View
1.041
Download
6
Category
Preview:
DESCRIPTION
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, que mostra as características principais da arquitectura románica na Península Ibérica
Citation preview
A ARQUITECTURA ROMÁNICA ESPAÑOLA
O ROMÁNICO NA PENÍNSULA: CATALUÑA
No s. XI, os condados cataláns, practicamente illados do resto da península, miran ao sur de Francia e ao norte de Italia e reciben cos brazos abertoso primeiro Románico; no resto da Península (agás Aragón), vaise adiara súa implantación até o Románico pleno que populariza o Camiño de
Santiago
Igrexa de San Vicente de Cardona
(1040)
A igrexa presenta un exterior de volumes ordenados con simplicidade xeométrica;los muros están dinamizados por bandas lombardas, arcos e galerías de arcos cegos que, na cabeceira, resaltan a cornixaA planta organízase en 3 naves (precedidas dun nártex), cunha cabeceira formada por un pequeno transepto, un presbiterio e 3 ábsidas semicirculares a continuación das naves do corpo lonxitudinal.Sobre o cruceiro elévase unha cúpula sobre pechinas, con pequenas xanelas na base, considerada a máis antiga da Península
Interior de San Vicente de Cardona
A nave central, máis ancha cas laterais, cóberse con bóveda de canón; as naves laterais, con bóveda de aresta. Os
arcos feixóns da nave central e as bóvedas de aresta das
laterais descargan o seu peso sobre piares cruciformes. A diferenza de altura das naves
(que chega aos 19 m na central) permite abrir vans que iluminan o recinto directamente
Plano do recinto do antigo mosteiro
románico de Sant Pere de Rodes (1022)
É un exemplo de transición entre as
tradicións prerrománicas
e as renovadoras correntes lombarda e
provenzal
Igrexa do mosteiro de Sant Pere de Roda
A torre de San Miguel, cos seus catro andares de planta cadrada, dá a súa silueta ao mosteiro. Preséntase furada por varías xanelas de medio punto. Inseríase nas
murallas que protexían o mosteiro
Interior da igrexa do mosteiro de Sant Pere de Roda
Os piares teñen unha estrutura complexa. As súas bases son rectangulares ou cruciformes.
Sosteñen columnas, cuxos capiteis con motivos vexetais sosteñen un segundo nivel de columnas, encostadas ou non.
Nestas apóianse os arcos feixóns
Mosteiro de Santa María de Ripoll (s. XI)
Cabeceira do mosteiro de Santa María de Ripoll
Fachada e cabeceira de Santa María, La Seo de Urgel. O corpo central da fachada atópase flanqueado por recios contrafortes e presenta tres niveis definidos por cornixas. No alto elévase un campanario cadrado con dous niveis de vans. O deseño desta facha testemuña influencias do norte de Italia. A nave central
está cuberta por unha bóveda de canón sobre arcos feixóns, e as laterais por bóvedas de aresta. Os soportes son piares cruciformes provistos de columnas
adosadas nos ángulos
Cabeceira de Santa María, La Seo de Urgel. Detalle dunha xanela onde se mostra o taqueado xaqués, un
motivo decorativo baseado en pequenos cilindros aliñados.
Tamén denomiando axedrezado, chámase xaqués porque é típico da catedral de Xaca, dende onde
se expandiu a outras igrexas románicas do Camiño
ROMÁNICO DO PIRINEO
San Clemente de Tahull, a influencia lombarda
Igrexa de San Clemente de Tahull (Lleida)
Planta basilical de tres naves e tres ábsidas. O máis
interesante son as súas pinturas interiores na ábsida
Igrexa de Santa María de Tahull (Lleida)
ARAGÓN
SAN JUAN DE LA PEÑARecolle a herdanza dalgúns dos primeiros monxes de tradición hispanaque acolleron a nova liturxia romana; no s. XII construíron un claustro, concapiteis de gran valor escultórico, cuxas galerías no requieren cuberta porque se adaptan á rocha que serviu de refuxio aos fundadores
Está estruturado en dous andares, ocupa a inferior unha igrexa mozárabe
(s. IX) e unha dependencia abovedada coñecida como 'Sala dos Concilios', que foi
dormitorio dos monxes (datada a mediados do s.
XI)
Claustro do mosteiro de san Juan de la Peña
CATEDRAL DE XACA (S.XI)
Moitos dos templos do Camiño repetirán a súa articulación do
espazo
NAVARRA
A ermida de Eunate, de planta poligonal, esta arrodeada dun claustro sen cuberta que segue o perímetro do templo e lle confire unha apariencia circularConstruída polos Templarios, está inspirada no Santo Sepulcro de Xerusalén
O CAMIÑO DE SANTIAGO
O CAMIÑO DE SANTIAGO E A DIFUSIÓN DO ROMÁNICONA PENÍNSULA IBÉRICA
AS IGREXAS DE PEREGRINACIÓN
Este tipo de igrexas debían congregar grandes multitudes e permitir o desenvolvemento de procesións que non interferisen na celebración do oficio litúrxico. Estas necesidades traducíronse nuns plantexamentos construtivos concretos:• Planta de tres ou cinco naves, cunn transepto de estrutura semellante ao corpo lonxitudinal e cuxos brazos rematan en fachadas con portadas monumentais• Os brazos do transepto teñen capelas absidiais dedicadas a cultos particulares• Xeneralizouse a Tribuna (galería situada sobre as naves laterais), que facilita o uso polivalente do templo• A cabeceira organízase a partir dun deambulatorio con capelas radiais, denominado “coro de peregrinación”
O CAMIÑO QUE VÉN DE FRANCIA
Saint Sernin de Toulouse (1080-1120)
Considerada como o punto de partida das igrexas de peregrinación, viviu o seu apoxeo grazas ás reliquias de Santa Fe
No exterior, a cabeceira revela a excelente articulación dos volumes a diferente altura: as capelas dan lugar á ábsida e a
ábsida ao ciborio octogonal do cruceiro
SANTA FE DE CONQUES
(1050)
San Martín de Frómista (iniciada en 1066), Palencia
O edificio comprende tres naves prolongadas por tres ábsidas graduadasA orixinalidade do conxunto deriva da pedra de cantaría de menor tamaño do normal, así como a presenza dunha cúpula sobre trompas no cruceiro, coroada por unha torre octogonal, e de dúas torres cilíndricas que encadran la fachada (posible herdanza do primeiro románico meridional)Ten unha rica decoración de capiteis e modillóns, que contribúe ao nacemento da grande escultura monumental románica
San Martín de Frómista (iniciada en 1066), Palencia
No exterior destacan as dúas torres circulares, de sobriedade extrema,que flanquean a fachada occidentalA decoración arquitectónica recolle as arquivoltas nas portadas e, no exterior das ábsidas o taqueado característico de Xaca e as columnastanxentes de refuerzo.
É un dos exemplos máis antigos que seguen o modelo da catedral de XacaA súa planta, cun transepto que non sobresae, organízase en tres naves de cinco tramos que culminan en tres ábsidas semicirculares graduadasSobre o cruceiro elévase un ciborio octogonal que, no interior, ten unha cúpula sobre trompas
Planta de San Martín de Frómista
San Martín de Frómista: cabeceira e nave interior
Colexiata de Santo Isidoro de León (fins s. XI)
Esta basílica construiuse con tres naves, cruceiro saínte e cabeceira de tres ábsidas (perdeu a central a fins da Idade Media para convertela en gótica) Posteriormente mandouse edificar o Panteón dos Reis de León, monumento sepulcral que actualmente é o máis antigo que se conserva Nas súas bóvedas pintouse no s. XII un repertorio de primeira orde no Románico europeo, polo que é denominada como a "Capela Sixtina" do Románico
Panteón dos Reis en Santo Isidoro de León
Reconstrución da catedral románica de Santiago de Compostela (1075-1128)
Aínda que os impulsores das obras foron os dous bispos Diego Peláez e Diego Xelmírez, para a catedral temos constancia de quen interviron na construción: os mestres franceses Bernardo e Roberto, e os seus probables discípulos, o chamado Mestre Estevo e Bernardo o Novo
Fachada barroca da catedral de Santiago
A catedral de Santiago é a xoia que depara o final do camiño. Neste templo finaliza a ruta de peregrinación establecida polos
monxes de Cluny. O edificio, claramente inspirado nos grandes santuarios franceses, é tamén o
compendio das experiencias construtivas precedentes, con
reminiscencias tanto asturianas coma mudéxares, sendo
considerado a obra cimeira do románico español
• Fachada oeste da catedral de Santiago de Compostela: o Pórtico da Gloria, construído entre 1188 e 1200. Artículase arredor dun parteluz coa estatua de Santiago. Os temas do Xuízo Final e do Apocalipse aparecen representados no tímpano, en que Cristo está rodeado polos evanxelistas cos seus símbolos. A arquivolta presenta os anciáns do Apocalipse. Sobre o lintel, uns anxos portan os símbolos da Paixón. No parteluz, Santiago, o patrón da igrexa, acolle os visitantes
Planta da Catedral de Santiago de Compostela
• Esta catedral presenta planta de cruz latina, cunha ampla nave central, precedida por un nártex, e dúas naves laterais. O transepto, rodeado por completo de naves laterais cubertas con bóvedas de aresta, ten a mesma anchura cá nave principal, comunicándose co deambulatorio de cinco capelas radiais da cabeceira. A catedral ten 97 m de lonxitude
• Este esquema respondía ás necesidades de circulación á vez que preservaba a actividade litúrxica no presbiterio
• 1. Deambulatorio - 2. Coro - 3. Cruceiro - 4. Brazos do transepto - 5. Naves laterais do transepto - 6. Nave principal - 7. Naves laterais - 8. Pórtico da Gloria
Interior da Catedral de Santiago
No espazo interior prima a sensación de verticalidade e
esveltez, potenciada polos 22 m de altura da nave central. Cobre a nave principal unha bóveda de canón con arcos feixóns, contrarrestada por
bóvedas de aresta nas naves laterais e de cuarto de canón na
tribuna
Interior da Catedral de SantiagoO alzado articúlase en dous niveis: As arcadas e unha tribuna moi desenvolvidaOs arcos do primeiro andar descargan sobre piares con columnas encostadas en todas as súas caras. A columna do lado da nave central sobe até o arranque dos arcos feixóns das bóvedas e constitúese nun elemento divisorio dos diferentes tramos da bóveda.A tribuna é, xunto ao deambulatorio, a maior novidade construtiva deste tipo de igrexasTribuna, transepto e deambulatorio permitían aos peregrinos percorrer todo o templo
Interior de la catedral de Santiago de Compostela
O ROMÁNICO EN CASTELA-LEÓN
Nesta zona, profundamente marcada polo Camiño de Santiago, as igrexas que se erixen identifícanse co espírito que, no marco da denominada “Reconquista”, responde a idea dun pobo forte, áspero, guerreiro, sobrio, en contraste co refinamento da civilización hispanomusulmáA provincia de Segovia xenera unha produción de marcada personalidade, como se ve na Torre da igrexa de Santo Estevo
Igrexa de Santo Estevo de Segovia, s. XII
As galerías porticadas destas igrexas construíanse co fin
de albergar as xuntanzas do concello municipal. Servían,
ademais, para acubillar peregrinos e transeúntes. Os
relevos dos seus capiteis narran historias bíblicas.
Igrexa de San Vicente, Ávila
Planta (último cuarto do s. XII)
Nun primeiro momento construíronse a cabeceira —con tres ábsidas en semicírculo—, o transepto e os catro últimos tramos da nave. Nunha segunda xeira, a nave gañou dous novos tramos, as naves laterais recibiron unhas tribunas e foi edificado un pórtico na entrada
• Cabeceira de San Vicente de Ávila, último cuarto do s. XII
• A cabeceira elévase sobre unha cripta que acolle as reliquias de San Vicente e das súas irmás Sabina e Cristeta. Consta de tres ábsidas graduadas semicirculares. Este conxunto testemuña a importancia do lugar que ocupa a escultura monumental, como amosan as columnas encostadas, o abucinado das xanelas encadradas por finas columnas e os modillóns das partes superiores. Este modelo decorativo perduraría nas principais igrexas románicas de Castela e Aragón
Recommended