3
Aurelio Ledo Estévez Nado en 1945 no barrio ferrolán de Caranza, a vida de Aurelio estivo marcada desde neno pola precariedade social e laboral. A difícil situación económica familiar levouno a poñerse a traballar sendo aínda un adolescente. Aos 14 anos ingresou na Escola de Aprendices de Bazán con José María Riobó e José Manuel Iglesias, entre outros, que máis adiante serían compañeiros na loita política e sindical. Desde o principio decatouse de que, para cambiar as cousas, era necesario loitar. Os seus primeiros pasos no compromiso sindical viñeron marcados por Paco Filgueiras, Julio Aneiros, o vello Loureiro e Paco Balón, referentes seus na loita obreira. Ao ano de saír operario houbo conflitos noutras grandes empresas de Ferrol, entre elas a Pysbe e a Peninsular Maderera. Para contrarrestar a presión abusiva exercida polos empresarios e en solidariedade cos traballadores afectados polas malas condicións laborais, empezaron a aparecer pola Bazán panfletos das CCOO que invitaban á participación. Con 19 ou 20 anos xa acudía a manifestacións clandestinas, disolvidas sempre pola intervención policial. O punto de inflexión no seu compromiso político e sindical dáse cando empezan as mobilizacións polo convenio de 1972: aí decátase de que os seus lugares para protestar son Comisións Obreiras e o Partido Comunista. O comunismo é para el unha opción política que serve para defender a liberdade, a xustiza e a democracia. As medidas adoptadas pola ditadura para descabezar o movemento obreiro en Bazán, encarcerando e despedindo os elementos visibles, supuxo a partir de 1972 un baleiro total que durou dous anos. En 1974 celebráronse eleccións parciais no sindicato vertical para substituír os delegados despedidos, e aí comeza a recuperación das CCOO. Outra data decisiva nesa recuperación foi a das eleccións ao xurado de empresa en 1975, cunha candidatura unitaria na que Ledo participou activamente e acabou saíndo elixido. En 1976 asistiu á Asemblea de Barcelona das CCOO. Á volta, decidiu con outros compañeiros constituír as CCOO na Bazán, nunhas eleccións semilegais e con listas abertas, nas que resulta elixido. Cando no inverno de 1978 se celebraron as primeiras eleccións sindicais en democracia, Comisións Obreiras obtén na Bazán unha maioría abraiante e Ledo entra no comité. Consciente de que se necesitaba xente fóra da empresa para dirixir o sindicato, formou parte da dirección do Sindicato Provincial do Metal. Tamén fixo parte da primeira executiva do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e, tras a comarcalización da organización, foi secretario xeral do primeiro Sindicato Comarcal do Metal de Ferrol Hoxe en día, xa xubilado. Conserva intactas as súas inquedanzas e segue a participar en actos sociais e mobilizacións reivindicativas.

Aurelio Ledo Estévez · 2018-03-08 · Aurelio Ledo Estévez Nado en 1945 no barrio ferrolán de Caranza, a vida de Aurelio estivo marcada desde neno pola precariedade social e laboral

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Aurelio Ledo Estévez · 2018-03-08 · Aurelio Ledo Estévez Nado en 1945 no barrio ferrolán de Caranza, a vida de Aurelio estivo marcada desde neno pola precariedade social e laboral

Aurelio Ledo Estévez

Nado en 1945 no barrio ferrolán de Caranza, a vida de Aurelioestivo marcada desde neno pola precariedade social e laboral. Adifícil situación económica familiar levouno a poñerse a traballarsendo aínda un adolescente.

Aos 14 anos ingresou na Escola de Aprendices de Bazán con JoséMaría Riobó e José Manuel Iglesias, entre outros, que máis adianteserían compañeiros na loita política e sindical. Desde o principiodecatouse de que, para cambiar as cousas, era necesario loitar. Osseus primeiros pasos no compromiso sindical viñeron marcadospor Paco Filgueiras, Julio Aneiros, o vello Loureiro e Paco Balón,referentes seus na loita obreira.

Ao ano de saír operario houbo conflitos noutras grandes empresas de Ferrol, entre elas a Pysbe e a Peninsular Maderera. Para contrarrestar a presión abusiva exercida polos empresarios e en solidariedade cos traballadores afectados polas malas condicións laborais, empezaron a aparecer pola Bazán panfletos das CCOO que invitaban á participación. Con 19 ou 20 anos xa acudía a manifestacións clandestinas, disolvidas sempre pola intervención policial.

O punto de inflexión no seu compromiso político e sindical dáse cando empezan as mobilizacións polo convenio de 1972: aí decátase de que os seus lugares para protestar son Comisións Obreiras e o Partido Comunista. O comunismo é para el unha opción política que serve para defender a liberdade, a xustiza e a democracia.

As medidas adoptadas pola ditadura para descabezar o movemento obreiro en Bazán, encarcerando e despedindo os elementos visibles, supuxo a partir de 1972 un baleiro total que durou dous anos.

En 1974 celebráronse eleccións parciais no sindicato vertical para substituír os delegados despedidos, e aí comeza a recuperación das CCOO. Outra data decisiva nesa recuperación foi a das eleccións ao xurado de empresa en 1975, cunha candidatura unitaria na que Ledo participou activamente e acabou saíndo elixido.

En 1976 asistiu á Asemblea de Barcelona das CCOO. Á volta, decidiu con outros compañeiros constituír as CCOO na Bazán, nunhas eleccións semilegais e con listas abertas, nas que resulta elixido. Cando no inverno de 1978 se celebraron as primeiras eleccións sindicais en democracia, Comisións Obreiras obtén na Bazán unha maioría abraiante e Ledo entra no comité.

Consciente de que se necesitaba xente fóra da empresa para dirixir o sindicato, formou parte da dirección do Sindicato Provincial do Metal. Tamén fixo parte da primeira executiva do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e, tras a comarcalización da organización, foi secretario xeral do primeiro Sindicato Comarcal do Metal de Ferrol

Hoxe en día, xa xubilado. Conserva intactas as súas inquedanzas e segue a participar en actos sociais e mobilizacións reivindicativas.

Page 2: Aurelio Ledo Estévez · 2018-03-08 · Aurelio Ledo Estévez Nado en 1945 no barrio ferrolán de Caranza, a vida de Aurelio estivo marcada desde neno pola precariedade social e laboral

Olga Zurrón Ocio

Nada en 1949 en Redondela, participou desde moza nasreivindicacións sindicais, aínda na clandestinidade. En 1972,con pouco máis de vinte anos, participou nunhas eleccións dosindicato vertical para o ámbito do ensino, dentro das listaxesconsensuadas por forzas como CCOO. En 1974 foi elixidapresidenta da Unión de Traballadores e Técnicos de Ensinoda Provincia de Pontevedra, nas últimas eleccións sindicaisdo sindicato vertical.

Presentarse a estas eleccións era o primeiro paso para saír daclandestinidade e a única vía que atopaban aquelas mozas emozos para participar no proceso de normalización do país,aínda na ditadura.

Mantivo dende entón unha longa tarefa dentro das Comisións Obreiras, sindicato ao que nunca deixou de pertencer. Naquela altura, o movemento obreiro conseguía levar a cabo a primeira gran folga xeral, que supuxo para o colectivo docente o primeiro salto salarial importante.

As súas ideas, a pertenza a CCOO e ao Partido Comunista, impedíronlle levar unha vida «normal». Perdeu a ocasión de desenvolver a súa carreira, de ter un futuro prometedor e incluso de traballar. Durante cinco anos, ninguén lle deu emprego, nin dentro nin fóra de Galicia. Estaba fichada e só puido impartir clases particulares grazas ás moitas amizades que lle foron conseguindo alumnos.

Despois da Transición traballou no colexio Martín Codax. Para Olga foi unha oportunidade de facer o que lle gustaba e asemade levar unha vida normal. Traballou no colexio os anos seguintes, ata a súa xubilación.

Olga nunca se arrepentiu de nada porque pensa que as decisións tomadas foron froito das inquedanzas, das ansias de liberdade, dos folgos da mocidade. Asumiría de novo os mesmos compromisos, porque as súas conviccións non lle permitirían actuar doutro xeito: a falta de liberdade resultáballe insoportable.

Considera fundamental que nos sindicatos entre xente nova, disposta a loitar para que a clase traballadora non dea nin un paso atrás na defensa dos seus dereitos, que teñan sentimentos e principios de solidariedade.

Page 3: Aurelio Ledo Estévez · 2018-03-08 · Aurelio Ledo Estévez Nado en 1945 no barrio ferrolán de Caranza, a vida de Aurelio estivo marcada desde neno pola precariedade social e laboral

Emilio Pérez Touriño

Emilio Pérez Touriño, nado na Coruña en 1948, é fillo dun militarmutilado na guerra, de ideoloxía conservadora. Cursou obacharelato no Colexio da Inmaculada de Pontevedra, onde tomoucontacto coa Acción Católica. En 1967 desprazouse a Santiago paraestudar Ciencias Económicas, que ese curso se implantara naUniversidade compostelá. Vivía na residencia de fillos de militares.

Naquel curso convulso e de forte contestación universitaria,deseguida contactou cos estudantes católicos organizados na JEC,grupo que axiña adquiriría protagonismo baixo a formulacióndemocrática ADE. Esta agrupación de estudantes universitariosobtivo bos resultados na elección de conselleiros de curso, entre osque estaba Emilio. Nos últimos cursos foi militante de Bandeira Roxa, que contaba cun importante núcleo na Facultade de Económicas e que desembarcarían logo no Partido Comunista de Galicia.

En 1972 remataba os estudos de licenciatura e principiaba a carreira docente na propia Facultade, onde axiña logrou a titularidade, tras obter o doutoramento. Mentres, participara nas accións reivindicativas e mobilizadoras dos profesores non numerarios (PNN) e foi dos docentes que contribuíu á formación da Federación de Ensino de CCOO de Galicia. No terreo político, naquela altura integrouse nas listas para o Concello de Santiago representando o PCGnas primeiras eleccións municipais de 1979 e despois participaría no proceso de elaboración do Estatuto de Galicia como representante daquela forza política. Tamén exerceu a xestión universitaria como vicerreitor de Asuntos Económicos.

Tras o triunfo electoral de Felipe González, desempeñou cargos políticos de relevancia. Primeiro, como independente, no Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións (1985), mais deseguida se afiliou ao PSOE (1988).

En 1997 volveu á política do país como deputado do Parlamento de Galicia. O ano seguinte foi elixido secretario xeral do PSdeG, en substitución de Paco Vázquez, responsabilidade que mantería dez anos, ata o 2008. No ano 2000 entrou a formar parte da Executiva Federal do PSOE, con Zapatero na Secretaría Xeral. Tras consolidar o seu liderado no partido en Galicia, afrontou a carreira para gobernar o país: presidiu a Xunta de Galicia entre o 2005 e o 2009.

Touriño pode presumir de ser o único político que derrotou a dereita eternamente asentada, efíxoo nas urnas e mediante a negociación.

Hoxe está retirado da política activa. Con todo, nos últimos anos escribiu unhas memorias (O futuro é posible, 2012) e un ensaio sobre política económica e país (Crise global e crise política:Unha ollada dende Galicia, 2014).