32
www.asega-critica.net I DÍA DAS GALEGAS NAS LETRAS 2014 DOROTHÉ SCHUBARTH

As galegas nas letras

  • Upload
    a-sega

  • View
    257

  • Download
    6

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Caderno I Día das Galegas nas Letras (15/08/2014)

Citation preview

Page 1: As galegas nas letras

www.asega-critica.net

I DÍADAS GALEGASNAS LETRAS

2014

DOROTHÉ SCHUBARTH

Page 2: As galegas nas letras
Page 3: As galegas nas letras

ATURUXO POR DOROTHÉ SCHUBARTH

MANIFESTO D’A SEGA PARA A CELEBRACIÓN DO

DÍA DAS GALEGAS NAS LETRAS

Dende tempo inmemorial a escrita fixo de si unha maneira deperdurar. De traspasar a morte. De manter e alimentar un pobo,unha lingua, unha cultura. Cada palabra mantida alén da memo-ria finita dos seres humanos, cada texto que se foi gardando noacervo das bibliotecas e dos arquivos construíunos dun certoxeito. Mais entre todas as súas liñas naceron fondos silencios. Si-lencios que durante tempo nos quixeron facer crer que contiñan onada. Mais como calquera boa musicóloga sabe, o silencio éparte fundamental da música e contén tanto valor coma o son.Neses silencios da literatura escrita estivemos sempre

nosoutras. Nun tempo breve por analfabetas. Noutro moitomáis longo que perdura ata a actualidade por descoñecidas eminusvaloradas. Mais en todo momento, nunca deixamos defalar. Escribimos nas nosas voces as historias das nosas vidas,dos nosos pensares, saberes e coñecementos. O noso humor, anosa maneira de arrepoñernos aos papeis dados. A nosa letraestivo sempre viva, e así continúa.Vimos dunha estirpe de mulleres que crearon textos para

cantalos, que compuxeron música de palabras. Elas, que foronfeitas silencio polo peso dunha tradición patriarcal que ditami-na para eles os nomes e para elas o anonimato do “colectivo”. Ata que chegou ela. A primeira que ousou poñer os nosos

nomes a cada unha das composicións. Facernos por fin visibles.Facernos donas mediante ese simple xesto dunha tradición coop-tada, como tantas outras. E haberá quen diga que a tradición é un

3

Page 4: As galegas nas letras

“ben común”, mais este non pode sosterse mantendo de xeon-llos ás mulleres, unha vez máis. Porque para nosoutras, as quecantamos e escribimos hoxe, saber que foron outras as queantes cantaron e escribiron non é un feito menor. Dános unhalexitimidade que está moi lonxe de entender a autoría como au-toridade e propiedade senón máis ben como o acceso á condi-ción de suxeitAs, á condición de persoas con dereito a ter anosa propia voz recoñecida na sociedade. Dela, da voz, emanano resto dos dereitos, o dereito ao noso corpo, á nosa liberdade, ánosa vida mesma. A que ninguén nos diga: cala que ti diso nonsabes. Ou aquilo de “non hai mulleres que...”.Hai quen di que os seres humanos seremos unicamente quen

nos lembre. Seremos quen garde os nosos nomes, quen aturuxeos alalás cos que demos saída ao pasar dos días, ao humor, aosentir, ao pensar, ao coñecer, ao que sabemos e aprendemos.Quen garde, en definitiva, o texto dos nosos afectos. Ese foi otraballo de Dorothé Schubarth.Igual que facemos o corro para bailar, igual que as voces das

cantareiras enganchan as unhas coas outras, quen hoxe escribi-mos debémoslles ter o noso nome propio, a nosa voz inscritamesmo nas marxes da literatura a aquelas que cantaron antes.A aquelas que construíron o maior acervo literario de linguagalega: a lírica popular. Se nós temos voz é porque houbo quenfoi quen de conservala e aínda máis importante, quen foi quende recoñecela como de nosoutras, lonxe deses discursos da “co-munidade” nos que as mulleres ficamos invisibles. Ese foi otraballo de Dorothé Schubarth que hoxe celebramos, vin-dicamos e recoñecemos.

4

Page 5: As galegas nas letras

ANDREA NUNES BRIÓNS

1. IR AO MUÍÑO CON ELAS

Así, tralaralará, imos cantandoAsí, tralaralará, imos facendo rede, e facendo e refacendoimos tras as súas voces.

Nas corredoiras escóitase o “Ana-come-pan-Ana-come-pan-Ana-come-pan”e a Ana que come o pan após repartir entres outras os anacos, Ana come ollando e escoitando -redonda, chouteira, ou golpe-“tacataca tacatá tacatá” -ribeiranas e contrapasos-“Tacatacatam-tacatan-tan” no ritmo da xota galega.

E na alborada compás de 2x4 ou 6x8, mentres a muñeira nova se acentúa;“tácata-tácata-tácata-tán” Tan…tan…tanto que saber desas vocessen nome, que cantan cantigas de ninguéne o tacatacatán taca tan tan, que nos ensinan, tacatacatán taca tan tan,das cales bebemos.

O canto vello, adaptado de Lobeira, Antonia de Viveiro dalle a muinheira de novoTrán-si-to, trán-si-to, trán-si-tando os límites, Transitando estamos, as vilas e aldeas todas da Galiza dos 80

5

Page 6: As galegas nas letras

6

Perduran os versos e agora soa un valse(como unha xota pero máis lento)“Párabarabam-párabarabam-párabaraban”E xa imos dar a despedida, imos tocar a derradeira, agora muñeira vellaque di “papára papára papára papára”e non para, “papára, papára, papára, papára”E non pares.

2. DE RECOLLEITA

*Ancares, Arzúa, Baixo Miño, Bande, o Bierzo, Camariñas,Campobecerros, carballiño, Castro Caldelas, Chantada, Courel,As Cruces, A Estrada, A Fonsagrada, Forcarei, O incio, Mazaricos, Meira, Mezquita, Misa Vella, Muxía, Ordes, Outes, Palas de Rei, Ponteceso, Pontedeume, Portomarín, Rias Baixas, Ribadavia, Santa Comba, Compostela, Sobrado, Taramundi, Teallo,Verín, Viana, Vilardevós, Viveiro…

En tantos, tantos lugares, resca(n)tandoas tantas, voces de tantas.

*Localizacións onde Dorothé Schubarth estivo de recollida.

Page 7: As galegas nas letras

7

MERCEDES PEÓN

ÁS VECES AS COUSAS CADRAN SEN SABER POR QUE

Hai unha tempada comecei a reflexionar que era sumamente im-portante plasmar nalgún documento ou artigo o que estaba aacontecer no eido da transmisión oral e visual en Galicia. Fixentres intentos con maior ou menor acerto titulados, tradición exénero, o xénero no baile tradicional” e agora estou con “doxas,e creación colectiva”.Esta necesidade comezou ao volver dun período de distancia-

mento do movemento xurdido a finais dos 80, o cal denomino a“revolución das tocadoras”, e no que participei activamente du-rante 20 anos. Esta revolución foi a que puxo en seria evidenciaque algo pasaba no que se denomina folclore, que se supón repre-senta aquelo co que nos sentimos identificadas. Aconteceu algode tal autenticidade que revolucionou o circuíto artístico folclóri-co, algo escandalosamente presente na verdadeira creación colec-tiva de micro pobos espallados por toda Galicia, ausente nosgrupos folclóricos do momento e inexistente no imaxinariogalego urbano, refírome ás pandeireteiras. Creadoras de coplas,regueifeiras, directoras dos seráns, centro da festa porque elas sona música, desinhibidas, sexuais, empoderadas, creativas, bailado-ras. Todo isto saíu á luz cando dende grupos folclóricos se tomoua iniciativa de pescudar que acontecía na transmisión oral, perodende a perspectiva da xente dos grupos folclóricos, sendo unhamestura de pensamento artístico e tradicionalista.Xa daquela houbo críticas porque as mulleres tomaron o pro-

tagonismo cal unha enxurrada. As críticas viñan directamentedo imaxinario capitalista, dalgúns gaiteiros despistados que tam-pouco facían ningunha pescuda por saber os significados dasmuiñeiras que comezaban a soar grazas á mesma mentalidade

Page 8: As galegas nas letras

na procura de autenticidade, sen decatarse da relación quepodería haber entre claqueos, estruturas,ornamentacións e baile.Aínda así, o transo ternario, o poderío das voces e con elas apalabra, tomaron o centro da atención na escena folclórico core-ográfica musical galega.Mentres acontecía isto, Dorothé Schubart viña de rematar o

seu “Cancioneiro Popular Galego”, publicado no ano 1984, trasun intenso traballo que abrangue 38 zonas xeográficas galegas eraianas.Isto do que falo dende o punto de vista dunha folclorista

galega foi o que creo que dende o punto de vista dunha mu-sicóloga como Dorothe a fixo ficar na nosa terra 5 anos inten-sivos e botar 10 anos indo e vindo axudando a comprender eanalizar o seu traballo. Viña na procura de romances europeosdende centro Europa, levaba anos pescudando e cando chegou aGalicia ficou 10 anos, abraiada pola riqueza de melodías, ritmose sobre todo pola cantidade de informantes. Mulleres que tiñanvivo no seu imaxinario as relacións sistémicas que lles facían tertoda esa información. Para unha científica como Dorothé era au-ga pura dun manancial, algo moi difícil de atopar no continenteeuropeo no que se levaba movendo dende había anos.Lembro unha conferencia que dera no Consello da Cultura

Galega. Estivo facendo un paralelismo durante unha horatomando unha melodía ad libitum galega cunha melodía recolli-da en Romanía idéntica, non lle interesaba a ornamentación nina interpretación, estaba centrada en ser o máis rigorosa posiblena deconstrución non dun concepto senón dunha melodía e asífomos quen de identificar o similares, por non dicir idénticas,que eran. Abrira unha porta para relacionar ambos os dous po-bos, tanto no eido lingüístico, con Antón Santamaria, comomelódico. Fora maxistral. Lembro outra onde nos fixera reflex-ionar sobre a mínima partícula que faría identificar unha

8

Page 9: As galegas nas letras

ribeirana, rodeada de estudantes de música e musicoloxía enSantiago de Compostela, ninguén lle soubo contestar porquepara iso haise que parar a escoitar a inmensa beleza dasribeiranas e abraiarse co minúsculo.Baixo a miña modesta opinión gustaríame transmitir que

Dorothé é unha académica relacionada co que realmente acon-tece na cultura musical de transmisión oral aquí e agora, sacan-do os coñecementos analíticos da universidade ao campo e esteagasallouna con creacións de centos ou miles de anos creadaspor milleiros de persoas, sen liderados pero con autoras queforon aportando pingueira a pingueira melodías perfectas,porque se non o fosen non perdurarían a través dos séculos, le-tras con estruturas abertas, creadas para a comunicación máisdirecta sumida nun transo corporal musical. Hai imaxinarios paralelos ao capitalista occidental que teñen

que ver co ecolóxico, coas relacións e a creatividade que xurdepola comunicación co que nos rodea, sen xéneros, sen arqueti-pos pechados, con mulleres que soas ou non, por propia elec-ción ou non, criaban, traballaban, vendían o que colleitaban e,claro está, tiñan o seu transo nunha comunidade onde os seránsliberaban do cotiá. Non había nin hai esa submisión agachadana feminidade aprendida das castas sociais máis distantes copobo, para diferenciarse e codificar o coñecemento.Dorothé tratou á xente de Galicia que visitaba para tran-

scribir o que sabían con sumo respecto e afecto, e regalounos uncancioneiro extenso e sobre todo un método que, como lle es-coitei dicir, podería haber outros pero este foi o que escolleu,para catalogar as nosas melodías, algo do que careciamos total-mente. Simplemente é unha científica sensible e identificadorade verdadeiras xoias con nomes e apelidos.Pódovos dicir por experiencia que o noventa por cento da in-

formación vén da man de mulleres, mulleres e homes que son

9

Page 10: As galegas nas letras

coma bibliotecas de sabedoría e se algo non ten importancia é acantidade porque para min non existen os xéneros, non aceptoesa catalogación, non teño ese acordo na miña cabeza. Por isovéxome na obriga de dar outro punto de vista @s folcloristas ousimplemente amantes da tradición para que, se é posible, reper-cuta na transmisión xa dirixida nas clases e por extensión nosseráns modernos.Admitindo por un momento eses acordos de xéneros e de

funcións limitadas para cada un e unha de nós, é moi curiosoque non haxa o mesmo empeño en descualificar os grupos depandeireteiros, porque nunca os houbo, que nunca saquen puntoas mulleres, e se o fan sexa anecdótico, e alén dos folcloristas,xa metidas no mundo da gaita, que se siga descualificando áspandeireteiras porque imitan como cantaban as vellas e que asínon se cantaba etc. Esas mulleres moitas eran máis novas camin e evidentemente na descualificación latexan outros intere-ses. Ata Miguel Anxo Murado no seu libro “Outra idea de Gali-cia” refírese ao que eu denomino revolución das tocadorascomo algo anacrónico, pero 5.000 cantares recollidos neste can-cioneiro nos anos 70-80 nun verxel cultural non é anacrónico, éde aquí e de agora.Por iso gustaríame introducir o concepto fantasía de

aceptación.Despois de andar polos mundos da composición musical,

volvín a atoparme con seráns modernos, feitos pola xente quepertenceu a esa revolución das tocadora, ou xa alumnado queaprenderan en clases e tiveron pouca relación coas señoras sabiasde Galicia. A poucos funme decatando de que a doxa actual capi-talista reflíctese no ensino cunha escala de valores totalmente ar-quetípicos, masculino e feminino segundo nos fai asimilar a doxaactual do mundo occidental. Por unha banda, a xente que estivoen contacto directo coa verdadeira creación colectiva trasladou en

10

Page 11: As galegas nas letras

moitos casos o que viran á doxa de poder económico social,transmisora de prexuízos polos que se palpa violencia simbólicacara ás mulleres, e xa nin falar de calquera outra forma de xéneroque para certas prácticas no ensino non teñen cabida.Galicia segue a ser abraiante, estas miles de persoas do fol-

clore son as que están dando vida e continuidade a algo único, aunha linguaxe músico corporal que nos identifica totalmente enos relaciona co hábitat onde vivimos. Gustaríame iniciar unhachamada de atención para identificar os pensamentos tóxicos vi-dos da doxa de poder actual e enxuizar as nosas fantasías deaceptación onde cremos que o que facemos e reflexionamos estárealizado con verdadeira autonomía. Por esa fantasía deaceptación podemos caer no erro de magoar o noso sistemaecolóxico musical. Por unha banda, refírome ás tocadoras dacreación colectiva, por ser elas as donas da festa, porque non haique custodialas senón todo o contrario xa que non estamos a súaaltura, nós non temos as súas vivencias, e moito menos apropi-arnos por mor do anonimato das súas expresións e en conse-cuencia eliminar unha parte da nosa historia contemporánea.Por outra banda estase diluíndo calquera empoderamento dasmulleres nos seráns actuais con pensamentos tóxicos, coa fan-tasía aceptada de submisión, feminidade e sempre nun segundoplano onde non moleste e apoien a exaltación masculina.Dorothé Schubart segue a ser un ar fresco polas súas prácti-

cas, fóra de toda dúbida dende o punto de vista académico for-mal, e ao mesmo tempo por ser impecable no humano e nosocial, sen máis, polo traballo que realizou neste país tanto naforma coma no contido. Alén de ningún tipo de análise políticosocial ela agasallounos cun traballo inxente con nome de muller.

11

Page 12: As galegas nas letras

OLGA KIRK

SEMENTE

Dorothé Schubart unha muller estudada, musicóloga, que de-sempeñaba desde 1971 a cátedra de harmonía e contrapunto naAcademia de Música de Lucerna, en Suíza, chega ao noso paísnos anos 80, a unha civilización que tiña un modelo e unhaspautas moi diferentes ás centro-europeas. Desde Lucerna fixera un enorme traballo de investigación

sobre a música popular centro-europea, especialmente nos Bal-cáns e o Cáucaso, co cal tiña xa unha experiencia investigadoramoi ampla.Chegou aquí coa idea que alguén lle comentara do grande

atraso que levabamos en canto a desenvolvemento pero taménen canto a investigación e estudo da nosa música tradicional.Polo que ela ten manifestado, máis que atraso no desenvolve-mento ela viuno como diferenzas sociais con respecto a Europa,pero si que se decatou que non se fixera un traballo profundo nainvestigación da tradición popular oral, sobre todo cantada, e daimportancia que podía ter para a nosa cultura, algo do que nonse decataban nin os propios posuidores de tal riqueza.Tivo que resultar verdadeiramente transgresor que chegase

unha muller soa, que se valía por si mesma, estudada, europea,sen falar a nosa lingua, ata aquí que acababamos de conseguirunha certa e escasa independencia marital. Parece que estamosfalando de hai centos de anos, cando son simplemente trinta,pero hai que ter en conta as grandes conquistas feministas destastres décadas, por moito camiño que nos falte por percorrer. Para min a gran conquista de Dorothé, ademais do seu encomi-

able labor investigador, foi a súa capacidade de chegar a unhacasa, e establecer unha relación de amizade e confidencias cosdonos da casa, pero especialmente coas mulleres. Se estudamos o

12

Page 13: As galegas nas letras

seu cancioneiro veremos a grande cantidade de mulleres infor-mantes, o que nos dá a entender quen eran as grandes salvagardase transmisoras da nosa cultura. Xustamente uns poucos anos despois da publicación da súa

grande obra galega, empezou a eclosión dos grupos de pan-dereteiras. Ata ese momento, os gaiteiros, homes no 99%, os-tentaban o título de únicos coñecedores e representantes damúsica tradicional galega. Falamos por suposto, da xente dasurbes que formaba cuartetos ou actuaban cos grupos de baile to-cando a gaita, e que descoñecían por completo, practicamente enmoitísimas ocasións chegaban ata o desprezo, o que sucedía norural e ignoraban de que maneira ía evolucionando a tradición.Pois ben, nese marco empecei a tocar a pandeireta. Ao principiosó era tocar para acompañar aos gaiteiros e pasaron anos ata quese presentou ante min a posibilidade de cantar coa pandeireta, ecoñecín por que iso sucedía así. A primeira vez que vin unhamuller maior tocando e cantando, tiña eu 15 anos e foi en Seia,Malpica de Bergantiños. Pareceume unha revolución: a mullermaior era unha revolucionaria porque foi quen de agarrar a pan-deireta e poñerse a tocar e cantar diante duns descoñecidos e ob-viando os posibles comentarios maliciosos dos veciños e veciñas.Pareceume tan auténtico e puro, que o meu interior tamén se rev-olucionou. Provocou un cambio de concepción sobre o folclore(con todas as virtudes que esta nomenclatura implica) e fixo quedesaparecesen as barreiras imaxinarias que de maneira sutil esta-ban na miña mente e que na miña nenez me facían pensar quesempre tería que haber algún home marcando “o ritmo”.Empecei a coñecer o traballo de Dorothé por aquela época e

marcou todo o meu xeito entender a música do país, pero deigual forma, aprendeume a ver e valorar a importancia da mullerna pervivencia, conservación e divulgación, xa que hoxe somosmáis mulleres que homes as que nos dedicamos a isto, e non haimellor froito que o que unha sementa e logo recolle.

13

Page 14: As galegas nas letras

ISABEL REI SAMARTIM

NO ARAEAL DA ULHA

(15 DE AGOSTO DE 2014)

Há cousa de cento e cinquenta anos, não muito longe deste lugarem que nos encontramos, uma fascinadora senhora tocava a suaguitarra sentada no jardim do paço com a vista perdida no verdevale da Ulha. Os olhos claros e a imponente figura de AvelinaValladares dedilhavama composição duma peça íntima, brevetestemunho do seu interior. Dentro da casa soava um piano quea família tinha trazido de Samora em carro de bois. Os fluentesdedos da Luísa corriam sobre as teclas introduzindo o tema e, aoinstante, as irmãs Segunda e Isabel começavam a cantar:

“Passei pola tua porta, erguendo os olhos e vim-te. Não che pude dizer nada, não sei como não morrim-e”.

Era a estrofe que Preciosa de Roque lhes cantara semanasantes, pelas festas do solstício, e que Marcial tinha preparado parajuntar às outras num cancioneiro que estava a elaborar. O violino,recém tocado, descansava sobre uma das poltronas da sala demúsica e, como o Sérgio não estava, a flauta sonhava silenciosaas melodias que lhe percorriam o corpo quando levadas do alentodo seu dono. Na Casa Grande de Vilancosta passava-se o serão,como muitos outros serães daquele cálido mês de agosto.Pode que isto tudo e o nome de Preciosa de Roque seja in-

venção minha, ou eu uma invenção dela, mas seja como for,comesse nome ou com outro, muitas Preciosas de Roque existiramna vida dos primeiros recolhedores de cantigas. Era o ano 1867quando Marcial Valladares dedicava às suas irmãs aquele can-

14

Page 15: As galegas nas letras

cioneiro feito de melodias populares, que as gentes de Berrespuderam escutar interpretadas a canto e piano, como Schuberttinha feito decadas antes com as canções populares da sua terra.E foi de lá, da Mitteleuropa, de onde chegou um século de-

pois outra Schubarth, nossa Dorotea.Nos tempos em que aprimeira autoestrada abria o ventre dos montes entre a Crunha eCompostela, ela começava uma épica viagem pela Galizaseguindo o exemplo deFontão, visitando aldeias e lugares, en-contrando-se com as pessoas e suas famílias. Meteu-se em con-vívios, fiadeiros, leiras e lareiras, sentiu como o estar arredor dolume morno estimulava a fantasia das gentes que depois dos tra-balhos do dia rompiam a cantar e tocar em arroutos de memóriaimemorial. Ela a desfrutar e tomar notas. E tudo a ficar gravadoem fitas cassete, uma pequena vantagem dessa modernidade quenos condenava à desaparição.De Viveiro a Vilardevós, de Candim a Ribadúmia, o mapa

das cantigas galegas não se fizera num dia nem em dous. Foramprecisas as constantes visitas anuais da Dorothé, o saberachegar-se às pessoas e a paciência da espera, necessária para oagrumo das sensações que traziam o canto, os contos, a música,o baile. Durante cinco anos rastrejou as ilhas de conhecimentopopular que eram @s avós para elaborar os sete volumes do seuCancioneiro Popular Galego, publicado na década de oitenta emsucessivas edições.Hoje queremos dedicar os nossos labores à melhor home-

nagem dessa mulher, suíça e galega que com tanto acerto estu-dou onosso sentir musical. A sua tarefa continua a memória dasPreciosas de Roque, como fizeram as Avelinas e as Rosalias, in-térpretes que souberam transmitir-nos a beleza das fontes musi-cais da terra. A publicação do cancioneiro dos Valladares, em2010,é mais um contributopara o conhecimento, difusão e iden-tificação com o nosso passado cultural.

15

Page 16: As galegas nas letras

Aqui, nos verdes campos da Ulha, no mês de agosto de 2014,damos por recebido esse tesouro vivo que é nossa música e de-claramo-nos conscientes de que depende de nós para existir.Adornado o cabelodas antigas grinaldas, pulsamos as cordascom renovada energia para que as árvores testemunhasouçam,nas nossas vozes e nas das crianças, os galegos cantaresfeitos de folhas novas.

16

Page 17: As galegas nas letras

17

OLGA NOGUEIRA

CANTAREIRAS E GUERRILLEIRAS DA CARA B

Debera escribir de Dorothé Schubarth, pero vou escribir deFlorinda Couñago Miguez, a miña avoa. Porque puido ser unhadas entrevistadas por Schubarth no seu roteiro musical por Gal-iza. E ela teríalle cantado as cantigas vellas (transmitidas du-rante xeracións) e tamén as novas: as da súa mocidade, as daguerra. A min cantoumas todas. Contra o medo, para o sono, noxogo e como memoria. E a canda elas, mamei a súa visiónpolítica da vida. Cantando, si, pero sabendo o que se canta, eatenta ao que se escoita. “Si los curas y monjas supieran / la paliza que van a llevar /

subirían al coro cantando / libertad, libertad, libertad. (Risas) Is-to non se canta”. Esta canción para min sempre foi así. Coa co-da final incluída. Porque así ma cantou miña avoa sempre. Conaviso final. Pero cantando nela unha e outra vez. Muiñeira boni-ta onde as haxa. Aprendizaxe 1.A miña avoa cantaba e bailaba no serán. Facíao ela, facíano

as súas irmás, e as veciñas, e a parroquia enteira. Non cumpríaun Luar nin catro camións trailers para mobilizar a festa. Era co-munitaria e todo o mundo participaba porque sen vida socialnon se pode sobrevivir, e sen música tampouco. E como nonhabía radio, nin televisión, nin se tiña coche propio nin inter-net... pois había que “saber cantar e bailar e tocar a pandeireta”.Desaparecido ese contexto a min custoume moitísimo sacarlleunha cantarela ou un punto de baile aos meus avós. Por iso re-coñezo e admiro o traballo de Dorothé, por ter conseguido -elasi- arrincar ese legado musical das súas gorxas. Igual axudou oseu acento suízo...

Page 18: As galegas nas letras

18

E volvo á guerra. Porque me parece un feito tan grande navida desa xeración (a que lle cantou a Dorothé) que me sor-prende que non saia máis no Cancioneiro. Os meus avós lev-ábana tatuada. El polos tres anos de metralleta en man. Elapolas vivencias da trastenda. Literal. Cosía para unha familia derepublicanos de Redondela que rexentaban unha tenda. Tiveronque camuflarse e coser guerreiras para o exército nacional. Es-tiraban o xénero para que tamén saísen algunhas para os repub-licanos. A miña avoa pedalaba na Alfa e, no peto de cadachaqueta, incluía un escrito a man. A penas o seu nome. Por ve-ces tamén o enderezo. Coa esperanza de que algunha llechegase ao meu avó. Nunca lle chegou. Pero ela si recibiu al-gunhas cartas dos combatentes. O silabeo do seu nome no cam-po de batalla debeu ser música celestial contra o estrondo dabarbarie. Aprendizaxe 2.Outra das actividades da trastenda era a elaboración de em-

padas de xoubas para os presos republicanos da illa de SanSimón. Ao rematar a xornada de costura, amasaban, cocían eían a Cesantes para que o barqueiro llelas levase. Na vila eracoñecida a miseria da illa e as mans sensíbeis axudaban comopodían. Eles e os presos vascos do Upo Mendi, barco-presidioque fondeou na enseada durante meses, recibiron empadas, queestes últimos agradecían cantando. Ela contábame das súas vo-ces masculinas cantando desde o barco, e elas, mozas, na beira,escoitando:

“Esta cerca, siempre más cerca, el día santo de libertad, delibertaaaad / el recuerdo, siempre viviente, del Upo Mendi quedurará, que duraráaaa/ somos los hombres del honor, porquetenemos corazón, sabemos luchar”. Aprendizaxe 3

Pero eu penso que a aprendizaxe máis valiosa da miña avoa

Page 19: As galegas nas letras

Florinda, a través de Martina (a miña nai) e de min mesma, noné para nada a da conservación. É a da revolución permanente. Ada guerrilla feminina activa. Atentas ao perigo (que o hai) perodando o peito. Non esquecendo o repertorio das que foron antesca nós, pero actualizándoo, renovándoo e, por suposto, impro-visando. Nese sentido lembro un conto, de hai anos, sobre Dorothé

Schubarth. Seica “o patriarcado”, en recoñecemento, lle ofreceupór o seu nome a unha rúa de Compostela, e seica ela, lúcida,lles retrucou que o mellor que lle podían ofrecer era facer ac-cesíbel o Cancioneiro aos músicos, para que o escoitasen e fixe-sen del un pandeiro (a redacción é miña). Xa daquela os librosestaban esgotados e eran moi difíciles de conseguir. Hoxe endía, na web da Fundación Barrié pode consultarse e escoitarseonline o Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth eAntón Santamaría. Se podedes, facédeo. Non digo máis.

19

Page 20: As galegas nas letras

SUSANA SÁNCHEZ ARÍNS

AO AGHINALDO IMOS AO GHINALDO ANDAMOS

Los pajarillos cantaban celebraban noche y díacada uno con sus cantos viva José y MaríaLa sagrada reina y salve y su esposo san Joséencinta de nueve meses cogieron camino a piees preciso dueño mío buscar posada con tiempoque se va aproximando la hora del nacimientoAllá por la media noche parió la virgen Maríatanta era la pobreza que un pañuelo no teníabajó un ángel del cielo ricos pañales traíaunos eran de holanda otros de holanda finaotros de seda bordada donde cristo se envolvía

No Fojo, a minha aldeia, ninguém sabia dançar, cantar nem to-car (o da música completa era para outros lugares). Quando asrapazinhas do grupo Abrente botavamos uma moinheira,ninguém saía ao campo a acompanhar-nos na baila. Quando aminha irmã Irene ensaiava com a pandeireta, nenguma vizinhaassomava por cima do valo para corrigir-lhe as punhadas ou ascoplas. E quando Pablo andava a voltas com os ponteados dagaita, ninguém acodia dizendo essa sei-na eu. Porque no Fojoninguém sabia cantar nem tocar.Foi uma enorme surpresa quando, uma tarde de novembro ou

dezembro, não lembro, Pablo veu buscar-nos à casa. Combinarano teleclu com Virucha e Carmem da Quenlha. O teleclu do Fojoera uma casinha com paredes de papel que naqueles tempos mal-arranjaramos para ter como local próprio e juvenil. Ensaiavamvários grupos musicais e a estética do espaço era do tipo casaokupada: móveis resgatados dos faiados e das palheiras, asseio

20

Page 21: As galegas nas letras

básico, cartões de ovos nas paredes e cheiro a tabaco. Para as lín-guas marmuradoras, espaço de vício e perdição. Por isso, queVirucha e Carmem foram ao teleclu era uma surpresa. E mais sur-presa foi saber a razão: iam aprender-nos uns cantos de reis. Se no Fojo ninguém sabia cantar... Carmen nasceu em 1910, agora anda nos 94, e lembra quan-

do em 1926, ponhendo as patacas na casa de Ventosela, passouum zepelim por cima da sua cabeça. Quando nos cantou os reisandava nos 80 (é pois, falo-vos do ano 2000) e não fazia maisque porfiar com Virucha sobre as palavras dos versos ou a tona-da das coplas. Carmen sempre gostou da gente moça e não seme fazia estranha entre nós, mas Virucha... Era a nossa vizinhade em fronte de toda a vida, não a lembro a sorrir ou fazer umcarinho nunca, e vê-la ali sentada, naquele sofá de escai, acei-tando o convite a café, semelhava bricandeira. Virucha teria ho-je 81 anos, é dizer, era muito mais nova que Carmen, de aí ostrasacordos. Uma dizia que fora mais anos a cantar os reices eque sabia melhor as letras; a outra retrucava que era mais nova etinha melhor memória... mas forom cantando. Virucha contava-nos que ela participara nas últimas saídas a cantar. Depois delajá ninguém pedira aguinaldos.E aprendemos três cantos, que nomeamos Caminito, Los pa-

jarillos e Casinha Nova. Como Pablo estudava músicas várias,preparou as partituras, ensaiou com o acordeão e pugemos diapara ensaiar. E como aquilo era um acontecimento (lembradeque no Fojo ninguém sabe cantar, bailar nem tocar) decidimosgravar os temas. Daquela não tinha todo o mundo portátil, assimque tomamos de maneira furtiva o computador de mesa a meupãe, no que instalaramos um programa de edição de som, e lev-amo-lo numa carretilha para o teleclu. Todo pola cultura! E assim, o 24 de dezembro de 2000, juntamo-nos para

gravar, cantar e tocar (dançar já era muito) Pablo Bernardo,

21

Page 22: As galegas nas letras

Natália de Pernaviva, Xermán de Couso, Manuel de Otero e osArines todos, Irene, Carmela, Xurxo, Inhaqui e esta que es-creve; andavam de espectadores os meninhos da aldeia, Manuele Bárbara de Ferrim. A gravação foi divertida (ainda existe o CD que o corrobora)

porém o melhor foi a festa. Porque o 5 de janeiro de 2001 lá nosjuntamos todas para cantarmos os reis polas casas do Fojo e po-las da volta. Começamos na de Virucha, que não dava creto aoque escuitava e via: gente moça celebrando os reis passadosmais de 50 anos. Não se animou a acompanhar-nos, mas simCarmem, que foi a segunda a quem lhe pedimos o aguinaldo,castanhas, chouriços, fabas e torresmos. E assim como para nósforam inesperadas cantadoras Carmem e Virucha, nas casas dolugar foi grande a surpresa do chamado noturno. Nalguma acir-raram os cães pensando-nos ladras (também o faziam quandocorriamos o entroido). Em muitas abriam as portas ame-donhadas para depois convidar a passar, e lamentavam nãosaber da visita para ter preparado um biscoito, uma rosca, oaguinaldo. Porque em todas as cozinhas, de súbito, emergia amemória daquelas noites de reices arrombadas em faiados e pal-heiras, como os móveis do teleclu, para serem substituidas porprogramação televisiva especial. Para nós cantaram Carmem e Virucha, mais antes o figeram,

em fevereiro de 1981, para Dorothé Schubarth, Cecilia, de 71anos e outra Carme, de 67. Eram do lugar de Fontenlo, emCodeseda, e cantarom o Caminito, tal qual o aprendemos nós.Também o cantou em Calhobre e fragmentado, Mercedes, queem 1979 tinha 79 anos, é dizer, era vinte anos mais nova queCarmem da Quenlha. E no Cancioneiro de Dorothé aprendo queo nosso Caminito não é outra cousa que um canto sobre um dostemas do ciclo natalício, a fugida a Egito da Virgem, José e oMeninho, e dentro deste, o encontro com o cego. A que nós

22

Page 23: As galegas nas letras

chamavamos Los pajarillos é uma versão, que não encontro lit-eral no Cancioneiro, do nascimento de Jesús. Parece-me difer-ente das que recolheu Dorothé porque variam as assonâncias.Porém aparecem parte dos pareados enjertados naqueles quecantaram Sergio, Chola e Rosa, em Abuime, o Savinhau, no anode 1980, ou dos que lhe botaram no Entrimo, na outra ponta daGaliza, em 1983, Julia, Cholos e Rosa. E a que nós cham-abamos Casinha Nova são dous cantos diferentes junguidos polamelodia: um canto sobre o tema do meninho perdido, que canta-mos quase como o fez em Toques Ramona, que tinha 79 anosem janeiro de 1980; e uma despedida do aguinaldo semelhante àque cantou Maruxa em Moinhos, nas terras de Bande, em 1981.No lugar do Fojo, no ano 2000, alguém aprendeu a cantar e

tocar. É certo, ninguém sabia de Dorothé Schubarth, porém, semsaber dela, no fundo, sabiamos.Como mudou a nossa imagem de Virucha e Carmem após

aquele Natal. E penso que elas olhavam para nós e o nosso tele-clu, duma outra maneira. E desde aquela tarde em que apren-demos que no Fojo havia quem sabia cantar e tocar outropensamento começou a percutir no coiro da minha cabeça: quetanto dano fez o franquismo na alegria...

23

Page 24: As galegas nas letras

CHÉVERE

AS FILLAS BRAVAS, TEATRO CON PERSPECTIVA DE XÉNERO

Ai, chamáchesme filla bravacoidaches que me ferías

non me sinto avergonzadase era eso o que querías.

Vai para catro anos estreamos un espectáculo protagonizadopola cantante dunha orquestra de pachanga. Ela chamábaseYeni, aparecía no escenario cunhas gafas de sol que lle cubríanmedia cara e arrincaba cun tema de Police que seguramentemoitas escoitamos nalgún momento de baixón, aquel que em-peza dicindo Every breath you take como se tal cousa e acabarepetindo obsesivamente unha ameaza, I’ll be watching you, i’llbe watching you..., hei estar vixiándote. Ese foi o título do tra-ballo. Unha obra que deseñamos e construímos pensando nunpúblico maioritariamente adolescente e xove, ese que vaiseguindo á Panorama, que ve os vídeos de Miley Cyrus, quesabe de memoria as cancións de Shakira ou Malú, que imita aBeyoncé e móvese a ritmo de reguetón. Porque é tan escan-dalosamente normal asimilar inconscientemente os valores quetransmiten as baladas románticas que decidimos desvestilas paradeixar en evidencia o que se agocha detrás desa músicaaparentemente neutral e apolítica. O que descubrimos foi a po-tencia enorme do teatro para cuestionar significados estableci-dos e denunciar o adoctrinamento imposto polo sentido común.As rapazas que estaban no público identificabanse ata tal puntocon Yeni, unha muller que acababa de experimentar o quesupoñía ser acosada e maltratada por un home que dicía que aquería, que ao rematar a función moitas delas acudían ao ca-marín para expresarlle á actriz que a interpretaba a súa soli-

24

Page 25: As galegas nas letras

dariedade e ofrecerlle o seu apoio. Aquilo era teatro, pero a in-tensidade coa que esas rapazas viviran a historia de Yeni fixoque unhas cancións mil veces repetidas soasen para sempre dis-tintas na súa voz. O personaxe de Yeni viña de repolitizar amúsica comercial incorporándoa a un relato emocional escritoen primeira persoa. Entón fumos perfectamente conscientes deque as emocións son o camiño máis directo para cambiar asmentalidades. E o teatro, a canle más eficaz.Despois de varios anos percorrendo toda Galicia con esta

peza, agora chegou o momento de atopar novas historias para ali-mentar este teatro con perspectiva de xénero no que seguimosempeñadas en Chévere. A procura dunha historia axeitada quesirva de soporte para transmitir o que queres dicir segue sendo aparte máis difícil do proceso de creación. No noso caso, tiñamosclaro que había que manter aqueles elementos que impactaran tanprofundamente no público en I’ll be watchin you, nomeadamentea identificación emocional co personaxe de Yeni. Pero ao mesmotempo, había que ofrecer algo moi distinto para evitar que a sen-sación de rutina ou repetición amolecese esa carga emotiva. Ade-mais, tiñamos claro que desta vez a muller que estivese noescenario non ía ser unha vítima, que a identificación con ela nonpodía basearse na súa condición de vítima. Puxémonos á procuradun personaxe poderoso, dun modelo de muller que pagase a pe-na poñer enriba do escenario pola súa forza e polo orgullo de sero que era. Así apareceu a figura da avoa, esa muller maior quesegue sendo a depositaria da memoria e o respeto, a transmisorada identidade. É ademais un xeito de reivindicar o que podequedar de autenticidade en nós, os vencellos cada vez máis fráx-iles coa memoria dun lugar e dunhas xentes, algo que nos permi-tirá ser alguén nun mundo dominado polo valor fugaz dunpresente que se esvae tan axiña como se consume. Porque tamén se trata de revalorizar a memoria. Confirmar

que somos parte dun proceso. E que ese proceso non é unha sim-ple historia de superación, senón que o presente está sempre

25

Page 26: As galegas nas letras

sustentado no anterior e cómpre restaurar e consolidar o pasadopara ter un presente e un futuro mellor. Ao final, foron tres asmulleres que saíron ao escenario, Isaura, Dosinda e Benedita, e através delas queremos dicirlle ao público máis novo que hai queloitar para conservar os dereitos que gañamos. Puxemos moitoempeño en ofrecer un retrato verosimil destas mulleres maiores,fortes e autónomas que sirva de referente próximo e real para osideais de autonomía persoal das mulleres máis novas. E para asmáis grandes, que o seu exemplo supoña un reforzo da autoestima. Detrás dos personaxes chegaron a música e as coplas do can-

cioneiro popular galego, como depositarias da memoria dunpobo e transmisoras da identidade colectiva. Para nós foi todaunha descuberta. Non só o extraordinario traballo de DorothéSchubart, que nos serviu para mergullarnos nun universo ines-peradamente profundo. Senón tamén as numerosas colleitaspublicadas xa no século XIX e os traballos de investigación pos-teriores. Descubrimos unha fonte inesgotable e especialmenterica para achegarnos á historia do noso país e ás formas de vivire sentir das persoas que o poboaron antes ca nós. Pero sobre to-do descubrimos a forza e orixinalidade dunha voz feminina in-comprensiblemente silenciada do relato histórico. A intención do noso traballo non é en absoluto académica.

Tan só teatral. Queremos achegarnos a alguhas zonas nas queintuimos que a muller gozou de autonomía, extraendo textos docancioneiro que alumean xestos de rebeldía e autoafirmación.Ademais, contamos co valor engadido que aporta a música queacompaña a estas cantigas. Un xeito de reafirmar diante dopúblico o carácter profundamente local dos referentes que us-amos, poñendo en valor a nosa cultura tradicional en relacióncoas preocupacións da sociedade contemporánea. De momento,estas fillas bravas xa contrastaron o poderío da súa presenza eda súa voz diante de públicos tan diversos como o da Mostra deTeatro de Cangas, o alumnado do IES de Cacheiras en Teo, asveciñas da aldea de Solleiros en Muros e un grupo de rapaces e

26

Page 27: As galegas nas letras

rapazas brasileiras que facían parte dun proxecto educativo doestado de Brasilia. Agardamos que estas tres mulleres que to-can, cantan e din o que lles peta teñan moito máis percorrido,porque como as súas nais e as nais das súas todas son fillas dovento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de trasda silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtiva que berranentre raposos.

Estas si que son bravas de verdadenon che hai mellor

para governarpara governare saber querer

non che hai mellor que unha muller

27

Page 28: As galegas nas letras

UGIA PEDREIRA

Corria o ano 2003 e no desaparecido Conservatorio de MúsicaTradicional e Folque de Lalín organizamos com a USC oprimeiro e logo segundo postgrado em música tradicional comantropólogos-as , musicólogos -as vindos de distintos pontos domundo para falar da música popular em aberto e específica-mente do caso galego. Foi alí onde conhecí duas mulheres excepcionais que mar-

carom o meu desenvolvimento pessoal, a primeira, CarolinaRobertson, nom esquezo todas as suas visons e ensinanças depalavra, obra e omissom. A segunda, a senhora DorothéSchubarth, umha de tantas pessoas curiosas e pesquisadoras quemira de maneira global a música, polo tanto a vida. Lembro as nossas conversas na casa, o passeio á beira do rio

Ulha, os seus pês nús, o seu olhar aberto sobre Galiza, a suatranquilidade e o seu silenzo. Agora com o passo do tempoagarro-me á memória sensitiva e imagino por jogar a imaginarque com o sabido sabido e como sábia a senhora Dorotea jà vaide revolta, terá solucionado o problema do reconhecimentoprofissional e individual que tanto incomoda, será relativa napalavra “ancestros” e nom redundante, e suponho que jà prende-ria ou desapareceria no seu jardim a silva que levou de Noente. Agora com o tempo andado imagino por jogar a imaginar

que terá ainda mais grandes lembranças de tantas casas vividasde galego-as cantores entendera ou nom as letras pois noprocesso de comunicaçom nom che é o conteúdo quem temmais impacto senom a melodía e a expressom corporal. Entom, benvinda Dorotea uma vez mais a este pais abundante

donde ainda nom se merca o perexil, muito obrigada por ensinar-nos os sons das sílabas da Galiza (que formam parte das nossasletras) e ponhê-las em relaçom com o resto da Europa (polomenos), e muito obrigada pola sua humildade e amor polos nos-sos cantares, também os da natureza. Admiradora sempre.

28

Page 29: As galegas nas letras

29

NESTA SEGA PARTICIPARON

Cos seus textos:

Andrea Nunes Brións. (Páxina 5) Naceu en Marín baixo un frore-cente manto de escamas. Trasladouse a Compostela fuxindo dosverquidos tóxicos de Ence. Alí entrou en contacto con diferentes per-soas que acreditan nun mundo fóra do patriarcado capitalista. Nos seusmomentos libres cursou a carreira de Filoloxía e un Máster cun nomemoi longo. Agora traballa moi lonxe da terra, e síntese máis preto es-cribindo poemas e facendo vídeos coas Candongas do Quirombo. Asúa última obra é o poemario Todas as mulleres que fun, previamentesacou o poemario Corrente do esquecemento (Aturuxo, 2007) Co-laborou en diferentes publicacións galegas como Dorna, Nova Ólis-bos, Andaina, Revista Galega de Teatro, AulaFoto ou Tempos Novos.

Mercedes Peón. (Páxina 7) Está considerada como unha das mulleresmáis carismáticas do circuito da world music actual. Naceu en 1967 eaos 13 años escoitou cantar a varias mulleres da Costa Da Morte. O to-car da pandeireta e o cantar da ribeirana foi o detonante para recolleras cancións, bailes, contos e vivencias dos seus contemporáneos habi-tantes das aldeas. Transmitiu todo ese coñecemento a través do ensino,nas escolas municipais, na Televisión Galega, e en Universidades co-mo La Sorbone, O Porto, País de Gales etc. Os seus últimos traballosestán en estreita colaboración con outras disciplinas como a danza -Composición da música de " O Kiosco das almas perdidas" do CentroCoreográfico Galego. Asesoramento sonoro e composición elec-troacústica para o espectáculo “Concerto desconcerto” da compañíaEntremáns. Composición de música para a obra “Solo dos” de MaruxaSalas- ou o cine -composición da música da longametraxe documentalde Margarita Ledo "Liste, pronunciado Lister" e da curtametraxe“Cienfuegos 1913” da mesma autora-.A finais do 2010, sae o seu cuarto traballo discográfico …---…

(Sós), música de vangarda., catalogado como maduro, fresco, sorpren-dente, creativo. Inxeniosa e profundamente conceptual, amósanos unha

Page 30: As galegas nas letras

evolución ou un momento da sua carreira especialmente brillante. Crea-do, tocado, producido e mesturado por ela mesma, …---… , é un exerci-cio de microcomposición, onde o resultado final, maior que as partesque o conforman, erísexe como o traballo máis vangardista e contem-poráneo dos editados ata o momento.

Olga Kirk. (Páxina 12) Compaxina a súa actividade como directorade Donaire coa de cantante, música (toca a pandeireta,percusión eacordeón diatónico) e o labor docente. A recolla é transmisión dasnosas músicas e bailes tradicionais é un dos obxectivos de traballoscomo os cantos de reis ou o Cancioneiro de Cabana de Bergantiños.

Isabel Rei Samartim. (Páxina 14) Titula-se em Guitarra no Conser-vatório Superior de Música da Crunha. Foi premiada no Ciclo deJóvenes Intérpretes da Fundação Pedro Barrié de la Maza (Crunha), noConcurso Internacional de Guitarra de Cantabria (Comillas), no Concor-so Internazionale di Chitarra Fernando Sor (Roma) e nos Concursos In-ternacionais de Guitarra Vila de Petrer (Alacant) e Andrés Segovia deLinares (Jaén). Tem participado nos Festivais de Guitarra de Udine(Friuli, Itália) e Semana da Guitarra (Vigo), atuando também no ViaStellae e Festigal (Compostela), na Semana do Corpus (Lugo) e nosColóquios da Lusofonia (Bragança). Atualmente trabalha como profes-sora no Conservatório Profissional de Música de Santiago de Com-postela, atividade que combina com recitais na Bélgica, Alemanha,Itália, Portugal e Galiza. Em 2010 publica junto com José Luís do PicoOrjais a edição crítica do cancioneiro popular «Ayes de mi pais» deMarcial Valladares, Editora Dos Acordes. No mesmo ano o Anuário deEstudos do Barbança, ou revista Barbantia, publica a sua “Suite Rian-jeira”, conjunto de seis melodias populares arranjadas paraguitarra.Prepara a edição das obras para guitarra do Arquivo Valladares,acervo musical da família Valladares (Vilancosta, A Estrada, Galiza), aconter mais de 80 obras para guitarra, entre outros instrumentos.

Olga Nogueira. (Páxina 17) Licenciada en filoloxía galega.Acordeonista do grupo Chouteira. Actualmente dedícase á promociónda musica galega na Central Folque dinfundindo e dando a coñecer asnosas músicas.

30

Page 31: As galegas nas letras

Susana Sánchez Aríns. (Páxina 20) O meu nome é Susana SánchezArins. nasci no ano 74. levada por uma quase doentia propensão leito-ra, figem estudos de filologias, o que me permitiu achegar-me a ummanado enorme de literaturas, livros e escritoras. ponho escola no en-sino secundário. publicarom-me três livros de poesia e um manado derecensões literárias n'A Sega. as terças, de 18.30 a 20.00, vou a aulasde pandeireta.

Chévere. (Páxina 24) Chévere é cultura pop, fai teatro pop, utilizacores planas e grandes superficies. Toma a súa linguaxe do extremada-mente popular e dos medios de comunicación de masas (o cine, a tv, ocómic, a música rock, internet... ), códigos perfectamente recoñecidospolo público que Chévere trastoca, deforma ou modifica ironicamente(e cun distanciamento moi evidente, brechtiano ou non), tratando defalar ao espectador no seu mesmo idioma para establecer unha comu-nicación moi directa a partir dunha complicidade inmediata. Chévereinclínase sempre do lado do xogo, da invitación, do goce, do inmedia-to e do xenuíno en lugar de inclinarse hacia profundidades psicolóxi-cas, xestos aprendidos, impostación, simulación, teatralidade,encarnación... Chévere rexeita a tradición do teatro ben feito (a tradi-ción, non o teatro) e os parámetros establecidos a este respecto, quesubstitúe por unha linguaxe propia. Chévere ignora o tópico do actocreador e a manifestación xestual do suxeito e renuncia á categoría deautor. A súa práctica non respeta as pautas establecidas polo teatrotradicional, pola vangarda ou pola crítica. É quen de contrapoñer o malgusto, o banal, o non acabado, o fragmentario e o pastiche ao teatrodominante, aspecto enfatizado polo seu repertorio iconográfico (ossímbolos da cultura globalizada imperante, pero tamén os da culturamoi local) e dramatúrxico (narrativa de xénero, pero tamén prácticaperformática, plástica, sonora, visual, poética). E a falta de respeto(pola tradición, pola vangarda, polo progresismo, polos tópicos, polaprofesión...) acaba sendo un dos seus rasgos máis consistentes.

Ugia Pedreira. (Páxina 28) Cantora e compositora de canzons, ex-di-rectora de aCentral Folque.

31

Page 32: As galegas nas letras

I DÍA DAS GALEGAS NAS LETRAS

Hai quen senta e observa mentres outros tentan dicirnos quenson dignos e quen non son dignas de entrar no concepto que te-mos de literatura e de país. Hai quen se laia, hai quen concorda,hai quen simplemente nin atende. E logo estamos as que colle-mos o foucín, arrefuzamos as mangas e botamos o sombreiro

ancho para saír de Sega.

Nese espírito, dende A Sega convocamos o I DÍA DAS GALEGAS NAS LETRAS que busca celebrar a fi-gura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á culturaen xeral e á literatura en particular. Escollemos o día 15 de agosto

como data central dos actos de celebración por ser o día DA NOSA SEÑORA (das letras galegas).

Este ano 2014, a muller a quen renderemos homenaxe é DOROTHÉ SCHUBARTH, compiladora do

Cancioneiro Popular Galego.

Edición dos textos:Susana Sánchez Aríns e María Reimóndez

Edita: EDICIÓNS POSiTiVAS