8
Austria e O Tirol afundación.org

Austria e O Tirol - AfundaciónAustria, onde visitaremos a fábrica de cristal Kisslinger. Seguiremos o noso percorrido ata Alpbach, situado no val de Alpbachtal, recoñecida como

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Austria e O Tirol

afundación.org

1 de outubro - Santiago / Madrid/ VienaRecollida nos Espazos +60 e traslado ao aeroporto. Presentación no aeroporto dúas horas antes

da saída do voo con destino Viena. Recollida no aeroporto. Xantar. Visita panorámica da cidade:

percorreremos o seu centro, a Ringstrasse, e veremos alguns dos seus palacios e monumentos,

mas importantes, como a Opera, o barrio dos museos, a praza dos Héroes, o concello….etc. Cea

e aloxamento

2 de outubro - VienaAlmorzo. Pola mañá realizaremos a visita do palacio de Schönbrunn, o que fora antiga residencia

de verán dos Habsburgo. Veremos a Gran Galería e as dependencias da emperatriz María Tareixa

e do duque Francisco de Lorena. Xantar nun restaurante en Viena e tarde libre na cidade. Á hora

acordada, recollida no hotel para saír a unha magnífica cea e un fabuloso concerto de Mozart e

Strauss no invernadoiro do palacio. Traslado ao hotel. Aloxamento.

3 de outubro- Viena / Salzburgo / Tirol Almorzo. Pola mañá deixaremos a capital de Austria e continuamos o noso percorrido cara ao

Tirol atravesando St. Wolfgang e a rexión dos lagos austríacos. Continuación por estrada cara a

Salzburgo, cidade de Mozart e dos magníficos festivais de verán, cunha urbe repleta de históricos

monumentos, fermosos xardíns e situada nun enclave marabilloso. Xantar e visita panorámica da

cidade, na que veremos, entre outros, a rúa Getreidgasse, a praza de Mozart, a praza do Mercado,

os xardíns Mirabell etc. Seguiremos o noso percorrido ata a rexión do Tirol. Cea e aloxamento

nun hotel do Tirol austríaco.

4 de outubro -Tirol / Cataratas Krimml / Tren Zillertal / TirolAlmorzo. Iniciaremos o día cunha excursión ás cataratas de Krimml. Tras unha curta camiñada

entre bosques e paisaxes marabillosas, chegaremos ás cataratas, as cales en tres saltos de auga

conseguen baixar 380 metros de altura, o que as converte nas máis caudalosas de toda Europa

con 10 000 litros por segundo. Xantar. A continuación, tomaremos o famoso Zillertalbahn, o

ferrocarril de vía estreita máis famoso de Austria, co que gozaremos dunha romántica viaxe ao

pasado nos seus vagóns de pasaxeiros clásicos, mentres escoitamos o ruído relaxante das rodas,

os asubíos e sopridos intermitentes da locomotora e admiramos a beleza do val do Ziller. Cea e

aloxamento.

5 de outubro - Tirol / Rattenberg / Alpach / Lago Achensee / Innsbruck Almorzo. Saída para realizar unha excursión de día completo polas espectaculares paisaxes

tirolesas. Iniciaremos a nosa ruta dirixíndonos cara a Rattenberg, a cidade máis pequena de

Austria, onde visitaremos a fábrica de cristal Kisslinger. Seguiremos o noso percorrido ata Alpbach,

situado no val de Alpbachtal, recoñecida como unha das poboacións máis fermosas de Austria

nos meses de verán, cos seus tradicionais edificios revestidos de madeira e balcóns cheos de

flores. Tempo libre e continuación cara á rexión do lago Achensee. Xantar nun típico chalé tirolés

situado no parque natural dos montes Karwendel. A continuación, pasearemos en barco polo

lago Achensee, o maior lago do Tirol, situado entre altas montañas e espectaculares paisaxes.

Traslado á capital do Tirol, Innsbruck. Cea e aloxamento

6 de outubro- Inssbruk / Bergisel / Nordkette / Innsbruck Almorzo. Saída en autobús; a nosa primeira parada será para visitar o espectacular estadio de

saltos de esquí de Bergisel. Deseguido, dirixirémonos ao centro da cidade para tomar o funicular

“Nordkette” que nos levará ata o “Seergrube”, a 2 000 metros de altitude, desde onde gozaremos

dunhas vistas espectaculares. Xantar. Pola tarde continuaremos coñecendo a cidade, considerada

unha das máis fermosas de Austria. Realizaremos unha visita panorámica: percorreremos o

centro antigo e veremos, entre outros, o parque da Corte, a catedral, o Telladiño de ouro, etc. A

continuación, visitaremos o palacio de Hofburg. Cea espectáculo de folclore tirolés, amenizado

con bailes, cantos e música típica da rexión. Aloxamento.

7 de outubro - Innsbruck / Castelo de Neuschwastenin / Múnic Almorzo. Saída cara ao castelo de Neuschwanstein, máis coñecido como o castelo do Rei Tolo. Esta edificación, construída por Luís II de Baviera, onde viviu só 102 días, serviu de inspiración para Walt Disney cando creou o castelo de “A bela adormecida”. Saída cara á capital de Baviera, Múnic,chegada e xantar. Pola tarde, visita panorámica da cidade: percorreremos as rúas do seu

centro histórico e veremos, entre outras cousas, o parque olímpico, o palacio de Nymphenburg, a praza do Rei, o barrio de Schwabing, a praza da ópera, o concello -na famosa MarienPlatz-… Poñeremos o broche final ao día cunha cea de despedida nunha famosa cervexería. Aloxamento no hotel.

8 de outubro - Múnic / Madrid / Santiago Almorzo. Tempo libre ata a hora que se indique de traslado ao aeroporto para tomar o voo á súa

cidade de destino. Trámites de facturación e chegada ao noso destino final, e continuación por

estrada ata os nosos lugares de orixe.

PREZOEn habitación dobre/persoa socia ABANCA: 1.920€

En habitación dobre/ persoa socia: 2.112€

Suplemento habitación individual: 315€ (máximo 4 habitacións individuais por grupo)

*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación,

o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.

VOOS PREVISTOS Santiago- Madrid 06.40-07.55

Madrid – Viena 08.40-11.35

Múnic-Madrid 12.15-15.00

Madrid-Santiago 15.50-17.05

O NOSO PREZO INCLÚE

Autobuses para os desprazamentos ao aeroporto desde os Espazos +60.

Voos para traxecto Santiago- Madrid – Viena e Múnic- Madrid - Santiago en liña regular

Maleta de 23 kg facturada.

Autobús exclusivo para o grupo durante todo o percorrido, realizando o itinerario descrito.

Guía acompañante durante todo o percorrido.

Hoteis previstos ou similares: Viena: Hotel Austria Trend Ananas 4* / Tirol: Hotel Der Reschenhof

en Mills-hall in Tirol 4* Innsbruck: Hotel Central 4* / Múnic: Hotel Europa 4*

Visitas panorámicas de Múnic, Salzburgo, Innsbruck e Viena, con guía local.

Cidades comentadas polo noso guía: Alpbach.

Excursión ao castelo de Neuschwanstein, entrada incluída.

Excursión ás cataratas Krimml, entrada incluída.

Percorrido en tren polo val de Zillertal co Zillertalbahn.

Visita á fábrica de cristal Kisslinger en Rattenberg.

Paseo en barco polo lago Achense.

Visita ao estadio de saltos de esquí de Bergisel.

Subida en funicular ao Seegrube.

Visita do palacio de Hofburg, entrada incluída.

Xantar en típico chalé tirolés.

Visita ao palacio de Schönbrunn con cea de despedida e concerto.

Audio individual.

14 comidas entre xantares/ceas. Inclúe 1 bebida: auga, cervexa ou refresco ou copa de viño, en

xantar e cea, e café só no xantar.

Seguro de viaxe e de cancelación.

O NOSO PREZO NON INCLÚEExtras de hotel, propinas

Ningún servizo non especificado en “O prezo inclúe”

Información e reservasEspazos +60 Afundación ou Ciberviaxes. 981 216600