Upload
others
View
8
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
A MENSAXE DO MAR
Ola a todos e todas!
O 5 de xuño, celébrase o día mundial do Medio Ambiente. Neste día tan importante para o planeta, quero compartir con vós estes fermosos poemas de Poemar o mar, escritos por Antonio García Teijeiro. Espero que os desfrutedes!
https://www.youtube.com/watch?v=o7gsctZnx_U&t=9s
Agora, tenta resolver as preguntas de comprensión a partir do vídeo que viches, na túa libreta de galego ou ben nun folio. Copia a data e o título deste documento (arriba de todo)
PREGUNTAS:
1. De que tratan os poemas?
2. Que relación teñen co medio ambiente?
3. Cal foi o que máis che gusto?
4. Que outros libros coñeces de Antonio García Teijeiro?
5. Cres que é importante coidar do mar e non contaminar? Por que?
Para responder esta pregunta, redacta un pequeno texto de opinión, empregando as expresións e os conectores que levamos practicando nos últimos meses. Por exemplo:
• * Na miña opinión………
• Coido que……… Creo que……… Penso que…………
• Porén……… Pero…….. Mais……….
• En primeiro lugar…….. Tamén………. Asimesmo…….. Ademáis……
6. Imaxina que temos unha caixa máxica que nos permite enviarlle unha resposta ao mar. Que mensaxe che gustaría enviarlle? Escríbea!
NOTA: Por favor, envía as respostas ao correo de Aurora
Se queres escoitar máis poemas recitados polo propio autor, preme aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=Gf-ss5M7IWs&t=233s
Feliz día mundial do Medio Ambiente!