17

Click here to load reader

As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Material de apoio á clase de lingua e literatura galega en 4º de ESO. Tema: A literatura galega a comezos do século XX. A poesía de vangarda. Creacionismo: Manuel Antonio, Neotrobadorismo; Bouza Brey e Cunqueiro. Imaxinismo: Amado Carballo.

Citation preview

Page 1: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

LITERATURA GALEGA II

A literatura de vangarda en Galicia

4º ESO

Segundo trimestre

Acto

Presentación do tema e esquema.

Page 2: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

Esquema xeral (1)

1.- As vangardas.

1.1. Definición

1.1.1. O concepto.

1.1.2. O movemento.

1.2. Características.

1.3. Correntes (Futurismo, Cubismo, Dadaísmo e Surrealismo).

Page 3: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

Esquema Xeral (2)

2. As vangardas en Galicia.2.1. Xeración do 25.

2.1.1. Hilozoísmo. Amado Carballo

2.1.2. Neotrobadorismo. Álvaro Cunqueiro. Fermín Bouza Brey.

2.1.3. Creacionismo. Manuel Antonio.

2.2. Outros poetas.

2.3. A prosa.

Page 4: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

1. As vangardas.

1.1. Definición.-

1.1.1. O concepto.-

Procede do francés “avant-garde”, termo militar que designa as tropas de primeira liña de comabate, para referirse á actitude combativa destes autores na procura da modernización da arte.

1.1.2. O movemento.-

Diversos movementos artísticos que xorden nas primeiras décadas do XX en Europa e que pretenden unha renovación total da arte.

Page 5: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

1.2.- Características

Ruptura coa tradición e procura de novos camiños.

Actitude antirromántica e antisentimental.

Liberdade creativa do autor e independencia.

Orixinalidade expresiva: renovación da linguaxe, ausencia de signos de puntuación, noca función das imaxes, etc.

Elaboración de manifestos para expresar as súas propostas.

Page 6: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

1.3.- Correntes

1.3.1. Futurismo.

Creado por Marinetti en 1909.

Defensa da modernidade e do futuro, representado nas máquinas e na velocidade.

Ruptura coas normas sintácticas e ortográficas.

Eliminación da métrica.

Uso de tecnicismos e barbarismos.

Disposición espacial dos versos na páxina.

Page 7: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

1.3.- Correntes

1.3.2. Cubismo.

Creado por Picasso e Juan Gris, en 1907, como proxecto pictórico.

Emprego de formas xeométricas, presentando distintos puntos de vista nun mesmo plano.

No literario destacan os Caligramas de Apollinaire

Page 8: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

1.3.- Correntes

1.3.3. Dadaísmo.

Nace en Zurich no 1916 da man dun grupo de artistas liderados polo romanés Tristán Tzara.

Movemento antiarte e provocador que propón unha rebelión contra as convencións establecidas.

Page 9: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

1.3.- Correntes

1.3.4. Surrealismo.

Movemento artístico e literario que nace en Francia con André Breton.

Breton escribe o primeiro manifesto surrealista no 1924.

Destaca o compoñente irracional do proceso de creación.

Incorpora ideas da psocoanálise de Freud (soños, subconsciente...)

No literario, renovación da linguaxe, novas técnicas de composición, escritura automática, imaxe visionaria...

Page 10: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

2. As vangardas en Galicia.

2.1. A Xeración do 25.

Grupo de escritores, nados arredor do 1900, que renovarán a poesía galega, incrporando as novidades das vangardas europeas.

Comparten a conciencia nacionalista cos membros das Irmandades da Fala e da Xeración Nós.

Nomes: Manuel Antonio, Amado Carballo e Álvaro Cunqueiro.

Mostras:

Manifesto Máis Alá (M. Antonio-Álvaro Cebreiro, 1922)

Revistas Alfar, Ronsel, Yunque, Resol, Papel de cor,...

Tres escolas poéticas ou movementos: Hilozoísmo, Animismo ou Imaxinismo, Neotrobadorismo e Creacionismo

Page 11: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

2. As vangardas en Galicia.

2.1.1. Hilozoísmo.

Tema principal: a natureza, humanizada e animada por constantes personificacións e imaxes moi plásticas

Combinación a temática de tradición paisaxista do XIX coa estética de vangarda, rica en imaxes e metáforas.

Sensualidade. Transmisión de sensacións (visuais ou auditivas, a través da creación de imaxes, con predominio de cores fortes e vivas.

Foi unha corrente que tivo moitos seguidores na nosa literatura.

Page 12: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

2. As vangardas en Galicia.

2.1.1. Hilozoísmo.

2.1.1.1. Amado Carballo.

Pontevedra, 1901 – 1927

Iniciador e cultivador do hilozoísmo.

Dous libros de poemas:Proel (1927)O Galo (1928)

Unha novela (Os pobres de Deus) e algúns relatos.

Page 13: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

2. As vangardas en Galicia.

2.1.2. Neotrobadorismo.

Nace tras a difusión dos cancioneiros da lírica galego portuguesa medieval.

Introdución de elementos (temáticos, formais e estilísticos) da lírica medieval, como o tema amoroso, a ambientación, o paralelismo, refrán...

2.1.2.1. Fermín Bouza Brey (Nao Senlleira, 1933)

2.1.2.2. Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira, 1933 e anos máis tarde Dona de corpo delgado, 1950)

Page 14: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

2. As vangardas en Galicia.

2.1.3. Creacionismo. Mannuel Antonio.

A principal figura é Manuel Antonio, o máis innovador e orixinal da Xeración do 25, e prototipo de escritor vangardista.

Obra na estética do Creacionismo, caracterízase pola ruptura total coa tradición literaria e por unha aposta decidida pola renovación temática e formal.

De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo, de 1928, é o seu único libro.

19 poemas estruturados como a crónica dunha viaxe en 3 etapas: partida, aventura e regreso.

Admite diversas interpretacións, dende a simple evocación da viaxe polo mar até outras filosóficas, metafísicas, sombólicas...

Page 15: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

2. As vangardas en Galicia.2.1.3. Creacionismo. Mannuel Antonio.

En 1972 publícase a súa obra completa, con outros textos até entón inéditos.

Dous textos en prosa nos que expresa as súas ideas sobre a literatura:

O manifesto Máis alá, publicado con Álvaro Cebreiro(1922). Necesidade de romper coa tradición e buscar novos

camiños, tomando elementos de distintos movementos e adaptándoos ás propias características.

O aotos debe amosar independencia e creatividade. Ideal da absoluta liberdade creativa.

Compromiso total coa lingua, critican aos escritores galegos en castelán

Prólogo dun libro de poemas que nunca escribeu (1924).

Page 16: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

2. As vangardas en Galicia.

2.2.- Outros poetas.

Manuel Luís Acuña (Trives, 1900-1975)

Colaboracións na revista viguesa Vida Gallega.

Firgoas, 1933. Poemas vangardistas na liña do creacionismo.

Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897-1979)

Romances galegos, 1928, liña popularista moi próxima á Xeracións do 27 española.

Poema en catro tempos, 1933, de ambientación mariñeira, escrito como unha sinfonía.

Page 17: As vangardas na literatura galega. Xeración do 25

2. As vangardas en Galicia.

2.3. A prosa.

Rafael Dieste (Rianxo, 1899 – 1981)

O prosista máis importante desta xeración.

Dos arquivos do trasno, 1926. Relatos de misterios nos que retrata a psicoloxía dos galegos e conta historias de tipo fantástico.

A fiestra valdeira, 1927. Comedia sombólica que trata sobre a identidade cultural. Un indiano e a súa familia queren ocultar a súa orixe, pero acaban reconciliándose co seu pasado mariñeiro galego.