Upload
carmen-gomez
View
231
Download
3
Embed Size (px)
DESCRIPTION
POLA IGUALDADE 8 DE MARZO 2012
Citation preview
Os contos infantís contribúen a marcar
as diferenzas de xénero e reforzan os
estereotipos: muller débil, pasiva e
submisa, só preocupada pola estética, o
cal a converte en competidora e inimiga
respecto a outras mulleres, e por sa-
tisfacer os desexos masculinos; e home
heroico, valente, activo, dominador, que
conquista o amor da muller para relega-
la ao ámbito doméstico.
Exemplos: Brancaneves, Cincenta, A
Bela Durminte...
PERNICIOSOS CONTOS INFANTÍS
ACTIVIDADE
Que obxectivos ten na vida a Cincenta? E Brancaneves?
Por que se preocupa a madrasta da Cincenta?
Cales son as aspiracións das mulleres?
De que maneira define o físico ás personaxes femininas?
O AMOR ROMÁNTICO: INVENTO E CONDENA
Primeiro coas novelas, radionovelas e foto-
novelas románticas e agora coas revistas e
series literarias de éxito xuvenil coma
Crepúsculo, fenómeno de proxección global,
o amor converteuse nun produto de consu-
mo dirixido a adolescentes cuxo obxectivo
é a renuncia da vida por un amor que só
produce sufrimento. Ese sacrificio é para-
lelo ao sacrificio que lle esixen a familia e
a sociedade en xeral ás nais.
Recomendamos o ibro de Charo Altable,
Penélope o las trampas del amor, lectura
necesaria para identificar as trampas que
agocha o amor idealizado, produto de
mercado das industrias cinematográfica e
do libro xuvenil. Federico Moccia é outro
dos escritores deste xénero tan apreciado
polas adolescentes.
Neste enlace desmóntase o fenómeno de
Crepúsculo dunha maneira rigorosa: http://
www.educandoenigualdad.com/spip.php?
article130
ACTIVIDADES:
Analizar que mensaxes transmiten ás adolescentes as revistas
xuvenís.
Como enfocan o amor as mozas e os mozos?
Que esperan para o futuro? Que obxectivos perseguen?
A PUBLICIDADE VENDE ESTEREOTIPOS
A publicidade é un poderoso instrumento ao servizo dos estereotipos de
xénero. Dous tipos de mulleres protagonizan os anuncios: a muller coi-
dadora, ama de casa, preocupada pola limpeza, a alimentación e o be-
nestar da familia; e a muller obxecto, preocupada polo físico, por gus-
tar, obsesionada co paso do tempo, cunha identidade adquirida a través
da mirada masculina. A simplificación máxima: a muller sen desexo
sexual, decente e a muller pecadora.
ACTIVIDADES:
Analiza as profesións que se
adxudican a nenas e nenos.
Que tipos de xoguetes co-
rresponden a figuras femini-
nas e cales a masculinas?
Compara as actitudes de
homes e mulleres en produtos
de limpeza, cremas, colonias
e coches.
Describe as imaxes
Compara os valores que se asocian a cada imaxe.
OS MITOS E A PERVERSIDADE FEMININA
ACTIVIDADES:
Estas imaxes corresponden a
cinco mitos femininos: Pené-
lope, Eva, Pandora, Medusa e
Pandora, pescuda sobre a súa
orixe e significado.
Abrir un debate sobre o te-
ma e comparar coa realidade.
TRABALLAR ACTITUDES POSITIVAS NO ÁMBITO COMUNI-CATIVO: ENFRONTARSE Á FRUSTRACIÓN NA AULA
Aprender a dicir non: establecer grupos de dúas persoas e propoñer
unha cuestión para negar con argumentos. Identificar logo os argumentos
sólidos e as capacidades para negarse. Analizar as posicións de submi-
sión e agresividade e as consecuencias destas nas persoas implicadas.
Crear situacións comunicativas diferentes onde interaccionan persoas con
diferentes obxectivos (pedir de saír, discutir sobre un tema con postu-
ras enfrontadas). Asumir a frustración sen dramas e procurar fórmulas
para minimizar os danos. Habilitar diferentes solucións dende o respecto
á postura contraria. Fomentar as habilidades sociais a través do diálogo,
a reflexión e a argumentación.
SITUACIÓNS CONFLITIVAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NA MOCIDADE: A ANULACIÓN DA IDENTIDADE, A POSESIÓN
O control do móbil por parte da parella é un signo de perigo, traduce o
desexo de control sobre a parella, a dominación, a posesión.
Os celos, mitificados pola propaganda romántica, constitúen unha amea-
za da integridade das adolescentes pois son percibidos como mostras de
amor e non como unha patoloxía.
O control da vestimenta por parte dos mozos tamén é un signo de perigo
que debe ser abordado.
PELÍCULAS RECOMENDADAS
Las mujeres de verdad tienen curvas, de Patricia Car-
doso: a autoestima e a loita feminina.
Billy Elliot, de Stephen Daldry e Quiero ser
como Beckam, de Gurinde Chadham: rom-
pendo estereotipos e prexuízos.
Pequeña Miss Sunshine, de Jonathan Dayton e Valerie
Faris: aprender a ser muller a través do corpo.
LIBROS
Chicos y chicas en relación, de Juanjo Compaire, Paco
Abril y Miguel Salcedo
Penélope o las trampas del amor, de Charo Altable
TEXTO PARA COMENTAR
Unha das crenzas nas que se sustenta a violencia de xénero é que a muller é inferior ao home. Esta
falsa idea provoca, por extensión, a desvalorización inmediata de case todo o clasificado como feminino
fronte ao prestixio que acada o clasificado como masculino, só polo mero feito de selo. Non deixa de ser
curioso que actividades tradicionalmente exercidas por mulleres, como cociñar e coser, cando abandonan
o ámbito doméstico e se converten en profesións masculinas vexan incrementado o seu valor social, men-
tres que, pola contra, actividades tradicionalmente exercidas por homes perden prestixio cando se femi-
nizan, caso da lectura. Esta infravaloración do universo feminino impregna todas as estruturas sociais
(familia, institucións, medios de comunicación, ámbito educativo) contribuíndo á construción de identida-
des desiguais segundo o sexo. Esta desigualdade vai obstaculizar o proceso de formación de homes e mu-
lleres en persoa integrais, ademais de xerar frustracións.
Segundo o modelo social, os nenos deben ser fortes, duros, valentes, non deben chorar, deben ser ho-
mes feitos e dereitos. Calquera desviación do comportamento “macho” recibe unha sanción negativa: a
ameaza sobre a propia sexualidade, o temor a ser expulsado do grupo dos fortes. Os rapaces non deben
abrazarse nin bicarse, o que se espera deles é que se relacionen agresivamente, que compitan. Esta é a
norma da formación masculina, non o cariño ou a tenrura, que, entre varóns, son considerados como com-
portamentos inadecuados, propios do sexo feminino. Un home debe aprender a reprimir os sentimentos
por esixencia social se non será censurado e excluído do seu grupo. Manifestar sentimentos, chorar é
"cousa de mulleres", polo tanto, un comportamento indigno.
Segundo o modelo social, as mulleres deben ser sensibles, tenras, afectivas, débiles, pasivas, deben, non
hai máis que observar as revistas femininas xuvenís e a publicidade, preocuparse só do seu físico para
gustar e loitar contra as posibles competidoras. Pídeselles que renuncien aos estímulos profesionais e in-
telectuais e que destinen as súas enerxías ao éxito da parella e a familia. Que se convertan en mulleres
dependentes e submisas. Calquera desviación do comportamento "feminino", como mostrar características
dominantes ou despreocupación pola estética ou autoridade, será obxecto de crítica.
É unha necesidade urxente pór todos os medios a disposición da educación non sexista. A escola cos
seus mecanismos educadores ten o deber de facilitarlles a rapaces e rapazas a aprendizaxe de valores en
liberdade, valores afastados dos modelos de masculinidade e feminidade que limitan o desenvolvemento
pleno. Pero a escola debe estar apoiada polas outras institucións sociais, se non o que se constrúa nas au-
las será destruído fóra delas.
POEMAS 8 DE MARZO
ELA SÉNTESE A VECES…
Ela séntese a veces
como cousa olvidada
no rincón escuro da
casa
como froito devorado
dentro
polos paxaros rapaces,
como sombra sen rostro
e sen peso.
A súa presenza é apenas
vibración leve
no aire inmóbil.
Sente que a traspasan
as miradas
e que se volve néboa
entre os torpes brazos
que tentan circundala.
Quixera ser sequera
unha laranxa xugosa
na man dun neno
-non cortiza baleira-
unha imaxe que brilla
no espello
-non sombra que se esfuma-
e unha voz clara
-non pesado silencio-
algunha vez escoitada.
Alaide Foppa, poeta guatemalteca asasinada nos primeiros anos da década dos 80
As miñas devanceiras
mulleres domésticas, todas, precedidas polos bois
as que contratan a producción das operarias
as que ceiban esposos cegos alén dos mares
logo dirán AntaAntelaArcaArquiñaMedorra cousa
cando a todos nos desecaron a memoria
pendurados, eles, os oráculos, con pinzas de roupa de plástico translúcido de cores
das pólas das árbores
que me arrolan
que me arrolan
escrita
(cando a fala era creación)
creación das avoas
das trinta xeracións de nais que me precederon e falaron en galego
das trinta ou mais xeracións de nais que me precederon e falaron nunha lingua
extinta da que conservo ecos na memoria
e daquelasoutras, sen nome, erguendo a fala entre os seus cabelos
Antas
Avos de meu-Nosas
contrarquitectas Túmulos grandes laxes da Vida, da Morte
No Idioma
Ao igual que todas as mulleres que me precederon e encetaron o seu canto
nas vendimias ou nas segas, nas luminiscencias e cegadoras senras-como cobra
saltarina
como cobra-eu, a primeira entre todas elas que non sei cavar, nin segar, nin
vendimar,
quixera comunicar lingua, creación, praxe linguística: ESCRITA
Chus Pato
MUJER
Tatuada
con inscripciones misteriosas
que una mano de fuego
trazó por error
aquí estoy
yo, mujer,
que soy más cadáver que ninguno.
MUJER SOLA
La memoria es una tumba abierta
donde puedo enterrar
la piedad por mí misma,
mientras un felino se desliza
muy suave
por el aire de la alcoba
con la afilada garra
dispuesta a rasgar
sin rabia
a la mujer sola
que apenas está saliendo
de los filamentos del sueño.
Carmen Mª Matute
Madre
Mi madre no tuvo jardín
sino islas acantiladas
flotando, bajo el sol,
en sus corales delicados.
No huba una rama limpia
en su pupila sino muchos garrotes.
Qué tiempo aquel cuando corría, descalza,
sobre la cal de los orfelinatos
y no sabía reir
y podía siquiera mirar el horizonte.
Ella no tuvo el aposento del marfil,
ni la sala de mimbre,
ni el vitral silencioso del trópico.
Mi madre tuvo el canto y el pañuelo
para acunar la fe de mis entrañas,
para alzar su cabeza de reina desoída
y dejarnos sus manos, como piedras preciosas,
frente a los restos fríos de enemigo
Margarita Feliciano
Setembro leva aínda a dor que foi o parto,
os días de salitre baixo a chuvia do outono.
Unha muller e outra e tantas que non sei
cunha dor tan profunda nas rodeiras dos labios.4
NON É AMOR
Por que, nos contos que gardabas, eu era a devorada,
por que, na imaxe do amor puro, a moza estaba morta,
por que, no mito que teceches, urdiches o abandono,
por que, no afán de posuírme, cegaches os meus ollos.
Mírame agora que son silencio, eternidade,
mira o meu corpo branco, case azul na quietude,
son Ofelia de novo aboiando nas augas,
arrastrada na historia dun mundo á túa imaxe.
Ofelia case azul, xa para sempre muda,
inmóbil perfección de obxecto posuído.
Ergue a man, Ofelia, esa man que aínda leva
o sangue, a pel, a proba do delirio covarde.
Como se pode amar o camiño da morte,
como se pode amar o silencio do medo.
Que non, non é amor ese velo de sombra,
non, non é amor a negación do soño,
non, non é amor o desprezo estridente,
non, non é amor a voz que todo cala,
non pode ser amor esa ventá escura,
pois non, non é amor esa porta fechada.
Non te quero máis branca, nin azul, nin silencio,
non te quero aboiando nese río de sombra.
Érguete Ofelia, esperta e renega do conto,
non cegues os teus ollos, que o corpo che pertence,
renega dese mito que mata as túas entrañas,
renega do amor puro que te viste de morte.
Marta Dacosta