36
XINZO Páx.8 COMARCA Páx.11 XINZO Páx.10 Número: 87 - Ano: IX - Febreiro 2014 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.23 PROVINCIA Páx.19 Segunda proba do circuíto Limiactiva de orientación A choiva non desanimou aos amantes do Entroido, que se estrearon en Xinzo este domingo co Fareleiro./BRAIS LORENZO. A operación “Soplete” esclarece 76 robos con forza Medio Rural destina 15 millóns a instalacións agrogandeiras Temporais de récord causan numerosas incidencias O BNG denuncia as adxudicacións de obra pública do Concello Entrevista a Eva González, coordinadora de Avinza [páx. 28] Entroido en Xinzo [páx. 14]

12 Febreiro 2014 - BXVAC

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Xa foi publicado o número de febreiro de Barrios ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova, que leva a súa portada o xuízo do crime do chofer de Verín, o Domingo Fareleiro e a visita do conselleiro de Economía á Praza de Abastos de Celanova.

Citation preview

Page 1: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

XINZO Páx.8 COMARCA Páx.11XINZO Páx.10

Número: 87 - Ano: IX - Febreiro 2014 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.23PROVINCIA Páx.19

Segunda proba do circuíto Limiactiva de orientación

A choiva non desanimou aos amantes do Entroido, que se estrearon en Xinzo este domingo co Fareleiro./BRAIS LORENZO.

A operación “Soplete” esclarece 76 robos con forza

Medio Rural destina 15 millóns a instalacións agrogandeiras

Temporais de récord causan numerosas incidencias

O BNG denuncia as adxudicacións de obra pública do Concello

Entrevista a Eva González, coordinadora

de Avinza

[páx. 28]

Entroido en Xinzo

[páx. 14]

Page 2: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

� BARRIOSFebreiro de �014

VERÍN E COMARCA

Redacción

O conselleiro de Me-dio Ambiente, Agustín Hernández, vén de asinar a orde de aprobación de-finitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Monterrei, nun acto no que tamén estivo presente o alcalde, José Luís Suá-rez. Hernández destacou que “é un día histórico para este concello, que por vez primeira dispón dun Plan Xeral de Orde-nación Municipal, que substitúe ás Normas Sub-sidiarias Provincias que rexían o planeamento des-de 1989”. En definitiva, trátase dunha folla de ruta do desenvolvemento deste concello nos vindeiros 1� anos.

Sensible co entorno Este planeamento é es-pecialmente sensible coa

Aprobación definitiva do PXOM de Monterrei 4 Este novo plan cualifica o 98% da superficie como solo rústico protexido.

realidade existente e permi-te manter o modelo deste concello. Hernández preci-sou que “trátase dunha terra fértil, de alta calidade, que permite obter os mellores froitos da horta, pero tamén do monte, manter a cabana gandeira nos seus pastos e, por suposto, un prestixioso sector vitivinícola con Deno-minación de Orixe propia”.

O novo PXOM destaca a contorna natural na que se sitúa Monterrei, con espa-zos estratéxicos que polo seu valor ambiental e eco-lóxico atópanse baixo da Rede Natura ou cualifica-dos como Lugar de Interese Comunitario, como é o caso do Río Támega. Así pois, preto do 98% da superficie do concello é solo rústico protexido.

O novo PXOM delimita 16 núcleos rurais, a maioría de tipoloxía histórico-tra-dicional; e determina dous

núcleos urbáns: Albarellos e Vilaza, que constitúen os espazos máis dinámicos do municipio. Estímase unha capacidade residencial total de �.691 vivendas no con-cello, das que 600 serían novas, na súa meirande par-te en solo rural.

Uso industrialEste plan contempla, así

mesmo, un desenvolve-mento de uso industrial de 116.000 metros cadrados ao carón da ampliación do Polígono de Pazos, un ám-bito que se considera indis-pensable dada a carencia de solo industrial no concello.

Con respecto ás dota-cións, o plan duplica a su-perficie esixida por lei para espazos libres e zonas ver-des, con preto de 118.000 m2. Prevé, ademais, 16.000 m� de equipamento comu-nitario, case tres veces máis do esixido legalmente.

O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, acompañado do alcalde de Mon-terrei o día da sinatura da aprobación definitiva do PXOM deste concello./BORYS MTEZ.

Redacción

O presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar, visitou o Concello de Monterrei para coñecer os proxectos sociais e de infraestruturas que se están a realizar neste municipio.

Na súa visita, Baltar es-tivo acompañado polo al-calde de Monterrei, José Luis Suárez, e membros do equipo de goberno do con-cello, cos que se desprazou ata o núcleo da Pousa, onde inaugurou o centro social desta localidade. Nesta obra obra investíronse máis de 160.000 euros, proce-dentes de fondos achega-dos maioritariamente pola Deputación de Ourense e tamén con achegas do Concello de Monterrei.

O obxectivo da obra é poñer a disposición dos ve-

ciños desta localidade unha infraestrutura que permita desenvolver actividades sociais para os veciños e colectivos da Pousa, sina-ladamente para as mulle-res rurais e os maiores. O centro social conta cunha superficie de 100 metros cadrados e con equipamen-to de mobiliario e sala de ximnasia.

Balneario de RequeixoAdemais, Manuel Baltar

visitou a contorna do bal-neario de Requeixo, unha infraestrutura actualmente en ruínas e que o Concello

pretende recuperar para veciños e visitantes, dada a calidade e propiedades das augas mineiro-medi-cinais que manan deste manancial.

Finalmente, o presiden-te do ente provincial visi-tou as obras de acondicio-namento e mellora que se están a realizar na travesía do núcleo de Vilaza e no Castelo de Monterrei, e en Vilaza asistiu tamén á presentación da Brigada de zonas verdes, que se encarga do mantemen-to medioambiental nesta contorna.

Baltar visitou o balneario de Requeixo, actualmente en ruínas, que o Concello quere recuperar, así como as obras na travesía do núcleo de Vilaza e no Castelo de Monterrei

Presidente da Deputación e alcalde de Monterrei estiveron presentes na inauguración do centro socioal da Pousa./A.PAZ.

Inaugúrase o centro social da Pousa, en Monterrei4 Cun investimento de 160.000 euros, a obra foi financiada con fondos da Deputación e do Con-cello.

Page 3: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

�VERÍN E COMARCA

P. Lodeiro

As contas do Concello de Verín para este �014 suman 10,8 millóns de euros. Desta cifra, �,1 millóns destinánse a sufragar os gastos de per-soal (o 28,8%), 2,7 millóns a gastos correntes (un 25%), e só 78.000 euros a investi-mentos reais.

O rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán, defendeu que o orzamento está articu-lado en base ao compromiso social, á creación e fomento do emprego, á promoción e difusión da cultura, á con-solidación da recuperación da actividade económica e ao impulso ao sector turís-tico, pero ningún dos dous partidos da oposición lle deu o seu apoio. O alcade popular puxo de exemplos para crear emprego a cons-trución da escola infantil, o Centro das Artes de Verín, o Hotel Balneario Escola, e adiantou que esta semana anunciaría “unha sorpresa doutra inversión produtiva que creará 70 postos de tra-ballo” na vila.

Críticas á carga impo-sitiva e á falta de investi-mentos

O PSOE criticou a in-tervención explicativa do alcalde, que lle parecía “un

discurso de toma de pose-sión” cheo de “futuribles”. González Afonso referiuse ás contas para este ano como un proxecto de orzamentos “nada innovador”, con parti-das “infladas e irreais” e nas que “non se visualiza a re-dución da presión fiscal nin unha política de redución de endebedamento”.

A nacionalista Perfecta Losada criticou o incre-mento de taxas municipais, que as inversións reais “di-minúen á metade”, que as transferencias dos Estado e da Xunta se reducen e que non hai partida prevista para o solo empresarial de Tama-gos.

Jiménez refutou as críti-cas, insistindo en que o que está facendo cos orzamentos “é xerar ingresos e gastar aquilo que se pode gastar” e que nos últimos anos ten-lle dado a volta á situación económica do Concello, cun remanente de tesourería agora positivo e un endebe-damento por habitante de só 364 euros (fronte aos 707 en Xinzo, ou os 787 de Allariz, dixo). No tema do solo in-dustrial, o político popular explicou que ten o compro-miso da Consellería de Me-dio Ambiente de que unha vez se teña vendido o 80% do solo dispoñible en Pazos

se producirá unha nova am-pliación deste polígono ou se comprarán as �4� parce-las pendentes para iniciar a construción do parque em-presarial de Tamagos.

Outros puntos Nesta sesión plenaria de

febreiro tomou posesión a nova concelleira socialista Rosario Rodríguez, e ratifi-cou a solicitude á Deputa-ción da inclusión de obras municipais no Plan Provin-cial de Cooperación; trátase da pavimentación do cami-ño da Glorieta, e como obra de reserva, a pavimentación da travesía de Sousas e da rúa Lavadoiro.

No apartado de mocións, a do BNG sobre a conxela-ción do IBI quedou sobre a mesa, a petición do alcalde, que propuxo unha comisión de portavoces para abordar o fraccionamento do paga-mento deste imposto.

No caso da moción nacio-nalista sobre a reforma do Lei do Aborto, os propoñen-tes non aceptaron a emen-da do PP, e finalmente foi rexeitada por este grupo.

O Concello de Verín aprobou a ocupación di-recta de fincas do sud-10 Polvorín onde se cons-truirá o Centro Cultural das Artes da localidade, co voto favorable do gru-po de goberno do PP, en contra do BNG e a abs-tención do PSOE. Tras esta aprobación abrirase un trámite de información pública de �0 días para que os interesados poi-dan realizar alegacións, e posteriormente deberá aprobarse un proxecto de reparcelación. Todo coa vista posta en �015, can-do a infraestrutura deberá estar rematada.

A aprobación da ocu-pación directa non contou coa aprobación dos so-cialistas, cuxo portavoz, Emilio González Afonso, considéraa “unha expro-piación forzosa encuberta” e repróchalle ao grupo de goberno que non hoube-ra acordo con todos os propietarios dos terreos. Tampouco os nacionalis-tas estiveron conformes. A súa voceira, Perfecta Losada, xustificouno en que a súa formación po-lítica xa votara en contra do PXOM no seu día, en

PLENO DE VERíN

Os orzamentos do Concello de Verín para 2014 ascenden a 10,8 millóns de euros4 Un 28,8% destinase ao gasto de persoal e un 25% a gastos correntes, mentres que para investi-mentos reais só se reservan 78.000 euros.

A oposición votou en contra dos orzamentos./P.LODEIRO.

Toma de posesión da nova concelleira socialista Rosario Rodríguez./P.LODEIRO.

4 Aprobada a ocupación directa dos terreos para o Centro Cultural das Artes

que non houbera diálogo cos afectados e en que non están de acordo coa execu-ción desta “descomunal” obra, á que se referiu como o “Gaiás de Verín”, nun momento de crise. Losada censurou o gasto de máis de tres millóns de euros nun conxunto de edificios “que non se van poder manter no tempo”.

O alcalde, o popular Juan Manuel Jiménez Mo-rán, criticou os voceiros da oposición por querer “tor-pedear” con argumentos “demagóxicos” un proxec-to que todos os partidos le-vaban nos seus programas electorais e que se financia con fondos europeos. O rexedor ratificoulle a Gon-zález Afonso que o proxec-to para o Centro das Artes é o mesmo que gañara o concurso no seu día, só que se reduciu o presuposto de 5,� a �,� millóns de euros: “deses cubos fanse o do Auditorio e dous para o conservatorio”, detallou.

Jiménez Morán defendeu a fórmula empregada, de ocupación directa, que non expropiación: “a expro-piación é máis fácil, pero prexudica aos veciños, por-que o Concello de Verín se

encarga da urbanización e se lle dan dereitos de ocupación. Nesta liña, o rexedor tendeu a man aos afectados: “teño o meu despacho aberto para fa-lar con quen queira, imos procurar reunirnos cos ve-ciños”.

Os propietarios afec-tados alegarán

Parte dos afectados pola construción do Centro Cultural das Artes estive-ron presentes na sesión plenaria. A filla e sobriña de tres afectadas, Rocío, confirmábanos ao remate que alegarán á ocupación directa dos terreos e ta-mén recurriran aos xulga-dos para defender os seus dereitos. “A nosa postura é que os fondos da UE non se van investir todos no auditorio, esa é a excusa, senón chegaba por expro-piar o trozo do auditorio, non 70.000 metros cadra-dos”.

A afectada recorda que o Concello só conveniou cos donos do 25% dos terreos, “ao resto nin nos chamaron”, polo que non ve sentido a un diálogo agora, trala aprobación da ocupación directa.

O alcalde defendeu que lle ten dado a volta á situación económica do Concello

Page 4: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

4 BARRIOSFebreiro de �014

VERÍN E COMARCA

Redacción

A Oficina Municipal de Información ao Consumi-dor do Concello de Verín (OMIC) tramitou no pasa-do �01� un total de 1.�0� reclamacións, consultas e mediacións centradas, fundamentalmente, nos sectores das telecomu-nicacións, electricidade, seguros e bancos. Factu-ración incorrecta, cambios e devolucións, demoras en reparacións e servizos de-fectuosos foron as queixas máis habituais.

Un dos aspectos no que máis se demandou aseso-ramento foi no ámbito das relacións dos usuarios coas entidades bancarias. En concreto a OMIC tramitou un total de 555 reclama-cións, que se centraron nos pasos a seguir no referente ás participacións prefe-rentes e obrigas subordi-nadas, ademais doutras por comisións, tarxetas, domiciliacións a entidades bancarias, descubertos en contas, préstamos persoais ou hipotecarios.

Con todo, segue sendo o sector das telecomunica-cións un dos que concentra un importante número de reclamacións por parte dos cidadáns. Nesta ocasión ocupa o segundo posto con �58 reclamacións e 81 consultas (telefonía fixa, móbil e internet), referidas

Redacción

1� viños da Denomina-ción de Orixe Monterrei resultaron galardoados coas Distincións Gallae-cia, premios da Asociación de Sumilleres de Galicia. Este ano a denominación de orixe ourensá acadou un total de doce mencións, superando ademais a súa media de puntuacións.

A presidenta da Asocia-ción de Sumilleres de Ga-licia, Mercedes González, o presidente do Consello Regulador da D.O. Mon-terrei, Antonio Méndez, e o secretario de Gallaecia, Alberto Román, fixeron entrega dos diplomas que concede esta asociación aos viños da Denomina-ción de Orixe, nun acto ao que acudiu unha ampla re-presentación do sector do viño na comarca.

Na súa intervención, Mercedes González trasla-dou a súa noraboa a todos os premiados, pois este ano os viños de Monterrei

conseguiron subir a nota de corte para a obtención desta Distinción. A presi-denta destacou ademais o incremento en notoriedade e calidade destes viños, que nos últimos tempos teñen conseguido ampliar a súa representación na hostale-ría, e que resultan altamente competitivos grazas a súa excelente relación calidade-prezo.

Pola súa parte, o presiden-te do Consello Regulador trasladou os seus parabéns a todos os premiados, “os verdadeiros protagonistas da xornada”, e manifestou a intención da institución que preside de reforzar a actividade promocional no �014, para continuar así nesta traxectoria ascendente que están atravesar os viños da Denominación de Orixe Monterrei.

Premiados coas distincións Gallaecia.

Viños de Monterrei reciben as distincións Gallaecia4 Son 1� mencións.

4 Viño oficial da Feira do Cocido de Lalín

Un ano máis Monte-rrei será o viño oficial da Feira do Cocido de Lalín, unha das festas gastronó-micas de maior transcen-dencia en Galicia. Mon-terrei volve ser elixido como viño oficial deste festexo, acompañando así os numerosos menús que se servirán na rede de establecementos cola-boradores da feira.

A elección da marca que representará á De-nominación de Orixe foi sometida ao xuízo dun panel de expertos cata-dores en cata a cegas das numerosas mostras que concorreron no concur-so. Finalmente, a mellor puntuación recaeu no viño “Sila �011” da ade-ga Pazos del Rey, unha elaboración monovarietal de Mencía cun proceso de maduración en barrica de carballo de sete meses.

a cuestións como portaba-bilidade, permanencias nas compañías, penalizacións por dar de baixa servizos, facturación, mensaxes pre-mium sen consentimento e falta de cobertura, sobre todo cando viven ou viaxan preto da fronteira con Portu-gal.

O terceiro posto está ocu-pado polo sector da electri-cidade con 6� reclamacións (incremento de prezo da factura, discrepancias na cantidade a pagar), seguido dos seguros cun total de 51 (vivenda, accidentes, de-función, negativa a atender os sinistros e a disconfor-midade coas valoracións efectuadas sobre os danos sufridos nos bens, incre-mento de importes). As 195 reclamacións restantes re-pártense entre os seguintes sectores: compras on line, sector téxtil, transporte aé-reo, gas, enerxías renova-bles, mobles, reparación de vehículos, sanidade privada, academias, electrodomés-ticos, transporte terrestre e produtos informáticos.

A Oficina Municipal de Información ao Consumi-dor é un servizo gratuíto que ofrece o Concello de Verín aos veciños tanto dos mu-nicipios da mancomunida-de como aos da comarca de Conso Frieiras.

As entidades bancarias concentran as reclamacións na OMIC4 As telecomunicacións é o segundo sector no que máis se reclama.

En 2013 tramitou 1.202 reclamacións

Entregados pola Asociación de Sumilleres de Galicia

Suárez fillo substitúe a Suárez pai á fronte do PP de MonterreiRedacción

José Luis Suárez Martí-nez é o novo presidente do PP de Monterrei, logo de que o pasado �0 de xanei-ro a súa candidatura aca-dara o 100% dos apoios dos compromisarios que participaron na votación. Suárez Martínez, con-celleiro e funcionario na Deputación, substitúe no cargo ao seu pai e actual alcalde do municipio, José Luis Suárez Conde.

No seu discurso, José Luis Suárez Martínez lembrou que quere tra-ballar “no novo Parque Empresarial, un parque empresarial que sexa unha prolongación física do de Pazos, para aproveitar as sinerxias mutuas dos dous concellos, de Verín e Monterrei. En política, queridos amigos, sumar multiplica. É decir, sumar esforzos, sumar vontades, multiplica os resultados e eso é o que nos compre, porque non estamos so-brados de nada”. E puxo o acento tamén no emblema turístico que é o Castelo de Monterrei, “que ten que ser un centro de empuxe e dinamización turística e nel temos que incluir ser-vizos o suficientemente interesantes e novidosos como para atraer turistas”.

José Luis Suárez pai e José Luis Suárez fillo, no con-greso do PP de Monterrei.

Page 5: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

5VERÍN E COMARCA

A iniciativa “Portas de Galicia, un destino para os teus sentidos” preséntase en FITUR

O Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia” presentou na feira FITUR de Madrid a súa última iniciativa turística “Portas de Galicia, un destino para os teus senti-dos”. Na presentación amosáronse os recursos e proxectos turísticos que se están a desen-volver nas comarcas de Verín e Viana, como ‘Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia’, as novas rutas de sendeirismo e o Centro BTT Puertas de Galicia (a través dun paquete turístico de relax e bicicleta); ademais dos recursos vitivinícolas da Denomina-ción de Orixe Monterrei, ou as actividades que se desenvolverán durante o Entroido nos municipios integrantes deste plan turístico.

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, a directora de Turismo da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, e os representantes da Secretaría de Estado de Turismo, María José González e Salvador Pernas, na presentación en FITUR de “Portas de Galicia, un destino para os teus sentidos”.

Un policía local de Verín, galordoado nun premio de seguridade viariaRedacción

O axente responsable de seguridade viaria da Policía Local de Verín, Fernando Castro Salgado, acaba de ser galardoado por FESVIAL nos III Pre-mios de Seguridade Viaria para Policías Locais, que serán entregados o vindei-ro �6 de febreiro.

O axente foi galardoado coa medalla á seguridade viaria destinada aos pe-quenos municipios pola súa traxectoria persoal e profesional de compromi-so coa seguridade viaria e as numerosas iniciativas que vén impulsando, entre as que destaca o proxecto “Seguridade e educación viaria transfronteiriza”, que dende hai anos se está a materializar entre as localidades de Chaves e Verín.

Os premios da Fundación Española para a Seguridade Viaria (FESVIAL) teñen por obxecto realizar un recoñe-cemento público ás Policías Locais, aos seus profesio-

nais e aos centros oficiais de formación dos devandi-tos servizos policiais, cuxa actuación no ámbito de seguridade viaria se fixese merecedora de distinción.

Fernando Castro, policía local de Verín, galordoado nos III Premios de Seguridade Viaria para Policías Locais.

Page 6: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

6 BARRIOSFebreiro de �014

O IES García Barbón impartirá un curso de formación para desempregados

VERÍN E COMARCA

O instituto García Barbón de Verín impartirá un curso de formación para desem-pregados de “Mantemento e montaxe mecánica de equi-po industrial”.

A formación ten unha duración de 608 horas, divi-didas en dous módulos for-mativos (un de 270 e outro de 240 horas), un módulo de prácticas profesionais de 80 horas, e 18 horas de formación en temas trans-versais.

No módulo de montaxe e mantemento mecánico abordaranse os elementos e mecanismos de máquinas industriais (60 horas); a montaxe de elementos de máquinas industriais (90 horas); o diagnóstico de avarías en elementos de má-quinas industriais (60 horas) e a reparación de elementos de máquinas industriais (60 horas).

No módulo de mantemen-to mecánico de liñas automa-

tizadas estudaranse sistemas mecánicos, neumáticos e hi-dráulicos de liñas automati-zadas (70 horas); operacións de mantemento de sistemas en liñas automatizadas (70 horas); programación e con-trol do funcionamento de liñas automatizadas (70 ho-ras), e prevención de riscos laborais e medioambientais (30 horas).

Ofrecen máis información na web http://traballo.xunta.es/afd.

‘Xornada de Coaching Empresarial’ en VerínRedacción

O vindeiro 17 de febrei-ro, de 18 a �1 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Verín terá lugar a actividade ‘Xornada de Coaching Empresarial’, a cargo de Marta Salazar Portero.

Os asistentes coñece-rán de primeira man, a

través dunha metodoloxía participativa e dinámica, as posibilidades do coaching empresarial como ferramen-ta ao servizo do desenvol-vemento dos profesionais e organizacións. O obxectivo fundamental desta xornada de adestramento é acadar unha comprensión do sen-tido do auténtico liderado e do imprescindible que resul-ta no mundo empresarial de hoxe.

Marta Salazar Portero é coach empresarial, execu-tivo e de figuras públicas,

especializada en comuni-cación, liderado e coaching para as relacións interper-soais. Con máis de 10 anos de experiencia no eido da dirección de equipos, con-gresista e relatora interna-cional ten adestrado máis de 6.500 persoas en España, Portugal e América.

InscriciónsPara participar é necesa-

rio formalizar a inscrición na web www.uned.es/ca-ourense/, pois as prazas son limitadas.

Redacción

O único alcalde socialista da comarca de Monterrei, Vicente Gómez (rexedor de Castrelo do Val) presidirá a comisión xestora do PSOE en Verín, logo de que en xaneiro dimitira a dirección local do partido nesta loca-lidade.

O pasado 4 de febreiro quedaba constituída na sede de Verín do PSOE a nova comisión xestora, que, ade-mais de Gómez, está cons-tituída por un representan-te do Comisión Executiva Galega, Marcos Blanco (alcalde de Ribadavia), un

representante da Comisión Executiva Provincial (Ma-ría Quintas, secretaria de Organización e deputada autonómica) e como vocais Mercedes Santos, Jesús José Chamorro, Rosario Rodrí-guez e Benigno Rodríguez, militantes da agrupación municipal de Verín.

Esta comisión será partir de agora “o punto de par-tida dunha nova andadura na agrupación de Verín” co obxecto de “incorporar mi-litantes, conectar coa socie-dade e integrar a filosofía do Partido socialista aos colec-tivos e sociedade civil en xe-ral así como xente nova que

contribúa a dinamizar a agrupación”, indican os so-cialistas nun comunicado. A comisión xestora servirá de base para constituir no futuro inmediato unha nova Comisión Executiva Muni-cipal “que dea respostas as necesidades dos homes e mulleres de Verín”.

A primeira reunión da comisión xestora contou coa presenza do secretario xeral provincial, Raúl Fer-nández, e doutros cargos orgánicos e institucionais do partido, como Pachi Vázquez, para empezar a definir as liñas básicas de actuación.

O alcalde de Castrelo do Val coordinará a comisión xestora do PSOE de Verín4 Trala dimisión da dirección local en xaneiro.

Membros da comisión xestora do PSOE de Verín con cargos orgánicos do partido.

Page 7: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

7VERÍN E COMARCA

Pide que se estuden novas formas de arranxo das vías máis duradeiras

Cruz Vermella atendeu máis de 100 persoas grazas ás campañas solidarias4 En novembro e decembro.Redacción

Durante os meses de novembro e decembro, os veciños da comarca de Monterrei volcáronse nos eventos solidarios e cam-pañas postas en marcha a beneficio de Cruz Ver-mella, permitindo axudar a máis de cen persoas da comarca.

O partido solidario “Espello Deportivo por Alimentos”, celebrado no estadio José Arjiz de Verín e organizado polo actor Rubén Riós e o Verín C.F., recadou alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e alimentación in-fantil para 55 familias.

A iniciativa solidaria do Hospital Comarcal de Verín, que aínda continúa recollendo diariamente as doazóns dos veciños, per-mitiu atender 15 familias.

A primeira edición da Ruta Atlética Solidaria organizada polas Escolas Deportivas do Concello de Verín e Cruz Vermella Monterrei, recadou ali-mentos entre os partici-pantes, que posteriormen-te foron entregados a �5 familias.

O I Maratón Solidario

de fútbol sala de Sarreaus conseguiu reunir máis de media tonelada de alimen-tos grazas á solidariedade dos espectadores, cos que se axudou a outras �5 fa-milias.

Grazas á solidariedade da cidadanía e o tecido empre-sarial da comarca, Cruz Ver-mella Monterrei atendeu a finais de 2013 máis de 100 familias afectadas pola ac-tual crise socioeconómica.

Actividades en 2014Xa en 2014, a asemblea

comarcal de Cruz Verme-lla Monterrei retomou as actividades que de manei-ra permanente realizan os voluntarios da institución: talleres de reforzo escolar para menores en risco de exclusión social, clases de español para inmigrantes, talleres de envellecemento saudable, talleres de pro-cura de emprego, e accións formativas para o volunta-riado.

Redacción

O Concello de Castrelo do Val vén de solicitar for-malmente e por segunda vez o arranxo das estradas OU 114 e OU-11� á Conse-llería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Por mor do intenso tráfi-co pesado debido ás obras do tren de alta velocidade que se están a efectuar en Campobecerros e Cerdede-lo, o firme das estradas que vertebran o municipio está a verse, de novo, seriamen-te afectado.

Castrelo do Val solicita de novo o arranxo das estradas OU-114 e OU-113 4 Á Xunta de Galicia.

Nun comunicado, o Con-cello informa que na OU-114 os socavóns no centro e nos laterais das vías (so-bre todo nas curvas) foron arranxados con formigón, medida que resultou insufi-ciente xa que se volven for-mar fochancas e socavóns,

e pide estudar novas for-mas de arranxo para a vía, coma o aglomerado.

No caso da OU-11�, á altura do km 8,850 (á saí-da de Nocedo do Val) o deterioro non so é eviden-te, senón que se trata dun punto onde transcorre un paso de auga subterráneo, polo que o perigo engadi-do é maior.

O partido solida-rio “Espello De-portivo por Ali-mentos” recadou alimentos para 55 familias

Convocatoria de cursos de galego en VerínRedacción

Até o día �1 de febreiro, o Concello de Verín abre un período de inscrición, gratuíta, en cursos de for-mación para a obtención dos certificados de lingua galega.

Os certificados de lin-gua galega teñen cinco niveis, dos que se convo-can cursos de formación anualmente para os catro primeiros. Recoméndase que, antes de facer a soli-citude para os niveis com-prendidos entre o � e o 4, as persoas se informen antes dos coñecementos

previos que se requiren.Os cursos están promo-

vidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e teñen como obxectivo ofre-cerlle unha opción formati-va ás persoas que carecen de acreditación oficial, por procederen doutras comu-nidades autónomas ou por non remataren a formación de lingua galega a nivel de bacharelato.

A duración dos cursos é de 70 horas lectivas e ca-pacitan para se presentar ao exame do CELGA do nivel correspondente. Aos que superen as probas, entréga-selle unha certificación ofi-cial avalada pola Conselle-ría de Cultura, Educación e O.U. que acredita o nivel de formación superado.

Page 8: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

8 BARRIOSFebreiro de �014

XINZO E COMARCA

Redacción

A Consellería do Medio Rural e do Mar destinou o ano pasado preto de 15 millóns de euros en axu-das para plans de mellora, favorecendo deste xeito a modernización e am-pliación das instalacións agrogandeiras de Galicia. Así o destacou a titular deste departamento, Rosa Quintana, no transcurso dunha visita realizada a unha explotación cunícola de Baltar que recibiu unha destas axudas.

Dita explotación con-ta cun total de 11 naves, con capacidade para �.�60 partos. E a mesma recibiu de Medio Rural 160.000 euros para a construción dunha nave, dun almacén e unha esterqueira.

Novas axudasRosa Quintana lembrou

que xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria de axu-

Medio Rural destinou 15 millóns de euros para plans de mellora de instalacións agrogandeiras4 Rosa Quintana visitou no municipio de Baltar unha granxa de coellos que recibiu unha destas axudas.

das para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utiliza-ción de instalacións e equi-pamentos en común para a mellora dos procesos pro-dutivos en réxime asocia-

Visita da conselleira de Medio Rural á granxa de coellos A Cunca Cunicultura en Baltar. /M.REJO. 4 Entrega de

motobombas A Consellería do Me-

dio Rural e do Mar en-tregará 14 motobombas a outros tantos concellos galego para que os em-preguen na extinción dos incendios forestais. Entre os municipios beneficia-dos están os ourensáns de Calvos de Randín, A Gudiña, Castro Caldelas, Manzaneda, Montede-rramo, Muíños e Vilariño de Conso.

Medio Rural investiu preto de dous millóns de euros na adquisición dos vehículos, que son de dous tipos: sete deles equipados con cisterna de �.000 litros e cabina sinxela e sete equipados con cisterna de �.400 li-tros e cabina dobre.

tivo. O orzamento inicial é de �50.000 euros, á espera de que sexa ampliado con fondos autonómicos, nacio-nais e europeos, posto que se trata de axudas cofinan-ciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolve-mento Rural (FEADER).

A granxa construiu unha nave, un almacén e unha esterqueira coas axudas./M.REJO.

Deputación e CHMS estudan unha nova infraestrutura na comarca da Limia4 Dentro da política medioam-biental de ambas institucións.Redacción

A Deputación de Ourense

a Confederación Hidrográ-fica do Miño-Sil estudan cooperar para poñer en mar-cha unha nova infraestrutu-ra ambiental na comarca da Limia.

Coa finalidade de asinar un convenio como o que une a ambas administra-cións para a construción da depuradora en Padrenda, o presidente provincial, Ma-nuel Baltar, e o presidente da CHMS, Francisco Marín, xunto co alcalde de Trasmi-ras e deputado provincial de Agricultura, Emilio Pazos, examinaron a posibilidade de levar a cabo unha nova actuación conxunta dentro da política medioambiental

que persegue a mellora da comarca de A Limia, emi-nentemente agrícola.

Proxecto sen concretarLogo desta xuntanza

convocaranse reunións técnicas que concretarán o proxecto a realizar, a súa especificidade medio-ambiental e o seu ámbito xeográfico para que poida entrar en funcionamento antes de que remate o ano �015.

Unha reunión técnica concretará o proxecto a realizar, e o seu ámbito xeográfico

Presidente de Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos.

Page 9: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

9PUBLICIDADE

Page 10: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

10 BARRIOSFebreiro de �014 XINZO E COMARCA

rebaixa o salario dos tra-balladores nun 15,11%, e non sae dos tribunais por contratación presunta-mente ilegais cos custos que suporán as sentenzas contrarias o Concello”.

Redacción

Logo de revisar todas as adxudicacións de obra pú-blica dos últimos tres anos no Concello de Xinzo, o grupo municipal do BNG considera que hai “ele-mentos suficientes” para denunciar “a existencia dunha trama organizada e ‘legal’ cun modus ope-randi concreto, definido e sistemático encamiñado a que empresas moi deter-minadas obteñan a execu-ción das obras do Conce-llo, en prexuízo do resto de empresas e de todos os veciños que non se ven beneficiados dos probá-beis aforros nos custos que unha concorrencia compe-titiva podería producir”.

A mesma fórmula de contratación

Tras analizar unha trin-tena de adxudicacións de obras e traballos efec-tuadas polo Concello de Xinzo no período 2010–�01�, o BNG conclúe que na práctica totalidade dos casos as fórmulas le-gais empregadas son as de “Contrato Menor” ou “Procedemento Negociado sen Publicidade”, que per-miten adxudicar as obras sen concurso, sen anuncios públicos e escollendo dis-crecionalmente ás empre-sas que van optar a realiza-las. Amais, en función do tipo de obra obsérvase que

as empresas convidadas son sempre as mesmas e cons-tátase na maioría dos casos relacións evidentes entre elas. Nestes procedementos o criterio fundamental para decidir a adxudicación é o prezo ofertado xunto coas variantes sobre o proxecto en forma de melloras. “Os resultados son idénticos: ofertas coordinadas entre os concursantes que conducen a que a empresa designada consiga a obra, limitándose as que a acompañan a cubrir o expediente para darlle ao proceso unha aparencia de legalidade”, denunciaron os nacionalistas.

“Ao non existir unha competencia real as obras adxudícanse exactamente polos importes de licitación sen rebaixas nin melloras significativas nas condi-cións. Todo isto contrasta coas escasas adxudicacións realizadas mediante ‘Proce-demento Aberto’, nas que a concorrencia das empresas é máis numerosa e as gañado-ras ofertan condicións moito máis vantaxosas que produ-cen aforros importantes”, indican desde o BNG.

O BNG apunta como máximo responsable “deste xeito neglixente de xestio-nar os intereses municipais” ao alcalde “coa connivencia de toda a Xunta de Gober-no”, e non descarta acudir á Fiscalía para que entre a investigar as irregularidades detectadas.

O BNG denuncia unha trama nas adxudicacións de obra pública en Xinzo 4 Os nacionalistas non des-cartan acudir á Fiscalía.

Redacción

Elvira Lama, portavoz do grupo municipal so-cialista de Xinzo, con-sidera “gravísimas” as actuacións do alcalde de Xinzo cos traballadores do Concello; en concreto, denomina de “acoso e de-rribo” o comportamento do rexedor co arquitecto municipal.

“Nunha actuación sen precedentes no Concello de Xinzo, o rexedor deci-de contratar unha axencia de detectives para inten-tar desaloxar do seu posto o arquitecto municipal, mentres o sustituto deste foi contratado como per-soal laboral indefinido, por decreto no mes de xullo a petición do interesado, des-pois de prestar servizos de asesoramento o Concello dende o �005 con contratos renovados anualmente en-tre o Concello e o COAG”, explican os socialistas nun comunicado.

Consideran os socialis-tas que, se o arquitecto

asesor substituíido ten que regresar ao seu posto, o que está de sustituto non pode seguir prestando os servi-zos, en principio “porque no anexo de persoal dos or-zamentos do �01�, tan só figura un arquitecto”.

Contratación de detectiveOs socialistas acusan

ao alcalde de gastar 1.700 euros en detectives “para contratar a dedo, mentres

O PSOE considera “gravísimo” o “acoso e derribo” do alcalde contra o arquitecto municipal4 Acusan a Antonio Pérez de intentar librarse do funcionario para contratar “a dedo” a outro arquitecto.

Acusan ao alcalde de gastar 1.700 euros en detectives para contratar a dedo

Ramiro Rodríguez e Xosé Lois Carreira, concelleiros do BNG en Xinzo, nunha sesión plenaria./ARQUIVO.

A socialista Elvira Lama conversando co alcalde de Xin-zo, Antonio Pérez, nun pleno./ARQUIVO.

EN BREVE

4 Charla informativa de Cruz Vermella

A Cruz Vermella orga-niza en Xinzo unha charla informativa sobre “Axuda a domicilio complementa-ria”.

A conferencia terá lugar no centro social de Xinzo, o próximo 19 de febreiro, a partir das 16:�0 horas. A institución benéfica anima a todos os interesados a in-formarse sobre este servi-zo de axuda e acompaña-mento ás persoas maiores no seu fogar.

4 Congresos do PP na Limia

O Partido Popular de Ourense continúa cunha intensa actividade orgáni-ca, relativa á renovación de todas as xuntas locais da provincia, mediante a celebración de congresos locais.

O 7 de marzo será o congreso de Sarreaus, ao que concurre a única can-didatura de Gumersindo Lamas, actual alcalde. O día �9 de marzo será o tur-no para Porqueira, onde a alcaldesa Susana Vázquez opta tamén á reelección.

Gumersindo Lamas opta a reelección como presidente do PP en Sarreaus.

Page 11: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

11XINZO E COMARCA

Redacción

A Garda Civil conse-guiu esclarecer 76 roubos con forza nas provincias de Ourense e Lugo, dentro da denominada operación “Soplete”.

Os axentes da Benemé-rita detiveron o pasado 5 de febreiro a oito persoas, todas elas de etnia xitana, como presuntas autoras de delitos de roubo con forza. Son E.M.M, de 40 anos de idade, E.M.G, �6 anos de idade, N.M.J, de �9 anos de idade, J.G.G, de �9 anos de idade, M.M.B, de �0 anos de idade, J.B.C, de �0 anos de idade, todos con domicilio na Cabean-ca (Ourense) e E.G.R. e J.G.G, veciños das Cam-panillas, en Xinzo de Li-mia. Todos eles prestaron declaración ante o xuíz o día seguinte, quedando a continuación en liberdade con cargos.

A operación “Soplete” iniciouse o mes de maio de �01�, tras unha denun-cia presentada por roubo nas obras da AVE en Ponte Ambía (Taboadela), onde

tras forzar un enreixado apoderáronse de 100 me-tros de cable de cobre.

Tras esa denuncia ponse en marcha un operativo, que na súa primeira fase resólvese con oito persoas detidas, 76 roubos esclare-cidos e gran cantidade de material incautado. Na gran maioría dos roubos os auto-res apoderábanse de cable de cobre e maquinaria.

Os detidos estaban per-fectamente organizados, facendo vixilancias, toman-do varias medidas de segu-ridade, realizando os seus desprazamentos por vías secundarias principalmente en horario nocturno. Cos efectos subtraídos acudían aos seus domicilios e alí preparaban o cobre, quei-mando as cubertas, para a súa posterior venda.

Entre os roubos que se lle imputan destacan os das obras do AVE, unha nave de construción de Polígono de San Cibrao, granxas de Carballiño e Soutomaior, e vivendas de Vilamarín, Maside, Luintra, A Peroxa, Maceda, Maside e Baños de Molgas.

A operación “Soplete” esclarece 76 roubos con forza4 Os oito detidos, dous deles de Xinzo, quedaron en liberda-de con cargos.

Material incautado na operación “Soplete”./G.C.

Público asistente ao obradoiro “A saúde dos nosos ollos” da Escola Rural de Saúde da Limia.

Actividade na Esco-la Rural de SaúdeA Asociación Escola Rural

de Saúde da Limia prosegue coas súas actividades forma-tivas. Nas últimas semanas organizaron o obradoiro “A saúde dos nosos ollos”, que contou cunha gran respos-ta de público. Os asistentes puideron resolver todas as dúbidas sobre a vista e as en-fermidades dos ollos.

A asociación tamén rea-lizou, coa colaboración da Concellería de Deportes de Xinzo, a charla “Prevención da morte súbita no deportista mozo”.

Page 12: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

1� BARRIOSFebreiro de �014 ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

4 Inicio da cobranza de impostos

Do 1 de febreiro ao 4 de abril, ambos inclusive, o Concello de Allariz proce-derá ao cobro dos recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica e da taxa pola prestación do servizo do lixo, así como a colaboración veciñal de festas correspondentes ao exercicio �014.

As persoas interesadas poden consultar o contido das listas cobratorias na planta baixa da Casa do Concello, Praza Maior nº 1, en horario de oficina.

4 Curso sobre bonsais

A empresa “Xardinería Allaríz” organiza un curso de iniciación ao coidado de bonsais, o próximo �� de febreiro.

Coa colaboración do Festival de Xardíns de Allariz, serán dúas horas de formación (en horario de tarde) de carácter emi-nentemente práctico. A actividade ten un custo de 15 euros.

4 Premio Vicente Risco de Ciencias Sociciais

Vén de entregarse o XVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais a Laura Tato Fontaíña, profesora da Universidade da Coruña, polo seu traba-llo “Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedra-yo”.

O premio, dotado con 4.000 euros, está organi-zado polos concellos de Castro Caldelas e Allariz, e polas fundacións Vicen-te Risco e Sotelo Blanco.

Redacción

O Concello de Alla-riz realizará neste �014 obras de ampliación dos vestiarios da piscina mu-nicipal, xa que nalgúns momentos as actuais ins-talacións vense saturadas debido á grande afluencia de usuarios que acoden ao ximnasio e ás diferentes actividades formativas que se desenvolven nestas instalacións.

Estas obras realizaranse con cargo ao Plan Provin-cial e cunha parte de fon-dos propios, co obxectivo de mellorar o acceso aos vestiarios ás persoas que realizan actividades de

formación, con especial atención aos nenos que acoden ás instalacións, e que requiren da axuda por parte dos seus acompañan-tes.

Campo de VilanovaAmais, este ano está pre-

visto o acondicionamento dos vestiarios exteriores no Campo de Vilanova para instalacións comple-mentarias do Clube de Pi-ragüismo. Esta actividade, que conta cunha grande acollida, ten na actualida-de as súas instalacións no Centro Cívico Á Fábrica, pero require dun novo es-pazo para o almacenamen-to das piraguas.

O Concello amplía os vestiarios da piscina climatizada4 As obras realízanse durante este �014.

Redacción

O Concello de Allariz e os comerciantes da vila explicaron en rolda de prensa os motivos da sus-pensión do mercado da oportunidade, que estaba convocado para a fin de se-mana do 8 e 9 de febreiro. A concelleira de Promo-ción Económica, Turismo e Comercio, Cristina Cid, xunto con membros da di-rectiva da Asociación de Comerciantes e Hostelei-ros de Allariz deron conta das razóns da cancelación ante a negativa da Xunta de Galicia a ceder o pavi-llón do instituto para ubi-car nel o mercado.

Dende o pasado mes de decembro o Concello fixo diversas xestións para a celebración de dito even-to e foi o �1 de xaneiro cando recibiu un escrito da Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria denegando o acceso ao pavillón mul-tiusos do IES de Allariz. A Dirección de Centros de Santiago confirmoulles esta decisión o 5 de fe-breiro.

Segundo explicaron en rolda de prensa, a Xefatura xustificou a súa alegando tres motivos. O primeiro deles é que se trata dun-ha actividade lucrativa e non deportiva; o segundo correspóndese a que o pa-villón sufriu desperfectos na cuberta hai dous meses

e aínda non se avaliaron os danos; e, por último, den-de o Goberno galego lem-bran que o Concello posúe un pavillón para realizar o mercado.

Anteriores usosPola súa banda, Cristina

Cid aclarou que “en ditas instalacións (referíndose ao pavillón do instituto) rea-lízanse actividades como o Nadal Parq, a recepción dos Reis Magos ou a Feira de Outono dende 199�, ano no que asina un convenio de colaboración, sen incidencia algunha, e non se entende como é agora cando se dene-ga a celebración de eventos máis alá do uso deportivo”.

Deste xeito, Concello e comerciantes amosaron

Suspéndese o mercado de inverno ao non ceder a Xunta o uso do pavillón do instituto4 Concello e comerciantes amosaron a súa in-dignación ante a negativa do Goberno galego.

a súa indignación ante a negativa da Xefatura, e explicaron que esta de-terminación “provoca un prexuízo económico, so-cial e turístico para o noso Concello”, dado que con-firmaron a mesma só tres días antes da data prevista para a feira. A negativa ao uso do pavillón “prexudica a concellos pequenos, que contan con escasas ou nin-gunha instalación de usos múltiples para a celebra-ción de eventos”, concluía a edil.

O pavillón do instituto alaricano ten acollido outros even-tos como a Feira do Outono./ARQUIVO.

O pavillón leva usándose para todo tipo de eventos desde 1993

Redacción

O Centro de Educación Ambiental do Rexo en co-laboración coa Fundación Ramón González Ferreiro organiza un curso de con-tacontos. Unha oportuni-dade para perfeccionar a expresión corporal e oral a través dos contos infantís, dirixida especialmente a monitores de tempo libre, mestres, bibliotecarios, mediadores de lectura ou xestores culturais.

A formación terá lugar o sábado �� de febreiro en horario de mañá e tarde, e ten un custo de 50 euros, no que se inclúe o xantar no comedor da Fundación, na súa sede de Paciños.

O curso será impartido por Beatriz Campos con-tacontos, actriz e directora teatral, que desde 2007 im-parte cursos de formación para profesorado e clases de expresión dramática, plástica e musical para me-nores.

Curso de contacontos na Fundación González Ferreiro4 O sábado �� de febreiro.

Page 13: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

1�ALLARIZ E COMARCA

Concentración contra a reforma da Lei do AbortoO Concello de Allariz convocou unha concentración o pasado xoves 6 de febreiro

en rexeitamento da modificación da Lei do Aborto e “pola interrupción voluntaria do embarazo, libre e gratuíta”. Na protesta, diante da casa consistorial, deuse lectura a un manifesto no que se demandou do Goberno do Estado que manteña a lei de prazos de �010, que en todos os hospitais públicos galegos se atenda a demanda existente de realización de interrupcións voluntarias do embarazo, que a información que reci-ban as mulleres con carácter previo ao consentimento do aborto sexa obxectiva, e que se poñan en marcha medidas preventivas de formación e información eficaces, sobre métodos anticonceptivos, para evitar embarazos non desexados e prácticas sexuais de risco.

Asistentes á concentración contra a reforma da Lei do Aborto en Allariz.

Cruz Vermella de Maceda, en colaboración co Concello de Allariz, celebrou unha charla sobre alimentación e nu-trición para persoas maiores no pobo de San Mamede. A charla tratou as diferencias entre alimentación e nutrición, a pirámide de alimentos, dietas para maiores, e consellos sobre alimentación para enfermos de hipertensión, coleste-rol ou diabete.

Organizan un curso de Primeros Auxilios en Allariz4 Promovido por Cruz Vermella Maceda e Te-rra de Celanova, desenvolverase na Aula de Pro-moción Económica de Allariz os sábados do 15 de febreiro ao �� de marzo.Redacción

As Asembleas Comarcais de Cruz Vermella Maceda e Terra de Celanova organi-zan un curso de Primeiros Auxilios. A formación dará comezo o 15 de febreiro, e terá lugar na aula de Promo-ción Económica de Allariz todos os sábados en horario de 10:�0 a 1�:�0 horas e de 15:�0 a �0:�0 horas, até o �� de marzo inclusive (ex-cepto o 1 de marzo, sábado de Entroido).

Os obxectivos xerais do curso inclúen capaci-tar ao alumno no dominio práctico das técnicas e habilidades máis comúns en primeiros auxilios, co-ñecer os contidos teóricos que xustifican o emprego de ditas técnicas, así como concienciar ao alumnado da importancia da actitude cara ás vítimas dun acci-dente.

Asemade, a formación desenvolverá aspectos xe-rais do socorrismo, como a autoprotección, a reanima-ción cardiopulmonar, a ava-liación inicial do paciente, shock e hemorraxias, feri-das e contusións, queima-duras, traumatismos e po-litraumatismos, situacións de urxencia, mobilización e evacuación de feridos, intervención en accidentes con múltiples vítimas e ac-cidentes domésticos.

O curso conta con 15 prazas, e consta de 80 ho-ras lectivas, (40 teóricas e

40 prácticas). Para poder acceder á titulación corres-pondente será requirida unha asistencia mínima do 90% ás clases, así como unha avaliación que se de-terminará mediante a supe-ración dunha proba práctica

O curso capacitará os alumnos no dominio práctico das técnicas e habilidades máis comúns en primeiros auxilios.

e outra teórica.Trátase dunha forma-

ción cuxo prazo de ins-crición finaliza o día 13 de febreiro. e que ten un prezo de 1�0 euros, 60 euros para voluntarios da institución.

Redacción

José Manuel Fernández Gómez foi elixido presi-dente local dos populares de Paderne de Allariz co 100% dos votos emitidos, nun congreso local cele-brado o pasado día 7.

No seu discurso, Fer-nández Gómez, fixou os obxectivos inmediatos para Paderne de Allariz: a consecución dun novo centro de saúde; a crea-

ción dunha gardería infantil que daría servizo a varios municipios e, sobre todo, o necesario impulso ao Trans-porte Metropolitano. “So-mos conscientes de que para un concello como o noso, a consolidación da área me-tropolitana de Ourense, cun óptimo servizo de transpor-te, é fundamental”.

De feito, o novo presi-dente popular sinalou tamén a importancia de continuar traballando na mellora dos

servizos para os veciños e, sobre todo, manter a cola-boración entre administra-cións, clave para acadar es-tes obxectivos.

O PP de Paderne de Allariz urxe o Transporte Metropolitano4 José Manuel Fernández foi elixido presidente local.

J.M. Fernández.

Page 14: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

14 BARRIOSFebreiro de �014 ALLARIZ E COMARCA

Paula Lodeiro

Eva González, enxeñeira de montes de profesión, é a coordinadora de Avinza, o grupo de desenvolvemento rural que agrupa os conce-llos de Allariz, Xunqueira de Espadañedo, Maceda, Baños de Molgas, Xunquei-ra de Ambía, Taboadela, A Bola, Vilar de Santos e Rai-riz de Veiga.

Que é Avinza?Eva González: “É un

grupo de desenvolvemen-to rural que xestiona fon-dos europeos do programa Leader para dez concellos do territorio de Ourense. É un territorio plural porque ten zona de montaña como Maceda ou Xunqueira de Espadañedo, e logo ten concellos da Limia como Vilar de Santos e Rairiz de Veiga; ás veces é difícil fa-cer un plan estratéxico para un territorio tan diferente.

Avinza é unha asociación sen ánimo de lucro confor-mada por entidades priva-das e públicas; forman parte os dez concellos do territo-rio, como socios, e tamén asociacións do ámbito cul-tural, da muller, gandeiros, comunidades de montes… Funciona como unha aso-ciación cunha xunta direc-tiva e unha asamblea xeral que se reúne cada ano para dar conta de como foi a xestión ese ano”.

Con que obxectivos tra-balla?

E.G.: “Traballa no des-envolvemento rural; por un lado ten o apoio a proxec-tos produtivos, é dicir, a creación, modernización ou ampliación de empresas que se instalen en calquera deses dez concellos, e logo ten tamén o apoio a outros proxectos non produtivos, como pode ser o tema do monte, a posta en valor do patrimonio, ou a conserva-ción do medio natural.

Ademais diso, propóñen-se actividades, como poden ser cursos de formación,

elaboramos dípticos... Ago-ra acabamos de gravar un vídeo con mulleres que se titula ‘Polas Bravas’ e que imos estrear o 8 de marzo e que pon en valor o traballo que desenvolve a muller, e como as mulleres do rural viven e senten o medio no que viven. É sacar esa lacra de que é un traballo moi duro, que viven illadas..., todo o contrario, elas trans-miten esa satisfacción de vivir, ese sentido da terra”.

En recentes datas ti-vestes reunión da xunta directiva, que balance fixestes?

E.G.: “O que fixemos foi dar conta de todos os proxectos. Como se abre unha nova liña de axudas, deuse conta dos proxectos que se subvencionaran ata o �1 de decembro de �01�, e a listaxe de proxectos que estaban en lista de espera.

Empezamos a traballar a finais de 2009, en 2010 fíxose unha campaña de di-vulgación e de promoción intensa polos dez concellos, con diferentes xuntanzas e mesas sectoriais, e o grupo empezou realmente a tra-ballar, en investimentos, en �011, �01� e �01�. Agora hai un novo período �014-15”.

Cantos proxectos axu-dastes a poñer en marcha neses anos?

E.G.: “Foron �9 os proxectos levados a cabo. Os que están en lista de espera subvenciónanse co novo reparto, porque os cartos que sobran polo que sexa non están disponibles. Son proxectos que van ir a ese novo orzamento que se aprobou a final de ano, 800.000 euros”.

Como valorades o re-parto de fondos que fixo Agader?

E.G.: “O reparto fíxose polo listado de proxectos que tiña cada grupo en lista de espera”.

Fíxose en función da execución do gasto no pe-

ríodo anterior, non si?E.G.: “Si, ese foi o crite-

rio do reparto. Non estamos satisfeitos, máis que nada porque dinamizar Ourense ou Lugo, as comarcas do interior, é moito máis difí-cil ca dinamizar un concello de costa, onde a poboación é moito máis elevada, onde a poboación nova é maior. Aquí temos unha densida-de de poboación moi baixa, unha alta taxa de envellece-mento, polo tanto o esforzo de executar os fondos que temos é moito maior. Se nos sacan fondos…”.

Recibides menos canti-dade que no anterior pe-ríodo?

E.G.: “Máis ou menos é o que tiñamos asignado, só que como había máis fon-dos (no novo reparto) es-perábamos que nos tocara un pouquiño máis. Tamén porque se ti tes un grupo e lle recortas e ten que recor-tar en persoal, vai ser máis difícil executar e dinamizar, o grupo queda un pouquiño máis coxo. Nós eramos dúas traballadoras, agora estou eu

soa, entón, unha persoa ten que facer o traballo de dous. E ou estás na oficina ou es-tás na rúa buscando proxec-tos. Parece que as zonas que máis o necesitan e que nece-sitarían o apoio de persoal para traballar, ao final…”.

Proxectos novos pode-rían optar este ano a sub-vencións do grupo?

E.G.: “Si, estamos pen-dentes de que Agader nos autorice a apertura da con-vocatoria de axudas, que será en marzo, e entón xa se poden volver presentar proxectos”.

Que tipo de proxectos son?

E.G.: “O desenvolvemen-to rural é un concepto máis amplo que o sector agrario, entón pódense subvencionar tanto proxectos do sector agrario pero tamén da di-versificación da economía rural, que é a medida 4.�, e aí podes subvencionar case calquera actividade que non sexa venda ao por menor e turismo: é dicir, un taller me-cánico, ou unha empresa de escaiola... ou dentro do sec-

tor agrario tamén, de feito nós o que buscamos é xente que queira transformar os produtos. A filosofía do des-envolvemento rural do pro-grama Leader é a posta en valor dos recursos propios do territorio, do valor en-dóxeno. O que intentamos é iso; dentro desa liña se sub-vencionou o leite ecolóxico Ecoleia, hai un proxecto de elaboración de embutidos en Vilar de Santos”.

E a resposta dos diferen-tes concellos é similar?

E.G.: “O que falabamos antes de que era un territorio plural... hai diferentes res-postas. Tamén é certo que hai concellos que non che-gan aos mil habitantes, dos cales maior de 60 anos hai moita xente. É moito máis difícil que nun concello de montaña con 900 habitantes xurdan proxectos... No noso territorio temos un concello que é o máis dinámico, que é Allariz, que é onde xorden a maioría dos proxectos. Imaxínate iso a nivel costei-ro e interior, a equivalencia é similar, se hai poboación

e hai poboación nova vai haber proxectos. E aí está a dificultade do desenvol-vemento rural: como nun concello cunha taxa alta de envellecemento e densidade de poboación moi pequena, e aínda por riba concello de montaña ou de interior, se dinamiza, o esforzo que hai que facer”.

Avinza tamén dispón doutra liña de proxectos non produtivos, tedes al-gunha iniciativa prevista neste eido?

E.G.: “Si, aprobámolo o outro día na xunta directiva, a idea é facer un concurso de fotografía e de pequeño ví-deo, non de territorio, senón fotografía do saber facer: pois a túa nai facendo leite mazado ou o teu pai facen-do pan, esas cousas que se fan nas casas e que se van perdendo, queremos reco-ller a través de fotografías ou de vídeos dun ou dos minutos ese saber familiar. Temos que aprobar aínda as bases. A idea é que ao me-llor a través dese concurso podemos extraer cousas para estudar a posteriori al-gún proxecto”.

Nunha asociación na que interveñen dez conce-llos, e polo tanto políticos, iso prexudica, beneficia ou non inflúe no funciona-mento da asociación?

E.G.: “Eu falo polo meu, a xestión é moi boa, son dez concellos de diferente cor política e a verdade sempre se aproba todo por unani-midade, é difícil que haxa algún conflicto por algunha decisión, mantense infor-mado á xente, tanto á parte privada como á pública. Noutros grupos ao mellor hai conflictos pero no noso non hai tirapuxas a ver quen gaña. De feito, normalmente os proxectos non produtivos quen os solicita son os con-cellos e nin nese caso houbo conflitos. Decidiuse que se había proxectos produtivos pois os non produtivos pasa-ban a segundo plano”.

ENTREVISTA CON EVA GONZáLEZ, COORDINADORA DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL AVINZA GDR 15:

“Dinamizar as comarcas do interior é moito máis difícil ca dinamizar un concello de costa”

4 A coordinadora de Avinza considera que no novo reparto de fondos do programa Leader debería terse tido en conta as dificultades de desenvolver proxectos produtivos en concellos de interior e mon-taña, cunha alta taxa de envellecemento, unha densidade de poboación moi pequena.

Eva González, no seu despacho no edificio de Promoción Económica de Allariz./P.L.

“Acabamos de gravar un vídeo con mulleres que se titula ‘Polas Bravas’, que imos estrear o 8 de marzo, que pon en valor o traballo que desenvolve a muller do rural”“A filosofía do desenvolvemento rural do programa Leader é a posta en valor dos recursos propios do territorio”

Page 15: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

15CELANOVA E COMARCA

Redacción

O Bloque Nacionalis-ta Galego de Celanova mantivo (o xoves 6 de fe-breiro na tapería Plan C) unha reunión cos veciños da vila para presentarlles unha nova proposta súa: a semipeonalización da rúa San Roque, ademais de re-coller as súas demandas e iniciativas cara ao impul-so do comercio.

Para os nacionalistas de Celanova a mellora da mo-bilidade debe efectuarse garantindo á súa vez unha mellora da seguridade via-ria urbana. Por iso, consi-deran que a rúa San Roque é, entre outras, “onde debe de priorizarse a figura dos peóns e limitar a presenza de vehículos”.

Prioridade a peóns e residentes

Para iso debe de darse, segundo eles, prioridade nesta orde: á circulación de peóns; aos aparcadoi-ros (regulados e de resi-dentes); á repartición de mercadorías; á circulación de bicicletas e, finalmente, ao tráfico local de vehícu-los.

Ademais, dende o BNG pretenden que esta iniciati-va poida impulsar o comer-cio local, particularmente nesta rúa.

En definitiva, buscan “unha rúa máis humana e ecolóxica”, para que deste xeito Celanova, unha vila na que prima o pequeno co-mercio, “se vaia converten-do así nun lugar acolledor, seguro, que convida a visi-tala e paseala, mellorando a súa habitabilidade”.

O voceiro do BNG en Celanova, Leopoldo Ro-dríguez, explicounos que á xuntanza asistiron maio-

ritariamente comerciantes preocupados por se a idea implicaba a supresión dos aparcamento. Segundo nos aclarou o nacionalista “nós queremos dinamizar esta rúa, pero non quitar aparcamento, simplemente regularizalo para que non pase un coche todo o día alí aparcado”.

Neste senso, os comer-ciantes mostraron a súa conformidade co sistema actual (que limita o estacio-namento nesta rúa durante 30 minutos), que permi-te que os veciños veñan a mercar e se vaian de xeito continuado durante toda a xornada. Aínda así, agrade-ceron a vontade do BNG de preocuparse polas súas ne-cesidades.

O BNG de Celanova propón a semipeonalización da rúa San Roque4 Reuniuse con comerciantes e veciños para va-lorar a idea.

Beirarrúas a ambos lados

Leopoldo ampliounos ademais o seu proxecto. “Trátase de poñer protec-ción para peóns do lado que non hai, no que está situada unha farmacia, unha carnicería e moi-ta xente camiña por esa beira”. Iso si, o único inconveniente que pode ter esta idea é que “ha-bería que estreitar a rúa e iso pode que impedise o paso de determinados vehículos de grandes dimensións”. Pero ante este escollo os naciona-listas esperan “que os que entenden diso valoren a nosa idea e nos plantexen alternativas”.

O seguinte paso será levar esta proposta a ple-no en forma de moción, “para que o Concello nos dea a súa visión e nos in-dique se é posible com-paxinar o paso de peóns e vehículos pola rúa San Roque”, sentenciou.

Dende o BNG buscan que esta rúa sexa “máis humana e ecolóxica”. Pero non teñen intención de quitar aparcamentos -algo que preocupaba aos comerciantes- “simplemente regularizalo”

Redacción

O conselleiro de Econo-mía e Industria, Francisco Conde, salientou nunha visita a Celanova que as melloras que se veñen de realizar na súa Praza de Abastos son o punto de arranque para un novo im-pulso a este mercado, no que se xa se están a abrir novos negocios.

Conde destacou que un dos eixos da estratexia da Consellería de Economía e Industria para impulsar a mellora competitiva do comercio galego é a po-tenciación das prazas de abastos, un ámbito ao que se destinarán máis de catro millóns de euros este ano para avanzar, en coopera-ción cos concellos, na súa consolidación como líde-res na venda de produtos frescos e de calidade.

Neste sentido, Conde subliñou que a convoca-toria que se porá en mar-

cha este ano, de carácter competitivo, supón unha oportunidade para seguir a colaborar co Concello de Celanova na remodelación do interior do mercado, unha vez acometidas un-has reformas fundamentais como son as da estrutura.

O conselleiro, acompaña-do polo alcalde celanovés, José Luis Ferro, e polo de-legado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Mar-tínez, así como pola direc-tora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, comprobou as obras que se veñen de re-matar no recinto, centradas na renovación da cuberta e a carpintería exterior, e que supuxeron un investimento de preto de 70.000 euros.

Impulso ao sector co-mercial

O apoio a esta actuación forma parte da estratexia específica de impulso ao sector comercial que des-envolve a Consellería, a

través da cal se levan desti-nado nos últimos anos pre-to de medio millón de euros ao comercio de proximida-de de Celanova e comarca, e na que o emprendemento é un dos aspectos nos que a Xunta está a facer especial fincapé.

Outros dos eidos nos que incide a Consellería de Economía e Industria son o relevo xeracional, a coope-ración ou o asociacionismo comercial, para impulsar un sector que, tal e como su-bliñou Conde, “é un motor fundamental na creación de emprego e riqueza” e que exerce tamén un importante papel vertebrador nas vilas e cidades galegas.

As melloras da Praza de Abastos de Celanova, impulso para o mercado4A Consellería de Economía e Industria leva destinado ao comercio de proximidade da comar-ca medio millón de euros nos últimos anos.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, nun posto da Praza de Abastos da vila./M.REJO.

As melloras consistiron na renovación da cuberta e da carpintería exterior

O BNG propón peonalizar a parte da rúa San Roque sita no lado dereito da imaxe, unha zona pola que agora non poden camiñar os peóns./S.N.

Page 16: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

16 BARRIOSFebreiro de �014 ALLARIZ E COMARCA

Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas vén de finali-zar a execución dunha das obras enmarcadas no Plan Hurbe no concello de Car-telle. Trátase da renovación de infraestruturas viais e de

saneamento en Outomuro, que precisou un investimen-tos de 86.000 euros.

O conselleiro Agustín Hernández, acompañado pola secretaria xeral de Or-denación do Territorio e Ur-banismo, Encarnación Ri-vas, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Roge-

A Xunta renova viais e saneamento en Outomuro4 Requeriron unha inversión de 86.000 euros.

lio Martínez, visitou esta po-boación, na que os traballos finalizaron recentemente.

Concretamente, as actua-cións consistiron na me-llora do entorno da estrada OU-404 (que une Ourense e Barral), na travesía de Outo-mouro; así como melloras na rede de abastecemento e saneamento.

No que se refire ao sistema de abastecemento, levouse a cabo a substitución das tu-baxes de abastecemento de PVC por outras de polieti-leno de alta densidade, aptas para uso alimentario.

En relación á rede de sa-neamento, executouse a substitución das tubaxes de formigón centrifugado con xuntas de morteiro por outras novas de PVC com-pacto.

Trala visita, a alcaldesa de Cartelle, Carmen Lei-te, agradeceu o esforzo da

Xunta e adiantou que “te-mos pendente a mesma obra en Cartelle”.

Plan HurbeOs obxectivos do Plan

Hurbe pasan por recupe-rar os espazos de encontro dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial, fixando a poboación no me-dio rural.

Desde a posta en marcha do Plan, en 2010, a Xunta leva propiciadas un total de 77 actuacións en 65 conce-llos galegos, cun investi-

Rivas, Hernández e Martínez contemplando un plano dos traballos./P.L.

S.N.

O Colexio Oficial de Xoia-ría de Galicia entregou este 11 de febreiro en Celanova o diamante dun quilate que se sorteou entre os clientes de �00 xoiarías galegas durante a campaña de Nadal, unha iniciativa que segundo o pre-sidente do Colexio, Óscar Rodríguez, buscaba “promo-ver o sector e premiar a fide-lidade dos consumidores”.

Resultou premiado con este diamante -valorado en

10.000 euros- un cliente da xoiería Rafa. O afortunado, Óscar Penín, que é xeren-te dunha das farmacias da vila, confesaba que non o cría cando llo comunica-ron, e que será un agasallo para a súa dona.

Pola súa banda, a encar-gada da xoiería Rafa, Ma-rita Feijoo, mostrou a súa ledicia de que semellante premio rematase nun pobo pequeno e que fora parar ás mans dun veciño de Cela-nova e seu cliente habitual.

Un veciño de Celanova gaña o sorteo dun diamante

O afortunado gañador recollendo o diamante./M.Á.

Estrada que une Ourense e Barral ao seu paso por Outo-muro, na que se realizaron melloras en saneamento./P.L.

Page 17: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

17ALLARIZ E COMARCA

mento de case 90 millóns de euros.

O conselleiro apuntou que a provincia de Ouren-se sitúase á cabeza no nu-mero de actuacións exe-cutadas, con �8 proxectos levados a cabo nun total de �0 municipios. Hernández salientou que son obras que destacan polos seus obxectivos, xa que buscan recuperar os contornos históricos, patrimoniais e culturais, así como facer habitable as zonas nas que se actúa.

Redacción

O vicepresidente da Xun-ta, Alfonso Rueda, visitou o concello de Ramirás co fin de facer un seguimento das obras executadas con cargo ao Fondo de Com-pensación Ambiental posto en marcha pola Xunta de Galicia.

Alfonso Rueda, acom-pañado da alcaldesa de Ramirás, Pilar López, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, comprobou os traballos realizados na an-tiga Escola de Picouto co fin de axeitala para alber-gar a Brigada Municipal de Conservación do Medio

Ambiente, unha actuación que contou cun orzamento de máis de �0.000 euros.

Triple beneficioAs obras de Ramirás son

un exemplo do triplo bene-ficio que representan as ac-tuacións do Fondo de Com-pensación Ambiental para os concellos e para os veciños do rural, xa que repercuten de xeito directo nas facen-das municipais, contribúen ao reequilibrio territorial e fomentan a preservación do medio natural.

MellorasAcorde cos novos usos

do edificio, as actuacións cinguíronse a melloras dos

Rueda visita as obras da Brigada Municipal de Conservación do Medio Ambiente de Ramirás4 Estará ubicada na Escola do Picouto.

sistemas de abastecemento de auga, saneamento, insta-lacións eléctricas e traballos

de carpintería e fontana-ría. Así mesmo, houbo que acondicionar o camiño de acceso á parcela e darlle as dimensións axeitadas para o paso do camión de extinción de incendios.

Deste xeito, a Brigada municipal disporá dunha sede axeitada e ben situada estratexicamente tanto para o concello como para toda a comarca. A intervención no Picouto, ademais de recupe-rar un edificio emblemático, contribúe a dinamizar a eco-

nomía do Concello.

37 actuaciónsCómpre salientar que

con cargo a este Fondo de Compensación Ambiental, a Vicepresidencia da Xunta levou a cabo o ano pasado un total de 37 actuacións na provincia de Ourense, o que supuxeron un investimento máis de un millón de euros.

Esta obra contou cun orzamento de 30.000 euros

Rogelio Martínez e Alfonso Rueda, xunto á alcaldesa de Ramirás, na visita ao Picouto.

Rivas, Hernández e Martínez contemplando un plano dos traballos./P.L.

Page 18: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

18 BARRIOSFebreiro de �014 CELANOVA E COMARCA

Silvia Nieto

Unha década leva a Aso-ciación Arraianos promo-vendo a tradición etnográ-fica do sur de Galicia e do norte de Portugal, porque, para eles, estes dous terri-torios son un, e a frontei-ra política é unha liña que separa, sen sentido, dúas rexións que pensan e senten do mesmo xeito. Aser Ál-varez e Quique Moreiras (o presidente na actualidade) son dous dos fundadores deste colectivo, que con-ta cunha axetreada axenda para este �014.

Como e cando nace a Asociación Arraianos?

Quique Moreiras: “A asociación naceu fai 10 anos polas inquedanzas de Aser, el quería crear unha asociación que promovese o ecoloxismo, a etnogra-fía, a nosa cultura, as nosas tradicións… Eramos unhas dez persoas e con nós xur-diu a asociación, co obxec-tivo de recuperar o noso”.

Aser álvarez: “Arraia-nos xorde para tratar de canalizar de xeito colectivo as inquedanzas culturais, sociais e artísticas dun gru-

po de xente de Celanova. A idea era facer unha revista cultural e ir creando unha rede de colaboración trans-fronteiriza para desenvol-ver un programa de activi-dades estable e a cousa foi medrando até nos converter nun dos colectivos máis di-námicos da raia entre Gali-cia e Portugal”.

Na actualidade cantas persoas formades Arraia-nos?

Q.M.: “Máis ou menos estamos a mesma xente que ao principio. Agora o noso principal obxectivo é fo-mentar o voluntariado, para que nos axuden a levar a cabo os moitísimos proxec-tos que estamos organizan-do”.

Agora cumplides o voso décimo aniversario. Que actividades tendes previs-to realizar no 2014?

Q.M.: “Este ano a nivel cultural vai ser moi axe-treado. O noso proxecto estrela neste momento é o centro terapéutico de Amo-roz, pero a maiores o � de xaneiro presentamos o do-bre DVD do documental “100% CEF” con material extra e proximamente imos

colaborar coa publicación do libro de “Aquela Ce-lanova”; tamén colabora-mos coa organización do primeiro festival de cine documental da vila; temos previsto preparar un video de interpretación sobre o monte comunal, no que queremos incluír o tema das mámoas; e organizare-mos un “Castrexiño” para nenos.

Ademais, organizaremos diversos cursos. Un será o �� de febreiro sobre poda de frutais e ornamentais. De seguido, terán lugar outros sobre agricultura ecolóxica, terapia asistida con cans, e tracción animal na agricul-tura. Ademais, tamén fa-remos algúns sobre crece-mento persoal, meditación, relaxación, neositerapia (curación polo pensamen-to), para que a xente teña outro punto de vista para encarar a realidade.

Tamén hai previsto un documental sobre Neira Vilas, así como crear un in-tercambio anual con Castro Leboreiro para fomentar o tema da raia –con rutas de ida e volta, a bici, a pé ou a cabalo- , pero non sei se ao final se farán neste ano. Son proxectos que temos en mente e levaremos a cabo en breve”.

Que representa para vós a figura do Arraiano Maior?

Q.M.: “Son como os mestres, os anciáns, os sa-bios; os que teñen o coñece-mento e divulgaron e recu-peración da nosa tradición, a nivel de cultura, lingua e literatura”.

A.á.: “Temos en mente algúns posibles nomeados para este ano, mais tere-mos que debatelo no seo de Arraianos, coma sempre. É moi probable que sexa unha figura da outra beira da raia, pois xa levamos dous anos seguidos dándolle este pre-mio a galegos”.

Como demostra esta elección do Arraiano Maior, a vosa actividade sempre está na raia entre Galicia e Portugal.

Q.M.: “Efectivamente, porque nós coidamos que a fronteira é unha ilusión, non existe. É algo que se creou polo loucura do home de intentar separar, e nós o que pretendemos a través da asociación é vol-ver a unir, por iso para nós a fronteira non ten ningún sentido, para nós Galicia e o norte de Portugal é a mes-ma cousa”.

E para a socidade ga-lega e portuguesa tamén o é?

Q.M.: “Si, totalmente. Somos irmáns, na lingua e en todo. Que galego non lembra ir a Portugal de va-cacións ou a unha feira, e eles tamén veñen acá coa mesma asiduidade. Eles son un anaco máis de Galicia e nós de Portugal”.

Desde cando es presi-dente e canto tempo o se-rás?

Q.M.: “Son presidente dende agosto de �01� e ire-mos rotando. Para nós este cargo é unha figura que ten que estar aí, é unha figura burocrática e administrati-va, pero hoxe estou eu como podería estar calquera dos que compoñemos a asocia-ción. Dende o meu punto de vista, un sistema piramidal non ten sentido, para que a asociación funcione temos que nos implicar todos, cada un na medida das súas posibilidades e onde teña máis aptitudes, buscamos complementarnos”.

Comentádeme un pouco algúns dos proxectos cos que Arraianos colaborou:

- O documental “100% CEF” de Aser álvarez.

Q.M.: “A iniciativa foi fantástica e super oportuna, e o resultado espectacu-lar, pero tamén de xustiza, porque houbo un traballo, unha documentación, unha

orixinalidade e un xeito de facer as cousas idóneo. Aí Aser fixo unha gran fusión da tradición e o máis van-gardista moi equilibrada, e eu creo que esa foi a chave do éxito do documental”.

A.á.: “Agora acabamos de editar o DVD “10� tes-temuños de aniversario”, onde incluímos o documen-tal “100% CEF” e moito máis material extra inédito, moi valioso para achegarse a Ferreiro dende unha pers-pectiva contemporánea. É a obra audiovisual definitiva sobre Celso Emilio”.

- Centro cultural, edu-cativo e terapéutico A Chaira de Amoroz.

Q.M.: “Isto xurdiu fai tres anos cando eu e a miña dona comezamos a facer cursos con cabalos polo noso propio crecemento persoal, e vimos que ha-bía moitas posibilidades e fomos profundizando. Ao mesmo tempo Aser levaba tempo buscando crear unha sede para a asociación e dé-ronse unhas circunstancias que facían entrever que o proxecto podía ser viable e así foi. Eles prepararon todo para pedir unha sub-vención a Agader e logo xa nos incorporamos nós.

No apartado terapéutico, ademais das terapias con cabalos, un dos obxectivos que temos é que a xente volte ter esa conexión coa nai natureza, que dalgunha maneira nas cidades se per-deu. O entorno no que se atopa o centro é inmellora-ble, natureza en estado puro. Así mesmo é unha zona de mámoas e nestas zonas hai unha enerxía sanadora, é enerxía cero, nin negativa nin positiva. Só con estar alí xa se xera unha enerxía que reequilibra o teu corpo, a nivel físico, mental e es-piritual.

Hoxe, quen non ten algún desequilibrio? Algún tipo de estrés ou agobio? O centro é válido para calquera. En principio querémolo orien-tar máis a colectivos des-favorecidos (toxicómanos, discapacitados mentais, menores con problemas de conduta…), pero realmen-te está aberto a calquera. Faremos actividades para

Arraianos cumple 10 anos difuminando a fronteira4 Quique Moreiras e Aser Álvarez achégannos á actividade desta asociación, que naceu co obxectivo de promover as tradicións do sur de Galicia e o norte de Portugal.

Quique Moreiras é dende agosto de 2013 o presidente da Asociación Arraianos, un cargo que vai rotando entre os fundadores deste colectivo./S.N.

Aser Álvarez durante a inauguración do Centro cultural educativo e terapéutico A Chaira de Amoroz./S.N.

Quique Moreiras: “Hoxe, quen non ten un desquilibrio? Algún tipo de estrés ou agobio? En principio o centro orientámolo para colectivos desfavorecidos, pero realmente está aberto a calquera”

Aser álvarez: “O Arraiano Maior é un persoeiro que está a facer traballo en clave desfronteirizante, que contribúe a traspasar límites”

Page 19: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

19CELANOVA E COMARCA / PROVINCIA

familias, visitas, xornadas abertas, para todo tipo de público. Queremos que sexa un lugar dinámico e aberto a todo aquel que o precise. E eu coido que nuns seis meses consegui-remos estar xa realizando moitas actividades”.

- Proxecto “Aquela Celanova”.

Q.M.: “Foi unha idea de Pío Álvarez, da Admi-nistración de Lotería nú-mero 1 de Celanova, que creou unha páxina en Fa-cebook na que comezou a colgar fotos antigas da súa familia, e comezou a es-tenderse. Está funcionan-do moito cos emigrantes, imaxínate que estás fóra e ves unha foto de como era o teu pobo cando eras cativo, da xente daquela época… foi un éxito! É un proxecto fantástico!”.

A.á.: “O proxecto do libro xorde ao ver o mate-rial tan extraordinario que foi aparecendo na páxina e para poder facer unha publicación de calidade que axudara a codificar o noso pasado e a recuperar tamén o orgullo de ser de onde somos. Arraianos e Lareira Pop colaboramos neste proxecto pensado tamén para que as novas xeracións coñezan a nosa historia máis recente.

Contamos co apoio do Concello de Celanova e da Deputación de Ourense, a quen agradecemos a súa colaboración, e en marzo rematamos o proceso de recollida de material, polo que todos os interesados en achegar fotos deberán facelo nestes días, pasan-do pola administración de lotería de Pío Álvarez, que está a escanear en condicións óptimas todo o material frotográfico que lle achega a xente.

Esta publicación tamén vai ser o punto de arranque para novos proxectos edi-toriais, culturais e audiovi-suais; e agardamos poder presentala no verán”.

En 2014 Arraianos colaborará na publicación do libro “Aquela Celanova”, que recopila imaxes antigas da vila e os seus veciños

Temporais de récord4 O número de días de choiva e vento, a intensidade dos mes-mos, e as numerosas incidencias causadas polas borrascas que afectaron a Galicia nas últimas semanas fan historia.S.N.

Ata 50 días levamos os ourensáns sen separarnos do paraugas. Petra, Qu-maira, Ruth, Stephanie son algúns dos nomes das xa innumerables cicloxéneses explosivas que se fixeron sentir na nosa comunidade. Despois de tantas xa perde-mos a conta, pero os efectos das mesmas lembrannos que este inverno está a ser o peor en décadas. De feito, o pasado xaneiro foi o mes con maior número de días de choiva dende que hai rexistros. Concretamente, en Ourense duplicouse o valor climático normal.

No remate do �01� e o comezo do �014, Galicia quedou marcada pola con-tinua chegada de borrascas dende o Atlántico. A con-fluencia de aire moi frío e o aire cálido subtropical asociado ao anticiclón dos Azores ocasionou a forma-ción explosiva de moitas destas borrascas.

Esta situación xerou ven-tos moi intensos en mar e terra, así como abundantes precipitacións, que nalgún-has ocasións foron en for-ma de neve. Deste xeito, tellados arrincados, inun-dacións de casas, fincas e locais comerciais, ou o des-bordamento dos ríos foron algúns dos efectos destes numerosos temporais.

Inundacións A comarca da Limia foi

unha das zonas ourensás máis afectada. Unha das últimas borrascas (a que chegou a Galicia o domin-go 9 de febreiro) ocasionou que a intensa choiva inun-dase a entrada e o salón de actos do IES Lagoa de An-tela, ao igual que o patio do IES Cidade de Antioquía. Ademais, no IES de Allariz desprendeuse unha chapa do tellado.

Pola súa banda, o río Tá-mega anegou ao seu paso fincas en Mourazos, Oím-bra, Tamagos, Tamaguelos e Rabal; e mantivo cortada a circulación entre Xinzo e Cualedro. Neste momen-to (segundo a información

facilitada poloa Confedera-ción Hidrográfica do Douro este 11 de febreiro) o Táme-ga conta cun nivel de �,49 metros e 10� metros cúbicos por segundo de caudal (2,75 e 126 é o nivel de alarma).

Así mesmo, a antiga lagoa de Antela semella querer re-cuperar o seu sitio, xa que a auga acumulada na súa ubi-cación pasada tomou diver-sas fincas e impide a entrada a numerosas explotacións gandeiras e naves.

Do mesmo xeito, a co-marca de Monterrei tamén sufriu estragos. O desbor-damento do río Búbal na Alameda de Vilaza anegou unha granxa (ocasionando a morte de 26 animais), así

como dous baixos, un bar e parte do colexio da localida-de (aínda que non se tiveron que suspender as clases). E fixo que a Garda Civil tivese que cortar a circulación en-tre Medeiros e A Granxa.

Previsión para os próxi-mos días

Este mércores en Ourense continuarán as chuvias e os ventos, ambos con inten-sidade moderada. O xoves atoparémonos nunha situa-ción intermedia, á espera da chegada dunha nova borras-ca profunda que nos afectará o venres. Día para o cal se agardan ceos moi anubrados con chuvias máis intensas durante a mañá, que pola

tarde se producirán de xei-to máis intermitente. Os ventos soprarán moi fortes de compoñente sur.

Un panorama desapaci-ble que semella prolongar-se durante a fin de semana, pero para comezos da se-guinte, segundo informa MeteoGalicia, hai unha alta probabilidade de que o tempo poida mellorar.

Sentenzas favorables ao cobro da paga extra Redacción

Os xulgados do social de Ourense recoñecen o de-reito dos traballadores dos concellos a cobrar a paga extra de 2012. Das 27 de-mandas presentadas ata o momento na nosa provin-cia pola CIG, 14 foron xa resoltas de xeito favorable para os empregados muni-cipais. Recoñécenlle o seu dereito a cobrar a parte pro-porcional da paga extra de Nadal do ano �01�, com-putada dende o 1 de xanei-ro ao 14 de xullo do �01� (data na que se publicou o Decreto estatal polo que se suprimiu a paga extra).

“A importancia destes pronunciamentos xudiciais radica en que, tal e como sostiña a asesoría xurídica da CIG, o período de cóm-puto da parte proprocional da paga extra debe esten-derse entre o 1 de xaneiro e o 14 de xullo de �01� (195 días) e non entre o un de xuño e o 14 de xullo de 2012 (44 días), como reclamaron outras centrais sindicais, por aplicación analóxica (incorrecta) ao persoal laboral dos entes locais de normativas pre-vistas para o persoal fun-cionario”, explican dende a CIG.

“Non é o mesmo per-cibir a parte proprocional da extra, cun período de xeración de 195 días en 365 (0,53 de paga), que cun período de 44 días en 365 días (0,12 de paga)”, engaden.

Ata o de agora foron resoltos favorablemente os casos dos concellos de Sarreaus, Os Blancos, Vi-lardevós, Laza, Calvos de Randín, A Mezquita, Vilar de Barrio, Monterrei, Vi-lariño de Conso, Xinzo de Limia, Baltar, A Porqueira e Rairiz de Veiga e Viana do Bolo. E permanecen pendentes de resolución os de outros 1� concellos e mancomunidades.

A Confederación Hidrográfica do Douro mantiña en alerta o río Támega ao seu paso por Oímbra./M.REJO.

Das 27 demandas presentadas ata agora en Ourense, 14 foron resoltas favorablemente

Os que non puideron acudir ao colexio da ma-neira habitual foron os �.000 escolares ourensáns (pertencentes a 39 centros) que espertaron este luns 10 de febreiro coas súas respectivas localidades cu-bertas de neve. �� colexios da provincia decidiron non abrir as súas portas debido ao temporal e outros 17 rexistraron incidencias no transporte escolar debido á presenza de neve na es-trada.

Así, entre as escolas que non impartiron clase ato-páronse as de Baltar, Os Blancos, Calvos de Ran-

dín, Monterrei, Xinzo de Limia, Riós e Xunqueira de Espadañedo.

Unha estampa que se re-petiu o martes. Cando dous centros (da Gudiña e A

4 Vento, choiva... e tamén neve

Mezquita) non puideron abrir, e outros oito sufriron incidencias por culpa do temporal. Entre eles es-tiveron os de Castrelo de Val e Riós.

Estrada de Calvos de Randín nevada este 10 de febreiro.

Este xaneiro foi o mes con maior número de días de choiva en Galicia dende que hai rexistros

Page 20: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

�0 BARRIOSFebreiro de �014

PROVINCIA

Redacción

Xantar pecha a súa 15ª edición, a primeira como cita internacional, logo de cinco días de intensa actividade durante os que os profesionais do sector e o público xeral volveron mostrar a súa fidelidade con esta cita conseguin-do que o salón manteña o seu número de visitantes, sobre �0.000, e a cifra de comidas e ceas ofrecidas polos 18 restaurantes, ao redor das 17.000.

Durante o acto de clau-sura da feira foron en-tregados os premios da segunda edición do Con-curso Prato Xantar ao que foron presentadas unha vintena receitas e cuxos oito finalistas elaboraron o seu prato en directo no salón. Na categoría de profesionais o gañador foi

Manuel Garea, de Melide, cun prato que denominou “Galicia nun prato, mar e montaña” onde empregou polbo, grelos, lacón, mexi-llón e algas. Na categoría de afeccionados os gañado-res foron Paula Díaz e Iván Álvarez, de Ourense, coa receita “Suprema de rodaba-llo, arroz de polbo e mexi-llóns e o seu crocante”.

Das 1�0 actividades do programa, as exhibicións de cociña en directo, as catas comentadas e as degusta-cións ofrecidas polos expo-sitores foron as actividades que rexistraron maior parti-cipación entre os visitantes de Xantar que, ademais de achegarse ata Expourense a comer ou cear, aproveitaron para probar novos sabores e texturas, para aprender a preparar distintos pratos ou para coñecer novas po-sibilidades culinarias dos

produtos recoñecidos con Denominación de Orixe ou cunha Indicación Xeográfi-ca Protexida.

Stands das comarcasEn Xantar estiveron re-

presentada as comarcas de Monterrei, Allariz-Maceda, A Limia e Terra de Cela-nova cos stands do Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia”, Con-cello de Maceda, Concello de Xinzo, Biocoop, Fina Rei Artesáns Reposteiros, e os restaurantes Val de Monterrei, Conso Frieiras e Riós, a cargo de Asador’s Jose.

Un dos restaurantes da feira Xantar./RAMSÉS.

Xantar serviu 17.000 menús4 Con 20.000 visitantes, nesta 15ª edición do salón tamén aumentou a participación nas activi-dades profesionais.

Exhibicións de cociña en directo, catas comentadas e degustacións, moi seguidas polo público

Redacción

A Audiencia Provincial acolleu esta semana o xuízo polo homicidio do chofer de Verín, Bernardino Pousa. A súa ex muller, Dolores Álvarez, a única filla do falecido, Ángeles Pousa, a súa ex parella, Alberto Váz-quez, e o sicario portugués presuntamente contratado polos tres para cometer o crime, Ilidio Magalhaes “El Cobra”, sentan no banco dos acusados. Os catro en-fróntanse a unha acusación de asasinato, que deberá dirimir un xulgado popular.

A Fiscalía pide para eles pe-nas de �� anos e medio de prisión, para Magalhaes, 17 anos para Alberto Vázquez, e �0 para Dolores Álvarez e Ángeles Pousa. A todos eles aplícaselles o agravante de prezo, alevosía e premedita-ción, e aos familiares, tamén o de parentesco.

Só o ex mozo e o sicario admitiron durante o xuízo implicación no crime. As acusacións cren que a ex muller de Bernardino pla-neou o asasinato alimentada polos celos e por un móbil económico ante a inminente demanda de divorcio.

A Audiencia Provincial xulga o crime do chofer de Verín4 Un xurado popular deberá ditaminar a cul-pabilidade da ex muller de Bernardino Pousa, da súa filla e do seu ex mozo, e do sicario portugués que presuntamente cometeu o asasinato.

Tralas declaracións de acusados, testemuñas e pe-ritos nas xornadas do luns 10 e martes 11 de febrei-ro, para este mércores día 1� quedaban pendentes as conclusións e a posterior reunión do xurado para di-taminar o seu veredicto.

O crimeO chofer verinés Ber-

nardino Pousa apareceu golpeado e degolado o 11 de setembro de �011 na nave de autocares Guerra.A Garda Civil sospeitou do entorno familiar desde o primeiro momento.

Dous dos acusados do crime: á esquerda Alberto Vázquez e á dereita Ilidio Magalhaes/R.T.

Page 21: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

�1ESPECIAL

A Deputación de Ourense presenta o Plan “Ourense é a provincia termal” Especialización, novos produtos, modernas infraestruturas e promoción, liñas estratéxicas do plan, orzamentado en 94 millóns de euros para situar á provincia de Ourense no mapa internacional do termalismo

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense acordou iniciar os trámites para asinar un convenio de colaboración que terá como obxectivo a crea-ción do “Consello Termal Ourensán”. Desta maneira, o goberno provincial toma a iniciativa no desenvol-vemento do plan termal “Ourense é a provincia ter-mal”, de cuxa execución encargarase o Instituto Ourensán de Desenvolve-mento Económico (Inor-de).

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense determina o inicio dos trá-mites para a creación do “Consello Termal Ouren-sán” para o cal deuse tras-

lado aos servizos xurídicos da Deputación para que fagan os procedementos le-gais e administrativos opor-tunos.

O presidente provincial, Manuel Baltar, avoga por un convenio de colabora-ción asinado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e as administra-cións locais da provincia que teñen un protagonismo termal, entre elas o Conce-llo de Ourense, abríndose tamén á iniciativa privada, o sector empresarial e a universidade. “Esta é unha medida consecuente, áxil e rápida trala presentación do plan, para que teñamos can-to antes un órgano que defi-na a execución do mesmo, e

no cal as administracións asuman os compromisos xa fixados nese documen-to para comezar a traba-llar cara a presentación de proxectos no novo escena-rio comunitario de fondos europeos que se abre para o período �014-�0�0, unha iniciativa na que iremos da man a Xunta, o goberno provincial e a cidadanía, todos xuntos coa ‘camiseta de Ourense’ como traza de identidade para acadar o éxito deste proxecto”.

“Isto non supón –aclara o presidente- a creación de ningunha estrutura, polo cal non suporá custo algún para a institución provin-cial nin gasto extra de per-soal”.

A Deputación de Ourense vén de presentar “Ourense é a provincia termal”, un plan orzamentado en 94 millóns de euros para situar a provincia de Ourense no mapa internacional do ter-malismo, coa especializa-ción, os novos produtos, as modernas infraestruturas e a promoción como as súas liñas estratéxicas.

Na súa presentación, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, referiuse a este documento afirmando que é o momento “de pasar das palabras aos feitos, por-que a nosa provincia foi, é e seguirá sendo un referen-te termal internacional”. Manuel Baltar dixo que no desenvolvemento do plan o Inorde ten un protago-nismo especial, “polo xa feito, polo aportado, e polo que fará para que sexa unha realidade. Un organismo sobre o que pivotará a po-lítica provincial nesta área estratéxica”.

O presidente provincial agradeceu no seu discurso a implicación da Xunta de Galicia no plan afirmando

que esta aposta conxunta, Deputación-Xunta, “é un eixo claro de desenvolve-mento de Ourense. Por ir da man neste “mar interior” que é a nosa provincia, e por presentar hoxe este pa-pel, que non debe quedar en papel mollado, nunca me-llor dito, senón polo que si hai que mollarse”.

Baltar pediu ao presiden-te da Xunta que defenda “con toda contundencia” o plan no novo escenario de fondos comunitarios �014-�0�0, para que recibamos os orzamentos necesarios para impulsar como nunca esta provincia e dotarnos dunha personalidade que sempre tivemos pero que agora nos situará na van-garda do benestar, do relax e da saúde. Unha provincia para desconectar e para a que pido prioridade abso-luta”.

“Folla de ruta”Pola súa banda, Alber-

to Núñez Feijoo dixo que o plan termal “será a folla de ruta para o termalismo, o turismo e o emprego para

Autoridades na presentación do Plan “Ourense é a provincia termal” no Teatro Principal de Ourense o pasado 4 de febreiro./A.PAZ.

Baltar pediu ao presidente da Xunta que defenda “con toda contundencia” o plan no novo escenario de

fondos comunitarios 2014-2020

4 A Deputación inicia os trámites para asinar un convenio de colaboración que cree o “Consello Termal Ourensán”

Ourense nos vindeiros sete anos”, e lembrou que o ter-malismo “é un eixo prio-ritario, e o plan que hoxe presentamos demostra a necesaria unión de esforzos para levalo adiante”. Núñez Feijoo destacou como ele-mentos fundamentais do termalismo a fidelización e a desestacionalización, como obxectivos para pro-longar a estancia do turismo en Galicia. “Termalismo e Camiño de Santiago son os dos grandes reclamos de Galicia”, dixo o presidente galego.

Liñas de actuaciónPola súa banda, Mario

Crecente, responsable téc-nico da consultora que des-envolveu o plan, explicou que as liñas de actuación baséanse en definir novos produtos termais, como as concesións ao aire libre, para o que se fai necesa-rio establecer unha norma baseada nestes centros de benestar. Tamén falou dun-ha “especialización inte-lixente do termalismo”, e da necesidade de “traballar

buscando a diferenciación e a evolución e modernidade do termalismo”.

Crecente explicou que hai que aproveitar e coordinar todas as infraestruturas bal-nearias da provincia e crear un “termalismo corporativo que permita realizar unha

axeitada xestión de todos os recursos termais”. Cultura, investigación, valorizar o patrimonio e promocionar axeitadamente o ámbito ter-mal son tamén, en opinión do técnico, “eidos nos que hai que afondar para que a marca “Ourense” e “Ter-

mal” vaian da man, se poda comercializar e chegue a to-dos os mercados, de ámbito nacional e internacional”. A isto engadiu aspectos que son necesarios potenciar como a cosmética termal e o sector téxtil adaptado ao termalismo.

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación na que se tratou iniciar os trámites para asinar o convenio de colaboración para crear o “Consello Termal Ourensán”./A.PAZ.

Page 22: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

�� BARRIOSFebreiro de �014

especial CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS/SAUDETER

O exercicio, a mellor medicina

Risoterapia no centro sociocomunitario de Maceda.

Tonificación con paus no centro sociocomunitario de Ce-lanova.

Coordinación no centro sociocomunitario de Verín.

Actividade de mantemento no centro sociocomunitario de Xinzo de Limia.

Pilates no centro sociocomunitario de Pontepelamios.

Fitball no centro sociocomunitario do Carballiño.

Baile no centro sociocomunitario de Ribadavia.

Psicomotricidade no centro sociocomunitario de Ourense.

Page 23: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

��DEPORTES

Redacción

A piscina climatiza-da de Verín estrea novo ximnasio e sala aeróbica, que conta coas última no-vidades de máquinas de musculación, tanto para exercicio aeróbico como aneróbico.

Despois da remode-lación das últimas datas coas conseguintes obras de mellora, mediante a substitución do chan, pin-tura das paredes e adecua-ción deste espazo deporti-vo, que fixeron tamén que cambiaran de ubicación dentro do recinto. Na área de cardio e pesas instalo-use un novo equipamento deportivo.

Este ximnasio contará con persoal especializado que asesorará aos usua-rios, tanto para a correcta

Novo ximnasio e sala de aeróbic na piscina climatizada de Verín4 Despois da remodelación das últimas datas.

utilización da maquinaria como á hora de establecer programas de exercicios. Este servizo ofertarase de luns a venres, de 9 a 1� e de 17 a 22 horas.

Sala aeróbicaTamén se retomaron to-

das as clases que se impar-tían na sala aeróbica no seu

horario habitual. Segundo informou o al-

calde no pleno de febreiro, tralas melloras na instala-ción tíñanse producido �00 novas altas de usuarios.

A sala de musculación ten novas máquinas deportivas.

Redacción

A pasada semana a De-nominación de Orixe de Monterrei recibiu os vehí-culos clásicos do XI Rali de Inverno de Clásicos Depor-tivos.

A explanada do Consello Regulador da Denomina-ción de Orixe Monterrei acolleu un control horario. Neste evento participaron un total de 5� automóbiles clásicos de España e Portu-gal.

Trátase dunha proba de regularidade que establece o seu percorrido en distin-

A DO de Monterrei, co Rali de Inverno de Clásicos4 Na undécima edición.

tos postos de control ho-rario, de modo que mellor puntuación ten quen máis se aproxime ás medidas horarias establecidas pola organización.

Esta primeira etapa trans-curriu desde Vilar de Barrio ata Chaves, tendo unha pa-rada obrigatoria na D.O. de Monterrei, xa que era un dos puntos de control hora-rio da proba.

Grandes clásicosOs que se achegaron ata

alí puideron contemplar grandes clásicos coma o Ja-guar 57 do 65, Porsche 911 e

91�, Alpine Renault A110, Ford 100HP Coupé do 47, Ford Capri �00GT, Lotus Elan do 61, o MG MGB, Mini Cooper, Mercedes-Benz 190SL, o Triumph TRS, entre outros moitos ata completar un total de 5� coches participantes.

A explanada da DO Monterrei foi un dos puntos de control horario da xornada do rali de clásicos

Varios dos coches que participaron no Rali de Inverno de Clásicos.

Redacción

O sábado 15 de febreiro celébrase no salón de actos do fogar do maior do Con-cello de Allariz a V Xorna-da sobre homologación de Rutas de Sendeirismo. Esta xornada, organizada por segatur e coa colaboración do Concello de Allariz, está aberta a todo o mundo.

A xornada dará comezo ás 11 da mañá e a inscrición débese facer obrigatoria-

Xornada sobre sendeirismo4 Celébrarase en Allariz o 15 de febreiro.

mente na web segatur.com/segatur ou no teléfono 886 11 70 11. Participar na xor-nada é de balde aínda que as prazas están limitadas, accedendo por estrita orde de inscrición.

ProgramaO programa da xornada

aborda oito puntos: impac-to dinamizador e económi-co do turismo rural; estudo da tendencia do turismo naturalista en Europa e en

España; que é un “Sen-deiro homologado”?; nor-mativa existente; tipos de rutas en Galicia: GR, PR-GM situación das rutas homologadas en Galicia; que son os técnicos titu-lados de sendeiros?; pa-sos para crear unha ruta. homologación e axudas;e finalmente, servizos, tra-mitación e produtos ofer-tados no sendeirismo por SEGATUR.

Unha das rutas galegas.

R.T.

Limiactiva leva a orien-tación ata Cenlle coa se-gunda proba do circuíto Limiactiva.

O sábado 15 de febreiro terá lugar unha xornada de iniciación á orientación deportiva no mapa novo de Laias-Cenlle.

Para o domingo día 16 queda a celebración, no mesmo lugar, da segunda proba do Circuito Limiac-tiva �014. Asemade, ese día estrearase o circuíto permanente, que consta de cinco percorridos, ase-quibles para todos os pú-blicos.

AndainaNo mesmo concello

de Cenlle celebrarase no

Limiactiva leva a orientación ata o concello de Cenlle4 Celébrase a segunda proba do circuíto Limiactiva.

mes de marzo, o domingo 9, unha andaina solidaria a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. O lema desta quinta edición será “Camiñando xuntos

contra o cancro infantil”.Haberá tres rutas: unha

curta de 4 quilómetros; unha intermedia de 11 e unha longa de 18 quilóme-tros.

A inscrición está aberta ata o 5 de marzo e ten un custo de cinco euros, dos cales dous irán destinados á Asociación Española Con-tra o Cancro.

A saída e meta de devan-dita terá lugar na praza da Tenencia de Cenlle. Ofre-cen máis infomación na web municipal www.cen-lle.es.

Cartel da proba de orientación de Cenlle.

Tralas melloras, téñense producido 200 altas novas

Page 24: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

�4 BARRIOSFebreiro de �014

DEPORTES

A fase final de campo a través disputarase no complexo deportivo de Monterrei -O Pereiro de Aguiar-. /RAMSÉS

R.T.

O sábado 15 de febreiro disputarase no complexo deportivo de Monterrei o Campionato Provincial de Campo a Través Escolar. O Servizo de Deportes de Ourense da Xunta de Galicia en colaboración coa Delegación Ourensá da Federación Galega de Atletismo organizan este evento dentro do progra-ma XOGADE.

As categorías partici-pantes serán a benxamín, alevín, infantil e cadete. Nas categorías benxamín, alevín e infantil poderán tomar parte en cada unha das probas, os dous pri-meiros equipos clasifica-dos de cada zona e os oito primeiros atletas, se non forman parte dos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado aos atletas que chegaran a partir do oita-vo clasificado. Na cate-goría cadete queda libre a participación.

Cada equipo, para pun-tuar, estará formado por un mínimo de catro e un máximo de seis atletas.

HorariosA carreira cadete femi-

nino dará o pistoletazo de saída das probas ás 11.00h;

O Pereiro de Aguiar, sede do Campionato Provincial de Campo a Través Escolar4 Disputarase o vindeiro 15 de febreiro.

ás 11.�5h turno para o ca-dete masculino; as alevíns femininas comezarán a súa carreira ás 11.50h; as carrei-ras de benxamín feminino e masculino terán lugar ás 1�.05h e 1�.�0h respectiva-mente; o alevín masculino comezará ás 1�.�5h; a pro-ba infantil feminina será ás 1�.50h e a masculina desa mesma categoría ás 1�.10 horas. A entrega de trofeos realizarase ás 1�.�0 horas.

Clasificación e fase finalPara este Campionato

Provincial establécense dúas clasificacións. Unha individual e outra por equi-pos. Na clasificación por

equipos sumaranse os pun-tos obtidos polos catro (� en cadete) corredores me-llor clasificados, resultan-do vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos. Clasificaranse para desputar a Fase Galega os dous mellores equipos das categorías alevín, infantil e cadete, así como os oito pri-meiros atletas de cada cate-goría, sempre e cando non sexan dalgún dos equipos xa clasificados.

R. Torres

Non corren bos tempos no Couto. Cisma no Club Deportivo Ourense entre xogadores, corpo técnico e traballadores do club por un lado, e o Consello de Admi-nintración, polo outro.

PlantillaO luns � de febreiro o ca-

pitán Yosu lía un comunica-do conxunto dos xogadores, corpo técnico e empregados do club ante os medios de comunicación. Rubricába-no todos os presentes. Na mesa da sala de prensa do Couto estaban Yosu (capi-tán), Luisito (adestrador) e Raúl Rois (delegado); tras eles o resto dos firmantes.

O comunicado comezaba explicando a débeda adqui-rida polo club con todos eles e as dificultades que están a pasar debido aos re-trasos no pago das nóminas (tres aos xogadores, tres e medio nalgún caso, e cinco a traballadores). Continua-

Distanciamento entre directivos e empregados do Club Deportivo Ourense4 Sendos comunicados abriron un cisma na en-tidade rojilla.

ba dicindo que confiaron e apoiaron en todo momento ao club.

A partir dese punto come-zan a cuestionar á directiva, e consideran inxusto que argumenten que a situación real vén dada pola falta de apoio dos membros do club.

Noutro dos puntos pedían aos directivos que non elu-diran respensabilidades en factores externos, conside-rando externos a empresas, socios institucións e segui-dores.

Consello de Adminis-tración

�4 horas despois, e coa dimisión irrevocable do vicepresidente, José Luis González, e do secretario, Ángel González, o Conse-llo de Administración deu a réplica ao comunicado do día anterior. O presidente, Alejandro Estévez con-testou punto por punto ao escrito dos traballadores. Primeiro tildou de falso que

a débeda cos empregados sexa tan grande.

Estévez mostrouse moi crítico no punto no que os empregados conside-raban factores externos a empresas, socios, institu-cións e seguidores; para el son peza fundamental de todos os clubs do mun-do sendo estes factores os que fan xerar os recursos necesarios; e avisaba que eles non ían contribuir co seu patrimonio persoal.

Ferida abertaO que si é certo é que

esta ferida aberta ten di-fícil cicatrización coma o propio presidente ase-guraba. Aínda que espera que o seguinte comuni-cado sexa conxunto entre todas as partes do club.

Un cisma, cicloxéne-se explosiva, ruptura ou coma lle queiran cha-mar no Club Deportivo Ourense, na que o último episodio está aínda por escribir.

Plantilla do Ourense na sala de prensa do Couto lendo o comunicado. /RAMSÉS

O COB non dá a talla no Pazo Paco Paz4 Dúas vitorias en nove encon-tros é a pobre bagaxe na casa.R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto vén de colleitar unha nova derrota no Pazo dos

Deportes Paco Paz. Nes-ta ocasión contra o equipo rioxano do Cocinas.com por 67-71.

Con esta derrota o equipo

di practicamente adeus á loita polo play off e tocaralle pelexar ata o final para non descender. Barcelona B e Navarra son os dous equipos que ocupan o descenso con dúas vitorias menos que os ourensáns. Por enriba, o Lleida é noveno (play off) con tres vitorias máis que o COB.

Este sábado os de Gonza-lo García de Vitoria visitan a cancha do Breogán de Lugo.

Participan as categorías benxa-mín, alevín, infan-til e cadete

Page 25: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

�5OCIO E CULTURA

Redacción

O Concello de Cela-nova, en colaboración co Conservatorio de Música de Ourense, a Deputación de Ourense e a Parroquia de San Rosendo en Cela-nova; e patrocinado pola Xunta de Galicia, organi-za o VI ciclo de concertos didácticos de órgano na Igrexa de San Salvador en Celanova. O ciclo está dirixido pola profesora de órgano do Conservatorio de Música de Ourense, Marisol Mendive.

Estes concertos están dirixidos a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato, teñen unha duración de 50 minutos e os grupos poderán ser de máximo 50 estudantes.

O ciclo oferta 10 xor-nadas con tres clases-concerto pola mañá desde

o mes de marzo ao mes de xuño. A primeira de-las será o �5 de marzo, e as sesións continuarán en abril (os martes 1, 8 e 29), maio (os días 6, 1�, �0 e 27) e xuño (os martes 3 e 10). Cada día haberá tres concertos (en horario de 11 a 11:50, de 1� a 1�:50 e de 13 a 13:50). A activida-de incluirá tamén unha vi-sita guiada polo mosteiro e outros puntos de interese de Celanova.

As sesións didácticas inclúen unha explicación do instrumento e a súa his-toria, así como unha parte práctica na que profesora e alumnos abordarán os con-tidos e partituras incluídos na unidade didáctica. Entre eles, interpretaranse pezas clásicas de Haendel, mú-sica tradicional galega, ou pezas actuais como o vals de Amelie.

S.N.

Os vindeiros días �0 e �1 de xuño Cartelle e Celano-va acollerán o I Festival In-ternacional de Cine Carlos Velo, organizado man a man pola Asociación Arraianos e a produtora Lareira Pop. Serán dous días de intensa actividade no que as curta-metraxes deocumentais e de ficción serán as raíñas, todas elas cunha temática relacionada co medio rural coa que, como nos explicou a presidentea de Lareira Pop, Inés Vázquez, buscan “ahegar moito á recupera-ción da memoria histórica e cultural. No marco dunha cultura cada vez máis au-diovisual, sobre todo entre a xente nova, o documental poder ser a forma de levar temas de interés vinculados á dignificación do mundo rural, ao patrimonio mate-rial ou inmaterial, así como contribuir a xerar un inter-cambio interxeracional que doutras formas non sempre é doado conseguir”.

Será unha cita para pro-fesionais e amantes do au-diovisual, coa que se busca render homenaxe á figura e ao legado do cineasta de Cartelle, Carlos Velo. “É un xeito de reivindicar ese tipo de cine que escarba nas raíces das cousas e dota de sentido ao que somos ac-tualmente”, explica Inés.

Esta iniciativa bota a

andar con dous días de actividade, que agardan ampliar en vindeiros anos en función da resposta do público e dos traba-llos recibidos. Pero nesta primeira edición, cargada de traballo e ilusión por parte de Arraianos e La-reira Pop, a exhibición das curtas seleccionadas e a cerimonia da entrega de premios serán os eixos centrais, aínda que dende a organización prevén a realización de “activida-des complementarias que atraian a público diverso”, adianta Inés.

Os interesados en pre-sentar traballos teñen ata o 17 de maio para facelo; a partir de entón comezará o proceso de selección.

Celanova sempre foi terra de poesía, e ago-ra tamén de audiovisual. Arraianos, Lareira Pop, o Festival de Cine Carlos Velo e os numerosos mo-zos da comarca que se es-tán a abrir un camiño (moi prometedor, por certo) neste ámbito demóstrano. As Terras de Celanova fo-ron, son e serán todo un referente cultural.

Celanova acollerá o I Festival Internacional de Cine Carlos Velo4 Terá lugar o �0 e �1 de xuño e proxectará curtas documen-tais e de ficción sobre o medio rural.

VI Ciclo de concertos didácticos de órgano na Igrexa de San Salvador 4 Desde marzo a xuño.

EN BREVE

Busca render homenaxe á figu-ra e ao legado do cineasta de Carte-lle, Carlos Velo

Escolares nunha pasada edición dos concertos didácti-cos de órgano./ARQUIVO.

4 Concerto dos alumnos de música

O domingo 16 de fe-breiro, ás 18 horas na Casa da Cultura de Allariz, os alumnos da escola de mú-sica amosarán para todos os asistentes un repertorio de actuacións nas distintas especialidades. Estarán dirixidos polos profesores Leticia Vázquez Blömer (música e movemento), Ruth Gómez (piano) e Mi-

guel Ángel Álvarez Araujo (Guitarra).

4“Sede de mal”O 15 de febreiro, ás 19

horas na Casa da Cultura de Allariz, Luis Iglesias e Xa-vier Deive presentan “Sede de mal”, unha comedia a 1� cordas sobre o lado escuro da vida.

A entrada terá un custo de 6 euros, salvo para quen presente a tarxeta cidadá (da Eurocidade Verín-Chaves), a quen lle custará 5.

Contos para fomentar a lectura en Verín4 Destinados a nenos de entre � e 9 anos.Redacción

A Biblioteca Pública Municipal de Verín inicou o 1 de febreiro a iniciati-va ‘Contos en Inglés’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dina-mización desta instalación.

A realización desta ac-tividade educativa, que se programa por primeira vez en Verín, ten por obxecto a aproximación á lingua in-glesa dos cativos de entre � e 6 anos que na mesma participen (a capacidade máxima desta actividade é de 12 nenos). Ata o mo-mento desenvolvéronse dúas xornadas, o 1 e o 8 de febreiro; e aínda quedan outras dúas por ter lugar, o 15 e o �� (de 11.�0 a 12.10 horas). Son un total de corenta minutos nos que os rapaces formarán parte dunha sesión de contacon-tos integramente en inglés, adaptada as idades dos menores. De seguido, os pequenos realizan diversas

actividades educativas e lú-dicas, a través de cancións, recortables e xogos.

Para que o seu neno par-ticipe en “Contos en inglés” é preciso que o inscriba na propia biblioteca ou no 988 41 47 76.

Viaxeiro transfronteirizoO 14 de febreiro, de 18

a 19 horas, a biblioteca de Verín acolle a iniciativa ‘O Conto Viaxeiro Transfron-teirizo’, na que participarán 50 nenos (de entre � e 9 anos) de dez pobos galegos e outros dez portugueses.

Os cativos construirán unha historia, crearán perso-naxes, elaborarán escenarios e as tramas, e eles mesmos ilustrarán os seus contidos. Todo co obxecto de reducir esta fronteira que a veces separa, mellorando así o coñecemento mutuo entre as dúas partes e poñendo en valor o traballo nun proxecto común Para participar nesta actividade será necesario inscribirse nesta instalación municipal.

Page 26: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

�6 BARRIOSFebreiro de �014

OCIO E CULTURA

“Ninguén explica nada, ninguén di nada; con respec-to á fortaleza só existe silencio”

4HISTORIAS DE MONTERREI

O silencioso hotel do Castelo de Monterrei

Vai xa para dous meses que se coñeceu a noticia de que a Xunta quería conver-ter o Castelo de Monterrei nun hotel, dous meses den-de que nos decatamos de que detrás dese andamiaxe que cobre o castelo non es-taba o arranxo dun ben de interese cultural, o que ha-bía detrás dos andamios era a súa privatización.

Dous meses pode pa-recer pouco tempo, pero dous meses de silencio son unha eternidade. Durante todo este tempo ninguén nos explicou a grandísima idea de construír un hotel a 500 metros dun parador de turismo que din que non é viable. Non houbo quen dera resposta a que pasará despois coa xente que quei-ra visitar o castelo. Ninguén saíu a explicarnos por que se gastan fondos europeos nun negocio que lle fará unha competencia atroz aos hoteleiros da comarca. Non se aclarou como po-den facer un hotel se a ce-sión do castelo á Xunta de Galicia non contemplaba o seu uso lucrativo. É que nin tan sequera houbo quen

confirmara que querían instalar un hotel no caste-lo de Monterrei.

Ninguén explica nada, ninguén di nada. Nin por parte dos que gobernan nin por parte da opo-sición, con respecto a nosa fortaleza só existe silencio. Un silencio in-cómodo onde os haxa, un deses silencios que te fan tremer de medo. Queren gastar no castelo uns can-tos millóns de euros pero non o publicitan? Algo non cadra nesta historia.

De mentres calan, todo segue para adiante. A principios do mes de xa-neiro foi adxudicado o proxecto para o uso ho-teleiro do castelo a unha empresa de Santiago, pero iso si, totalmente en silencio.

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogs-

pot.com.es

Obras de rehabilitación do Castelo de Monterrei.

4SUDOKU [nivel difícil]

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

“Fanfán”, virus de Entroido

Topeino no sitio de sem-pre, quizais pensando no entroido. Senteime ao seu carón, e charlamos un ana-co do que mais nos gusta, o carnaval. El é un dos veteráns do entroido de Verín, vila onde naceu, en plena postguerra, na casa paterna, situada segundo as súas propias verbas, na exclusiva zona residencial, do barrio da muralla, con-cretamente no canellón da muralla, onde hoxe rulan os cigarróns coma lóstre-gos, cara á praza do “Pes-cadilla”, maxia pura.

Os seus país déronlle o nome de Xosé Ramón González Sola, mais no rexistro entroideiro consta como “Fanfan”, apodo co que o pobo o bautizou.

M. Chita: Cales son os primeiros recordos que tes do entroido?

Fanfán: “Teño no maxín, a miña nai tiznan-do con carbón da cociña os veciños na hora de co-mer. Ela quince días antes da festa, xa comenzaba coas bromas, tamén tira-ba habilmente os petardos e botáballe a culpa aos do seu carón.

Lembro con morriña a praza chea de disfraces, capuchóns e máscaras que non paraban de bailar, a ritmo de gaita, bombo e tambor. Había xente céle-bre que tiraba caramelos, e ás veces moedas, onde os cativos facíamos caixa. Os mozos subían ás ca-sas tras das mozas, para tiznalas ou enfariñalas, e de paso “tocar algo”. Os pequenos buscábamos co-ciña ou adega para levar algo o dente, foi aquí, nes-tas datas, cando comenzou a entrarme no corpo, o vi-

rus do entroido”. M. Chita: Cal foi a pri-

meira parodia entroideira que fixeches ?

Fanfán: “Pois foi unha voda, onde a noiva ía con traxe blanco e o noivo con frac, montados nun carro cheo de sembras de pan, ca-brito asado e viño. Pasámo-lo en grande, comendo e be-bendo. Naqueles entroidos enchíase o bandullo, mellor que no Nadal.

Axiña, xurdiu a primeira carroza chamada “Siete ma-chos”, con antena e cámara de tv; fixemos tanto fume co carro, que non nos víamos entre nós. Despois saímos de bombeiros con escadas, cisterna e campás.

Formei parte de varias comisións e creamos diver-sos grupos célebres, como os recordados “Fona y sus muchachos”, “The Manitu-vacavoys”, “The Distripa-torrones”, e o mítico “Kas-calla o kan”. Case sempre, rematábamos no cuartelillo, por mor da retrógada men-talidade das autoridades da época, mais daquela, a xente metía presión e rebelábase con gritos de ‘soltádeos, sol-tádeos!” e axiña estábamos na rúa, tocando outra vez.

Aquelo si que eran entroi-dos, estaba prohibido todo, e desafiando os bandos do alcalde e gobernador, o ci-garrón saía con honra e as mascaras a bailar con aga-llas”.

M. Chita: Fixéches grandes carrozas recorda-das por todos, cal foi a que te marcou?

Fanfán: O “virus” foi medrando, e coa sempre fiel axuda do meu amigo “Xe-rardo Fernández” e como non, dos meus empregados, que aproveito para darlle as

grazas dende aquí, por tantas horas de batalla, e sempre a deshora, sen eles non sería posible dar o nivel.

Despois viñeron ”Cazador de recompensas”, “Vota al PUFO (partido unificado de foquis ordinarios), “O crimen do Bar Xardín”, “Turistas”, “Teatro de la ópera”, “Apo-lo-Kú”, “ A bruxa”, “Clínica Veterinaria”, “ Operación de corazón”,”Volcán”, “Alpa-barda cazada en la Pergui-za”, “Emir Jalifan”,”Fan-Fankestein”, “Búfalo-Fan”, “Corrida na alameda”, “Uni-dad móvil TV”, “Clínica dental el animal”, “Fanpol-vos-Fanpartos”, “FotoFan”, “Funeraria la alegría”, entre outras.

Na carroza de “Operación de corazón” tiven a ines-timable colaboración do ciruxián xefe do tinglado, “O Grolo”, que foi tío deste menda, e un dos que me pe-gou o viru”.

Tamén estivo conmigo “O Palmero”, xuntos fixemos a corrida da novilla na alame-da, un éxito, orella e rabo! E o crimen do bar Xardín, onde vendimos centos de coplas de cego, desvelando o crimen xamais contado; mais a ganancia non deu para cubrir os gastos de bo-cadillos e viño”.

M. Chita: Que votas de menos no entroido?

Fanfán: “Agora, tócame estar de espectador, e paseo polo entroido. Cando vou a praza ver o pregón, penso que iso non é o noso, non representa o entroido puro, no escenario sempre hai un fulano que apenas coñece as cousiñas de aquí, e por riba hai que pagarlle. Penso, que na vila, hai xente moi válida para ler un pregón de entroi-do coma é debido.

O que mais boto de menos é non poder entrar na praza coas carrozas, facer entroi-do onde hai que facelo, na nosa praza. Vexo moita xen-te, grandes orquestras, mais fáltame algo, fáltame en-troido, capuchón, máscaras, máis personaxes facendo comedia, iso é o que hai que ‘regar’.

Eu sempre me sentín que-rido polos meus veciños, tratei de pór un grao de área como moitos fixeron antes, para que este entroido me-drara e non fora a menos, por iso, coas miñas carrozas e cos números que mon-tei, trataba humildemente, de ‘regar’ as raíces deste fermoso entroido, para que medren e non sequen. Coi-do que se nos cortan a praza, a ilusión da xente esfúmase, e o virus do que che falaba antes, desaparece”.

M. Chita: Podes dicirme sinceramente que é o que mais che emociona do en-troido?

Fanfán: “O domingo gor-do, cando as pulsacións dos entroideiros están a tope, antes de estrear a carroza, e cando escoito esas chocas dos cigarróns impecables, pequenos e grandes. Nese momento é cando o virus sae a liberarse e non podo evitar a emoción, pero ao mesmo tempo, sei que esas bágoas fan que me sinta máis de aquí, e por suposto, síntome orgulloso entre tan-ta cor, sen esquecer con nos-talxia, aquel tempo pasado onde tanto disfrutei.

M. Chita: Podo decirlle algo para rematar?

Fanfán: Digame!M. Chita: Doulle as gra-

cias pola entrevista, e voste-de aínda non deu o derradei-ro golpe neste entroido, e como lle digo sempre que o vexo, a súa despedida será ‘a lo grande’, como se merece un dos grandes desta festa, porque o mellor dos premios é ter capacidade para arran-car o sorriso do pobo, que é quen premia ou condena, e non teña dúbida, de que vol-tará ferver o virus entroidei-ro, que percorre a súa alma, e que moitos de nós temos a sorte de poder contaxiarnos con gratitude. Gazas mestre e que viva o entroido!

Miguel A. Prieto “Chita”Xosé Ramón González Sola, “Fanfán”, (coa chaqueta branca) dando un pregón.

Page 27: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

27 OCIO E CULTURA

Desfile de comparsas o ano pasado en Allariz. /ARQUIVO

Redacción

A provincia prepárase para o Entroido. Moitos puntos da xeografía ouren-sá xa quentan motores para dar a benvida do Entroido �014.

LazaCo mesmo programa que

o ano pasado, Laza terá seis días de troula que comezará o xoves 27 de febreiro co xoves de comadres; noite dedicada ás mulleres na que algún home disfrazado cóa-se sempre. O venres �8 será o día da cea gastronómica no pavillón polideportivo, e onde se degustarán produ-tos típicos do Entroido.

O sábado 1 de marzo, fa-riñada pola tarde e cabrita-da pola noite para continuar coa festa.

O domingo � aparecen os peliqueiros en escea, e per-

A provincia prepárase para o Entroido4 Os días fortes serán a primeiros de marzo.

correrán, correndo, as rúas de Laza.

O luns � será o momento dos burros e das formigas; estas últimas lanzaranse aos presentes xunto con toxos e fariña.

O martes 4 rematarase a festa cos peliqueiros nova-mente como protagonistas. Xa pola tarde terá lugar o desfile de carrozas e lerase o testamento do burro, que é unha sátira sobre as cou-sas que pasaron desde o an-terior Entroido. Para rema-tar, queimarase o arangaño na praza da picota. Todo acompañado de charangas e orquestras durante todos os días.

MacedaEn Maceda, o Entroido

comeza o venres �1 coa fes-ta dos compadres. Darase o pregón a partir das �0:�0 horas na praza das Toldas

e como novidade, farase a primeira edición do porco untado, que se soltará e será para a persoa que logre co-llelo. Tamén haberá sorteo de agasallos e invítase a homes e mulleres a acudir disfrazados.

O xoves 27, de comadres, a festa inicíase ás �0 horas coa saída desde o Concello das comadres que, acompa-ñadas de animación musi-cal, desfilarán polo centro da vila, e tras cear nos res-taurantes de Maceda, conti-nuarán coa festa.

O sábado 1 de marzo é a primeira saída dos felos; xúntanse a partir das 9:�0 horas na praza das Toldas e percorrerán os pobos da serra de San Mamede; trala parada para xantar, segui-rán o seu percorrido pola tarde ata regresar ao punto de partida.

O domingo � volven saír os felos, ás 10 da mañá desde o restaurante A Di-lixencia con percorrido por outros núcleos do munici-pio. En cada unha destas saídas acostuman xuntarse máis de cen felos. O que diferencia esta máscara doutras da provincia é o caiado que levan e detalles dos bordados na chaqueta, pantalón, botas, medias e calcetíns.

O luns � haberá festa infantil no pavillón de de-portes ás 17.30 horas, e o

martes 4 gran desfile de carrozas e comparsas, que se inicia ás 17.30 horas na rúa das Canteiras. Os parti-cipantes poden anotarse ata media hora antes no punto de saída. Ás 9 da noite ha-berá entrega de premios e animación con orquestra.

O mércores 5 será o en-terro da sardiña ás �0 horas na praza das Toldas.

AllarizO luns � de marzo a par-

tir das 17 horas está pre-vista unha festa infantil no salón da Praza de Abastos; á noite (21.30h) celebrarase unha cachuchada. O martes

4 comeza ás 17.30h o des-file de comparsas desde a estrada de Xunqueira (á al-tura do CEIP Padre Feijoo) ata a praza de Abastos con baile e música a cargo dun dj e da batucada da Casa da Mocidade. As actividades deste Entroido rematarán o mércores 5 ás �0 horas no campo dos Brancos coa queima do meco.

CelanovaÁ espera da confirmación

oficial do programa do En-troido en Celanova (cando o concello organice unha comisión de festas) o sá-bado �� está prevista a cea

Os felos volverán ser protagonistas durante o Entroido de Maceda. /ARQUIVO

de mulleres nunha carpa na praza Maior; posteriormen-te pódeselle unir calquera persoa que se achegue dis-frazado de muller. O luns �, no pavillón de deportes ha-berá unha chocolatada para os nenos que vaian disfra-zados. O sábado 8 -sábado de piñata- levará ata Cela-nova a moitas carrozas que se disputarán os premios ás mellores comparsas, gru-pos, parellas e disfraces in-dividuais.

O luns e martes de Entroido son o 3 e 4 de marzo

A esquerda, desfile de Celanova o ano pasado; a dereita, cartel do Entroido de Laza.

Page 28: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

�8 BARRIOSFebreiro de �014

OCIO E CULTURA

O Concello de Xinzo anima a “meterse na tradición e gozar do espírito do entroido”4 Cun orzamento que rondará os 65.000 euros, esta edición estrea o oleiro de maiores e o entroido de mañá.P. Lodeiro

O Entroido máis madru-gador da provincia, o de Xinzo de Limia, arrincou o pasado 8 de febreiro co Petadarzo e non finalizará ata o 9 de marzo, Domin-go de Piñata, convertén-dose deste modo no ciclo festivo carnavaleiro máis longo da península Ibéri-ca.

Acompañado de mem-bros da comisión de festas, do alcalde e de varios con-celleiros da corporación, o edil de Cultura, Carlos Gómez, facía un “chama-mento” á xente “para que veña con ánimo de parti-cipar nunha festa tradicio-nal, a mterese na tradición e a gozar do espírito do entroido”.

Como novidades, neste �014 a organización apos-tou por potenciar o entroi-do de mañá, con máis cha-rangas a estas horas nas rúas de Xinzo, e creou o oleiro de maiores, no que participarán usuarios do centro de día e do centro sociocomunitario da vila. Neste caso, para que os maiores non se manquen, as olas serán prefabrica-das, non de barro.

As datasTras un Domingo Fare-

leiro pasado por auga que aínda así non desanimou aos máis festeiros, a troula continúa o 15 de febreiro co Colgamento do Meco (a partir das 19:�0 h des-de o barrio vello), data na que Xinzo recibirá a visita

do folión de Trives e botei-ros desta localidade. O 16 de febreiro será o Domin-go Oleiro (13 h e 17 h na praza Maior), o 17, o Oleiro de Maiores, o �� de febrei-ro a Noite de Mulleres, e o �� de febreiro o Domingo Corredoiro, con xuntanzas de pantallas ás 1�:�0 h na Praza Maior.

Durante a fin de semana grande, unha ducia de cha-rangas, a Agrupación Musi-cal da Limia e a banda de gaita da vila animarán as rúas e non cesará a activi-dade festiva. Así, o desfile infantil dos colexios da lo-calidade terá lugar na mañá do venres �8 de febreiro e nesa mesma data, pero pola tarde, os máis pequenos te-rán a súa festa infantil na praza Maior.

O festival da canción hu-morística chega á súa 32ª edición o Sábado de Entroi-

do (día 29) ás 19 h na praza de Oriente, e o momento que todos agardan, o gran desfile de carrozas e com-parsas, ‘colapsará’ de xente disfrazada o centro de Xin-zo na tarde do Martes de Entroido. “Desde o Villasa-na ata a avenida de Ouren-se non se anda”, apuntaba Carlos Gómez, sinalando que se limitará o tráfico nas avenidas principais de Xinzo e nas rúas dos viños durante a fin de semana de Entroido.

Para despedir os festexos dúas citas: a queima da sar-diña o mércores de cinza, a partir das �0 horas na praza Maior, e o Domingo de Pi-ñata, 9 de marzo, con xogos infantís na praza Maior pola

tarde e orquestras pola noi-te na praza Carlos Casares.

OrzamentoPara todo isto contan cun

orzamento que rondará os 65.000 anos, cifra similar a de anos anteriores. De-les, �5.000 corresponden a unha achega da Xunta de Galicia, achega que agra-decen desde o Concello de Xinzo, que pretende para o seu entroido a declaración de festa de interese turísti-co internacional. “´É un es-forzo moi grande do pobo e do concello”, resaltaba o técnico de Cultura, Alfon-so Carlos Lois. Na mesma liña, o concelleiro de Cultu-ra recordaba que o Entroido “non só é unha festa, senón

Membros da comisión de festas e o concelleiro de Cultura co cartel do En-troido./PAULA LODEIRO.

4 Apertura do Museo do Entroido, sen data

Por certo que a apertu-ra do Museo do Entroido non será nesta celebra-ción. “Será inaugurado nas mellores condicións posibles, non será unha mera exposición senón un museo vivo”, ex-plicaba Gómez, que se comprometía a que es-tivera aberto nesta lexis-latura.

O gran desfile de carrozas e comparsas ‘colapsará’ de xente disfrazada na tarde do Martes de Entroido

un recurso económico de primeira magnitude, un dos sustentos básicos da hoste-lería de Xinzo”.

O cartel anunciador do Entroido é obra da moza Laila Gómez, de Allariz, que gañou grazas aos �0 puntos da votación popular.

600 quilos de fariña se repartiron en Xinzo este pasado Domingo Fareleiro./BRAIS LOREN-ZO.

Page 29: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

�9OCIO E CULTURA

Redacción

Con moita animación nas rúas e prazas da vila , así se vivirá desde o �0 de febrei-ro ao 9 de marzo o Entroi-do de Verín. Unha Festa de Interese Turístico Nacional desde �009 que na edición deste ano homenaxeará ao “Xastre de Castro”.

A festa arrinca o �0 de febreiro. Xoves de Compa-dres. Tras cear nos restau-rantes da localidade, á me-dianoite os homes e mozos percorrerán as rúas de Verín ata a praza García Barbón, onde se celebrará o xuízo e queima do Maragato. Irán acompañados do Carro do Meco e da música da Banda de Gaitas de Verín e da cha-ranga Támega, para acabar a festa na praza ca Disco-Móvil Jorge.

Domingo de CorredoiroO domingo ��, a partir

das 11.�0 horas, terá lugar a tradicional concentra-ción de cigarróns na pra-za do Concello para, con posterioridade, recibir aos fregueses á saída de misa. Haberá música nas prazas

Maior e García Barbón, a cargo da charanga Támega, Disco-Móvil Gramola e da orquestra Sintonía de Vigo.

Xoves de ComadresO 27 de febreiro será unha

das datas de máis afluencia de entroideiros en Verín. D u r a n t e a mañá terá lugar o Desfile Infantil de Entroido, no que os máis pe-q u e n o s tomarán as rúas nun desfi-le ameni-zado pola Banda de Gaitas de Verín e as charangas CBD, So-lana, Ideal e Támega. Parti-rá do entroncamento da Ca-nella Cega coa estrada de Cabreiroá, e tras percorrer as rúas Deputación, Luis Espada e Lisa, finalizará nas prazas García Barbón e Maior.

Pola noite, as comadres encherán os restaurantes de vila, nos que cearán e baila-rán ao ritmo da música das charangas Támega, CBD, Fuego e Ideal. A media noi-te, no barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibi-rá a comitiva de Don Car-nal, que descenderá polo Camiño Real acompañado

Entroido de Verín, unha das celebracións máis ancestrais e participativas de Galicia4 Dende o �0 de febreiro ao 9 de marzo, as rúas e prazas da vila do Támega acolle-rán a celebración desta Festa de Interese Turístico Nacional.

da Banda de Gaitas de Ve-rín e do Folión de Carrace-delo. Centos de mulleres (e moitos homes disfrazados), percorrerán ás rúas máis céntricas de Verín. Despois do saúdo da Raíña e de Don Carnal, terá lugar a lectura do pregón que dará inicio o

Entroido � 0 1 4 , seguido da actua-ción da orques-tra Mar-b e l l a , que porá o broche á noi-te máis “ f e m i -nina” do Entroido verinés.

Venres de Com-

padreoComo nos últimos anos,

o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa o venres �8. A par-tir das 19 horas terá lugar a saída dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila, con para-das estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandu-llo. Irán acompañadas en todo momento de dous Ca-rros do Compadreo e das charangas CBD e Támega, e finalizará o percorrido na praza de Edesio Fuentes

coa tradicional queimada, a cargo dunha meiga e as súas druídas das Sábanas Blancas. A partir de media noite, haberá verbena nas prazas García Barbón e Maior co grupo Aché.

Sábado de EntroidoÁs 17 horas do 1 de

marzo sairá desde a praza do Concello a comitiva do Cigarrón cara á praza da Mercé, onde se celebrará unha homenaxe á figura de Francisco Añel ‘O Xastre de Castro’, e onde serán in-vestidos, por primeira vez, varios cigarróns. A conti-nuación, estes novos ciga-rróns investidos presidirán unha marcha cara á praza do Cigarrón, onde se home-naxeará aos cigarróns que por calquera mo-tivo non poden saír este Entroido. A banda sonora será a cargo das charangas Támega e Fuego, que ac-tuarán durante toda a xor-nada, Disco-Móvil Jorge e as actuacións da orquestra Claxxon e o grupo Triunfo.

Domingo de EntroidoO día grande do Entroido

en Verín comeza con descar-ga de foguetes para espertar a todos os entroideiros, se-guida da concentración de carrozas, comparsas, más-caras e cigarróns a mediodía no barrio de San Roque para o gran Desfile de Entroido. A Banda de Gaitas de Verín e as charangas Solana Fue-go, Ideal e Támega serán os encargados de acompañar o desfile, percorrendo as rúas Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e García

Barbón. Na sesión vesperti-na e nocturna, continuará a animación musical a cargo de charangas e; nas prazas Maior e García Barbón, ac-tuarán a orquestra París de Noia e o La Oca.

Luns FareleiroO día � de marzo a ani-

mación musical estará a cargo da charanga Támega. Pola tarde, haberá xogos in-fantís e inchábeis no Pavi-llón dos Deportes, onde os máis pequenos, que serán os protagonistas, deben ir disfrazados. Seguindo a tra-dición, Día da Farelada, con quilos e quilos de fariña, a Disco-Móvil Gramola nas prazas García Barbón e Maior, e a partir das 19 horas, baile e verbena popular

nas prazas

4 Inscrición de comparsas e carrozas

As comparsas e carro-zas interesadas en par-ticipar nos desfiles do Domingo e Martes de Entroido de Verín deben apuntarse na nova Ofici-na de Información Turís-tica de Verín ata o �1 de febreiro, ás 19:�0 horas.

O Sábado de Entroido, homenaxe a Francisco Añel, “O Xastre de Castro”

García Barbón e Maior con Charles-ton Big-Band e o grupo Alkar.

Martes de EntroidoÁs 17 horas, carrozas,

comparsas, máscaras e ci-garróns repetirán o perco-rrido do desfile do domin-go. Durante o día actuarán as charangas Solana, Ideal, Támega e CBD, o Folión do Tameirón e a Banda de Gaitas. A festa continuará, ata que o corpo aguante, nas prazas Maior e García Bar-bón coa actuación de Palla-dium e Garibaldi.

Page 30: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

�0 BARRIOSFebreiro de �014 ARTIGOS / AXENDA

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIAGalicia: gastronomía do mar e da terraExposicións

- Ata o 15 de febreiro - Exposición de oleos de Leonardo Vidal, fotogra-fías de Suso Godás, e car-teis Entroido 2014 - Ofici-na de Turismo de Verín

Concertos- 14 de febreiro - Con-

certo acústico do dúo Nico e Jenni - �� h - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía

- 15 de febreiro - Pre-sentación do libro-disco de Najla Shami - �1 h - Ta-pería Fío do Liño - Allariz

- 16 de febreiro - Con-certo da Escola de Música de Allariz - 18 h. - Casa da Cultura de Allariz

Teatro15 de febreiro - “Sede

de mal” - 19 h - Casa da Cultura de Allariz

FeirasAllariz - 15 de febreiro

e 1 de marzoBaltar - 8 de marzoBaños de Molgas - � de

marzoCalvos de Randín - � de

marzoCartelle - 4 e 18 marzoCelanova - os xovesCualedro - 18 de febrei-

ro e 5 de marzoMaceda - �0 de febreiro

4 de marzoA Merca - �6 de febreiroOimbra - 9 de marzoPaderne de Allariz - 13

de febreiroPorqueira - primeiro sá-

bado de marzoRairiz de Veiga - �� de

febreiroRamirás - terceiro do-

mingo de febreiroSandiás - primeiro do-

mingo de marzoSarreaus - 6 de marzoVerín - �� de febreiro, e

� e 11 de marzoVilar de Barrio - 9 de

marzoVilardevós - 7 de marzoXinzo de Limia - 27 de

febreiro e 4 de marzoXunqueira de Ambía -

�4 de febreiroXunqueira de Espada-

ñedo - 9 de marzoEntroido- Do 8 de febreiro ao 9

de marzo - Entroido en Xinzo

- Do �0 de febreiro ao 4 de marzo - Entroido en Verín

- Do �1 de febreiro ao 5 de marzo - Entroido en Maceda

- Do 27 de febreiro ao 4 de marzo - Entroido en Lazawww.mundourense.com

4AXENDA

A gastronomia é un dos principais recursos turís-ticos de Galicia. Existe unha grande variedade de produtos autóctonos e os pratos que se serven son auténticos manxares.

Un dos piares do pres-tixio da cociña galega ten sido o elevado profesio-nalismo dos seus cociñei-ros que actúan na Galicia e outros espallados polo mundo; os sabores do mar veñen de 1.�00 qui-lómetros de costa e de va-rios portos marítimos. A súa costa ten condicións excepcionais que alternan os acantilados máis altos do mundo e as augas plá-cidas das rías sen esque-cer a riqueza de nutrintes que predominan no Océa-no Atlántico, resultando nun ecosistema único que fornece os mercados máis esixentes.

Os froitos da terra son variadísimos, desde o pe-mento de Padrón, patacas de Bergatiños, pan de Cea, carnes de bovinos até aos queixos e embutidos de alta calidade. Aos portugueses gústanos atravesar a raia e vir degustar a empanada e o bo xamón. Os viños das cinco denominacións de orixe son moi apreciados, onde o seu consumo ten lu-gares sagrados, case únicos no mundo, as tan fascinan-tes “rúas dos viños”.

Mais aquí xorde unha es-pecie de bloqueo a esta for-te produción económica! Os consumidores séntense restrinxidos pola esaxerada lei do alcoholismo, en Es-paña, senón vexamos: en Portugal o límite máximo permitido de alcol no san-gue é significativamente máis alto ou sexa 0,5g/l e se fósemos á Gran Bretaña

é de 0,8g/l., en Francia e na Alemaña é 0,5g/l.

Creo plenamente que nos mozos até a idade de 30 anos, poida influír ex-cesivamente o consumo mesmo moderado, desa porcentaxe de alcol no san-gue.

Unha gran maioría con-sidera desaxustada esta si-tuación, pois implica gran-des cortes no consumo da gastronomia e na convi-vencia das rúas de viños e outros locais. É iso que constato, cando me des-prazo, como por exemplo, a festas gastronómicas que case todos os fins de se-mana se realizan por toda a España. Tamén con certa regularidade, aquí na miña “raia seca” desprázamoe á aldea de Medeiros, ao bar Salgado, para aí saborear, por exemplo, ese tan apre-ciado viño branco “Fragas

“Existe unha grande variedade de produtos autóctonos e os pratos que se serven son auténticos manxares”

4FIRMA INVITADA

Mentres Ourense está na UCI e con respiración asisitida dende hai varias décadas, os distintos go-bernos do PP na Xunta e na Deputación, respon-sables case únicos desta situación límite, cada cer-to tempo sacan da manga un Plan que anuncian a “bombo e platillo” como o remedio definitivo para todos os males da provin-cia.

O Plan de Desenvol-vemento da provincia de Ourense patrocinado pola Deputación hai máis de 10 anos, e o Plan Impul-sa elaborado pola Xun-ta vai para cinco, son só dous exemplos de Plans nos que as propostas de actuación que fan non se executaron, que os inves-timentos previstos non se levaron a cabo e que polo tanto a provincia non só non está nas mesmas con-dicións ca antes de pre-sentar eses plans, senón que está bastante peor,

Ourense non precisa máis planstanto desde o punto de vista económico como social.

Nos últimos días pre-sentáronnos un novo Plan, igual que nas anteriores ocasións presentado con todo “boato”, desta volta relacionado co termalis-mo e baixo a rimbomban-te denominación de Plan Estratéxico de Termalismo “Ourense é provincia ter-mal”, no que unha vez máis se propoñen unha serie de actuacións a levar a cabo e se prevé un investimento de 94 millóns de euros para os próximo anos.

Feita a presentación, aca-dado o minuto de gloria nos medios de comunicación neste caso ao igual que nos anteriores, o Plan métese nun caixón e a pensar no seguinte, mentres a provin-cia se segue desangrando e xa case non ten alento para seguir existindo como un espazo vivo no social, e di-námico no económico.

A historia é sempre a mes-ma: todo moi bo, moi boni-

to e moi abundante, pero sen ningún compromiso firme de investimento por parte das administracións responsables de executa-lo, nin tampouco de cando e por quen se van pór en marcha as distintas iniciati-vas que se propoñen; sim-plemente é un documento de boas intencións, cheo de lugares comúns, de propos-tas xa mil veces anunciadas e nunca executadas, que a consultora encargada da súa redacción, os verdadei-ros e únicos beneficiarios, recolle nun documento ben presentado para xustificar os seus cuantiosos honora-rios.

Non sei o que pensan o resto de cidadáns desta provincia, pero eu teño que manifestar que estou farto, farto de que nos tomen por tontos, día si e día tamén, e por iso pido que por favor non gasten o diñeiro públi-co en redactar máis plans.

O que temos que facer xa o sabemos todos, ou debe-

“A historia é sempre a mesma: todo moi bo, moi bonito, pero sen ningún compromiso firme de investimento”

do Lecer”.España, terra de gran-

des festas e bos viños na que os seus habitantes saben, como en ningún outro país, facerlle o cul-to. Por iso urxe que os cultivadores e as autori-dades responsábeis fagan unha reflexión sobre esta complexa temática. Será que vale a pena levar esta reflexión profunda ao máis alto nivel dos nosos gobernantes?

João Damião

riamos sabelo, sobre todo os que teñen responsabili-dades de goberno nas dis-tintas institucións dende hai máis de �0 anos, o que precisamos son investi-mentos reais e compro-miso coa nosa cidade e provincia.

Ou iso, ou deixala mo-rrer dunha vez por des-interese, por inanición… pero cando menos non gastemos máis cartos en que nos digan o que temos que facer se, polo que te-mos visto, non estamos dipostos a facelo.

Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en

Ourense de Compromi-so x Galicia

Saúda dos Felipes ao Entroido de

Verín 2014Ánimo carnavaleiros /as.Xa está aquí este ano o noso ENTROIDO,Con moitas GAÑAS DE FESTA.Como o vemos nósO vaso medio cheo, medio vacío.Os nosos veciños portu-gueses que nos acompañan Sempre din o mesmo“Blanco ou tinto ¡CHEIO! EAi eu a vin, eu a vin, eu a vin.Como era ENTROIDONON A COÑECÍNE NO CU TE PINTO UN LOROTE PINTO UN LOROQUIRIELEIXONAs nosas �6 FELISASTodas son iguaisNos CARNAVALESSe tapan a cara, se tapan a caraE ensinan os pésE se en BRASIL teñen SAMBAE en CADIZ CHIRIGO-TASEn VERÍN temos TETAS e PELOTASOs de LAZA teñen a MORENAOs de XINZO a PANTA-LLAEn VERÍN temos O CI-GARRÓNDANDO MOITA TRA-LLACancións anos 70 inter-pretadas Pola famosa orquestra KAS KALLA O CANE agora recuperadas por THE FELIPEIXONOS FELIPES CARNAVA-LEIROS,Desde fai moitos anos apoiando,Participando e facendo ENTROIDO.Quixéramos lembrar a TO-DOS os que Fixeron grande este EN-TROIDO.Pero como non collerían neste libroE olvidaríamos dalgúnCOMADRES E COMPA-DRESFaremos un brindis: POLOS QUE XA NON ESTANE POLOS QUE ESTÁN, QUE SON PRESENTE E FUTUROVIVA O MELLOR EN-TROIDO DO MUNDO!CARNAVAL DE VERÍN �014

4ENTROIDO

Page 31: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

�1CLASIFICADOS /SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz

Nº87 / 23- Ano: IX - Febreiro 2014 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 ��9 6�4.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 0��Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 41� 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 41� 460Hospital de Verín 988 41� 6�6Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 0�8Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 4�4 000Concello de Baltar 988 466 50�Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 88�Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 462 425Garda Civil 988 46� �61Estación de autobuses 988 460 �09Centro de saúde Xinzo 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada 988 460 258

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 4�0 000Concello de Maceda 988 46� 001Concello de Paderne de Allariz 988 293 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 291 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 0�1Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 4�0 ��1Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 46� 084Parada taxis Maceda 988 463 204 CEIP Padre Feixoo 988 440 825IES Allariz 988 440 0�6Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 4�1 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 49� 500Concello de Ramirás 988 491 5��Concello de Verea 988 4�0 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 4�1 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 725Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 482Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 902 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� �09 000Protección Civil 112Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

4TELÉFONOS DE INTERESE

[Se eres un particular, publica os teus

anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@

ourenseporbarrios.com]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087.Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) re-formado. � dormitorios, salón, cociña e baño. 72.000 euros. Tel: 629828647.Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), 22, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888.Vendo finca urbanizable de 1.500 m� en Amoeiro, bo pre-zo. Tel. 610 54 48 54.Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m� pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 �1 14.Vendo finca edificable para dúas casas a 1� km de Ourense e 5 minutos da autovía de Ce-lanova, bo prezo, tel. 617 925 873.Alúgase apartamento no cas-co antigo de Ourense por ��0 euros/mes, Tel. 637 00 59 10.Véndese casa con finca na es-trada de Santiago, tel 637 00 59 10.Vendo piso de 1�0 m� na praza das Mercedes (Ourense) a re-formar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880.Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 �4 60 96 e 664 11 80 65.Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, � dormito-rios, salón, � baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10.Alúgase café bar especial to-talmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 92.Alugo piso amoblado de 4 ha-bitacións, cociña, baño e salón comedor. Calefacción de gas cidade, �50 euros con comu-nidade incluída. Tel. 677 468 484.Alugo piso en Valdorreguei-ro, 4 habitacións, 275 euros mes. Tel. 687 21 12 18.Alugo habitación nun piso da Avenida de Santiago. Tel. 988 �1 �4 60.Alugo apartamento total-mente equipado na zona do Polvorín. Económico. Tel. 988 �1 �4 60.Alúgase praza para moto no garaxe do edificio Mercadona. Av. Santiago. Tel. 988 �1 �9 00.

VENDASVéndese dormitorio de madeira maciza de piñeiro composto por cama nido de 90x190 con caixóns, colchóns e somier de láminas, unha al-mofada, escritorio e estantería a xogo. Posibilidade de ven-derse por separado. Novo a estrear. Tel. 618 806 516.Cómpranse toda clase de obxectos e moble antigos. Tel. 988 �1 �� �4.Compro mobles e electrodo-mésticos de segunda man. Tel. 667 41 94 18,Vendo máquina coche-cor-tacéspede HONDA. �.500 euros. Tel.988 27 97 96.Véndese berce, bañeira e cadeira de bebé. Todo por �00 euros. Tel. 696 181 173Véndese Audi A6. Ano 1995. Sempre en garaxe e con gancho de remolque. 1.500 euros. Tel. 627 43 46 01.Vendo berce de viaxe plegable. Bo estado. Prezo 25 euros. Tel. 661 92 65 29 e 670 43 34 90.Vendo robot de cociña, batidora de pé, tostadora, e sandwicheira, a estrear. Tel. 6�0 88 00 �1.Vendo Mercedes 300, ano 79, re-pintado, 100.000 km. �.000 euros negociables. Tel. 610 �5 80 69.Vendo Audi A6, ano 95, diesel. Sempre en garaxe. 1.000 euros. Tel. 627 43 46 01.Vendo Citröen C15 Mixta, die-sel, ano 94. 1.200 euros. Tel. 627 4� 46 01.

EMPREGOOfrécese modista, para ten-das e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel: 686 03 49 76.Ofrécese mozo para todo tipo de traballos: limpeza de fincas, desescombros, poda e portes. Tel. 645 81 91 9�.Danse clases particulares. Ex-periencia. Tel. 653 768 357.Experiencia en botar car-tas exipcias. Consulta gratis. Chamar tardes. Tel. 988 �5 59 6�.Profesor, especializado en ma-temáticas, con �0 anos de expe-riencia imparte clases particulares (ESO, Bacharelato, Universida-de). Tel. 625 51 58 18.Impártense clases de linguaxe musical, educación auditiva, can-to e piano. Tel. 676 75 88 19.Soprano e pianista para vodas, audición en directo sen compro-miso. Tel. 676 75 88 19.Ofrécese albanel con experien-cia de �0 anos, para reformas ou calquera tipo de traballo de cons-trución, económico. Tel. 988 �5 59 6�.Experta en tarot exipcio fai lim-pezas de persoas, locais, consulta gratuíta. Tel. 988 �5 59 6�.

Page 32: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

Page 33: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

Número: 87- Ano: IX - Febreiro 2014- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DE MES Páx.2 CULTURA Páx.29VERíN Páx.3 VERíN Páx.4 PROVINCIA Páx.19

O 20 de febreiro arrinca o Entroido de Verín

10,8 millóns: o orzamento de 2014 do Concello de Verín

Temporais de récord causan numerosas incidencias

Viños de Monterrei reciben a distinción Gallaecia

Aprobado de xeito definitivo o PXOM de Monterrei

Xulgan o crime do chofer de Verín

Sentados no banco dos acusados: Dolores Álvarez, Ángeles Pousa, Ilidio Magalhaes e Alberto Vázquez./RAMSÉS

Toma de posesión da edil socialista

Remedios Rodríguez

[páx.20]

[páx. 3]

Page 34: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014

Page 35: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

Número: 23 - Ano: IX - Febreiro 2014 - Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ENTREVISTA Páx.14ALLARIZ Páx.12 OCIO Páx.27

Eva González, coordinadora do GDR-15 Avinza

O BNG propón semipeonalizar a rúa de San Roque

PROVINCIA Páx.19

A provincia prepárase para o Entroido: citas en Maceda, Allariz...

CELANOVA Páx.15

O conselleiro de Economía e Industria visitou o mercado celanovés xunto ao alcalde e a directora xeral de Comercio./M.REJO.

Entrevista a Quique Moreiras,

presidente de Arraianos

O Concello de Allariz amplía os vestiarios da piscina climatizada

Temporais de récord causan numerosas incidencias

Melloras na Praza de Abastos de Celanova [páx. 15]

[páx. 18]

Page 36: 12 Febreiro 2014 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �014