View
158
Download
4
Category
Preview:
DESCRIPTION
Coñecemento do Medio 6º Primaria
Citation preview
TEMA 9
A HIDROSFERA E A ATMOSFERA
A hidrosfera....
É a capa formada por toda a auga do planeta Terra, agás o vapor de auga que formaría parte da atmosfera. Ocupa 2/3 do planeta.
Nela podemos distinguir:
• 1. Augas oceánicas: océanos e mares.
• 2. Augas continentais:son as que cobren parte dos continentes ( formando parte dos ríos, lagos, xeo dos polos...), ou están baixo a superficie destes formando as augas subterráneas.
A hidrosfera móvese... A auga dos ríos son correntes de auga que
desembocan no mar. A auga de mares e océanos móvese debido a: - As ondas: ondulacións da superficie do mar
provocadas polo vento. - As correntes mariñas: masas de auga que se
desprazan dun lugar a outro dentro dun océano. Son como ríos dentro do mar.
- As mareas: movementos de ascenso e descenso do nivel do mar. Prodúcense cada seis horas.
A hidrosfera...
A hidrosfera é moi importante... Apórtanos a auga que necesitan os seres vivos. É o medio no que viven os organismos acuáticos. Usámola para beber, regar, cociñar, limpar... Realizamos actividades como navegar ou
bañarnos. Realizamos traballos como pescar ou transportar
mercancías.
A atmosfera É a capa de aire que rodea a xeosfera e a hidrosfera.
Ten un espesor duns 1000 km. Está composta por unha
mestura de gases:
- 78% de nitróxeno.
- 21% de osíxeno.
- 1% de outros gases como vapor de auga, dióxido de carbono e ozono.
As capas da atmosfera A atmosfera componse das seguintes capas:
- A troposfera
- A estratosfera
- Outras capas superiores:
.Mesosfera
.Termosfera
.Exosfera
A troposfera Ocupa os 12 primeiros kilómetros de altura.
Contén o 75% dos gases atmosféricos.
Nela atópanse as nubes e fórmanse
as precipitacións.
A estratosfera Comprende entre os 12 e os 50 km de altura.
A temperatura é moi baixa e hai pouco osíxeno.
Nela atópase a capa de ozono que nos protexe das radiacións solares.
A mesosfera, a termosfera e a exosfera
Son as capas máis frías Hai poucos gases. Nelas prodúcense fenómenos como as
estrelas fugaces.
A atmosfera e os seus cambios
Na atmosfera prodúcense: - Ventos -Precipitacións - Fórmanse as nubes Todos estes cambios reciben o nome de
FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS.
A importancia da atmosfera
A atmosfera é importante porque: - Filtra as radiacións solares prexudiciais,
sobre todo a capa de ozono. - Mantén o calor do planeta. - Contén gases necesarios para a
fotosíntese e a respiración.
O clima
O tempo atmosférico é o estado da atmosfera dunha zona, nun momento determinado ou nun periodo de tempo curto (un día ou unha semana).
O clima, é o conxunto das condicións atmosféricas (precipitacións, temperatura, vento,...) dunha zona durante varios anos.
O clima dunha zona depende de...
A latitude: - As zonas que están máis
próximas ao ecuador da Terra,
son máis cálidas.
- As zonas que están máis
próximas aos polos son
máis frías. Ademais as
diferenzas entre verán e
inverno, son maiores.
O clima dunha zona depende de ...
A altitude respecto ao mar: - Nas zonas montañosas fai máis frío que a nivel do
mar. Isto ocorre porque a temperatura da atmosfera diminúe coa altura.
A proximidade ao mar: - Nas rexións costeiras hai máis humidade, ventos
frecuentes,... por iso as temperaturas son máis suaves que nas zonas do interior.
O estudo do clima A METEOROLOXÍA, é a ciencia que estuda a atmosfera e as
súas variacións. Intenta realizar predicións meteorolóxicas.
Para realizar estas predicións usa estacións meteorolóxicas, formadas por: pluviómetros, barómetros e anemómetros.
Con estes aparatos recóllense datos que nos informan sobre o estado da atmosfera. Con eses datos elabóranse mapas meteorolóxicos que nos informan da situación actual. Tamén se elaboran climogramas, que representan o clima dunha zona determinada.
O climograma
Trátase duns gráficos nos cales aparecen recollidas as precipitacións e as temperaturas medias dunha zona determinada ao longo dun ano.
Recommended