24
Revista do Cluster da Madeira de Galicia Segundo semestre do 2012

Albura 12/2012

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Segundo semestre do 2012

Citation preview

Page 1: Albura 12/2012

Revista do Cluster da Madeira de GaliciaSegundo semestre do 2012

Page 2: Albura 12/2012

Revista Albura

2

Edita: Cluster da Madeira de Galicia

Santiago de Compostela, decembro 2012

Page 3: Albura 12/2012

3

Revista Albura

Sumario

1. Editorial 5

2. Reportaxe: Imre Makovecz 6

3. Entrevista Premio Juana de Vega 8

4. Reportaxe social 10

5. Reportaxe: Fibra de Madeira 11

6. Miradas sobre a industria da madeira 12

7. Casos de éxito: Molduras del Noroeste 14

8. Novas CMA 16

9. O recuncho do asociado 18

10. Reflexións do asociado 19

11. Axudas e subvencións 20

12. Feiras 21

Page 4: Albura 12/2012

4

Revista AlburaRevista Albura

Page 5: Albura 12/2012

5

Chegamos ao final dun ano que resultou tremendamente duro para as nosas empre-sas. Moitos dos mercados nos que desenrolamos a actividade das nosas empresas caen, desaparecen ou perden solvencia e fanse arriscados. Acadar financiación para recursos mínimos convértese en misión imposible. As institucións sen recursos e a Administración sen capacidade de investimento plantexan un escenario sen transac-cións de mercadorías e bens. Levamos con esta tendencia catro anos, o que nos obriga a reflexionar na idea de que non podemos esperar o fin da crise, simplemente, porque como a xuízo dotros moitos, creo que non o ten. É dicir, non vai cambiar dando un volco do negro ao branco, senón que se dirixirá a mellores tempos dunha maneira e inercia marcada pola capacidade de reacción de toda a sociedade.

As empresas somos parte fundamental da cadea social na recuperación económica pero temos que ter claro o momento no que nos atopamos; debemos tomalo como un punto de partida ou, en moitos casos, nun voltar a comenzar. A realidade é crua. Por iso obriga a facer un esforzo en deixar a un lado o pesimismo e adoptar a actitude que a case todos de vós converteuvos en emprendedores dende as vosas orixes. Que vos situou na senda da mellora empresarial e na adaptación aos mercados e novos modelos de comercio.

A proactividade, clave para superar estes temposAlfredo Rodríguez, Presidente do CMA

Editorial

Revista AlburaRevista Albura

Nestes momentos é cando nos temos que valer do coñecemento e a experiencia con miras a reubicarnos. E que mellor foro que o CMA para buscar posibles siner-xias, intercambio de ideas ou colaboracións que aporten valor aos nosos proxectos aínda que non nos aporten o 100% das solucións aos nosos problemas. As portas están abertas aos socios e a novos socios para participar activamente no CMA. Ése debería ser o leitmotiv dun Cluster, máis alá dunha entidade puramente patronal.

No senso patronal e en nome da Xunta Directiva do CMA, quero poñer de manifesto o apoio e colaboración cos grandes temas do sector que defende Confemadera- Galicia, quen está a loitar por movementos necesarios para reconducir a mermada competitividade da base do noso sector forestal, así como da loita por unha repre-sentatividade digna da importancia que ten o gran sector da cadea da Madeira para a sociedade e a economía galega e, a miúdo, tan pouco recoñecida.

Como sabedes, dende a Dirección do CMA fixemos esforzos para adaptarnos ao novo contexto económico. Un deles é a unión da nosa entidade ao AT Cluster Espa-zo Compostela nas instalacións de Feuga (Campus Vida) xunto a 7 clusters galegos máis: Naval, Audiovisual, TICs, Biotecnoloxía, Alimentación, Loxística e Saúde, aos que se incorporarán outros nos próximos meses. Ademais do aforro de custos que supón esta unión nun mesmo espazo físico, este feito permitirá compartir sinerxias entre os diferentes clusters e ser máis competitivos. Neste sentido, o conselleiro de Economía e Industria fixo un apoio público aos clusters por considerar que son “motores dinamizadores da economía”. Éste é o camiño a seguir, buscar novas alternativas que nos permitan medrar.

Outra boa nova que nos deixa o 2012 foi a renovación no rexistro especial de Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria Turismo e Comercio. Como sabedes, esta calificación facilitará o desenvolvemento de novos proxectos de innovación dentro do Sector ao ter acceso ao financiamento do Plan Nacional de I+D+i e aos Fondos Tecnolóxicos reservados para as AEI.

Levamos anos demostrando que somos unha entidade activa, formada por empre-sas vivas que traballan por dar riqueza e emprego a Galicia. Éste debe continuar sendo o noso obxectivo. Ímos superar a actual situación de crise e o faremos, como sempre, actuando de maneira proactiva. Signo disto, son as accións que se levarán a cabo desde o eido do CMA nos próximos meses como as xornadas online Mee-ting Point Lignum que contarán coa participación, entre outros, do Premio Nacional de Arquitectura César Portela, ou as Xornadas de Rehabilitación, proxectadas para o mes de marzo, coa colaboración do Consorcio de Santiago de Compostela.

Deixamos atrás este 2012 coa certeza de ter entregado o máximo esforzo e re-cibimos o ano 2013 coa ilusión, esperanza e ambición que caracterizan a todas as empresas que forman parte do CMA. Aproveito este espazo para desexarvos a toda a familia que forma parte do Cluster unhas felices festas e un ano novo cheo de éxitos e boas novas.

Page 6: Albura 12/2012

Reportaxe

Homenaxe a Imre Makovecz, creador da arquitectura orgánica húngara

O arquitecto húngaro Imre Makovecz, fundador e presidente da Adacemia Húngara das Artes, Doutor Honoris Causa por universi-dades de varios países e en posesión das máis altas distincións do seu país, falecía este ano deixando o seu legado máis prezado: a súa obra.

Makovecz defendeu sempre a súa teoría de que os edificios de-ben ser construídos como se medraran da terra, uníndose á pai-saxe. As súas obras caracterízanse pola utilización da madeira en todas as súas vertentes.

Xunto aos pavillóns de liñas esenciais, como o de Xapón ou Fin-landia, a Expo´92 destacou por edificios emblemáticos entre os que se atopaban o pavillón de Hungría, a obra máis carismática de Imre Makovecz.

Trátase dun edificio con estrutura de madeira e teito de piza-rra, diversas alusións a tipoloxías construtivas históricas, unha fachada barroca e outra de ecos eslavos, referencias directas ao mundo animal e un interior cruzado por dous muros parlantes que sostiñan, por riba da cuberta, sete torres.

Cando se realizou a obra, Maovecz xa era unha celebridade no seu país, onde estaba considerado fundador e máximo expoñente da arquitectura orgánica. Makovecz manifestábase mediante unha linguaxe arquitectónica complexa que iba máis alá da xeometría euclidiana e configuraban un peculiar e intransferible sistema ex-presivo, a súa propia intersección entre pasado e futuro.

A pesar da época que lle tocou vivir, el sempre manifestouse con plena liberdade, aplicando en cada caso con claves particulares a súa idea de que os edificios deben ser construídos como se medraran da terra para fundirse na paisaxe.

6

Revista Albura

Makovecz defendeu sempre a súa teoría de

que os edificios deben ser construídos como se medraran

da terra, uníndose á paisaxe

Page 7: Albura 12/2012

Revista Albura

7

Pavillón de Hungría da Expo´92

Trátase dunha obra singular, de fabricación totalmente artesa-nal, construída en madeira laminada encolada non industrializa-da, con elementos construtivos de diversidade formal, realizados e ensamblados na propia obra sen o predominio da liña recta. No seu aspecto exterior, asemella a unha igrexa rural húngara na que se alzan sete torres con campás de bronce.

O interior está configurado como armazón que lembra o ventre dunha balea ou dun barco, resolto mediante a mezcla de madeira laminada encolada de formas redondeadas e elementos rectos talados en madeira aserrada.

Divídise en dous sectores perfectamente diferenciados: un espa-zo diáfano onde aínda se conserva o roble traído das riberas do río Danubio e outra, onde se ubicaban os contidos expositivos.

O edificio foi restaurado no ano 2001, baixo a supervisión do arquitecto Enrique Morales para Museo da Enerxía Viva, un pe-queno complexo destinado a ensinar como se pode vivir coa na-tureza aforrando enerxía e conservando o entorno.

Pavillón de Hungría deseñado por Imre Makovecz

As súas obras caracterízanse pola ulitización da madeira en todas as súas vertentes

7

Page 8: Albura 12/2012

Revista Albura

8 Entrevista Premio Juana de Vega

A Fundación Juana de Vega convocaba este ano a novena edición dos premios que levan o seu nome, para seleccionar a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación rematada en Galicia o pasado ano.

Este premio, que se enmarca dentro das actividades da Escola Galega da Paisaxe que promove esta entidade, ten por obxectivo apoiar a mellora da calidade paisaxística nos espazos non urbanos, caracteri-zados en Galicia por unha gran dispersión de vivendas.

Nesta edición, o galardoado foi Jesús Conde García polo seu proxecto para a rehabilitación da vivenda situada no número 6 da rúa Bonaval, en Santiago de Compostela.

O xurado, presidido polo decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Jorge Duarte, destacou que é un exemplo de integra-ción da arquitectura de deseño nos cascos históricos.

O autor da obra, concédenos unha entrevista para coñecer en profun-didade este proxecto, así como a súa visión sobre o sector.

1.-Que intervencións tivo que realizar na obra premiada?O proxecto actúa sobre unha estreita parcela gótica. O entende-mento do tipo arquitectónico e as lóxicas construtivas que conleva, permitíronnos intervir con criterios absolutamente contemporáneos –respectando a normativa que o plan especial do conxunto histórico establece para este tipo de edificios- sempre dende a convicción de que o proxecto, aínda cando se trate dunha rehabilitación, debe ser considerado unha unidade, un sistema coherente, tanto no seu pen-samento e concepción como na súa formalización final. A tradición ben entendida debe ser considerada como unha evolución tecnolóxi-ca, que innova e progresa dende a compresión dos criterios constru-tivos que o pasado nos ensina.

Realizouse un vaciado total da vivenda conservando os muros exte-riores de mampostería, os ocos –fiestras e portas- da fachada prin-cipal e unha pequena “lareira” de cantería na primeira planta. Polo tanto, a obra supuxo unha completa reestruturación, tanto interior como exterior, modificando tamén sustancialmente o patio traseiro exterior. Este patio, convértese no espazo ao que se “abre” a casa e dá sentido á organización interior, o que supuxo un cambio total da fachada traseira coa apertura de grandes ocos e ao novo xardín e o deseño dunha nova galería.

2.-Cales foron os materiais empregados?A materialización do proxecto xurde do diálogo entre os tres ma-teriais básicos na construción do casco histórico: pedra, madeira e ferro. Sempre dende unha visión arquitectónica contemporánea que valora o rigor construtivo da tradición, pero que incorpora aquelas melloras que o extraordinario desenvolvemento tecnolóxi-co actual propicia.

A estes materiais básicos, súmanse outros que en moitos casos veñen determinados pola normativa do plan especial e polo carácter da pai-saxe urbana: a tella como cubrición, o vidro en fiestras e lucernarios, o zinc en remates, morteros de cal en fachadas, etc. Na elección de illamentos, pinturas e barnices optouse por produtos naturais ou fabricados con criterios de reciclaxe.

A madeira tivo un gran protagonismo no deseño. Toda a estrutura in-terior é de castaño. As carpintarías exteriores son de cedro e os solos e falsos teitos son de tarima de castaño.

“A madeira é un material óptimo para empregar en rehabilitación pero, tamén, en obra nova”

Jesús Conde, gañador do Premio Juana de Vega:

“A industria da madeira e os seus derivados teñen

un gran futuro se se aposta por unhas explotacións

sensibles co mediambiente

“Recibir o recoñecemento da Fundación Juana de Vega pola rehabilitación dunha pequena casa é unha satisfacción increíble”

Page 9: Albura 12/2012

9

Revista Albura

3.-Como valora o uso da madeira en rehabilitación?A madeira é un gran material de construción. Existen infinidade de variedades con moi distintas características, tanto estéticas como mecánicas ou de comportamento, o que permite o seu uso en situa-cións moi diferentes. Por outro lado, se se explota dunha maneira racional, é un material “ecolóxico”, favorece o mantemento e con-servación de superficies arboladas e é un dos poucos materiais cuxas reservas non están tasadas, posto que se poden rexenerar. Ademais, non produce residuos e é reciclable. Trátase dun material “vivo” que, como o viño, madura cos anos polo que ten un bo envellecemento.

Obviamente, para a rehabilitación é un material fundamental xa que, tradicionalmente, empregouse en moitos elementos construti-vos das edificacións dos conxuntos históricos. Tamén ten a vantaxe dunha gran lixereza en relación coa súa resistencia. Na actualidade, as novas técnicas de preparación e tratamento da madeira fan que as súas prestacións melloren polo que, dende todos os puntos de vista, é un material óptimo para ser empregado en rehabilitación pero, tamén, en obra nova.

4.-Ante a coxuntura actual do mercado, cre que o futuro da Arquitectura pasa pola rehabilitación?Non hai dúbida que ter edificacións construídas en desuso, infrautilizadas ou en estado de deterioro non é razonable nin dende un punto de vista eco-nómico, nin dende unha óptica de protección do patrimonio cultural. Por iso, creo que a rehabilitación, a reurbanización, a mellora e optimización das nosas cidades, en xeral, é un dos retos que a arquitectura ten por dian-te. A arquitectura sempre se formulou para dar solucións espaciais a proble-mas concretos; se cambian as preguntas, teñen que cambiar as respostas.

5.-Que se debería mellorar no sector da madeira para que os clientes finais e, incluso os arquitectos, confíen nela como material de futuro?Aínda que se avanzou moito nos últimos anos, hai que continuar incidindo nunha serie de aspectos: certificación do material en canto á proceden-cia, criterios de explotación, tratamentos recibidos, características técni-cas (resistencia, dureza, contido de humidade, durabilidade, idoneidade para determinados usos…), asesoramento aos arquitectos e deseñadores á hora de escoller unha determinada madeira e orientar o deseño, infor-mación ao usuario das vantaxes da madeira fronte a outros materiais.

Cómpre romper algúns tópicos como que a madeira é menos duradei-ra que outros materiais, que non ten un bo comportamento ante o fogo o que o seu cálculo é menos exacto, etc.

Non hai dúbida que en Galicia temos unhas condicións excelentes para a produción forestal. Así que a industria da madeira e os seus derivados teñen un gran futuro se se aposta por unhas explotacións sensibles co medioambiente que permitan diversificar as especies empregadas e recuperar os nosos bosques autóctonos.

6.-Como valora o recoñecemento recibido por parte da Fundación Juana de Vega?A Fundación Juana de vega está a realizar un labor encomiable na defensa e posta en valor da paisaxe e da arquitectura. A convocatoria deste premio é só unha das súas moitas iniciativas e cómpre felicitala por iso. Que un xurado tan cualificado seleccionase, entre obras de gran calidade, a rehabilitación desta pequena casa é unha satisfacción increíble. Agradezo moitísimo este premio, foi unha gran alegría.

“A rehabilitación, reurbanización, a mellora e optimización das

nosas cidades, é un dos retos que a arquitectura ten por diante

9

Fotografías de Héctor Santos-Díaz

Page 10: Albura 12/2012

Revista Albura

10 Reportaxe social

O contacto coa natureza diminúe o estrés nos nenos

A imposibilidade de dar unha resposta axeitada ás esixencias dia-rias provoca nos máis pequenos estados de ansiedade. Segundo o libro, “Natureza e benestar infantil”, impulsado pola Fundación As Salgueiras e que recolle o estudo liderado por José Antonio Corraliza, sociólogo e catedrático de Psicoloxía, e Silvia Collado, psícologa, da Universidade de Madrid, vivir e estudar en contorno naturais é un factor protector deste estado dos nenos.

Un bo paseo polo campo, unha mañá nunha Praia tranquila ou unha excursión pola montaña son un excelente antídoto para que os nenos sufran menos tensión, provocada por situacións agobiantes que lles causan reaccións psicosomáticas ou trastornos psicolóxicos. Desfrutar da natureza permite rebaixar o nivel de estrés na poboación infantil.

Escolas próximas á naturezaPara a realización deste estudo, os autores avaliaron diversas esco-las, segundo estiveran máis cerca ou lonxe da natureza. Deste estudo concluíuse que os nenos que pasan suficiente tempo en plena nature-za, desenvolven máis sentimientos positivos e están máis relaxados.

Ademais, quen mostraban máis estrés eran os nenos que acudían a unha escola cunha natureza cercana baixa, mentres que quen amosaban me-nos tensión eran os alumnos dos colexios cunha natureza cercana moi alta. É dicir, canto máis natureza existe, menos nivel de estrés detéctase nos nenos. Outro dato destacable deste estudo é que a cercanía da na-tureza é un factor moi importante nos nenos que son máis vulnerables.

Beneficios da naturezaDurante anos, numerosas investigacións sinalan que vivir lonxe da natureza ten consecuencias negativas para a saúde mental e física. Esto coñécese como “síndrome de déficit da natureza”. A ausencia ou escasa presenza da natureza afecta ao rendimento cognitivo dos nenos. Desfrutar da cercanía da natureza fai sentirse máis libres e os diagnósticos de déficit de atención crónico melloran os seus síntomas.

Tensión e cidadeSegundo un estudo publicado na revista Nature, científicos alemáns e canadienses identificaron un patrón de activación cerebral ante estados de tensión que unicamente se atopan nas persoas que viven nas grandes cidades.

O estrés é un dos máis importantes factores que precipitan o desenvolvemento de trastornos como a ansiedade, a depresión e, incluso, a esquizofrenia.

A pesar de que os autores deste estudo admiten que as hormonas su-fren unha transformación como consecuencia da vida na cidade, re-coñecen tamén que atoparon unha relación entre vivir nun ambiente urbano e alto grao de estrés, pero non unha asociación causa-efecto.

A cercanía coa natureza protexe de maneira especial aos nenos que son máis vulnerables ao estrés

Revista Albura

“Libro Naturaleza y bienestar infantil” da Fundación As Salgueiras

Page 11: Albura 12/2012

11

Revista Albura

Reportaxe: Fibra de madeira

Novas aplicacións descoñecidas da madeira:Proxecto ‘Greenmotion’

O “Proxecto Greenmotion” é un proxecto que se está a desenvolver conxuntamente polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), o Centro Tecnolóxico da Madeira (CIS-MADEIRA) xunto co Pólo de Engenharía de Polímeros (PIEP) de Portugal, e conta co apoio da EU que co-financia as actividades con fondos FEDER.

Este proxecto ten como obxetivo principal impulsar o uso de mate-riais de baixo impacto ambiental no sector do automóbil, en Galicia e Norte de Portugal. Ademais, conta cunha plataforma virtual que proporcionará ás empresas interesadas, toda a información sobre os materiais ecolóxicos que poderían usarse en automoción para promo-ver así a súa incorporación nos vehículos.

Entre estes materiais cabe destacar os “compostos de madeira - plás-tico”, denominados “wood plastic composites (WPC)” que son unha serie de novos produtos innovadores que naceron froito da investiga-ción e traballo conxunto entre varios sectores.

Hoxe en día os gobernos promoven cada vez máis a redución de emi-sións ao medio ambiente, por iso a industria céntrase en investigar e crear materiais novos que sexan máis ecolóxicos. Estes produtos, como é o caso do WPC, tamén supoñen unha oportunidade para as industrias xa que, neste caso, estes compostos están realiza-dos con plástico e residuos de madeira. Tras varios estudos estase a comprobar que os resultados que se obteñen coa incorporación destes compostos no sector da automoción están botando uns datos moi positivos. A incorporación de reforzos de fibra de madeiras aos plásticos, permite reducir o contido de derivados petroquímicos en mezcla e diminuír o peso, sen limitar as prestacións técnicas do material. Polo tanto produtos como o WPC son o futuro, a madeira pode ter aplicacións que ata o de agora eran pouco explotadas e pode ser unha alternativa para o sector forestal.

11

Revista Albura

Page 12: Albura 12/2012

Revista Albura

12

Celestino García Braña, decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) dende 2005 ata o ano 2011, presidiu con éxito a cuar-ta edición do Congreso Internacional Patorreb, no que se amosaron os últimos avances en canto a estratexias para a rehabilitación e métodos para diagnosticar as patoloxías dos inmobles.

O Cluster da Madeira de Galicia, a través de Lignum Facile, atópase ás por-tas da celebración das primeiras Xornadas de Rehabilitación en Madeira. Ninguén mellor que Celestino García Braña para ofrecernos a súa visión so-bre a situación actual que está a atravesar a arquitectura e os retos futuros.

1.- Como se atopa, na actualidade, a situación da Arquitec-tura galega?Paréceme que hai que contestar en dous planos. Un deles, debe re-ferirse a súa calidade; neste aspecto a miña valoración é positiva. Ademais dun bo conxunto de arquitectos cuxa calidade está sufi-cientemente contrastada e é ben valorada en toda España, estamos a asistir a unha proliferación de arquitectos mozos cuxa produción alcanza cotas moi encomiables: gañan concursos, publican e, sobre todo, abordan o seu traballo cun gran sentido da responsabilidade. Supoño que a existencia da Escola de Arquitectura de A Coruña ten moito que ver nesto. No terreo profesional, a situación é dramática…

2.- Como está a afectar a crise no sector?A construción é practicamente inexistente, non só no que afecta aos arquitectos e outros técnicos, senón en todas as actividades que se re-lacionan coa edificación. Todas as noticias que se dan co sector insisten, unha e outra vez, nun progresivo deterioro que acada dimensións moi alarmantes e sen indicadores da súa recuperación. Estou convencido que esta situación prolongarase aínda certo tempo. Canto? Creo que con coñecemento de causa, ninguén está en condicións de respondelo. Esto agrava a xa penosa realidade que leva aos arquitectos e as empresas a buscar traballo noutras latitudes, coa conseguinte perda do patrimonio de coñecementos acadados e a inseguridade persoal que isto acarrea.

3.- Por onde pasa o futuro desta disciplina?Hoxe por hoxe, en buscar novos ámbitos de exercicio profesional. Isto é fácil de dicir pero difícil de concretar. En todo caso, os arqui-tectos adquirimos un tipo de formación que ademais de centrarse na edificación, está aberta a outro tipo de de actividades: planeamento, paisaxe, asesoramentos, iniciativas empresariais, deseño nas súas di-versas variantes… No terreo máis concreto, todo o sector e a socie-dade mesma debemos asumir que a rehabilitación preséntase como unha oportunidade e unha necesidade. O vello hábito de centrarse na obra nova non ten apenas futuro. Orientarse nesta dirección é unha posible saída que implica ao pequeno tecido industrial.

Miradas sobre a industria da madeira

“A rehabilitación preséntase como unha oportunidade e unha necesidade”

“O futuro da arquitectura pasa por buscar novos

ámbitos de exercicio profesional

“Os arquitectos valoramos cada vez máis a madeira polos seus atractivos específicos”

Celestino García Braña:

Page 13: Albura 12/2012

13

Revista Albura

4.- Estamos preparados en Galicia para traballar no campo da rehabilitación?Dende logo. Isto non quita que sexa necesario profundizar nos coñe-cementos específicos que esto supón.

5.- En que liñas se debería traballar?Dende o propio sector da construción poñendo a punto os coñece-mentos oportunos, dende o técnicos aos empresariais, adecuándose as súas esixencias concretas. Esixe unha decidida aposta de conxunto para esa actividade específica.

Entendo que neste ámbito cómpre un impulso dende as administra-cións autónomica e municipal, incentivando esta actividade e faci-litando as xestións que implica. A axilización administrativa é indis-pensable en todos os ámbitos, pero quizais dun modo especial neste, hai demasiadas incertidumbres, prazos de xestión demasiado longos e eso tende a retraer as iniciativas que poidan formularse. Esta cues-tión esixe un gran sentido da oportunidade e da responsabilidade; o tempo é hoxe un factor económico de primeira magnitude.

Engadiría que a rehabilitación xa non pode entenderse como unha serie de actuacións puntuais, senón que debe formularse a nivel de cidade. É o que se entende como “rehabilitación masiva”. Sig-nificaría a dignificación do patrimonio construído, dos seus valores históricos e económicos, da súa adecuación á nova socioloxía fami-liar, aforros importantes no solo, rendabilidade das infraestruturas urbanas e un largo etcétera.

6.- Que percepción cre que hai das empresas de madeira galegas?Teño a impresión que non son ben coñecidas aínda que é unha cues-tión a superar, posto que hai empresas moi valiosas e están a facer unha tarefa investigadora importante e poden coadxuvar no desen-volvemento forestal galego, pechando un ciclo produtivo e engadindo valor a esta produción.

7. Cre que a sociedade xa concibe a madeira como un mate-rial de futuro? É consciente das súas características naturais ou aínda existe un certo recelo a empregarse este material?Por parte dos arquitectos non existe ningún recelo, ao contrario, paréceme que valoramos este material cada vez máis. Todo ma-terial ten atractivos específicos e a madeira, pola súa condición natural, pola súa gran presenza nos edificios do pasado, xunto coas súas texturas, coloracións e, ata olor, comunica unha proximidade e un atractivo moi singulares.

A súa utilización sistemática en “todos os tempos” está impresa na nosa memoria de maneira moi singular, o que fai dela un material moi cercano e apetecible. Sobre a madeira pesa un certo esquecemento en tempos recentes a favor de materiais máis “modernos”, algo que, afortunadamente, se está a superar.

8.- En que dirección deberían traballar conxuntamente os arquitectos e as empresas de madeira?O arquitecto debe estar moi próximo e moi familiarizado cos ma-teriais que emprega. A. Aalto dicía que el non empregaba xamais un material que non estivera suficientemente experimentado. É un signo de sabiduría moi loable. Sinala tamén unha liña de traballo: coñecer a fondo as súas características, as súas posibilidades téc-nicas, a especificidade de cada unha delas, que son moi diversas segundo as súas especies e, tamén, na experimentación e o coñece-mento dos seus rendementos.

Hai unha investigación necesaria en canto as súas posibilidades de emprego que se refire a súa expresividade, superando miradas an-quilosadas. Retorno outra vez a A. Aalto, á súa prudencia á hora de empregar os materiais que non lle impediu experimentar novas for-malizacións da madeira. Aquí hai un campo moi interesante para o traballo conxunto entre as empresas da madeira e os arquitectos, empregando as posibilidades tecnolóxicas existentes, capaces de do-tar á madeira de novas capacidades expresivas, tal e como recentes procedementos veñen aportando.

“Cómpre un impulso desde as administacións autonómica e municipal

para incentivar a rehabilitación, facilitando as xestións que implica

13

Page 14: Albura 12/2012

Casos de éxito: Molduras del Noroeste

Revista Albura

14

Molduras del Noroeste é una empresa fundada no ano 1972 dedicada á fabricación de revestimentos de madeira. A súa política inclúe un compromiso de todo o seu persoal coa calidade total, o respecto ao Medio Ambiente, e á Innovación. Froitos deste compromiso son os cer-tificados do seu Sistema Integrado de Calidade e Xestión Ambiental, así como os numerosos proxectos de I+D certificados que se materializan na saída ao mercado de novos produtos. Os seus revestimentos e tari-mas teñen Marcado CE, e Molduras ten, así mesmo, certificada a Cadea de Custodia PEFC, que demostra que os seus produtos son fabricados con madeira procedente de bosques con xestión sostible.

Dende hai tres anos, Molduras intensificou a súa aposta por merca-dos exteriores. Anteriormente, vendían a súa gama de produtos ao mercado nacional e a Portugal. A gama de produtos de Molduras del Noroeste, divídese en 4 grandes grupos:

� Revestimentos en madeira maciza para interior con produtos para paredes, teitos e solos. Trátase dunha gama formada por frisos e tarimas en diferentes madeiras (abeto, pino, pino silvestre, sapelly, iroko, tea…), acabados (natural, vernizado e tintado) e medidas. As marcas que integran esta gama son Frisonoble, Natura Color, Friso-lar e a gama ignífuga.

� Revestimentos en madeira maciza tratados para exterior inte-grada por fachadas e solos en diferentes madeiras.

� Listonaxe en diferentes madeiras e medidas.

� Complementos en madeira maciza que integran cantoneiras, cornisas, rodapés… en diferentes madeiras e acabados.

Na actualidade, a cifra de ventas en mercados exteriores da com-pañía ronda o 10% da facturación centrándose, principalmente, en Portugal e Francia.

Decidida aposta polos mercados exteriores

Page 15: Albura 12/2012

Revista AlburaRevista Albura

15

A principal actividade que realiza en materia de comercio exterior consiste na búsqueda de axentes comerciais independentes que re-presenten o seu produto neses mercados. Actualmente, Molduras del Noroeste dispón de axente en Francia, Rumanía, Inglaterra e Irlanda.

A cooperación, clave para abrir novos mercadosA compañía conta con acordos de colaboración / cooperación noutros países. O caso máis curioso está formado polo mercado francés onde se formalizou un acordo con outro fabricante, dese país, de tamaño similar a Molduras del Noroeste, para realizar a distribución, baixo marca compartida, da súa gama de produtos ignífugos. Este acordo fraguouse na Feira de Nantes hai, aproximadamente, 4 anos onde a compañía expuxo como novidade a gama de produtos resistentes ao fogo. A empresa francesa amosouse, dende o primeiro momento, interesada por completar a súa gama coa liña ignífuga de Molduras del Noroeste e, así, chegouse a un acordo a través do cal, esta liña de produtos véndese coa marca de Frisonoble e a súa.

A compañía está a traballar con esta fórmula para entrar noutros mercados do norte de Europa.

Ademais, estes últimos anos tamén se realizaron vendas en países como Grecia e Polonia, aínda que non se esté presente de maneira continua. Na actualidade, estanse realizando xestións con outras em-presas do sector para os mercados de Brasil, Panamá e Suiza.

O Canal Contract é outra vía que está a traballar a compañía, inten-tando presentar produtos e empresa a arquitectos de diferentes paí-ses. Tras diversos estudos de mercado, as liñas de produto que terían mellor encaixe nesta acción serían la gama de revestimentos Natura Color, a gama ignifugada e o Decking para exteriores (Chanfora).

Page 16: Albura 12/2012

Revista Albura

16 Novas do CMA

O CMA homenaxeu A Vaquería no Día Mundial da Construción Sostible

pola súa perfecta integración co entorno

O COAG visita as empresas de Lignum Facile co obxectivo de coñecer o pro-ceso de fabricación e os seus novos produtos

O Cluster da Madeira de Galicia (CMA) homenaxeou A Vaquería, obra do arquitecto Víctor López Cotelo, co motivo do Día Mundial da Cons-trución Sostible que se celebrou o 23 de setembro. O presidente do CMA, Alfredo Rodríguez, foi o encargado de ler un manifesto nas in-mediacións do edificio, destacando a perfecta integración do edificio no seu entorno e a importancia do uso de materiais naturais, como a madeira, para camiñar cara unha sociedade sostible. No acto estivo acompañado polo decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Jorge Duarte, e polo promotor da obra e primeiro socio de Honor do CMA, Xosé Otero Pombo.

O CMA escolleu esta obra, que conta co recoñecemento internacional, por ser un claro exemplo da preocupación dos seus autores por resol-ver, non só aspectos construtivos, senón tamén ambientais, rehabili-tando e poñendo en valor os “vacíos” entre as edificacións antigas e as novas, atenuando o impacto do construído sobre a paisaxe. Ademais, a integración de A Vaquería no ámbito do río Sarela conséguese a través de produtos naturais, como a pedra e a madeira.

As empresas que forman parte da rede Lignum Facile recibiron durante este ano que finaliza a arquitectos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) no marco dunha acción realizada en colaboración con este colectivo, coa finalidade de que coñezan, de primeira man, os procesos produtivos das empresas así como os seus novos deseños e coleccións.

Con estas visitas, consíguese aumentar o intercambio de coñecemen-tos entre arquitectos e empresas a partir de diferentes materiais, procesos e solucións.

Os arquitectos que están a acudir a estas visitas amosan a súa satis-facción polo traballo que se realiza en fábrica e por descubrir novos tratamentos da madeira ata agora descoñecidos.

Está previsto que durante o ano 2013 continúen estas visitas e se am-plíen novos colectivos como o Colexio de Decoradores e o Consorcio de Santiago de Compostela, que xa realizou en decembro a primeira visita ás empresas de Lignum Facile.

Homenaxe no Día Mundial da Construción Sostible

Laminados Villapol

Molduras del Noroeste

Portadeza

Page 17: Albura 12/2012

17

Revista Albura

O CMA únese ao AT Cluster Espazo Compostela co obxecto de ser máis

competitivo e compartir sinerxias

A segunda edición de Meeting Point Lignum arrincará os días 30 e 31 de xaneiro baixo o lema “cara unha arquitectura social”

Arrinca a campaña de promoción da madeira, “Desde sempre, contigo”

O CMA uniuse o pasado mes de outubro ao AT Cluster Espazo Compos-tela xunto con sete clusters máis nas instalacións de Feuga, Campus Vida. A finalidade de compartir un espazo común é facilitar a colabo-ración e as sinerxias entre estes oito clusters galegos: Madeira, Naval, Audiovisual, TICs, Biotecnología, Alimentación, Loxística e Saúde, aos que se incorporarán outros nos próximos meses.

A Consellería de Economía e Industria indica que a “cooperación em-presarial que ofrecen os clusters ás pemes é fundamental para facelas máis competitivas en innovación e no campo internacional”. A coope-ración neste ámbito facilitará a conversión da investigación universi-taria en innovación transferible e aplicable nos procesos industriais, o que redundará en beneficios para as empresas, para os clusters e para o tecido empresarial de Galicia, segundo palabras do ex conselleiro de Economía, Javier Guerra.

As empresas de Lignum Facile xa están preparando a segunda edición de Meeting Point Lignum que terá lugar os días 30 y 31 de xaneiro. Os encontros poderanse seguir a través do espazo www.meetingpointlignum.com e os in-ternautas poderán facer as súas preguntas aos relatores en tempo real.

Esta segunda edición xirará arredor do papel social da arquitectura, necesario ante a nova situación que está a atravesar o país. Con estes encontros preténdese poñer en común solucións técnicas en madeira e compartir experiencias en construción sostible e no emprego da madeira en proxectos de rehabilitación.

As empresas que forman parte da rede Lignum Facile porán en marcha coincidindo co novo ano, unha campaña de promoción e sensibilidade da madeira baixo o lema “Desde sempre, contigo”. A finalidade é concien-ciar á sociedade e aos prescriptores dos beneficios do uso da madeira, así como romper con antigos tabúes que xiran arredor deste material.

A campaña consistirá en difundir cada mes, gracias á colaboración de prestixiosos fotógrafos galegos, unha imaxe que represente os valores da madeira, acompañada de frases que potencien as súas característi-cas naturais. Estas imaxes difundiranse a través das redes sociais e os medios de comunicación.

Lignum Facile e o Consorcio de Santiago colaboran conxuntamente

na organización das primeiras Xornadas de Rehabilitación en Madeira

A rede Lignum Facile está a traballar na posta en marcha das primei-ras Xornadas de Rehabilitación en Madeira que terán lugar no mes de marzo, en Santiago de Compostela. Nestas xornadas, nas que colabora activamente o Consorcio de Santiago, farase un percorrido polas prin-cipais obras rehabilitadas polas empresas que forman parte de Lignum Facile. Ademais, potenciarase o uso da madeira entre prescriptores e público obxectivo.

O CMA nas redes sociais

No marco da estratexia de comunicación online do CMA que se iniciou coa actualización da páxina web, convidámovos a formar parte da rede de contactos establecida a través de facebook e twitter. Nestes espazos, ponse en común con outros axentes do sector, noticias de interese, así como as actividades, novidades e proxectos que se desenvolven desde o CMA e os seus asociados.

Estamos a vivir na era da comunicación e cómpre aproveitar todas os canles que temos a nosa disposición para relacionarnos e establecer contactos, tanto con prescriptores como con posibles clientes.

+

Page 18: Albura 12/2012

A calidade sen marca non chega ao mercado

O recuncho do asociado

Durante anos, consolidouse a opinión de que o noso sector ofrecía pro-dutos de calidade, que atendía ben os clientes e que “alá onde imos os galegos somos moi traballadores”. Se todo isto fose suficiente, os ebanistas e carpinteiros do noso territorio estaríamos facendo escapa-ratismo e mobiliario en Manhattan en lugar de estarmos preocupados por unha crise de proporcións aínda mal calculadas.

Nós somos unha empresa de ebanistería e carpintaría a medida que está moi especializada en escaparatismo e mobiliario corporativo para empresas. Esforzámonos en converter a imaxinación dun arquitecto ou dun interiorista nunha realidade que ten que gustar aos seus clien-tes, é dicir, facemos traballos que reflicten como quere ser unha mar-ca comercial. É certo que o nivel de esixencia técnico e tecnolóxico que manexamos nalgúns proxectos é altísimo –proba diso é o nivel dos nosos clientes: Adolfo Domínguez, Banco Espíritu Santo, Carolina Herrera, Shiseido, etc- pero grazas a estes mesmos clientes temos aprendido que non é suficiente.

As empresas como as citadas levan anos presentando ao seu público unha marca que se consolida e que antecede aos seus propios produtos. A xente acode a estas marcas porque sabe que representan unha serie de valores, unha estética, un certo estatus ou ata unha maneira de ser. Iso é unha marca, unha serie de símbolos que representan a unha empresa antes que os seus propios produtos. Forman parte diso que se chama a apariencia da empresa, como nos están a ver, a credibilidade. Para nós foi unha gran vantaxe ter este tipo de clientes porque temos aprendido que para avanzar e ser máis competitivos non basta con fa-

18

Revista Albura

En Galicia debemos superar a asignatura pendente de crear unha imaxe profesional do noso traballo

cer o mellor mobiliario posible para o escaparate dunha multinacional que recentemente presentamos en Milán: o importante é que a nosa apariencia, a apariencia da nosa marca, expresa que sabemos facer as cousas ben, que podemos ter tanto estilo como os nosos clientes.

Teñen que gustar os nosos produtos e servizos pero tamén temos que gus-tar como empresa. Durante moito tempo, os empresarios galegos tivemos os ollos postos no produto e pareceu funcionar pero o mundo cambiou.

A nosa proposta para os compañeiros do sector é que levantemos os ollos do produto e miremos un pouco máis alá, no mercado, que é o que vai decidir. Se os clientes que aspiramos a servir son moi profe-sionais na súa xestión ou queren ter unha identidade cunha marca definida, nós temos que facer o mesmo.

Escaparatismo para a prestixiosa marca Adolfo Domínguez.Fotografía inferior: Intervención integral en vivenda unifamiliar de luxo con aires náuticos.

www.vilasproyectos.com

Page 19: Albura 12/2012

Reflexións do asociado

A importancia da formación para continuar medrando

O enriquecedor da aprendizaxe está na utilidade que teñan os co-ñecementos. Por eso, cando me falaron dun curso de negociación pareceume moi interesante. Ao fin e cabo, pasámonos a vida nego-ciando, moitas veces, de maneira inconsciente: hoxe estás a nego-ciar condicións de suministros cun proveedor pero mañá estarás a negociar coa túa muller o lugar de vacacións…

A experiencia do curso foi moi boa porque os organizadores e, en concreto, a súa

profesora, Begoña Jamardo, soubo dotar ao curso do enfoque práctico

que requería a materia. Do cur-so, quédome cunha idea básica: “O máis importante nunha ne-gociación é escoitar o que non se di”. Trátase desa linguaxe non verbal que si se interpreta correctamente, axúdate a posi-ciónarte por diante. Nesas dúas xornadas de curso non aprendín a interpretalo, pero si sentei as ba-

ses para aprender pouco a pouco.

Revista Albura

Nestes tempos de crise é precisamente cando máis hai que apostar pola formación. Cómpre invertir en factores que permitan dife-renciarse e gañar posicións nos mercados actuais, cada vez máis competitivos e profesionais. No Grupo Ibersa temos moi asumida esta máxima: “reinvertarse ou morrer”.

Industrias Químicas Gallegas (IQUGASA), con fábrica en Ourense e rede comercial repartida polas catro provincias galegas, pertence ao Grupo IBERSA cuxa matriz asturiana fundada hai 43 anos como fábrica de pintura de decoración, soubo diversificar cara o sector da pintura anticorrosiva, os barnices e, máis recentemente, a pintura naval e os produtos de limpeza industrial. As nosas case cen tendas repartidas por gran parte do territorio nacional, baixo a denomina-ción “El mundo del pintor”, son todo un referente no sector.

Con máis de catro décadas de historia, unha empresa pode correr o risco de anclarse no pasado e estancarse nun modelo de negocio que funcionaba no seu día. En IBERSA podemos presumir de invertir en formación, investigación, desenvolvemento de novos produtos, en apertura de novos mercados… en definitiva, de “reinvertarnos”. Por eso, vexo a nosa empresa máis viva que nunca e eso faime mirar ao futuro con optimismo.

19

Iván SuárezGrupo Ibersa

Page 20: Albura 12/2012

Revista Albura

20 Axudas e subvencións

ORGANISMO: Instituto Galego de Promoción Económica TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA: IG100 - PROXECTOS DE INVESTIMENTOEMPRESARIAL SUPERIOR A 500.000 €

TIPOS DE AXUDA: Favorecer a implantación de proxectos de investimento empresarial su-perior a 500.000 € para a creación de novos establecementos, ampliación dun establecemen-to existente, a diversificación da produción dun establecemento en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS: Sociedades mercantís existentes que cumpran uns determi-nados requisitos.

CONTÍA DAS AXUDAS: Co límite máximo do 30% de intensidade de axuda sobre os gastos subvencionables, a porcentaxe da axuda resultará da aplicación da seguinte fórmula: 5+(30 x (puntos obtidos/200)) na aplicación do baremo establecido nas bases. Para proxectos es-pecíficos de protección e mellora ambiental poderase conceder unha axuda mínima dun 15% sobre a base subvencionable e ata un máximo do 30%. A porcentaxe da axuda resultará da aplicación da seguinte fórmula: 30 x (puntos obtidos/100), tendo en conta na avaliación e na determinación da intensidade da axuda os criterios establecidos nas bases.

PRAZO LÍMITE: 31 de Decembro de 2012

ORGANISMO: Instituto Galego de Promoción Económica TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA: IG101 - SERVIZOS AVANZADOS INTENSIVOS EN EMPREGO

TIPOS DE AXUDA: Servizos avanzados en Galicia cun investimento superior a 200.000€ e cunha creación de emprego ligado ao investimento igual ou superior a 10 novos postos de traballo de carácter indefinido.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS: Sociedades mercantís existentes que cumpran uns deter-minados requisitos.

CONTÍA DAS AXUDAS: A axuda resultante calcularase como unha porcentaxe sobre o salario bruto do persoal que se contrate ou ben sobre o investimento subvencionable, entre un 15% e un 30% da base subvencionable resultante. A porcentaxe da axuda resultará da aplicación da seguinte fórmula: 15 + (15 x (puntos obtidos/30)).

PRAZO LÍMITE: 31 de Decembro de 2012

ORGANISMO: Instituto Galego de Promoción Económica TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA: REGULACIÓN DE AVAIS

TIPOS DE AXUDA: Prestación de avais para apoiar plans de viabilidade, accións que sexan consecuencia de plans e programas sectoriais de competitividade, apoio e promoción de novas empresas ou ampliación das existentes.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS: Empresas galegas.

CONTÍA DAS AXUDAS: A duración dos avais será de 5 anos para casos de reconversión e reestruturación de empresas, e de 7 anos para os supostos de creación ou ampliación de empresas. A comisión anual do aval non será superior ao 1% do importe do mesmo.

PRAZO LÍMITE: Ata que se publique a súa derogación.

ORGANISMO: Instituto Galego de Promoción Económica TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA: INCENTIVOS ECONÓMICOS REXIONAIS

TIPOS DE AXUDA: Fomento do desenvolvemento económico rexional a través do apoio fi-nanceiro á implantación de proxectos empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de correxir os desequilibrios territoriais existentes.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS: Persoas físicas ou xurídicas, españolas ou que, aínda non séndoo, teñan a condición de residentes.

PRAZO LÍMITE: Rematará o 31 de Decembro de 2013.

ORGANISMO: Instituto Galego de Promoción Económica TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA: AXUDAS DE SALVAMENTO E REESTRUTURACIÓN A EMPRESAS EN CRISE

TIPOS DE AXUDA: Garantías e axudas a fondo perdido.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS: Empresas galegas que, atopándose en situación de dificulta-de e sendo incapaces de reestruturarse cos seus propios recursos, pretendan acometer un plan de reestruturación que asegure a súa viabilidade futura.

CONTÍA DAS AXUDAS: Para axudas de salvamento, se conceden garantías sobre prés-tamos a C/P para financiar os gastos de funcionamento da empresa ata a presentación dun plan de reestruturación ou de liquidación. Para axudas de reestruturación se con-ceden garantías de como máximo o 70% sobre préstamos ou créditos, subvencións a fondo perdido dos gastos financeiros de préstamos a L/P destinados á reestruturación de pasivos ou á ampliación de capital.

PRAZO LÍMITE: Ata que se publique a súa derogación.

Page 21: Albura 12/2012

21

Revista Albura

Feiras

DOMOTEX 2013

IMM COLOGNE 2013

INTERIORS UK 2013

MAGNA-EXPOSICIÓN MUEBLERA

Datas: Do 12/01/2013 ao 15/01/2013

Feira Internacional sobre maquinaria e equipamento para a industria do moble.

Lugar: Hannover, Alemania

Máis información: www.domotex.de

Datas: Do 14/01/2013 ao 20/01/2013

Feira anual internacional do moble.

Lugar: Koelnmesse-Colonia, Alemania.

Máis información: www.imm-cologne.com

Datas: Do 20/01/2013 ao 23/01/2013

Feira anual do sector de decoración de interiores.

Lugar: Birmingham, Inglaterra

Máis información: www.interiorsuck.com

Datas: Do 23/01/2013 ao 26/01/2013

Exposición Internacional de maquinaria e proveedores para as industrias do moble e a madeira de México.

Lugar: Centro Banamex, Ciudad de México, México.

Máis información: www.magnaexposicion.com.mx

ZOW BAD SALZUFLEN

CASA IDEA 2013

INTERZUM GUANGZHOU 2013

SALÓN INTERN.DEL MUEBLE DE MILÁN

Datas: Do 18/02/2013 ao 21/02/2013

Feira de Suministros para a fabricación de mobles.

Lugar: Bad Salzuflen, Alemania

Máis información: www.ZOW.de

Datas: Do 16/03/2013 ao 24/03/2013

Feira anual de decoración e mobiliario.

Lugar: Roma, Italia

Datas: Do 27/03/2013 ao 30/03/2013

Feira anual de maquinaria, producción de mobles e deseño de interiores.

Lugar: Guangzhou, China

Máis información: www.interzum-guangzhou.com

Datas: Do 09/04/2013 ao 14/04/2013

Feira de presentación de novidades e innovacións relacionadas co sector do moble.

Lugar: Milán, Italia

Máis información: www.cosmit.it

Page 22: Albura 12/2012

Revista Albura

22

LIGNA, HANNOVER

SEMANA VERDE DE GALICIAINTERZUM 2013, COLONIA

ICFF, NEW YORK

CONSTRUMAT, BARCELONA

ASTURFORESTA, PRINC. DE ASTURIAS

Datas: Do 06/05/2013 ao 10/05/2013

Feira de Maquinaria para primeira e segunda transformación da madeira.

Lugar: Hannover, Alemania

Máis información: www.ligna.de

Datas: Do 13/06/2013 ao 16/06/2013

Feira Internacional Multisectorial

Lugar: Silleda, Galicia.

Máis información: www.semanaverde.es

Datas: Do 13/05/2013 ao 16/05/2013

Feira Internacional para os provedores da industria do moble.

Lugar: Colonia, Alemania

Máis información: www.interzum.com

Datas: Do 18/05/2013 ao 21/05/2013

Feira Internacional de mobiliario contemporáneo.

Lugar: New York, EE.UU.

Máis información: www.icff.com

Datas: Do 21/05/2013 ao 24/05/2013

Feira de Materiais e Maquinaria para a construcción. Acabados, Estructuras, Carpintería, entre outros.

Lugar: Barcelona, España

Máis información: www.construmat.com

Datas: Do 20/06/2013 ao 22/06/2013

Feira Internacional de Silvicultura e aproveitamento forestal.

Lugar: Tineo, Principado de Asturias.

Máis información: www.asturforesta.com

DREMA 2013

Datas: Do 16/04/2013 ao 19/04/2013

Feira Internacional da industria da madeira e do moble.

Lugar: Poznan, Polonia

Máis información: www.drema.pl

Feiras

Page 23: Albura 12/2012

23

Revista Albura

Page 24: Albura 12/2012

Edificio FeugaRúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Vida

15705, Santiago de CompostelaTeléfono: 981 937 261│ Fax: 981 937 106

www.clustermadeira.com │ [email protected]