42

Antartida

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Antartida
Page 2: Antartida

A finais do S. XIX a Antártida era o único continente senexplorar. O polo Sur era o lugar máis remoto da Terra.En decembro de 1911 o explorador noruegués RoaldAmundsen abriu por primeira vez unha ruta cara aAntártida, competindo coa expedición británicacapitaneada por Robert Scott, que chegou 33 días máistarde. Os homes de Scott morreron de fame e frío nocamiño de volta.

Page 3: Antartida

Que é a Antártida?

A Antártida é un Continente Xeado. Contén o 90% do xeo e o 80% da auga doce do planeta.

Page 4: Antartida
Page 5: Antartida

Si, dende calquera lugar doplaneta, nos dirixísemos caraao sur, chegaríamos áAntártida.

O POLO SUR está alí.

Onde está?

Page 6: Antartida

A Antártida é o cuarto continente máis grande, despois de Asia, América e África, cunha superficie de 14 millóns de km2.

Que tamaño ten?

Page 7: Antartida

Acádanse temperaturas de -70ºC, as máis baixas do planeta, e ventos de 300 km hora.

Como é o tempo?

Page 8: Antartida

O verán dura 6 meses, duranteos que o sol permanece noceo de maneira continua. Os 6meses restantes son invernode “Noite Eterna” naAntártida, xa que o sol nonchega a elevarse moito sobreo horizonte.

Do “Día Polar” á “Noite Eterna”.

Vídeo dun ano de duración condensado en 6 minutos:

http://www.youtube.com/watch?v=TemK6CF6lF0

Page 9: Antartida

Que agocha baixo o xeo?

Page 10: Antartida
Page 11: Antartida

UN VOLCÁN… O MÁIS AUSTRAL

DO PLANETA

( 3.794 metros de altura).

Page 12: Antartida

Un dos lagos máis grandes do mundo, coa auga máis pura e antiga do planeta e … baixo máis de 4 km de xeo!

Page 13: Antartida

UNHA CORDILLEIRA,… TAN GRANDE COMO OS ALPES.

Page 14: Antartida

15.000 km2 de terra conxelada, podémonos atopar alí cun frío e antigo deserto depropiedades xeolóxicas extraordinarias, cordilleiras nevadas, lagos conxelados, cuncashidrográficas, solos moi áridos e ata dunas de area.

O lugar da Terramáis parecido aMarte.

Page 15: Antartida

Quen vive na

Antártida?

Page 16: Antartida

• Ninguén vive na Antártida de forma permanente, xa que é demasiado fría.

• Durante os meses de verán viven uns 4.400científicos, estudando o continente, as augas, oclima e os seres vivos que o habitan.

Page 17: Antartida

Que animais se atreven a vivir na

Antártida?

Estes son algúns dos máisabundantes.Todos eles comen marisco!

Page 18: Antartida

O Krill (Euphausia superba)é un pequeño crustáceo queconstitúe o alimento funda-mental de numerosas especies .

Page 19: Antartida

(Megaptera novaeangliae)

Chegan ao Antártico durante o verán, para alimentarse de Krill e pequenos peixes. Segundo os cetólogos o canto das baleasaseméllase ao canto dos humanos.http://www.youtube.com/watch?v=YL5vlzJx1us

Page 20: Antartida

(Leptonychotes weddellii)

Os adultos miden uns 3,2 m. de lonxitude e chegan a pesar ata 500quilogramos. Pódense mergullar ata 600 metros baixo o mar.

Tanto as focas como as baleas

teñen unha grosa capa illante de

graxa.

Page 21: Antartida

(Aptenodytes fosteri)

Pode acadar 120 cm. de altura, e pesararredor de 30 kg. Os machos son moiatentos e sacrificados. Mentres asfemias van pescar, eles incuban osovos. Están tan concentrados na tarefaque poden permanecer sen comer ata9 semanas.

Viva a igualdade de xénero!

Posúen un espeso plumaxe que os protexe da sal e das baixas

temperaturas da auga do mar.

Page 22: Antartida

(Larus dominicanus)

Tamén se chama “gaivota cociñeira” polo seu costume de seguir aos barcos e alimentarse dos restos de peixes que botan ao mar.

Mide de 58-60 cm., e as ás de 41 a 45 cm.

Page 23: Antartida

Quén foron os primeiros en chegar

ao Polo Sur?

Page 24: Antartida

« De seguro que nunca un home se enfrontou, como mepasou a min, ao feito de ter alcanzado algo diametralmenteoposto ao que soñou. As rexións do Polo Norte – omesmísimo Polo Norte– atraéronme desde novo, e, aquíestou, no Polo Sur. Cabe imaxinar maior despropósito?»

Roald Amundsen (Borge, Noruega, 16 de xullo de 1872-Mar de Barents, 12 de xuño de 1928).

Page 25: Antartida

Chegou ao Polo Sur o 14 de decembro de 1911 dirixindo a expedición norueguesa.

Page 26: Antartida

26

“ No sei se fun un gran explorador, pero o noso final serátestemuña de que na raza humana aínda non desapareceronnin o espírito do valor, nin a forza para resistir o sufrimento”.Explorador Robert Falcon Scott, (Devonport, Inglaterra, 6 dexuño de 1868- Antártida 29 de marzo de 1912).

Page 27: Antartida

Chegou coa expedición británica o 17 de xaneiro

de 1912.

Page 28: Antartida

• No mes de outubro, ambos exploradores partiron cara a Antártida.Amundsen facendo uso de cans de trineo e Scott empregandotrineos a motor, poldros siberianos e cans.

• O 14 de decembro de 1911, a expedición de Amundsen gañou acarreira: chegou ao Polo Sur e regresou ao campamento base senincidentes.

• A expedición de Scott foi menos afortunada. Os trineos de motoravariáronse, os poldros morreron e os equipos con cans non llesserviron de moito (Scott e catro dos seus compañeiros tiveron queterminar a expedición a pe).

• O 18 de xaneiro de 1912, Scott e o seu equipo alcanzaron o Polo Sur,atopándose con que Amundsen chegara un mes antes.

• A viaxe de volta foi excepcionalmente triste para os vencidos: Scott eos seus catro compañeiros pereceron. Os seus cadáveres e o diarioda expedición foron atopados o 12 de novembro de 1912. O corpoconxelado de Scott, estaba a tan só 1 milla do campamento base.

Page 29: Antartida

Funciona como un dos refrixeradores da terra regulando as correntes oceánicas e o clima mundial. Calquera impacto ambiental significativo alteraría o clima global.

Por que é importante a Antártida?

Page 30: Antartida

Se se derretese completamente o

xeo antártico o nivel actual dos

océanos elevaríase 70 m.

Ameazas

Page 31: Antartida

Entre o 31 de xaneiro e o 7 de marzo de 2002, 3.250 km2 de xeo de 200 m de espesor desprendéronse, desintegrándose, da barreira Larsen.

Plataforma Larsen

Page 32: Antartida

Dende os anos setenta, o KRILL diminuíu nun 80%, probablemente a causa do cambio climático.

Todos a dieta!

Page 33: Antartida

A que país pertence?

Page 34: Antartida

A Antártida non pertence a ningún país e, en 1991 foi declarado

o seu sistema de xestión é único no mundo econverte este reino de xeo, rochas e vento nun raroexemplo de tolerancia, de colaboración internacionale de respecto polo medio ambiente.

Amigos?

Page 35: Antartida

• O clima; hai que ter en contaque en ámbolos dous polos sexera o clima do planeta.

• A historia do clima do planeta.Na Antártida hai capas de xeo deata tres quilómetros que nuncase derreteron. Este xeo levaburbullas de aire atrapadas queson testemuña da composicióndo aire en diferentes épocas dahistoria.

• Os cambios na capa de ozono.

• Investigación espacial.

• Os astrofísicos tratan dedetectar rastros de luz do BigBang.

• Hai estudos da fauna, tanto ospingüíns como peixes, nos quese estuda o anticonxelantenatural do que gozan.

• Tamén os biólogos estudan ahibernación dalgunhas plantas,que sobreviven meses sen luzsolar e cubertas de xeo.

Que se investiga..?

Page 36: Antartida

España conta con dúas bases científicas…

Participa España?

Page 37: Antartida

.. un buque oceanográfico, o Hespérides e un remolcador de apoio, Las Palmas.

Page 38: Antartida

A primeira expedición española.

Javier Cacho GómezEn 1986, foi membro da Primeira ExpediciónCientífica Española á Antártida. Participou envarias campañas de investigación como Xefeda Base Antártica Juan Carlos I.

Realizou investigacións relacionadas có estudoda capa de ozono, froito das cales é o seu libro“Antártida: el agujero de ozono” (1989).

Tamén publicou novelas sobre a Antártida.

Para saber máis:

http://www.youtube.com/watch?v=bO6KzeLVyZM

http://www.javiercacho.com/index.html

Page 39: Antartida

Científicos españoles estudian el cambio climático global desde la Antártida

La campaña antártica española 2008-2009 empieza a tomar forma, recientemente con la apertura de la base Juan Carlos I en la

Page 40: Antartida

Non fiques como unha estatua de xeo. Colabora!

Podes contribuír á conservación da Antártida e de todo o Planeta consumindo de forma responsable.

Observa a regra dos tres erres:

Page 41: Antartida

http://www.youtube.com/watch?v=q_YpdTaWI6Q

“Héroes de la Antártida”. MECANO.(Unha homenaxe a Scott e os seus homes que non foron os primeiros en chegar e que nunca regresaron da Antártida)

Page 42: Antartida

http://www.antarcticimages.com

Google imaxes

Música: “As catro estacións” de Vivaldi.

Pilar de Vega. Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

IES ANXEL FOLE. Lugo, febreiro de 2012.