18
Yolanda Fontán Abilleira Francisco López Calvo 2º Ciclo superior Xestión e organización de empresas agropecuarias.

As axudas da pac

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: As  axudas da pac

Yolanda Fontán Abilleira

Francisco López Calvo

2º Ciclo superior Xestión e organización de empresas

agropecuarias.

Page 2: As  axudas da pac

É unha Política Agraria Común en los países de la Unión

Europea.

Regula a produción, o comercio e o tratamento de produtos

agrícolas da Unión Europea mediante normas e mecanismos

específicos.

Procura:

› Incrementar a produtividade agraria.

› Garantir un nivel de vida equitativo á poboación agrícola.

› Estabilizar os mercados.

› Garantir a seguridade dos abastecementos.

› Asegurar prezos razoables.

Page 3: As  axudas da pac

A Política Agraria Común nace en Roma no ano 1.957 baixo os principios de unidade de mercado, solidariedade financeira e preferencia comunitaria.

A súa principal Política comunitaria é o Presupostario (60%) e o Financeiro (80%).

Os dous eixos da PAC son: A Política de regulación de mercados (OCM) financiada por FEOGA –Garantía e a Política de Estruturas Agrarias (mellora de explotacións) financiada por FEOGA –Orientación.

Page 4: As  axudas da pac

Protexer a agricultura con orzamentos económicos porque a

pesar da súa importancia é relativamente menos eficaz que a

industria e os servizos en termos de prezos internacionais. Isto se

debe a diversos factores como o baixo nivel de rendas, a

dificultade de tecnificación e automatización ou a gran

dependencia climatolóxica.

Os países desenrolados protexen a súa agricultura

economicamente e probablemente o sigan facendo no futuro por

cuestións de autosuficiencia alimentaria, polo poder político que

supón a exportación de produtos agrícolas básicos, a

conservación do espazo natural e o desenrolo rural entre outras

cousas.

Page 5: As  axudas da pac

Fondo de Orientación e Garantía agrícola (FEOGA). Ten dúas

seccións:

› Orientación para mellorar as estruturas agrarias.

› Garantía que intervirá nos mercados e aportará as axudas

directas ós agricultores.

Fondo Social Europeo (FSE) para axudas a actividades de

formación.

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para

axudas a rexións con deficiencias estruturais.

Para as axudas estruturais ó sector pesqueiro creouse o

Instrumento Financeiro de Orientación de Pesca (IFOP).

Page 6: As  axudas da pac

Disociación das axudas e pago único por explotación.

Condicionalidade.

Modulación.

Un mecanismo de disciplina financieira para cumprirestritamente o orzamento agrícola fixado ata 2013.

Unha política de desenvolvemento rural reforzada.

Revisión da política de mercado da PAC que inclúe reformas en varias OCMs.

Page 7: As  axudas da pac

Eixo 1: Aumento da competitividade de agricultura e silvicultura.

Eixo 2: Mellora do medio ambiente e do entorno rural

› As medidas dos eixos 1 e 2 poderanse xestionar a través dunContrato Territorial de Explotación que se define como unharelación contractual entre os agricultores e entidades asociativas que voluntariamente así o decidan, e a administración. As características do contrato, no seu caso, definiranse nos Programas de Desenvolvemento Rural.

Eixo 3: Calidade de vida e diversificación nas zonas rurais

Eixo 4: LEADER

Page 8: As  axudas da pac

Desacoplamento.› Os agricultores recibirán axudas simplemente por ter unha

explotación agrícola.

› Estas axudas irán dirixidas ó produtor non á produción.

› Estas axudas serán calculadas a través do Réxime do Pago Único sobre o que cada explotación declarará nos anos de referencia, este calculo dará lugar os dereitos de cobro da Pac.

› O resultado deste cambio e que o agricultor oriente a súaprodución só pensando no mercado e na subvención, como hasta entón ocorría.

› En zonas con rendementos baixos non se abandonará a actividade agraria.

› No ano 2011 dentro das axudas directas desacóplanse do pago único: Cota láctea, cebo de becerros, extensificación ligado a vacas

nodrizas e xatos, pago adicional por vacas nodrizas, pago adicional ó sector lácteo e pago adicional vacún de calidade e as axudas do contrato de explotacións sustentables. Estas modificacións están citadas nos documentos de axuda a solicitude unificada da PAC do ano 2011 publicado polo FOGA.

Page 9: As  axudas da pac

Condicionalidade.

Para beneficiarse do Réxime de Pago Único ou de outros pagos

directos non é obrigatorio que os agricultores produzan , pero si

que respeten esta normas.

› BCAMs. Boas condicións agrarias e medio ambientais.

1. Normas esixibles para evitar a erosión.

Ordenación mínima da terra que respete as condicións

específicas do lugar.

Cobertura mínima do solo.

Terrazas de retención.

2. Normas esixibles para conservar a materia orgánica.

Xestión de rastroxos.

3. Norma para evitar a compactación e manter a estrutura

dos solos: utilización da maquinaria axeitada.

Page 10: As  axudas da pac

4. Normas para garantir un nivel mínimo de

mantemento e previr o deterioro dos hábitats.

Mantemento dos hábitats.

Protección dos pastos permanentes.

Mantemento dos elementos estruturais.

Prohibición de arrancar oliveiras.

Prevención da invasión das terras agrícolas por vexetación

espontánea non desexada.

Mantemento das oliveiras e viñedos en bo estado

vexetativo.

Mantemento dos pastos permanentes.

5. Normas para garantir a protección e xestión da

auga.

Creación de franxas de protección nas marxes dos cursos

de auga.

Cumprimento dos procedementos de autorización, cando o

uso de auga para o rego o precise.

Page 11: As  axudas da pac

› RLXs. Requisitos legais de xestión. Establécese un protocolo de

proteción do medio ambiente, a saúde pública, a sanidade animal e

vexetal e o benestar animal.

1. Normas mínimas sobre utilización de fertilizantes e fitosanitarios para

beneficiarios de axudas agroambientais.

Fertilizantes:

Normativa xeral sobre utilización de fertilizantes.

Protección das augas contra a contaminación producida por

nitratos procedentes de fontes agrarias.

Outras condicións a ter en conta para a utilización de

fertilizantes.

Page 12: As  axudas da pac

Fitosanitarios:

Disposicións xerais sobre utilización de fitosanitarios:

Normas específicas sobre a autorización e uso de produtos

fitosanitarios.

Obrigacións dos titulares de explotacións agrarias en

materia de rexistro do uso de información sobre o uso de

produtos fitosanitarios.

Normas sobre capacitación e formación para a utilización

de fitosanitarios.

Outra normativa relacionada cos produtos fitosanitarios:

A condicionalidade non é unha idea nova. Os estados membros

aplicárona voluntariamente e únicamente no que respecta ás

esixencias medio ambientais. O novedoso é a súa obrigatoriedade

e non debe confundirse coas boas prácticas agrícolas dos

programas agroambientais de carácter voluntario.

Page 13: As  axudas da pac

Modulación.

› Coa nova regulación aquelas explotacións que reciban máis de 5.000 € de axudas, as súas subvencións se reducirán un 10 %. As zonas ultra periféricas da UE veranse exentas da modulación.

› Estas reducións non se aplicarán ós pagos directos a países candidatos á adhesión ata que os seus pagos directos alcancen os niveis comunitarios (previsto para este ano 2013).

› Estes recursos detraídos coa modulación se empregarán no desenvolvemento rural e un 80% irán destinados ó país do que se obtiveron mentres que o resto se repartirá entre os demaispaíses segundo a súa superficie, o seu emprego e a súa renda per capita.

› Esta medida obrigatoria con leva unha redistribución dos recursos do primeiro pilar ó segundo pilar da PAC ademais dunlixeiro matiz de igualdade no reparto social das transferencias públicas procedentes da PAC.

Page 14: As  axudas da pac

Pago único.

É un réxime de axuda por superficie.

› Dereitos de pago único. O Pago Único trasladarase ós agricultores segundo o número de dereitos de axuda que teña cada un. Teñenun período de dous anos para poder utilizarse, senón eses dereitos pasarán á Reserva Nacional, salvo que non se fixera uso deles por causa de forza maior ou circunstancias excepcionais. Cada dereito representa unha hectárea en propiedade adicadaexclusivamente a pastos , prados e cultivos forraxeiros.

› Cálculo do importe. Calculado en base ás unidades e importes xerados nunha explotación na media correspondente ao período de referencia.

› Tipos de dereitos.

Os dereitos normais.

Os dereitos específicos.

Os dereitos de asignación inicial.

Os dereitos da reserva nacional.

Page 15: As  axudas da pac

Adquisición de dereitos. Da reserva nacional ou por cesión.

› Da Reseva nacional:

Agricultor con sentenzas xudiciais ou actos administrativos firmes resoltos favorablemente.

Agricultores mozos que realizaran a súa primeira instalación.

Agricultores con explotacións en zonas suxeitas a programas de reestruturación.

› Cesión de dereitos.

Cesión libre.

Cesión con reducións. Venda ou cesión definitiva.

Importe de referencia. É a media calculada no periodo de referencia.

Page 16: As  axudas da pac

Perído de referencia.

› Para reformar esta política tomáronse os anos 2000, 2001 e 2002 de referencia.

› Axustouse o pago único realizando unha media dos dereitos de cada beneficiario e da súa cuantía cobrada nestes 3 anos.

› Con estas medias calculadas estableceuse o pago único determinado para cada beneficiario segundo os seus dereitos.

Pago das axudas.

› 31 de Decembro do ano no que se solicitan.

› 30 de Xuño do ano seguinte.

› 31 de Outubro e 31 de Decembro, ambos no ano da solicitude.

Beneficiarios.

› Todas aquelas persoas físicas e xurídicas que teñan dereitos ben por asignación inicial, ben por cesión ou ben por aceso á ResevaNacional.

› As ICs son unha excepción xa que so as poden solicitar persoasfísicas.

Page 17: As  axudas da pac

O chequeo médico naceu como un intento de axustar a Reforma do 2003 para o periodo 2009-

2012, ó tempo que pretende contribuir ó debate sobre os futuros retos da agricultura e preparar a

PAC para a revisión do orzamento da UE.

Ámbitos ós que afecta:

› Simplificación do Réxime de pago único:

Para cultivos para a proteción do medio ambiente.

Evitar o abandono da terra.

Apoiar a mellora do benestar dos animales.

› Revisión dos instrumentos de mercado:

Incremento do 1% do volume das cotas lácteas.

Manténse a eliminación das cotas no ano 2015.

Incremento da porcentaxe de utilización das cotas asignadas dun 70 a un 80 %.

Concionalidade.

Modulación.

Limite inferior das ayudas: 1 Ha , 100 €.

Aplicación parcial: en España manténse a prima á vaca nodriza acoplada ó 100%.

Axudas especificas:

Programa de apoio ó sector lácteo de calidade.

Programa de apoio ás leguminosas gramo.

Page 18: As  axudas da pac