tos, destrezas e aptitudes para facilitar unha aprendizaxe permanente ao longo da vida, de xeito que
o alumnado poda adaptarse con versatilidade ás demandas que surxan no campo das TIC.
Localización e características do alumnado
O I.E.S. “Maximino Romero de Lema” está localizado nun ámbito rural, concretamente na
parroquia de Baio, concello de Zas. A este instituto non só acoden alumnos e alumnas deste
concello, senón tamén dos concellos de Cabana, Laxe e Vimianzo. Dado que non existe un
núcleo urbano importante, a poboación está moi espallada, o que imposibilita en moitos ca-
sos o acceso ás fontes de información como bibliotecas e aulas de informática, reducíndose
ás bibliotecas dos concellos. Esta carencia de medios debe suplirse cunha maior dotación da
biblioteca do instituto e a utilización da aula de informática como lugar da procura da in-
formación a través de enciclopedias virtuais e acceso a internet. Dada a variedade do alum-
nado en canto ao centro de procedencia, é de esperar que este sexa heteroxéneo con respecto
á bagaxe de coñecementos .
2. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave
Segundo o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación
secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, as competencias cla-
ve do currículo son:
Comunicación lingüística (CCL)
4
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT)
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (CAA)
Competencias sociais e cívicas (CSC)
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
Conciencia e expresión culturais (CCEC)
Pola propia natureza da materia e pola metodoloxía empregada, a materia contribuirá á ad-
quisición de todas as competencias clave e en especial ás seguintes competencias clave:
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (CAA)
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
3. Concreción de obxectivos por curso
3.1. Obxectivos de etapa
Segundo o Decreto 86/2015 do 25 de Xuño, a educación secundaria obrigatoria contribuirá
a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permitan:
a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto aos
demais, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no
diálogo afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e ho-
mes, como valores comúns de unha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía demo-
crática.
b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudio y traballo individual e en equipo co-
mo condición necesaria para una realización eficaz de las tarefas do aprendizaxe y como medio de de-
senvolvemento persoal.
c) Valorar y respectar a diferencia de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles.
Rechazar a discriminación de las persoas por razón de sexo o por calquera outra condición ou circuns-
tancia persoal ou social. Rechazar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres,
así como calquera manifestación de violencia contra a muller.
5
d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en tódolos ámbitos da personalidade e nas súas rela-
ciones con los demais, así como rechazar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos
sexistas e resolver pacificamente os conflitos.
e) Desenvolver destrezas básicas na utilización de fontes de información para, con sentido críti-
co, adquirir novos coñecementos. Adquirir una preparación básica no campo das tecnoloxías, especial-
mente as da información e a comunicación.
f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado que se estrutura en distintas dis-
ciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos del
coñecemento e da experiencia.
g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido
crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir
responsabilidades.
h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua
castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.
i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.
l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras
persoas, así como p patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas
importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.
m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as di-
ferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica
do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana
da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde,
o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa me-
llora.
n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizan-
do diversos medios de expresión e representación.
ñ) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico
de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultu-
ral como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exerci-
cio deste dereito.
o) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o
mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza nun
6
contexto plurilingüe, que permita a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á
comunidade lusófona.
3.2. Concreción de obxectivos por curso
Unidade 1: Ordenadores, redes e seguridade informática. (Bloque II, Bloque IV )
Obxectivos de etapa: a, f.
Obxectivos didácticos:
Profundar no coñecemento do ordenador, tanto dos seus compoñentes físicos como do seu
funcionamento lóxico.
Explicar as principais tarefas e funcións que leva a cabo un sistema operativo.
Presentar as principais aplicacións e utilidades do sistema ou sistemas operativos que se em-
pregan na contorna escolar.
Explicar algúns conceptos básicos sobre redes.
Describir o hardware e o software necesario para montar unha rede local con acceso a Inter-
net.
Montar e configurar unha pequena rede local.
Presentar e describir brevemente os distintos tipos de conexións a Internet: RTC, RDSI,
ADSL e conexión vía satélite.
Proporcionar os coñecementos básicos para o uso, o mantemento e a administración dunha
rede local.
Describir os principais tipos de ameazas ás que están expostos os sistemas informáticos.
Describir as condutas de seguridade activa e pasiva que posibilitan a protección dos datos e
do propio individuo no traballo con sistemas informáticos.
Localizar, descargar, instalar e probar o funcionamento de antivirus, programas antiespía e
outras ferramentas de protección.
Explicar o fundamento e funcionamento das redes P2P e outras tecnoloxías para o intercam-
bio de arquivos.
Explicar en que consisten os sistemas de clave simétrica e asimétrica e como funciona a fir-
ma dixital.
7
Unidade 2: Organización, deseño e produción de información dixital. (Bloque III)
Obxectivos de etapa: a, f, g, h, i, m, ñ, o.
Obxectivos didácticos:
Definir os principais conceptos relacionados coas imaxes dixitales: píxel, obxecto, profundi-
dade de cor, tamaño, resolución, relación de aspecto, etc.
Explicar o manexo básico dalgúns editores gráficos.
Elaborar, retocar e converter imaxes e gráficos a diferentes formatos con distintas aplica-
cións.
Explicar o manexo básico de distintas aplicacións multimedia: reprodución de son e vídeo
dixital, edición de son, gravación de vídeo, edición de vídeo, etc.
Converter distintos formatos de audio e de vídeo.
Editar e montar vídeo a partir de secuencias e imaxes estáticas. Integrar son.
Gravar e difundir producións multimedia.
Deseñar, crear e modificar diapositivas que conteñen distintos elementos: textos, imaxes,
sons, vídeos, táboas, etc.
Levar a cabo unha presentación de diapositivas ante un auditorio.
Publicar e compartir presentacións online.
Realizar operacións básicas en follas de cálculo. Levar a cabo a creación de gráficos e a ela-
boración de informes sinxelos.
Utilizar programas que permitan a organización da información en bases de datos.
Realizar consultas básicas e xerar documentos en bases de datos.
Unidade 3: Publicación e difusión de contidos. (Bloque V)
Obxectivos de etapa: a, b, c, f, g, h, i, m, ñ, o.
Obxectivos didácticos:
Analizar páxinas web segundo distintos criterios.
Crear páxinas web sinxelas cun editor de páxinas web.
Crear páxinas web máis complexas empregando as follas de estilo.
Crear, xestionar e publicar un sitio web, constituído por varias páxinas enlazadas.
Integrar a información textual, numérica e gráfica obtida de calquera fonte para elaborar
contidos propios e publicalos na web.
8
Desenvolver contidos para a web aplicando estándares de accesibilidad na publicación da in-
formación.
Unidade 4: A grande rede. Ética e estética no uso de internet (Bloque I, VI)
Obxectivos de etapa: a, b, f, g, h, i, m, ñ, o.
Obxectivos didácticos:
Desenvolver capacidades de procura, interpretación, discriminación e valoración da infor-
mación obtida a través de Internet.
Observar as regras básicas de comportamento na comunicación e no uso da información en
Internet.
Adquirir destrezas que permitan interactuar, ser un membro activo e desenvolverse con se-
guridade e habilidade dentro da sociedade, a través das tecnoloxías da información e da co-
municación.
Describir os principais tipos de ameazas ás que están expostos os sistemas informáticos.
Describir as condutas de seguridade activa e pasiva que posibilitan a protección dos datos e
do propio individuo no traballo con sistemas informáticos.
Coñecer os distintos tipos de licenzas de uso e distribución, así como os dereitos de propie-
dade intelectual e de explotación dos materiais aloxados na web.
Explicar o fundamento teórico de Internet.
Desenvolver capacidades de procura, interpretación, discriminación e valoración da infor-
mación obtida a través de Internet.
Observar as regras básicas de comportamento na comunicación e no uso da información en
Internet.
Adquirir destrezas que permitan interactuar, ser un membro activo e desenvolverse con se-
guridade e habilidade dentro da sociedade, a través das tecnoloxías da información e da co-
municación.
Coñecer e utilizar as ferramentas para integrarse en redes sociais, aportando as súas compe-
tencias para o seu crecemento e adoptando as actitudes de respecto, participación, esforzo e
colaboración que posibiliten a creación de producións colectivas.
9
4. Relación de estándares de aprendizaxe avaliables da
materia que forman parte dos perfís competenciais
Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 4º de ESO
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
Bloque 1. Ética e estética na interacción en rede
a
b
f
g
h
i
o
B1.1. Políticas de seguridade para a protección do individuo na interacción coa rede. Contrasi-nais. Condutas e hábitos segu-ros.
B1.2. Intercambio e publicación de información dixital na rede. Seguridade e responsabilidade no uso dos servizos de publica-ción.
B1.1. Adoptar condutas e hábitos que permitan a protección do in-dividuo na súa interacción na re-de.
TICB1.1.1. Interactúa con hábitos adecuados en contornos virtuais.
CD
CSC
TICB1.1.2. Aplica políticas segu-ras de utilización de contrasinais para a protección da información persoal.
CD
CMCCT.
a
b
f
g
h
i
m
ñ
o
B1.3. Dereitos de propiedade intelectual e de explotación dos materiais aloxados na web. Tipos de licenzas de distribución.
B1.2. Acceder a servizos de intercambio e publicación de in-formación dixital con criterios de seguridade e uso responsable.
TICB1.2.1. Realiza actividades con responsabilidade sobre con-ceptos como a propiedade e o intercambio de información.
CD
CAA
CSC
CCEC
a
g
h
i
m
ñ
B1.4. Propiedade e distribución do software e da información. Tipos de licenzas de uso e distri-bución.
B1.5. Identidade dixital, privaci-dade e seguridade. Desenvolve-mento de actitudes de protección activa ante dos intentos de frau-de.
B1.3. Recoñecer e comprender os dereitos dos materiais aloxa-dos na web.
TICB1.3.1. Consulta distintas fontes e navega coñecendo a importancia da identidade dixital e os tipos de fraude da web.
CD
CAA
CSC
TICB1.3.2. Diferencia o concepto de materiais suxeitos a dereitos de autoría e materiais de libre distribución.
CD
CSC
CCEC
Bloque 2. Computadores, sistemas operativos e redes
f B2.1. Funcións de configuración dos equipamentos informáticos.
B2.1. Utilizar e configurar equi-pamentos informáticos, identifi-cando os elementos que os con-figuran e a súa función no con-xunto.
TICB2.1.1. Realiza operacións básicas de organización e alma-cenamento da información.
CD
CMCCT.
CAA
TICB2.1.2. Configura elementos básicos do sistema operativo e de accesibilidade do equipamen-to informático.
CD
CMCCT.
f B2.2. Instalación e eliminación de software de propósito xeral.
B2.2. Xestionar a instalación e eliminación de software de pro-pósito xeral.
TICB2.2.1. Resolve problemas vinculados aos sistemas operati-vos e ás aplicacións e os pro-gramas vinculados a estes.
CD
CMCCT.
CAA
a
f
B2.3. Utilización de software de comunicación entre equipamen-tos e sistemas.
B2.3. Utilizar software de comu-nicación entre equipamentos e sistemas.
TICB2.3.1. Administra o equipa-mento con responsabilidade e coñece aplicacións de comunica-ción entre dispositivos.
CD
CMCCT.
f B2.4. Arquitectura dun computa- B2.4. Coñecer a arquitectura dun TICB2.4.1. Analiza e coñece CD
10
Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 4º de ESO
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
dor: compoñentes básicos e ca-racterísticas.
computador, identificando os seus compoñentes básicos, e describir as súas características.
diversos compoñentes físicos dun computador, as súas carac-terísticas técnicas e as conexións entre eles.
CMCCT.
f B2.5. Elementos e sistemas para a comunicación con fíos e sen eles.
B2.5. Analizar os elementos e os sistemas que configuran a comu-nicación con fíos e sen eles.
TICB2.5.1. Describe as formas de conexión na comunicación entre dispositivos dixitais.
CD
CMCCT.
CCL
Bloque 3. Organización, deseño e produción de información dixital
f
g
h
i
m
ñ
a
o
B3.1. Procesos de produción de documentos con aplicacións ofi-máticas e de deseño gráfico. Maquetaxe. Importación de ima-xes e gráficos.
B3.2. Formatos abertos e están-dares de formato na produción de documentación.
B3.3. Operacións básicas en follas de cálculo. Creación de gráficos. Elaboración de informes sinxelos.
B3.4. Organización da informa-ción en bases de datos. Realiza-ción de consultas básicas e xera-ción de documentos.
B3.1. Utilizar aplicacións informá-ticas de escritorio para a produ-ción de documentos.
TICB3.1.1. Elabora e maqueta documentos de texto con aplica-cións informáticas que facilitan a inclusión de táboas, imaxes, fór-mulas, gráficos, así como outras posibilidades de deseño, e inte-ractúa con outras características do programa.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSIEE
CCEC
TICB3.1.2. Produce informes que requiren o emprego de follas de cálculo, que inclúan resultados textuais, numéricos e gráficos.
CD
CMCCT.
CCL
CSIEE
TICB3.1.3. Elabora bases de datos sinxelas e utiliza a súa fun-cionalidade para consultar datos, organizar a información e xerar documentos.
CD
CMCCT.
CAA
CSIEE
c
f
g
h
i
m
ñ
o
B3.5. Tipos de presentacións e estrutura do contido. Deseño da estrutura e de elementos gráficos adecuados para o público obxec-tivo. Importación de elementos multimedia, de imaxes e de gráfi-cos.
B3.6. Edición e montaxe de materiais audiovisuais a partir de fontes diversas. Captura de ima-xe, de audio e de vídeo, e con-versión a outros formatos.
B3.7. Tratamento básico da imaxe dixital. Exposición, satura-ción, luminosidade e contraste. Resolución e formatos.
B3.2. Elaborar contidos de ima-xe, audio e vídeo, e desenvolver capacidades para integralos en diversas producións.
TICB3.2.1. Integra elementos multimedia, imaxe e texto na ela-boración de presentacións, ade-cuando o deseño e a maquetaxe á mensaxe e ao público obxecti-vo a quen vai dirixido.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSIEE
CCEC
CSC
TICB3.2.2. Emprega dispositivos de captura de imaxe, audio e ví-deo, edita a información median-te software específico e crea no-vos materiais en diversos forma-tos.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSIEE
Bloque 4. Seguridade informática
a
f
B4.1. Procedementos de inter-cambio de información entre dis-positivos físicos de característi-cas técnicas diversas.
B4.2. Riscos de seguridade para sistemas, aplicacións e datos. Hábitos de protección.
B4.3. Medidas de seguridade activa e pasiva. Actualización do software. Antivirus e devasas.
B4.1. Adopta condutas de segu-ridade activa e pasiva na protec-ción de datos e no intercambio de información.
TICB4.1.1. Analiza e coñece dispositivos físicos e característi-cas técnicas, de conexión e de intercambio de información entre eles.
CD
CMCCT.
TICB4.1.2. Coñece os riscos de seguridade e emprega hábitos de protección adecuados.
CD
CMCCT.
TICB4.1.3. Describe a importan-cia da actualización do software
CD
CMCCT.
11
Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 4º de ESO
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
e do emprego de antivirus e de devasas para garantir a seguri-dade.
CCL
Bloque 5. Publicación e difusión de contidos
b
f
B5.1. Compartición de recursos en redes locais e en internet.
B5.1. Utilizar dispositivos de intercambio de información coñe-cendo as características da co-municación ou da conexión entre eles.
TICB5.1.1. Realiza actividades que requiren compartir recursos en redes locais e virtuais.
CD
CMCCT.
CAA
CSC
a
f
g
h
i
m
ñ
o
B5.3. Deseño de páxinas web sinxelas.
B5.2. Elaborar e publicar conti-dos na web que integren infor-mación textual, numérica, sonora e gráfica.
TICB5.2.1. Integra e organiza elementos textuais e gráficos en estruturas hipertextuais.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
TICB5.2.2. Deseña páxinas web e coñece os protocolos de publi-cación, baixo estándares ade-cuados e con respecto aos derei-tos de propiedade.
CD
CMCCT.
CCL
CSC
CSIEE
CCEC
a
b
c
g
h
i
m
ñ
o
B5.4. Creación e publicación na web. Estándares de publicación.
B5.5. Traballo colaborativo con servizos na nube e coas ferra-mentas das TIC de carácter so-cial.
B5.3. Coñecer os estándares de publicación e empregalos na produción de páxinas web e coas ferramentas das TIC de carácter social.
TICB5.3.1. Participa colaborati-vamente en diversas ferramentas das TIC de carácter social e xes-tiona os propios.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSIEE
CSC
Bloque 6. Internet, redes sociais e hiperconexión
a
b
f
g
h
i
m
ñ
o
B6.1. Creación e publicación na web de materiais multiplataforma accesibles.
B6.2. Recursos e plataformas de formación a distancia, emprego e saúde.
B6.3. Administración electrónica e comercio electrónico: intercam-bios económicos e seguridade.
B6.4. Sincronización entre dispo-sitivos móbiles e computadores.
B6.1. Desenvolver hábitos no uso de ferramentas que permitan a accesibilidade ás producións desde diversos dispositivos móbi-les.
TICB6.1.1. Elabora materiais para a web que permiten a acce-sibilidade á información multipla-taforma.
CD
CMCCT.
CSIEE
TICB6.1.2. Realiza intercambio de información en distintas plata-formas nas que está rexistrado/a e que ofrecen servizos de forma-ción, lecer, etc.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSC
TICB6.1.3. Sincroniza a informa-ción entre un dispositivo móbil e outro dispositivo.
CD
CMCCT.
a
b
f
g
h
i
B6.5. Redes sociais. Privacidade e seguridade persoal na interac-ción en redes sociais.
B6.2. Empregar o sentido crítico e desenvolver hábitos adecuados no uso e no intercambio da in-formación a través de redes so-ciais e plataformas.
TICB6.2.1. Participa activamente en redes sociais con criterios de seguridade.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSC
CSIEE
12
Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 4º de ESO
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
m
ñ
o
f
m
ñ
B6.6. Utilización de canles de distribución de contidos multime-dia para distribución de materiais propios.
B6.3. Publicar e relacionar me-diante hiperligazóns información en canles de contidos multime-dia, presentacións, imaxe, audio e vídeo.
TICB6.3.1. Emprega canles de distribución de contidos multime-dia para aloxar materiais propios e enlazalos noutras producións.
CD
CMCCT.
CCL
CSC
5. Contidos e concreción para cada estándar de aprendizaxe
que forman parte dos perfís competenciais
Bloque Estándares de
aprendizaxe
avaliables
Contidos mínimos Procedementos e
instrumentos de
avaliación
Temporali-
zación por
avaliacións
Competencias
clave
1-
ÉT
ICA
E E
ST
ÉT
ICA
NA
IN
TE
RA
CC
IÓN
EN
RE
DE
Interactúa con
hábitos adecua-
dos en contor-
nos virtuais.
Navegar con internet tendo uns
hábitos adecuados en canto a un
uso correcto dos datos persoais e
contrasinais.
Coñecer a lei de propiedade
intelectual.
Diferenciar o software privativo
do software libre.
Aplicar as medidas adecuadas á
hora de acceder, descargar e in-
tercambiar información e pro-
gramas.
Visitar páxinas e realizar descar-
gas de forma segura en Internet.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Todas
CD
CSC
Aplica políticas
seguras de uti-
lización de con-
trasinais para a
protección da
información
persoal.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Todas CD
CMCCT.
Realiza activi-
dades con res-
ponsabilidade
sobre conceptos
como a propie-
dade e o inter-
cambio de in-
formación.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Todas CD
CAA
CSC
CCEC
Consulta
distintas fontes
e navega coñe-
cendo a impor-
tancia da iden-
tidade dixital e
os tipos de
fraude da web.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Todas CD
CAA
CSC
Diferencia o
concepto de
materiais suxei-
tos a dereitos
de autoría e
materiais de
libre distribu-
ción.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Todas CD
CSC
CCEC
13
2-
CO
MP
UT
AD
OR
ES
, S
IST
EM
AS
OP
ER
AT
IVO
S E
RE
DE
S
Realiza opera-
cións básicas
de organización
e almacena-
mento da in-
formación.
Razoar o proceso de instalación
dun sistema operativo ou de cal-
quera outra aplicación.
Manexar con soltura todos os
temas relacionados coa adminis-
tración de cartafoles e arquivos
nos sistemas operativos.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Todas CD
CMCCT.
CAA
Configura
elementos bási-
cos do sistema
operativo e de
accesibilidade
do equipamento
informático.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Primeira CD
CMCCT.
Resolve pro-
blemas vincu-
lados aos sis-
temas operati-
vos e ás aplica-
cións e os pro-
gramas vincu-
lados a estes.
Capacidade para a configuración
das diferentes utilidades dun Sis-
tema Operativo.
Sabe instalar e configurar o
software máis adecuado.
Sabe desinstalar software.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Todas CD
CMCCT.
CAA
Administra o
equipamento
con responsabi-
lidade e coñece
aplicacións de
comunicación
entre dispositi-
vos.
Coñecer o software adecuado
para comunicarse con outros
equipos da rede sempre de forma
segura e responsable.
Saber compartir un recurso e
acceder a un recurso compartido
por outros usuarios da rede.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Todas CD
CMCCT.
Analiza e
coñece diversos
compoñentes
físicos dun
computador, as
súas caracterís-
ticas técnicas e
as conexións
entre eles.
Coñecer os principais compoñen-
tes internos dun computador e os
principais periféricos que se lle
poden conectar.
Coñecer os diferentes tipos de
redes.
Identificar os elementos necesa-
rios para acceder a Internet.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Primeira CD
CMCCT.
Bloque Estándares de
aprendizaxe
avaliables
Contidos mínimos Procedementos e
instrumentos de
avaliación
Temporali-
zación por
avaliacións
Competencias
clave
3-
OR
GA
NIZ
AC
IÓN
, D
ES
EÑ
O E
PR
OD
UC
IÓN
DE
IN
FO
RM
AC
IÓN
DIX
ITA
L
Elabora e
maqueta docu-
mentos de texto
con aplicacións
informáticas
que facilitan a
inclusión de
táboas, imaxes,
fórmulas, gráfi-
cos, así como
outras posibili-
dades de dese-
ño, e interactúa
con outras ca-
racterísticas do
programa.
Saber xerar documentos de texto
e de cálculo e modificar as súas
propiedades: configuración da
páxina, columnas, inserir número
de páxina, cambiar o formato da
páxina, etc.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Probas prácticas.
Primeira CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSIEE
CCEC
Produce infor-
mes que requi-
ren o emprego
de follas de
cálculo, que
inclúan resulta-
dos textuais,
numéricos e
gráficos.
Saber xerar documentos de
cálculo e modificar as súas pro-
piedades: configuración da páxi-
na, inserir número de páxina,
cambiar o formato da páxina, etc.
Saber realizar a inserción de
debuxos, gráficas, cambiar o
formato de celas e realizar cálcu-
los básicos.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Probas prácticas.
Segunda CD
CMCCT.
CCL
CSIEE
14
Elabora bases
de datos sinxe-
las e utiliza a
súa funcionali-
dade para con-
sultar datos,
organizar a in-
formación e
xerar documen-
tos.
As bases de datos non se piden
como contido mínimo.
______
______
CD
CMCCT.
CAA
CSIEE
Integra elemen-
tos multimedia,
imaxe e texto
na elaboración
de presenta-
cións, adecuan-
do o deseño e a
maquetaxe á
mensaxe e ao
público obxec-
tivo a quen vai
dirixido.
Manexar con soltura software de
creación de presentacións.
Integrar correctamente os ele-
mentos que forman parte dunha
presentación: son, imaxe, texto,
gráficos...
Aplicación distintos deseños e
estilos nas presentacións.
Utilizar animacións e as transi-
cións, para aumentar a calidade
do traballo con presentacións.
Publicar en distintos formatos
unha presentación electrónica.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Probas prácticas.
Segunda CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSIEE
CCEC
CSC
Emprega
dispositivos de
captura de
imaxe, audio e
vídeo, edita a
información
mediante soft-
ware específico
e crea novos
materiais en
diversos forma-
tos.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSIEE
Bloque Estándares de
aprendizaxe
avaliables
Contidos mínimos Procedementos e
instrumentos de
avaliación
Temporali-
zación por
avaliacións
Competencias
clave
4-
SE
GU
RID
AD
E I
NF
OR
MÁ
TC
IA
Analiza e
coñece disposi-
tivos físicos e
características
técnicas, de
conexión e de
intercambio de
información
entre eles.
Ter a capacidade de localizar,
descargar e instalar aplicacións
que preveñan o tráfico non auto-
rizado en redes sobre diversos
sistemas operativos.
Identificar elementos ou compo-
ñentes de mensaxes que permitan
catalogalos como falsos ou frau-
dulentos.
Adoptar actitudes de protección
pasiva, mediante a instalación e
configuración de aplicacións de
filtrado e eliminación de correo
lixo, e de protección activa, evi-
tando colaborar na difusión de
mensaxes deste tipo.
Capacidade para comprender a
necesidade de actualizar un sis-
tema operativo, obter certificados
dixitais e facer uso deles, navegar
en páxinas web seguras.
Detectar o posible software
malicioso do noso computador e
descargar da internet antivirus
gratuítos e instalalos no disco
duro.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Todas CD
CMCCT.
Coñece os
riscos de segu-
ridade e em-
prega hábitos
de protección
adecuados.
CD
CMCCT.
Describe a
importancia da
actualización
do software e
do emprego de
antivirus e de
devasas para
garantir a segu-
ridade.
CD
CMCCT.
CCL
15
5-
PU
BL
ICA
CIÓ
N E
DIF
US
IÓN
DE
CO
NT
IDO
S
Realiza activi-
dades que re-
quiren compar-
tir recursos en
redes locais e
virtuais.
Saber compartir de forma segura
e responsable os recursos dispo-
ñibles dentro dunha rede local ou
virtual.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Probas prácticas.
Terceira CD
CMCCT.
CAA
CSC
Integra e
organiza ele-
mentos textuais
e gráficos en
estruturas
hipertextuais.
Deseña unha páxina web e/ou
blog sinxela que integre informa-
ción textual e gráfica.
Respecta os dereitos da propie-
dade intelectual.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Probas prácticas.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
Deseña páxinas
web e coñece
os protocolos
de publicación,
baixo estánda-
res adecuados e
con respecto
aos dereitos de
propiedade.
CD
CMCCT.
CCL
CSC
CSIEE
CCEC
Participa
colaborativa-
mente en diver-
sas ferramentas
das TIC de
carácter social
e xestiona os
propios.
Utilizar alguna aplicación especí-
fica para publicar unha páxina
web ou blog.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Probas prácticas.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSIEE
CSC
Bloque Estándares de
aprendizaxe
avaliables
Contidos mínimos Procedementos e
instrumentos de
avaliación
Temporali-
zación por
avaliacións
Competencias
clave
6-
INT
ER
NE
T, R
ED
ES
SO
CIA
IS E
HIP
ER
CO
NE
XIÓ
N
Elabora mate-
riais para a web
que permiten a
accesibilidade á
información
multiplatafor-
ma.
Saber manexar, a nivel de usua-
rio navegadores web e buscar
información na internet.
Saber ler o correo WEB, inserir
mensaxes en foros, realizar des-
cargas directas da Rede e coñecer
as vantaxes que nos pode achegar
a Web 2.0.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Probas prácticas.
Terceira CD
CMCCT.
CSIEE
Realiza inter-
cambio de in-
formación en
distintas plata-
formas nas que
está rexistra-
do/a e que ofre-
cen servizos de
formación, le-
cer, etc.
CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSC
Sincroniza a
información
entre un dispo-
sitivo móbil e
outro dispositi-
vo.
CD
CMCCT.
Participa
activamente en
redes sociais
con criterios de
seguridade.
Ser capaz de acceder e manexar
contornas de aprendizaxe a dis-
tancia e procura de emprego.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Probas prácticas.
Todas CD
CMCCT.
CCL
CAA
CSC
CSIEE
16
Emprega canles
de distribución
de contidos
multimedia pa-
ra aloxar mate-
riais propios e
enlazalos nou-
tras producións.
Saber empregar a aula virtual
para enviar contidos multimedia,
presentacións, imaxe, audio e
vídeo.
Observación directa
na clase dos exerci-
cios realizados na aula
de informática.
Probas prácticas.
Todas CD
CMCCT.
CCL
CSC
6. Criterios de cualificación
Os criterios de cualificación para a materia serán:
Asistencia regular a clase, actitude e traballo diario: suporán un 10% da nota final.
Prácticas e traballos: suporán o 40% da nota final.
Probas obxectivas: suporá o 50% da nota final.
*Non obstante, estes valores poderán variar en máis ou menos un 10 %, dependendo dos
contidos expostos en cada unha das avaliacións.
Para superar cada avaliación a media ponderada dos tres criterios anteriores será dun 5. Pa-
ra poder facer esta media, o alumno/a deberá obter un 4 como mínimo nos apartados Probas obxec-
tivas e Prácticas e traballos
O alumno/a que non supere a avaliación poderá facer unha recuperación durante a propia
avaliación (se hai tempo) ou durante a seguinte avaliación. Terá que obter como mínimo un 5 na
recuperación.
En xuño o alumno poderá recuperar as avaliacións pendentes e non recuperadas do curso.
Deberá ter un 5 en cada unha delas.
Para superar a materia en xuño, o alumno debe ter aprobadas todas as avaliacións.
A cualificación final dependerá do rendemento e actitude global do alumno ao longo do
curso. No caso de ter feito recuperacións, a cualificación media final será redondeada á baixa.
Para o alumnado que non supere a materia en xuño e teña que presentarse á convocatoria
de setembro os criterios de cualificación basearanse nun exame a realizar polo alumno, supoñendo o
mesmo o 100% da nota. Na convocatoria de setembro o alumno terá que examinarse de toda a ma-
teria.
17
7. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e
práctica docente
Na avaliación dos procesos de ensinanza e da nosa práctica docente teremos en conta a esti-
mación, tanto aspectos relacionados coa propia programación didáctica (adecuación dos seus ele-
mentos ao contexto, identificación dos seus elementos...), como os relacionados coa súa aplicación
(actividades desenvolvidas, resposta aos intereses dos alumnos, selección de materiais, referentes de
calidade en recursos didácticos). Esta avaliación farase apoiándonos en indicadores de logro e terá 3
momentos diferenciados:
Na avaliación do proceso do ensino e a práctica serán indicadores de logro:
Antes do comezo do curso:
o Elaboración da programación didáctica segundo as disposicións legais que determi-
nan os seus principios e elementos básicos e comprobación de que se especificaron
correctamente todos os elementos curriculares necesarios para que se desenvolva a
práctica docente.
o Detección dos aspectos mellorables e indicación dos axustes que se realizarán en
consecuencia
Durante o curso: Mestras se produce o proceso de ensinanza-aprendizaxe o profesor fará
un seguimento de:
o Axuste e calidade da programación didáctica, a través do seguimento dos seguintes
indicadores:
Adecuación de secuencia e distribución temporal das unidades didácticas e os
seus elementos curriculares
Avaliación do tratamento dos temas transversais, da adecuación do plan de
atención á diversidade, das estratexias de avaliación do aprendizaxe dos
alumnos, criterios de cualificación, recursos didácticos empregados, activida-
des complementarias e extraescolares, da adecuación dos proxectos de taller.
Detección dos aspectos mellorables e indicación dos axustes que se realizarán
en consecuencia.
o O propio traballo, a través dos seguintes indicadores de logro:
18
Identifica na programación obxectivos, contidos, criterios de avaliación e es-
tándares de aprendizaxe adaptados ás características do grupo.
Emprega estratexias variadas para atender á diversidade do alumnado: activi-
dades que respondan á variedade de intereses do alumnado, estilos de apren-
dizaxe, ritmos de aprendizaxe, gradación da complexidade das actividades
propostas.
Favorece a autonomía do alumno e potencia a súa implicación no proceso
educativo.
Favorece a comunicación coa familia.
Para realizar esta valoración será moi importante coñecer a opinión do alumnado, podendo
obter a mesma mediante postas en común ou pequenas enquisas.
A información recollida sobre o proceso de ensinanza usarase para facer as modificacións
oportunas mentas este proceso ten lugar, de modo continuo.
Ao finalizar o curso: Comprobación do grao de consecución de obxectivos. Enquisa final
aos alumnos onde estes valoran a práctica docente.
A información recollida nestes intres permitirá detectar se é necesaria algunha modificación
no proceso de ensino e práctica docente. Aplicaranse os mecanismos indicados no punto 13 desta
programación.
8. Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou
colectivas a adoptar en función dos resultados
Pártese da base de que os grupos de alumnos son heteroxéneos, presentando polo tanto cada
un deles diferentes niveis de coñecementos, intereses e capacidades. Ao comenzo do curso realiza-
rase unha avaliación inicial para coñecer as características do alumnado, coñecementos e actitudes.
Permitirá adaptar o proceso de ensinanza-aprendizaxe as características do alumnado e dar resposta
as súas necesidades educativas.
Nas primeiras semanas farase un seguimento dos produtos dos alumnos e a súa actitude
ademais poderá formularse nos primeiros días unha proba obxectiva para valorar coñecementos
básicos e significativos.
19
En canto ás medidas a adoptar en función dos resultados, cando, como consecuencia da ava-
liación inicial e do seguimento do traballo do alumno, se detecten alumnos que requiran unha aten-
ción educativa diferente á ordinaria, seguiranse as pautas que se especifican no apartado 9. Medidas
de atención á diversidade desta programación.
9. Medidas de atención á diversidade
Para o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria estableceranse
as medidas curriculares necesarias co fin de que poida alcanzar o máximo desenvolvemento das
súas capacidades persoais e os obxectivos e competencias establecidas en cada etapa para todo o
alumnado. Actuacións básicas para atender necesidades educativas específicas serán:
Proporanse actividades variadas para responder aos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe
e intereses dos alumnos. Graduarase a complexidade das actividades.
Implicarase ao alumnado con dificultades de aprendizaxe nas mesmas actividades que o res-
to do grupo, pero con distinto nivel de exixencia.
Proponse a inclusión destes alumnos en grupos de traballo nos que os compañeiros faciliten
o intercambio de saberes e a mutua axuda.
En caso de algún alumno con necesidades moi especiais, pedirase consello e axuda ao De-
partamento de Orientación.
10. Concreción dos elementos transversais en cada curso
En relación ós elementos transversais, o Decreto 86/2015 do 25 de Xuño establece no seu
Artigo 4 que:
“A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovi-
sual, as tecnoloxías da información e da comunicación, o emprendemento, e a educa-
ción cívica e constitucional traballaranse en todas as materias, sen prexuízo do seu tra-
tamento específico nalgunhas das materias de cada etapa.”
E, no apartado 3 do mesmo punto:
“A consellería con competencias en materia de educación fomentará as medi-
das para que o alumnado participe en actividades que lle permitan afianzar o espírito
20
emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a au-
tonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.”
As propias características da materia desenvolvida na presente programación están orienta-
das a potenciar os puntos expostos nos apartados anteriores e nos demais apartados do Artigo 4 do
Decreto, sendo a comprensión lectora e o uso das tecnoloxías da información e comunicación esen-
ciais para a superación da materia.
Por outra banda, a Informática é unha ciencia aplicada e, no nivel que nos ocupa, é ante to-
do unha ferramenta que ten múltiples aplicacións. O emprego de ordenadores e programas é espe-
cialmente axeitado en proxectos e actividades de tipo interdisciplinar. entre as que poderiamos en-
globar os seguintes contidos transversais.
Educación para a igualdade
A revolución no mundo das comunicacións, que supuxo a introdución da Informática,
permite falar de conceptos tales como o da aldea global, querendo representar un tipo de sociedade
na que maior cantidade de información atopa a disposición de cada vez maior número de persoas.
Educación para a saúde
O proxecto inclúe entre os seus contidos consideracións de tipo ergonómico acerca da for-
ma máis axeitada de utilizar o ordenador.
Educación para a paz
A metodoloxía máis aconsellable para o desenvolvemento desta materia permite e necesita
o traballo en equipo. Iso supón o establecemento de relacións moi vivas e interdependentes entre os
membros do devandito equipo nas que, inevitablemente, aparecerán conflitos.
Educación do consumidor
O uso das novas tecnoloxías, particularmente a tecnoloxía multimedia, posibilita novas
formas de expresión pero, tamén, de manipulación das imaxes.
Un dos obxectivos da materia consiste en proporcionar elementos aos alumnos ás que lles
permitan axuizar a informática dende unha perspectiva global, en contraposición á actitude do con-
sumidor tecnolóxico pasivo sometido ás presións comerciais.
21
11. Metodoloxía didáctica
Os tipos de actividades de ensino-aprendizaxe aplicadas na aula serán activas, participati-
vas e que favorezan a capacidade de aprender a aprender. Para respectar a diversidade do alumnado
e os seus distintos ritmos e estilos de aprendizaxe, en cada situación de aprendizaxe, deseñaranse:
Actividades de presentación-motivación, que introducen ao alumnado no tema que se vai
tratar na unidade didáctica.
Actividades de avaliación dos coñecementos previos. Son as que realizamos para obter in-
formación sobre que saben e que procedementos, destrezas e habilidades teñen desenvolvi-
das.
Actividades do desenvolvemento dos contidos. Son as que permiten ao alumnado a adquisi-
ción de novos contidos.
Actividades de recuperación ou reforzo. Son as que se programan para o alumnado que non
acadou os coñecementos traballados.
Actividades de ampliación. Son as que permiten continuar a construción dos coñecementos
a aqueles alumnos que realizaron de maneira satisfactoria as actividades de desenvolvemen-
to propostas.
Actividades de avaliación. Son as actividades dirixidas á avaliación formativa e sumativa
que non estiveron cubertas polas actividades anteriores.
En cada unidade didáctica realizarase un proxecto individual ou de grupo no que os alum-
nos/as terán que aplicar, de xeito creativo, orixinal e autónomo, os contidos desenvolvidos na uni-
dade didáctica.
As clases teóricas/prácticas e os proxectos complementaranse para conseguir unha apren-
dizaxe significativa. Os coñecementos teóricos adquiridos deben ser unha base para a resolución do
proxecto ou das prácticas e, ao mesmo tempo, estes últimos deben servir para consolidar os primei-
ros.
12. Materiais e recursos didácticos
Recursos didácticos audiovisuais e informáticos. A aula de informática, de uso compartido
co resto do centro, dispón de 20 ordenadores con conexión a internet, software e pizarra di-
xital.
22
Software: software libre.
Aula virtual. O curso TIC de 4ºESO dispón dun curso moodle na aula virtual do centro. Nes-
te curso o alumno dispón de apuntamentos, vídeotutoriales, links a páxinas de interese, acti-
vidades interactivas, prácticas guiadas e instrucións para a realización dos traballos propos-
tos.
Non hai libro de texto obligatorio
Conexión a Intenet: é deficiente o cal, dado o currículo da materia de TECNOLOXÍAS DA
INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN de 4ºESO e a metodoloxía empregada (uso de aula
virtual, fomento do traballo colaborativo e o método de proxectos, fomento da autonomía do
alumnado), dificulta o desenvolvemento do currículo da materia.
13. Actividades complementarias e extraescolares do
departamento
A día de hoxe non hai ningunha visita concertada. Tamén se terá en conta as propostas po-
los organismos oficiais públicos e privados que ao longo do curso se fagan ao centro.
14. Mecanismos de revisión, avaliación e modificación da
programación e Plan de mellora
Segundo a información aportada polo proceso de avaliación do proceso do ensino e a
práctica docente, ao que se fai referencia no punto 7 desta programación, cabe a posibilidade de
que sexa necesario revisar e/ou modificar a programación para mellorar a mesma. Farase:
A) Unha avaliación de progreso:
o Haberá que ir vendo o axuste de obxectivos, contidos, criterios de avaliación,
procedementos e actividades con respecto á realidade do alumnado, ás súas necesidades e
características e á realidade das posibilidades educativas do centro.
o Valorarase tal axuste nas reunións de departamento e nas avaliacións e, se resulta pouco
axeitado, haberá de modificarse durante o percorrer do curso.
B) Unha avaliación final:
o Nesta avaliación valorarase:
23
O grado de cumprimento dos obxectivos.
A adecuación dos contidos ó nivel do curso.
O grao de cumprimento das expectativas que tiña o alumno sobre a materia.
O labor do profesor na impartición da materia, analizando:
o A claridade nas explicacións.
o A calidade do material empregado.
o O grado de satisfacción na resolución de dúbidas.
A adecuación das instalacións da aula para o desenvolvemento da materia.
Baio, 30 de setembro de 2019
24
Recommended