13
1 CATEDRAL DE SANTIAGO

A CATEDRAL DE SANTIAGO - edu.xunta.gal CATED…Santiago meteron a cabeza e o corpo do apóstolo nun saco perfumado e ... Compostela). O rei ástur mandou ... Ao redor do ano 1070 fixéronse

  • Upload
    buinhan

  • View
    213

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

1  

 

 

 

 

CATEDRAL 

DE 

SANTIAGO  

 

 

 

2  

O DESCUBRIMENTO DO SEPULCRO

A tradición conta que Santiago o Maior viaxou a Hispania entre os anos 33 e 44 d.C. Regresou a Palestina onde morreu degolado. Posteriormente os discípulos de Santiago meteron a cabeza e o corpo do apóstolo nun saco perfumado e trouxérono a Galicia. Todo isto non está acreditado historicamente.

Polo 813, en plena Reconquista (baixo o goberno de Afonso II, o Casto, no reino Ástur e baixo o de Carlomagno no Imperio Carolinxio), un ermitán, Paio, viu durante varias noites unhas luces estrañas sobrevoando unha fraga. Foi avisado o bispo de Iria Flavia, Teodomiro. Este descubriu un vello templo de pedra no medio dun arruinado cemiterio. O templo parecía da época romana, con dúas plantas. Segundo Teodomiro na parte inferior había tres sartegos cos corpos do apóstolo Santiago “o Maior” e os seus discípulos, Teodoro e Atanasio..

Afonso II dá conta do feito a Carlomagno e a nova propágase por toda Europa. Desta maneira a paraxe que ocupara un cemiterio da época romana pasa a ser coñecido como “Campo Stellae”, é dicir, “Campo da Estrela” (significado de Compostela). O rei ástur mandou erguer alí mesmo, ao carón do templo romano, unha pequena igrexa feita con materiais pobres. Alí ían chegar os primeiros peregrinos francos, normandos, bretóns, etc.

Con Afonso III ergueuse unha segunda igrexa de maiores proporcións. Consagrada no 899, empregáronse ricos materiais procedentes dos espolios feitos por Afonso III no Al-Ándalus.

O templo romano mantíñase en pé. Compostela seguía medrando debido, sobre todo o asentamento de estranxeiros e o desenvolvemento do comercio.

Nesta época tamén tivo lugar a chegada de Almanzor ( Al-Mansur), coñecido polos cristiáns como “o azote de Deus”, que cun poderoso exército arrasou a igrexa de Santiago. Aínda que levou para Córdoba (capital de Al-Ándalus) as campás,

3  

respectou a tomba do Apóstolo. A igrexa foi rapidamente reconstruída polo bispo Pedro de Mezonzo.

Ao redor do ano 1070 fixéronse os planos da catedral románica, xa que a igrexa anterior quedárase pequena. Debuxaron unha planta de grandes dimensións para acoller e impresionar aos peregrinos. Déronlle forma de cruz latina (símbolo de Xesucristo) e puxéronlle capelas absidais (as que sobresaen do templo) na cabeceira e no cruceiro, tres naves por brazo e unha fachada principal, a do Oeste, a que dá hoxe á Praza do Obradoiro, franqueada por dúas torres. A cidade era moi pequena e foi preciso derrubar muros e foxos defensivos para poder ir erguendo a catedral(non sería rematada ata o ano 1211).

A CATEDRAL ROMÁNICA

Iniciouse a súa construción no 1075 en tempos de Diego Peláez comezando pola cabeceira, a parte máis vella da catedral actual. Construíron tres das cinco capelas proxectadas; a do centro, de planta rectangular dedicada ao Salvador, e as outras dúas de planta semicircular dedicadas a San Pedro (mantense sen modificacións) e a de San Xoán, que sufriría algúns cambios. Nos espazos entre as capelas abriuse cadansúa porta e sobre elas unha ventá e un óculo. Entre a capela de S. Pedro e a do Salvador está a Porta Santa. Máis tarde construíronse as capelas de Santa Fé (aínda se conserva intacta), que é a segunda á esquerda, segundo se mira cara o Altar Maior; a da dereita, dedicada a San Andrés, desaparecería a finais do século XVII para construír a capela do Pilar.

4  

5  

O CRUCEIRO E OS PRIMEIROS TRAMOS DAS NAVES MAIORES

No ano 1101 o bispo Diego Xelmírez ordenou acelerar as obras da catedral e mandou derrubar a igrexa de Afonso III. Construíronse os brazos do cruceiro e os primeiros tramos das naves maiores, así como as dúas fachadas do cruceiro: A do Paraíso (sería substituída no século XVIII pola fachada actual) e a das Praterías que se conserva practicamente sen modificacións. As capelas absidais dos brazos do cruceiro fixéronse de contado para poder instalar nelas as reliquias de diversos santos.

Na intersección dos brazos da cruz érguese un alto ciborio de planta octogonal con altas ventás que iluminaban a catedral, que sufriría modificacións no século XIV e na época barroca.

AS PORTAS DO CRUCEIRO

As dúas fachadas estaban decoradas con esculturas que narraban pasaxes bíblicas exemplarizantes; os peregrinos debían quedar ben informados visualmente da doutrina católica. Na porta das Praterías Xelmírez celebraba xuízos todos os venres, tanto civís como eclesiásticos. A inscrición “Anfus Rex”, que leva unha das figuras da fachada, refírese a Afonso VII, rei de Galicia e coroado por Xelmírez na catedral. Durante o reinado de Afonso VII Portugal obtivo a independencia de Galicia.

Na porta norte, a do Paraíso, que era por onde entraban os peregrinos, narrábase a historia do xénero humano, a caída no pecado e a Redención(

figuras que representaban a creación de Adán e Eva, a súa expulsión do Paraíso…).

6  

Estas figuras están hoxe na porta da Pratería. Tamén, nesta porta norte, estaba representada unha lenda celta non relixiosa, a de Tristán e Isolda.

Na porta sur, a das Praterías, continuaba a narración co tema da Redención (tentacións de Xesús ou a súa Paixón). Tamén hai unha estatuíña dunha muller

que colle no seu colo unha caveira e que foi identificada como unha muller adúltera condenada a bicar dúas veces ao día o cranio do seu amante, degolado polo seu home. Este programa continuou despois na porta oeste, cando foi rematada co tema do Xuízo final e a Gloria. O peregrino que chegara a percorrer ben atento as tres

portas quedaba informado adecuadamente da doutrina.

A IMPORTANCIA DO MESTRE MATEO.O PÓRTICO DA GLORIA

No 1168 e, grazas ao orzamento real, o mestre Mateo puido continuar as obras.

Para poder prolongar os dous tramos finais do brazo maior (cara ao oeste) había que salvar un desnivel no terreo de varios metros. Para resolvelo construíu na parte baixa do terreo unha cripta ou capela con piares e bóvedas suficientemente robustos como para soportaren os dous tramos das naves maiores e a fachada oeste da catedral. Esta cripta foi dedicada a Santiago Alfeo, o apóstolo máis novo.

Na fachada do oeste, a do actual Obradoiro, erguéronse tamén dúas robustas torres de planta cadrada que podían ser usadas como defensa en caso de guerra. Na actualidade estas torres forman a base dos campanarios barrocos. Entre as torres construíuse unha fachada cun enorme rosetón que iluminaba as naves.

7  

O PÓRTICO DA GLORIA

A expresividade e o movemento das figuras do Pórtico, que semellan falar entre elas, fan que sexa a obra acabada da arte románica. Estas figuras dan inicio a arte gótica.

A portada do Pórtico da Gloria componse de tres arcadas, a central con tímpano e as laterais sen el. O conxunto representa o “final dos tempos”. Hai máis de duascentas figuras dispostas ao longo dos tres arcos e nos seus apoios.

A arcada central está dividida por un parteluz, que un piar situado no medio das portas de grandes dimensións para axudar a soportar o tímpano. No parteluz aparecen, de abaixo arriba, unha figura dun home loitando con dous leóns ( esa figura pode representar a Hércules ou Adán), a árbore de Xesé, símbolo da vida de Cristo, a Trinidade, Santiago nunha serenísima actitude e as Tentacións de Cristo.

Na arquivolta están os vintecatro anciáns do Apocalipse que afinan os seus instrumentos musicais.

No tímpano aparece Cristo resucitado no centro amosando as chagas das mans e rodeado polos catro evanxeistas cos seus símbolos: Xoán coa aguia, Mateo co anxo, Lucas co touro e Marcos co león. Aos lados están os anxos cos atributos da Paixón: a columna, a cruz, a coroa con espiños, a lanza e os escravos, o xerro e a sentencia, o flaxelo, a cana coa esponxa e a cartela con INRI. Para os piares da dereita e esquerda fixádevos no debuxo. Só unha aclaración: na columna , debaixo de San Paulo, represéntase a Resurrección dos mortos, e debaixo de Isaías represéntase o sacrificio de Isaac.

8  

9  

A arcada da esquerda representa o pobo xudeu agardando pola chegada de Cristo no Limbo dos Xustos. Na arquivolta exterior aparecen reis e patriarcas do Antigo Testamento. Na arquivolta interior está Xesús no Limbo dos Xustos, entre Adán e Eva e outras figuras do pobo hebreo. Nas columnas hai catro profetas. Esta parte do Pórtico comunícase coa central por medio duns anxos que conducen aos xustos á Gloria, representada no tímpano da arcada central.

Na arcada da dereita represéntase o Xuízo Final ao que serán sometidos todos, segundo a Biblia. No centro do arco están os rostros de Cristo e do arcanxo San Miguel, á dereita os condenados e á esquerda os xustos cos anxos. Os xustos están representados por nenos.

O INTERIOR DA CATEDRAL

O interior da catedral compostelá é románico. A planta é de cruz latina con tres naves en cada brazo. Na cabeceira hai un amplo deambulatorio para facilitar o acceso dos peregrinos ás reliquias do Apóstolo. A este deambulatorio dan as cinco capelas radiais, a central dedicada ao Salvador. As naves centrais están cubertas por bóvedas de canón sobre arcos peraltados.

A bóveda do deambulatorio é de aresta cruzada e as das naves laterais de aresta simple. A iluminación do cruceiro débese á luz do ciborio.

As grandes presións do edificio son contrarrestadas no alto por unha tribuna que percorre o templo, mesmo ao redor do deambulatorio. Polo exterior os muros descargan nos contrafortes unidos que enmarcan as xanelas.

A de Santiago pertence ao grupo das chamadas igrexas de peregrinación, como as de San Martiño de Tours, San Marcial de Limoges, Santa Fé de Conques e San Senin de Toulouse. Todas pertencen a unha mesma época e a un mesmo ideal construtivo.

10  

O arcebispado Pedro Muñiz consagrou a catedral no 1211. No altar maior situouse a imaxe de Santiago, labrada no primeiro cuarto do século XIII, hoxe cuberta cunha esclavina de prata.

MÁIS COUSAS

O Panteón Real

Estaba situado no cruceiro norte, na que hoxe é capela de Santa Catarina. Anos máis tarde o Panteón dos reis galegos sería trasladado á actual capelas das Reliquias. As estatuas funerarias son de Reimundo de Borgoña( o que casou con Dona Urruca e foi pai de Afonso VII), a raíña dona Berenguela, muller de Afonso VII, os reis Fernando II e Afonso IX. A de Xoana de Castro é do S. XIV.

O Claustro gótico

En 1240-50 construíuse o claustro da catedral, máis pequeno que o actual (construído no Renacemento). Para a súa realización o arcebispo Xelmírez deixara no seu testamento un rabaño de vacas leiteiras.

A principios do século XIV o arcebispo Berenguel fortifica a catedral e manda levantar unha torre defensiva que hoxe é a base á torre do Reloxo ( estilo barroco)

Claustro renacentista

A mediados do século XVI, o bispo Alonso III de Fonseca mandou construír o claustro actual no lugar do vello (realizado no século XIII é de estilo gótico), pero de maiores proporcións e con aspecto de palacio. Para construílo houbo que derrubar as casas de madeira e as tendas que se agrupaban arredor do claustro vello.

O claustro renacentista ten tres fachadas, a das Praterías construída en 1540;

a da actual rúa de Fonseca, que é como un muro de contención de gran altura,

construído en 1566; e a da actual praza do Obradoiro, cunha galería de columnas

na parte superior acabada en 1614

A fachada das Praterías é a dun palacio. Os muros están decorados con escudos e medallóns de reis, arcebispos e persoeiros varios. No segundo andar hai dos escudos, o imperial de España e o do Cabildo. No terceiro hai varios medallóns con pasaxes da vida de Cristo e un coa imaxe da Virxe co Neno. No baixo están as tendas dos prateiros.

Na esquina entre a praza das Praterías e a fachada que dá a actual Fonseca érguese a exótica torre do Tesouro.

11  

O Botafumeiro

Este incensario xa funcionaba na Idade Media e penduraba naquela época dunhas trabes de madeira cruzadas no ciborio que estorbaban o paso da luz.

O novo mecanismo foi deseñado polo mestre Celma nunhas ferrerías biscaíñas. En cambio, o botafumeiro mudou a súa forma ao longo dos séculos.Os primeiros nos estaban cubertos e desprendían perigosamente as brasas sobre as cabezas dos peregrinos.

12  

O OBRADOIRO

A fachada do Obradoiro é a culminación da arte barroca galega ( á que corresponde o actual ciborio)I. As obras iniciáronse en 1738 e rematáronse en 1750, morto xa Fernando de Casas, o arquitecto que dirixiu esas reformas barrocas. A fachada é unha combinación de pedra e vidro. Remata todo o conxunto coa imaxe de Santiago Peregrino, custodiado polos seus discípulos. As torres que flanquean a fachada foron engrandecidas sobre as antigas torres medievais. A torre das Campás, a dereita, segundo se mira desde o Obradoiro, foi elevada por Peña de

Toro antes de construírse a fachada barroca. A torre da Carraca, á da esquerda,

fíxoa Fernando de Casa igual á das Campás para manter a simetría.

A torre do Reloxio

Situada entre a praza da Quintana e a Porta das Praterías. A

metade inferior é medieval. A metade superior, barroca, construída por Domingo de Andrade en 1676 está constituída por varios corpos decrecentes decorados con formas vexetais e motivos xacobeos, As esquinas que rodean os reloxos están custodiados por catro torretas con cúpulas. Na torre do Reloxo está a campá coñecida como Berenguela, famosa polo seu son grave e estrondoso.

13  

A Porta Santa

Por detrás da catedral constrúese un muro que cobre toda a cabeceira. Para acceder á vella Porta Santa ábrese unha entrada no muro deseñada polo mesmo que proxecta a Torre do Reloxo. Adórnase aproveitando 24 estatuíñas feitas no taller do mestre Mateo para o coro pétreo do interior da catedral.

Como remate desta porta colócanse tres esculturas de Pedro del Campo; a maior, de Santiago, no centro, e as dos lados son dos discípulos Teodoro e Atanasio. Esta porta só se abre os ANOS SANTOS.

As ilustracións están extraídas dun monográfico publicado pola FUNDACIÓN CAIXA GALICIA no ano 2000 e editado pola NOSA TERRA. ISBN 84-89231-65-6