View
783
Download
4
Category
Preview:
Citation preview
10 POEMAS
POLA PAZ
CEIP QUINTELA — MOAÑA
Cantarola dos nenos
Amiguiños todos,
amiguiños xa, os nenos de aquí, E os nenos de alá.
Os nenos do mundo
todos a cantar a unha mesma voz collidos da man.
Cantarola nosa
de amor e de paz. Leda cantarola, ledo rebuldar.
Rolda de sorrisos dende mar a mar, corazóns abertos, ollos de amigar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa, os nenos de aquí e os nenos de alá.
Xosé Neira Vilas Cantarolas. Ed. Xerais
ventos
Que veña o vento fungón,
que lle quero pero preguntar a cor dos ollos das nubes, A cor dos ollos do mar. Eu coido que son azuis
verdes, grises, de cristal, mais calquera cor que teñan
será sempre a cor da paz
Antonio García Teijeiro Ventos. Ed. Xerais
A paz
A paz abafa calada nas casas
da gran Bagdag.
Bagdag agarda mañás calmas
bañadas en paz. A paz calza alpargatas,
balas calza a arma fatal.
Bagdag arrastra
palabras mancadas tras as armas vas.
A paz,
palabra tan cara, a paz, palabra cabal.
Bagdag agarda a paz da nácara,
prata, ámbar, ananás .
Elvira Rivero Tobío. "Palabras Brancas". Ed. Xerais.
BASTA
Basta á paz maltratada,
ás trampas canallas, ás malvadas lacras: basta!
Basta á fatal labazada,
ás casas arrasadas, ás falsas fazañas:
basta!
Basta ás mans asañadas, ás fadas malfadadas,
as malas malandanzas: basta!
Basta ás amargas palabras .
Grazas ás palabras plantadas nas landas da paz .
Elvira Rivero Tobío. "Palabras Brancas". Ed. Xerais
Só tres letras
Só tres letras, tres letras nada máis, só tres letras que para sempre aprenderás.
Só tres letras para escribir PAZ. O P, o A, e o Z, só tres letras.
Só tres letras, tres letras nada máis, para cantar PAZ, para facer PAZ.
O P de pobo, o A de amar e o Z de zafiro ou de rapaz.
(De zafiro por un mundo azul, de rapaz por un neno coma ti.)
Gloria Fuertes
Aquí paz y además Gloria. Susaeta
UN SOLDADO DETRASDUN FUSIL
Unsoldado detrasdunfusil detrasdunhabala detrasdoutrabala detrasdoutrabala
detrasdou….. é
unha enorme parvada.
Gloria Sánchez. Construír a Paz. Ed. Xerais
LEMBRANZA PARA ALÍ SMAÍN
Choven balas Seres berran Arden vilas
Queiman leiras Caen nenos
Chora a terra Xeme o pobo Pingas negras
Cicatrices Dor vermella Destrución
Chuvia cega Berros tristes Dor marela
Choven balas E miseria Noite fría
Tristes guerras Nace o medo Chora a terra.
Antonio García Teijeiro. Chove nos versos. Ed. Xerais.
O NENO E O XABARIÍN
Xabarín, xabarín, Que fas no meu xardín?
Busco un brinquedo neste lindo arboredo.
Xoguemos no arredor A xabarín e cazador.
Eu non gosto da guerra
Só quero paz nesta terra.
Xabarín, xabarín, Tocarás no meu violín?
Neste lugar de soidade
Faremos a nosa amizade.
Xosé Lois García A figueira lingoreteira. Ed. Do Castro
O reino
No tempo aquel
cando os animais falaban, Dicir liberdade non era triste. Dicir verdade era coma un río,
dicir amor, dicir amigo,
Era igual que nomear a primavera. Ninguén sabía dos aldraxes. Cando os animais falaban
os homes cantaban nos solpores pombas de luz e xílgaros de soños. Dicir teu e meu, non se entendía,
dicir espada estaba prohibido, dicir prisión soamente era unha verba
sen senso, un aire que mancaba O corazón da xente.
Cando,
cando se perdeu este gran Reino?
Celso Emilio Ferreiro Longa noite de pedra.
Celso Emilio Ferreiro para os nenos. Consellería de Cultura e Deportes.
Teño un corazón senlleiro
Teño un corazón senlleiro e orfo na noite fría.
Non importa, agardarei polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras, teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardarei polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol que outrora cantar solía.
Non importa, agardarei polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza Diando, fía que fía….
Ela fía e au confío no albor do novo día.
Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética. Factoría K de libros.
.
. Equipo de Dinamización da Lingua Galega Equipo de Biblioteca. CEIP Quintela -Moaña
Recommended