4
A crítica literaria no século XIX: Pardo Bazán e Curros Carme Hermida Formas de citación recomendadas 1 | Por referencia a esta publicación electrónica* Hermida, Carme (2011 [1988]). “a crítica literaria no século XiX: Pardo Bazán e Curros”. Dorna: 13, 101-104. reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/193>. 2 | Por referencia á publicación orixinal Hermida, Carme (1988). “a crítica literaria no século XiX: Pardo Bazán e Curros”. Dorna: 13, 101-104. © O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou editores orixinais. * Edición dispoñíbel desde o 25 de xaneiro de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) arquivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucio- nais de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións pertinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira alternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a colaboración de autores e editores.

A crítica literaria no século XIX: Pardo Bazán e Curros ... · "E, d'a gorxa que ser debería Tallada n'un cepo, A pauliña saíu qu'escomulga 6 insine eolombo y-ó gran Galileo"

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A crítica literaria no século XIX: Pardo Bazán e Curros ... · "E, d'a gorxa que ser debería Tallada n'un cepo, A pauliña saíu qu'escomulga 6 insine eolombo y-ó gran Galileo"

A crítica literaria no século XIX: Pardo Bazán e Curros

Carme Hermida

Formas de citación recomendadas

1 | Por referencia a esta publicación electrónica*Hermida, Carme (2011 [1988]). “a crítica literaria no século XiX: Pardo

Bazán e Curros”. Dorna: 13, 101-104. reedición en poesiagalega.org.Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura.<http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/193>.

2 | Por referencia á publicación orixinal

Hermida, Carme (1988). “a crítica literaria no século XiX: Pardo Bazáne Curros”. Dorna: 13, 101-104.

© O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou

editores orixinais.

* Edición dispoñíbel desde o 25 de xaneiro de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes:

1) arquivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucio-

nais de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións

pertinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira

alternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre

este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen

a colaboración de autores e editores.

Page 2: A crítica literaria no século XIX: Pardo Bazán e Curros ... · "E, d'a gorxa que ser debería Tallada n'un cepo, A pauliña saíu qu'escomulga 6 insine eolombo y-ó gran Galileo"

o estudio exhaustivo do que foi oséculo XIX en Galicia, polo descoñece­mento que sobre el existe, pode propor­cionarlle a un estudioso do tema gratassorpresas. Despois de examinar moi su­perficialmente un reducido número derevistas e xornais da época, que dei real­mente abraiada pala grande cantidadede material neles achado, hoxe practica­mente descoñecidos polos investigado­res da nasa lingua e literatura. É certoque, no campo da Linguística, os traba­Has publicados daquela carecen de inte­rese científico, entre outras causas por­que están fóra de época e o que neles sedi só tería sentido no Renacemento ouno Barroco doutras culturas; pero tam­pouco é menos certo que, pala penuriaque caracteriza á nasa lingua, este mate­rial ten un indubidable valor. No tocan­te á investiga,ción da Literatura, ou parafalar con propiedade á Crítica Literaria,os traballos do XIX teñen unha valora­ción netamente diferente.

Se en calquera momento é intere­sante coñecer nava bibliografía sobre osnosos escritores, neste caso ese intereseestá máis motiva{lp aínda, porque se tra­ta de coñece-Ia opinión que os críticosda época teñen sobre os seus contempo­ráneos e tamén, porque este coñece­mento nos pode aportar algúns datossobre a recepción que tivo a obra dosdistintos autores. Polo exposto, e

A CRíTICA LITERARIA NO SÉCULO XIX:PARDO BAZÁN E CURROS

Carme Hermida

porque coidamos que calquera estudio­so ou amante da literatura galega podesentir curiosidade por este material, de­cidímonos a dar a coñecer algún s des testraballos, fundamentalmente aquelesque tratan sobre a obra dos escritoreshoxe máis coñecidos: Curros, Rosalía,Pondal, Lamas, etc.

Emilia Pardo Bazán, ilustre escri­tora en español, realizou algúns valiosostraballos de crítica sobre autores e obrasgalegas, a meirande parte recolleitos novolume De mi tierra (1). De entre os queaquí aparecen destaca o discurso pro­nunciado no Liceo de Artesanos da Co­ruña no ano 1885 (2). La poesía regionalgallega, no que fai un percorrido pala li­teratura galega do momento, con espe­cial mención a Rosalía, compara o Re­xurdimento galego coa Renaixen<;a ca­talana e fai unha pequen a reseña dapoesía medieval galego-portuguesa.Son tamén de suliñar aqueles onde seexamina a obra ata entón publicada dedistintos autores coma Lamas Carvajal(3), Pondal (4), Losada (5), etc.

Con todo, a obra crítica sobre a lite­ratura galega da Pardo Bazán é máisampla cós artigos recollidos na colectá­nea citada. Nas revistas da época, e es­pecialmente na Revista de Galicia (6) daCoruña, que ela dirixía, apareceron ou­tras artigos sobre o mesmo tema, hoxepracticamente descoñecidos.

(1) PARDO BAZAN, E., De mi tierra, Xerais, Vigo, 1984.

(2) Ibidem, páx. 13-49.

(3) Ibidem, páx. 51-65.

(4) Ibidem, páx. 67-81.

(5) Ibidem, páx. 83-97.

(6) Esta revista foi publicada na Coruña no ano 1880 e coñecémoslle 20 números.

101

Page 3: A crítica literaria no século XIX: Pardo Bazán e Curros ... · "E, d'a gorxa que ser debería Tallada n'un cepo, A pauliña saíu qu'escomulga 6 insine eolombo y-ó gran Galileo"

Un destes traballos é o aparecidono número 13 da Revista de Galicia (7),baixo o título de "Aires da miña terra",e que ten a particularidade de falar so­bre a obra de Curros, cousa que non farádespois nas súas colectáneas, non sendoa pequena pincelada que sobre ela dá noartigo antes citado da Poesía regionalgallega.

A calificación global da obra de Cu­rros exprésaa a autora nas liñas finais doartigo, onde afirma que Aires da miñaterra "es un libro que tiene lunares de losque no agracian, lastimosamente con­fundidos con bellezas de las que noabundan" (p. 183). Esta conclusión finalfai referencia ós dous apartados nosque se pode clasifica-la poesía de Cu­rros, a costumista e a político-social.Para a autora as manchas ou "lunares"son as da poesía político-social e asbelezas corresponden á poesía costu­mista. A evidente diferencia existenteentre estes dous tipos de poesía, reflé­xanse noutros momentos do traballocon máis dureza.

"el tomo del Sr. Curros recuerda,por la diversidad de sensacionesque produce, esos jardines de es­tación de línea férrea donde,cabe la florida y concertada varie­dad de pl~~tas, están negrosmontones de escorias y resíduosimpuros de hornilla, y por encimapasan caliginosas nubes dehumo" (p. 181)

Tan notable é a discordancia entre unspoemas e outros que parecería máis ló­xico, en lugar de apareceren todos xun­tos nun só volume, "dos, titulado el unoColección de poesías gallegas y rotuladoel outro Colección de poesías político­sociales" (p. 181).

A boa poesía é, para Dona Emilia,unha perfecta conxunción de dous fac­tores elementais á hora de facer literatu­ra, o coñecemento da realidade mostra­da e a súa expresión formal. A grandevirtude de Curros, na súa faceta costu­mista, é saber conxugar á perfección es­tes dous factores; porque non só sabe"rimar gratamente ( ... ), sinó porquesabe oír y repetir el himno misteriosoque entonan las cosas todas de la tierra,pero que, según antiguo privilegio, sóloIQspoetas verdaderos aciertan á tradu­cir al humano lenguaje" (p. 181). "A Vi­rxe de Cristal", "Ay", "As cartas", sonun bo exemplo das cualidades poéticasdo ourensán, pero este bo· facer lite­rario desaparece misteriosamente can­do se trata de poesía social:

"En suma, si á elogiar fuese, ten­dría que elogiar casi con el mismoentusiasmo cuantas composicio­nes no políticas encierra el tomo"(p. 182).

A valoración negativa que se fai dascomposición s político-sociais non apa­rece xustificada pala súa calidade; enningún momento da crítica se nos di queó falar da situación socio-política dopais, se estea malinterpretando a reali­dade ou que non se saiba codificar for­malmente. SÓ se menciona o descensoda calidade pero sen debulla-Ias razón sque o causan. Estes poemas revelan,para a autora, "bien á las claras cuantodesciende el talento si se pone al serviciode la ciega pasión política" (p. 182).

A descalificación está xustificadaprincipalmente por dous feitos, un errohistórico e unha incoherencia manifestaentre a ideoloxía e algunhas ideas expre­sadas nalgúns poemas. O erro históricoaparece na poesía a "Igresa fría":

(7) PARDO BAZÁN, E., "Aires da miña terra", Revista de Galicia, nO13, A Coruña, 10 de xullo 1880, pp. 181-183.Nas citas literais da autora, para non repetir notas innecesarias, xa se indica ó lado a páxina da que están tomadas.

103

Page 4: A crítica literaria no século XIX: Pardo Bazán e Curros ... · "E, d'a gorxa que ser debería Tallada n'un cepo, A pauliña saíu qu'escomulga 6 insine eolombo y-ó gran Galileo"

"E, d'a gorxa que ser deberíaTallada n'un cepo,A pauliña saíu qu'escomulga6 insine eolombo y-ó gran Galileo" (8).

A falsidade das excomunions de Colón ede Galileo serve para sementa-Ia idea deque Curros é un terxiversador que pre­tende "vaciar en el molde de sus ideas lahistoria" (p. 183).

Outro dos factores que contribúená descalificación da poesía social é, ómodo de ver da autora, a intransixenciaque se manifesta nalgúns poemas e quenon coincide co calificativo, que elamesma lle aplica, de demócrata. A com­posición "Mirand'o chau" é un bo exem­plo do que acabamos de dicir porque "elSr. Curros (H') no transije ni con quenadie goce del derecho de ir en peregri­nación á Roma" (p. 182).

En definitiva, a poesía político-so­cial de Curros non merece unha boaconsideración porque nin o xénero esco­llido para facer denuncia social é o máisapropiado nin as ideas que destas poe­sías se desprenden son aceptables para asociedade do momento:

"Es la segunda personalidad delSr. Curros la de un demócrata im­presionado ( ... ) que dice en versolo que en prosa temería proclamarpor miedo a la sonrisilla escépticaque ef'desengañado último terciodel siglo XIX vá adoptando como,miedo -tal vez el más eficaz- decombatir utopias que al tomarcuerpo realizándose, á nadie aca­so espantáran tanto como á suspadres y patrocinadores" (p. 181).

Antes de rematar, e como unha cu­riosidade, queremos menciona-la sutilretranca que a autora emprega para bur­larse do desexo expresado por Curros

de que o galego se convirta no idiomauniversal:

"Dando que el gallego llegue áser nada ménos que idioma únicodel universo, gran porveniraguarda a estas desaliñadas lí­neas, donde críticamente se exa­mina ( ... ) uno de los primerosmonumentos del famoso univer­sal idioma. Pero ¿qué van á decircuando lo sepan el ilustre trova­dor Víctor Balaguer y los catala­nistas ... ? (p. 182).

Esta crítica de Dona Emilia PardoBazán, tan someramente resumida, pe­mítenos reflexionar sobre dous factoresimportantes, sobre os que calquera críti­co debería pararse ó realiza-lo seu la­bor. Un deles é a diferente considera­ción con que unha obra é'xulgada segun­do a época na que se examina. Os con­temporáneos de Curros admiraron máisnel a súa vea costumista (aínda que estaafirmación tería que ser contrastada conmáis datos dos que posuímos) cá súa fa­ceta de poeta social. Na actualidade,aínda que se lle recoñezan os méritosdas poesías costumistas, se Curros é unpersonaxe senlleiro dentro das nosas le­tras é pala súa poesía de compromisopolítico-social. O segundo factor tenque ver coa ideoloxía, a do crítico e a daobra ou do seu autor. Como se puidoobservar, a valoración que Pardo Bazánfai da poesía social de Curros está total­mente condicionada pala súa ideoloxía,totalmente aposta á do autor analizado.Con isto non queremos dicir que un crí­tico debe ter uns posicionamentos ideo­lóxicos neutros, senón todo o contrario,pero á hora de realiza-lo seu traballo de­bería ter en conta que unha obra de arte,independentemente da ideoloxía quenela se expresa, ten que ser valoradacomo tal e non en función daquela.

:

(8) CURROS ENIÚQUEZ. M,. Aires d'a miña lerra, Ourense, 1880, páx. 104.

104