43
Que estuda a Sociolingüística? Lingua ou dialecto? Para pensarmos un pouquiño. Diversidade lingüística. Bilingüismo ou diglosia. Casos de diglosia no mundo. Para pensarmos un pouquiño. Consecuencias do conflito lingüístico e o bilingüísmo diglósico. Cambios de código e Language Shift. Como morre unha lingua. Substitución. Obsolescencia. Deserción. Para pensarmos un pouquiño. Normalización e normativización. A creación dunha normativa. Recuperación Para pensarmos un pouquiño. Madrith Unha palabra común A fábrica de palabras Na oficina de obxectos perdidos Xosé María Moreno Villar

a_Made_in_Galiza_Xos... · Lingua ou dialecto? Para pensarmos un pouquiño. Diversidade lingüística. Bilingüismo ou diglosia. Casos de diglosia no mundo. Para pensarmos un pouquiño

  • Upload
    vohanh

  • View
    228

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

1Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

ÍNDICE

Que estuda a Sociolingüística?Lingua ou dialecto?Para pensarmos un pouquiño.Diversidade lingüística.Bilingüismo ou diglosia.Casos de diglosia no mundo.Para pensarmos un pouquiño.Consecuencias do conflito lingüísticoe o bilingüísmo diglósico.Cambios de código e Language Shift.Como morre unha lingua.Substitución.Obsolescencia.Deserción.Para pensarmos un pouquiño.Normalización e normativización.A creación dunha normativa.RecuperaciónPara pensarmos un pouquiño.MadrithUnha palabra comúnA fábrica de palabrasNa oficina de obxectos perdidos

páxina 4

páxina 5

páxina 7

páxina 9

páxina 1 0

páxina 1 2

páxina 1 3

páxina 1 4

páxina 1 5

páxina 1 6

páxina 1 6

páxina 1 7

páxina 1 8

páxina 1 9

páxina 22

páxina 27

páxina 28

páxina 30

páxina 34

páxina 38

páxina 40

páxina 42

Xosé María Moreno Villar

2Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

INTRODUCIÓN

Esta guía quere ofrecer ao profesorado, coa axuda da lectura de Made in Gali­za, unha maneira complementaria de explicar parte do programa de socio-

lingüística de 2.º de Bacharelato. Nos apartados titulados Para pensarmos un

pouquiño hai textos sobre outras realidades lingüísticas e o profesorado decidirásobre a conveniencia ou non do seu uso na clase. Evidentemente a guía pode serutilizada con outros cursos da ESO ou de 1 .º de Bacharelato en caso de que se re-comende a lectura do libro ou para facilitar a comprensión dos conceptos de so-ciolingüística incluídos no programa de cada curso. Xa que logo esta guía,ademais de servir como apoio á lectura de Made in Galiza, pretende ofrecer mate-rial didáctico para fomentar o debate sobre as actitudes e os comportamentos antea lingua galega entre o alumnado. Así mesmo recomendamos a lectura de Madein Galiza en cursos sobre a lingua e cultura galegas porque as situacións explora-das por Séchu Sende son realidades cotiás na nosa sociedade e son ideais paraprovocar nos asistentes aos cursos unha fonda reflexión sobre a actitude de cada-quén ante a situación da lingua galega. Algo moi necesario para que cada cidadánlibremente tome consciencia e decida a súa posición ante a responsabilidade quetemos de conservar e transmitir un ben colectivo como é a lingua galega.

COMO UTILIZAR ESTA GUÍA?

Aintención é manter, sempre dentro do posíbel, a seguinte estrutura:

● Presentación do concepto seguido dunha introdución a xeito de definición.

● Relación de textos tirados de Made in Galiza para dar luz á definición. Debaixode cada texto, sempre que sexa conveniente, engádese un comentario para com-pletar o significado do texto ou suxerir debate no lector ou entre o alumnado.

● Ademais, nas marxes de cada capítulo hai textos titulados: sabías que? que daninformación sobre o que sucede noutras linguas e países do mundo. Por último,nun apartado final inclúense os comentarios de varios relatos escollidos por reuni-ren moitos dos tópicos e actitudes ante a situación das linguas minorizadas.A súa lectura pode ser de gran axuda cando non se ten tempo para seguir toda aguía así como para introducir un curso de galego para adultos, etc.

3Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Que estuda a Sociolingüística?Lingua ou dialecto?Para pensarmos un pouquiño.

páxina 4

páxina 5

páxina 7

ÍNDICE

PRIMEIRA PARTE

4Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

QUE ESTUDA A SOCIOLINGÜÍSTICA?DIALECTO, SOCIOLECTO E IDIOLECTO

ASociolingüística investiga a influencia da sociedade na ma-neira en como a xente fala. Os seus estudos revelan que

unha lingua varía dun lugar a outro -o que entendemos por DIA-LECTO; que unha lingua pode cambiar dependendo de con quene en que situación falemos -preferiremos utilizar o REXISTROCOLOQUIAL, o MEDIO ou o CULTO-; que unha mesma linguacontén SOCIOLECTOS cando unha determinada forma de falar éasociada, por exemplo, coa idade do falante, a súa posición social,o nivel educativo, a pertenza a un grupo étnico ou tribo urbana coque se sinta identificado ou incluso por ser home ou muller.A Sociolingüística afirma que unha lingua ten tantas variantes co-mo falantes. De feito iso é o que os sociolingüistas entenden porIDIOLECTO. Do mesmo xeito que os dialectólogos describen undialecto -as súas peculiaridades fonéticas, morfosintácticas e léxi-cas- os sociolingüistas poden, se o desexan, describir a gramáticade cada falante. Como pronuncia as palabras, as estruturas mor-folóxicas e sintácticas que lle son exclusivas e o vocabulario queutiliza. De feito hai unha disciplina dentro da investigación poli-cial que se chama sociolingüística forense que aplica os seuscoñecementos para identificar un sospeitoso polo seu idiolecto.

Sabías que...

Actualmente un IDIOLECTO pode sermateria de estudo forense para determi-nar a identidade dun individuo sospeito-so dalgún delito. A familia deUnabomber recoñeceu o seu idiolecto einformou á policía das súas sospeitas.O caso pioneiro nesta clase de investi-gación policial foi o estudo da supostaconfesión de Derek William Bentley(1933-1953) que baixo modernas análi-ses de voz confirmaron a súa inocenciae recibiu o perdón póstumo. Derek foicolgado por asasinato cometido, por unamigo e cómplice, durante un roubo.Tras unha popular campaña en defensade súa inocencia foi absolvido tras 45anos. Foi o lingüista Malcolm Coutharquen demostrou a súa inocencia baseán-dose na frecuencia con que o sentencia-do a morte empregaba a palabra: “then”e, en especial, a súa orde despois do su-xeito. Concretamente na confesióndicía “I then” e non “Then I” como erahabitual no idiolecto de Derek polo queo tribunal chegou á conclusión de que aconfesión feita por Bentley non fora es-pontánea senón a lectura literal dunhaconfesión escrita pola policía.

A ver, a ver, aquí temos.. . , si, temos dez linguas que poderían ser. . . A ver. . .Necesitaría al-gún dato máis. . .Non sei, algo que poida identificala mellor. . . Podería describila? Algunhacaracterística especial. . .?―Pues no le sé, es que casi non me acuerdo.. .―A ver, aquí temos unha lingua con seseo implosivo.―Perdón?―Recorda se vostede dicía lus ou felís, así, con ese.―Umm, pienso que sí, sí, sí! Como mi madre, sabe, es que yo soy de la zona deMalpica. . .―Pois xa está, debe ser esta.―Ahá―Se agarda un momentiño, vou por ela ao almacén.

Na oficina de obxectos perdidos. (Páx. 1 8)

FRAGMENTO

Neste caso tanto o funcionario como o cidadán válense non dunha característica individualsenón dunha característica dialectal común a todos os falantes dun determinado territorio.

Cando eu falo galego ou castelán, polo simple feito de falalo non estou capacitado para identi-ficar cada un dos seus moitos dialectos pero si que identifico os que falan coma min porquecomparten comigo unha serie de características, ou como moito a forma de falar das parroquiasveciñas porque debido á súa proximidade compartimos o mesmo mercado ou a mesma escola.Recoñezo os falantes cos que me entendo aínda que non falen exactamente coma min. Falamosa mesma lingua xa que nos entendemos pero se non o facemos exactamente igual, o que face-mos é falar distintos dialectos.

COMENTARIO

5Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Ademais o cidadán recoñece esa forma de falar como a súa porque é así como falaa súa nai. Isto é algo moi importante porque as linguas non só son sistemas de co-municación senón que son tamén un medio para a socialización. É a través da lin-gua por onde recibimos as primeiras instrucións e información para valernos comopersoas na vida pero a lingua tamén é o medio principal para a creación devínculos de afecto e amizade. Ao cidadán acéndeselle unha luciña no corazón can-do se decata de que acaba de recuperar a lingua que escoitou por primeira vez nasúa vida: a lingua en que o arrolaba a súa nai. Non hai que subestimar esa relaciónafectiva que todos establecemos coa lingua a través da que recibimos os primeirosafectos, modelos de comportamento e instrucións. Ese vínculo é un dos lazos máisfortes que nos atan á nosa lingua materna e tamén é unha das razóns polas que nosé máis difícil abandonala.

Por último, este fragmento revela unha verdade universal: toda lingua, non só aque fala o protagonista de Made in Galiza, está fragmentada en variantes xeográfi-cas; pero para o que non hai unha acordo universal é para determinar que é unhalingua e que é un dialecto.

LINGUA OU DIALECTO?

Os expertos están de acordo en que non sempre é doado trazarunha fronteira entre o que é unha lingua e o que é un dialecto.

Temos no mundo exemplos contraditorios. En China consideran ocantonés e o mandarín, cuxos falantes non poden manter unha conver-sa entre si, como dialectos, porén un sueco e un noruegués que podenentenderse perfectamente teiman que falan linguas distintas. Hai quededucir, xa que logo, que á hora de cualificar algo como lingua ou dia-lecto se utilizan non criterios lingüísticos senón sociopolíticos, identi-tarios, etc.Ademais cando unha lingua está fragmentada en múltiples dialectos -agran maioría- xorde a necesidade de escoller cal será o dialecto usadopara a administración, o ensino, a xustiza, a igrexa ou o parlamento.Casualidades como onde se estableceu a corte do rei ou a capital deseEstado foron ao longo da Historia as causas de que a uns dialectos llestocase a mala sorte de ser considerados vulgares, pobres ou incorrec-tos e a outros a lotaría de recibir os loureiros do prestixio.O dialecto asumido, ou habería que dicir imposto, como o de maiorprestixio, porque, como xa se dixo máis arriba, nese lugar decide o reiestablecer a súa corte ou porque as casualidades fan dese sitio capitalda nación, é moitas veces o adoptado como VARIANTE ESTÁN-DAR.

COMENTARIO

Sabías que...

O que hoxe é considerado comoestándar mañá pode ser dialecto.O ucraniano e o ruso son semellantesdabondo como para que un ruso seaprende ucraniano dubide entre estaraprendendo unha nova lingua ou fa-miliarizarse cunha variedade de ruso.En realidade, antes de que Ucraína fo-se considerada unha rexión separadada Unión Soviética foi parte dela e alingua alí falada era considerada un ti-po de ruso. Cando o centro de poderen Rusia era Kiev, a lingua de Ucraí-na era considerada como o mellor ru-so. Cando despois esa situación decapital política mudou, o ucraíno foicatalogado con desprezo como a falados labregos. Mais, cando Ucraína seconverteu nun Estado Independente oucraíno volveu de novo a ser unhalingua. A diferenza foi cultural e polí-tica, a lingua falada era nun caso ounoutro a mesma.

6Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Texto 1

Por otro lado incluso tenemos que aguantar a toda esa gente que les han cambiao elnombre a las ciudades, como el propio alcalde de Madrith, que desde hace unos añosescribe Madrith en todos los documentos oficiales, carteles o señales, o incluso en unossetos gigantes de flores a la entrada de la ciudad por la M30.Si vas por los barrios y te fijas, puedes ver que apenas hay cosas escritas en castellano.Desde los cartelitos de las tiendas hasta los grandes anuncios publicitarios, es muy difícilsentir la presencia de la lengua española en los espacios públicos.

Madrith. (Páx. 87)

FRAGMENTO

Neste texto vemos como a pesar de que a maioría da poboación utiliza unha linguaa súa presenza e protagonismo na vida diaria é moi escasa. Neste caso non é o reiquen detenta a máxima autoridade senón o alcalde que asume o papel de “civili-zar” os seus cidadáns impóndolles unha lingua ou dialecto que non é o que até haipouco se escoitaba a todas as horas e en todas as partes como di o texto 2 do mes-mo conto:

Texto 2

Muy poca gente parece darse cuenta de que no hace muchos años en Madrith o enValladolid todo el mundo hablaba español con absoluta normalidad. Y sin embargo losjóvenes, cuyos abuelos hablan en su mayoría español, consideran que el castellano no esmoderno, que sólo es algo tradicional, como el cocido madrileño e el chotis.

Madrith. (Páx. 87)

FRAGMENTO

O texto 1 pon en evidencia a efectividade con que unha lingua pode ser dominadapor outra cando os poderes públicos a desatenden. Por moita vontade que os falan-tes teñan por mantela viva están obrigados, se queren entregar un papel na al-caldía, a coñecer a lingua de prestixio: a imposta, neste caso, pola administración.Esa lingua pode ser víctima dun proceso de dialectalización porque ao non ter pre-senza oficial, nin nos Media, nin no ensino e baixo a constante influencia dalingua dominante perderá o seu vocabulario e as súas peculiaridades morfosintác-ticas. Só conservará quizais unha forma peculiar de entoación: o que entendemospor sotaque, algunhas palabras e terminacións como diminutivos e pouco máis.

COMENTARIO

COMENTARIO

7Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Este "Español hablado en Mur-

cia" n´es na más que´l dialeuto

murciano ultra-castellanizáo,juertemente enfluyío po el caste-llano moerno, como se vé en lasmunchas suluciones fonéticasque´l dialeuto murciano adouttódel castillano, en el lésico castilla-no qui remplaza muncho aina almurciano, y gineralmente en toslaos, supuesto que los rajos mur-cianos que se mantién son mino-res en comparanza con loscastillanos, los cualos abondanmuncho. To esto avinió por va-

rios motigos: uno poique s´im-

ponió una educancia púl-lica

en español normativo; lluego

unos meyos de cumunicación

en español normativo, y ya

p´arrematar, la questión más

emportante: el castillano de

siempre jué aquí la llengua los

gubernantes, l´aristocracia, la

classe adinerá, y po ello se con-

mertió n´el moelo llengüístico a

deseguir, pasando´l murciano,

qu´era la plática pupular, a

seer una jorma d´hablar mal-

mirá, creticá y rediculizá, unajorma d´hablar qu´haiba que es-paicer, y ansina jué como pasócon el avenir del tiempo. Ansina,el enflujio castillano ha hacío es-paecer al dialeuto murciano cuasientericamente, redujiéndolo a ma-las penas a una jelepa rajos qu´en-demás se cumparten con to´l roalhispano-hablante.Sin encambio, pace ser qui s´arri-

ma abora incia´l dialeuto murcia-no una epoca güena, supuestoqu´han apaecío recién destintaspresonas de detintos llugares ques´han dimponío a mantiner convia este antigo y variao dialeuto.Estas presonas son conocientesd´un dialeuto murciano menoscastellanizao, y llunchan po ladinificación y honramiento eldialeuto murciano.Hogaño se vién laborando as-tuies, pláticas en fueros, certáme-nes lleterarios, juntamentosllengüísticos, alboroques del dia-leuto murciano.. . D´hasta ambu-nas presonas han proponío qui sereconosca´l murciano uficial-mente, pa los cualos quián apren-del-lo ansina puán hacel-lo.

PARA PENSARMOS UN POUQUIÑO:

El estremeñu (tamién llamau ar-tuestremeñu, teniendu en cuentael restu las palras d'Estremaura)es la luenga el grupu asturlionés(nel sentiu filolóhicu el términu)palrá nel noroesti la ComuniáAutúnoma d'Estremaura i sul dela província de Salamanca, nol-malmenti crasificau endrentu laspalras d'España pol olganizacio-nis entrinacionalis i nacionalis, in-que nu es oficial enas comuniaisenas qu'entovia se palra.Tamién es llamau castú, inque es-

ti términu puei lleval a marru,pos assina se llama tantu a las pal-ras de tránsitu con el lionés, cu-mu a las palras castellanas elorienti d'Estremaura i puebrus deSevilla i Córduba.Se palra enas comarcas salmanti-nas d'El Rebollal, sul de Ciá Ro-drigu i Béhal. Ena província eCaçris, se palra enas comarcas deSierra e Gata, las Hurdis, Tierra eGranaílla, Guihu e Santa Bárba-ra, Valli el Alagón, Riberus elTahu-Alagón, Riberus el Tahu-Al-

monti, i puebracionis el Valli elHerti cumu Piolnal, Rebollal u ElTornu, Valli el Ambrós, Mon-fragüi, Berçocana i Mairoñera.Las estaísticas que se tiinin al

tentu el númeru e palrantis son

antiguas i nu mu fiabris. Posi-

brienti seyan angunus milis los

mayoris qu'entovia conselvan

rahus dialetalis que puein enti-

ficalsi con el estóricu dialeutu

astulionés.

"ESPAÑOL HABLADO EN MURCIA"

LA LUENGA D'ESTREMAURA

Le os fragmentos destacados e reflexiona sobre a influencia que os medios de comunicación, aeducación e as elites sociais teñen sobre a idea de prestixio dunha lingua.

Le o texto destacado e razoa sobre as posibilidades de supervivencia do estremeño.

8Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Diversidade lingüística.Bilingüísmo ou diglosia.Casos de diglosia no mundo.Para pensarmos un pouquiño.Consecuencias do conflito lingüístico e obilingüismo diglósico.Cambios de código e Language Shift.Como morre unha lingua.Substitución.Obsolescencia.Deserción.Para pensarmos un pouquiño.

páxina 9

páxina 1 0

páxina 1 2

páxina 1 3

páxina 1 4

páxina 1 5

páxina 1 6

páxina 1 6

páxina 1 7

páxina 1 8

páxina 1 9

ÍNDICE

SEGUNDA PARTE

9Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA

O ser humano desde o seu nacemento está rodeado de diversidade natural,cultural e, como non, tamén lingüística.

Hoxe aínda son faladas no mundo unhas 6.000 linguas ás que lles hai que sumar unha cantidadedifícil de determinar de dialectos nun planeta dividido en, aproximadamente, 200 estados.

A media resultante é dunhas 30 linguas con cadanseus dialectos por cada Estado do que se deduceque a situación habitual, e incluso habería que dicir máis natural entre o xénero humano, é o multi-lingüismo.Durante a maior parte da nosa historia o ser humano viviu en pequenas poboacións non sempre bencomunicadas entre si a causa da orografía, o clima, a belicosidade ou a ausencia de medios eficacesde transporte. A situación ideal para a atomización e fragmentación en variedades xeográficas oudialectos.Durante o proceso histórico da creación dos Estado-Nación fíxose obrigada a imposición dunhaúnica lingua sobre as demais para facer máis eficaz a centralización administrativa, a obediencia álei, a impartición de xustiza, a recolección de taxas ou a formación a través do ensino das elites so-ciais. Os habitantes do Estado-Nación que non falaban a lingua de uso da administración do Estadotiveron que asumir a imposición de aprender esa lingua se querían ter acceso á educación ou estaren igualdade de condicións ante un tribunal de xustiza, por exemplo. Teñamos moi en conta que du-rante moito tempo os habitantes do Estado Español que non tiñan como primeira lingua o castelánchegaron a ser o 40% do total. Non era unha pequena minoría.Actualmente a globalización e o poder das transnacionais así como institucións supranacionais co-mo o FMI, o Banco Central, a Unión Europea ou o Banco Central Europeo fan que a mesma nece-sidade de eficacia dentro das nacións que se daba antes agora sexa tamén urxente entre as nacións,polo que se fai obrigada a imposición dunha lingua para a comunicación internacional: o inglés.

A situación é moi preocupante aínda que ultimamente somos moitas as palabras que decidimosenfrontarnos a esta colonización da mellor maneira que sabemos: saíndo da casa todos os días,ocupando as nosas rúas, as empresas, os mercados, as librarías, as tendas de música, os cíbers, etodos eses lugares onde realmente somos necesarias.

A fábrica de palabras. (Páx. 45-6)

Texto elocuente que sinala a situación en que están a maioría das linguas aínda vivas:baixo a presión abafante de linguas en expansión fóra das que son as súas fronteirasnaturais como o inglés ou o chinés mandarín. O texto tamén é moi elocuente na reacciónque provoca esta colonización: as palabras están en todos os lugares onde se fai a vidadiaria, a única maneira de manter unha lingua viva. Non sempre é tan doado que unhalingua minorizada estea visíbel nas rúas. Por exemplo, se paseamos por unha rúa galega,cantos dos comercios teñen rótulos á vista en galego? Temos, grazas ao esforzo voluntario,comprometido e desinteresado de moitos expertos en informática, traducidos ao nosoidioma a maioría das ferramentas máis utilizadas de Linux e incluso o paquete de ofimáticade Windows pero, en cantos cíbers de Galicia temos a posibilidade de escoller idioma?Evidentemente se o usuario non o demanda, o responsábel do local, se non estálingüisticamente concienciado, non sentirá necesidade de duplicar esforzos e gastos.

FRAGMENTO C

OMENTARIO

10Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

BILINGÜISMO OU DIGLOSIA

Resulta xa evidente que a situación máis natural para o ser humano é ade estar en contacto con máis dunha lingua. Este feito implica na

maioría dos casos o que se deu en chamar: CONFLITO LINGÜÍSTICO.Un individuo pode ser bilingüe e incluso políglota pero as sociedades non.Nas sociedades onde coexisten varias linguas hai case sempre tensión pormoito que se desexe unha situación ideal de bilingüismo harmónicoporque as dúas linguas rara vez ocupan o mesmo espazo. Sempre unhadomina sobre a outra, non en número de falantes, que non é o máisimportante, senón desprazándoa de áreas de prestixio como os exemplos:en que lingua ditan a maioría dos xuíces as súas sentenzas, en que linguase editan a maioría dos libros de texto, en que lingua son atendido candovou ao banco, ao médico e se vou ao cine que opcións lingüísticas teño,etc. Cando na maioría dos casos expostos unha lingua predomina sobre aoutra en frecuencia de uso os falantes da lingua dominada, tamén coñecidacomo minorizada, sentirán a obriga de coñecer tamén a dominante e nonviceversa. Este fenómeno é coñecido como bilingüismo diglósico e assúas consecuencias fatais serán explicadas máis abaixo despois daexposición de textos de Made in Galiza, complementados con outros queexemplifican a diversa casuística que deste fenómeno hai ao longo domundo.

―Cando a perdeu?―Uff, no me acuerdo bien.. . Pienso que hace unos diez u once años, si, once años, en verano,debía ser agosto. . .―Ahá, agosto. . . E sabería onde, onde a perdeu?―Umm... En una discoteca, fue en una discoteca, el día que conocí a mi mujer. . .―E en que cidade?―Aquí, aquí mesmo.

Na oficina de obxectos perdidos. (Páx. 1 7)

En sociedades onde existe o bilingüísmo diglósico hai unha especie de presión social que nos ditaque en determinados lugares (discotecas) e durante determinadas actividades (ligar) se usamosunha lingua teremos máis posibilidades de éxito.

―Umm... En una discoteca, fue en una discoteca, el día que conocí a mi mujer. . .―E en que cidade?

Na oficina de obxectos perdidos. (Páx. 1 7)

Como tantas outras cousas esa reacción é algo aprendido desde neno:

Tengo dos hijos, uno de dos y otro de cuatro años. Y ni en la guardería ni en el colegio les hablancastellano.

Madrith. (Páx. 85)

11Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Pero, por que o falante renuncia á súa lingua materna? A resposta está no propio texto: porque entende quenunha discoteca se quere ligar terá máis éxito falando na lingua dominante.

Categoría A: Desprezo pola lingua

1 .Pero qué mierda, dejaros de ese rollo del gallego, que no estamos en la aldea.2.Si hablas gallego, no te comes un rosco.

3.Gallego, gallego, aún si supiese hablar inglés.Estudo sociolóxico. (Páx. 62)

―E en que cidade?―Aquí, aquí mesmo.

Na oficina de obxectos perdidos. (Páx. 1 7)

Con frecuencia nas sociedades onde coexisten máis dunha lingua establécese a dualidade cidade-campo,riqueza-pobreza ou elegancia-vulgaridade. A lingua dominante será a da cidade, riqueza e elegancia e aminorizada (aínda que sexa a maioritaria en número de falantes) será a do campo, pobreza e vulgaridade.Con estes cualificativos é heroico pretender seducir a alguén aínda que tamén esa persoa ten a mesma lin-gua materna (lembremos o dato máis adiante no conto de que esa rapaza, esposa máis tarde, tamén deixarade falar a súa lingua materna). O máis probábel é que tamén tivese interiorizado o mesmo complexo. Sim-plemente a discoteca non é lugar para falar así.Fronte a este exemplo tan familiar a nós, estoutro caso ilustra a situación ideal en que nin o ámbito nin aspersoas deben influír no noso dereito a utilizar a nosa lingua.

Ningún dos dous falantes renuncian aos seus dereitos lingüísticos. Non sucede, como é o habitual encontextos diglósicos, que en canto a un grupo de persoas chega un individuo que fala na lingua dominanteos outros deixan de falar entre si a lingua minorizada.

Na televisión da antiga Checoslovaquia era frecuente escoitar a dúas persoas debater unha en checoe outra en eslovaco. Entendíanse perfectamente e practicaban un exercicio de respecto mutuo por-que non había a obriga de ningún deles a renunciaren ás súas respectivas linguas maternas.

Hay gente que habla español con la familia y, cuando salen de casa, a trabajar o de compras o almédico o al banco, ya no lo hablan. Como si el español no sirviese para eso. Como si estuviesenacomplejados de su propia lengua y la tuviesen que esconder.También hay muchos padres y madres que alomejó hablan en español entre ellos, pero a los hijosya no.Deben pensar que en español no les va a ir bien en la vida, porque para ellos el español no tieneprestigio.

Madrith. (Páx.86)

Mucha gente piensa que son las lenguas las que dan o quitan prestigio a las personas, cuandorealmente es la gente la que prestigia o desprestigia un idioma, que lo he leído en un libro.

Madrith. (Páx. 87)

O texto anterior ilustra moi ben a importancia que a idea artificialmente creada, de prestixio ten para ovalor que os falantes lle dan á súa lingua. Todos necesitamos protexernos do frío pero se nos dan a escollertemos moitas marcas de roupa de idéntica calidade pero hai algunhas que, por razóns moitas vecesmisteriosas, teñen un prestixio social que as fan máis atractivas para o consumidor aínda que teña quepagar por elas un prezo que non se corresponde coa súa calidade senón simplemente coa súa etiqueta. Aslinguas todas teñen a mesma calidade, todas serven moi ben ao seu propósito: comunicarnos, pero haimoita xente que non o ve así. Entre esa xente hai persoas que afirman que algunhas linguas non son aptaspara explicar matemáticas como se polo feito de ser muller ou negro alguén non puidese estudarenxeñería.

12Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

En Obewart os habitantes son bilingües en hún-garo e alemán desde que en 1500 empezaron ausar o alemán nas transaccións comerciais.En 1800 chegaron comerciantes monolingüesen alemán, artesáns e funcionarios do goberno.En 1921 a provincia pasou a formar parte deAustria aumentando así o prestixio do alemán.Ao principio, a agricultura era dabondo para tra-ballar e gañar a vida dignamente polo que sefacía innecesario o trato e a comunicación coscomerciantes de fala alemá. Despois da II Gue-rra Mundial a industrialización medrou e así au-mentaron as necesidades de falar alemán porque

se deduce do anterior que os donos das fábricassó falaban alemán. Arredor de 1970 os falantesde húngaro empezan a introducir no seu voca-bulario palabras do alemán pero non ao revés.Agora a xente máis nova usa máis o alemán. Oalemán é a lingua da escola. Para agravar máisa situación para os húngaros de Hungría o hún-garo falado en Obewart carece por completo deprestixio. Hoxe só a xente máis maior utiliza ohúngaro para case todo, a xente máis nova só outiliza para rezar na igrexa.

CASOS REAIS DE DIGLOSIA NO MUNDO

Outra vez a mesma idea. De nada vale que haxa moitos vellos que falen unha lingua. Se non hai xentenova que a fale, esa lingua ten os anos contados.

Incluso nos medios máis cultivados da socieda-de na intimidade (na familia e entre os amigos)fálase o dialecto local e non se pasa á linguaestándar agás se alguén doutra cidade ou provin-

cia ou estranxeiro está presente. En realidadecase todo italiano é bilingüe. En Italia o dialec-to non é desprezado. O seu uso non é un signode baixa posición social.

Antes da unificación de Italia durante o século XIX só o 5% da poboación tiña como lingua materna o ita-liano que hoxe aprenden os estranxeiros. Foi ese italiano o escollido como lingua común porque foi outilizado por Dante, Petrarca e Boccacio, escritores de gran prestixio. Do texto anterior deducimos quedespois de pasado o tempo desde a unificación os italianos que non tiñan ese italiano como lingua primeirahoxe son bilingües pero non diglósicos. Nunca renuncian ao seu italiano e só utilizan o italiano comúnpara falaren con estranxeiros ou italianos doutros lugares.

Na Suíza alemá, o dialecto rexional é unha ex-presión normal nos contactos privados. O ensi-no escolar comeza en dialecto esperando que osnenos aprendan a comprender e servirse doalemán oficial que axiña se volve o único me-

dio de comunicación no ensino. Un mestre quese entende en dialecto cos seus alumnos nunhaentrevista privada, pasa inmediatamente aoalemán en canto fala na clase. É un caso de di-glosia.

Neste caso o alemán de prestixio é aprendido na escola unha vez que o neno suízo xa sabe ler e escribir noseu alemán. Non parece que este sexa un caso preocupante para a supervivencia do alemán de Suíza por-que o profesor o utiliza cando fala fóra das aulas cos seus alumnos, sen distinción nin excepción. Hai unuso diglósico porque utiliza unha lingua ou outra non en todos os contextos xa que na aula só pode falarno alemán estándar, pero desde logo aquí non hai perda de falantes como no caso do húngaro senón que oque hai é a formación de falantes bilingües.

O CASO DO HÚNGARO EN AUSTRIA

O CASO DA SUÍZA DE FALA ALEMÁ

O CASO ITALIANO

1 3Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Motivos históricos, sociales ypolíticos han llevado a creer amuchos españoles, entre ellos an-daluces, que el andaluz no es undialecto sino una tosca y aleato-ria deformación de la lengua es-pañola. De esta manera, haexistido tradicionalmente una vi-sión negativa del dialecto anda-luz por parte de los hablantes deotras variedades lingüísticas deEspaña. De hecho, existen refe-rencias que desprecian, rechazano condenan al andaluz desde prin-cipios del siglo XVI. Tal concep-ción se apoya en dos creencias:La primera, que el andaluz es una"deformación vulgar" del español"correcto", lo cual es una idea ex-tralingüística.

La segunda, que el andaluz esproducto de la ignorancia y delatraso cultural de los andaluces,lo que obviaba dos hechos funda-mentales: la antigüedad de los ras-gos dialectales andaluces es muyanterior a la crisis socioeconómi-ca andaluza, y el hecho de que elandaluz no sólo se caracterizapor sus rasgos fonéticos, sinotambién por un abundante léxicopropio y por rasgos morfosintácti-cos y semánticos peculiares.A esta idea negativa del anda-

luz en la conciencia colectiva de

los hablantes españoles de

otras variedades, se sumaba la

existencia de un influyente gru-

po de andaluces que a lo largo

de la historia han rechazado el

andaluz, intentando adaptarse

voluntariamente a la prestigio-

sa variedad septentrional. Esto

puede explicarse debido a que

la educación, el prestigio social

y la cultura académica, siem-

pre han ido unidas en Anda-

lucía a la lengua española

culta, mientras que la forma

dialectal andaluza siempre se

ha identificado con lo popular

e iletrado. Por ello puede decir-

se que tradicionalmente en An-

dalucía se ha producido una

fuerte diglosia, que siempre ha

relegado al andaluz a la orali-

dad y a registros lingüísticos

familiares y cotidianos.

EL COMPLEJO DE INFERIORIDAD LINGÜÍSTICO DE LOS ANDALUCESLas circunstancias descritas en elapartado anterior, han desarrolla-do un fuerte complejo de inferio-ridad lingüístico entre muchosandaluces, que nunca han tenidoen su dialecto un modelo lingüís-tico de prestigio.En la actualidad, aunque se haproducido una leve liberación decomplejos y prejuicios seculares(más teórica que práctica), se si-gue teniendo una percepción ne-gativa del dialecto andaluz por

parte de los propios andaluces ypor gran número de españoles noandaluces. En ese sentido, es visi-ble y frecuente la vergüenza quemuchos andaluces sienten a utili-zar su variedad lingüística anteun auditorio no andaluz.Asimismo, la escasa presenciadel dialecto andaluz en los me-dios de comunicación es muy re-veladora. En la Radio y Televi-sión de Andalucía, los locutoressuelen hablar el español normati-

vo o, a lo sumo, un español concierto acento "andaluz", limitadoa la aspiración de la /s/, el seseoy a otros fenómenos fonéticosmás o menos aceptados. El librode estilo de Canal Sur, que consi-dera "vulgar" la mayoría de losrasgos dialectales andaluces, esun testimonio del papel que se daal dialecto andaluz en los mediosde comunicación gubernamenta-les.

PARA PENSARMOS UN POUQUIÑO:EL "MAL HABLAR" DE LOS ANDALUCES Y LA DIGLOSIA

http://es.wikipedia.org/wiki/Dialecto_andaluz#El_.22mal_hablar.22_de_los_andaluces_y_la_diglosia

Todo o texto é interesante pero o que se destaca sinala unha vez máis a dicotomía positivo-negativo entodo conflito lingüístico consecuencia do bilingüísmo diglósico. Cales son no caso andaluz? Son moidistintos a outros conflitos lingüísticos que coñezas?Cres que tamén hai galegos que historicamente, como no caso andaluz, desprezaron a existencia da linguagalega?

Le o texto destacado e responde: cres que a lingua de moitos dos presentadores da Radio e Televisión deGalicia representa con fidelidade a fonética galega?

14Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

CONSECUENCIAS DO CONFLITOLINGÜÍSTICO E O BILINGÜISMO DIGLÓSICO

INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICASCando unha persoa é bilingüe sabe distinguir cando unha palabra

pertence a unha lingua ou a outra. En sociedades monolingües, ondenon hai loxicamente conflito lingüístico, hai palabras que se tomanprestadas doutras linguas cando non existen na lingua autóctona. Un casoactual serían as moitísimas palabras que estamos obrigados a asumir parafacernos entender se queremos traballar coa informática. Outra cousa écando nun contexto de dúas linguas en conflito o vocabulario dadominante substitúe palabras da lingua minorizada sen que a causa sexa anon existencia dunha palabra para designar ese obxecto, concepto ousentimento. Neste caso xa non é un préstamo senón unha interferencia.

Nacín aquí, hai xa bastantes anos, e as cousas desque que eu era unhapalabra nova cambiaron moito. En fin, que estou para o que faga falta.Aprendín moi cedo que son única, que ningunha outra palabra podesubstituírme, como nos pasa a todas as palabras do mundo.

Unha palabra común. (Páx. 43)

Neste fragmento estamos ante un idioma que non está en re-cesión pero a afirmación : “como nos pasa a todas as palabrasdo mundo” é un pouco inxenua porque como xa vimos, amaioría das linguas faladas hoxe no mundo están ameazadaspolo prestixio e avance doutras linguas hexemónicas enexpansión. Facendo un esforzo, se o comparamos coa realida-de galega, atopamos non poucas palabras que a pesar do bi-lingüismo diglósico resisten sen desaparecer incluso cando osgalegos falamos en castelán: son palabras das que non pode-mos prescindir porque non hai un substituto en castelán: rese-so, colo, etc. Aprendín moi cedo que son única, que ningunhaoutra palabra pode substituírme.Non obstante a realidade é que o número desas palabras émoito menor que as que do castelán son usadas en galegocando a xente fala coloquialmente. Nas sociedades onde exis-te o bilingüismo diglósico, a situación máis frecuente alí ondenun mesmo territorio coexisten dúas linguas, a lingua minori-zada, -a lingua B- toma moitas palabras da lingua dominante-a lingua A-. Esa é a realidade descuberta neste texto:

Mais hai uns quince días sucedeume algo preocupante. Acababa de acordare estaba saíndo da ducha cando soou o timbre da casa. Vestinme apurada eabrín a porta. Cando vin que era un castelanismo fechei a porta con medo.E respirei fondo.

Unha palabra común. (Páx.43)

Sabías que...

Esta situación non só sucede en territo-rios onde son faladas linguas minorita-rias, illadas, sen tradición escrita, etc.En absoluto, velaquí algúns exemplosque contradín esta idea:Isto mesmo sucedeu ao inglés baixo adominación normanda cando dofrancés tomou “prestadas” 7.500 pala-bras de uso habitual no inglés actualrelacionadas co goberno, a cociña e asartes. Hoxe en inglés hearty (do inglésheart) é moito menos formal que cor­dial (do francés coeur), house é menosformal que mansion e os ingleses co-men carne de pork, non de pig porqueo francés era daquela a lingua A. Hailinguas nada atrasadas como o xaponésque deben case a metade do seu léxicoao chinés. O 60% do vocabulario al-banés procede do grego, romanés, tur-co, serbio e macedonio. En EUA a 2ªou 3ª xeración de falantes en castelánteñen moito vocabulario prestado doinglés porque aínda que son bilingüesmáis ou menos capaces o inglés é a lin-gua A. Eles “lonchan” en lugar de xan-tar porque traducen literalmente daexpresión “to have lunch”.

Sabías que...

Os practicantes do galinglish

Moitos galegos din que o inglés aínda nono saben hoxe, despois de levaren aquíunha morea de anos. Eu tampouco chega-rei a expresarme doadamente en inglésnunca. Con eles falo en 'galinglish', eseidioma doméstico que fai fronteira coa lin-gua máis poderosa do mundo e que llesempresta as palabras de todos os obxectosque eles coñeceron aquí. Teño algunha ex-presión apuntada nun caderno de cando amin tamén me facía gracia o 'galinglish'antes de poñerme a empregalo eu mesmo:—Isto xa non se move any way—díxomeun día o meu amigo Manuel, cando meamañaba a campá extractara da cociña.Pero o peor foi cando, acabado de chegar,Herminia, a señora que me limpa a casa,me dicía por teléfono, sen que eu chegasea entendela: —A ghuba está estragada.Nin eu sabía que se refería á aspiradora,nin ela sabía dicirme outra palabra. Agorasei que é o que a retórica chama unha me-tonimia. E se teño que preguntarlle a Ma-nuel se atopou un sitio para aparcar ocoche, tamén lle digo, para que me enten-da: —Encontraches unha mita?R. Fonte. Tempos Novos, agosto de 2000.

COMENTARIO

1 5Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

En sociedades onde o bilingüismo está moi asentado na poboación é moi frecuente o que se chamalanguage shift. Unha persoa de Zaragoza ou Zamora pode, para lle contar un chiste a un amigo,

remedar o sotaque andaluz porque cre ser máis gracioso, ou o caso de dúas avoas que paseando por unharúa principal de calquera cidade ou vila galega falan entre elas en galego pero cando unha lle conta a outraos seus problemas de saúde cambia ao castelán, para reproducir literalmente a conversa que mantivo naSeguridade Social co seu médico de cabeceira. No primeiro caso non hai un cambio de lingua pero si decódigo xa que introduce na súa conversa un fragmento dun dialecto distinto ao seu. No segundo caso o quehai é un cambio de lingua. Unha lingua despraza a outra, non porque sexa unha máis graciosa ca outra,senón que dunha maneira case involuntaria e inconsciente retrata a imaxe que da súa lingua materna teñenesas dúas avoas porque unha cousa é falaren entre amigas e outra moi distinta é falaren co médico. Nestecaso fálase de language shift ou de lingua desprazada.No seguinte fragmento do conto titulado "Falar" de Made in Galiza está moi claro o distinto uso que unhalingua e outra ten:

O problema é que de escoitar falar a mamá, papá e os avós eu xa sei polo menos cen palabras como Peido,Pis, A nena ten fame, Xa é de noite, Esta nena é moi tranquila e moi lista, Vai chover e cousas así. Euescoito e gardo esas palabras para min e repítoas por dentro. Hai moitas palabras que escoito que aínda non

CAMBIO DE CÓDIGO E LANGUAGE SHIFT

En sociedades onde existe o bilingüismo diglósico é moi frecuente que os falantes da lingua minorizadaadopten vocabulario da lingua dominante, especialmente se as dúas linguas son moi semellantes. Como osfalantes da lingua desprazada non teñen escola nesa lingua ou incluso un sistema de escritura chegan a terdificultades para distinguir con absoluta certeza que palabras son dunha lingua ou doutra.

E que quede claro que tampouco teño nada contra as palabras inmigrantes, que chegan para vivir comocalquera de nós, que teño moi boas amigas que chegaron de América hai algún tempo e agora son como dacasa, vivindo nesta país que sempre foi hospitalario con todo o mundo.

Unha palabra común. (Páx. 44)

Mais isto é diferente: aquel castelanismo que me fixo suar de medo na miña propia casa viña coa intenciónde me facer desaparecer. É o temor que teño desde hai algúns anos, cando comezou lentamente a invasiónde castelanismos.

Unha palabra común. (Páx.44)

Por cierto, disculparme si tengo algunas faltas de ortografía, pero es quele castellano normativo no se me dá nada bien. Y a veces escribo comosiempre hemos hablao en casa.

Madrith. (Páx. 88)

Por suposto, e sobre todo neste mundo globalizado, non podemos pretender pechar fronteiras nunhaespecie de autarquía lingüística porque sempre houbo e haberá contacto entre grupos humanos que falanlinguas distintas. Pero eses contactos non teñen por que acabar en asimilación ou colonización. Ninguénnega, por exemplo, a riqueza que produce a mestizaxe de distintas culturas musicais. En Xamaica rapacescomo Bob Marley mesturaron os ritmos tradicionais co rock e gañaron o mundo facendo reggae. BobMarley fixo unha música universal sen traizoar a súa tradición.

A palabra pataca por exemplo chegou de América para quedar. Aquí tomou esa forma mentres noutroslugares da península tomou a forma de patata ou batata. Aínda hoxe en Galicia conviven outras formascomo castaña de terra utilizando un recurso semellante ao francés para dicir pomme de terre

16Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

COMO MORRE UNHA LINGUA

As interferencias, os cambios de código e o language shift son evidencias de que unha lingua édominada por outra e se non se remedia terá como consecuencia final a súa desaparición. Para

falarmos con propiedade máis que de desaparición debemos falar de substitución porque ningún serhumano pode deixar de usar un idioma. Un idioma morre porque é substituído por outro, porque aspersoas deciden deixar de usar un para usar outro. Os pasos, daquela, máis habituais no proceso desubstitución e polo tanto morte dunha lingua son os seguintes:

1 . Nun principio, durante o contacto, a lingua autóctona (L1 ) é a maioritaria, só unha pequenaminoría aprende a lingua foránea (L2) que axiña acada un maior prestixio social entre outrasrazóns porque, aínda que minoritaria, pode ser a lingua oficial da administración.

2. Se esta situación de oficialidade e prestixio se perpetúa o bilingüismo social aumenta. Nestafase é frecuente que cada unha das linguas se relacione por exemplo coa dicotomía: campo(L1 ), cidade (L2) ou: pobres (L1 ) e ricos (L2). Cada vez serán máis raros os individuosmonolingües na (L1 ).

3 . Desaparecen os monolingües (L1 ) que xa son capaces de falar a lingua foránea mentres quecada vez é maior o número de falantes (L2) que son incapaces de falar na lingua dos seusmaiores.

SUBSTITUCIÓNCando o biligüismo diglósico é constante e incluso entre os propios falantes é frecuente o

cambio de lingua, porque falan noutra lingua cos netos ou co médico, o proceso de abandonoda lingua acelérase.

Resulta que hoxe non deixo de mirarme a lingua. Aaaaaaaaa. Porque estou preocupada. Porqueno autobús escoitei a unha señora dicíndolle a outra algo así como que o problema máis grandeé que os nenos están perdendo a lingua.

Nin en soños vou perder a miña lingua. (Páx.57)

Xa non se transmite a lingua dunha xeración a outra. Ese é o momento máis delicado para asupervivencia dunha lingua.

Aquí en Madrid los jóvenes hablan cada vez menos español. Leí en un periódico el otro día que sólo un5 por ciento de los jóvenes madrileños entre 16 y 21 años hablan español habitualmente. Lo cierto esque nuestro idioma no está pasando por buenos momentos. To lo contrario.

Madrith. (Páx.85)

comprendo como quilómetro, enciclopedia ou empanada de xoubas.O problema que teño é que, por exemplo, mamá cando fala de min con papá di: A nena está esperta ede repente ven onda min e dime: Ay, mi niña, que ya despertó, ya despertastes Clara? E eu sei queClara son eu, mais aínda non sei por que me chama mi niña se eu son A súa nena. Papá fai o mesmo,está falando coa avoa e di A nena debe de ter fame e vén e dime Clara, cosita, tienes hambre? E euabro moito os ollos, intentado comprender que pasa aquí.É unha situación estraña que se repite continuamente. Entre eles non, mais comigo cambian de formade falar(. . .)Mais o meu dilema é que non sei se botar a falar como falan meus pais cando falan entre eles e conmeus avós ou se poñerme a falar desa outra maneira en que me falan a min.

Falar. (Páx.1 0)

17Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

OBSOLESCENCIAMoitas veces as palabras desprazadas son palabras de uso común, desas que utilizamos a

diario:

Esa mañá non saín da casa. O mundo veume encima. Acovardeime e no fun traballar. Sei quecando unha palabra non sae á rúa , ou non vai ás cafeterías, aos colexios, ás oficinas, en fin, aoslugares de sempre, para esa palabra comeza o principio da fin.

Unha palabra común. (Páx. 45)

En calquera idioma ademais de palabras de uso coloquial debe haber outras para usalas entre ostécnicos de todas as profesións. Só así unha lingua terá capacidade para ser útil en calquerasituación aos seus falantes. Precisamente as linguas minorizadas, que só son usadas dentro dafamilia pero non para ditar leis ou facer teses doutorais, carecen dese vocabulario xa que a linguaque se utiliza é a dominante.

E aos mestres nas escolas e aos avogados que sabían de leis. E pouco a pouco aquel país seguiuperdendo moitas das súas palabras e foise facendo día a día cada vez máis pobre porque era o paísao que lle roubaban as palabras.

O ladrón de palabras. (Páx.22)

Co paso do tempo os propios falantes chegarán a ser conscientes de que o que falan está mal:

Por cierto disculparme si tengo algunhas faltas de ortografía, pero es que el castellano normativo nose me dá nada bien. Y a veces escribo como siempre hemos hablao en casa.Supongo que es una situación difícil de comprender pa alguien de fuera, pero estamos perdiendonuestra lengua, y a no ser que esto empiece a cambiar. . . En fin, que es una situación un pocosurrealista.Y muy injusta.

Madrith. (Páx.88)

De aquí ao que di o seguinte texto só hai unha consecuencia lóxica:

Eu é que aos meus pais non os acabo de entender. De momento vou esperar un pouco, a ver se seaclaran. Aínda que, se non queren que fale coma eles, as súas razóns terán. Digo eu..

Falar. (Páx.11 )

As razóns poden ser a evidencia de que na actualidade necesitamos vocabularios técnicosespecíficos para os cada vez máis diversos e complexos campos do saber humano. Se unha persoachega á conclusión de que na súa lingua non existen vocabularios técnicos para cubrir esanecesidade sentirá que está en inferioridade de condicións con respecto aos faltantes da linguadominante en que están escritos todos os libros científicos. Ninguén quere que os seus fillos esteanen desvantaxe e polo tanto os pais preferirán que os fillos falen a lingua máis útil.

18Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

DESERCIÓNSituación crítica de difícil volta atrás que sucede cando de xeito maioritario as persoas deixan de

transmitir a lingua aos fillos. A presenza da lingua na rúa escasea, de maneira que calquera fa-lante potencial abandona a idea de usala ao comprobar que moi pouca xente lle responde na súamesma lingua. Hai quen di que unha lingua está nunha situación extrema cando non supera os100.000 falantes. Desde logo hai moitísimas linguas hoxe no mundo que non chegan nin de lonxe aesta cantidade e por iso a listaxe de idiomas en serio perigo de desaparición é maior ca nunca.

Ás veces cando estou no autobúse non escoito a ninguén falando a miña lingua,fecho e abro os ollos para ver se estou soñando.E cando no medio dunha praza escoito un nenoou unha nena que fala coma min,teño ganas de abrazala,de protexela de todo o que está a sucederantes de que sexa demasiado tarde.

Ás veces sinto que no meu país faltan as palabras. (Páx. 1 47)

Cando é raro escoitar un neno falando nunha lingua calquera deben soar as alarmas. Os estudos so-ciolóxicos revelan que na maioría dos casos as alarmas soan cando a capacidade de supervivenciadunha lingua é xa crítica. Quizais porque o número de falantes é moi reducido ou sobre todo por-que a capacidade de reacción da xente é moi cativa. O prestixio da lingua é nulo, a súa utilidade notraballo non existe ou incluso pode ser contraproducente porque non ten un léxico técnico actuali-zado como temos visto na teoría máis arriba. Os seres humanos somos moi dados a protexer candotemos a total evidencia de que de non facelo xa será moi tarde.Protexemos os linces ibéricos cando o número de parellas está preto ou por debaixo do númeroaxeitado para a continuidade da especie, as parellas de águias reais e un longo etc. Mais as linguasnon son como as plantas en extinción que se as sementamos elas coidan de si mesmas, as linguaspara que sobrevivan teñen que ser faladas todos os días a todas as horas. Non vale con regalas unpouquiño un día e xa está.

Todo o que ten que ver coa protección ou mellor dito coa promoción dunha lingua en dificultadesrecibe o nome de Normalización Lingüística ou Política Lingüística.

N.º de l inguas % total

Linguas con máis de 1 00 mil lóns de falantes 8 0,1 3%Linguas entre 1 0 e 99.9 mil lóns de falantes 72 1 ,2%Linguas entre 1 e 9.9 mil lóns de falantes 239 3,9%Linguas con menos dun mil lón de falantes 5.740 94,7%

19Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

O espallamento do Inglésactivoumoitas políticas lingüís-ticas ao longo do mundo. Du-rante estas últimas décadas asautoridades dos Estadosexpresaron a súa preocupaciónpola influencia do inglés nassúas respectivas linguas nacio-

nais. O goberno francés fixo es-forzos para evitar que ofrancés sexa eliminado comolingua franca dos principais fo-ros internacionais. Noutros ca-sos os esforzos van dirixidos aevitar que a lingua nacional dei-xe de ser usada en calquera dos

dominios que lle son tradicio-nais. En Suecia hai unha polí-tica de promoción do uso dosueco nos textos publicadospolos investigadores ou nauniversidade porque o habitualé facelo en inglés.

PARA PENSARMOS UN POUQUIÑO

O CASO SUECO

A MORTE DUNHA LINGUA EN ÁFRICACando preguntamos a xente no-va wayeyi cal é a lingua queusan a maioría responde quesetswana, e menos inglés perocase nunca shiyeyi. Mais selles preguntamos que é o queopinan da lingua shiyeyi nassúas contestacións reflicten un-ha valoración moi positiva eque consideran moi importanteque se siga utilizando comoparte da súa cultura. En realida-de a xente que é menos capazá hora de usala é a que máis al-ta valoración ten sobre ela.Pode parecer que esta xente éirracional ou pouco sincera pe-ro ningún enxuizamento é co-

rrecto. A xente nova iden-tifícase co grupo ao que perten-ce e como saben que a lingua éalgo moi importante como sig-no de identidade grupal teñendela unha alta consideración.O por que non a falan dependemoitas veces de razóns quelles son alleas. Unha dasrazóns é que os pais falan sets-wana na casa quizais buscandoo proveito dos seus fillos.É moi probábel que valorenmoi positivamente o shiyeyipero cren que é moi importan-te que os seus fillos aprendan alingua da escola o antesposíbel. Se moitos pais actúan

así a lingua desaparecerá aíndaque de maneira individual ospais ou os fillos non o dese-xen. Esta parece ser a situa-ción actual. Unha lingua es-morece non porque os falanteso desexen senón a pesar deque non o queiran. Parece sercerto ademais que os falantesdunha lingua non son cons-cientes da súa desaparición atéque é demasiado tarde, candoa xeración máis nova case aperdeu.

Se o francés e o sueco teñen problemas, imaxina os problemas das linguas minorizadas.

As enquisas din que hoxe os galegos consideran a lingua galega de xeito moi positivo.Entón por que non a falan se a queren tanto?

20Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Se os falantes case semprecren que é unha mala cousa adesaparición da súa lingua, haioutra xente que quere matala?A resposta é si, polo menos enmoitos casos. En todos os Esta-dos hai gobernos e a maioríados gobernos cren que é unhavantaxe para ese Estado se haipoucos grupos étnicos e pou-cas linguas. Isto é asía, en par-te, porque moita xente cre quea organización política idealnunha nación conséguesemellor coa existencia dun sógrupo étnico e unha única lin-gua. Esta aversión está en par-te provocada polos problemas

prácticos que o multilingüismocausa: resulta máis complica-do organizar un sistema educa-tivo; escribir leis; manterdebates parlamentarios en dife-rentes linguas; manter o funcio-namento da policía ou osistema sanitario.A maior preocupación é causa-da non polos grupos étnicos pe-quenos senón os grandesporque son politicamente peri-gosos, os pequenos con fre-cuencia son marxinados senconsecuencias políticas para ogrupo maioritario dentro do Es-tado.En Europa os Estados-Nación

xa se fundaron hai moitosanos e puideron ao longo detodo ese tempo facer desapa-recer moitas linguas dentrodas súas fronteiras. En paísescomo Francia ou Suíza os ne-nos que falaban nos recreoslinguas non oficiais eran casti-gados. Agora hai moitos Esta-dos europeos que non sótoleran as linguas minoritariassenón que as estimulan. Arazón pode ser a crecente sen-sibilidade da sociedade ante osdereitos das minorías ou por-que esas minorías xa non sonvistas como unha ameaza paraa unidade do Estado.

AS LINGUAS MORREN DE SEU OU SON ASASINADAS?

Un exemplo que dá a razón a todo o afirmado no artigo anterior está no texto de máisabaixo:

O movemento de reivindica-ción polos dereitos lingüísticosbengalís coñecido como Bhas-ha Andolon avogaba polo re-coñecemento da oficialidadeda lingua bengalí de Pakistánpara ser utilizada na escola enos asuntos de goberno.Cando o Estado de Pakistán foifundado en 1947, as súas dúasrexións: Pakistán Leste (taméncoñecida como Bengal Leste)e Pakistán Oeste foron dividi-das en dúas áreas culturais,xeográficas e lingüísticas. En1948 o goberno de Pakistán re-coñeceu o urdu como a única

lingua nacional provocando in-tensas protestas entre a maioríabengalí falante de Pakistán Les-te. Ante a posibilidade do au-mento de tensións e descon-tento xeral coa nova lei o go-berno prohibiu calquera mani-festación e asembleas públicas.Os estudantes da Universidadede Dhaka e outros activistaspolíticos desafiaron a lei e orga-nizaron unha protesta o 21 defebreiro de 1952.O movemento acadou o seuclímax cando a policía matouvarios estudantes na manifes-tación daquel día. A liga mu-

sulmá avvami, máis tarde LigaAwami, liderou o descontentoprovocado polas mortes ino-centes. Despois de anos deconflito, o goberno central ga-rantiu o status de lingua oficialao idioma bengalí en 1956. AUNESCO no ano 2000 decla-rou o 21 de febreiro o día in-ternacional da lingua maternapara que fose celebración entodo o mundo en tributo aosmovementos lingüísticos e aosdereitos etno-lingüísticos detodos os pobos do mundo.

O MOVEMENTO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA BENGALÍ

21Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

TERCEIRA PARTE

ÍNDICENormalización e normativización.A creación dunha normativa.RecuperaciónPara pensarmos un pouquiño.

páxina 22

páxina 27

páxina 28

páxina 30

22Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

NORMALIZACIÓN E NORMATIVIZACIÓN(LANGUAGE POLICY)

Foron innumerábeis os países que ao longo da Historia deseñaron políticas ou estratexias paramarxinar ou promocionar o uso dunha lingua ou grupo de linguas. Historicamente son máis as

nacións que fixeron uso desas políticas para favorecer unha lingua (a considerada oficial) a expensasdoutras, é dicir, de marxinalas ou prohibilas. Porén moitos países hoxe, ante as demandas civís oucomo reacción ante o abandono do seu uso, están poñendo en práctica estratexias para conseguir asupervivencia de linguas ameazadas de extinción.

Non debemos esquecer que este sempre foi un asunto delicado porque a lingua é unha cuestiónclave, un símbolo, en todo movemento de independencia ou soberanía política. Durante aindustrialización na Europa do século XIX houbo un gran movemento de poboación desde as zonasrurais cara ás cidades. Ante a diversidade lingüística existente os Estados impuxeron as linguasnacionais como linguas francas. A necesidade que os industriais tiñan de alfabetizar nas escolas asmasas obreiras para mellorar a súa formación e produtividade acelerou o aumento de falantes daslinguas oficiais e tamén o desprestixio das linguas ou dialectos falados polos que acababan de chegarás cidades. Ao mesmo tempo, tamén durante o século XIX, espalláronse por toda Europamovementos sociais que demandaban os dereitos lingüísticos das minorías. Non é casualidade que onoso Rexurdimento empezase durante ese século, que a lingua galega sexa un dos piares doNacionalismo galego e que grupos de ilustrados desde o Século das Luces até as Irmandades ou aXeración Nós apelasen á vontade colectiva de sermos un pobo diferenciado pola existencia dalingua. A palabra clave é vontade, sen ela toda acción é imposíbel.

Yo creo que la única manera de solucionar este problema sería que la gentetomase conciencia de lo que está pasando y empezase a valorar nuestra lenguapropia. De hecho, antes de que esto empezase a suceder, Madrid era una ciudadpróspera y orgullosa de ser una gran ciudad.

Madrith

Tomar conciencia. Hoxe hai moitos galegos que falan galego non porque non saiban falaroutra cousa senón porque son galegofalantes conscientes. Sobre todo aqueles que o sentende maneira máis firme son os neofalantes. Xente nova que recibiu o castelán como primeiralingua duns pais que falaban entre eles en galego ou non, pero que chegada unha idadetoman a decisión de converterse en monolingües en galego. Toman conciencia e poñen avontade para manter audíbel a lingua en calquera contexto. Moitos son profesionaisaltamente cualificados e logran así o prestixio que toda lingua necesita.

Primeiro, polo tanto, o máis frecuente foron as políticas de asimilación coa intención deempequenecer unha minoría lingüística porque a existencia dunha lingua dentro dunhacomunidade diferenciada aumenta a súa conciencia de identidade e dificulta a creación dunEstado unitario. Para logralo, os Estados chegaron a prohibir o uso público desas linguas, a

FRAGMENTO C

OMENTARIO

23Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

exclusión ou marxinación do grupo social que as fala e, en casos extremos, o uso da violencia ou oxenocidio. Porén por moita política de asimilación a realidade hoxe é aínda elocuente: 6.000linguas en 200 estados. Ademais na actualidade a sensibilidade civil e organismos internacionaiscomo a UNESCO velan polo respecto dos dereitos das minorías e, en oposición a esas políticas deasimilación, xorden desde organizacións sociais de base estratexias espontáneas ou desde osorganismos institucionais políticas organizadas en defensa e estímulo do uso das linguasminorizadas.

Resulta que hoxe non deixo de mirarme a lingua. Aaaaaaaa. Porqueestou preocupada. Porque no autobús escoitei a unha señora dicíndollea outra algo así como que O problema máis grande é que os nenos estánperdendo a lingua. Que eu estaba ao seu lado e escoiteina ben. E a outraseñora dixo. Ahá, con cara de preocupada.

Nin en soños. (Páx. 57-8)

Moitas veces a reacción e o compromiso para a normalización dunha lingua minorizada chegademasiado tarde, cando xa incluso con moito esforzo e vontade non se pode reverter o abandonodesa lingua como é o caso deste texto. Dúas mulleres senten que a súa lingua está en perigo porquexa non a falan os nenos. Non se decataron que o problema xa empezara cando os adultos deixaronde fallarlles nesa lingua aos seus cativos.

A xente que nunca chegaba a falala explicaba, na madurez ou nasenectude das súas vidas e por tanto cando xa chegaran a reflexionarprofundamente sobre o problema, que non se atrevían a falar a linguaporque aínda non estaban preparados; ou levando a man á cocorota erascando co dedo índice dicían que lles parecía imposíbel ou que xa erademasiado tarde, ou, cunha vaga esperanza e confiando nas xeraciónsvindeiras, dicían A ver se os meus fillos o conseguen.

A lingua máis difícil. (Páx. 69-70)

Este fragmento serve á perfección para ilustrar as consecuencias que a falta de vontade ten para arevitalización dunha lingua en recesión. Sen vontade calquera campaña de sensibilizacióndificilmente terá éxito.De xeito aínda máis irónico, o anuncio do método de autohipnose para falar galego pon enevidencia que temos que botar man da anulación da vontade para vencer os prexuízos que moitosgalegos poñen para negarse a falar galego, sobre todo fóra do ambiente familiar.

Dáme corte. . .Es que no me sale. . .

Método de autohipnose para falar galego. (Páx. 1 01 )

24Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Desde logo nada disto é necesario cando a oferta é aprender un idioma de prestixio e necesario paraa proxección e ascensión social dunha persoa. Somos quen de investir diñeiro, tempo e esforzo paraintentar aprender inglés porque é posíbel que nos resulte beneficioso. En definitiva, algúnsatrévense a farfullar algo de inglés pero nin palabra de galego o que demostra o que afirmou SéchuSende: que o galego é a lingua máis difícil.

Categoría A: Desprezo pola lingua

1 .Pero qué mierda, dejaros de ese rollo del gallego, que no estamos en la aldea.2.Si hablas gallego, no te comes un rosco.3 .Gallego, gallego, aún si supiese hablar inglés.

Estudo sociolóxico. (Páx. 62)

O mellor antídoto contra os prexuízos é a autoestima que se debe inocular en doses de prestixio.

Hay mucha gente que piensa que el castellano es una lengua atrasada, poco fina, ya muchas personas les da verguenza hablarlo, les da corte. Hay gente de aquí, deMadrid de toda la vida, que dicen que el español no se les da bien, que es muydifícil o que se ven raros hablándolo.

Madrith. (Páx. 85)

Por isto un dos descubrimentos da Sociolingüística máis reveladores da condición humana é a in-fluencia que ten o desexo de aceptación dentro do grupo de prestixio á hora de escoller para falarun determinado dialecto ou lingua. En sociedades onde só se fala unha lingua hai dialectos queestán estigmatizados, valorados negativamente e en sociedades onde ademais de dialectos hai máisdunha lingua en contacto -como xa vimos o caso máis frecuente- moitos falantes abandonarán alingua dominada no seu desexo de ser asociados coa pertenza a unha clase social superior. É comoser dun equipo de fútbol dos grandes, é máis gratificante ser do equipo que sempre gaña e que tenos xogadores máis famosos aínda que non sexa o equipo da túa cidade, ou a xente que prefire des-tinar boa parte do seu salario para vestir marcas de prestixio porque como son caras son as normaisentre a xente rica e polo tanto con clase.

Nas rúas as palabras da Empresa están de moda. Famosos deportistas,actrices e cantantes cobran centos de millóns por empregar, introdu-cíndoas con aparente naturalidade, as palabras de Empresa nos mediosde comunicación.Verba xa conta con plataformas de comunicación en diversas rexións domundo. Temos as nosas propias televisións, radios, portais de internet,

A xente que nunca chegaba a falala explicaba, na madurez ou na senectude das súas vidas e portanto cando xa chegaran a reflexionar produndamente sobre o problema, que non se atrevían afalar a lingua porque aínda non estaban preparados; ou levando a man á cocorota e rascando codedo índice dicían que lles parecía imposíbel ou que xa era demasiado tarde, ou, cunha vagaesperanza e confiando nas xeracións vindeiras, dicían: "a ver se os meus fillos o conseguen".

A lingua máis difícil. (Páx. 69)

Unha lingua nun contexto diglósico para recuperar espazos perdidos ademais de vontade precisavencer todos os prexuízos que sobre ela existen.

25Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

os noso propios xornais, editoras de poesía, de narrativa, literaturainfantil, libros de texto. . . Na maior parte dos media -algúns dos cales aEmpresa comezou a mercar estratexicamente- nunha importantecantidade de información inclúense as palabras de Verba, para venderautomóbiles ou roupa deportiva, para anunciar concertos, redactar ohoróscopo ou escribir artigos de opinión.

A fábrica de palabras. (Páx. 32)

As campañas de Normalización Lingüística recorren con frecuencia ás mesmas estratexiasque calquera marca de prestixio. Como xa vimos, é determinante para a supervivenciadunha lingua que sexa utilizada entre o máis novos polo que calquera campaña desensibilización que pretenda ter algún efecto positivo intentará atraer a atención damocidade con xente famosa pero tamén buscando un sitio entre as ocupacións máispopulares entre os novos: cine, internet, televisión, literatura infantil e xuvenil. Unhaempresa utiliza a publicidade para que a súa marca sexa asociada con: distinción, liberdade,rebeldía, camaradería, prestixio, etc.

Como a empresa Verba calquera campaña de promoción dunha lingua minorizada deberáfacer presente a lingua como di o texto: nas nosas propias televisións, radios, portais deinternet, os noso propios xornais, editoras de poesía, de narrativa, literatura infantil, librosde texto. . . Hai que darlle os mesmos espazos que á lingua dominante. Só así poderácompetir en igualdade de condicións. Pero para logralo unha lingua debe ter algo tan básicocomo un sistema de escritura, que a maioría das linguas faladas no mundo non teñen.

Por cierto, disculparme si tengo algunas faltas de ortografía, pero es quele castellano normativo no se me dá nada bien. Y a veces escribo comosiempre hemos hablao en casa.

Madrith. (Páx. 88)

"Como siempre hemos hablao en casa" A creación dunha variante estándar é algo quedificilmente se pode lograr por consenso. Normalmente, como vimos, é imposta e chegaaos falantes a través do ensino e dos medios de comunicación de masas. Pero non chega atodos. En castelán a maioría da xente fala no seu dialecto local aínda que leve anosescolarizado ou escoitando a televisión. Un andaluz de Málaga falará como os seus veciñosaínda que sexa consciente de que existe un castelán máis "fino". Claro que as linguas taménteñen a súa realidade escrita e non só oral e aquí é onde un andaluz non escribirá: "sinco"ou "zoy" senón que utilizará o castelán estándar: "cinco" e "soy". Outra cousa é que llespasa pola cabeza aos nenos andaluces cando aprenden a ler e a escribir.

Desde o punto de vista galego, este texto debe facernos reflexionar sobre o pouco esforzoque fan moitos falantes en galego por evitar os castelanismos coa excusa de que sempre sedixo así na súa casa e que facelo doutra maneira soaría artificial e incluso estraño para axente coa que habitualmente falan. Teñen parte de razón pero se seguimos así nuncarecuperaremos o léxico perdido.

26Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Por certo, sabes, também há muita gente que di que, ehem, comocho podo dizer sem ofender. . . , que pensa que ti nom es umha letragalega. Muita gente pensa que o ñ é unha letra española de sempre.―Eu! Española eu! ?―Ahá, de toda a vida, ou castelá, como prefiras. . .Pois eu que che diga.. . A min chamáronme para traballar aquí, enGalicia, alá polo século XIX, que xa estivera eu de paso por aquí naIdade Media, e iso, como no Rexurdimento necesitaban letras paraescribir en galego, e como eu xa tiña experiencia polo español, poiscomecei a aparecer nos libros e xa vedes, non parei de traballar.

NH+ (Páx. 1 29)

A realidade é que a creación dunha normativa ou estándar é algo case sempre moi controvertido, eoutras veces é motivo de conflito.

Sabías que. . .

Moitos mozos de Louisiana xa non sa-ben falar francés, como aínda hoxe osseus maiores, polo que para manifestara súa identidade Cajún falan inglés conforte sotaque francés. Se o fan é por-que obteñen algún beneficio pero nonsempre a nosa diferente maneira de fa-lar resulta simpática e atractiva. Namaioría dos casos os oíntes sacan, co-mo pola nosa maneira de vestir, as súasconclusións sobre a nosa intelixencia,clase e cultura polo que moitas persoasfarán esforzos para cambiar a súa ma-neira de falar dependendo de con quenfalan e onde. Daquela, unha persoa po-de ter múltiples identidades asociadasá súa forma de falar coa intención deser admitido nun grupo social: o traba-llo, o barrio, a aldea ou o club de golf.

Acreación dunha normativa común que satisfaga a todos os falantes ésempre un compromiso difícil de cumprir. Hai pouco en Francia

houbo un acorado debate en favor e en contra de modificar as regras or-tográficas para achegar o sistema de escritura ao francés falado. A actualnormativa é fiel á Historia da Lingua e representa unha forma de escribirque reproduce a lingua francesa máis ou menos tal e como era pronunciada na Idade Media. Haiapenas meses que o Parlamento portugués aprobou unha nova Normativa para a lingua portuguesaque busca un achegamento entre o portugués de Portugal e o portugués de Brasil. Hai que ter enconta que en Brasil hai case 200 millóns de habitantes e en Portugal nove. En Galicia hai dúas nor-mativas: a oficial, aprobada no Parlamento galego cun amplísimo consenso e a reintegracionista. Otexto está escrito en ambas. Os reintegracionistas propoñen esa forma de escribir por coherenciahistórica apelando á etimoloxía e á historia común entre o galego e o portugués. Os oficialistas, co-mo di o texto, propoñen esa forma de escribir porque despois da ruptura coa lingua dos cancionei-ros no Rexurdimento cando de novo se escribiu en galego a maioría dos textos non se diferencianen moito a como escribimos agora. É bastante probábel que nun futuro as dúas posturas se ache-guen para facer aínda máis evidente a gran vantaxe que temos os galegofalantes. Nosoutros seaprendemos inglés grazas ao galego sumamos portugués e o castelán que temos tamén arredor. Fa-lamos, daquela, tres das linguas máis faladas no mundo. Poucos habitantes da Terra poden dicir omesmo. Non o esquezamos, grazas ao galego o portugués podémolo falar con fluidez e correccióncon moito menos esforzo ca outro habitante do planeta. Mira ti se o galego é útil.

Sobre a controversia das normativas hai no mundo algúns exemplos espectaculares. Primeiro o ca-so grego e máis adiante coñecerás o caso noruegués no apartado: para pensarmos un pouquiño:

O CASO GREGOOs gregos seguiron falando grego incluso cando pasaron a formar parte do Imperio Otoma-

no desde o S.XV até o S.XVIII. Ao principio do S.XIX Grecia independizouse e a súa lin-gua recuperou a súa oficialidade e escritura. Mais debido ao paso do tempo xa non foi posíbelresucitar o xeito en como era escrito o grego desde a antigüidade. A lingua falada mudara moito

27Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

A estandarización é algo aplicábel a moitas realidades alén da linguaxe. É, por exemplo, de moitautilidade que todos os enchufes teñan a mesma medida para que poidamos conectar neles calquera

electrodoméstico. Para logralo a lexislación impón unha normativa aos fabricantes de enchufes e de elec-trodomésticos. Ningún deles pode incumprila xa que automaticamente os seus produtos non serán admiti-dos no mercado e ademais os propios clientes rexeitarán aqueles que non sexan absolutamentecompatíbeis. Agora que, se non houbese unha normativa é moi probábel que houbese tantos enchufes co-mo distintas formas de falar (dialectos) ou de escribir (normativas). Esta normativa é para os enchufes oque a variante estándar é para as linguas. Cando hai máis dunha forma de dicir algo só unha é admitidacomo válida para o estándar lingüístico. Por exemplo en galego podemos dicir: "sexa" ou "seña" depen-dendo de que dialecto falemos pero o galego estándar, o normativo, só admite como válida "sexa" aíndaque "seña" sexa igual de galega.Cando nunha lingua non existe ese estándar hai que crealo a través dun proceso coñecido como normativi-zación. Créase unha normativa para que teñamos un forma de falar común a todos. Isto non implica que osdemais dialectos sexan incorrectos. En moitas linguas o prestixio da variedade estándar é tan grande quepara moitos falantes as demais formas de falar esa lingua son vulgares e asociadas a xente de pouca cultu-ra. En galego non é así. A variedade estándar só é a forma de falar que temos en común e que recupera ascaracterísticas fonéticas, morfolóxicas, sintácticas e léxicas propias do galego.

polo que durante o S.XIX xurdiron dúas maneiras de escribir en grego. Unha foi chamada di­motiki (a linguaxe popular) moi achegada ao grego moderno e a outra chamada kathareuousa(a linguaxe purificada) que inclúe moitas máis palabras e características do grego clásico. Hou-bo rivalidade entre as dúas normativas na literatura, na escola e na vida oficial. A cuestiónlingüística chegou a emponzoñarse porque se mesturou coas opcións ideolóxicas máis extre-mas. Kathareuousa asociouse co conservadorismo e o dimotiki coa extrema esquerda. Os díasde gloria do kathareuousa foron durante o goberno militar cando foi declarada a lingua oficialno ensino en 1967 mais axiña despois da caída da ditadura en 1976 o dimotiki foi declarada aúnica lingua oficial.

Era como se te vise en todas partes e ao mesmo tempo estabas tanlonxe.. . E iso que sempre estiveches aí, realmente, ao alcance da man,como esperándome. E só tiven que dar un paso.

Estou contigo. (Páx. 1 53)

Este é o único camiño: o do compromiso voluntario e individual se non queremosque un día alguén teña a impresión de que xa non ten con quen falar na súa lingua.

Ás veces cando estou no autobúse non escoito a ninguén falando a miña lingua,fecho e abro os ollos para ver se estou soñando.E cando no medio dunha praza escoito un nenoou nena que fala coma min,teño ganas de abrazala,de protexela de todo o que está a sucederantes de que sexa demasiado tarde.

Ás veces sinto que.. . (Páx. 1 47)

A CREACIÓN DUNHA NORMATIVA: UNHA VARIANTE ESTÁNDAR DEPRESTIXIO

28Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

RECUPERACIÓN

A consciencia do problema e a vontade de implicarse na recuperación dun idioma son os requisitosimprescindíbeis para que calquera acción teña éxito.

-Hoxe mesmo lle digo á miña muller que veña ver se atopa a súa, sabeela tamén a perdeu hai anos e agora, agora, en fin.. . é que imos ter unhanena e.. . , xa sabe, queriamos que falase. . .

Na oficina de obxectos perdidos. (Páx. 1 8)

OS PASOS UNIVERSAIS PARA REVERTER UN PROCESO DE EXTINCIÓNDUN IDIOMA SON:

● Incrementar o seu prestixio e incrementar a súa riqueza:(Neste mundo en que vivimos resulta máis atractivo e polo tanto de maior prestixio aquilo que seasocia con riqueza e non con pobreza.)

● Incrementar os seus dereitos fronte á comunidade dominante:(A chamada discriminación positiva tan recorrida desde os organismos oficiais para, por exemplo,equiparar en dereitos os homes e as mulleres. Para logralo hai políticas que poden chegar adiscriminar os homes.)

● Forte presenza no ensino e, polo tanto, creación dun sistema de escritura se non o tiña.

● Uso na tecnoloxía electrónica:(Resulta interesante salientar a revolución que para as pequenas linguas supuxo a popularización dosProgramas de Código Aberto GNU. Hoxe con vontade e algo de coñecementos informáticoscalquera pode traducir excelentes ferramentas informáticas a calquera lingua. O galego vai moi bensituado nesta carreira tecnolóxica.)

AS ESTRATEXIAS LÓXICAS PARA A RESURRECCIÓN DUN IDIOMA SON:● Cando a maioría dos falantes vivos da lingua moribunda son moi maiores é urxente quesexa aprendida por adultos voluntarios:(Eses adultos deben transmitírllela aos seus fillos como primeira lingua para que establezan con elaun vínculo afectivo difícil de romper no futuro.)

● Crear unha comunidade de falantes activos socialmente integrados:(Evidentemente canto maior prestixio teñan eses falantes máis rapidamente e con maior vontademáis individuos quererán sumarse.)

● Nos lugares onde haxa un importante número de falantes, animalos a que o utilicen entodas a idades e ámbitos intentando que o seu uso sexa exclusivo:(Uso exclusivo quere dicir monolingüismo, non bilingüismo, para que, entre outras estratexias, eseslugares sexan excelentes para aprendizaxe por inmersión lingüística dos visitantes con intención deaprender a lingua. Por suposto os habitantes deste lugar deben ser falantes conscientes, persoas queteñan unha alta estima da lingua e que sexan conscientes do importante labor que a súa actituderepresenta para que a lingua sobreviva en boca de novas xeracións futuras.)

29Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

● Nos lugares onde a lingua sexa usada por falantes de todas as idades, fomentar o seuestudo no ensino para aprender a súa escritura. Se aínda hai un importante número defalantes distribuídos por todo o territorio aumentar a presenza no ensino:(En todo proceso de normalización dun idioma a presenza deste no ensino é fundamental. Nonfacelo é impedir que ese idioma acade o status de prestixio que toda lingua necesita así comoferramentas imprescindíbeis para a vida moderna como un vocabulario técnico, acceso nesa lingua ainformación valiosa para o crecemento persoal e laboral. Por suposto nada disto sería posíbel sendotar este idioma dun sistema de escritura.)

● Fomentar a súa presenza e o seu uso no traballo

● Facer visíbel o seu uso nos gobernos locais e nos medios de comunicación.

● Fomentar o seu uso nas universidades e no goberno non local.(Estes tres últimos puntos fan que o coñecemento dese idioma se converta en algo necesario e útil.Se o xefe me fala en galego farei ben en contestarlle en galego, se os impresos dos gobernos locais,etc. son en galego estou obrigado a entender o vocabulario e contestar se quero. Se un profesoruniversitario o utiliza para impartir as súas clases está amosándolle ao seu alumnado as capacidadesdese idioma.)

En La Gomera, unha pequena illa do arquipéla-go das Canarias hai unha lingua chamada sil-

bo gomero que non usa palabras senón unhavariedade de asubíos. O silbo ten catro "vogais" ecatro "consoantes" coas que poden formarse máisde 4.000 "palabras". Este sistema de comunicaciónparece ser que foi traído até a illa hai máis de2.500 anos polos seus primeiros poboadores desdeÁfrica. Grazas ao silbo os habitantes poden comu-nicarse a distancias superiores de tres quilómetros.Até hai pouco o silbo era unha criatura moribundapero desde 1999 a súa supervivencia pode estarasegurada porque é obrigatorio o seu ensino nasescolas de La Gomera.

Os apaches de EEUU puxeron nome a cadaunha das partes dos coches como se fosen as

partes dos seus corpos. O parachoques dianteiro édaw, o queixo ou mandíbula; o gardalamas dian-teiro esquerdo ou dereito é gun, o brazo ou man; ochasis é chun, as costas; cada unha das rodas tra-seiras é Ke, o pé. A boca é za, a entrada do depósi-to de combustíbel. O nariz é chee, o capó. Osollos son inda, os faros. A testa é ta, o teito.As metáforas seguen dentro do vehículo. Todo oque son os cables eléctricos é tsaws, as veas. A ba-tería é zik, o fígado. O depósito é pit, o estómago.O radiador é jisoleh, os pulmóns; e as súas man-gueiras ou manguiños, chih, os intestinos. O dis-tribuidor é jih, o corazón.. .

CASOS DE LINGUAS EN PROCESO DE SUPERVIVENCIA

The meaning of Tingo, Adam Jacot de Boinod

Cando o número de falantes dunha lingua é escasounha medida urxente é ensinala nas escolas. Moitaslinguas teñen hoxe que sobrevivir ante o avancedentro do seu territorio doutras máis poderosas, peroo silbo non está ameazado por outra lingua senónporque por culpa do móbil xa non é tan necesario.

Como o apache hai ainda hoxe moitas outras linguas no mundo quecarecen de vocabulario para, por exemplo, a tecnoloxía doautomóbil. Antes de tomala prestada do inglés os apaches tiveron orecurso de reinventar o seu idioma. Se cres que é unha malasolución, pensa en cousas como: dente de allo ou ollo dunha agulla.

30Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

PARA PENSARMOS UN POUQUIÑO

O CASO NORUEGUÉSAs linguas escandinavas fala-das en Suecia, Dinamarca, No-ruega, Islandia e as IllasFeroes teñen todas unha orixecomún. Sempre houbo diferen-cias dialectais, por suposto, exa no século XIII e XIV sedesenvolveron tres diferenteslinguas escritas, unha en cadaun dos reinos: Suecia, Dina-marca e Noruega.Porén, só dúas se mantiveronen uso. As linguas escritas da-nesa e sueca estaban moi vin-culadas aos seus respectivosEstados e aínda son as linguasoficiais e dominantes. O norue-gués non recibiu o mesmoapoio político porque os reisde Noruega perderon a súa in-fluencia e poder. Así duranteboa parte do S. XIV houbounha unión entre Suecia e No-ruega e desde o final deseséculo a unión ampliouse coEstado de Dinamarca por cues-tións de sucesións do seu reiao trono. En 1521 Suecia aban-dona a unión dos tres Estadospero Noruega na práctica pasaa ser unha parte de Dinamar-ca. Cando estes países adopta-ron o protestantismo a Bibliafoi traducida ao danés peronon ao noruegués. Durante300 anos o danés foi a linguaescrita de Noruega.A lingua falada era outro can-tar. Ao longo dos fiordes e nosvales das montañas desen-volvéronse os dialectos norue-gueses con apenas influencia

do danés. Nas cidades, a lin-gua escrita era un requisito im-portante. O ensino superior ouprimario era impartido endanés polo que nelas a linguafalada tiña moita influencia dovocabulario e da morfoloxíadanesa.Nas guerras napoleónicas osdaneses equivocáronse de alia-dos e perderon Noruega. Des-de 1814 o país foi gobernadopolo rei de Suecia pero man-tendo unha certa autonomíaque deu lugar a un desexo deindependencia. Cando en1905 a unión con Suecia foi di-solta, un forte sentimento deidentidade nacional xurdiu enaceu a nova lingua noruegue-sa ou deberiamos dicir: dúas.Unhas poucas décadas despoisda liberación de Dinamarca osescritores noruegueses empe-zaron a introducir palabras eexpresións norueguesas na lin-gua escrita dunha maneiraconsciente. Un exemplo tem-perán é a famosa compilaciónde contos populares Norskefolkeeventyr publicados na dé-cada dos 1840. Co paso dotempo máis autores introduci-ron máis elementos noruegue-ses e o resultado foi unhalingua escrita moito máis dife-renciada chamada sanés-norue-gués dansk­norsk. Variosprestixiosos autores usaron es-ta lingua, entre eles Ibsen.Así, a lingua escrita danesapouco a pouco foise parecen-

do ao noruegués falado nas ci-dades. Isto foi feito con deli-beración. Un eminente lin-güísta, Knud Knudsen, foi undos ideólogos. El e os seus se-guidores esforzáronse en crearunha lingua norueguesa escri-ta seguindo un criterio refor-mista sobre as variantesnorueguesas xa introducidasno danés escrito.Mais houbo un movementomáis revolucionario en com-petencia. O seu obxectivo eracrear un noruegués escritocompletamente novo sobre osdialectos da Noruega rural.O seu iniciador foi Ivar Assene chamouno landsmal, (a lin-guaxe do país).Deste xeito xurdiron dúas lin-guas escritas en Noruega des-pois de 50 anos da desapa-rición da influencia danesa.Ambas as dúas recibiron unamplo apoio pero desde dife-rentes ámbitos. O danés-no-ruegués foi forte nas cidades,en especial na capital Chris-tiania (máis tarde Oslo), e nosur-leste do país. O landsmalfoi o preferido nas zonas ru-rais e na rexión occidental.Ningún dos dous prevaleceusobre o outro e foron recoñe-cidos como linguas escritasoficiais. En 1892 nunha lei deensino primario decretouseque sería a dirección da escolaas que decidirían que normati-va utilizar pero que todo oalumnado debería saber as

31Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

dúas. Así segue sendo hoxe.Non obstante as dúas linguasescritas cambiaron de nome.A que tiña o nome de danés no-ruegués hoxe chámase bokmal“a linguaxe do libro” e a quese coñecía como landsmal ago-ra é nynorsk “o novo norue-gués”.Durante décadas sucedéronseagres leas entre os defensores

dunha ou doutra forma de es-crita. Incluso ten implicaciónspolíticas porque o novo norue-gués está vinculado coa políti-ca radical, nacionalismo esociedade rural e o bokmalestá asociado na política coconservadorismo e as elites ur-banas.Porén actualmente a situaciónxa non é tan tensa e as dúas

maneiras de escribir coexistenpacificamente. Os límites en-tre unha e outra xa non son tanprecisos e os escritores per-mítense non ser estritamentefieis a unha ou a outra poloque dependendo de quen es-cribe xorden interesantes va-riantes.

L´idioma andalú (tambiényamáo lengua andaluza o zim-plemente andalú) eh l´idiomake z´abla en Andaluzía, ner zúdè la Peninzula Ibérika.Manke zufre bariazionehheohráfikah, loh ablanteh d'eh-te idioma pozéen muxah karah-teríhtikah en komún, lo k´uníoa zu elebao número aze ke zeauna de lah bariedadeh máh im-portanteh de l´idioma.L´orihen de la idioma andalu-za debemoh buhkarlo en laépoka andalusí, en la kuá erlatín burgá ablao en Al-Anda-lus eboluzionó ahta la lenguade alyamía, la ablá poh loh abi-tanteh de Al-Andalus no rela-zionaoh kon lah élitehdominanteh (lah kualeh abla-ban árabe o berebé). En la len-gua de alyamía podemoh yaenkontrá bahtanteh de loh rah-goh oi karacteríhtikoh de lohandaluzeh. La pozterió konkih-ta kahteyana okazionó k´am-bah ablah (la kahteyana i la

andaluza) no diberhieran zinoke z´enkontraran, por lo kuá oien día no zuelen zé konzideráhlenguah dihtintah. Ar no pro-bení en zu totalidá der kahteya-no, argunoh lingüihtah opinanke no debe zé konzideraodiacrónikamente un dialectode él; por ezo er término ke zekonzidera máh korrecto paradefiní al andaluh (y l´ofiziázegún la Konzehería de Eduka-zión i Zienzia de la Hunta deAndaluzía) eh er de «modalidálingwíhtika andaluza», ankeno ehtén de akuerdo tóh loheruditoh ner tema.Lah karakteríhtikah prinzipa-leh de l´andalú zon una pronun-ziazión bahtante diferente dela kahteyana i un repertorio depalabrah autóktonah, kezumáh a lah kahteyanah deter-minan una relatiba rikeza lékzi-ka. Ehzihten azimihmoargunah bariazioneh zintákti-kah i morfolóhikah.Dentro de l´andalú dihtingi-

moh doh grandeh zonah: l´ozi-dentá i l´orientá. La zonaozidentá komprende lah pro-binziah de Werba, Zebiya, Ká-dih i la parte okzidentá de lahde Kórdoba i Málaga i la zonazur de Badahó. La zonaorientá ze eztiende poh lahprobinziah de Haén, Graná,Armería i la parte orientá deKórdoba i Málaga, adentrán-doze inkluzo en la probinziade Murzia, en onde ze fundekon er panoxo.

Karakteríhtikah prinzipaleh(só algunhas das que po­des atopar na súa Wiki)Er fonema /h/ zolo okurre arfiná de zílaba y eh una brebeahpirazión, k´a menuo puéyegá a modifiká la konzonantezigiente; por ehemplo, la fraze"loh barkoh" se pronunzia [lohvarkoh], en donde la "b" a zío

O IDIOMA ANDALUZ?

En Galicia temos dúas normativas: a oficial e a reintegracionista. Investiga un pouco e tratade establecer algún paralelismo co caso noruego.

32Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

tranformá en labiodentá porl´efekto de la ahpirazión. Lah"h" finaleh de orazión o de gru-po fóniko no ze pronunzian enla zona ozidentá, mientrah k'enla zona orientá orihinan unaabertura ehtraordinaria de labokal prezedente (ehto tam-bién pué okurrí a finá de pala-bra). (Sobre isto algúns

lingüístas din que o andaluzten, como o galego, vogaisabertas e pechadas)

KuriozidáKomo úrtimo apunte, bamoh amenzioná ke z´an elaborao ba-riah gramátikah del «idiomaandaluh» durante l´ihtoria, paprezerbá zu diferenzia e im-

pedí zu fuzión kon er kahteya-no, pero ninguna yegó aaprobarze ofiziarmente. L´úr-tima elaborá fue durante la IIRepúblika ehpanyola, i fueprezentá a Korteh hunto koner Ehtatuto d´Autonomía paAndaluzía, pero debío al eh-tayío de la Gerra Zibí Ehpan-yola, no yegó a aprobarze.

Cando estudamos o vocabulario ea posibilidade de expresar concep-tos a capacidade de crear ou to-mar prestadas novas palabrasdoutras linguas existe en calqueraidioma do mundo polo que enteoría toda lingua pode ter pala-bras para todo. A práctica di quenon é así. As linguas teñen aque-las palabras e expresións necesa-rias dentro do seu entorno cultu-ral. Daquela as linguas usadas enculturas diferentes terán vocabula-rio diferente.Por exemplo o vocabulario da lin-gua khoisan ten o léxico necesa-rio para un pobo cazador-recolector do deserto do Kalaha-ri. Ten moitos nomes de animais eplantas incluídos non poucos paraos que non existe ningunha corres-pondencia en ningunha outra lin-gua. As palabras que describen ossentimentos humanos son tanabundantes e axeitadas como asdas linguas europeas así como, pa-ra designar as partes do corpo e

aspectos da vida e da morte. Tenademais moitas palabras para oseu uso ritual máxico, mitolóxicoe relixioso. En xeral ten todo o ne-cesario para responder con éxitocalquera demanda do seu ámbitonatural, non obstante, non hai pa-labras para referirse á modernatecnoloxía, non hai palabras paracoche ou televisión pero tampou-co para cousas para nós tan ob-vias como: casa, moble, roupa.Como eles viven en pequenas co-munidades sen líderes permanen-tes non teñen palabras que faganreferencia a Estado ou Constitu-ción, lei ou policía. Como nuncase involucraron nunha guerra nonteñen palabras para os distintosrangos militares ou palabras co-mo canón. Na súa sociedade nonhai necesidade das matemáticasxa que non teñen nin gando nindiñeiro que contar. Isto reflíctesena súa lingua que non ten pala-bras como: máis ou menos e nonhai palabras para números maio-

res ca seis.Hai outra razón pola que atopa-mos menos palabras en khoisanca en inglés ou galego: non teñenescritura. En linguas sen escrituraas palabras teñen que ser transmi-tidas dunha xeración a outra através da súa aprendizaxe desdenenos. En linguas con poucos fa-lantes -a maioría das aínda exis-tentes- unha palabra que non teñaun uso frecuente pode ser só oídapor poucos dos falantes polo queserá transmitida só aos fillos des-tes poucos falantes. Se o númeronon sobrepasa os varios milleiroscon moita probabilidade esa pala-bra desaparecerá e cando alguénnecesite referirse a iso, que eradesignado grazas á palabra xa es-quecida, terá que valerse de todoun circunloquio. Cando existe aescritura esa palabra fica gravadae atesourada nun libro que podesobrevivir varias xeracións de fa-lantes para ser sempre recollidanel se for necesario.

O KHOISAN E AS MATEMÁTICAS

Imaxina que os andaluces deciden utilizar, xa que durante moitos séculos estiveron baixo a súa influencia, oalfabeto dos árabes para escribir. Non enteriamos ren. Algo semellante sucede entre serbios e croatas. Falanpracticamente a mesma lingua pero uns utilizan o noso alfabeto e outros o cirílico. A razón: afirmar as diferenzasétnicas?

Non teñen matemáticas porque o seu xeito de vida non as necesita pero calquera das nosas linguas occidentais non podencompetir co khoisan no seu medio cazador. Non hai linguas superiores nin inferiores. As linguas son esenciais para maximizar asupervivencia dos falantes dentro do seu ámbito natural.

33Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

CUARTA PARTE

ÍNDICECOMENTARIO DE TEXTOS

MadrithUnha palabra comúnA fábrica de palabrasNa oficina de obxectos perdidos

páxina 34

páxina 38

páxina 40

páxina 42

34Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Durante a lectura do relato titulado Madrith o lector compara con sorpresa a realidade deficción escrita intelixentemente por Séchu Sende e a realidade non de ficción en que vive

cada día un galego.No texto descríbese con detalle as consecuencias máis frecuentes do conflito lingüístico, resultadoda coexistencia non pacífica de dúas linguas nun mesmo territorio.

1.ª PARTERECOÑECEMENTO E COMPRESIÓN DA SITUACIÓN.

Muy poca gente parece darse cuenta de que no hace muchos años en Madrid o enValladolid todo el mundo hablaba español con absoluta normalidad. Y sin embargo losjóvenes, cuyos abuelos hablan en su mayoría español, consideran que el castellano no esmoderno, que sólo es algo tradicional, como el cocido madrileño o el chotis.

Primeira evidencia de que a lingua que era natural para toda a xente que vivía nese territorio estádeixando de selo. Non hai evidencia máis elocuente que o cambio de conduta lingüística a nivelxeracional: os netos xa non falan coma os seus avós. Non hai ademais na maioría da xente concien-cia de que o “castelán” sexa a lingua nacional -un símbolo- senón un aspecto do folclore máis aonivel do chotis ou do cocido madrileño: algo que comemos ou bailamos só en días de festa. O díaque bailamos chotis e comemos cocido madrileño están os carteis en castelán e, con sorte, a mega-fonía pero os músicos e a xente non falará entre si en español.

2.ª PARTEEVIDENCIAS DA SÚA DESAPARICIÓN

USOS EN...

COMENTARIOS TEXTUAIS

MADRITH

ENSINO MASS­MEDIA VIDA COTIÁTengo dos hijos, uno de dos y otro decuatro años. Y ni en la guardería ni en elcolegio les hablan castellano.

En la prensa, en la radio o la televisiónel español tiene una presencia bastantebaja. Por no decir que no hay revistasdeportivas o del corazón en castellano,por ejemplo. Y si vas a una librería, loslibros escritos en nuestra lenguasiempre están al fondo, en una esquina,si log hay.

Si vas por los barrios y te fijas, puedesver que apenas hay cosas escritas encastellano. Desde los cartelitos de lastiendas hasta los grandes anunciospublicitarios, es muy difícil sentir lapresencia de la lengua española en losespacios públicos.

Y si vas al cine, uff, con suerte seestrena una película o dos al añorodadas en español.

En Madrid, si vas a una tienda demúsica, por ejemplo, es difícil queencuentres música de grupos que cantenen castellano.

La mayoría de la gente joven ademástiene problemas para expresarse encastellano aunque es una asignatura quese cursa en la enseñanza obligatoria. Enlos institutos algunas materias se debenimpartir en español, pero hay muchosprofesores que se niegan a hacerlo, porno hablar de los centros privados yconcertados. . .

35Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Ante esta realidade sería milagroso que a situación non sexa a de progresivo abandono do uso doidioma “castellano”, asumindo a súa inferioridade e facendo todo o posíbel por facilitarlles aosfillos a apredizaxe e uso do outro idioma. Esa idea de inferioridade e falta de prestixio causa que ocastelán se use só entre familiares (pero non cos fillos) e na casa, nunca noutras situacións da vidacotiá:

Hay mucha gente que piensa que el castellano es una lengua atrasada, poco fina, y amuchas personas les da vergüenza hablarlo, les da corte. Hay gente de aquí, de Madrid detoda la vida, que dicen que el español no se les da nada bien, que es muy difícil o que seven raros hablándolo.

Y así, los que llegan de provincias lo primero que hacen es dejar de hablar español.

Estas son actitudes típicas do biligüismo diglósico onde é moi frecuente o language shift:

También hay muchos padres y madres que alomejó hablan en español entre ellos, pero alos hijos ya no.Deben pensar que en español no les va a ir bien en la vida, porque para ellos el español notiene prestigio.

Está moi claro que para a opinión da maioría o “castellano” é unha lingua inferior, e non só alingua porque moitos se esforzan en que non se lles note o máis mínimo que son madrileños. Estánestigmatizados:

Incluso hay quien disimula su acento madrileño porque piensa que suena mal.

A ausencia de uso no ensino e nos medios de comunicación audiovisuais fai que baixo a presión daoutra lingua o castelán falado sexa o que cada quen utiliza na súa casa e aprende dos seus maiores.Isto é, que non ten unha variante estándar que reúna as características máis correctas do idioma eque sirva de modelo.

Por cierto, disculparme si tengo algunas faltas de ortografía, pero es que el castellanonormativo no se me da nada bien. Y a veces escribo como siempre hemos hablao en casa.

É urxente a creación dun estándar e que este sexa utilizado no ensino para que sexa aprendido polosnenos e nos medios de comunicación para que chegue a xente de todas as idades. A maioría dasveces a reacción ante o perigo de deturpación e desaparición dun idioma chega cando xa édemasiado tarde. Moitas veces de pouco vale que haxa moita determinación e motivación deresistencia entre a xente se a actitude dos poderes políticos e públicos non existe ou incluso fai porcomprometer aínda máis a supervivencia do castelán:

36Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Por otro lado incluso tenemos que aguantar a toda esa gente que les han cambiao el nombrea las ciudades, como el propio alcalde de Madrid, que desde hace unos años escribeMadrith en todos los documentos oficiales, carteles o señales, o incluso en unos setosgigantes de flores a la entrada de la ciudad por la M30.

Un dato que dá algunha esperanza:

Por otro lado, aunque hay gente que decide ponerse a hablar en español —sobre todochicos y chicas jóvenes que descubren que es su lengua, la lengua de aquí, de Madrid—,es mayor el número de personas que aprendieron hablar en castellano y después loabandonan como un zapato viejo en el Manzanares.

Estes rapaces contan con argumentos a favor da súa decisión:

La gente tampoco se da cuenta de que si hablas español puedes comunicarte con gente deArgentina o México o Guinea. Nada, ni siquiera parecen valorar que grandes escritorescomo Cervantes o Julio Cortázar escribieron sus libros en castellano.

Moi pouca xente chega á seguinte conclusión cando un idioma e os seus falantes pasan por esteproceso diglósico nun principio e, por último, de abandono e deserción da súa propia lingua:

Yo creo que la única manera de solucionar este problema sería que la gente tomaseconciencia de lo que está pasando y empezase a valorar nuestra lengua propia. De hecho,antes de que esto empezase a suceder, Madrid era una ciudad próspera y orgullosa de seruna gran ciudad.

A baixa autoestima e o autodesprezo esténdese desde o idioma a todo o demais. Se o que eu falo xanon é un idioma, senón dialecto, onde eu vivo xa non é un país, senón unha rexión e toda a miñahistoria xa non é historia senón folclore.Ante unha situación inxusta é normal que haxa xente con valor e dignidade que reclame xustiza. Sea causa está xustificada a reivindicación, aínda que sexa iniciada por unha soa persoa, axiña podechegar a ser compartida por moitas máis.

También hay mucha gente que se manifiesta de vez en cuando en defensa del español, ycolectivos en defensa de la normalización del idioma que reclaman que nuestra lenguadeje de estar margina socialmente.

Todo Estado ten medo da existencia no seu interior de grupos étnicos diferenciados que poidancuestionar a súa unidade. En todo proceso de reivindicación de soberanía a defensa da lingua propiaé universal porque é un dos maiores símbolos á hora de xustificar os dereitos dun grupo étnico adecidir por si mesmo as súas necesidades e, polo tanto, reclamar un Parlamento e, como mínimo, unEstatuto de Autonomía dentro dese Estado ou a súa independencia. Por iso son frecuentes asreaccións desde o Estado para desmotivar e desmobilizar politizando o conflito lingüístico:

Que pasa, que la prensa y el gobierno les dice de radicales y cosas así.

En Madrid, si hablas castellano es porque vienes de la aldea o eres del BloqueNacionalista Español, piensa alguna gente.

37Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Se un idioma só é utilizado por cuestións ideolóxicas ese idioma non está normalizado. Un idiomanon se fala porque teñamos unha orientación sexual, unhas crenzas relixiosas ou por que sexamosaltos ou baixos. Un idioma normalizado é falado con todo o mundo, a calquera hora e en calqueralugar. Neste sentido parece que a persoa que escribe este manifesto o ten moi claro e busca, portodos os medios, non romper a transmisión xeracional da súa lingua e o vínculo afectivo que todalingua materna ten:

Yo tengo dos hijos, de dos y de cuatro años, ya lo he dicho, y me gustaría que creciesen enMadrid hablando español, como su padre, su madre, o como sus abuelos u bisabuelos ytatarabuelos, etcétera. Pero estoy preocupada por que en el colegio son los únicos quehablan castellano. Espero que aprendan a valorar su propia cultura, su identidad, pues ya sesabe que alguien que no tiene raíces no puede volar.

É unha persoa que sabe demandar e facer respectar os seus dereitos. Non é un capricho nin unhaestupidez, simplemente ela non ten por que deixar de falar como fala:

Me gustaría que, por un momento, toda esa gente que mira al castellano un poco de ladose pusiese en nuestro lugar y comprendiesen la importancia que tiene para nosotrog que serespeten nueghtrogh derechogh y nueghtra identidad.

Anexo:

Merece unha mención especial o xogo lingüístico proposto por Séchu Sende. Ao longo do textointroduce algunhas características do castelán, digamos vulgar:

Lo cierto es que nuestro idioma no está pasando por buenos momentos. To lo contrario.

Y si vas a una librería, los libros escritos en nuestra lengua siempre están al fondo, en unaesquina, si log hay.

Y lo peor eg que hay siudades como Toledo o Segovia en las que también es muy difícilescuchar el español en la calle, en las tiendas o en las discotecas.

También hay muchos padres y madres que alomejó hablan en español entre ellos, pero alos hijos ya no.

Y a veces escribo como siempre hemos hablao en casa.

Non é unha persoa de baixa cultura:

Mucha gente piensa que son las lenguas las que dan o quitan prestigio a las personas,cuando realmente es la gente la que prestigia o desprestigia un idioma, que lo he leído enun libro.

Esta persoa utiliza esas características lingüísticas para reafirmarse na súa identidade:

Me gustaría que, por un momento, toda esa gente que mira al castellano un poco de ladose pusiese en nuestro lugar y comprendiesen la importancia que tiene para nosotrog que serespeten nueghtrogh derechogh y nueghtra identidad.

38Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

UNHA PALABRA COMÚN

Ao longo da Historia desapareceron civilizacións que dominaron inmensos territorios cos seusexércitos e leis escritas na súa lingua oficial. Non foron poucos os que apenas deixaron atrás

unhas ruínas. A pesar de que coñecemos este feito a ninguén lle gusta estar nesa situación echegado o caso intentamos resistir para non desaparecer. As linguas, como as civilizacións, xordene desaparecen sempre substituídas por outras:

Coñecín moitas palabras que desapareceron e todos os días me cruzo na rúa con algunhaque acaba de nacer.

Se das civilizacións pasadas só conservamos algúns restos arqueolóxicos e algunhas tradicións moialteradas, das linguas pasadas conservamos algunhas palabras tamén moi ou pouco alteradas polopaso do tempo:

Que quede claro que non teño nada contra as palabras estranxeiras. Na miña vida coñecínmoitas que viñan aquí facendo turismo. Pasei moi bos momentos con algunhas palabrasitalianas e francesas e unha palabra alemá e mais eu mesmo tivemos unha historia de amorhai algúns anos.Tamén fixen algunhas viaxes a outros países e nunca tiven problemas para me facerentender e comprender as palabras coas que me atopei en Grecia ou Turquía ou en Exipto.Todo o contrario.E que quede claro que tampouco teño nada contra as palabras inmigrantes, que cheganpara vivir como calquera de nós, que eu teño moi boas amigas que chegaron de Américahai algún tempo e agora son como da casa, vivindo neste país que sempre foi hospitalariocon todo o mundo.

Estas palabras chegadas de América cos emigrantes ou outras que sobreviviron desde os temposdos castrexos ou dos suevos cóntannos a nosa Historia. Outras palabras non substituíron palabrasautóctonas senón que contribuíron a enriquecer o noso léxico porque fan posíbel describir unsentimento, un obxecto ou concepto para o que non había até entón unha palabra. Mais non é o casoque nos ocupa. A palabra en risco de desaparecer é unha desas palabras que existen en calqueraidioma porque é unha palabra común e corrente.

Eu só son unha palabra común. (. . .) Nacín aquí, hai xa bastantes anos, e as cousas desdeque eu era unha palabra nova cambiaron moito. En fin, que estou para o que faga falta.Aprendín moi cedo que son única, que ningunha outra palabra pode substituírme, comonos pasa a todas as palabras do mundo.

O problema é ese, que a pesar de ser unha palabra común ten medo a ser esquecida por uncastelanismo:

Mais a palabra que chamou á porta da miña casa non viña facer turismo. Viña quedarse.As palabras da miña lingua levamos pasando por isto desde hai anos xa. De súbitochegamos á nosa casa ou ao noso traballo e hai un castelanismo ocupando o noso lugar,facendo súa a nosa vida

O castelanismo díxome que eu xa non era necesaria, que por favor abrise a porta, que nonme resistise, que todo acabara para min e que regresaría o día menos pensado para quedarcoas miñas cousas, a miña casa, o meu traballo e o resto. Esa mañá non saín da casa. O

39Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

mundo veume encima. Acovardeime e non fun traballar. Sei que cando unha palabra nonsae á rúa, ou non vai ás cafeterías, aos colexios, ás oficinas, en fin, aos lugares de sempre,para esa palabra comeza o principio da fin.

As palabras doutros idiomas non aparecen na boca de todos de maneira súbita. Entran desde arribae son rapidamente adoptadas polos grupos sociais con aspiracións a cambiar de status e posicióndentro da pirámide social.

Ao primeiro eran poucas. Vivían en grandes pazos nas aforas ou nas casas máis ricas ounos cuarteis do exército. Axiña se descubriron as súas intencións, cando comezaron aollarnos por riba do ombro, e a ocupar os mellores traballos e a facerse con privilexios ácusta de nós e a substituírnos, pouco a pouco. Ao final moitas de nós acabarondesaparecendo e doutras xa case ninguén se acorda. O resto, resistimos.

Este proceso de non reverter é fatal para a supervivencia dun idioma. Se as palabras non se usan,non se oen e se non se oen non se aprenden. Daquela, esas palabras non estarán no vocabulario dasxeracións futuras. Algunhas son palabras insubstituíbeis, como as galegas esmagar ou reseso, perooutras desaparecerán para sempre a non ser que a vontade dos falantes as manteñan vivas:

Estiven chorando medio día até que me dixen: chorando non se amaña nada

E collín as miñas cousas e saín decidida a facer o meu traballo, coa cabeza ben alta,ergueita. E traballei até ben entrada a noite e cando regresei á casa, seguía sendo a miñacasa.Desde que o castelanismo que me quere substituír veu ameazarme non tiven un minuto dedescanso. Sinto como se tivese que traballar por todas as palabras que desapareceron, quehai moito por facer. Traballo día e noite e descanso satisfeita porque estou facendo todo oque podo. Nunca me sentín con tantas ganas de vivir.A situación é moi preocupante aínda que ultimamente somos moitas as palabras quedecidimos enfrontarnos a esta colonización da mellor maneira que sabemos: saíndo dacasa todos os días, ocupando as nosas rúas, as nosas fábricas, as escolas, os autobuses, asprazas, as empresas, os mercados, as librerías, as tendas de música, os cíbers, e todos eseslugares onde realmente somos necesarias.

40Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

A FÁBRICA DE PALABRAS

O relato explora a posibilidade de fabricar palabra por palabra unha lingua. Evidentementeunha lingua é moito máis ca unha relación de palabras. Nós non falamos inglés aínda que

saibamos moitas palabras pero, se nos deixamos levar da ficción, está claro que o ser humano levaespeculando desde os tempos bíblicos sobre a conveniencia de falarmos unha única lingua coobxecto de permitir a comunicación entre toda a humanidade. Magnífico empeño pero todossabemos que aínda que dúas persoas falen a mesma lingua non por iso van estar xa de acordo entodo.O verba preséntase como o idioma do futuro, antes fórono o esperanto.. . . . pero, a diferenza deste, overba vai espallarse máis rapidamente porque utiliza as leis da oferta e da demanda.

A través das leis do libre mercado as palabras véndense como se fosen obxectos, e alingua, unha mercadoría. Verba resérvase todos os dereitos sobre a súa utilización.

A través da difusión social de palabras que a xente vai asumindo espontaneamente comopropias, e a pesar de que realmente todas e cada unha desas palabras son propiedadedunha empresa, Verba conseguiu que milleiros de palabras que hoxe son de uso cotiánsexan obxectos inmateriais de compra e venda. E como toda propiedade privada, aEmpresa resérvase os dereitos da súa utilización.

E sofisticadas técnicas de mercadotecnia

Contratamos xente experta en filoloxía, en teoría da comunicación, en márketing ou eneconomía e formamos, xunto a un grupo de escritores, publicistas e expertos encreatividade, o primeiro equipo especializado en Comunicación Industrial ao servizodunha empresa que ten como obxectivo a venda de palabras.

Sen escatimar custosas campañas publicitarias

Nas rúas as palabras da Empresa están de moda. Famosos deportistas, actrices e cantantescobran centos de millóns por empregar, introducíndoas con aparente naturalidade, aspalabras de Empresa nos medios de comunicación.Verba xa conta con plataformas de comunicación en "diversas rexións do mundo. Temosas nosas propias televisións, radios, portais de internet, os nosos propios xornais, editorasde poesía, de narrativa, literatura infantil, libros de texto. . . Na maior parte dos media—algúns dos cales a Empresa comezou a mercar estratexicamente—, nunha importantecantidade de información inclúense as palabras de Verba, para vender automóbiles ouroupa deportiva, para anunciar concertos, redactar o horóscopo ou escribir artigos deopinión.

Verba supón o primeiro intento con éxito de converter en propiedade privada algo que, pordefinición, é un ben colectivo xa que unha lingua non existe sen que un grupo indeterminado depersoas a utilicen a diario adaptándoa no tempo e no espazo ás súas necesidades.

A estas alturas da historia a nosa multinacional chegou á conclusión de que as linguas sona máxima representación da creación cultural dun pobo. Cada pobo elaborou ao longo demilleiros de anos o seu propio idioma e, xeración tras xeración, ese patrimonio vénrepresentar a propia identidade comunitaria.

41Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

Unha das razóns de por que evolucionan as linguas é esa contínua adaptación aos cambiosconstantes que implica a vida e no texto isto está moi ben reflectido no significado da primeirapalabra rexistrada por Verba: “Leu” que significa “fatiga sentimental, cansazo ou fastío producidopolas relacións amorosas ou emocionais”. É unha palabra que nos permite expresar, exteriorizar eque outros nos entendan un sentimento moi moderno. A enfermidade do século XXI é a depresióncausada, moitas veces, polo fracaso na comunicación entre as persoas. Normal que haxa tanta xenteque adopte a palabra. Faino porque é moi necesaria. Por desgraza é o que senten moitas persoas adiario en moitas cidades do primeiro mundo. A hipotética historia de éxito da palabra "Leu" resultamoi semellante á palabra de orixe inglesa "stress". Que non dixo algunha vez esta palabra?

Verba está desprazando en uso e prestixio linguas como o inglés, o ruso ou o castelán polo que estágañando moitos inimigos:

hai eco-lingüistas que están dando a voz de alarma a causa dos cambios que se están aproducir, pois aseguran que a irrupción do verba pode provocar procesos de substituciónlingüística e perda de liberdade de expresión. De feito, as Palabras da Empresa xa se estánintroducindo nos currículos escolares dalgúns países do sur. E hai pais e nais que llesaprenden aos seus fillos as primeiras palabras en verba, favorecendo a aparición daprimeira xeración de nenos e nenas que teñen o verba como primeira lingua.Segundo os nosos cálculos, e se a tendencia se mantén esponencialmente estábel como atéagora, o verba será o décimo idioma falado no planeta en vinte e cinco anos.O negocio funciona.

Si, o negocio funciona. Nunca até agora alguén puido afirmar :

Falarán a miña lingua.

Até agora todos eramos donos da ou das linguas que falamos. Verba é a primeira que só ten undono, os demais temos que pagar para falala. O autor leva ao extremo a idea da mercantilización detodo o que nos rodea. Hai empresas que se apoderan dos poucos mananciais de auga pura, outrasson donas dos recursos básicos para a supervivencia do home: as sementes. Séchu Sende especulasobre a posibilidade de que algo tan propio dun pobo como é a súa lingua sexa propiedade dunhaúnica persoa e haxa que pagarlle por usármola.

42Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS

No relato un home acode a unha oficina de obxectos perdidos buscando a lingua que perdeu.

—Yo es que perdí mi lengua.

A UNESCO predí que durante este século desaparecerán, poñendo en risco a diversidadelingüística e cultural da Humanidade, 3 .000 das 6.000 aínda existentes. Daquela, o que lle sucedeua este home cando era un rapaz é o que lles está a suceder a millóns en moitas partes do mundo. Asrazóns son moitas pero neste caso:

—E sabería onde, onde a perdeu?—Umm... En una discoteca, fue en una discoteca, el día que conocí a mi mujer. . .—E en que cidade?—Aquí, aquí mismo.—E non lembrará o nome da discoteca?

A maioría das veces hai unha razón que poderiamos considerar o denominador común: a asunciónde que a súa lingua carece de prestixio. No seu caso, ante a posibilidade de seducir a unha rapazapara entrar nunha discoteca ademais dunha forma de vestir, de bailar cando coexisten dúas linguashai unha coa que podes ligar e outra coa que podes contentarte con entrar, bailar e beber copas.Estas situacións son as típicas en sociedades onde existe o bilingüismo diglósico. Ao longo daHistoria o bilingüismo diglósico foi a causa maior da morte de linguas ao seren substituídas polasdos pobos con maior capacidade militar, económica e cultural. Moitas persoas asumen este feitocomo algo natural. Non cuestionan o feito de utilizar unha lingua coa familia e amigos e outracando saen dese reducido círculo. Tampouco cuestionan que falen unha lingua pero cando teñenque ler ou escribir debe utilizar outra. Pero non todas as persoas actuamos así. Para outras, a linguaé parte da nosa identidade e sen ela non consideramos que se respecte a nosa dignidade. Neste casoo protagonista de xeito libre e voluntariamente decide recuperar a súa lingua materna pero non sóel:

Hoxe mesmo lle digo á miña muller que veña ver se atopa a súa, sabe, ela tamén a perdeuhai anos, e agora, agora, en fin.. . , é que imos ter unha nena e.. . , xa sabe, queríamos quefalase. . .

Quere ser responsábel de que a lingua perdure unha xeración máis. As linguas son monumentosconstruídos xeracións tras xeracións por falantes anónimos pero mentres os valiosísimosmonumentos construídos en pedra perviven, as linguas se non as falamos morren. O protagonista dorelato aprende que ademais de ser a súa lingua tamen é un ben de incalculábel valor. . .

—Teño que pagar algo?—Non, home, non.. . Isto non ten prezo.. . A lingua é súa.. . Iso si, teña coidado de nonperdela outra vez, vale?

. . . tamén é como unha especie de segundo ADN. Se a xenética nos di que descendemos das nosasnais porque herdamos parte do seu ADN mitocondrial, a lingüística dinos que descendemos dasnosas nais porque falamos coma elas:

43Guía de Lectura de Made in Galiza

Guía de Lectura de Made in Galiza

—A ver, aquí temos unha lingua con seseo implosivo.—Perdón?—Recorda se vostede dicía lus ou felís, así, con ese.—Umm, pienso que sí, sí, sí! , como mi madre, sabe, es que yo soy de la zona deMalpica. . .

A lingua, e un dialecto de xeito aínda máis relevante, é algo que nos define a nivel individual. Todos candofalamos temos a capacidade de identificar moi a miúdo os nosos interlocutores como nativos dun lugarconcreto, a súa clase social, a súa idade, se vivimos nunha sociedade multicultural a súa orixe étnica peroa lingua é tamen algo que nos define como grupo, incluso como especie.

David Harrison (www.languagehotspots.org) establece unha comparación entre a extinción de seres vivose a morte de linguas. Cada vez é maior a sensibilidade entre a humanidade sobre a importancia da conser-vación e sostemento da diversidade biolóxica pero, aínda sendo moi preocupante o ritmo en que moitas es-pecies se están extinguindo, a morte de linguas é moito máis alarmante. O 20% das especies coñecidasestán en perigo de desaparición pero cando falamos de extinción lingüística a cantidade de linguas amea-zadas chega ao 80%.

A ciencia da Ecoloxía demostra que os ecosistemas máis fortes son aqueles que son máis diversos. Se rela-cionamos esta idea co ser humano podemos chegar á conclusión de que a nosa capacidade de adaptación ecolonización do planeta é debido á nosa habilidade en desenvolver culturas distintas co obxectivo de adap-tarnos a toda clase de ecosistemas. Se a diversidade é, sen dúbida, unha necesidade para que a humanidadesobreviva con éxito entón a conservación da diversidade lingüística é esencial, xa que a linguaxe é unhadas características que nos fai seres humanos. Se a creación e desenvolmento de múltiples culturas é tanimportante para a nosa supervivencia, daquela o papel xogado polas linguas é algo vital porque as culturasson transmitidas principalmente a través da lingua oral e escrita. É evidente, daquela, que cando a transmi-sión dunha lingua se interrompe durante o proceso de morte lingüística hai unha perda crucial do coñece-mento herdado desde o pasado máis remoto. Calquera redución na diversidade lingüística diminúe a forzaadaptativa da nosa especie porque empequenece, empobrece o coñecemento do que podemos aprender. Xanon temos acceso á experiencia acumulada durante miles de anos por un pobo. Se a lingua dese pobo mo-rre perdemos a chave para aprender da súa experiencia, de todo o que chegaron a aprender durante a súaexistencia. Un caso práctico sería a imposibilidade de coñecer o valor e usos, por exemplo, medicinais quepode ter unha planta coñecida polos xamáns dunha etnia amazónica. Quizais tiñamos aí a curación docancro, do alzheimer ou a definitiva inmunidade contra a gripe.

En Papúa Nova Guinea, só unha ducia da súas 800 linguas

foron estudadas en detalle. A nivel mundial, se cadra aínda

hai 4000 sen estudar. O custo de facelo representaría un

gasto de 800 millóns de dólares, aproximadamente o prezo

dun destrutor naval tipo Aegis Class. Nos EEUU un

xornalista dedica columnas de texto á supervivencia do

moucho moteado e con sorte só unha palabra á difícil

situación das linguas no mundo.

O goberno dos EEUU gasta un millón ao ano en campañas

de salvación da pantera de Florida pero só dous millóns de

dólares ao ano na protección de todas as linguas indíxenas

faladas nese país (. . .) E cada lingua en si mesma é un

ecosistema de ideas e intuicións, unha pradeira de

pensamento, un vetusto bosque do maxín (. . .) Cando

sacrificamos unnha lingua, di Ken Hale, profesor de

Lingüística do Massachusetts Institute of Technology

facemos caer unha bomba sobre o Louvre. (. . .)

Das 175 linguas nativas aínda faladas en EEUU, 55 son

faladas por menos de 10 individuos. As palabras e frases

de só 20 linguas son transmitidas de nais a fillos. Das 80

linguas faladas en California cando chegaron os

occidentais só se conservan 50 e ningunha lle é falada a un

neno. En Canadá houbo unhas 60 linguas indíxenas das

que só 4 teñen un futuro esperanzador: Cree, Ojibwa,

Dakota e Inuktitut. En toda Norteamérica só o Navajo é

falado por máis de 100.000 persoas.

Wade Davis, Light at the Edge of The World