14

Autores Intérpretes - Galinova Editorial...1 Afinamos a quinta corda (LA) ao aire, tomando dun diapasón, teclado ou outro instrumento a frecuencia correcta. 2 Pisamos a sexta corda

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

AutoresSergio Pena Castro

Domingo Rodríguez Figueira

IntérpretesArturo Kress Varela (batería e mesturas de son).

Sergio Pena Castro (guitarras, teclados e arranxos)

Domingo Rodríguez Figueira (guitarras)

OctavioVargas Novoa (baixo eléctrico)

Correcións e asesoramento lingüísticoXavier Fernández Rodríguez

Deseño de portadaMarta Rivera Ferner

Deseño e maquetaciónMónica Malvar Rodríguez

Bernardo Romay Mos

FotografíaCésar Seijas Fernández (fotografía de acordes e material)

Cristina Pena Pérez (modelo)

GALINOVA EDITORIAL, SL

Rúa Rafael BárezVázquez, 8� 981 13 90 57Fax: 981 17 53 64

e-mail: [email protected] A CORUÑA

© GaliNova Editorial, SL 2011

ISBN: 978-84-9737-181-0Depósito legal: C 2314-2011

Printed in Spain

Reservados todos os dereitos. De conformidade co disposto no artigo 534-bis do Código Penal vixente poderán ser castigados con penas de multae privación de liberdade os que reproducisen ou plaxiasen, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica fixada en calquera soporte,

sen a preceptiva autorización.

En todos os anos que levo vivindo neste mundo da guitarra eléctrica nunca chegara ás miñas mansun método que achegase este instrumento e os seus fundamentos a nenas/os e mozas/os dunha maneiratan directa e práctica.

É un método moi completo: no libro atoparás infinidade de exercicios, escalas, pequenas cancións, etc.e, ademais, tes un CD de audio que servirá para tocar con acompañamento moitos dos "momentos" máisimportantes do libro.

Debes ter presente que este camiño que inicias ten que estar guiado por un titor, que che axude aensamblar correctamente todos estes novos conceptos, así como a situar na tabulatura todas as ideasmusicais que estás a aprender.

Tes diante os elementos básicos, tanto en escalas como en acordes, para comezar a entender o mundoda guitarra eléctrica e os distintos estilos musicais nos que este instrumento ten un papel fundamental.

Así que... a traballar, a tocar e boa sorte!

Alberto Cereijo.(guitarrista de Los Suaves)

Esta obra xorde da necesidade de dispoñer dun método para guitarra eléctrica que, de seu, conteña o material nece-sario e suficiente para afrontar, de maneira progresiva e lóxica, os primeiros estudos regrados deste instrumento.O pro-pósito non é outro que o de servir de axuda e apoio para os docentes que impartan a materia de guitarra eléctrica nasescolas de música e nos conservatorios de Grao Elemental.

Propuxémonos facer un método adecuado que ofrecese unha guía e os recursos necesarios para completar os obxecti-vos propios do primeiro curso de grao elemental na especialidade de guitarra eléctrica.Cada tema do libro propón unhaserie de contidos nos que os procedementos son a base.

Ademais dos conceptos propios da lectura e a interpretación, fomentase a creatividade a través da proposta de peque-nas composicións utilizando o material traballado polo alumno en cada lección.

Outra capacidade que se estimula é a lectura á vista, faceta instrumental que na guitarra está un tanto desatendida.

No disco compacto que acompaña o libro, inclúense exercicios e pezas a modo de repertorio, para que o alumno teñaa sensación en todo momento de que está a facer música; para isto a práctica sobre os playbacks do CD é valiosísima.

A tabulatura que aparece nas pezas está sen numerar, para que o alumno, nun principio, preste atención á notaciónestándar e despois, se tivese que determinar unha dixitación específica, colocar sobre a tabulatura a numeración, sem-pre coa orientación do profesor.

O uso da nomenclatura inglesa é unha decisión tomada coa finalidade de dotar ao alumno de autonomía no estudo,de xeito que cando explore o material existente, a maioría en inglés, atoparase con esta notación e poderá acceder acoñecementos para os que xa posúe unha base.

Por último, a integración de personaxes de cómic fai do libro algo atractivo achegándose ao mundo do alumno e osseus soños.

ÍÍÍÍnnnnddddiiiicccceeeePartes da guitarra ........................................ 9

A amplificación da guitarra ....................... 10

A afinación .................................................. 11

Accesorios ....................................................12

A postura corporal ......................................14

A representación das notas .........................16

TEMA 1: as notas na 1ª corda ...................... 17

TEMA 2: as notas na 2ª corda ...................... 20

TEMA 3: as notas na 3ª corda ...................... 23

TEMA 4: as notas na 4ª, 5ª e 6ª corda .........26

TEMA 5: os acordes en tres notas .................30

TEMA 6: power chords ..................................35

TEMA 7: power chords e boogie ...................38

TEMA 8: open chords .....................................43

TEMA 9: a escala pentatónica .......................48

TEMA 10: a escala pentatónica maior ..........52

TEMA 11: a cella con dúas cordaS ................55

TEMA 12: barre chords ..................................58

TEMA 13: a escala do blues ..........................64

APÉNDICE ........................................................69

As guitarras eléctricas de corpo ma-cizo teñen o mastro estreito, as cor-das de calibre lixeiro e un ou máispickups.

Este tipo de guitarra utilízase sobretodo na música rock, heavy metal,blues, country e ocasionalmente nojazz.

9

caravillas

cabeza

cella

trastesmastro

cutaway: recorte no corpoque facilita o acceso aos últi-mos trastes.

diapasón: é a parte frontal domastro onde se sitúan os trastes;é polo tanto onde pisamos cosdedos sobre as cordas.

selector de pastillas

controlesde volume e ton

entrada para o jack do cable

ponte

pastillas ou pickups

vista posteriordo caravilleiro

corpo macizo

Partes

da gu itarra

10

Aamplificac

io'nda gu itarra

A guitarra eléctrica é un instrumento que se vale das posibilidades electrónicas para amplificar o son querecollen as pastillas; isto faina incriblemente versátil. Grazas aos efectos e ao amplificador podemos crearunha inmensa cantidade de variantes sonoras, pero tamén debemos ter en conta outra tarefa máis na nosaactividade: elaborar o noso propio son co equipo do que dispoñemos.

Convén coñecer un pouco acerca dos controles que atopamos nun amplificador; aínda que algúns son máis complexos ca outros, a base é:

- Entrada para o jack do cable.

- Control de volume de entrada (gain ou drive).

- Controles de ton: graves (bass), medios (middle) e agudos (treble).

- Control de volume xeral (master volume).

- Control de efecto de reverberación (reverb).

OOOO ssss cccc oooo nnnn tttt rrrr oooo llll eeee ssss nnnn oooo aaaa mmmm pppp llll iiii ffff iiii cccc aaaa dddd oooo rrrr

RRRR eeee gggg uuuu llll aaaa cccc iiii óóóó nnnn dddd oooo aaaa mmmm pppp llll iiii ffff iiii cccc aaaa dddd oooo rrrr

Para comezar a tocar enchufaremos o cable á nosa guitarra e despois ao amplificador.

Probamos o volume para axustalo ás circunstancias do momento, de xeito que estea equilibrado e non resulte molesto.

É conveniente non abusar da distorsión (drive), porque enmascara os posibles defectos de execución ademais derestar claridade ao que tocamos.

Se temos dúbidas, comezaremos regulando os controles de ton a partir de cinco e iremos probando diversas com-binacións nas que pode haber valores inferiores a cinco.

Se usamos a distorsión ou drive, o son cambia bastante en canto ao ton comparado cun son máis “limpo” e sendistorsión.

guitarra

pedal

amplificador

11

11 Afinamos a quinta corda (LA) ao aire, tomando dun diapasón,teclado ou outro instrumento a frecuencia correcta.

22 Pisamos a sexta corda (MI) no quinto traste, igualándoa coaquinta (LA), xa afinada ao aire.

33 Pisamos a quinta corda (LA) no quinto traste, e igualamos acuarta (RE) ao aire.

44 Pisamos a cuarta corda (RE) no quinto traste, e igualamos a ter-ceira (SOL) ao aire.

55 Pisamos a terceira corda (SOL) no cuarto traste, e igualamos asegunda (SI) ao aire.

66 Pisamos a segunda corda (SI) no quinto traste, e igualamos aprimeira (MI) ao aire.

Aafinacio'n

6 5 4 3 2 1

E A D G B Ecella

traste 1

traste 2

traste 3

traste 4

traste 5

cordas

DDDD iiii aaaa gggg rrrr aaaa mmmm aaaa dddd eeee eeee qqqq uuuu íííí ssss oooo nnnn oooo ssss

O afinador electrónico é unha ferramenta realmente precisa, rápida e útil para aque-les principiantes que aínda non adquiriron o hábito de afinar cos sistemas convencio-nais. É moi interesante incluso para aqueles músicos con inseguridade auditiva, que através desta ferramenta poden comprobar se afinan correctamente.

OOOO aaaa ffff iiii nnnn aaaa dddd oooo rrrr eeee llll eeee cccc tttt rrrr óóóó nnnn iiii cccc oooo

AAAA ffff iiii nnnn aaaa cccc iiii óóóó nnnn pppp oooo rrrr uuuu nnnn íííí ssss oooo nnnn oooo ssss

Afinamos con cordas ao aire.01

Afinar ben é cuestión de observación, oído e práctica.Existen diferentes métodos para conseguir unha correcta afinación: por unísonos, poroitavas, por harmónicos, sobre un acorde…Para conseguilo, ademais do indicado, debemos ter en consideración:1. A guitarra debe estar ben quintada (axustada para afinar correctamente en todoo diapasón).

2. As cordas deben estar en bo estado.3. Debemos pisar os trastes correctamente.

É fundamental saber coller a puga, xa que disto depende que te-

ñamos un bo son e un manexo eficaz.

Unha forma axeitada de collela é aquela na que descansa na

parte máis carnosa do polgar; mentres o dedo índice se oculta

por detrás do vértice da mesma, desviándose o suficiente para

non interferir na execución; deste modo conseguiremos un mellor

control con menos presión dos dedos sobre a puga.

É importante que a puga non se separe moito das cordas e incida

sobre elas paralelamente, de forma lixeiramente perpendicular.

Os primeiros exercicios con ela serán sempre cara a abaixo ( ),

e segundo gañemos en seguridade alternaremos coa puga cara

a arriba ( ).

• Puga cara a abaixo (down – pick):

• Puga cara a arriba (up – pick):

Debemos coidar o xeito en que incidimos coa puga sobre a corda e procurar que sexa o pulso e non o brazo o

que se mova para garantir a precisión e o rendemento ao tocar.

Exercicio sobre a primeira corda:

Exercicio sobre a segunda corda:

FFFF oooo rrrr mmmm aaaa dddd eeee ssss uuuu xxxx eeee iiii tttt aaaa rrrr aaaa pppp uuuu gggg aaaa

15

02

03

16

Arepresenta

cio'ndas notas

É un sistema de notación máis antigo cóestandar.

Representa, por medio de liñas, as seiscordas da guitarra e con números, escritossobre estas, os trastes nos que hai que pisar.

No caso de tocar cordas sen pisar (cordasao aire) usaremos o número “0” para indi-calo.

Son gráficos que representan, baixo o cifrado(Cm, A7, etc.), a colocación dos dedos da manque pisa sobre o diapasón (a esquerda no casodos guitarristas destros).

As liñas verticais corresponden ás cordas e ashorizontais aos trastes. Un punto sobre a liña ver-tical indica onde debe pisar o dedo; se variospuntos están no mesmo traste e hai un arco naparte superior abarcando varias cordas teremosque pisar co dedo formando unha cella.

Un círculo na parte superior da liña verticalindica que a corda se toca ao aire, e un X quenon debe soar esa corda, por tanto terá queomitirse ou ben apagarse. Se o caixón en vezde representar a 1ª posición (como no exem-plo de abaixo), mostra outra posición do dia-pasón, será indicado co número de traste es-crito en números romanos: II, III, IV…

1ª corda

corda ao aire trastes

2ª corda 3ª corda 4ª corda 5ª corda 6ª corda

cordas: 6ª

trastes

5ª 4ª 3ª 2ª 1ª

corda quenon debe soarcella

cordaao aire

cella co dedo

posición dos dedos

OOOO ssss cccc aaaa iiii xxxx óóóó nnnn ssss dddd eeee aaaa cccc oooo rrrr dddd eeee

AAAA tttt aaaa bbbb uuuu llll aaaa tttt uuuu rrrr aaaa

A notación utilizada para a guitarra eléctrica ten a súa ori-xe nos países anglosaxóns (EUA e Reino Unido), por iso anotación que predomina para o cifrado de acordes é a alfa-bética (A, B, C, D…).

É por iso importante afacerse a este sistema canto antes.

A cotinuación podes ver a relación entre a notación solfísti-ca (a máis usada no noso país) e a notación alfabética.

SSSS aaaa bbbb íííí aaaa ssss qqqq uuuu eeee ………… ????

NOMENCLATURA SOLFÍSTICA

DO RE MI FA SOL LA SI

C D E F G A B

NOMENCLATURA ALFABÉTICA/ANGLOSAXONA

17

As notas na primeira corda

Exercicios sobre a primeira corda:

10 3

EMI

FFA

GSOL

dedos

notas

NOTAS NA PRIMEIRA CORDA

1111 Pista 04

2222 Pista 05

3333 Pista 06

� Combinacións da man dereita e a man esquerda na primeira posición (esta posición abrangueos primeiros catro trastes e as cordas ao aire do diapasón).

Imos comezar o noso percorrido polo mundo dos sons con exercicios prelimi-nares na primeira posición en cada unha das cordas da guitarra.Lembra escoitar primeiro os exemplos do CD.

18

� Usa só as notas e os ritmos traballados ata agora.

Compón a túa melodía:

A primeira guitarra eléctrica feita con fins comerciais foi construída por Adolph Rickenbacker en 1931. Tiña un mastro moi longo e a caixa era redonda e pequena. Chamábana frying pan(tixola).

SSSS aaaa bbbb íííí aaaa ssss qqqq uuuu eeee ………… ????

Lectura á vista:

� Procura seguir un pulso estable e non repetir ningunha nota fallada.

Frying pan orixinal.

O dobro.

Inventado en 1925 por John Dopyera, é unha guitarra acústica con corpo de metal ou madeira, cun dispositivo resoa-dor baixo a ponte. Este resoador componse de ata tres discos metálicos que lle dan un son peculiar de blues e country.Ademais de tocarse como unha guitarra normal, tamén se toca deslizando un cilindro sobre as cordas para obter no-tas en glissando (en vez de pisadas), como se fai na guitarra hawaiana.

19

E

A

�� A tocar notas na primeira corda.�� A ler a primeira vista.�� A compoñer unha melodía.

Que aprendemos neste tema?

Tocamos:

G-E Blues SERGIO PENA

Este signo que aparece enriba da nota chámase bending e indica que temos que presionarlixeiramente a corda para conseguir un son máis agudo (1/4 de ton).

Nesta peza o uso do bending é opcional.

07