42
Celso Emilio R e c i t a n d o

100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Selección de poemas recitados pola comunidade educativa do IES Félix Muriel

Citation preview

Page 1: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Celso Emilio

R e c i t a n d o

Page 2: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Lingoa proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa non saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos do lingoaxe,

remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruís e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os estúpidos,

non falo pra os valeiros,

que falo pra os que agoantan rexamente

mentiras e inxusticias de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, doce mágoa das Españas,

deitada rente ao mar, ise camiño...

Page 3: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

¿De que lugar iñoto vén o vento

e ónde se vai o vento cando marcha?

¿Quen lle ensinou ao vento xeografía?

O neno preguntaba.

¿Dorme o vento no mar ou nas estrelas?

¿Dorme no val ou dorme na montaña?

¿Dorme no colo verde dos piñeiros?

O neno preguntaba.

¿Sabe que hai Dios o vento?

O neno preguntaba.

Ise vento que xoga cos meus rizos

¿será o anxo da garda?

¿Será o vento a voz dos que están mortos?

O neno preguntaba,

pero o vento

fuxía indiferente pola gándara.

O NENO PREGUNTABA

Page 4: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

A silandeira sombra sin consolo

de aquil que fun, decote vai conmigo.

Lexano amor, hedra que medra e medra

dentro de min robíndome a modiño.

Aquil que fun non son, por iso estamos

xuntos os dous. Aquil que entonces era

como un río fuxiu, pero quedouse

coma o río que pasa e sempre queda.

Fecunda sementeira do pasado

espello meu, única vida viva,

tódalas cousas morren i esmorecen

somente tí, lembranza, te eternizas.

Espello meu, no que me estou ollando

ise que agora son xa non esiste

O tempo faise estatua na saudade

i eu morro de saudades cada intre.

SAUDADE

Page 5: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Ti ben sabes, amigo, o gran segredo

dise tempo que pasa e que nos moe

cun rodicio de sombras,

sen mañá e sen onte.

Nas nosas maus de lama nada queda,

todo se nos desfái, todo nos foxe

coma o vento que brúa,

coma a auga que corre.

Non somos máis que cousas

con diferentes nomes:

camiño, verme, folla,

estrela, arbre, home.

Cousas

que o tempo ha de pór podres.

E mentras tanto

de ningures pra lonxe,

igoal que toupas imos cegamente

furando o longo túnel dunha noite

que endexamais ten fin; sempre furando

sin máis norte que a morte.

Preguntas e preguntas e preguntas,

decote a preguntar. Ninguén responde.

Page 6: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Nin cadeias nin leises o persiguen, mais nunca será libre.

O seus brazos sanguentos van atados ao invisíbel cepo do remorso.

Pra il son as horrendas cárceres do insono e as bágoas que levedan as angurias alucinadas de silencio e noite.

Un escuro terror vaille nas veas coma cávados mestos rebulindo, ou coma treponemas sulagados no transfondo do ser.

Pra il son as olladas derradeitas que xermolan vindicta nas revoltas de tódalas estradas. As olladas dos mortos que morreron afogados en sangue tremando coma bimbios.

Illado vai do mundo envolto en ollos pasmos que o interrogan dendo tódolos ángulos berrando.

Page 7: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Eu xa te busquéi cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procuréi no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chaméi cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namoréi cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma.

EU EN TI

Page 8: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

CANTIGA DE AMOR CICÁIS

A liberdade endexamáis se acada

e nós, os homes, nunca tivemos azas.

As nosas almas sempre están coutadas

e de xionllos rendidas. Hai espadas.

Hai mulleres e fillos. Tamén patrias.

Tamén economía. Tamén fábricas.

(Ouh, qué gozo morrer nas guerras santas

por mitos, por bandeiras, por palabras

-baixo palabra de honor- palabras sacras.)

Europa ten trescentos millóns de almas,

en cada ialma un mundo, en cada corpo un mandria.

Fusiles, bombas, cañóns, tanques, escadras

-de mar e vento- policías, gardas,

sociedades anónimas, comanditas, limitadas,

xuzgados, xefaturas, alfándegas.

As nosas maus sempre estarán atadas.

Meu corazón, ¿ónde se foi a esperanza

dos verdes anos, i aquelas brancas,

fondas, tenras, outas inquedanzas?

Page 9: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Na miña gorxa agruman as palabras

que de fontes moi fondas vanme vindo

e fanse ríos longos polas veas,

rosas de luz nos ollos ou escumas.

Pero as miñas razón non son palabras

sinon cousas que eisisten elas soias,

que coma Dios eisisten arredradas

nun silenzo de estrelas fuxidivas.

Pequenas cousas, grandes coma vermes,

pechadas no silenzo, sin palabras,

pousadas sobre sí dende o principio,

indo e vindo no tempo coma peixes,

coma peixes do vento, sin palabras.

Vós nunca entenderedes estas cousas,

estas fontes tan fondas, sin palabras,

que nas palabras xurden tatexando

coma meniños nados nun hospicio.

Oramá non sepades o segredo

destas fontes tan fondas, sin palabras,

xa que sodes somente unas palabras

indo e vindo no tempo, unas palabras,

palabras e palabras e palabras.

PALABRAS

Page 10: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Eu non choro por ti, pois sei que mouras onde a fonte do tempo, alá no fondo de todos os camiños. Choro por min un pranto inconsolábel, que me quedei sin ti, meu limpo espello, coma un arbre na noute, soio e núo, fendido polo cerne, coas reigames sin os doces segredos das violedas. Choro por min, por estas maus de cinza que outrora foron pombas, cando o meu corazón era un paxaro e ti pasabas sempre atafegada nun andar de formiga labourando. Tecían as labercas os abrentes i eu era un vagalume, unha estreliña ateigada de luz polos camiños. Dios estaba con nós. Agora vou senlleiro, orfo de beixos tépedos sin mácula. Choro por min que xa non teño colo, para pousarme níl coma nun niño, miña nai imposíbel, viva e morta no cristal dos meus ollos.

NAI

Page 11: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

¿Ti non sabes que eu teño outras preguntas

— poutas sanguentas sobre a miña gorxa —

e ninguén me contesta?

Que inda non sei por qué dioses iñotos

morreron tantos mozos que pasaban

cantando ledamente

cando o solpor durmía sobre os pinos.

Nin sei por qué non cantan ises nenos

que xogan a ser homes polas rúas

con tristura de páxaros mollados.

I esas doridas nais de doces ollos

coutados de violedas,

inda non sei por qué choran magoadas

baixo un ceo impasíbel

cheos de cinza os colos.

Non me preguntes nada.

DEMPÓIS

Page 12: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan

i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra.

Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo

nesta longa noite de pedra.

LONGA NOITE DE PEDRA

Page 13: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

No tempo aquil cando os animales falaban,

decir libertá non era triste, decir verdá era coma un río, decir amor, decir amigo, era igoal que nomear a primavera. Ninguén sabía dos aldraxes.

Cando os animales falaban os homes cantaban nos solpores pombas de luz e xílgaros de soños. Decir teu e meu non se entendía, decir espada estaba prohibido, decir prisión somente era unha verba

sin senso, un aire que mancaba o corazón da xente. ¿Cando, cando se perdéu, iste gran Reino?

O REINO

Page 14: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Nós queríamos libremente

comer o pan de cada día. Libremente

mordelo, masticalo, dixerilo sin medo,

libremente falando, cantando nas orelas

dos ríos que camiñan pra o mar libre.

Libremente, libremente,

nós queríamos somente

ser libremente homes, ser estrelas,

ser faíscas da grande fogueira do mundo,

ser formigas, paxarosminiños,

nesta arca de Noé na que bogamos.

Nós queríamos libremente surrir,

falarlle a Dios no vento que pasa

-no longo vento das chairas e dos bosques-

sin temor, sin negruras, sin cadeas,

sin pecado, libremente, libremente,

coma o aire do mencer e das escumas.

Coma o vento.

Mais iste noso amor difícil rompéuse

-vidro de soño fráxil-

nun rochedo de berros

e agora non somos máis que sombras.

Page 15: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Presento a testimuña das feridas

-mocedá derrubada,

tronzada frol de arelas-

e doume aos berros fondos dos camiños.

Ollade como estamos mutilados,

ergueitos os muñós apodrecidos

na noite interminável.

Vede que longas sombras dondas

pasan correndo, fuxindo cara a morte,

pola sede calada de aquil día

-Día da Dor sin Nome-

que ha de escribirse aínda nas estrelas.

Presento a testimuña dos aldraxes

e doume ao medo dos primeiros homes

que alcenderon lumieiras nos curutos

e creeron na libertá dos soños.

TESTIMUÑA

Page 16: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

O aire puro da mañá procrama

o seu dereito a entrar en cada casa.

¡Ábrelle as portas, patria!

¡Dalle os teus seos, alma!

Deixa ise tufo acedo que te abafa,

esquece istas mortaxas

estiña as túas bágoas,

fala,

canta,

arrumba a desespranza,

non deixes que te aldraxen; aldraxa.

Onte non. Pensa nas albas

que han de vir, ponlle cerco ás lembranzas

que te atan.

Deixa entrar a mañá crara

na túa casa.

AIRE PURO

Page 17: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Erguerémola espranza

sobre ista terra escura

coma quen ergue un facho

nunha noite sin lúa.

Marcharemos cinguidos

polos duros segredos

dunha patria soñada

á que non voltaremos.

Non sabrán o camiño

que pra entón colleremos.

Longos ríos de brétema,

longos mares de tempo.

Tripulantes insomnes,

na libertá creemos.

Viva, viva, decimos

aos que están no destero

e soñan cun abrente

de bandeiras ao vento.

Adictos da saudade

que levades a luz polos vieiros.

¡Saúde a todos,

compañeiros!

ES

PR

AN

ZA

ESPRANZA

ESPRANZA

ESPRANZA

ES

PR

AN

ZA

Page 18: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Igoal que un can danado nos camiños

o terror anda solto polo mundo.

Semella un vento negro que pousase

súas azas de corvo

sobre a frente dos homes temerosos.

Un xelo de invernía en descampado

paraliza os relós, perfora as gorxas

e pon veos de anguria nas palabras.

Un grande telescopio nos vixía

coma un ollo de Cíclope

que sigue os nosos pasos

e fita sin acougo o noso rumbo,

dende tódalas fiestras,

dende tódalas torres,

dende tódalas voces que nos falan.

A noite é un micrófono impasível

que escoita o latexar do noso peito,

coma un escuro espía que espreitase

os nosos pensamentos máis segredos.

Todo se troca en cousa inconfesável;

detrás de cada esquina unha sospeita,

unha duda detrás de cada sombra,

e medo, medo, medo,

un pozo profundísimo de medo,

espello de auga fría

no que o terror se mira eternamente.

O CAN DANADO

Page 19: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Agora tomo o sol. Pero até agora

traballéi cincoenta anos sin sosego.

Comín o pan suando día a día

nun labourar arreo.

Gastéi o tempo co xornal dos sábados,

pasóu a primavera, veu o inverno.

Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo

i a miña mocedade. Nada teño.

O patrón está rico á miña conta,

eu, á súa, estóu vello.

Ben pensado, o patrón todo mo debe.

Eu non lle debo

nin xiquera iste sol que agora tomo.

Mentras o tomo, espero.

MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR

Page 20: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Si foses a xantar con poderosos

coida ben a carón de quen te sentas.

Pecha a túa gula e couta os teus degaros,

ponlle portas á fame si a tiveras,

pois é pan mintireiro o pan dos ricos,

doce por fóra, por dentro amarguexa.

Afoga a túa cobiza,

non desacougues por xuntar facenda.

¿Non coidas que a riqueza non é nada,

que o vento a trai e o vento axiña a leva?

Non comas pan dun home deshonroso,

nin da fartura dil teñas envexa.

Dirache, come e bebe, meu amigo,

disfroita dos meus teres canto queiras;

mais o seu pensamento non concorda,

de boca afora serán as súas verbas,

pois o seu corazón, cativo e duro,

ten de cotío pechas

as fenestras do amor e da xusticia.

Non o esquezas.

CONSELLOS

Page 21: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Querida, nono esquezas, hai palabras

que é pecado decilas niste tempo.

Palabras que non debes pronuncialas,

nin xiquera pensalas, cavilalas,

tatexalas, gabalas, escribilas...

Moito menos berralas.

Esposa, toma nota e non esquezas:

non digas libertá palabra triste

con peligro de morte a calivera.

Si é certo que me queres nunca digas

esta palabra estúpida

que ten dentes e morde coma un lobo.

Non digas tan xiquera

as verbas derivadas,

por moi lonxano e vago

que sexa o parentesco etimolóxico,

como son, verbi gratia, libertino,

liborio, liberata, libre cambio.

En troques di cadea, viva, viva,

sí señor, moitas gracias, Dios llo pague.

¡Xa verás que felices imos sere!

CARTA Á MIÑA MULLER

Page 22: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Polos camiños de Cangas

a voz do vento xemía:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Nos areales de Cangas,

muros de noite se erguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As ondas do mar de Cangas

acedos ecos traguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As gueivotas sobre Cangas

soños de medo tecían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Baixo os tellados de Cangas

anda un terror de auga fría:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

MARÍA SOLIÑA

Page 23: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

a hora do viaxe que me agarda).

de pombas arroladas,

un profundo sono de arelanzas.

no fumegar das tellas, na borralla

do tempo, frente a frente

de min, aberta a ialma

aos latexos das horas, nunha tarde

ateigada de arpas.

O pandeiro da chuvia

repenica unha maina

Page 24: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Xa tódolo teño visto.

O que miréi un día

coma unha pedra pésame nas pálpebras.

Pesadume de ollar, ¡cómo me does!

Eu vin medrar os lobos,

vin nascer os cercados

e vin baixar as cinzas

por canles sanguiñentas.

Eu fun até os volcás e tiven fogo

nas maus. Vin pasar ringleiras silenciosas

de mozos feitos home de repente.

Chap. Chap, chapoteaban

as súas botas sobre a lama.

Vin condeados a norte

cunha coroa amárela envolvendo

os rostros casi caliveras.

Vin camiños ateigados de mortos

mirando cara o ceo, preguntando.

Vin a Dios encadeado. Vin a libertá xunguida.

Vin falsos paradisos

de escarnio e de inxusticia.

Vin escravos cantando.

Meus ollos firen. Nonos mires.

NON ME MIRES

Page 25: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

(Non falemos dos bobos

que tódolo adeprenden nos libros.

Non falemos dos parvos

con cara de domingo;

nin dos sapientes memos,

nin dos túzaros listos,

nin do eterno mal gusto

dos probes novos ricos).

Falemos de ti e de min

xa que vivimos.

Ti i eu nos ventos

e nos solsticios.

Ti i eu nos bosques

e nos ríos.

Ti i eu, historia

de corpos nidios.

Ti i eu, saudade

de álbores íntimos.

Ti i eu sin tempo

polo tempo imos.

Ti i eu cantando,

chorando e rindo.

TI E MÁIS EU

Page 26: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Viñen ao val. Baixéi dende a montaña e a fe que nada novo teño visto: Soio os teus seos puros, primavera. Vin os mesmos traidores, os mesmos delatores, os mesmos basureiros, os mesmos usureiros, troiteiras, cagatintas, pederastas. Tan vello coma o mundo. Nada novo. Soio os teus seos puros, primavera. Quixera decir por qué sinto canseira niste val de carneiros conformistas. Vin morrer centos de homes, vin parir as femias, vin chegar a xusticia con retraso. Vin caudalosos ríos de sangue, vin paredes enormes de iñoranza. Paredes de cobiza, paredes de avareza, paredes de hipocresía. Paredes, tan vellas coma o mundo. Nada novo. Soio os teus seos puros, primavera.

VIAXE DE VOLTA

Page 27: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

A soberbia dos poderosos chega até os cimenterios

e trócase en mármores corintios

i en bronces propietarios.

Compre chantar no mundo esta pancarata:

Hai mortos de primeir e de segunda,

e mortos que non teñen onde caírse mortos.

O esquelete dun rico

val por tres esqueletes

dises homes sinxelos que cobran os sábados

un xornal resuado de soños i esperanzas.

Os mortos poderosos chegan ao cementerio con boleto de palco

e métense nunha furna de mármol separatista,

pensando que as trompetas do xuicio final

tocarán para iles en escrusiva

unha fermosa diana froleada.

Un día despoxarémolos disa terra ofensiva

e faremos unha soia tumba igualitaria.

Deitaremos no mar os mármores noxentos

e os bronces orgulosos fundirémolos no lume.

Aos herdeiros dos soberbios mandarémoslles os osos

dos seus devanceiros para que os coticen na Bolsa

cos nitratos, cos ferros, co carbón e o cobre,

i eisí poidan vivir, coma sempre, de rendas.

CIMENTERIO DE CIDÁ

Page 28: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Non teño medo

do que o tempo traguerá

porque sei que tarde ou cedo

o que ha de vir chegará.

¿Noraboa ou noramá?

¡Tanto me dá!

Ogallá

me colla vivo a noticia.

¡Qué gran ledicia

ver chegar o que virá!

Pra o gran suceso

xa está aceso

acolá moi lonxe, un lume

que no mundo prenderá

e queimará

a fedente podredume.

Camiño a pé

e por iso é polo que

vexo o mundo tal cal é.

Son un pasmón

peatón

con opinión

decindo a verdade núa

pola rúa

nunca fun usuario

de automóvil suntuario

nin tampouco utilitario.

Camiño a pé

e por iso é polo que

vexo o mundo tal cal é.

Sei da cobiza burguesa

e do furor proletario

O pan gárdase na artesa

i a fame ronda a diario.

Ando sin presa,

nada altera o meu horario,

nin couta o meu comentario.

Page 29: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Estas palabras que digo abróllanme dende o fondo porque eu endexamáis escondo a canción que vai conmigo. Cos meus cantares consigo ser coma o vento lixeiro, ninguén me marca o sendeiro, ninguén me dicta a canción, teño limpo o corazón pra vivir ceibe e senlleiro. Meu canto rudo e sinceiro co badoco non se avén. Desprezo a todo o que ten alma servil de logreiro sen outro Deus que o diñeiro. Meu canto a ninguén falaga, ninguén por cantar me paga, soio o povo, meu irmán, aplaude o meu canto chan, se poño o dedo na chaga.

O DEDO NA CHAGA

Page 30: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Pasaron os cabalos da noite

e veu a ialba.

Madre,

iste é o país do pranto.

Pasaron os cabalos da noite

agallopando.

Madre,

iste é o país do pranto.

Coma un vagalume senlleiro,

estar quixera

cheo de luz nos carreiros.

Pasaron os cabalos da noite

coma un vento mouro.

Madre,

os cabalos deixáronme orfo.

NENO ORFO CON CABALOS AO FONDO

Page 31: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Eu son o rei de min mesmo; goberno o corazón na libertá do vento e dos camiños. Eu obedezo ás miñas propias leises i os meus decretos sigo ao pé da le-tra. Un cetro de solpores, unha croa de nubes viaxeiras, un manto abermellado de soños i esperanzas no limpo alborexar de cada día, dame o poder lexítimo do pobo. Represento aos calados, interpreto aos que foron voces de terra nai nos antergos concellos da saudade. Eu son un rei. Un labrego do tempo dos sputniks.

O MEU REINA-

Page 32: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Un procura a verdade

por tódolos camiños, baixo as pedras,

nas raigames escuras das olladas,

máis alá das escumas i os solpores.

Busco a verdade en ti, rexa poesía

dos homes que labouran,

taito real das cousas

que están e son, anque ninguún as vexa.

Home total,

que vas e ves sin sombra polas rúas

e tes a túa verdade nos curutos

do mundo, no profundo da historia,

na esperiencia de un día calisquera,

e non ves os paxaros nin as nubes

nin as lonxíncoas maus do vento dondo

que acariñan o mundo dende sempre.

Investiga a verdade do teu tempo

i alcontrarás a túa poesía.

A POESÍA É A VERDADE

Page 33: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Fuco Pérez sin segundo, veciño de Gargamala, viudo, maior de edade, propietario dunha cabra e dun terrón que produce cinco ducias de patacas. Fuco Pérez sin segundo, furibundo iconoclasta, pai dun neno engaranido chantado diante a cabana. Por teimoso inconformista téñente fichado os gardas; por herexe e descreído póñenche a figa as beatas. Fuco Pérez sin segundo ninguén sabe o que che pasa. Tes o o día, tes a noite, tes os paxaros da ialba, tes as estrelas do ceo, tes as rúas i as estradas. Fuco Pérez sin segundo ¿qué che falta?...

ROMANCE INCOMPLETO

Page 34: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmáu che falo. Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmáu che falo. Anque as nosas palabras sean distin-tas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmáu che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos sonos son igoales, coma un irmáu che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmáu che falo.

IRMAUS

Page 35: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Estendéu a súa nai para darme unha esmola de chuvia e vento frío. Non pedía, daba. Seus ollos pousáronse lentamente na miña garabata. Pasaban correndo os automóviles cuspindo o seu rosmar de besta cega. Outavoces, anuncios luminosos polos camiños negros da noite como paxaros vivos un só intre en un só intre mortos sobre o xelo. Estendéu a súa mau temerosa, a súa mau apenas humá, tímidamente aberta coma un aza que quixera voar e non poidera. Non pedía, daba. Daba as súas razós, as máis antigas: a inxusticia da fame, a tristura, a absoluta soedá dos rochedos. O aire é teu e meu, decía sin voz, falando coas pupilas que se pousaron de novo lentamente na miña garabata. Sentín vergoña das miñas maus limpas e nascéume, de pronto, nos zapatos coma un pudor de solas impermeáveles que me rubíu polas veas, foi rubindo

UN PROBE POLA RÚA DA CIDADE

Page 36: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

pero veu un abrente a espertarme

patos

que tripaban o pranto dos humil-

des.

gue,

tes

mes.

- -.

NUNCA PODEREI ESQUECELO

Page 37: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Cicais mañá cando a miña mirada non abrolle na luz como cativa mapoula de auga, veña a soedade. Pero hoxe canto en libertá e mentras canto non estou isolado, que o corazón vai comigo e con il falo. Beberei a paisaxe nun amencer de lirios. As campanas do mar nos ventos fuxidíos. Cada intre un paxaro, cada pulso un latexo. Unha espada de chuvia cortando a frol do vento. Nin as olladas torvas, nin os beizos esquivos, nin as voces nemigas nin os homes cativos. Vivirei coma o lume alcendido na noite. Terei cumios de estrelas, cantarei para os homes. Estou comigo mesmo. O corazón é quen manda, i eu obedezo.

SPIRITUAL

Page 38: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Saúdo a Xoán Miró que me puxo nos ollos as longas sombras de doces cornamusas melancólicas que estaban diante min sin eu sabelo frolecidas de outonos dende sempre, cantando seu cantar dende o principio. Saúdo a Xoán Miró que me insinou a ollar o intrascendido, o que está baixo as pedras i as raigames e nos doridos soños da adoescenza, alí onde se xuntan as palabras en acios de preguntas inconcretas. Saúdo a Xoán Miró que sabe conciliar a luz contraria e sumar as eternas forzas tristes que empuxan as mareas e os solsticios, fan medrar os carballos e promoven o pranto dos meniños perdidos nas cidades. Saúdo a Xoán Miró alxebraico e saudoso solitario tecedor de imposíbeles contornos, que garda tempo en ánforas de vento, reuto, curvo, dourado, metafísico, cunha camelia moza nas pupilas. Dende esta orela envolta en neboeiros de peneirada luz cuasi caricia, onde o mar faise río e beixa o dolmen das vellas paganías, mando apertas para ti, Xoán Miró. Teño morriña do teu sul, senlleira craridade da escuma ao meiodía, azul distante do teu país natal, esauto e forte.

CANTIGA DE AMIGO PARA JOAN MIRÓ

Page 39: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Unha vez houbo un home

que nunca dixo, meu.

Petou nas portas do mundo,

chamou no meu corazón.

Falaba con palabras

que semellaban pombas.

As cousas á súa beira

púñanse brancas.

Nascíalle nos ollos un abrente

coma un río de luz,

ou coma un mar lonxano de gueivotas.

Un bálsamo de amor

tiña aquil home

pra ista miña dor

sin nome.

UNHA VEZ

Page 40: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

Hei de chorar sin bágoas duro pranto polas pombas de luz aferrolladas, polo esprito vencido baixo a noite da libertá prostituída. As espadas penduran silandeiras coma unha chuvia fría diante os ollos e teño que chorar na sombra fuxidía diste pútrido vento que arromba a lealtá e pon cadeas no corazón dos homes xenerosos. Pois que somente os ollos me deixaron para chorar por iles longos ríos, hei navegar periplos, descubertas por tempos que han de vir cheos de escumas, por onde o día nasce, alí onde xermola o mundo novo. Pois que o que chora vive, iremos indo; indo, chorando, andando, salvaxe voz que ha de trocarse en ira, en coitelo de berros i alboradas para rubir ao cumio dos aldraxes. E pois que cada tempo ten seu tempo, iste é o tempo de chorar.

TEMPO DE CHORAR

Page 41: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO

100 voces para 100 poemas de Celso Emilio Ferreiro A lectura de máis de 100 poemas diferentes do autor por máis de 100 voces diferentes, un concurso de recitado de poemas, a decoración dos corredores e das escaleiras do centro co poema “Deitado fronte ao mar”, e o recitado conxunto deste poema o día 12 do 12 ás 12 da mañá configuran as principais

actividades programadas.

O ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo organizou, coa colaboración activa da biblioteca do centro e a implicación directa de alumnado, unha homenaxe ao poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. Para os dous últimos meses do ano 2012, ano no que se celebra o centenario do nacemento, programáronse va-rias actividades que van desde a lectura de máis de 100 poemas diferentes do autor ata un recitado conxunto do poema “Deitado frente ao mar” que está pro-movido pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamiza-ción Lingüística (CGENDL) Dende a segunda semana do mes de novembro, ata mediados do mes de decembro, levaránse a cabo as seguintes actividades programadas::

Deseño e pegado de cartaces anunciando a actividade polos corredores do centro.

Selección, lectura e gravación de cen poemas de Celso Emilio lidos por diferentes membros da comunidade educativa durante os recreos na bi-blioteca do centro.

Concurso de recitado de poemas todos os venres para o alumnado de ESO, bacharelato e ciclo formativo, con premios para os tres mellores reci-tadores.

Entre as actividades de carácter artístico, o alumnado participa activa-mente na elaboración de cartaces anunciando a actividade, destacando a divulgación dos versos do poema “Deitado frente ao mar” que, escritos en tiras moi grandes de papel, serviron para empapelar os corredores e os espazos comúns do centro e tamén para familiarizar ao alumnado co poe-ma.

Continuando coas actividades de ambientación, un grupo de alumnos e alumnas asesorados por un dos profesores de E. Plástica, están modelan-do unha barricada de cartón-pedra que será exposta no vestíbulo central do instituto e que servirá como soporte para colocar poemas de Longa noi-te de pedra.

Coa consigna de “o 12 do 12 ás 12” terá lugar, no edificio central do cen-

tro, o recitado conxunto do poema “Deitado frente ao mar” no que participará alumnado, profesorado, persoal non docente, nais, pais e tamén a Concelleira de educación, cultura e normalización lingüística do Concello de Rianxo.

Page 42: 100 P0EMAS RECITADOS POR 100 VOCES, PARA CELSO EMILIO