Pereira (Pyrus communis)

Preview:

Citation preview

pereira(Pyrus communis)

peralpear

poiriermaceirapereira

Árbore orixinaria do oeste de Asia. Pode acadar ata 10 m de altura, aínda que xeralmente é de pequeno tamaño. A tona é de cor gris escura con pequenas placas.

FOLLASCaedizas, ovais ou elípticas rematadas en punta coa beira finamente serrada, de cor verde brillante.

FLORESSimples e completas, con cinco pétalos brancos.

FROITOS (peras) Pomos piroformes de tamaños, cores e texturas diferentes, segundo a variedade.

CICLO ANUAL-PEREIRAFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Pereira en Candeán (Vigo)

USOS:Consumo en fresco, zumes, confituras...

Peras urracas, unha variedade autóctona tradicionalmente moi apreciada.

PEREIRA BRAVA (Pyrus piraster). Arbusto ou pequena árbore espiñenta de ata 20 m de altura, coa copa redondeada, o toro curto e delgado e a tona de cor parda-gris con gretas finas. Ten as follas caedizas, elípticas-apuntadas, lixeiramente serradas, de ata 4 cm de lonxitude. As flores son hermafroditas, brancas, agrupadas en corimbos. Os froitos son pomos de ata 3,5 cm de lonxitude, de cor amarela, castaña ou negra.É común por toda Galicia nos sotobosques de carballeiras e piñeiros, nas sebes, á beira dos regatos...

ESCAMBRÓN (Pyrus cordata).Semellante á pereira brava, máis pequeno, coas follas case acorazonadas e co froito máis reducido e de cor castaña escura cando está maduro. É máis común na zona norte.

TRADICIÓN ORAL

REFRÁNS-Auga para o figo, e para a pera o viño.-Se para San Xurxo (abril) xea non collerás nin unha pera.

CANTIGASNena que vendes as peras,¿Cantas che mandaron dar?para ti meu galaniñonon mas mandaron contar.

Da miña pereira as peras,todiñas me van roubando,unha a unha, tres a tres,sen elas me vou quedando.

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet

Recommended